Abel Caballero, e os concelleiros Carmela Silva e Javier Pardo, arrincaron este luns as obras de construción das segundas ramplas mecánicas de Lavadores, que conectarán a zona de Gandarón e Severino Cobas con Ramón Nieto a través do Colexio Losada, así como as de humanización de toda a zona
O alcalde asegurou hoxe que as tres novas ramplas mecánicas de Lavadores son “imprescidibles” para facilitar a mobilidade nunha zona que conta con desniveis próximos ao 20 por cento, «chegando ao 21 por cento nalguha zona».
Caballero sinalou que as novas ramplas contarán cun investimento de 2.35.531 euros, dos que o 70 por cento, un total de 1.614.000 euros, proveñen de fondos europeos Next Generation EU, e que estarán operativas en novembro. O rexedor detallou que, cunha lonxitude de cerca de 100 metros, as ramplas salvarán unha diferenza de cota de 18 metros. A segunda rampla de Lavadores estará cuberta con pórticos similares ás de Gran Vigo. Nestes momentos o Concello ten en marcha as ramplas mecánicas de Ramón Nieto ao centro de saúde de Lavadores e CEIP Fonte Escura; Escultor Gregorio Fernández, entre travesía de Vigo e Aragón e o ascensor entre Romil e Hispanida
Humanización
O rexedor recalcou que as obras contemplan a humanización da zona coa sustitucición da rede de abastecemento e saneamento, así como de pluviales, telecomunicacións, iluminación pública. Ademais, instalaranse 7 bancos, 6 papeleiras e novas xardineiras.
O proxecto, que aúna saúde e inclusión social, organízase conxuntamente con EVD, sendo as usuarias do centro mosense as que guiarán as rutas
Cada andaina conmemorará un Día Internacional relacionado coa saúde e irá precedida dunha charla informativa sobre cada tema en concreto
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, e representantes de EVD Galicia, do centro da Porteliña en Petelos, presentaron esta mañá no Concello, con motivo do Día Mundial contra a Obesidade que hoxe se conmemora, o novo programa denominado RUTAS SAUDABLES.
Trátase dun proxecto que xurdiu a raíz dunha Mesa da Saúde organizada polo Concello de Mos e en base á demanda da poboación da contorna, da organización de andainas grupais.
Neste senso as representantes das Escravas da Virxe Dolorosa declararon que “en EVD cremos que esta demanda é unha oportunidade para aportar valor á comunidade, liderando esta actividade en colaboración co Concello, ao tempo que favorecemos a socialización e a inclusión”.
Neste Día Mundial contra a Obesidade Arévalo, rexedora local, e a concelleira Sara Cebreiro lembraron que “a Organización Mundial da Salude (OMS) recomenda á poboación adulta practicar exercizo físico, como camiñar. Ademáis, as principais institucións da saúde, recomendan á población adulta o hábito de camiñar polo menos 30 minutos diarios, preferiblemente tódolos días da semana. Hoxe en día hai investigacións que afirman que as persoas que seguen este hábito acadan previr e/ou controlar enfermidades (diabetes, cardiovasculares, ansiedade, osteoporosis, etc), mellorar o benestar emocional (ansiedade, estrés, mellora do sono…), controlar o peso, manterse áxil tanto física como mentalmente e umentar as relacións sociais”.
Durante a presentación das novas RUTAS SAUDABLES mosenses, as presentes na mesma destacaron que “desde EVD Galicia en colaboración co Concello de Mos queremos xerar sinerxias que axuden a promover unha vida sá, promovendo rutas que resulten seguras e atractivas á veciñanza. Para comezar este proxecto e co obxetivo de que a ciudadanía se sume, comenzarase por organizar as rutas un día ao mes, coincidindo co día da saúde máis relevante de dito mes”.
Os obxectivos destas rutas seguras e saudables son crear o hábito de camiñar na poboación adulta, como hábito que axuda a ter unha vida sá, fomentar a socialización das persoas, crear redes comunitarias inclusivas que axuden a que o hábito de camiñar se comparta en máis ocasións; e estimular a participación e coordinación dos diferentes axentes que poden estar implicados na promoción da salude e promoción da actividade física para a salud (enfermeiras, monitor@s de actividades físicas, de piscina…).
As saídas das rutas serán dende a Piscina Municipal no Pavillón Óscar Pereiro, por ser un punto onde xa existe unha rede de persoas adultas sensibilizadas có coidado da súa saúde e que realizan en horario de mañá actividades deportivas en ditas instalacións de natación e ximnasia de mantemento.
Antes da saída da ruta levarase a cabo unha pequena charla sobre o día da saude o que se fai referencia. Ao inicio da ruta farase un previo quecemento e o finalizar a ruta, unha sesión de estiramentos (guiados ambos por un monitor/a de EVD ou das instalación municipais).
CALENDARIZACIÓN DATAS
DIA DA SAUDE
18 DECEMBRO
DIA NACIONAL DA ESCLEROSE MÚLTIPLE
13 XANEIRO
DIA MUNDIAL DA LOITA CONTRA A DEPRESIÓN
4 FEBRERO 11 FEBREIRO 28 FEBREIRO
DIA MUNDIAL CONTRA O CANCRO XORNADA MUNDIAL DO ENFERMO DIA MUNDIAL DAS ENFERMIDADES RARAS
14 MARZO
DIA EUROPEO DA PREVENCIÓN DO RIESGO CARDIOVASCULAR E DIA MUNDIAL DO RIÑÓN
7 ABRIL
DIA MUNDIAL DA SAUDE
3 MAIO17 MAIO
DIA MUNDIAL DA ASMADIA MUNDIAL DA HIPERTENCIÓN
11 XUÑO
DIA MUNDIAL DE CANCER DE PRÓSTATA
24 XULLO
DIA INTERNACIONAL DO AUTOCOIDADO
15 AGOSTO
DIA MUNDIAL DA RELAXACIÓN
21 SETEMBRO29 SETEMBRO
DIA MUNDIAL DO ALZHÉIMERDIA MUNDIAL DO CORAZÓN
10 OUTUBRO 12 OUTUBRO
DIA MUNDIAL DA SAUDE MENTAL DIA MUNDIAL DAS ENFERMIDADES REUMÁTICAS
El portavoz del grupo municipal, Miguel Martín, reclama al alcalde socialista que “no deje pasar la oportunidad” de beneficiarse de esta inversión autonómica, prometida por el presidente Alfonso Rueda
El concejal vigués insta al Gobierno local a buscar la “mejor ubicación posible” ante el aumento del número de perros en la urbe olívica
El Partido Popular de Vigo ha reclamado este lunes a Abel Caballero que ponga una parcela “debidamente calificada” a disposición de la Xunta para que el Gobierno regional construya un gran parque canino en la ciudad.
El portavoz del grupo municipal, Miguel Martín, ha recordado que el presidente Alfonso Rueda prometió la creación de espacios de amplias dimensiones para mascotas en las principales ciudades gallegas y, ante la posibilidad de beneficiarse de una inversión de estas características, el concejal popular ha pedido que Vigo “no deje pasar esta oportunidad”.
La única condición que pone el Ejecutivo autonómico, que correría con “todos los gastos”, pasa por contar con el suelo oportuno. En este sentido, tal y como remarca Martín, la Xunta se compromete a construir el parque “tan pronto como los municipios interesados dispongan del terreno y lo cedan al Gobierno gallego”.
Vigo solo dispone actualmente de dos grandes espacios destinados a las mascotas. Uno de 500 metros cuadrados en el entorno de Beiramar y otro de 14.000 metros cuadrados cerca de Castrelos. “Dos espacios que se antojan insuficientes para la cada vez mayor demanda que existe en Vigo, donde el número de perros va en aumento en los últimos años y ronda ya los 50.000, es decir, uno por cada seis habitantes”, añade el portavoz del grupo municipal. Por ello, Miguel Martín ha instado a Abel Caballero a encargar a los técnicos municipales que analicen la “mejor ubicación posible” para que Vigo gane un gran parque canino “de unas dimensiones mucho más amplias que los actuales”.
A fronte nacionalista pide actualizar o documento, de 1981, para evitar a “devaluación” dos últimos anos polos “vetos sectarios e a imposición absolutista” de Abel Caballero
Solicita incorporar mecanismos que permitan a participación da cidadanía e do tecido social na designación destes recoñecementos, como sucede noutras urbes galegas
Xabier P. Igrexas: “O actual Goberno municipal non entende que a cidade é plural e diversa e non cabe nas costuras da súa temporal maioría absoluta no Pleno”
O Bloque Nacionalista Galego chama a reformar o Regulamento de Honras e Distincións do Concello de Vigo para garantir a súa pluralidade. Así o vén de trasladar o portavoz municipal, Xabier P. Igrexas, nun escrito dirixido ao alcalde, Abel Caballero, e aos portavoces dos grupos municipais no que demanda iniciar coa maior axilidade o procedemento para actualizar este documento, elaborado no ano 1981.
“Nos últimos anos temos asistido á reiterada devaluación das honras e distincións que outorga o Concello de Vigo”, lamentou Igrexas, quen acusou o actual Goberno municipal de “empañar con vetos sectarios e a imposición dun rodete absolutista” as distincións da cidade. “Abel Caballero non entende que a cidade é plural e diversa e non cabe nas costuras da súa temporal maioría absoluta no Pleno”, subliñou.
O portavoz nacionalista lembrou como nos últimos anos foron “excluídas de forma arbitraria” as propostas realizadas polo Bloque e outros grupos para os recoñecementos como Viguesas e Vigueses Dinstinguidos e da Medalla de Ouro. Unha “falla de consenso” que, a xuízo do Bloque, viuse agravada coas Distincións Cidade de Vigo, creadas só co apoio do grupo de Goberno.
Fronte a esta deriva e diante do apremio para a decisión dos galardóns deste ano 2024, dende o BNG propoñen retomar un procedemento que garanta a “maior representatividade”, polo que solicitan que a Medalla da Cidade sexa informada e ditaminada previamente pola Xunta de Portavoces, e que no caso das Viguesas e Vigueses Distinguidos se acorde que cada grupo municipal poida formular un máximo de tres propostas para o seu debate no Pleno.
Participación cidadá
Aliás, Igrexas pediu avanzar cara á “democratización efectiva” das distincións para que recoñezan a pluralidade de Vigo, representada máis alá da composición da propia Corporación Municipal. “Cómpre habilitar mecanismos que permitan a participación cidadá e do tecido social no proceso de proposta, como sucede con distincións análogas noutras cidades galegas”, reclamou. Unha participación que, considerou o voceiro nacionalista, redundará na “valorización social e institucional” das galardóns da cidade. “Non poden ser a medalla do ‘aquí mando yo’ e teñen que representar a pluralidade e a diversidade de Vigo”, reivindicou Igrexas, quen pediu “pasar páxina do sucedido nos últimos anos e devolverlle as distincións e recoñecementos do Concello ao conxunto da cidade, ás viguesas e aos vigueses”.
Estos nuevos depósitos permitirán la carga de vehículos y helicópteros durante la extinción de fuegos forestales, lo que contribuye a disminuir los tiempos de desplazamiento de los equipos
La Consellería de Medio Rural, a través de la Dirección General de Defensa del Monte, viene de iniciar la construcción de cinco nuevos puntos de agua en el Distrito Forestal XVII – O Condado – A Paradanta, en la provincia de Pontevedra, para mejorar las infraestructuras de prevención y defensa contra los incendios forestales. Las actuaciones, con un presupuesto total de 225.492,20 euros, se están llevando a cabo en los ayuntamientos de Ponteareas, Crecente -municipio en el que se instalarán dos nuevos-, As Neves y Mondariz.
Una buena red de puntos de carga de agua es fundamental para la mayor eficiencia de los medios terrestres y aéreos en la lucha contra un fuego. En este sentido, estos nuevos depósitos de agua permitirán la carga de vehículos y helicópteros durante la extinción de incendios forestales, lo que contribuye a disminuir, en la medida del posible, los tiempos de desplazamiento de los equipos, además de mejorar la eficacia del trabajo de estos medios.
De estos cinco nuevos puntos de agua, tres (los de Filgueira y Ameixeira en la localidad de Crecente y el de Taboadexa en Mondariz) suponen el relevo de antiguos depósitos, que por sus condiciones necesitaban ser renovados. Además, en el de Crecente – Ameixeira la obra incluye la mejora de la pista en la que se encuentra, disminuyendo aun más los tiempos de desplazamiento y reacción.
Cabe señalar que el depósito de Cumiar, en Ponteareas, permite la operación simultánea de helicópteros y camiones. Para permitirlo, se construyó un stand con una boca de incendios para que los vehículos puedan cargar por aspiración a una distancia segura, tanto para el personal del camión como para lo de la aeronave.
Ana Ortiz visitou este luns a nova infraestrutura que se constrúe no ámbito da autoestrada AG-57 e a PO-340 (Gondomar-A Ramallosa)
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou este luns o ámbito da autoestrada AG-57, na súa conexión coa PO-324 (Gondomar-A Ramallosa) na que están a punto de finalizar as obras do novo aparcadoiro disuasorio que suporá un investimento de preto de 650.000 euros.
Trátase dunha nova actuación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ao abeiro dos fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia Next Generation UE no impulso da transformación da mobilidade nas contornas urbanas, apostando por desprazamentos máis limpos e sostibles.
Segundo lembrou a representante autonómica, a superficie total construída será de 3.500 metros cadrados para a creación de 72 prazas de aparcamento con dúas prazas para persoas con mobilidade reducida e a preinstalación de tres puntos de recarga para vehículos eléctricos.
A obra dá continuidade á senda peonil existente na PO-340 e constrúe zonas verdes con arboredo para sombra, ademais dunha franxa verde de 2,20 metros e un illote central axardinado. Ademais, repoñerase a parada de bus existente á entrada do aparcadoiro e habilitaranse cinco pasos de peóns para dar continuidade ao tránsito peonil. Ana Ortiz tamén engadiu que se instala unha rede de drenaxe para a recollida de pluviais, a cal conectará a través de cuneta co río Miñor, e instalarase iluminación pública e vídeo vixilancia.
Será a primeira visita a Galicia das artistas, procedentes de Brasil, Estados Unidos e Alemania, e que actuarán tanto na Sala Radar coma no MARCO de Vigo
O evento, comisariado por Sinsalaudio e que conta coa colaboración principal do Concello de Vigo, activa hoxe a venda de entradas para os tres directos
Regresa o Sinsal Catro Estacións. Desta quenda, de novo, na primavera. Sinsal Primavera, o evento especializado en música de vangarda, cuxo comisariado recae na promotora viguesa Sinsalaudio -responsable do festival Sinsal SON Estrella Galicia-, terá lugar nos meses de abril e maio. A cita contará cunha tríade de iniciativas musicais fiadas pola diversidade estilística e da orixe das artistas. Deafkids, Kristin Hersh e Julius Gabriel conformarán o cartel do Sinsal Primavera 2024, un preámbulo do que o público poderá escoitar, no mes de xullo, na illa de San Simón, mais sen ter que coller o barco. As entradas dos concertos están desde hoxe á venda a través de www.enterticket.es.
Os días 5 e 19 de abril, e 9 de maio, a cidade olívica acollerá unha nova edición do Sinsal Primavera. O evento, que conta coa colaboración principal do Concello de Vigo, pretende visualizar propostas singulares e únicas, de difícil clasificación e, por tanto, pouco habituais no circuíto de programación dirixida ao público xeral. Como parte do compromiso de Sinsalaudio coa promoción da igualdade, e co fomento da diversidade estilística -clave na súa aposta en San Simón- o público do Sinsal Primavera 2024 poderá gozar dun cartel conformado, nesta ocasión, por bandas e solistas procedentes de Brasil, Estados Unidos e Alemania e que actuarán por vez primeira en Galicia.
Sinsal Primavera 2024 desenvolverase nun dos espazos de referencia do universo da investigación, creación, innovación e produción contemporánea no ámbito local, comarcal e galego, o Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO). Ademais, por segundo ano consecutivo, o evento estenderase a unha das salas de concertos máis relevantes da cidade, a Radar. O seu escenario acollerá, o 5 de abril, o primeiro dos directos, que chegará da man de Deafkids, banda brasileira cuxa sonoridade transita entre o rock industrial, a psicodelia, o noise, o hardcore ou mesmo a música africana, entre outros moitos. Para Deakfids, todos os xéneros son benvidos para avanzar coa “desprogramación sónica” da mente.
A seguinte cita será o venres 19 de abril no MARCO. Unha das figuras máis salientables da escena alternativa estadounidense desde os anos oitenta chegará a Vigo para presentar o seu último álbum, Clear Pond Road. A cantante e prolífica compositora Kristin Hersh actuará en acústico no museo, dando conta da súa voz única e do seu talento, xa coñecido desde o seu paso por bandas como Throwing Muses ou 50FootWave.
O concerto que pechará a tríade de directos virá da man do berlinés Julius Gabriel, saxofonista que explora os límites e as complexidades deste instrumento. A súa base musical -labrada en escolas de música públicas, clubes underground e universidades- está fondamente arraigada na improvisación, para a que parte dun amplo espectro ecléctico de xéneros musicais. A actuación no MARCO do xoves 9 de maio será a súa estrea en Galicia.
De cara á favorecer o coñecemento e a expansión da creación contemporánea, Sinsalaudio colaborará tanto co Conservatorio Superior coma co Conservatorio Profesional de Vigo, facilitando que o alumnado dos centros educativos poida asistir aos concertos do Sinsal Primavera cun desconto do 50%.
PROGRAMACIÓN SINSAL PRIMAVERA 2024
5 de abril, 21.30 horas na Sala Radar | Deafkids (Brasil) 19 de abril, 20.30 horas no MARCO | Kristin Hersh (Estados Unidos) 9 de maio, 20.30 horas no MARCO | Julius Gabriel (Alemania)
El astillero asumió la instalación de tres velas eSAILs®, diseñadas por la empresa bound4blue, en el buque ro-ro Ville de Bordeaux
El astillero diversifica así su actividad para dar respuesta a la descarbonización del transporte marítimo, incorporando sus servicios a la navegación sostenible por vela
En el marco de su plan de diversificación de actividad, Astillero San Enrique cerró la contratación de la instalación de velas eSAILs®, diseñadas por la empresa bound4blue, en un buque ro-ro de 150 metros. Con 22 m de altura y 4,5×3,5 m en su base, estas velas cubren una parte significativa del consumo energético del buque, como complemento a su propulsión, contribuyendo a reducir el consumo de combustibles fósiles, y, por tanto, la emisión de CO2.
Concretamente se trata de tres velas eSAILs®, de la empresa española bound4blue, pionera en el sector de la fabricación de velas que asisten en la propulsión de los buques, que Astillero San Enrique instaló en el Ville de Bordeaux, de la empresa gala LD Seaplane. Se trata de un buque ro-ro de 154×24 m, que cubre la ruta Europa-América del Norte, y que ha decidido apostar por esta tecnología al ser la que mejor se adecúa a las características y vientos predominantes en este itinerario.
A finales de año, el astillero recibía las tres velas eSAILs® para proceder a su armamento, programando su instalación para finales de febrero coincidiendo con el regresando del buque de EEUU. El pasado lunes 26 de febrero, el barco atracaba en el muelle Sur de las instalaciones de Astillero San Enrique. Al día siguiente se procedía a su instalación, trasladándolas, basculándolas verticalmente y posicionándolas sobre los polines, mediante dos grúas de gran tonelaje con las que cuenta Astillero San Enrique en sus instalaciones de Vigo. Una vez colocadas, se procedió al conectado de los controles de las velas y a los ajustes pertinentes para su entrega. La rápida instalación implicó un tiempo de inactividad mínimo para el buque. Son las primeras velas fijas de succión instaladas en un buque del segmento ro-ro. Se estima que la instalación de las eSAILs® resultará en un ahorro de combustible de hasta 560 toneladas anuales, equivalente a 1,800 toneladas de emisiones de CO2.
Además de los Bomberos de Vigo, intervinieron los agentes de la Policía Local y los profesionales de Urgencias Sanitarias de Galicia-061
Una mujer embarazada fue evacuada al hospital en Vigo por el humo que inhaló en el incendio que se produjo de madrugada en un colchón que ardió en un garaje de la calle Ecuador, informó el 112 Galicia.
Según explicaron los miembros del operativo de extinción, el humo se filtró por las zonas comunes del edificio y una mujer tuvo que ser evacuada al hospital debido a la inhalación de humo.
Además de los Bomberos de Vigo, intervinieron los agentes de la Policía Local y los profesionales de Urgencias Sanitarias de Galicia-061.
Denuncian que o atraso na entrada en operación comercial destes trens está causando un grave prexuízo aos usuarios dos servizos ferroviarios e por iso demandan “responsabilidades e explicacións”
Celso Delgado acusa ao ministro de mentir cando o 5 de xaneiro asegurou en Vigo que os usuarios xa poderían viaxar nos trens Avril no mes de marzo: “A día de hoxe non sabemos nin cando entrarán en servizo estes trens nin cantas unidades chegarán a Galicia”
Os deputados do PPdeG rexistraron hoxe no Congreso a solicitude de comparecencia do ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente, e do presidente de Renfe para informar sobre os “escandalosos anuncios incumpridos” relativos á chegada dos trens Avril de Alta Velocidade a Galicia e o “notorio incumprimento contractual” por parte de Talgo nesta cuestión.
Denuncian os populares que o atraso na entrada en operación comercial destes trens está causando un grave prexuízo aos usuarios dos servizos ferroviarios de Alta Velocidade no que a tempos de viaxes e prazas ofertadas se refire. De aí a súa esixencia de “responsabilidades e explicacións” por parte do Goberno central ante esta “aldraxe” á nosa Comunidade por parte de Pedro Sánchez.
“Os trens Avril foron adxudicados por Renfe a Talgo en 2017 coa previsión de que as primeiras unidades serían entregadas no ano 2020”, recorda o vicepresidente da Comisión de Transportes do Congreso e deputado por Ourense, Celso Delgado, ao tempo que subliña os posteriores adiamentos desta data ata 2021, 2022, 2023 e, finalmente, o primeiro trimestre de 2024.
O parlamentario ourensán acusa ao ministro Óscar Puente de mentir cando o 5 de xaneiro, nun “bochornoso” acto electoral en Vigo, chegando a estación cos Reis Magos, asegurou que “sen dúbida algunha os usuarios xa poderían comprar os billetes para viaxar nos trens Avril a partir do 1 de marzo e que sería nese mes cando comezaran os servicios comerciais”.
E lamenta que agora o Goberno de Pedro Sánchez non só incumpre novamente o prazo previsto, senón que “aínda non sabemos nin cando entrarán en servizo estes trens nin cantas unidades chegarán a Galicia”.
Lembra así mesmo que en decembro de 2021 chegou a Alta Velocidade a Ourense pero, aínda a día de hoxe, outras cidades galegas como Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo e Pontevedra seguen esperando o cumprimento dos tempos de viaxe con Madrid que foron comprometidos polo Goberno Uns tempos que só poderán alcanzarse coa posta en servizo dos novos trens Avril de rodadura desprazable que permitirán circular por toda a rede ferroviaria galega, integrada tanto por vías de Alta Velocidade de ancho estándar europeo como polas convencionais de ancho ibérico.
Utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. Lo hacemos para mejorar la experiencia de navegación y para mostrar anuncios personalizados. El consentimiento a estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o los ID's únicos en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional
Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.