Caballero considera «imprescindibles» as tres novas ramplas mecánicas de Lavadores entre O Gandarón, Severino Cobas e Ramón Nieto

Abel Caballero, e os concelleiros Carmela Silva e Javier Pardo, arrincaron este luns as obras de construción das segundas ramplas mecánicas de Lavadores, que conectarán a zona de Gandarón e Severino Cobas con Ramón Nieto a través do Colexio Losada, así como as de humanización de toda a zona

O alcalde asegurou hoxe que as tres novas ramplas mecánicas de Lavadores son “imprescidibles” para facilitar a mobilidade nunha zona que conta con desniveis próximos ao 20 por cento, «chegando ao 21 por cento nalguha zona».

- Publicidad -
Centaurus Box Vigo Cross Training

Caballero sinalou que as novas ramplas contarán cun investimento de 2.35.531 euros, dos que o 70 por cento, un total de 1.614.000 euros, proveñen de fondos europeos Next Generation EU, e que estarán operativas en novembro.
O rexedor detallou que, cunha lonxitude de cerca de 100 metros, as  ramplas salvarán unha diferenza de cota de 18 metros.
A segunda rampla de Lavadores  estará cuberta con pórticos similares ás de Gran Vigo.
Nestes momentos o Concello ten en marcha as ramplas mecánicas de Ramón Nieto ao centro de saúde de Lavadores e CEIP Fonte Escura; Escultor Gregorio Fernández, entre travesía de Vigo e Aragón e o ascensor entre Romil e Hispanida

Humanización

O rexedor  recalcou que as obras contemplan a humanización da zona coa sustitucición da rede de abastecemento e saneamento, así como de pluviales, telecomunicacións, iluminación pública. Ademais, instalaranse 7 bancos, 6 papeleiras e novas xardineiras.