Vitrasa comunica os servizos mínimos da compañía cos paros parciais a partir do luns 13 de noviembre

0

En cumprimento da sentencia ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), os servizos mínimos dispostos polo Concello para cubrir os paros parciais convocados sufrirán alteracións para adaptarse a esta nova resolución.

Ata agora, os autobuses que se encontraban circulando no momento no que se iniciaba o paro parcial seguían prestando servizo recollendo e deixando viaxeiros durante a primeira media hora. A partir dese momento, o autobús continuaba facendo o seu percorrido ata o remate da liña,  permitindo só a baixada de usuarios, non sendo posible a recollida dos mesmos.

A partir do próximo luns 13 de novembro os paros parciais afectarán nas franxas horarias 07:00 – 08:30, 12:30 – 15:30, 19:00 – 20:30 horas en día laborable, e 18:30 – 21:00 horas en sábado e domingo. Por mor desta sentencia, os autobuses que non realicen servizos mínimos, no caso de que os condutores secunden a folga, non circularán dende o inicio das franxas horarias de paros parciais.

«Polo tanto, para evitar ter que deixar aos nosos viaxeiros lonxe do seu destino seguindo esta nova medida, o que significaría unha situación de trastorno, incerteza e mesmo de seguridade no caso de colectivos vulnerables, reduciranse algunhas viaxes iniciadas antes do comezo do paro», sinalan dende Vitrasa.

Os servizos mínimos adaptaranse a esta sentencia e toda a información relativa a horarios e liñas afectadas será publicada nas próximas horas na web www.vitrasa.es e en redes sociais.

O BNG de Vigo propón un plan de reforma para reverter o mal estado de moitas instalacións deportivas

0

A fronte nacionalista responsabiliza o Goberno de Caballero do peche de numerosos pavillóns, campos e piscinas municipais por falla de mantemento

Denuncia que non se executou no que vai de ano nin un só euro da partida orzamentaria destinada á mellora das dotacións deportivas

Filipe Abalde: “Non pode escusarse nas malas condicións meteorolóxicas para xustificar este abandono, é un problema de falla de xestión e de vontade política”

O Bloque Nacionalista Galego propón un plan de mantemento e reforma para reverter o mal estado de moitas instalacións deportivas de Vigo. A fronte nacionalista responsabiliza o Goberno de Abel Caballero do peche de numerosos pavillóns, campos e piscinas municipais nos últimos meses.

Así o denunciou o concelleiro do BNG de Vigo, Filipe Abalde, despois dun novo exemplo co peche do campo de fútbol Baltasar Pujales en Bouzas polo asolagamento dos almacéns e das oficinas provocado pola deterioración da cuberta. “Día si e día tamén temos unha mala nova para o deporte vigués”, lamentou o edil nacionalista, quen considerou que o Goberno municipal non pode xustificar esta “riada” de peches polas condicións meteorolóxicas.

“O mantemento é inexistente, non é un problema de recursos senón de falla de xestión e de vontade política”, cuestionou Abalde, quen asegurou que esta situación viuse agravada tras a privatización do persoal funcionario que atendía as dotacións municipais. Puxo como exemplo deste “abandono” o caso do pavillón Pablo Beiro, sen actividade dende hai máis dun ano en Bouzas, o pavillón de Coia ou as instalacións das Travesas, onde “hai case tanta auga na piscina como a que cae do teito”.

Como evidencia desta falla de investimentos, o concelleiro do BNG denunciou que o Goberno municipal «non executou no que vai de ano nin un só euro da partida orzamentaria de 468 mil euros destinada á mellora das dotacións deportivas». Todo cando se mantén o peche dous anos despois da piscina municipal de Teis, afectando a 1.500 persoas usuarias; do campo de fútbol das Travesas, inutilizado o ano pasado tras o concerto de Bryan Adams; do pavillón de Navia sen sistema de climatización; do campo de Sampaio nun estado “deplorable” ou das instalacións da ETEA, onde na “cidade das luces seguen con medio campo sen iluminación”.

Plan integral de mantemento e reforma

Abalde propuxo para reverter esta situación a posta en marcha dun plan integral de mantemento e reforma. Como primeiro paso, defendeu, é necesario realizar unha auditoría do estado das instalacións deportivas, destinando partidas orzamentarias para reparar as deficiencias por vía de urxencia. Ademais, instou a dotar do material necesario para a práctica do deporte ante o déficit en moitas instalacións e o estado “obsoleto” en outras tantas, como no casos do ximnasios de Samil. Tamén chamou a ampliar os horarios dende as 6 da mañá até a medianoite para atender a demanda de moitas persoas usuarias, modernizar o sistema de reserva e pago das instalacións ante as constantes incidencias e peches sen previo aviso, así como crear unha canle de comunicación “constante e fluída” coas entidades deportivas para coñecer as súas necesidades.

Pistas de atletismo e pavillón de Matamá
Caso aparte merecen as pistas de atletismo de Balaídos que, criticou o edil nacionalista, están nun estado “lamentábel” malia as numerosas denuncias e evidentes eivas que presenta nos últimos anos tanto a pista coma os vestiarios. Nese sentido, lembrou que inda está pendente de licitación o proxecto de reforma das mesmas, do que non se executou nin un só euro, como tampouco do “mil veces prometido” pavillón para Matamá.

Sanidade citará para la vacunación frente a la gripe a los menores de entre 6 y 59 meses durante dos fines de semana consecutivas

0

La Dirección Xeral de Saúde Publica comenzó el envío de SMS para convocar a los niños y niñas de este tramo de edad para ser vacunados, durante las jornadas del 18 y el 19 de noviembre; y del 25 y del 26 noviembre

El departamento sanitario de la Xunta destaca la importancia de vacunarles frente a gripe, estando recomendada su administración de forma sistemática para este tramo de edad

La Consellería de Sanidade habilitará también, el próximo día 16 de noviembre, el sistema de autocita para que las personas menores de 60 años -y con patologías de riesgo- puedan vacunarse en los grandes recintos de la gripe y de la covid-19

La Dirección Xeral de Saúde Pública acaba de comenzar el envío de SMS de citación para que los padres y madres de los menores con edades comprendidas entre los 6 y los 59 meses, puedan acudir al conjunto de hospitales gallegos a vacunar de la gripe sus hijos y hijas, durante los fines de semana del 18 y el 19 de noviembre; y del 25 y del 26 noviembre.

La medida tiene por objetivo facilitar que los progenitores puedan acudir al conjunto de hospitales de la red sanitaria pública gallega con mayor comodidad, y así poder acompañar a sus hijos e hijas a la administración de una vacuna que está recomendada –de forma sistemática- para este tramo de edad.

De este modo, y de acuerdo al volumen de población diana que poseen las siete áreas sanitarias gallegas, durante el primer fin de semana (18-19 de noviembre) se citará para la vacunación en todos los hospitales de la red sanitaria pública gallega, excepto en el caso de Monforte, que será en el anexo al IES Río Cabe. En el caso de las jornadas del 25 y 26 de noviembre, las citas continuarán solamente en las áreas de A Coruña-Cee; Vigo; Santiago-Barbanza; y Ourense, Verín y O Barco de Valdeorras.

Autocita para menores de 60 años con patologías de riesgo

La Consellería de Sanidade habilitará también el próximo día 16 de noviembre, el sistema de autocita para que las personas menores de 60 años -y con patologías de riesgo- puedan vacunarse -en los grandes recintos- de la gripe y de la covid-19.

De este modo, la población con edades comprendidas entre los 12 y los 60 años, y que pertenezcan al grupo con patologías de riesgo (mujeres durante el embarazo y puerperio, personal de servicios esenciales, convivientes de personas de riesgo, etc.) podrán solicitar su cita para la vacunación doble. En este sentido, el primer día de citación será el 26 de noviembre.

Asimismo, y para vacunar a los menores con condiciones de riesgo, y edades comprendidas entre 6 meses a 11 años, Sanidad habilitará un día antes -el 15 de noviembre-, el sistema de autocita para la vacunación gripe-covid-19, que en el caso de este grupo de edad, se llevará a cabo en los hospitales de la red sanitaria gallega.

Rueda destaca al sector de la moda como motor de la economía gallega e impulsor de la reputación nacional e internacional de la Comunidad

0

El presidente de la Xunta participó en el acto de entrega de la Medalla de Oro del Círculo de Empresarios de Galicia al diseñador Roberto Verino

Destaca la aportación de la moda a lo largo de la historia a la hora de introducir cambios sociales, industriales y económicos en un territorio

Resalta que Galicia ofrece certezas y estabilidad económica y política para promover que las empresas inviertan en la comunidad

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, destacó hoy al sector de la moda como uno de los principales motores de la economía de Galicia que contribuye a impulsar la reputación nacional e internacional de la comunidad a través de productos valorados por su diseño y calidad.

Durante la entrega de la Medalla de Ouro del Círculo de Empresarios de Galicia al diseñador Roberto Verino, el presidente destacó que al igual que la comunidad gallega fue quien de transformar la moda, el sector textil también ayuda a transformar Galicia. En esta línea, resaltó que la moda es un motor capaz de influir en el conjunto de la sociedad ya que introduce cambios sociales, industriales y económicos que marcan de forma decisiva y positiva a un territorio.

Apoyo al tejido empresarial

Rueda también resaltó durante su intervención el apoyo de la Xunta al tejido empresarial para acercar certezas y garantías que promuevan proyectos en la comunidad y que contribuyan a seguir construyendo una Galicia potente y atractiva para invertir. El presidente destacó el hecho de que Galicia ofrezca estabilidad política y económica al aprobar, un año más, los presupuestos en tiempo y forma y recuperar el nivel de PIB prepandemia antes que el conjunto de España. Además, el Gobierno autonómico busca facilitar la implantación de proyectos con medidas al amparo de la Ley de simplificación administrativa para reducir los plazos para su puesta en marcha.

A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais cara ao río Lagares

0

Técnicos do programa de Control de Vertidos de Augas de Galicia localizaron a achega tras a alerta comunicada pola Servizo de Emerxencias do 112

Na inspección observouse turbidez no curso fluvial ao seu paso pola parroquia de Lavadores, consecuencia do movemento de terras nunhas obras no lugar de Sabaxáns

Nunha recente inspección á zona, os técnicos autonómicos constataron a realización das intervencións oportunas e a ausencia do vertido ao dominio público hidráulico

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un punto de vertido de augas residuais cara ao río Lagares, no concello de Vigo.

Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, localizaron este punto de vertido tras unha alerta comunicada polo Servizo de Emerxencias do 112.

Na inspección observouse a existencia de turbidez no curso fluvial ao seu paso pola parroquia de Lavadores, consecuencia do movemento de terras nunhas obras que se estaban a realizar no lugar de Sabaxáns.

Augas de Galicia puxo esta situación en coñecemento do Concello de Vigo para que levara a cabo as medidas oportunas para a emenda do vertido irregular.

Nunha recente inspección á zona, os técnicos autonómicos constataron a realización das intervencións oportunas e a ausencia de caudal cara o río Lagares, eliminando así o vertido irregular ao dominio público hidráulico.

Nena Daconte presenta en el hall del Teatro Afundación de Vigo nuevo álbum, Casi Perfecto, un regreso al sonido de sus primeros discos

0

El concierto, que forma parte del ciclo Momentos Alhambra Acustiquísimos, apuesta por un formato íntimo y de proximidad

Nena Daconte presenta el próximo sábado en el hall del Teatro Afundación de Vigo el disco con el que regresa a los escenarios. Casi Perfecto, el sexto álbum de la cantante madrileña, supone una apuesta por canciones con sonoridades próximas al pop rock de los años noventa, como aquellas con las que comenzó a triunfar a partir de 2006. El concierto, programado como parte del ciclo Momentos Alhambra Acustiquísimos 2023, será el sábado 18 de noviembre a las 21.30 horas. Las entradas ya están disponibles en Ataquilla.com.

La creadora de canciones como Tenía tanto que darte se presenta en Vigo en un formato íntimo que facilite la proximidad con el público. De ahí que el concierto se celebre en el hall del Teatro Afundación, un espacio en el que, además de la música, los asistentes podrán disfrutar de la oferta gastronómica, una de las señas de identidad de los Momentos Alhambra Acustiquísimos 2023. Nena Daconte llega a Vigo en la gira de presentación del disco en el que vuelve sobre las esencias de su música y de su historia. La fotografía y la concepción gráfica de su nuevo disco recuperan escenas del cuento del escritor colombiano Gabriel García Márquez del que la cantante tomó su nombre artístico: El rastro de tu sangre en la nieve.

Miguel Martín denuncia que Vigo mantiene suspendidos los test antidroga al expirar el contrato municipal de la empresa encargada de analizar las pruebas

0

Informa que hace 5 meses que finalizó el convenio con el laboratorio de la Universidade de Santiago de Compostela que procedía a la recogida, transporte y análisis de aquellas muestras que daban positivo

El edil critica la falta de previsión del Gobierno local, que inició la renovación de este servicio hace apenas unas semanas y solo tras darse cuenta del problema, ocultando la anulación desde junio

El PP de Vigo califica esta situación de “muy grave” y pide explicaciones a la concejala Patricia Rodríguez por “dejarse olvidado en un cajón” un contrato tan importante para la seguridad en la ciudad

El concejal popular Miguel Martín denuncia que Vigo mantiene desde hace casi cinco meses suspendidos el test antidroga al expirar el contrato municipal de la empresa que se encargaba de analizar las pruebas, sin que hasta ahora el Gobierno local haya iniciado su renovación.

Según ha informado esta mañana, la Policía Local de Vigo ha recibido instrucciones de paralizar la realización de estos test “hasta nueva orden por problemas en el servicio”. El edil se ha mostrado muy crítico con que habiendo expirado el contrato con el laboratorio de la Universidade de Santiago de Compostela, que procedía a la recogida, transporte y análisis de las muestras que daban positivo en los controles de tráfico, no fuera hasta hace apenas unas semanas que el Gobierno inició la tramitación de esta concesión.

Martín ha señalado que, desde hace cuatro meses, los test realizados en los controles antidroga practicados por los agentes municipales no han servido “para nada”, ya que los que daban positivo “no han podido ser enviados posteriormente al laboratorio para su ratificación”. Así, las muestras de saliva de aquellos conductores que mostraban claros síntomas de conducir bajo la influencia de sustancias estupefacientes “no tendrán propuesta de sanción alguna”.

Desde el Partido Popular han calificado esta situación de “muy grave” ya que atenta contra la seguridad del tráfico en la ciudad y da una imagen de impunidad a quien se salta todas las normas y circula “colocado”, al tiempo que lo consideran un peligro para el resto de los usuarios de la vía pública.

En esta misma línea, Martín ha cuestionado la falta de planificación e ineficiencia en la gestión del Gobierno local, que inició la renovación solo “tras darse cuenta del problema”, ocultando el vacío generado durante cuatro meses. En opinión del concejal, “nadie se preocupa de que los contratos que van a expirar sean renovados en tiempo para evitar situaciones como esta”. Al hilo, ha exigido explicaciones a la concejala responsable de tráfico y seguridad, Patricia Rodríguez, por “dejarse olvidado en un cajón” un contrato tan importante para Vigo, tal y como lo demuestra el hecho de que la partida presupuestaria destinada a tal fin “no tiene ninguna obligación pendiente de pago antes de que se acabe el año”.

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, asistiu na Sede Afundación de Vigo á inauguración da mostra “Vigo no tempo”

0

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, asistiu na Sede Afundación de Vigo á inauguración da mostra “Vigo no tempo”, organizada pola Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura, coa colaboración de Afundación. A mostra forma parte do proxecto “Cidades no tempo”, que chega a Vigo co obxectivo de reivindicar a cultura urbana como compoñente clave da identidade de Galicia. “Vigo é unha cidade única, que mestura á perfección o seu enclave histórico tradicional co concepto de cidade activa, de praia e de montaña, e industrial á vez que moderna e innovadora –explicou Fernández-Tapias-. E nesta mostra percorrermos a súa historia, desde as súas orixes na Idade Media ata o seu crecemento no séculos XIX e XX. Todo sen esquecerse da actualidade deste Vigo que ten alma mariñeira, mais tamén cosmopolita”.

A responsable provincial de Cultura remarcou que a cidade olívica “ten un potencial cultural inmenso” e amosou o compromiso do Goberno da Deputación para “seguir impulsando e promovendo ese potencial. Traballaremos con intensidade para apoiar á cultura nesta cidade, porque cremos que Vigo merece poñerse no epicentro cultural da xeografía galega”.​

Vitrasa denuncia un novo ataque a autobuses

0

Vitrasa denuncia que o pasado venres 3, arredor das 23:00h rexistrouse un novo ataque violento a un autobús. Nesta ocasión, o vehículo que cubría a liña 9B ao seu paso pola rúa da Rabadeira recibiu o impacto dunha pedra na fiestra do parabrisas frontal. No autobús viaxaba un pasaxeiro que non sufriu danos, o traballador que realizaba o servizo tamén saíu ileso.

«Tan só a semana pasada foron 3 os autobuses atacados de forma violenta con obxectos contundentes que impactaron contra a fiestra dianteira», sinalan.

«Insistimos en que este tipo de ataques poñen en risco as persoas viaxeiras, aos compañeiros e compañeiras que realizan o servizo e a calquera persoa que circule pola vía», lamentan dende a compañía.

A Xunta e Afundación convidan a descubrir a orixe e identidade de Vigo nunha exposición que afonda no seu carácter cultural, industrial e renovador

0

O conselleiro de Cultura acompañado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, participan na apertura xunto co vicepresidente de Afundación

Román Rodríguez destaca que a mostra reflicte “a realidade dunha cidade sempre viva e cambiante, cunha gran capacidade de adaptación e renovación en moitos eidos, non só no industrial”

‘Vigo no tempo’ é a quinta exposición de ‘Cidades no tempo’, proxecto organizado pola Xunta de Galicia, a través da Cidade da Cultura, en colaboración con Afundación, que comprende unha mostra en cada unha das sete principais urbes

A Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura, e Afundación (Obra Social ABANCA) presentaron esta tarde a exposición Vigo no tempo, que poderá visitarse na sede desta última entidade ata o 20 de xaneiro de 2024. O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, inaugurou co vicepresidente de Afundación, Xosé Carlos Caneiro, a que supón a quinta das sete mostras que compoñen o proxecto Cidades no tempo, iniciado en 2022 co obxectivo de reivindicar a identidade urbana de Galicia. A proposta pon agora o foco nunha das urbes máis destacadas a nivel cultural e industrial da Comunidade.

O relato expositivo explora a cidade desde as súas orixes ata a actualidade cunha combinación única de obxectos de alta cultura e cotiáns, obras de arte, documentos históricos, mapas e planos, recreacións virtuais, fotografías e publicacións. Unha oportunidade de afondar no Vigo máis coñecido e de descubrir os aspectos máis  descoñecidos desde moi diversas perspectivas: os fitos históricos e os mitos, o desenvolvemento urbanístico, a economía e a industria, o lecer ou a cultura.

A mostra parte dunha visión de Vigo como un lugar cunha profunda vontade de constituírse como unha gran cidade. Así, fai un percorrido pola realidade dunha urbe que medrou nun territorio xa intensamente habitado incluso antes da propia idea de cidade. O traxecto abrangue as infraestruturas máis relevantes a nivel comercial, cultural e de comunicacións, mesmo os proxectos que non saíron adiante. Un camiño que repasa, ademais, pezas arqueolóxicas de grande importancia, os documentos fundacionais, algunhas das imaxes máis antigas da cidade ou os referentes da renovación pictórica e musical.

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, sinalou durante a inauguración que estamos ante unha mostra que recolle “a realidade dunha cidade sempre viva e cambiante, en permanente transformación e cunha gran capacidade de adaptación e renovación en moitos eidos”. Así, engadiu, “repasamos a súa realidade multicapa como un aspecto máis da súa situación urbana na que imos do Vigo industrial ao cultural e mesmo deportivo”. Neste senso, o titular de Cultura quixo destacar a importancia dun proxecto expositivo que permite “explorar como se foron construíndo as nosas cidades e os distintos modos nos que as viven os seus veciños”.

Pola súa parte, o vicepresidente de Afundación, Xosé Carlos Caneiro, tamén fixo fincapé  na idea dunha «cidade fascinante e poliédrica” da que, dixo, “poderíamos pensar que a característica que a define e amalgama é o progreso, avance, o desenvolvemento e, sobre todo, a adaptación ás necesidades dos diferentes momentos históricos”.

Ao acto tamén asistiron a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz; o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; e a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez.

A exposición está comisariada polo xornalista e membro do Consello da Cultura Galega Manuel Gago, que contou co apoio do que fora editor de Edicións Xerais  dende 1994 a 2018, Manuel Bragado. Nela colaboran preto de 50 cedentes entre institucións de gran relevancia dentro e fóra da cidade, coleccións particulares e recoñecidas entidades empresariais. Entre outros, figuran o Arquivo Municipal de Vigo, o Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, o Museo Quiñones de León, o Museo Massó, o Museo do Mar de Vigo, a Biblioteca Pública Juan Compañel, a Fundación Penzol, a colección ABANCA, Stellantis Vigo, Editorial Galaxia ou Edicións Xerais.

As orixes, o urbanismo e a industria

Vigo no tempo coloca nun mesmo escenario desde o Vigo industrial (vinculado ao mar e e grandes empresas como Citroën) ao editorial, pasando pola influencias foráneas como a presenza do Cable Inglés nas costumes e no lecer, polo Vigo da Movida ou do Grupo Atlántica, ata o Vigo do mar e as lendas.

Á exposición accédese por un corredor iluminado con estelas, recreando con caixas de luz unha das mellores coleccións de plástica galaico-romana, conservada no Museo Quiñones de León e que nos transporta ao pasado romano de Vigo. Tras un repaso con ilustracións animadas pola Reconquista, a exposición lévanos ao expediente onde se recoñece o título de cidade en 1810 e a un manuscrito onde se menciona por primeira vez o topónimo de Vigo, un pleito entre veciños datado en 1907. As primeiras imaxes que mostran a evolución da urbe correspóndense cun bosquexo de 1597 que amosa o crecemento urbano e un plano que 70 anos despois nos traslada a un Vigo fortificado.

Unha das grandes curiosidades da mostra son os proxectos do que puido ser Vigo pero que non chegaron a realizarse. É o caso dun plano para construír unha base naval nas Cíes ou dun peirao que incluía unha nova poboación en 1820.

A exposición fai fincapé no xeito en que a industria modificou e guiou a organización da vida na cidade: a chegada dun xigante da automoción, os horarios laborais ou a hixiene nas fábricas. Así, exhíbese unha fotografía das primeiras producións de Citroën, un reloxo de fichar da Conserveira Albo ou un lavabo de mans da fábrica Massó. Ademais, unha máquina de coser Refrey dá conta de como os industriais vigueses relacionados co mar tamén sacaron adiante outros negocios.

A cidade que se reinventa

No tempo de lecer en Vigo ten grande protagonismo o fútbol, que chegou á cidade da man do Exiles FC creado polos colectivos ingleses. Foi o xerme dos clubs que acabaron derivando no Celta de Vigo. Na mostra exponse o Trofeo Orfos do mar de 1949, desputado entre o Celta e o Benfica.

Nos anos 80 a cidade reinvéntase e vive unha explosión creativa e musical sen precedentes en Galicia, época que ocupa un lugar destacado na exposición cunha recompilación de imaxes dos grupos da Movida dos que tamén se poderán escoitar algúns dos seus temas emblemáticos, sen esquecerse da renovación pictórica do Grupo Atlántica.

Tamén no eido da cultura, Vigo destaca por ser a capital editorial de Galicia con Compañel, Krapf, Xerais e Galaxia, das que se recollen exemplares destacados na exposición, ademais de gardar un espazo para a prolífica prensa viguesa.Vigo no tempo convida, ademais, a somerxerse nas lendas relacionadas co mar: un cipo da Illa de Toralla do S.III-IV ou unha cunca das Covas do Folón (2500-2000 a.C.) adéntrannos no mundo do culto, as ofrendas e as divindades.