Vitrasa comunica os servizos mínimos da compañía cos paros parciais a partir do luns 13 de noviembre

En cumprimento da sentencia ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), os servizos mínimos dispostos polo Concello para cubrir os paros parciais convocados sufrirán alteracións para adaptarse a esta nova resolución.

Ata agora, os autobuses que se encontraban circulando no momento no que se iniciaba o paro parcial seguían prestando servizo recollendo e deixando viaxeiros durante a primeira media hora. A partir dese momento, o autobús continuaba facendo o seu percorrido ata o remate da liña,  permitindo só a baixada de usuarios, non sendo posible a recollida dos mesmos.

A partir do próximo luns 13 de novembro os paros parciais afectarán nas franxas horarias 07:00 – 08:30, 12:30 – 15:30, 19:00 – 20:30 horas en día laborable, e 18:30 – 21:00 horas en sábado e domingo. Por mor desta sentencia, os autobuses que non realicen servizos mínimos, no caso de que os condutores secunden a folga, non circularán dende o inicio das franxas horarias de paros parciais.

«Polo tanto, para evitar ter que deixar aos nosos viaxeiros lonxe do seu destino seguindo esta nova medida, o que significaría unha situación de trastorno, incerteza e mesmo de seguridade no caso de colectivos vulnerables, reduciranse algunhas viaxes iniciadas antes do comezo do paro», sinalan dende Vitrasa.

Os servizos mínimos adaptaranse a esta sentencia e toda a información relativa a horarios e liñas afectadas será publicada nas próximas horas na web www.vitrasa.es e en redes sociais.