Vitrasa denuncia que o pasado venres 3, arredor das 23:00h rexistrouse un novo ataque violento a un autobús. Nesta ocasión, o vehículo que cubría a liña 9B ao seu paso pola rúa da Rabadeira recibiu o impacto dunha pedra na fiestra do parabrisas frontal. No autobús viaxaba un pasaxeiro que non sufriu danos, o traballador que realizaba o servizo tamén saíu ileso.
«Tan só a semana pasada foron 3 os autobuses atacados de forma violenta con obxectos contundentes que impactaron contra a fiestra dianteira», sinalan.
«Insistimos en que este tipo de ataques poñen en risco as persoas viaxeiras, aos compañeiros e compañeiras que realizan o servizo e a calquera persoa que circule pola vía», lamentan dende a compañía.

