Esgotadas as prazas para a derradeira ruta ornitolóxica “Voando nas Rías Baixas” na enseada de San Simón

0

A última visita ornitolóxica desta sexta edición do programa desenvolverase o domingo 26 de novembro polos concellos de Redondela, Soutomaior, Pontevedra e Vilaboa

En tan só uns minutos esgotáronse este luns as prazas para a sétima e última das rutas ornitolóxicas deste ano do programa “Voando nas Rías Baixas”, que promove a Deputación de Pontevedra en colaboración con SEO Birdlife, e que se desenvolverá o vindeiro 26 de novembro na enseada de San Simón. A cita recibiu numerosas peticións e ademais de esgotar as 25 prazas dispoñibles, completou tamén a lista de agarda.

Conducidos por dous guías ornitolóxicos de SEO Birdlife, os participantes percorrerán este espazo situado no máis profundo da ría de Vigo. Nesta paisaxe intermareal a influencia das mareas propicia a invernada e o paso migratorio de aves acuáticas e mariñas, ademais de paseriformes dos contornos arbóreos, o que fai que sexa un espazo protexido pola Rede Natura 2000. Ademais do parrulo asubiador (que ten en San Simón un dos mellores lugares de invernada de Galicia), é posible observar outros anátidos atractivos. Resaltan tamén limícolas coma o bilurico das rochas, a píldora cincenta, o bilurico patirrubio e o claro, o pilro común e o tridáctilo, o mazarico real… e ardeidos coma a garza real, a garzota común, gaivotas varias, corvos mariños e paxariños coma o vistoso picapeixe. Esta é a última das andainas desta sexta edición de “Voando nas Rías Baixas”, que remata neste mes de novembro despois de pasar polo Complexo Intermareal Ulla-O Grove, pola Foz da Ramallosa (Nigrán), as Ribeiras do río Umia (Cambados-Ribadumia), as Brañas de Xestoso (Silleda-Forcarei-A Estrada), a praia da Lanzada (Sanxenxo-O Grove) e o Esteiro do río Miño (A Guarda).

Ultraluz, A Movida Literaria e Culturgal, súmanse á oferta cultural da Deputación de Pontevedra na sede viguesa de Eduardo Chao

0

A vicepresidenta primeira, Marta Fernández-Tapias, presentou hoxe as novas incorporacións á programación viguesa da institución provincial, con 22 nomes propios da cultura e 9 actuacións que manterán unha intensa actividade con entrada libre

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, presentou hoxe a nova aposta da Deputación de Pontevedra para a sede viguesa da institución provincial con tres programas que se suman á oferta cultural. Ultraluz, A Movida Literaria e Culturgal incorpóranse ao calendario dos vindeiros meses de novembro e decembro, con 22 nomes propios da cultura e 9 actuación que manterán unha intensa actividade na rúa Eduardo Chao do Casco Vello vigués con entrada libre.

A responsable provincial, quen compareceu ante os medios acompañada pola escritora Ledicia Costas, o director de Culturgal, Camilo Franco, e Pablo Vázquez en representación de A Movida, destacou que este ciclo é tan importante polo seu contido como polo fondo, pois recordou que un dos obxectivos irrenunciables da Deputación é o de recuperar para Vigo “o seu papel como referente cultural”.

Neste sentido, referendou o compromiso do Goberno provincial de exercer de catalizador dunha cidade que, dixo, “sendo berce da Movida dos anos 80, ten pendente recuperar a súa posición de liderado á fronte da vangarda cultural de España e facer valer a súa calidade artística e de dominio cultural”.

Segundo detallou, a proposta defínese polo “talento artístico e a diversidade” dunha aposta que, nas súas propias palabras, “non pretende ser un espectáculo de masas, senón dirixirse a todos os públicos cun deseño que transita entre a literatura, a poesía, a música, o debate ou a interpretación”.

Este ciclo iniciarase con A Movida Literaria, este xoves ás 19.30 horas. Inma López Silva, Francisco Castro, Mª Xosé Porteiro, Pedro Feijóo e Rexina Vega participarán na sede viguesa da Deputación provincial nun coloquio sobre novela negra e social. Co mesmo formato, o 29 de novembro será a quenda de Marcos Calveiro, Ledicia Costas, María Reimóndez e Manuel Esteban, que establecerán un diálogo sobre a literatura infantil e xuvenil, a partir das 19.30 horas.

Con ocasión desta presentación, Tapias aproveitou para felicitar novamente a A Movida con motivo do seu quinto aniversario. Media década de xornalismo cultural no que, dixo, “vos fixestes imprescindibles como prescriptores culturais de referencia na cidade”.

Sobre Ultraluz, sinalou que o tándem formado por Ledicia Costas, unha das escritoras galegas máis laureadas, traducidas e reeditadas, e Amaro Ferreiro, compositor de recoñecido prestixio e talento, “é unha aposta segura”. “Ambos os dous levarannos ao bosque de Ultraluz, nunha viaxe sensorial, unha experiencia artística exquisita que dá vida á obra de Ledicia, gañadora do XX Premio de Poesía Afundación”, anotou. Un espectáculo que terá lugar na sede viguesa da Deputación o 19 de decembro en Vigo, ás 20.00 horas, e ao día seguinte no Museo Provincial de Pontevedra.

Para terminar, o 23 e 24 de novembro, en tres sesións cada día ás 6, 7 y 8 da tarde, a sede de Eduardo Chao no Casco Vello vigués acollerá da man de Culturgal unha combinación perfecta entre literatura, poesía e música. A este respecto, a vicepresidenta primeira da Deputación incidiu en que “esta feira, escaparate das culturas galegas e de recoñecido prestixio, tiña que ter a súa réplica en Vigo”.

Así, na primeira xornada Alba Garrido e Iría Morgade charlarán sobre memoria histórica, ás que seguirán os recitais poéticos de Iolanda Zúñiga e Velpister, para rematar coa música de Catuxa. Ao día seguinte, catro Premios Xerais falarán de literatura, María Lado demostrará que “Non fai falta ler poesía”, e Leilía encargarase do peche deste Culturgal estendido con motivo da súa xira de despedida, “Voume, pero non me vou”.  

“Dixemos que a Cultura ía ser unha pedra angular na xestión desta nova Deputación, e lonxe de ser unha simple declaración de intencións, este ciclo cultural que acabamos de presentar hoxe comeza a darlle forma”, sinalou a vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra. Antes insistiu en que “Vigo ten un potencial cultural inmenso, que hai que coidar, atender e mimar, porque ata agora non se facía”. Nesta liña, Fernández-Tapias reiterou o seu compromiso de “traballar intensamente para devolver a cultura viguesa ao lugar que se merece, o que ocupaba nos anos 80”, ao que engadiu que “a cultura non debe ser unha cuestión de ideoloxía senón de vontade, toda por parte desta Deputación”.

A delegada da Xunta destaca a oferta formativa do CIFP Coia como “referente” en tecnoloxía industrial

0

Ana Ortiz visitou este luns o Centro Integrado de Formación Profesional da Xunta de Galicia no que estudan preto de 350 alumnos

Nas instalacións de Coia impártense cursos de AFD, ciclos de Robótica, Mecatrónica e Electromecánica e tamén ofrece formación en colaboración con CEAGA

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou este luns o Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) de Coia no que estudan actualmente un total de 350 alumnos. Acompañada polo xefe territorial de Promoción de Emprego e Igualdade, José Antonio Fachado, a representante autonómica realizou un percorrido polo CIFP xunto ao director, José Vizcaya, e a xefa de estudos, Natalia González.

“O CIFP de Coia é un referente en Galicia para a formación profesional e temos que estar moi orgullosos do traballo que realiza o profesorado, que se ve refrendado no alto índice de empregabilidade”, sinalou Ana Ortiz.

Os responsables do centro explicaron que un total de nove profesores imparten os ciclos superiores de Automatización e Robótica Industrial e Mecatrónica, ademais do ciclo medio de Mantemento Electromecánico a un total de 151 alumnos. Ademais, outros 200 asisten a cursos AFD especializados en Electricidade e Electrónica, Fabricación Mecánica, Instalacións e Mantemento, Transporte e Mantemento de Vehículos e Formación Complementaria.   Tamén hai cursos en colaboración co Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA).

A delegada sinalou que “o Goberno galego prima as accións formativas que tratan de anticipar a formación ao novo modelo produtivo, coa mirada posta nos sectores máis innovadores e adaptados ás necesidades da economía da área de Vigo”. Así mesmo, apuntou que a Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade subvencionará na área viguesa un total de 283 cursos formativos (92 máis que o pasado ano) no marco do plan AFD (accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas).  A representante autonómica explicou que os cursos (263 presenciais e 20 de teleformación) contan cun investimento de 13,2 millóns de euros (9,5 millóns en 2022) dunha partida económica para a provincia de 23 millóns (16,3 millóns en 2022). No conxunto da área viguesa serán 128.089 horas (92.613 horas o ano pasado) para un total de 4.545 alumnos.

Profesionais sanitarios e pacientes fronte ao mieloma múltiple

0

Baixo o lema “Transformando xuntos o cáncer en esperanza” o servizo de Hematoloxía organiza o próximo mércores día 15 unha xornada aberta á cidadanía sobre o mieloma múltiple no Álvaro Cunqueiro

A xornada contará coas intervencións de profesionais do equipo multidisciplinar que forma parte do tratamento e coidado destes pacientes, como hematólogas, fisioterapeutas, farmacéuticas  e persoal de enfermaría

O mieloma múltiple (MM) é un dos cánceres de sangue máis complexos e un dos máis difíciles de diagnosticar

O servizo de Hematoloxía ten en seguimento a un centenar de pacientes con esta enfermidade

Baixo o lema “Xuntos transformaremos o cáncer en esperanza”, o servizo de Hematoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro organiza o próximo mércores día 15 un encontro con pacientes diagnosticados de Mieloma Múltiple. Trátase dunha xornada aberta á cidadanía, que terá lugar na entrada principal do hospital ás 17.00 horas.

O mieloma múltiple (MM) é un dos cánceres de sangue máis complexos e un dos máis difíciles de diagnosticar, representando solo un 10% dos cánceres existentes. Afecta principalmente a xente de idade avanzada, de feito, a idade media de aparición da enfermidade é arredor dos 69 anos. Solo o 5-10% dos pacientes teñen menos de 40 anos. 

O servizo de Hematoloxía do Chuvi ten en seguimento a un centenar de pacientes con esta enfermidade. Segundo explica a xefa do servizo e moderadora desta xornada, Carmen Albo, “un dos grandes desafíos desta enfermidade é o diagnóstico xa que, nalgúns casos, este pode tardar ata seis meses desde a aparición dos síntomas iniciais. Sen embargo, os tratamentos para o MM experimentaron avances moi significativos nos últimos anos, como os inmunomoduladores, anticorpos monoclonais, CART, o que ten permitido mellorar de xeito significativo a supervivencia destes pacientes”.

Equipo multidisciplinar

Nesta xornada estarán presentes diferentes representantes do equipo multidisciplinar que forma parte do tratamento e coidado destes doentes no Álvaro Cunqueiro, como hematólogas, fisioterapeutas, farmacéuticas  e persoal de enfermaría.

Neste senso, as hematólogas informarán sobre os tratamentos, e os fisioterapeutas da importancia do exercicio físico xa que “o exercicio físico adaptado ás necesidades e limitacións destes pacientes implica beneficios en saúde ósea, redución da fatiga, aumento da forza muscular e mellora do equilibrio e a mobilidade. Ademais, pode axudar a reducir o risco de complicacións e mellorar a tolerancia ao tratamento ou a incidencia de certos efectos secundarios”.

Por outra banda, tamén participará unha das enfermeiras encargadas do programa da Atención Domiciliaria, que explicará os coidados integrais e individualizados que reciben os pacientes nos seus domicilios. O Álvaro Cunqueiro creou unha Unidade de Atención Domiciliaria a pacientes hematolóxicos dirixido a aqueles doentes con tratamentos crónicos orais ou de administración subcutánea que necesiten asistencias moi frecuentes a consulta e Hospital de Día. A finalidade deste novo servizo é mellorar a súa adherencia ao tratamento e a súa calidade de vida. O 80% dos doentes incluídos neste programa padecen Mieloma Múltiple.

Asímesmo, unha das farmacéuticas responsable da farmacia hematolóxica informará  dos circuítos da preparación das medicacións e á súa administración ou entrega ao paciente, e poderá resolver as dúbidas do auditorio sobre os efectos adversos destes tratamentos, que poden presentar interaccións con outras medicacións. Ademais, tamén participará a presidenta da Comunidad Española de pacientes de MM (CEMMp),Teresa Regueiro, que aportará coñecemento e experiencia en relación á convivencia con esta enfermidade.

A Deputación recibe unha achega de 37.000 euros da Xunta para o labor de identificación, vacinacións e esterilización de cans do CAAN

0

No centro recupéranse estes días catro cachorros que foron abandonados xunto a un colector de lixo en Vilaboa

O labor que desenvolve o Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra no coidado animal acaba de ser apoiado pola Xunta de Galicia coa concesión dunha achega por preto de 37.000 euros para financiar os gastos derivados de esterilizacións de cans, identificacións con microchip, compra de alimentos e vacinacións realizados nas instalacións da Armenteira. Estas axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva ás entidades locais para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia.

Hai que destacar que todos os cans que saen do centro en adopción fano vacinados, identificados con chip, desparasitados e esterilizados e, neste senso, entre o 1 de setembro do 2022 e o 31 de agosto deste 2023, realizáronse un total de 808 identificacións e 394 esterilizacións. En total, recolléronse 1.511 animais nos 52 concellos adheridos a este servizo na provincia.

O centro traballa 24 horas ao día os 365 días do ano, con servizos de recollida e veterinario de urxencia. Estes últimos días, o CAAN recolleu unha camada de catro cachorros que apareceron abandonados nunha caixa xunto a un colector de lixo en Vilaboa. Son dúas femias, “Rosalía” e “Flabia”, e dous machos, “Aldán” e “Anxo”, que se estima que teñen preto de vinte días de vida e se atopan en boas condicións. Na actualidade, hai 52 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes adheridos ao CAAN, que segue mantendo a premisa de fomentar o dereito á vida dos animais, erradicar o abandono e promover as adopcións. Estas son gratuítas e o persoal asesora as persoas sobre o can ou cadela que pode adaptarse mellor ás súas necesidades. Tanto para visitas como para formalizar as adopcións preferentemente se pide cita previa nos teléfonos 986 140 360 ou  886 217 391.

El humo en el interior de unos grandes almacenes del Meixoeiro provoca una alerta

0

Probablemente se tratase de algún material que se quemó y se extinguió solo, sin necesidad de intervención de los bomberos

La existencia de una gran cantidad de humo en el interior de unos grandes almacenes del parque empresarial del Meixoeiro hizo saltar todas las alarmas a última hora de la tarde del domingo en Vigo.

Según fuentes del 112 Galicia fueron varios los particulares que alertaron de que veían salir humo de la tienda de MediaMark ubicada en la zona, por lo que se puso en marcha un dispositivo que incluyó a los Bomberos de Vigo, a la Policía Local y Nacional, así como a Protección Civil. También se dio aviso a los servicios de urgencias sanitarias, pese a que en un principio no había constancia de personas heridas.

Una vez en el punto, los bomberos informaron de que en el interior del establecimiento había mucho humo, pero no había ningún material ardiendo. Según su apreciación, probablemente se tratase de algún material que se quemó y se extinguió solo, sin necesidad de su intervención, provocando gran cantidad de humo, pero sin más daños.

El 061 de Galicia asistió 81 personas por 64 accidentes de tráfico durante el fin de semana

0

Desde las 15.00 horas del viernes, 10 de noviembre hasta las 23.59 horas del domingo, 12 de noviembre, la Central de Coordinación de Urgencias Sanitarias de Galicia-061 recibió 85 llamadas por accidentes de tráfico

Urgencias Sanitarias de Galicia-061 asistió durante el fin de semana 81 personas debido a 64 accidentes de tráfico ocurridos en las carreteras gallegas. El período contabilizado comprende desde las 15,00 horas del viernes, 10 de noviembre, hasta las 23,59 horas del domingo, 12 de noviembre. El viernes fue el día que registró más siniestros, con 23 accidentes de tráfico.

La Central de Coordinación del 061, que gestiona y coordina los servicios prehospitalarios en casos de urgencia y emergencia en Galicia, recibió en estos días 85 llamadas en relación con los accidentes de tráfico. Estas alertas generaron 64 asistencias sanitarias por parte del personal del 061 que atendió un total de 81 personas. La proporción de hombres y mujeres atendidos fue del 59% y del 41% respectivamente. En las edades de los heridos, se observa que el 26% de los atendidos tenía entre 20 y 34 años.

Por provincias, Pontevedra fue la que más siniestros registró con 27 accidentes de tráfico durante los desplazamientos de estas fechas.

ProvinciaAccidentes
A Coruña24
Lugo8
Ourense5
Pontevedra27
Galicia64

Los recursos sanitarios movilizados por los médicos que atendieron las llamadas en la Central de Coordinación del 061 fueron 72. Así, las ambulancias asistenciales de soporte vital avanzado asistieron en seis accidentes, las ambulancias asistenciales de soporte vital básico asistieron en 63 siniestros y los equipos sanitarios de Atención Primaria que completan la dotación de las ambulancias asistenciales de soporte vital básico del 061, en el caso de necesitarlo, prestaron asistencia sanitaria en tres accidentes.

En 64 casos los heridos fueron trasladados a los centros sanitarios correspondientes y en 17 ocasiones se atendió en el propio lugar del incidente.

LA ARMADURA DE LA LUZ

Nueva novela de la saga Los pilares de la tierra. En esta ocasión la novela empieza en 1792, cuando Inglaterra comienza a transformar su industria para hacerla más competitiva, dando paso a la que se conocerá como Revolución Industrial. Los empresarios del textil cambiarán sus telares manuales por otros alimentados por máquinas de vapor, más potentes y modernos, provocando que muchos trabajadores acaben sin empleo, y aparezcan los primeros sindicatos. El autor relata la historia de la época a través de la vida de distintos personajes de la ciudad de Kingsbridge: una valiente tejedora, un pañero de buen corazón, la mujer de un obispo anglicano, un clérigo metodista, un empresario poderoso y egoísta, y muchos más.

Autor: Ken FOLLET – Editorial: PLAZA & JANÉS. Barcelona, 2023 – Páginas: 832 – Género: Novela Histórica – Público: Adultos


No se puede negar que, nos guste o no, el británico Ken Follet (Cardiff, 1949) es, en la actualidad, el gran maestro de la novela histórica. Sus novelas han vendido más cien millones de ejemplares en todo el mundo, que se dice pronto. Y su saga de Los pilares de la tierra es la gran referencia, que sus lectores nunca se pierden. Por eso, en el escaso tiempo que lleva esta novela en las librerías, ha saltado al primer lugar de la lista de ventas. A pesar de sus más de ochocientas páginas, que se leen en un suspiro.

Pero también es cierto que, si los estafadores no supieran vender bien su mercancía, no se la compraríamos. ¿Es Ken Follet un estafador? En mi opinión, en parte sí. Por eso con este autor voy a contracorriente, y lo leo más por obligación que por devoción. Me voy a intentar explicar.

La novela comienza en la Inglaterra de 1792, con la muerte de un agricultor, mientras cumplía un encargo absurdo de su patrón. Un patrón, como casi todos los de Ken Follet, abusador y traicionero. Su viuda, Sal, con su hijo de seis años Kent, tienen que buscarse trabajo en otro sitio. Asistimos entonces a la vida en la localidad un poco más grande de Kingsbridge (una ciudad imaginada), donde se están instalando varias empresas dedicadas al hilado, ocupación principal de Sal. A partir de estos personajes y de otros adyacentes iremos conociendo la sociedad de esa época, y cómo las fábricas de tejidos evolucionan con la llegada de los telares accionados primero por agua y luego por vapor, dando origen a la revolución industrial, con todos los problemas que conlleva la evolución en el modo de hacer las cosas: en definitiva, son necesarias menos personas para hacer más trabajo.

Al mismo tiempo, un general francés está queriendo conquistar Europa. Ya ha acabado con los principios de la Revolución en su país. Muy pronto conquista la península ibérica y pone a su hermano José en el trono español. Un regimiento compuesto principalmente por ciudadanos de Kingsbridge formará parte de las tropas aliadas, que liberarán España, para finalmente vencer a los franceses en Waterloo.

Son veinte años de la historia europea los que recorre la novela, con varias historias entrelazadas de personajes en su mayoría ficticios, y es cierto que sus muchas páginas se leen del tirón. Ken Follet es un maestro narrador, y da gusto leerlo.

Pero a mí me parece que me está engañando. Reconozco que es muy difícil escribir sobre la Historia sin juzgarla con criterios morales actuales, pero para mí se pasa. Puedo poner muchos ejemplos, pero me basta con ver el lugar en que coloca a la mayor parte de los patronos, déspotas y egoístas; hay uno que podría ser Ebenezer Scrooge reencarnado, incluso bastante peor. Y los patronos más humanos, tienen ideas demasiado modernas, que aún tardarían un siglo en aparecer por Europa de la mano de Marx. Por otro lado, salpica el libro de escenas eróticas, algunas verdaderamente groseras (por Dios, la mujer del obispo anglicano…). ¿Más? Dos parejas homosexuales, perfectamente conocidas y legitimadas por todos, ¡a primeros del siglo XIX! ¿Me quiere usted decir que eso, ya entonces, era habitual? No, señor Follet, no me engañe. He aprendido con su libro, pero también le digo que hay cosas por las que no paso.

Luis López festexa o Día do Enoturismo no Castelo de Soutomaior participando na cata organizada pola Ruta do Viño Rías Baixas

0

O presidente da Deputación de Pontevedra estivo acompañado pola deputada de Turismo, Nava Castro, na novena edición da cata amateur que organiza esta entidade e anunciou unha axuda de 20.000 euros para a asociación Ruta do Viño Rías Baixas

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou este domingo a concesión dunha subvención á Asociación Ruta do Viño Rías Baixas por valor de 20.000 euros para axudar no seu labor de fomentar a promoción dos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas e o enoturismo na provincia de Pontevedra. Fixo este anuncio durante a celebración da novena edición da Cata Amateur de viño Rías Baixas que organizou esta entidade no Castelo de Soutomaior e na que participou tamén a deputada de Turismo, Nava Castro. “Non me canso de dicir que Pontevedra é desfrutar. Hai moito do que desfrutar nas Rías Baixas, pero sen dúbida o viño que leva o seu nome é un dos mellores produtos que podemos ofrecer aos nosos visitantes”, declarou o mandatario provincial, que tamén quixo destacar o “excelente traballo” que están a facer tanto a DO Rías Baixas como a Ruta do Viño por “promocionar fóra das nosas fronteiras o noso viño e o noso territorio”.

Co galo da conmemoración do Día Mundial do Enoturismo, a Asociación Ruta do Viño Rías Baixas organizou no Castelo de Soutomaior a novena edición da súa clásica cata amateur na que os asistentes degustaron diferentes caldos da Denominación de Orixe Rías Baixas.

No seu discurso, Luis López subliñou que o enoturismo é unha das grandes fortalezas do destino turístico Rías Baixas e amosou o compromiso do seu goberno para seguir apostando polo turismo. “Somos unha potencia en turismo, pero aínda non tocamos teito. Podemos atraer máis visitantes internacionais, podemos desestacionalizar as visitas e podemos fomentar máis o termalismo, o noso patrimonio ou a nosa natureza”, remarcou López apelando a eses turistas potenciais que aínda non descubriron as Rías Baixas.

Para chegar a eles, a Deputación traballa na elaboración dun Plan Estratéxico de Turismo que contará coa profesionalidade do Observatorio Rías Baixas e coa oficialidade do INE para trazar plans de acción concretos.

Unha estratexia na que o tecido asociativo e empresarial deste sector xogará un papel fundamental. É por iso que o presidente aproveitou este acto para anunciar a concesión desta subvención de 20.000 euros a Asociación Ruta do Viño Rías Baixas e informou tamén da convocatoria doutra liña de axudas, dotada con 180.000 euros en concorrencia competitiva, para levar acabo actividades turísticas.

Castelo de Soutomaior

A Deputación escolleu para a conmemoración do Día Mundial do Enoturismo o Castelo de Soutomaior porque “a enoloxía e o turismo son dúas das nosas grandes fortalezas como destino turístico. Polo tanto, tiñamos que celebrar este día na fortaleza por excelencia da nosa provincia: o Castelo de Soutomaior”, remarcou Luis López, convencido de que este espazo é “un dos nosos máis importantes elementos de atracción turística e símbolo da nosa fortaleza como provincia”. O presidente provincial insistiu tamén en que este castelo “é patrimonio de todas e todos os pontevedreses” e que empregalo para a organización de eventos deste tipo demostra a súa utilidade para “tender pontes entre a Administración, a cidadanía e o tecido produtivo e empresarial da nosa provincia”.

Alfonso Rueda participa na concentración pola igualdade dos españois en Pontevedra

0

Máis de 30.000 persoas participaron hoxe en Galicia nas concentracións pola igualdade dos españois: máis de 10.000 na Coruña, máis de 10.000 en Pontevedra, máis de 4.000 en Lugo e máis de 4.000 en Ourense.

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, participou esta mañá en Pontevedra na concentración pola igualdade dos españois que tivo lugar na Praza da Peregrina. Outras concentracións de xeito simultáneo se levaron a cabo nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña  —na que estiveron presentes o vicesecretario nacional de Organización do PP, Miguel Tellado, e a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado—,  na Subdelegación do Goberno en Lugo e na Explanada do Auditorio Municipal de Ourense.