Fernández-Tapias demanda ao Goberno central que materialice xa a liberación da peaxe en Redondela e axilice as obras compensatorias

0

A delegada territorial da Xunta mantivo hoxe unha reunión cos colectivos afectados da AP-9: “Tres anos despois seguimos á espera de que se produzan avances”

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, afeou hoxe ao Goberno central a ausencia de avances por parte do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana con respecto á liberalización da peaxe da AP-9 en Redondela e ás obras comprometidas de reposición de servizos e mitigación do impacto do ruído.

Tras manter unha reunión con representantes do colectivo de afectados da AP-9, a Anpa do IES de Chapela e da Asociación de Veciños de Trasmañó, a representante autonómica non ocultou a súa inquietude pola falla de compromiso do Executivo de Sánchez: “Tres anos despois seguimos á espera de que se produzan avances”.

Neste senso, Fernández-Tapias recordou que foi o Goberno de Rajoy o que asumiu este compromiso, do que unicamente se executou o traslado do centro educativo, o CEIP A Igrexa. En canto ao resto de actuacións, as pantallas acústicas e as intervencións nos viarios, acumulan xa un atraso excesivo, causando gran malestar entre o veciños de Redondela.

Referiuse así ás queixas reiteradas da Anpa de Redondela, por las dificultades que supón impartir clases coas condicións de ventilación ás que obriga a situación sanitaria actual e tendo en conta o ruído da autoestrada. Dito isto, Fernández-Tapias urxiu ao Executivo central que aplique xa as medidas compensatorias que se acordaron como contraprestación á ampliación.

“Non sabemos a que está esperando o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, pero desde logo non pode seguir mirando para outro lado mentres os veciños seguen á espera, tres anos despois, das melloras prometidas por Audasa”, incidiu Fernández-Tapias. Segundo informou, a execución destas medidas foi recollida por Real Decreto e incluída nos cálculos das subidas extraordinarias das peaxes, que xa se están a aplicar, pese a que estas intervencións non foron na súa maioría executadas. 

A delegada lembrou que os orzamentos do Estado recollen para este 2021 unha partida de 1,53 millóns de euros para a implantación da gratuidade da peaxe entre Redondela e Vigo e que debería ser de aplicación inmediata, concluíu.

El brote originado en el Marina Cíes afecta ya a 21 personas

0

14 de los afectados son clientes del establecimiento o participantes en fiestas posteriores, siendo el resto contactos directos de los primeros

El brote de Covid que se originaba el pasado día 27 en el Marina Cíes de Samil asciende ya ha 21 personas afectadas, tal y como informan fuentes del Sergas.

El incremento de casos detectados se debe, en gran medida, al llamamiento hecho desde Sanidade para que aquellas personas que estuvieron en el local esa tarde diesen sus datos para someterse a una prueba diagnóstica.

Del total de 21 casos detectados hasta el momento, 14 personas han resultado ser clientes del propio establecimiento o participantes en fiestas celebradas con posterioridad, mientras que los otros son contactos de los anteriores.

Sobre este particular se ha pronunciado hoy el alcalde de la ciudad, Abel Caballero, reconociendo que la Policía Local había tramitado varias propuestas de sanción con la normativa que rige frente al Covid.

Entre esas propuestas de multa figuran temas relacionados con la distribución de las mesas, con el aforo o con el hecho de no tener visible el cartel informativo que indica la capacidad del local.

O BNG denuncia que continúa habendo 219 prazas pendentes de executar das OEP no Concello de Vigo desde 2017

0

Urxen que se reforce á Área de Persoal do Concello que está «colapsada» por falla de medios humanos

 Xabier P. Igrexas: «Xa que Abel Caballero presume de ter liña directa co Goberno de Madrid que presione para que boten abaixo dunha vez a taxa de reposición cero que impuxo o Partido Popular»

O Bloque Nacionalista Galego denunciou publicamente que o Concello de Vigo ten pendente de executar 219 prazas das aprobadas nas Ofertas de Emprego Público (OEP) correspondentes aos exercicios 2017, 2018, 2019 e 2020. Desde a fronte nacionalista critican que o Goberno municipal inda non teña elaborado a proposta de OEP para o presente ano 2021 e urxen a que se reforce a Área de Persoal do Concello que, segundo afirman, está colapsada por falla de medios humanos. Ademais, demandan ao alcalde, Abel Caballero, que presione o Goberno español para derrogar a taxa de reposición cero imposta polo Partido Popular no conxunto das administracións públicas.

«Estes días o Goberno municipal de Vigo anunciaba a bombo e platillo que se ían realizar probas para 32 prazas pendentes da OEP de 2014, pero o que non dixeron é que o Concello de Vigo ten pendentes outras 219 prazas desde 2017″, explicou o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas. Unha situación que, para o nacionalista, evidencia «o desleixo e total abandono co que o Goberno de Abel Caballero xestiona o persoal do Concello, sabendo que non cubrir esas prazas supón peores condicións para o servizo que se lle presta á veciñanza».

O portavoz municipal nacionalista reclamou á concelleira de Persoal, Elena Espinosa, que «deixe as dilacións e as escusas e comece a exercer as súas competencias executando o cento por cento das OEP xa aprobadas». Por outra banda, desde o Bloque afean que o Espinosa non teña tampouco iniciado o proceso para a elaboración da nova OEP para este 2021, cando o orzamento municipal xa leva máis de tres meses en vigor.

«En lugar de seguir apostando por privatizar o Concello, a través de externalizacións e contratación de empresas privadas, o que hai é que reforzar a administración municipal como mínimo con todas as prazas xa aprobadas, a sabendas de que non será suficiente», enfatiza o edil. Neste sentido, Igrexas interpelou directamente o alcalde da cidade, Abel Caballero para que faga valer a súa pretendida influencia sobre a Moncloa para poñer fin ás restricións na contratación de persoal público impostas polos executivos do Partido Popular. «Xa que Caballero presume cada semana de ter liña directa co presidente do Goberno, e gábase de falar case a diario con ministros e ministros, o que lle pedimos desde o BNG é que utilice esa capacidade de interlocución para reclamarlle que boten abaixo dunha vez a taxa de reposición cero», indicou.

Reforzo da Área de Persoal

Desde o Bloque insisten tamén na necesidade urxente, que xa lle foi transmitida ao Goberno por parte do Comité de Persoal, de reforzar a propia Área de Persoal do Concello de Vigo, dotándoa cos medios humanos necesarios para poñer fin ao «colapso» que atravesa o departamento que xestiona un cadro de 1200 empregadas e empregados.

O prazo para presentar suxestións á ordenanza de terrazas remata o 14 de abril

0

O Concello segue a tramitar a ordenanza de terrazas e recollerá suxestións cidadás ata o 14 de abril

A partir dese momento, comezará a redacción dun texto que prevé adaptar a actual normativa á nova situación sanitaria mantendo a taxa cero por ocupación da vía pública

O próximo mércores 14 de abril remata o período de exposición pública para que a cidadanía achegue suxestións á ordenanza municipal reguladora da instalación de terrazas que está a tramitar o Concello. O obxectivo adaptar a actual normativa á nova situación sanitaria, compaxinando o uso de actividades económicas privadas na vía pública co resto de usos compatibles no sistema viario.

A partir da semana que vén, revisaranse as suxestións para elaborar o texto definitivo, que terá que ser aprobado en Xunta de Goberno, antes de someterse ao ditame do Pleno da Corporación para aprobación provisional. O texto someterase a exposición pública e, unha vez contestadas as alegacións, a ordenanza volverá a Pleno para aprobación definitiva.

Tal e como explicou o rexedor a nova ordenanza seguirá permitindo o aproveitamento do solo con taxa cero, ademais de facilitar ampliacións de espazos para terrazas. Respecto das instalacións, será preciso manter un criterio estético por zonas e, en determinadas zonas, as terrazas poderán ser ancladas.

O Concello ultima o proxecto das escaleiras mecánicas da rúa Talude

0

O Concello aceptou a doazón de terreos do Colexio Mariano, que permitirá ampliar a rúa Talude en case que dous metros

A cidade reserva 750.000 euros para a humanización da vía e construción de escaleiras mecánicas

A Xunta de Goberno Local aceptou a doazón do solo por parte da Congregación das Franciscanas, trasladou este martes Abel Caballero, espazo correspondente ao Colexio Mariano que permitirá ensanchar a rúa Talude en case que dous metros unha vez sexa humanizada.

“Era importante ter unha doazón de solo para poder ampliar a rúa Talude, que salva un importantísimo desnivel, como o seu nome indica; necesitamos ampliala un pouco e o colexio nos cede unha parte do seu espazo”, valorou o rexedor vigués, quen recoñeceu publicamente a cesión.

Unha vez recibido o terreo, o goberno de Vigo está en condicións de aprobar o proxecto de remodelación e construción dunhas escaleiras mecánicas na rúa Talude, que conecta Urzáiz con San Roque e a parte alta da rúa Colombia. Ao efecto, o Concello reserva 750.000 euros e, tal e como adiantou o alcalde, presentará ante Europa este novo proxecto do “Vigo Vertical” para a obtención de fondos da Unión.

El Puerto de Vigo defiende la urgencia de arreglar los desperfectos del paseo de O Salgueirón, en Cangas, por la seguridad de los vecinos

0

El presidente de la Autoridad Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuíña, se reunió esta mañana con la alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, con quien estudió posibles vías de colaboración entre administraciones

Ambos mandatarios analizaron la situación actual de la Delimitación de Espacios y Usos Portuarios (DEUP) y acordaron acometer, lo antes posible, las obras de mejora del paseo de O Salgueirón

El presidente de la Autoridad Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuíña, se trasladó esta mañana al municipio de Cangas junto a la directora de la institución olívica, Beatriz Colunga, dentro de la ronda de contactos iniciada desde su toma de posesión con los regidores de los ayuntamientos de su zona de influencia.

Tras la reunión mantenida el pasado mes de febrero con la alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, hoy le tocó el turno a la regidora de Cangas, Victoria Portas, quien asumió el bastón de mando del municipio el pasado mes de febrero, en sustitución del fallecido Xosé Manuel Pazos.

Durante su encuentro, que ambos mandatarios calificaron de cordial, Vázquez Almuíña y Portas analizaron diferentes aspectos que afectan a ambas instituciones y entre los que se encuentra la Delimitación de Espacios y Usos Portuarios (DEUP), que en estos momentos se encuentra a la espera de su aprobación definitiva por parte del Ministerio para la Transición Ecológica. En este sentido, Victoria Portas se comprometió a trasladar a la Autoridad Portuaria de Vigo las alegaciones presentadas a este documento ante el Ministerio, mientras que Vázquez Almuíña aseguró que todo es revisable.

Asimismo, el máximo responsable portuario mostró su preocupación sobre la situación actual del paseo de O Salgueirón. Ambos mandatarios coincidieron en el peligro que entraña su mal estado actual y, en este sentido, acordaron la necesidad de ejecutar lo antes posible los trabajos de mejora de esta zona.

Para Vázquez Almuíña, que visitó personalmente el paseo esta misma mañana, estas obras son prioritarias para garantizar la seguridad de los vecinos, ya que el deterioro del paseo representa una amenaza para los usuarios del mismo.

Hay que recordar que, hasta hace unos meses, el mantenimiento del paseo de O Salgueirón correspondía al Concello de Cangas, de acuerdo con un convenio de colaboración suscrito entre la Autoridad Portuaria de Vigo y el consistorio en 2015. Según se estima, los desperfectos existentes en la zona podrían ascender a más de 21.000€.

El Tribunal de Conflictos de Jurisdicción determina que compete a la Administración resolver sobre la concesión de Factorías Vulcano en el puerto de Vigo

0

El Tribunal de Conflictos de Jurisdicción ha dictado sentencia en el conflicto entablado entre la Delegación del Gobierno en Galicia y el Juzgado de lo Mercantil número 3 de Pontevedra y ha declarado que corresponde a la Administración la potestad para tramitar y resolver el expediente para declarar la extinción de la concesión demanial en el puerto de Vigo otorgada por la Autoridad Portuaria de Vigo a la entidad mercantil Factorías Vulcano S.A. 

Según recoge la sentencia, la Administración requirió al Juzgado de lo Mercantil número 3 de Pontevedra para que declinase su jurisdicción, a fin de proseguir las actuaciones sobre la extinción de la concesión demanial en el puerto de Vigo, que fue otorgada en su día por la Autoridad Portuaria de Vigo a favor de la concursada, la mercantil Factorías Vulcano S.A. Consideraba la Administración requirente, añade el tribunal, que las actuaciones del Juzgado, dirigidas a enajenar la concesión como elemento integrante de la unidad productiva de la mercantil concursada, menoscaban las de la Autoridad Portuaria de Vigo para proseguir y resolver el procedimiento por ella incoado respecto a la extinción de la concesión demanial a favor de Factorías Vulcano S.A., como consecuencia de la apertura de la fase de liquidación del concurso de acreedores 18/2011, y la consiguiente extinción de personalidad jurídica de Factorías Vulcano, S.A.

El tribunal de conflictos declara que la jurisdicción competente sobre la concesión demanial y su eventual extinción es la Administración que ha suscitado el conflicto, ya que la actuación del Juzgado de lo Mercantil número 3 de Pontevedra invade las potestades de la Autoridad Portuaria de Vigo sobre gestión del dominio público portuario, así como su competencia para constatar y declarar la extinción ex lege de la concesión demanial en su día otorgada a Factorías Vulcano S.A, con los efectos que de ello se sigan.

Recuerda la sentencia que las concesiones sobre bienes de dominio público se regulan por su legislación específica, que en este caso no es la legislación concursal, como afirma el auto de 15 de abril de 2020 de la Audiencia Provincial de Pontevedra, en cuya argumentación se apoya el Juzgado de lo Mercantil número 3 de Pontevedra para rechazar el requerimiento de inhibición. “La ley especial aplicable al dominio público portuario en la fecha de otorgamiento de la concesión demanial a que se refiere el conflicto jurisdiccional, estaba constituida por la Ley 27/1992, de 24 de noviembre, de Puertos del Estado y de la Marina Mercante (en lo sucesivo, LPE) y la Ley 48/2003, de 26 de noviembre, de régimen económico y de prestación de servicios de los puertos de interés general, ambas derogadas por la disposición derogatoria única del Real Decreto Legislativo 2/2011, de 5 de septiembre, por el que se aprueba el Texto Refundido de la Ley de Puertos del Estado y de la Marina Mercante, cuya entrada en vigor tuvo lugar el 21 de octubre de 2011”.

Añade que esa legislación específica, que es aplicable con independencia de que la entidad concesionaria se encuentre o no en situación de concurso de acreedores, atribuye de forma exclusiva a la Administración portuaria las competencias para constatar la extinción de la concesión.

En conclusión, destaca el tribunal, “no existe ningún elemento de interpretación gramatical, funcional o teleológica que permita sostener que el art. 146 bis de la Ley Concursal, actual art. 222 del Texto Refundido de la Ley Concursal, atribuya competencia alguna al juez del concurso sobre el régimen de la concesión demanial, ni que la situación de concurso de la concesionaria produzca un desplazamiento de las competencias de la Administración para resolver sobre la eventual extinción ex lege de la concesión por la disolución de la entidad mercantil concesionaria, como efecto impuesto legalmente por la apertura de la fase de liquidación del concurso, ex art. 145.3 de la Ley Concursal”.

Marea de Vigo defende que os fondos europeos de recuperación sexan transferidos directamente aos concellos

0

Rubén Pérez: “Son as administracións locais as que estiveron máis ao fronte á hora de paliar a crise económica causada pola pandemia e eses recursos deben mitigar ese gasto inxente”

Hai máis de 30 anos se conseguira un consenso na Asemblea da FEMP no que se falaba dun reparto do 33% entre Estado, CCAA e concellos, mais hoxe en día apenas o 15% dos recursos impositivos son xestionados polos concellos, “e as consecuencias  – apunta Rubén Pérez –  son que cando chega unha pandemia son concellos os que se poñen diante sendo a primeira administración que responde ante a cidadanía dando axudas directas”.

Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo reitera o compromiso da formación municipalista na defensa da autonomía financeira das entidades locais, neste caso ante a posibilidade de recibir fondos da UE. “Defenderemos que os fondos europeos, polo menos no ano 2021, vaian directamente aos concellos – sinala – . Estes recursos deben vir como unha transferencia directa con control e con concorrencia xa que son os concellos as administracións que estiveron máis ao fronte á hora de paliar a crise económica causada pola pandemia e eses recursos deben mitigar ese gasto inxente”.

Na contra, Rubén Pérez critica a actitude da Xunta neste sentido cualificándoa como “parasitaria” ante os recursos da UE. “A Xunta pretende exercer un absoluto obscurantismo na distribucion destes recursos apostando ademais pola empresa privada como xestora” engade. No tocante á figura de Abel Caballero como Presidente da FEMP, Pérez incide en que “a FEMP ten claro o seu programa e Abel Caballero non pode confundir esa institución co propio concello, ali non vale o ‘cesarismo’ que aplica no Concello de Vigo, debe adaptarse ao marco democrático e de consenso que significa a FEMP e non pode olvidar o que se lle traslada na FEMP por parte do resto dos alcaldes e alcaldesas á hora de negociar co Ministerio de Facenda” conclúe o voceiro.

Tristana, en el Ciclo de Teatro Online de Afundación

0

De modo gratuíto y en colaboración con Secuencia 3, Afundación TV emitirá cada miércoles a las 20.00 h una pieza emblemática de la dramaturgia clásica y contemporánea

Afundación, la Obra Social de ABANCA, continúa este miércoles, 7 de abril a las 20.00 h, a través de su portal digital Afundación TV con su proyecto cultural dirigido a dinamizar la actividad de las artes escénicas. De manera gratuita y en abierto, cada semana, Afundación TV emite la representación teatral de una obra singular de las artes escénicas clásicas y contemporáneas, gracias a la colaboración con Secuencia 3. Mañana, a las 20.00 h, se podrá disfrutar de Tristana.

Tristana

Bajo la dirección de Alberto Castrillo-Ferrer, y según la adaptación de Eduardo Galán con la colaboración de Sandra García, Secuencia 3 cuenta para esta representación con un elenco conformado por Olivia Molina, Diana Palazón, Pere Ponce y Alejandro Arestegui. Tristana, la heroína de Benito Pérez Galdós, sueña con estudiar, trabajar y ser libre en un mundo dominado por el hombre. Se une así a la explosión de protagonistas femeninas que a finales del siglo XIX claman por la independencia de las mujeres.

Galdós funde en el personaje de Tristana sus experiencias amorosas con la joven actriz Concepción Ruth Morell y con la novelista Emilia Pardo Bazán. Frente a ella, como en un triángulo imposible, el seductor caduco don Lope y el joven pintor Horacio, incapaces de respetar sus deseos de aprendizaje y emancipación. Y a su lado, como cómplice y confidente, la criada Saturna, la mujer apegada a la realidad. Momentos de sonrisas y momentos de dolor. En fin, una función que invita a reflexionar sobre la situación real de la mujer en el mundo actual.

Con esta iniciativa, Afundación busca dinamizar las artes escénicas en una coyuntura de limitación de capacidades de espacios y ofrecer a las personas abonadas a su consolidada Temporada de Teatro eventos dramáticos de calidad, en distinto formato. Además, mediante la colaboración con Secuencia 3, la compañía implicada en el montaje de cada una de estas piezas, se visibiliza el trabajo intenso y necesario de todas las personas profesionales de la cultura involucradas en la realización de una obra de teatro. De este modo, Afundación refuerza sus propuestas de ámbito cultural, uno de sus ejes estratégicos, consolidando también el papel de Afundación TV como canal de difusión de sus actividades.

Las obras de teatro programadas son las siguientes:

Miércoles, 7 abril –Tristana

Miércoles, 14 abril – Hombres de 40 Miércoles, 21 abril – Última edición

A área sanitaria de Vigo supera os 100.000 vacinados fronte ao Covid

0

O 31% xa teñen inoculadas as dúas doses, namentres que 33.275 son persoas maiores de 80 anos

O Servizo Galego de Saúde xa administrou ao menos unha primeira dose da vacina fronte ao Covid19 a 101.871 persoas da Área Sanitaria de Vigo. Destas, 31.346  (o 30,7%) xa contan coas dúas doses inoculadas.

As persoas vacinadas corresponden aos grupos establecidos polo Ministerio de Sanidad; isto é, traballadores e usuarios de residencias e centros sociosanitarios; persoal sanitario; persoal SAF (servizo de axuda no fogar); os considerados esenciais, como profesionais do sector da educación e garderías, forzas e corpos de seguridade e emerxencias; un grupo aleatorio de persoas entre 50-55 anos;  e os maiores de 80 anos non institucionalizados.

Deste último colectivo -os maiores de 80 anos- lévanse vacinados 33.275 persoas (un 32,6%). De feito, de xeito xeral, a Área de Vigo xa rematou a primeira dose de vacinación a este grupo de idade, e na actualidade estase “repescando” a aqueles que por algunha circunstancia non foron vacinados no seu momento.

Tamén hai que subliñar o inicio da vacinación en domicilios ás persoas con alto grao de dependencia.

4.400 persoas convocadas esta tarde

Ademais, hoxe iníciase o proceso de inmunización a novos grupos, á poboacióndiana con idades comprendidas entre 60-65 e 75-79 anos. Así, ata o próximo domingo11 vanse citar no IFEVI a un total de 29.000 persoas da Área Sanitaria de Vigo para administrarlles a primeira dose da vacina.

Na tarde de hoxe tense citadas a 4.431 persoas, e no día de mañá a 7.069 entre 60 e 65 anos (11.500 en total neste grupo de idade). Nos días seguintes, de xoves a domingo, vaise inocular a outras 17.500 de entre 75 e 79 anos.

Ata o IFEVI achegarase un equipo formado por case 60 profesionais sanitarios– enfermaría, TCAES, celadores, técnicos informáticos e persoal de mantemento– que realizarán esta acción sanitaria.

A poboación diana, a comprendida nesa franxa de idade, será citada a través dun SMS en su teléfono móbil; e posteriormente recibirán unha chamada telefónica  para confirmar que acudirán á cita. Nestes casos a convocatoria farase atendendo a criterios de idade, comezando polos maiores.