Marea de Vigo apoia ao persoal de parques e xardíns nas súas reivindicacións ante a folga convocada polo mesmo para o vindeiro luns

0

Rubén Pérez: “A empresa concesionaria do servizo non pode usar a escusa da covid para non cumprir co convenio colectivo de aplicación. O estado de alarma non suspende a aplicación dos convenios colectivos nin cumprir o prego concesional nas condicións nas que a empresa gañou o servizo”

Hoxe pola mañá, Ruben Perez, voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo, mantivo unha xuntanza co presidente e secretario do comité de empresa da UTE Acciona Medio Ambiente-Mantén, actual concesionaria do servizo de mantemento de parques e xardíns do Concello de Vigo. Na mesma, os representantes do comité trasladáronlle á Marea de Vigo a problemática actual coa empresa concesionaria así como todo o relativo á convocatoria de folga para o vindeiro luns 19 de abril.

“A partir do día 19 comezaremos cunha folga indefinida por vulneración do convenio colectivo. A empresa trata de implantarnos xornadas que non están contempladas no convenio coa escusa da COVID ademais de estar contratando persoal con xornadas parciais, feito que non se pode facer por parte da empresa tanto segundo o convenio coma segundo o propio prego de condicións” explicou Alfredo Filgueiras, presidente do comité de empresa.

Pola súa banda, Rubén Pérez, trasladou o apoio da Marea de Vigo ao persoal da concesionaria esixindo responsabilidades por parte do Goberno de Abel Caballero. “Non imos tolerar que coa escusa da COVID se suspendan dereitos laborais adquiridos despois de moitos anos de negociación colectiva, precisamente dun convenio de referencia no sector” matizou. “Sería un atropello absoluto que o Goberno local permita que unha empresa concesionaria que está obrigada a cumprir un prego poida facer sen ningún control público” engadiu.

Do mesmo xeito, Pérez demandou ao Goberno local que “así como debe auditar e controlar as condicións laborais do persoal municipal, tamén debe facelo para o persoal das concesionarias, xa que é o Concello o responsable do cumprimento da lexislación laboral e de que non se empregue de novo a escusa da COVID para destruír dereitos laborais adquiridos”.

Nos próximos días o comité de empresa reunirase co departamento de RRHH da concesionaria co obxectivo de chegar a algún acordo que desconvocase a folga prevista para o luns.

O BNG de Vigo esíxelle ao Goberno municipal que actúe fronte os graves incumprimentos da UTE de parques e xardíns

0

Xabier P. Igrexas: “Hai que acabar coa barra libre do Concello coas grandes empresas adxudicatarias. Non podemos permitir que en empresas que reciben millóns de euros de diñeiro público se vulneren dereitos laborais e se incumpra o prego de adxudicación”

A fronte nacionalista trasladoulle o seu “total apoio” ao Comité de Empresa a poucos días do inicio dunha folga indefinida no servizo

O Bloque Nacionalista Galego vén de esixirlle ao Goberno municipal de Vigo que actúe fronte os graves incumprimentos da UTE que xestiona o servizo de mantemento de zonas verdades da cidade. A formación nacionalista advirte que «non se pode permitir que unha empresa que recibe millóns de diñeiro público do Concello de Vigo vulnere dereitos sindicais e laborais e non se cumpra o prego de adxudicación».

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, mantivo na mañá deste mércores un encontro co presidente e o secretario do Comité de Empresa da UTE Acciona Medio ambiente-Mantén, Alfredo Filgueira e Marcos Álvarez, para poñer en común a situación do servizo que vén de motivar a convocatoria dunha folga indefinida a partir do vindeiro luns 19 de abril.

Igrexas recolleu a denuncia de “graves incumprimentos” por parte da UTE, entre os que mencionou o impago do plus de tóxicos ao cadro de persoal, o incumprimento do convenio colectivo no proceso de cambio de empresa adxudicataria, ou a modificación “unilateral, ilegal e sen negociación” da xornada de traballo que dificultará a conciliación de vida persoal e familiar e a laboral.

Menos persoal do esixido

Un dos aspectos máis preocupantes para o concelleiro do BNG é o “flagrante incumprimento” por parte da UTE no relativo á contratación de persoal. “Estanse a facer contratos a tempo parcial e o que é máis grave, non se está a garantir o mínimo de 109 traballadores e traballadoras en activo”, denunciou. Neste sentido, apuntou que a dotación de persoal é “moi axustada” para atender debidamente os preto de 3 millóns 100 mil metros cadrados de superficie de zonas verdes, lembrando que con menos extensión hai unha década chegaron a traballar 130 persoas no servizo.

O edil nacionalista subliñou que a finais do pasado ano 2020 se adxudicou o servizo por 33,6 millóns de euros durante os próximos 5 anos. Por iso, esixiulle ao Goberno municipal que actúe de maneira inmediata para atallar a situación denunciada polo Comité de Empresa a quen lle trasladou o seu completo apoio a poucos días de que se inicie a folga indefinida.

“Abel Caballero non pode volver dicir que isto non vai con el. Porque falamos dun servizo municipal, pagado con moito diñeiro das viguesas e vigueses e por iso non podemos permitir que nel se vulneren dereitos laborais e se incumpra de maneira flagrante. Hai que acabar coa barra libre do Concello coas grandes empresas adxudicatarias”, remachou.

Una mujer provoca un accidente en la AP-9 al incorporarse en sentido contrario

0

La mujer de 75 años falleció tras el choque contra otro vehículo tras acceder a la autopista en el punto kilométricos 159, sentido Tui

Una mujer de 75 años ha perdido la vida esta mañana tras un choque frontal en la AP-9, cerca del aeropuerto de Peinador. La mujer circulaba por la autopista en sentido contrario.

El automóvil había accedido a la vía en el punto kilométrico 159, sentido Tui. Además de la víctima mortal, otras dos personas han resultado heridas graves como consecuencia del impacto.

La mujer fallecida iba al volante de uno de los dos vehículos siniestrados. El accidente se produjo, en concreto, a las 10.04 horas de esta mañana, y los servicios de emergencia fueron requeridos para excarcelar a las dos personas heridas que viajaban en el otro vehículo.

Al punto se desplazaron los servicios sanitarios, los Bomberos de Vigo, la Guardia Civil y Protección Civil. Los servicios de emergencia han cortado uno de los carriles de la autopista, provocando notables retenciones de tráfico.

Un superviviente de la tragedia de los Andes ofrece esta mañana un coloquio en la Fundación Mentor de Vigo

0

La conferencia de Gustavo Zerbino, padre de familia numerosa y empresario especializado en la industria farmacéutica hoy en día, podrá seguirse online a partir de las 12.30 horas

Gustavo Zerbino, uno de los 16 supervivientes del accidente aéreo de los Andes ocurrido en 1972, protagoniza este miércoles un coloquio organizado por la Fundación Mentor de Vigo.

La charla, enmarcada en el ciclo de ‘Coloquios en tempos de pandemia’, será ofrecida por Zerbino en formato virtual desde Montevideo (Uruguay), a partir de las 12.30 horas de este miércoles. Los interesados deben inscribirse previamente a través de la web de la web de la UVigo.

La conferencia, titulado La gestión de la adversidad, podrá disfrutarse también presencialmente con un aforo limitado a 35 personas, en el edificio Exeria de la Universidade de Vigo (UVigo), siendo presentada por el decano de la Facultade de Ciencias Económicas e Empresariales de la universidad y vicepresidente de la Fundación Mentor, José Falagán.

Durante el encuentro Zerbino vinculará su «su lección de vida» y de superación con la actualidad, dominada por el impacto de la pandemia de Covid-19.

Zerbino, superviviente del accidente aéreo de 1972 en los Andes, donde se estrelló un avión en el que viajaban 40 pasajeros y 5 tripulantes, es hoy padre de familia numerosa -tiene seis hijos- y empresario especializado en la industria farmacéutica.

El área de Vigo suma 615 contagios activos tras incrementar ayer en 11 los pacientes en observación

0

Durante la última jornada se realizaron 928 PCR detectándose 44 positivos (4,7%), además de contabilizarse 33 curaciones y no tener que lamentar víctimas mortales

La presión asistencial empeora levemente en planta, con 31 pacientes ingresados (+2), y mejora en UCI, con 4 (-2)

La incidencia acumulada a 7 días en Vigo baja por tercera jornada consecutiva y se sitúa en 59,4 casos por cada 100.000 habitantes, 5 menos que en la víspera

El área de Vigo continúa estable en lo que a evolución de la pandemia se refiere. En este sentido, y según los últimos datos que acaba de publicar el Servicio Galego de Saúde, la comarca suma hoy 615 pacientes en observación, once más que en la jornada precedente, y cifra similar a la que se viene registrando durante todo el mes.

La ligera subida de ayer se produce después de que se realizasen 928 PCR que arrojaron 44 positivos, un hecho que eleva la tasa de positividad hasta el 4,7%; seis décimas más que en la víspera, pero todavía por debajo del 5% que limita el control de la pandemia para la OMS. Además, se contabilizaron 33 y no hubo que lamentar víctimas mortales.

Por su parte, la presión asistencial en los hospitales de Vigo se mantiene estable, con un leve incremento en planta con 31 ingresados (+2), y una disminución en UCI hasta los 4 (-2). De estos últimos, tres se encuentran en el Cunqueiro y uno en Povisa.

Y la incidencia acumulada a 7 días en Vigo baja por tercera jornada consecutiva situándose en 59,4 casos por cada 100.000 habitantes, 5 menos que en la víspera.

Galicia, seis jornadas consecutivas de incremento de casos activos

Galicia, mientras tanto, suma su sexta jornada consecutiva de incremento de contagios activos tras registrar ayer otra subida 18 pacientes en observación, situándose el total en los 2.400.

El área sanitaria de A Coruña contabiliza 599 casos activos (-16); la de Ferrol, 92 (+7); la de Lugo, 169 (0). En la de Ourense hay 192 (+7); en la de Pontevedra, 366 (+9); y en la de Santiago, 367 (0).

Asimismo, la presión asistencial en la Comunidad se mantiene prácticamente igual tanto en UCI, con 26 pacientes ingresados (-3), como en planta, con 158 enfermos hospitalizados (+2). El cómputo de fallecidos por Covid alcanza los 2.370 tras notificarse ayer una nueva víctima mortal.

El ex pedáneo de Bembrive responde a las acusaciones del BNG e invita a su concejal a «ser más cauto»

0

Ballesteros, recientemente condenado en primera instancia a dos años de cárcel por prevaricación, defiende que la entidad llegó a tener 8,9 millones de remanente y afirma que no es militante socialista

El ex pedáneo de Bembrive, Roberto Ballesteros, ha respondido en las últimas horas a las declaraciones realizadas por el portavoz del BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, en las que exigía al alcalde Abel Caballero explicaciones por su vinculación con el antiguo regidor de la entidad, y en las que aludía, también, a la mala situación económica de las cuentas de la pedanía.

Ballesteros, que alude a Igrexas como «concejal del grupo Mixto (BNG), subraya que éste es un «un gran desconocedor de lo que afirma y muy atrevido par realizar afirmaciones de ese tipo». A este respecto, el ex pedáneo, ha que acaba de ser condenado en primera instancia a dos años de cárcel por un delito de prevaricación, afirma que la Pedanía llegó a contar, durante su mandato, con un remanente de «8,9 millones».
Además le debo añadir que ese remanente es propiciado por la expropiación del monte comunal para la autopista hasta bayona y al tratarse de un expropiación de un bien común es decir el pueblo, debe ser reinvertido en la parroquia, lo debe hacer por ley como así atesora los informes del secretario interventor y que además en calidad de testigo corroboro en sede judicial, esto es l primera muestra de desconocinientobdeñ Señor Concejal.
Pero a mayores, Desconoce que la transferencia que recibe del Concello la Entidad es fruto de un convenio par el mantenimiento de zonas verdes y viales municipales y que además según las bases de régimen local le corresponde del ayuntamiento matriz, como el resto de las entidades locales de España, más de 3000.

Abre el plazo para solicitar el bono turístico #QuedamosenGalicia

0

Cerca de 700 establecimientos se han adherido ya a una iniciativa que incluye tarjetas de 250, 375 y 500 euros, financiadas en un 40% por el beneficiario

El Gobierno gallego ha abierto esta mañana la segunda edición del bono turístico #QuedamosenGalicia, que pude solicitarse ya a través de la web de Turismo de Galicia.

El Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba ayer la convocatoria para solicitar este bono, que se podrá emplear en las ofertas y paquetes publicados por los establecimientos adheridos en esta segunda convocatoria. En total, son ya casi 700 las empresas que se han adherido a la iniciativa, lo supone un 24% más que en la convocatoria del año pasado.

La iniciativa se encuadra en las medidas impulsadas en colaboración con el Clúster de Turismo de Galicia para estimular la demanda turística interna. La nueva edición presenta novedades con respeto a la primera, ya que está dirigido a las personas, mayores de 18 años, empadronadas en cualquiera de los municipios de Galicia.

Tarjetas de hasta 500 euros

Esta tarjeta prepago será cofinanciada entre la Administración y la persona solicitante. El importe total de la tarjeta es de 250, 375 y 500 euros, aportando el beneficiario un 40%, con un importe máximo de 200 euros, y contando con una aportación complementaria de la Administración autonómica del 60%, con un importe máximo por tarjeta de 300 euros.

La duración del procedimiento coincidirá con la vigencia del programa, es decir, hasta el 15 de diciembre, y las solicitudes deberán enviarse a través de la sede electrónica de la Xunta.

El comité clínico decide mantener el nivel máximo de restricciones en los ayuntamientos de Carballeda de Valdeorras, O Grove y A Pobra do Caramiñal

0

También determina el nivel alto para los municipios de Monterrei, Cortegada, Padrenda, O Barco de Valdeorras, Rubiá, Barreiros, Carral, Boimorto, Boiro y A Illa de Arousa

El Comité clínico que asesora a la Xunta de Galicia en la gestión de la pandemia provocada por la covid-19, viene de acordar mantener el nivel máximo de restricciones para los ayuntamientos de Carballeda de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal y O Grove.

Además, la asamblea de expertos determinó el establecimiento del nivel alto de restricciones en diez ayuntamientos gallegos: Monterrei, Cortegada, Padrenda, O Barco de Valdeorras, Rubiá, Barreiros, Carral, Boimorto, Boiro y A Illa de Arousa.

Asimismo, quedarán en el nivel medio de restricciones los municipios de O Irixo, Trabada, Meira, A Pobra do Brollón, Muxía, Cambre, Ortigueira, Ribeira, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Vilanova de Arousa, As Neves, Gondomar, Vilaboa, Marín y Meaño.

En el resto de los ayuntamientos gallegos, estarán vigentes las restricciones fijadas en el nivel medio bajo.

Todas estas medidas entrarán en vigor a las 00,00 horas del próximo viernes, 16 de abril.

O CAAN da Deputación supera as 200 adopcións de animais no que vai de ano

0

A pasada semana saíu do centro cara ao seu novo fogar «Cástor», outro dos cans máis veteranos do Centro de Acollida de Animais, onde levaba desde setembro do 2019

Se o ano pasado foi de récord no Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra, en pouco máis de 3 meses este 2021 vai camiño de superalo. Xa son 210 as adopcións de cans e cadelas acadadas desde as instalacións da Armenteira desde o 1 de xaneiro, unha das últimas  a de «Cástor», un dos animais que máis tempo levaba no centro, concretamente desde o ano 2019. O can, que fora recollido na Cañiza en setembro dese ano, ten na actualidade nove anos de idade e desfruta xa do seu novo fogar en Ourense.

As cifras do CAAN superan amplamente ás do pasado 2020, en que no mesmo período producíronse 85 adopcións, aínda que hai que ter en conta que coa declaración do estado de alarma no 2020 suspendéranse os procesos a partir do 13 de marzo e ata o mes de maio. Malia esta circunstancia, o pasado ano rexistráronse ata decembro un total de 583 adopcións, a cifra anual máis alta desde a apertura do centro.  

Dos 210 animais que saíron do CAAN desde o pasado 1 de xaneiro do 2021, só un dos cans viaxou ao estranxeiro, concretamente a Portugal. En Galicia tramitáronse un total de 168 adopcións, a maioría (143) na provincia de Pontevedra, mentres que o resto repartíronse polas comunidades autónomas de Castela e León (28), Madrid (5), País Vasco (3), Cataluña (3), Castela A Mancha (1) e Estremadura (1).

No caso da provincia pontevedresa, Vigo é ata agora o concello con maior número de procesos de adopción tramitados, un total de 24, seguido da Estrada, con 19, e Pontevedra, con 18. Hai que destacar tamén os datos de Poio e Meis, con 8 adopcións en cada un destes concellos, así como as 7 acadadas en Vilagarcía ou as 6 de Cambados.

O reitor da UVigo defende o traslado de titulacións á cidade para captar máis alumnado nun contexto de crise demográfica

0

Reigosa demanda un incremento do financiamento e amósase «positivo» co novo mapa de titulacións

Debate, negociación e consenso. Estas son as claves que propuxo o reitor de cara ao proceso de posible traslado de titulacións do campus de Vigo ao centro da cidade. Manuel Reigosa presentou ao Claustro este martes un informe sobre as actuacións levadas a cabo de cara a iniciar este camiño e sobre as posibilidades de futuro. Reigosa remarcou que de momento a Universidade non conta con “ningún novo espazo na cidade” e avanzou que cando o haxa, “o movemento será por consenso; se un centro non quere baixar, quedará no campus”.

Tamén avanzou que, con estes posibles traslados de titulacións ao centro de Vigo, “non se abandona o campus dado que só temos posibilidade de mover uns poucos títulos”. Así, en Lagoas-Marcosende quedarían o resto das titulacións e empregaríanse os espazos baleiros para crear un “parque científico e tecnolóxico do sur de Galicia”. Ante os argumentos do reitor, os membros do Claustro demandaron a Reigosa máis información ao respecto, avaliar o impacto e a viabilidade do proceso antes de tomar ningunha decisión e lembraron a necesidade de debater en profundidade “o modelo de universidade que queremos para o futuro”, en palabras do profesor Iván Area.

Na súa intervención, o reitor recoñeceu que plantexar este posible traslado é un tema “disruptivo” pero considera que representa para a institución unha oportunidade para captar novo alumnado nun contexto de crise demográfica que se agudizará nos próximos anos. Segundo explicou, o equipo de goberno conta con informes que sosteñen que as titulacións dos campus urbanos teñen mellor acollida que as dos extraurbanos, como é o caso do de Vigo. Neste sentido, e atendendo a datos que amosan unha constante diminución da poboación, Reigosa considera que trasladar titulacións a un espazo urbano e facelas máis atractivas, podería permitir á UVigo resistir mellor os efectos da crise demográfica. 

O reitor asumía na súa intervención que sempre foi un firme defensor do modelo dunha cidade universitaria, “que con 30.000 alumnos parecía posible”, pero considera que xa non o é con 20.000. Neste sentido, Reigosa trasladou ao Claustro as dúas principais posibilidades que defende que a Universidade ten para descentralizar titulacións: os edificios de Zona Franca en López Mora e os terreos da ETEA

Folla de ruta e razóns para o traslado de titulacións 

Na súa intervención, Manuel Reigosa presentou a folla de ruta para encarar un proceso que comezou en marzo e lle permitiu manter xa xuntanzas con todos os decanatos e direccións de Vigo e tamén con representantes do alumnado. Agora, tras presentar o tema no Claustro, tamén terán lugar reunións con representantes de traballadores, así como unha consulta aos centros. Con este obxectivo, hoxe aprobouse a creación dunha comisión, que será a encargada de organizar este proceso e pactar a pregunta que se trasladará á comunidade universitaria. Unha vez coñecida a postura de cada escola e facultade, realizaranse os estudos de viabilidade financeira e análise de riscos para o traslado de aqueles que así o decidan. Tras ser debatidas e analizadas suficientemente cada unha das posibilidades, pasarán aos órganos de goberno para a toma de decisións.

O principal motivo esgrimido polo reitor para propoñer este traslado de titulacións á cidade é a necesidade de captar alumnado. Reigosa lembrou que o financiamento da Universidade depende dos créditos matriculados, “polo que a captación de novo alumnado é un obxectivo de primeiro nivel”. A este respecto, e tras destacar que este achegamento a Vigo xa está recollido no recentemente aprobado Plan Estratéxico da UVigo, expresou o seu convencemento de que “o factor afastamento do campus é un elemento de desincentivación” na atracción de novo alumnado e avanzou que a UVigo está a elaborar dúas enquisas (unha con alumnado de Bacharelato e outra con persoas egresadas) para coñecer como cambiaría a súa percepción das titulacións se estas se impartisen no centro. 

De feito, reitor referiuse á diferente evolución dos tres campus da UVigo “nun contexto de caída de matrícula”. Mentres en Ourense e Pontevedra, dous campus urbanos, a matriculación crece, en Vigo decae. Así, Ourense pasou de 3800 estudantes no curso 2011-2012 a 3900 na actualidade e Pontevedra de 3200 a 3500. Vigo, pola contra, cae de 11.300 a 8600. Ao seu parecer, trasladar titulacións ou servizos ao centro podería axudar a facer fronte a un futuro de crise demográfica, polo que animou á comunidade universitaria a “pensar a longo prazo, a decidir o mellor para a Universidade de Vigo dentro de 15 ou 20 anos deixando fora debates partidistas”.

Campus de Peniche e Campus de Teis

A curto e medio prazo o reitor presentou dúas posibilidades de crecemento no centro de Vigo. Por unha banda, o complexo de López Mora, de 17.000 metros cadrados e propiedade de Zona Franca, que uníndose aos centros que xa están en Torrecedeira conformaría o Campus de Peniche. “O noso obxectivo é que os alumnos poidan seguir a meirande parte das clases ou todas sen saíren de Vigo cidade”, reducindo así o tempo en desprazamentos e abaratar custos, por exemplo en luminarias, viais, limpeza exterior, xardinería no campus. Esta aposta permitiría, segundo o reitor, “ter máis presenza na cidade; que a Universidade se vexa como un activo próximo. Isto axudará na relación cos axentes sociais e na captación de alumnado” ao tempo que favorecerá “a realización de actos culturais e sociais de todo tipo… en horarios acaídos e con asistencia de público (universitario e non universitario)”.

Por outra banda, a medio prazo a Universidade crecería nos terreos da ETEA, no que se conformaría o Campus de Teis, centralizando a docencia e a investigación relacionada co mar arredor do edificio Faraday, pertencente á UVigo, e previsiblemente tamén do Siemens e do Morse, para o que se está a negociar con Zona Franca e Xunta de Galicia, respectivamente. O primeiro sería o centro desta Cidade do Mar e albergaría tamén a sede da Universidade de Verán. O segundo albergará os laboratorios comúns de investigacións mariñas, baixo a denominación Centro Atlántico de I+D. No caso de acordar a cesión do Morse, este acollería un aulario. 

Sobre o futuro do actual campus, a posta da Reitoría como explicou Reigosa no Claustro  é convertelo “no parque científico tecnolóxico do sur de Galicia, con centros singulares de investigación en economía, ciencias biomédicas, enxeñaría das telecomunicacións, industria 4.0, etc”. Quedarían nas Lagoas-Marcosende os centros singulares e institutos de investigación (agás CIM), é dicir: atlantTic, Cinbio, Cintecx; Ecobas e Cacti xunto con todas as titulacións que prefiran non baixar á cidade.