El personal de Vitrasa continuará la huelga ante una oferta de la empresa que consideran «insuficiente»

0

“El Ayuntamiento únicamente se preocupa de Vitrasa para hacerse la foto con los nuevos autobuses, dejando de lado a merma de calidad del servicio y el empeoramiento de las condiciones laborales del personal”, denuncian desde el comité de empresa

El personal de la concesionaria del autobús urbano de Vigo, Vitrasa, continuará la huelga y las movilizaciones ante la «falta de voluntad de la empresa para negociar mejorar en las condiciones laborales» y la oferta mantenida, que califican de «totalmente insuficiente».

En los últimos días la plantilla de Vitrasa, en huelga todos los viernes y sábados desde lo pasado 19 de noviembre, está intensificando las movilizaciones para forzar a la empresa a negociar y al Gobierno local a implicarse en el conflicto. De hecho, el viernes trasladaron las protestas al consistorio, al tiempo que siguen adelante con la intención de que la huelga sea indefinida de lunes a viernes a partir del próximo 13 de diciembre.

Desde comité de empresa denuncian que “el Ayuntamiento únicamente se preocupa de Vitrasa para hacerse la foto con los nuevos autobuses, dejando de lado a merma de calidad del servicio y el empeoramiento de las condiciones laborales del personal”. Con todo, la representación sindical se muestra dispuesta a continuar con las negociaciones “con una postura flexible y conciliadora” para solucionar un conflicto “que tanto perjudica a la ciudadanía”.

Desde el comité aclaran también que, «ante las acusaciones por parte de la dirección de que se privó al personal de ejercer su derecho al voto de forma libre y transparente, la decisión de convocar las movilizaciones fue aprobada en una asamblea abierta a la totalidad de los trabajadores de la empresa, realizándose a través de voto secreto y aceptada por la amplia mayoría de los participantes».

O achado de novos restos de dinosauros en Italia permite a un equipo internacional, liderado pola UVigo, reescribir a xeografía do Mediterráneo hai 80 millóns de anos

0

Scientific Reports publica este estudo coordinado por Alfio Alessandro Chiarenza, do grupo Mapas Lab

Este xacemento alberga os esqueletos máis grandes e complexos escavados no país transalpino

O que hoxe coñecemos como mar Mediterráneo era, hai entre 230 a 66 millóns de anos, durante a era dos dinosauros, un complexo arquipélago tropical composto por centos de illas. A comunidade científica consideraba que a maioría desas illas eran tan pequenas que sería complicado que puidesen albergar poboacións de grandes saurios. Pero un novo estudo dun equipo internacional, liderado polo investigador do grupo Mapas Lab, que forma parte do CIM-UVigo, Alfio Alessandro Chiarenza, achega novas evidencias que poderían demostrar que non era así. 

Este grupo, do que forman parte tamén investigadores do Field Museum of Natural History de Chicago e das universidades de Trieste, Boloña e Toronto, publica hoxe xoves un artigo na revista Scientific Reports con novos datos sobre o primeiro xacemento en Italia que alberga múltiples esqueletos de dinosauros. Atópase no norte do país, na beira do Adriático, en concreto en Villaggio del Pescatore, no municipio de Duino-Aurisina. Todos os esqueletos de dinosauro atopados están preservados de forma excepcional e pertencen a Tethyshadros insularis, unha especie de hadrosaurio ou dinosauro de pico de pato. “Son os restos de dinosauro máis grandes e completos escavados en Italia”, como explica Chiarenza, que engade que no xacemento tamén se atoparon peixes, crocodilos e pterosaurios.

Estes descubrimentos en Villaggio del Pescatore permitiron a este equipo internacional reescribir algunhas hipóteses sobre como eran os ecosistemas terrestres naquelas illas do arquipélago mediterráneo. Os científicos explican que ata agora críase que as poboacións de grandes animais que habitan illas durante un longo período de tempo tenden a diminuír o seu tamaño, un cambio propiciado, seguramente, pola ausencia de predadores e a maior escaseza de recursos, explican. De feito, anos atrás no xacemento de Villaggio del Pescatore atopouse un espécime moi pequeno de Tethyshadros, bautizado como Antonio, que levou aos investigadores a interpretalo como un caso de ananismo insular. Non obstante, os novos espécimes atopados, por exemplo un bautizado como Bruno, de tamaño moito máis grande, “confirman que Antonio era en realidade un individuo inmaduro e que estes hadrosaurios non sufriron un proceso de miniaturización como se pensaba antes”, explica Matteo Fabbri, coautor do artigo.

Unha reconstrución do Mediterráneo diferente

Ademais do achado de exemplares de maior tamaño, este equipo multidisciplinar tamén puido datar o xacemento con maior precisión. “Cuns 80 millóns de anos, esta nova idade abre a porta a que o ecosistema preservado en Villaggio del Pescatore pertencera a unha península conectada con outras partes de Europa e Asia”, sinala Juan López Cantalapiedra, investigador da Universidad de Alcalá e coautor do artigo. E é que tanto a evidencia xeolóxica como paleontolóxica debuxa unha reconstrución do Mediterráneo diferente á que se tiña. Tanto é así, que Chiarenza lembra que cando era neno lle explicaron que no seu país non podía haber restos de dinosauros dado que, naquela época, estas zonas estaban somerxidas na súa maioría e as únicas terras emerxidas eran principalmente pequenas illas afastadas dos principais continentes e non aptas para o sustento de animais grandes.

“Agora, con este estudo, demostramos que non só se atoparon manadas enteiras destes animais, senón tamén que a área na que se atoparon, no que agora é o nordeste de Italia, era unha terra fronte a un vasto océano pero conectada con Europa occidental e Asia”. Isto significa que esta rexión non só estaba salpicada de illas, “senón que as linguas de terra emerxida conformaban certas rutas migratorias que permitiron a grandes animais terrestres, como os dinosauros, chegar ao que hoxe é Italia”, remarca o coautor Federico Fanti. Polo tanto, os restos atopados en Italia e os resultados obtidos nesta investigación terán un papel moi relevante na reinterpretación de aquel antigo arquipélago e as súas faunas e na “avaliación de hipóteses científicas interesantes sobre estes animais e os seus ecosistemas”, engade Chiarenza.

Futuro investigador Juan de la Cierva

Alfio Alessandro Chiarenza uniuse ao grupo Mapas Lab, liderado pola investigadora Starting Grant Sara Valera no mes de marzo de 2021 cun contrato de posdoutoramento ERC. En febreiro tomará posesión dunha bolsa Juan de la Cierva Incorporación, un logro polo que se amosa moi satisfeito, dada a alta esixencia da convocatoria. “Isto será moi importante para min e permitirame seguir traballando no grupo liderado por Sara Valera, pero tamén contribuirá a facer crecer o laboratorio e expandir a nosa investigación sobre novas preguntas arredor de vidas pasadas e a evolución do noso planeta”.

El Tribunal Superior confirma la pena de 5 años y 3 meses de prisión a un funcionario del Concello de Vigo por el plan de contratación oculta de un familiar miembro de la Corporación

0

La Sala II del Tribunal Supremo ha confirmado la condena de 5 años y 3 meses de prisión impuesta por la Audiencia de Pontevedra a un funcionario del Ayuntamiento de Vigo por un plan urdido para la contratación oculta de una persona que estaba vinculada familiarmente a miembro de la Corporación municipal.

Según informa el Tribunal Superior, Francisco Javier Gutiérrez Orúe, que era jefe de Participación y Atención Ciudadana, dentro de la Concejalía de Promoción Económica, Empleo y Participación Ciudadana del Concello de Vigo, cuando sucedieron los hechos, es considerado responsable de un delito continuado de prevaricación en concurso medial con un delito continuado de Malversación de caudales públicos, en concurso medial con un delito de falsedad en documento mercantil. También es condenado a inhabilitación absoluta por el período de 9 años y 1 día.

El Supremo ratifica también la condena a Ramón Comesaña Alonso, administrador de la empresa Imesapi, como autor de un delito continuado de falsedad de documento mercantil, en concurso medial con un delito continuado de malversación de caudales públicos, éste como cooperador necesario, concurriendo en este acusado las atenuantes de dilaciones indebidas y analógica de colaboración, a las penas de 1 año y 6 meses de Prisión e inhabilitación absoluta por el periodo de 2 años y 6 meses.

Ambos acusados deberán indemnizar conjunta y solidariamente al Concello de Vigo, en la suma de 108.147,22 €, más los intereses procesales del artículo 576 de la LEC, con declaración de responsabilidad civil subsididaria de Imesapi. La contratación al margen de los sistemas legales de oferta pública de empleo se hizo con la colaboración de Comesaña y la cobertura que suponía la entidad Imesapi, empresa que mantenía relaciones habituales con el Concello, según los hechos probados.

Marea de Vigo valora positivamente o rexeitamento da variante de Cerdedo por parte de ADIF e pídelle alternativas ferroviarias para conectar Vigo coa meseta en pouco tempo e cunha velocidade competitiva

0

Marea de Vigo, ao igual que acaba de facer público ADIF, non contemplou a variante de Cerdedo como como solución para a conexión de Vigo con Madrid por alta velocidade

Rubén Pérez: “Por moito que lle  interese política e electoralmente a Abel Caballero, gastar máis de 1.400 millóns de euros nun trazado no que o 80% vai en viaductos e pontes, ten un custo ambiental e económico inasumible para gañar soamente 15 minutos de traxecto.  Xa é hora de que o alcalde abandone esa posición ‘numantina’ de defender en solitario a variante de Cerdedo”

Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo, fixo unha valoración dos posicionamentos actuais do Goberno local sobre infraestruturas ferroviarias, tras coñecer hoxe a estratexia indicativa de ADIF. “Estratexia baseada nos grandes investimentos que a compañia vai levar a cabo no conxunto do estado, reforzados polos Fondos Europeos de Recuperación e Resiliencia” sinalou.

Pérez lembrou que foi a Marea de Vigo quen, “de xeito recurrente” insistiu en que a variante de Cerdedo era “inviable”, sendo isto “simplemente unha proposta que no seu día fixo a UGT e logo foi apadrinada por Abel Caballero como estratexia interesada para a permanente confrontación co Goberno do Partido Popular naquela altura. Durante moitos anos Marea de Vigo tivo que escoitar que era a única opción viable, económicamente sostible e ademais financiable ao longo do tempo” engadiu.

Marea de Vigo sempre foi moi clara na súa postura, non vendo a viabilidade económica e “nin tan sequera estando nos propios parámetros da alta velocidade ao non acadar a mesma nin os 200 km/h nalgún dos tramos” matizou Rubén Pérez. Agora “ábrese a posibilidade de reinterpretar a vía do Miño para que a conexión sexa directa vía Ourense, polo que esperaremos ás vindeiras propostas técnicas” sinalou Pérez.

Marea de Vigo insta a ADIF á procura dunha alternativa que dea unha conexión que sexa “senón de alta velocidade, dunha velocidade suficientemente competitiva para a cidade de Vigo” matizou Pérez. De non facer isto, “estaremos outros vinte anos discutindo sobre o mesmo tema, cando é unha cuestión que agora mesmo é central e urxente posto que implica entrar ou non nos fondos europeos de recuperación e resiliencia. “Dende logo, Abel Caballero é o menos indicado para falar do AVE, cando, sendo Ministro de Fomento no ano 1988 xa o tiña prometido para o ano 1993”.

Detenido por amenazar de muerte a su pareja durante una discusión

0

A las 22:10 horas de la noche de ayer, se recibió una llamada en la Sala de Comunicaciones del 092 de la Policía local de Vigo.

Un particular informaba sobre una fuerte discusión de pareja en un domicilio en la calle Pi y Margall. La Patrulla desplazada al lugar, se encontró al hombre en el portal de acceso, manifestando que había tenido una discusión con su mujer.

Los agentes se desplazaron al piso donde se entrevistaron con la aludida M. A. S. de Argentina y 41 años de edad. Estaba muy nerviosa y lloraba a consecuencia del estado de ansiedad que le había producido la discusión.

Refirió que el hombre comenzó una disputa con ella por una cuestión irrelevante que fue subiendo de tono, comenzando el mencionado a tirar sus pertenencias por la vivienda.

Indicó que ese tipo de discusiones son habituales, llegando en no pocas ocasiones a amenazarla de muerte. La mujer también señaló que en el momento de indicarle a su pareja que iba a llamar a la Policía este comenzó a realizar gestos simulando que le iba a cortar el cuello.

El episodio se produjo en presencia del hijo menor de ambos de 11 años. Por estos hechos los actuantes procedieron a la detención de A. D. S. V. de Argentina y 44 años de edad, por la supuesta comisión de un delito de violencia de género.

“Non máis vulneracións dos nosos dereitos”, reivindicación do presidente de COGAMI para o Día Internacional das Persoas con Discapacidade

0

Anxo Queiruga “As persoas con discapacidade atopamos dificultades no desenvolvemento dos nosos proxectos de vida, carecemos de igualdade de oportunidades, vivimos con discriminación causada por prexuízos sociais e falta de información”

No Día Internacional das Persoas con Discapacidade, a xunta directiva de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), profesionais, usuarias, familias, voluntariado e demais representantes do sector social, únense para reivindicar dereitos que, a día de hoxe, non se teñen conseguido para estar en igualdade de condicións co resto da sociedade.

Dende o sector social recoñecemos como un fito a reforma e actualización do artigo 49 da Constitución Española, levada a cabo en maio deste ano, no que se refire á protección e promoción dos dereitos das persoas con discapacidade. Tras corenta anos da primeira redacción, modificouse o texto inicial, actualizando a linguaxe, a estrutura e o contido, logrando un compromiso cos dereitos, a inclusión e o benestar das persoas con discapacidade. Esta reforma na Constitución supón un avance e agora, quedan outros pasos que avanzar.

En palabras de Anxo Queiruga, presidente de COGAMI, “as persoas con discapacidade atopamos dificultades no desenvolvemento dos nosos proxectos de vida, carecemos de igualdade de oportunidades, vivimos con discriminación causada por prexuízos sociais e falta de información”. Queiruga engade tamén que “durante este 3 de decembro, o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, pedimos non máis vulneracións dos nosos dereitos”.

Dende COGAMI, pídense melloras en eidos tan importantes como o son o emprego, a muller, a infancia e xuventude, a educación, a accesibilidade a discapacidade orgánica, como se explica a continuación:

Emprego:

O acceso ao mercado laboral é complexo para as persoas con discapacidade, chegando a superar en 10 puntos as taxas de paro. Os prexuízos sociais no ámbito empresarial e a falta de información conducen ás persoas con discapacidade a unha discriminación no acceso ao emprego que se evidencia nos principais indicadores laborais. A situación actual de alarma sanitaria e económica do COVID-19 incrementou a perda de emprego, obstaculizando a reinserción laboral.

Dende COGAMI vese necesario que a Administración incentive a incorporación das persoas con discapacidade ao mercado laboral con apoios e axudas necesarias, apostando pola reserva de contratos destinados por lei ás persoas con discapacidade, incentivando a adaptación dos postos de traballo e /ou eliminación de barreiras, facendo cumprir a reserva de emprego ás empresas con 50 ou máis persoas contratadas e, no caso contrario, ser sancionadas.

No ámbito do emprego público, débese garantir a presenza de persoas con discapacidade sen limitar categorías, postos ou corpo profesional concreto para un tipo de discapacidade, flexibilizar os apoios ás persoas con discapacidade e traballar na liña de actualización dos procesos selectivos recollido no Libro branco da función pública.

Muller:

É necesario potenciar a participación das nenas e mulleres con discapacidade na contorna.

En Galicia hai 122.816 mulleres con discapacidade, que supón o 51,46% da poboación con certificado de discapacidade e, ao mesmo tempo, as máis suxeitas a unha discriminación interseccional. A muller é dona de si mesma e decide cal quere que sexa o seu proxecto de vida. Pode deixarse orientar por profesionais sanitarios, familia ou especialistas, pero debe ser ela a que canalice o seu camiño a seguir, polo tanto, ten que estar informada sobre os recursos para poder definir e poñer en marcha o seu proxecto vital.

En canto á violencia contra a muller, a que ten discapacidade é máis vulnerable ante este abuso, sen embargo cando se fai a denuncia, os corpos de seguridade do Estado non teñen ningún indicador que recolla se a muller ten ou non discapacidade. Non existen datos reais de violencia contra mulleres con discapacidade.

Infancia e xuventude. Educación e acceso a recursos e servizos.

Son as etapas máis discriminadas dentro do grupo social das persoas con discapacidade, contemplando dende escaseza de apoios para a súa autonomía persoal como para a escolarización.

En Galicia, viven 7.581 menores con discapacidade con idades entre os 0 e 15 anos, segundo datos da Xunta de Galicia. Coa pandemia actual, o peche de centros, as medidas de illamento decretadas e a desaparición de redes de apoio incrementaron a situación de vulnerabilidade das/os menores e familias, comprometendo a súa saúde física e emocional.

É necesario que as familias teñan acceso á información, sensibilización e, sobre todo, a servizos especializados dende a idade temperá para garantir o desenvolvemento integral na infancia. A falta de recursos dende o nacemento condiciona o benestar e o exercicio dos dereitos. Esta desigualdade que se orixina na infancia, perpetúase na idade adulta, polo que ten que haber unha política educativa inclusiva real, con apoio de docentes, recursos materiais e económicos necesarios, favorecendo a continuidade no sistema educativo e o acceso a niveis superiores. A formación é clave na inclusión laboral das persoas con discapacidade.

Accesibilidade:

Ter unha discapacidade non pode ser un impedimento para poder ter un proxecto de vida. Vivir con dereitos limitados como a liberdade de comunicación, circulación, socialización, acceso a vivenda, ao transporte público, á educación, ao ensino, a espazos lúdicos ou culturais,… é unha discriminación.

Unha contorna non accesible é un problema social e non da persoa con discapacidade. A lei de accesibilidade universal hai que cumprila e para iso ten que involucrase toda a sociedade, dende as Administracións Públicas ata as grandes empresas, pemes e organismos privados. A día de hoxe, en territorio español hai 100.000 persoas que non poden saír da súa casa e o 74% das 2,5 millóns de persoas que teñen mobilidade reducida, precisan de axuda para poder saír. Polo tanto, as comunidades de propietarios teñen que cumprir cos requisitos de accesibilidade universal incluídos na Lei Xeral de Dereitos das Persoas con Discapacidade.

Discapacidade orgánica.

O sistema de saúde público ten que ser accesible a todas as persoas e, ante os efectos perigosos da pandemia actual, urxe protexer tanto ás persoas con discapacidade

física e orgánica como á súa contorna familiar, asistencial e sociosanitaria, pola alta

vulnerabilidade e circunstancias de risco.

O actual baremo de valoración do grao de discapacidade, porta de acceso a un sistema de dereitos establecidos, leva máis de 20 anos sen renovarse. O baremo actual quedou obsoleto, cuns criterios de valoración desfasados e coa existencia de condicións e situacións que non están sendo recoñecidas e que afectan, na súa maioría, á discapacidade orgánica.

É necesaria a actualización do catálogo ortoprotésico do Sistema Nacional de Saúde,

que recolla os produtos que mellor se axusten ás necesidades das persoas, apostando polas novas tecnoloxías e por materiais máis eficientes.

La Xunta apoya 30 iniciativas socioculturales que movilizan cerca de un millón de euros en Vigo a través del programa ‘O teu Xacobeo’

0

La delegada territorial, Marta Fernández-Tapias, destaca la transversalidad de la iniciativa que permite alcanzar el objetivo desestacionalizador y descentralizador con el que se abordó la adaptación de la programación de este Xacobeo

La delegada de la Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participó esta mañana en el acto de balance del programa “O teu Xacobeo” promovido por la Xunta de Galicia para extender la programación sociocultural del Año Santo a toda la sociedad. Una iniciativa con la que Agencia de Turismo de Galicia apoyó 30 proyectos que permitieron movilizar cerca de 1 millón de euros en la ciudad de Vigo.

Fernández-Tapias subrayó el éxito del programa de «O teu Xacobeo”, que tal y como expuso “los permiten diversificar, entre muchos colectivos y a través de muchos pequeños actos, el impacto del Camino y el valor de este Año Santo bianual en el que nos encontramos, incorporando cientos de propuestas a la programación del Xacobeo”.

Según dijo, “se trata de la mayor convocatoria abierta de proyectos de dinamización sociocultural de la historia de Galicia, lo que permite desplegar actividades en casi todos los ayuntamientos de la provincia implicando a asociaciones, entidades públicas y privadas y que permitieron abordar el fenómeno del Xacobeo y del Camino desde una perspectiva multidisciplinar”.

“Esta iniciativa pretende incrementar la implicación a nivel local en la celebración de este Año Santo, haciendo más presentes los valores del Camino en la propia sociedad gallega”, apuntó la representante autonómica, para destacar que todos estos proyectos “contribuyeron mucho a convertir a Galicia en un destino seguro y fiable, situando nuestra comunidad como la tercera en recuperación de viajeros y la segunda con mayor recuperación de la demanda hotelera”.

En este sentido, la representante autonómica insistió en que la Xunta sigue trabajando para hacer de este el mejor Xacobeo de todos los que se recuerdan, con una potente programación de cara al 2022 en la que Vigo jugará un papel fundamental. Un compromiso que ya tiene reflejo en los muchos eventos que se tienen respaldado hasta ahora bajo al paraguas del Xacobeo 21-22 y entre los que citó el Vigo Porté-I Trofeo de Baile Internacional Xacobeo 21-22 o la I Gala Internacional de Magia Xacobeo 21-22.

“Un Xacobeo -dijo- que supone un aliciente en esta salida de la crisis sanitaria, en el que tiene cabida cualquier disciplina artística, cultural, musical o deportiva, y el mejor revulsivo para la recuperación turística”.

En el acto celebrado en el albergue público de peregrinos Juan Manuel López-Chaves, ante una treintena de entidades, empresas e instituciones beneficiarias de este programa e impulsoras de actividades socioculturales, intervinieron Aroa Vargas, impulsora del proyecto de divulgación y revalorización de Casas Rectorais del Camino Portugués, y Alejandra Gómez del blog “Hasta la Vista”.

La presión asistencial por Covid sigue subiendo en Vigo con 12 pacientes en UCI y 38 en planta

0

La ciudad suma dos ingresos más que ayer en intensivos y otros cuatro hospitalizados más

Ayer se realizaron 3.217 pruebas diagnósticas que arrojaron 256 positivos (7,95%), mientras que se contabilizaron 67 curaciones y no hubo que lamentar víctimas mortales

La incidencia acumulada a siete días en Vigo sube hasta los 217 casos por cada 100.000 habitantes, 22 más que hace 24 horas

La presión asistencial por Covid continúa subiendo en los hospitales de la ciudad. En este sentido, y según la última actualización de datos de la Consellería de Sanidade, las UCI de Vigo alcanzan la docena de pacientes, dos más que ayer

Asimismo, en planta hay otros 38 personas hospitalizadas en la ciudad, cuatro más que en la víspera y cifra que tampoco se observaba desde hace un trimestre.

En este escenario, continúan subiendo también los contagios activos, que se sitúan en 1.841, 189 más que ayer. Una cifra a la que se llega después de realizar el último día 3.217 pruebas diagnósticas que arrojaron 256 positivos (7,95%), mientras que se contabilizaron 31 curaciones y hubo no hubo que lamentar víctimas mortales.

En este escenario, la incidencia acumulada a siete días de Vigo sube de nuevo, alcanzando los 217 casos por cada 100.000 habitantes, 22 más que ayer.

El escenario de Vigo es extrapolable al conjunto de la Comunidad, ya que Galicia aumenta hoy de nuevo la cifra de pacientes en observación. La Comunidad registra 6.495 contagios activos, lo que supone 522 casos más que ayer.

De ellos 911 son del área de A Coruña, 573 de la de Lugo, 1.709 de la de Ourense, 667 de la de Pontevedra, 1.841 del área de Vigo, 488 de la de Santiago y 306 de la de Ferrol.

Del total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 155 en unidades de hospitalización y 6.308 en el domicilio. Por ahora, en Galicia hay un total de 182.286 personas curadas, registrándose 2.673 fallecimientos.

Gondomar inaugura o seu Nadal esta fin de semana

0

O vindeiro sábado 04 de decembro Gondomar dará o pistoletazo inicial ao seu  programa de Nadal coa inauguración oficial da iluminación navideña, ás oito da tarde  na Praza da Paradela

Todo listo para a conta atrás este sábado e inaugurar a iluminación do Nadal nun  acto que “é xa unha cita que moitos e moitas teñen marcada no seu calendario”,  manifesta o rexedor gondomareño, que ás 20.00 horas pulsará o botón que acenderá  as miles de lámpadas leds, arcos de luz e “a nosa tradicional árbore vermella” no  municipio, marcando o inicio da celebración do Nadal. 

O acto virá precedido dun concerto a cargo do grupo “Los Goonis” e a presenza  dos personaxes, sempre máxicos, aos que darán vida os integrantes de “Sarao Animación” que caldearán o ambiente para garantir unha tarde de alegría e diversión  para grandes e pequenos. 

Belén Artesanal en movimiento 

O mesmo sábado inaugurarase o Belén artesanal en movemento -a partir das  18.30 horas– que este ano se traslada á Casa da Cultura onde permanecerá ata o  próximo 9 de xaneiro. Nesta ocasión a composición ocupará preto de 55 metros de  espazo e conformarana un total de 600 figuras, das que 150 están en movemento. 

O seu propietario Fernando Fernández Penedo, veciño da parroquia de  Borreiros, que leva preto de 3 décadas tallando e dando vida ás figuras que integran este  belén artesanal no que este ano destacan novidades como a inclusión dunha réplica da  ponte romana de Ramallosa, en cuxa elaboración empregou case tres meses de traballo. 

Programación de Nadal 

A inauguración da iluminación de nadal poñerá en marcha tamén o programa  elaborado pola concellería de Cultura para estas datas festivas no que non faltarán a  visita de Papa Noel, os Reis Magos ou o Apalpador, teatro, concertos ou pasarrúas. Non  faltará a cita tradicional coa Cabalgata de Reis ou o Certame de Rondallas do 06 de  xaneiro.

O 12 de decembro o Auditorio Lois Tobío acollerá o espectáculo “Ciencia que  alimenta” cuxa recadación se destinará a Gondoilusión, a campaña solidaria, promovida  por Benestar Social, que busca garantir xoguetes para nenos e nenas cuxas familias se  atopan en situación vulnerable. Pequenos que poderán gozar da visita de Mama Noel o  22 de decembro e de Papa Noel os días 23 e 24 deste mes, ambos estarán acompañados  por unha animación especial para a ocasión. 

Fieis ás tradicións en Gondomar espérase a visita do Apalpador o día de Nadal a partir das 12.00 horas, que chega a Gondomar de man da Diputación Provincial de  Pontevedra. Os Reis Magos percorrerán as rúas na cabalgata a partir das 17.30 h. e o  04 de xaneiro os nenos/as poderán deseñar as súas cartas e tarxetas nun taller que se  celebrará na Praza Paradela. 

A música non faltará á cita do Nadal en Gondomar coa celebración do Certame  de Panxoliñas (18 decembro) a cargo das corais do municipio, o Concerto de Nadal dos  alumnos do conservatorio o día 15 de decembro, a actuación da Banda Musical de  Vincios e a presenza das Rondallas de Vincios e Chaín nas rúas do municipio, que  participarán o día de Reis no tradicional e veterano Certame de Rondallas de  Gondomar

Este ano tamén recupérase o Mercado de Nadal que se celebrará o próximo 19  de decembro durante toda a xornada, iniciativa que ponse en marcha en colaboración  coa concellería de Comercio, ao que se suman outras como o concurso de decoración  do Nadal de escaparates e vivendas, o campus solidario de Nadal para nenos de entre  6 e 12 anos, ou o programa “Non Nadal, merca en Gondomar”, de promoción do  consumo local. 

A primeira campaña arqueolóxica da UVigo en Marrocos pon ao descuberto novas factorías de salgadura en Tahaddart

0

Unha misión hispano-marroquí de 30 persoas traballou durante 17 días no xacemento

A primeira campaña arqueolóxica internacional da Universidade de Vigo vén de rematar con moi bos resultados. Durante 17 días un equipo marroquí e español de ata 30 persoas interveu no xacemento de Tahaddart co obxectivo de afondar no coñecemento desta factoría de salgadura e tamén no comercio en época romana na fachada atlántica marroquí, a antiga provincia da Mauritania Tingitana. Os traballos, desenvolvidos por membros do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da UVigo e do Institut National des Sciences de l’Archéologie et du Patrimoine (INSAP) e doutras institucións marroquís, permitiron ampliar as dimensións coñecidas do xacemento, descubrindo novas factorías de salgadura romanas e numerosos restos materiais, entre eles unha mostra de peixe, a primeira deste tipo que se analizará.

O proxecto, que ten unha duración de cinco anos, realízase ao abeiro dun convenio de colaboración en materia de patrimonio cultural asinado entre a Universidade de Vigo e o INSAP, do Ministerio de Cultura do Reino de Marrocos. Ademais, a campaña arqueolóxica en Tahaddart deste ano está financiada polo Ministerio de Cultura de España, a través da súa convocatoria para escavacións no exterior, e o estudo do comercio en época romana na costa marroquí está financiado para o período 2021-2025 pola Xunta de Galicia, a través da convocatoria para proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente.

Colaboración frutífera

O xacemento de Tahaddart sitúase no norte de Marrocos, a uns 20 quilómetros ao sur da cidade de Tánxer, nunha lingua de area entre o océano Atlántico e unha gran lagoa interior. Trátase dun complexo de época romana en moi bo estado de conservación no que destacan as súas grandes fábricas de salgadura de peixe. A primeira actuación de campo no xacemento marroquí arrancou o pasado día 29 de outubro e prolongouse durante 17 días, sendo codirixida polo arqueólogo do GEAAT Adolfo Fernández e polo profesor e vicedirector do INSAP M. Kbiri-Alaoui e pola profesora da Universidade de Kenitra Meriem Hansali. O equipo da UVigo que traballou en Tahaddart estivo formado por nove persoas, persoal investigador e profesorado da Facultade de Historia do campus de Ourense, e un profesor da universidade lusa de Coimbra colaborador habitual deste equipo. A parte marroquí estivo formada por profesorado e alumnado de diferentes universidades e doutras institucións (como a Direction du Patrimoine Culturel) e 15 obreiros. “A colaboración entre nós foi moi frutífera, estamos moi satisfeitos co traballo desenvolvido conxuntamente. A experiencia foi fantástica. Superáronse as dificultades do inicio e os vindeiros anos todo será moito máis sinxelo”, comenta Adolfo Fernández.

Sobre os resultados acadados, o arqueólogo da UVigo sinala que son moi positivos. “Cando se chega por primeira vez a un xacemento sempre é difícil, e máis en casos coma este, que é un xacemento que leva sen escavarse desde o ano 1960 e a súa fisionomía cambiou moito desde entón, estando agora cuberto por unha fraga con árbores de grandes dimensións”, explica. Por este motivo, a intervención arrancou coa limpeza das zonas onde se localizaban os vestixios arqueolóxicos e a busca daqueles restos que se coñecían do xacemento polas publicacións existentes sobre a intervención arqueolóxica que nos anos 60 do século pasado levaron a cabo en Tahaddart M. Tarradell e M. Ponsich. “Grazas a esta limpeza conseguimos localizar todas as zonas de intervención localizadas nos anos 60”, sinala Adolfo Fernández. Alén desta limpeza, globalmente tamén se fixo unha xeolocalización do xacemento, para ter unha base topográfica coa que traballar durante os vindeiros anos do proxecto.