Gondomar inaugura o seu Nadal esta fin de semana

O vindeiro sábado 04 de decembro Gondomar dará o pistoletazo inicial ao seu  programa de Nadal coa inauguración oficial da iluminación navideña, ás oito da tarde  na Praza da Paradela

Todo listo para a conta atrás este sábado e inaugurar a iluminación do Nadal nun  acto que “é xa unha cita que moitos e moitas teñen marcada no seu calendario”,  manifesta o rexedor gondomareño, que ás 20.00 horas pulsará o botón que acenderá  as miles de lámpadas leds, arcos de luz e “a nosa tradicional árbore vermella” no  municipio, marcando o inicio da celebración do Nadal. 

O acto virá precedido dun concerto a cargo do grupo “Los Goonis” e a presenza  dos personaxes, sempre máxicos, aos que darán vida os integrantes de “Sarao Animación” que caldearán o ambiente para garantir unha tarde de alegría e diversión  para grandes e pequenos. 

Belén Artesanal en movimiento 

O mesmo sábado inaugurarase o Belén artesanal en movemento -a partir das  18.30 horas– que este ano se traslada á Casa da Cultura onde permanecerá ata o  próximo 9 de xaneiro. Nesta ocasión a composición ocupará preto de 55 metros de  espazo e conformarana un total de 600 figuras, das que 150 están en movemento. 

O seu propietario Fernando Fernández Penedo, veciño da parroquia de  Borreiros, que leva preto de 3 décadas tallando e dando vida ás figuras que integran este  belén artesanal no que este ano destacan novidades como a inclusión dunha réplica da  ponte romana de Ramallosa, en cuxa elaboración empregou case tres meses de traballo. 

Programación de Nadal 

A inauguración da iluminación de nadal poñerá en marcha tamén o programa  elaborado pola concellería de Cultura para estas datas festivas no que non faltarán a  visita de Papa Noel, os Reis Magos ou o Apalpador, teatro, concertos ou pasarrúas. Non  faltará a cita tradicional coa Cabalgata de Reis ou o Certame de Rondallas do 06 de  xaneiro.

O 12 de decembro o Auditorio Lois Tobío acollerá o espectáculo “Ciencia que  alimenta” cuxa recadación se destinará a Gondoilusión, a campaña solidaria, promovida  por Benestar Social, que busca garantir xoguetes para nenos e nenas cuxas familias se  atopan en situación vulnerable. Pequenos que poderán gozar da visita de Mama Noel o  22 de decembro e de Papa Noel os días 23 e 24 deste mes, ambos estarán acompañados  por unha animación especial para a ocasión. 

Fieis ás tradicións en Gondomar espérase a visita do Apalpador o día de Nadal a partir das 12.00 horas, que chega a Gondomar de man da Diputación Provincial de  Pontevedra. Os Reis Magos percorrerán as rúas na cabalgata a partir das 17.30 h. e o  04 de xaneiro os nenos/as poderán deseñar as súas cartas e tarxetas nun taller que se  celebrará na Praza Paradela. 

A música non faltará á cita do Nadal en Gondomar coa celebración do Certame  de Panxoliñas (18 decembro) a cargo das corais do municipio, o Concerto de Nadal dos  alumnos do conservatorio o día 15 de decembro, a actuación da Banda Musical de  Vincios e a presenza das Rondallas de Vincios e Chaín nas rúas do municipio, que  participarán o día de Reis no tradicional e veterano Certame de Rondallas de  Gondomar

Este ano tamén recupérase o Mercado de Nadal que se celebrará o próximo 19  de decembro durante toda a xornada, iniciativa que ponse en marcha en colaboración  coa concellería de Comercio, ao que se suman outras como o concurso de decoración  do Nadal de escaparates e vivendas, o campus solidario de Nadal para nenos de entre  6 e 12 anos, ou o programa “Non Nadal, merca en Gondomar”, de promoción do  consumo local.