O Concello aproba investimentos en Teis por valor de máis de 2 millóns de euros

0

A Xunta de Goberno Local deu luz verde este xoves ao proxecto de cubrición do patio do Ceip Frián Teis (451.518 euros), ao proxecto do edificio da sala de lectura do edificio da Tesourería (850.000 euros) e á contratación das obras da rampla mecánica para o Centro de Saúde de Teis (1.308.000 euros)

O alcalde puxo en valor o investimento aprobado hoxe para Teis na Xunta de Goberno Local que acada un importe total superior as dous millóns de euros. O proxecto básico e de execución de cubrición do patio no Ceip Frián Teis foi aprobado por un importe de 451.518 euros e un prazo de execución de 4 meses. As obras inclúen unha cuberta lixeira no patio exterior, translúcida, composta de paneis realizados con placas de policarbonato e pechada parcialmente cun faldrón continuo. Crearemos unha zona porticada de comunicación entre o patio e o interior do centro escolar para que o alumnado poida desprazarse por esa zona cuberta nos días de choiva sen mollarse. Aproveitando o desnivel, crearase un espazo para almacenaxe e unha pequena bancada no espazo de diferente cota entre o terreo e a pista deportiva.Amais, renovarase o pavimento da pista deportiva, actualmente en mal estado, e vai adaptarse a zona verde axardinada da nova edificación. O alcalde explicou que tamén se canalizarán os colectores enterrados de recollida de augas pluviais, instalarase iluminación na zona de almacén e de xogos.

Biblioteca de Teis

A Xunta de Goberno aprobación tamén o proxecto de edificio para uso de sala de lectura-biblioteca no antigo inmoble da Tesourería da Seguridade Social de Teis. Abel Caballero explicou que o estudo do edificio determinou que debe ser derrubado, dado o seu estado, polo que se construirá unha nova nova edificación no número 54 da rúa Enrique Lorenzo, para o que se conta cun orzamento de licitación de 850.000 euros.

O Concello farase coa edificación enteira, dado que cambia a proposta inicial de cesión por parte da Tesoureiría. Polo tanto, erguerase un novo edificio composto de baixo porticado e planta alta cunha ocupación proposta de 50 postos de lectura e unha superficie construída de case 300 metros cadrados. A execución das obras comezará coa demolición total do edificio existente, o baleirado da parcela e a comprobación do estado do subsolo antes de proceder á nova construción.

Rampla do Centro de Saúde de Teis

O rexedor deu conta do inicio da contratación das obras do proxecto de mellora de accesibilidade na contorna do Centro de Saúde de Teis, onde se instalará unha rampla mecánica, de case 50 metros de longo, na rúa Ángela Iglesias Rebollar, que acada nalgúns puntos unha pendente do 30% e que “é difícil de subir” para moitos usuarios do centro sanitario.

A obra ten un importe de 1.308.000 euros para acometer unha rampla que salva a elevada pendente da rúa e que estará protexida da climatoloxía por unha estrutura de cubrición formada por pórticos metálicos e cerramento en vidro laminado. Amais, renovarase o pavimento en todo o ámbito da actuación, a rúa quedará humanizada con beirarrúas e zonas axardinadas con 1,2 metros en cada lado. As actuacións inclúen a renovación da rede de abastecemento, a rede de fecais e da canalización da iluminación así como a instalación de novo mobiliario urbano con papeleiras, bancos e unha estatua na honra de Ángela Iglesias Rebollar.

O Concello actuará nese ámbito no regulamento do cruzamento da rúa Ángela Iglesias Rebollar coa Avenida de Galicia mediante semáforos e o paso de peóns na Avenida de Galicia, fronte ao número 106, que é unha zona de tráfico complicada.

Fernández-Tapias destaca la importancia del premio de diseño Anfaco para fomentar el consumo de las conservas del mar

0

La delegada territorial de Xunta en Vigo participó en la entrega del galardón a los creadores Pablo Fernández y Alberto Guerrero

La delegada territorial de la Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participó este jueves en la entrega del IV Premio de Diseño Anfaco – Fundación Banco Sabadell a los creadores extremeños Pablo Fernández y Alberto Guerrero. La representante autonómica puso en valor hoy en Vigo esta iniciativa como una manera de impulsar el consumo de las conservas del mar, promover sus altas propiedades nutritivas y, a su vez, ensalzar el talento de la juventud.

Fernández-Tapias hizo hincapié en el peso que tiene la industria conservera gallega, que mantiene su liderazgo en los primeros puestos del comprado europeo y mundial, que continúa abriendo nuevos mercados y sigue despertando interés de nuevas inversiones y mostró el compromiso de Galicia con el sector para que “a través de la innovación, la calidad y la materia prima siga trabajando en esta línea de progresión”.

O equipo de aeromodelismo da UVigo e o seu drone CORV-0, listos para competir na Air Cargo Challenge 2022 en Alemaña

0

Despois de dous anos de intenso traballo, o equipo de aeromodelismo da Universidade de Vigo, chamado UVigo Aerotech, está listo para competir a vindeira semana na Air Cargo Challenge 2022, en Alemaña. Farao co seu aeromodelo CORV-0, un drone deseñado, fabricado e ensamblado polos arredor de 27 alumnos e alumnas da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e da Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense implicados nesta iniciativa.

“Xa estamos listos. En 2020 naceu UVigo Aerotech cun obxectivo claro, deseñar un drone de ala fixa con métodos de enxeñaría para participar en competicións de ámbito internacional, e conseguímolo”, subliña o equipo. A iniciativa, lembran os seus membros, botou a andar a principios de 2020 co apoio do profesor Guillermo Rey e cunha primeira tempada que rematou co deseño do AZOR-0, unha aeronave de máis de catro metros de envergadura e capaz de levantar ata 12 quilos. Coa experiencia deste precedente, o equipo lanzouse ao deseño, fabricación e construción do aeromodelo agora presentado.

Froito dun traballo en equipo

Segundo detallan desde UVigo Aerotech, “en primeiro lugar levouse a cabo o deseño e simulacións pertinentes para garantir que a aeronave cumpría coas necesidades. Posteriormente, procedeuse á fabricación do mesmo, que consistiu no laminado en fibra de carbono e posterior curado en autoclave, onde se obtería a peza final, ademais da fabricación das pezas de aluminio que conformarían a estrutura interna e o tren de aterraxe”. Unha vez finalizada a fabricación procedeuse a ensamblar o aeromodelo e tras varias iteracións das pezas logrouse obter un avión capaz de voar e cumprir coas expectativas que nun primeiro momento se esperaban por parte do equipo. Estas tarefas de fabricación e ensamblaxe foron realizadas no Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI) da UVigo, situado no Parque Tecnolóxico de Galicia. As probas de voo e o adestramento do equipo para pilotar o drone foron realizadas pola súa banda no Club de Aeromodelismo de Ourense.

O alumnado realizou o seu traballo dividido en cinco departamentos co obxectivo de cubrir todas as necesidades do proxecto de forma organizada. Estes departamentos foron Electrónica e Control (no que se implementaron os circuítos do aeromodelo e se elixiu tanto o hardware como o controlador empregados); Propulsión e Dinámica (que se ocupou do deseño, mantemento e ensamblaxe do motor, ademais do deseño e fabricación do tren de aterraxe); Aerodinámica (que abrangueu o deseño e fabricación dos elementos aerodinámicos do modelo que permiten levantar a carga de pago necesaria); Estruturas (que estudou as necesidades estruturais do modelo e encargouse da fabricación) e Organización e Márketing (que se dedicou á organización interna e xestiona as redes sociais e a representación do equipo).

Froito do traballo realizado naceu CORV-0, un aeromodelo dunha envergadura alar de 2,2 metros; unha velocidade máxima de 90 km/h; un peso máximo ao despegue (MTOW) de 5 kg; un peso baleiro operativo (OEW) de 3,8 kg e unha carga útil (payload) de 1,2 kg. Algúns dos sinais de identidade da aeronave con selo ourensá na competición, comentan desde o equipo, serán as súas prestacións, entre as que destacan o deseño aerodinámico propio optimizado para a competición, o deseño das superficies de control ou a estrutura fabricada en fibra de carbono, realizados polos membros do equipo.

Un “drone médico”

Á Air Cargo Challenge, considerada unha das competicións interuniversitarias de enxeñaría aeronáutica máis importantes de Europa, onde ata 30 das mellores universidades do mundo compiten por crear o mellor deseño dunha aeronave destinada a facer unha tarefa concreta, asistirán nove membros de UVigo Aerotech. A competición consistirá en completar un circuíto transportando a maior carga posible, neste caso bolsas de sangue, dando á aeronave a finalidade dun «drone médico». Os equipos serán valorados polas probas de voo, a inspección técnica da aeronave e a enxeñaría detrás do deseño. A cita arrancará o 5 de xullo, onde se levará a cabo a inspección técnica, e rematará o día 8. “Cabe destacar que somos o único equipo galego que participa na competición, xunto a outros tres equipos españoles”, sinalan desde UVigo Aerotech.

No desenvolvemento desta iniciativa desde UVigo Aerotech fan fincapé no seu agradecemento a todas as entidades públicas e privadas que colaboraron e colaboran co equipo. O proxecto, comentan, non sería posible sen o apoio das empresas e entidades patrocinadoras, entre las Coasa, Utingal, Altair, Dosmasdos, Gurit, Europrecis, Mecadis, Marine Instruments, o CITI, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Axencia Galega de Innovación. “A súa colaboración e respaldo foron fundamentais para facer realidade o noso soño”, afirman.

O aeromodelo, sinalan desde UVigo Aerotech, “está xa de camiño a Alemaña, polo que agora só falta vivir o desenlace dunha historia que ten durado os dous últimos anos”. O equipo, recalcan os seus membros, acode á competición co obxectivo e a ilusión de facer o mellor papel posible pero alén do resultado que se acade en Múnic, subliñan que o maior premio deste proxecto é “todo o que aprendemos durante o proceso”. Foron, destacan, dous anos de intenso traballo en equipo nos que afrontaron o complexo reto non só de deseñar senón tamén de fabricar un aeromodelo listo para a competición real, colaborando no proceso con numerosas empresas e entidades. Satisfeitos e orgullosos do traballo feito e os resultados acadados, afirman, “confiamos en seguir realizando proxectos cada vez máis prometedores tras esta competición”.

Marea de Vigo traslada o seu apoio ao Comité de Empresa de BOSCH, cuxo persoal enfréntase a un novo ERE

0

Marea de Vigo insta á administración local a un pronunciamento e denuncia pública ante a falla de vontade negociadora da empresa e anima a cidadanía a apoiar ao persoal de BOSCH concentración convocada para o vindeiro luns 4 de xullo nas instalacións da empresa na avenida de Madrid enmarcada na xornada de folga convocada para ese día en defensa do mantemento do emprego e contra os despedimentos

Na mañá de hoxe, Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo, mantivo unha xuntanza do Comité de empresa de BOSCH, compañía que conta actualmente con aproximadamente 1600 traballadores e traballadoras na nosa cidade, na que leva implantada máis de quince anos. Na reunión, o Comité trasladoulle á Marea de Vigo as distintas problemáticas que está vivindo o persoal da empresa, que, alén da coñecida paralización da negociación do convenio por parte da patronal, tras sucesivos EREs extintivos e ERTEs nos últimos anos, enfréntanse agora a un novo expediente de regulación de emprego no que previsiblemente van ser despedidas 148 persoas trala perda do contrato da devandita empresa coa compañía telefónica VODAFONE.

Marea de Vigo traslada todo o seu apoio e solidariedade ao persoal de BOSCH e considera que “as administracións públicas deben poñerse sempre ao carón das e dos traballadores, evitando na medida das súas posibilidades esta contínua destrución de emprego – sinalou Rubén Pérez – . Mais ademais cremos que debe haber un pronunciamento público desde o Concello en apoio ao cadro de persoal de BOSCH e en concreto a estas 148 persoas que poden ser despedidas nos vindeiros días, xunto a unha denuncia pública pola falla de vontade negociadora por parte da empresa”.

Marea de Vigo incidiu en que con independencia dos datos xerais de desemprego, “na nosa cidade estase vivindo unha perda de postos de traballo de xeito constante, xa non só no sector naval e na automoción, onde a situación é especialmente grave, senón que, tal e como acabamos de constatar, en empresas de servizos coma é BOSCH, a causa da incesante deslocalización das empresas así como pola procura do abaratamento dos custes de persoal” concluíu o voceiro municipal.

O servizo especial de bus urbano ás praias arranca este xoves 30 de xuño

0

As liñas C3, 4C e 23 amplían o seu percorrido. Sumadas ós servizos habituais ás praias, un total de 9 liñas conectarán Vigo con todos os areais da cidade

Toda a información sobre liñas e horarios está dispoñible en vitrasa.es e Vigo App

Hoxe xoves 30 de xuño Vitrasa pon en marcha o servizo especial ás praias de Vigo. Un total de 9 liñas conectarán Vigo con todos os areais ofrecendo un servizo de transporte urbano cómodo para que os cidadáns visiten as praias da cidade. En concreto, ademais das 6 liñas que conectan Vigo coas praias: L10, L11, L12A, L15A, L15B e L15C, tamén amplían o seu percorrido a liña C3 en todos os días da semana e as liñas 4C e 23 en horario de tarde nos días laborais e todo o día os sábados, domingos e festivos. Por outra banda, nas horas punta reforzarase o servizo para facilitar a mobilidade ós areais.

Coa tarxeta de transporte, os usuarios poderán realizar ata 2 transbordos gratuítos en 45 minutos, podendo chegar desde calquera punto de Vigo ós areais da cidade.

Este servizo especial ás praias finalizará previsiblemente no mes de setembro, condicionado polo tempo. En todo caso, Vitrasa comunicará o inicio e fin do servizo con antelación a través das canles de información habituais. A información sobre liñas, horarios e percorridos está dispoñible en vitrasa.es e Vigo App.

12.000 euros en premios para animar o verán no comercio vigués coa iniciativa Días Azuis do Comercio Galego

0

O presidente da Federación de Comercio de Pontevedra, Iván Iglesias; o seu homólogo na Federación Galega de Comercio, José María Seijas; xunto coa delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández Tapias; e o director de oficina de O Calvario de ABANCA, Francisco Javier Barcia Santome; presentaron esta mañá en Vigo a edición de verán 2022 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”.

Trátase da novena edición desta coñecida iniciativa comercial, que contará este ano con outra nova convocatoria no mes de novembro. O obxectivo é potenciar, fomentar, estimular e impulsar o comercio de proximidade; poñendo en valor o seu importante papel económico e social e contribuir á súa dinamización e recuperación tras a crise provocada pola pandemia Covid 19 e “máis recentemente polo contexto internacional, cuns sobrecustos e niveis inflacionistas que están lastrando en gran medida a recuperación do sector”, segundo explicou José María Seijas.

Deste xeito, esta campaña “quere como sempre tinguir de azul, de verán, de cor e desa necesaria alegría, os comercios, as rúas, as vilas e cidades, para que os consumidores nos visiten, merquen e, ademáis, gañen”, engadiu Seijas.

Esta edición de verán de Días Azuis do Comercio Galego desenrolarase entre o 23 de xuño e o 17 de xullo, coa colaboración dos establecementos da provincia de Pontevedra. Durante estas datas, os clientes que merquen nos establecementos minoristas poden participar no sorteo de 12.000 euros, repartidos nun total de 64 tarxetas prepago regalo, de 250 e de 150 euros. Participar é tan simple como rexistrar a compra na páxina da campaña www.diasazuis.com.

“Días Azuis do comercio galego” está organizada pola Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia – Consellería de Economía, Industria e Innovación. Conta coa colaboración de ABANCA, entidade que aporta os premios; así como das federacións provinciais de comercio, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos.

Na presentación da campaña, o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, suliñou que esta iniciativa ten sempre unha grande demanda e aceptación tanto por parte do sector como dos consumidores, e que “é o punto de partida dun amplo programa de actuacións de promoción, dixitalización, formación e dinamización que se realizará ao longo do ano para garantir a competitividade do sector, e alentar a que o consumidor reactive o seu consumo e que éste se faga nos establecementos de proximidade”. Ademais, remarcou a implicación e a colaboración entre as tres entidades – Federación Galega de Comercio, Xunta de Galicia e ABANCA – para realizar os “Días Azuis do Comercio Galego”, así como as outras actividades que se están a plantexar en pro da dinamización e competitividade do sector.

La Xunta señala que el nuevo proyecto de Ence en As Pontes facilitará a Galicia seguir desarrollando el nuevo modelo industrial basado en la economía circular

0

El vicepresidente primero y conselleiro de Economía, Industria y Innovacion, Francisco Conde, participó en Pontevedra en una rueda de prensa en la que remarcó que esta iniciativa le va a permitir a la empresa cerrar su ciclo productivo en Galicia

El vicepresidente económico y conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, señaló hoy, en una rueda de prensa celebrada en Pontevedra en la que también participó el director territorial de Ence en Galicia, Antonio Casal, que el proyecto de esta compañía en As Pontes va a facilitar a Galicia seguir desarrollando el nuevo modelo industrial basado en la economía circular, las energías renovables y la sostenibilidad, dentro de la apuesta clara de la Comunidad por la industria y por una transición energética justa.

Tal y como se recordó en la rueda de prensa, se trata de un proyecto complementario (que nunca alternativo) a la factoría de Lourizán, que le va a permitir a la empresa cerrar su ciclo productivo en Galicia. La iniciativa consistiría en la instalación de una planta para la recuperación de papel y cartón y la producción de biocombustibles y fibras naturales recicladas, con una inversión de entre 330 y 350 millones de inversión y la creación de más de 1.000 empleos entre directos e indirectos.

En su intervención, Conde destacó el compromiso con Galicia de Ence, y señaló que, en lo relativo al proyecto de As Pontes, la Xunta lleva tiempo trabajando conjuntamente con la compañía para identificar el emplazamiento idóneo, y que esta colaboración se va a mantener a lo largo de todo el año que la empresa se da de plazo para evaluar los aspectos técnicos, ambientales y financieros.

En lo relativo a la factoría pontevedresa, el vicepresidente primero señaló que la Administración autonómica va a seguir trabajando para que pueda continuar su actividad, defendiendo, junto con la empresa, los trabajadores, la industria auxiliar y logística, el sector forestal y el Puerto de Marín, que Ence siga en la Ría de Pontevedra.

En este punto, recordó que hay argumentos para pensar que esto es posible: que la propuesta de adscribir los terrenos al puerto de Marín sea considerada legal, jurídica y técnicamente viable; y la decisión del Tribunal Supremo de admitir a trámite el recurso de casación presentado por Ence por la anulación de su concesión en Lourizán.

Según remarcó el vicepresidente primero de la Xunta, la segunda fábrica de Ence en As Pontes supondrá una oportunidad más para la reactivación industrial de las comarcas de Ferrol, Eume y Ortegal y para convertir estas zonas consideradas de transición justa como foco del binomio industria-sostenibilidad que la Administración autonómica defiende en este contexto de transición energética.

Conde recordó que esta propuesta se suma, además, la otros proyectos que también se prevé desarrollar en As Pontes, como el de Reganosa y EDP, para instalar una planta de hidrógeno verde, y Sentury, que proyecta implantar una factoría de neumáticos de las más eficientes y avanzadas del grupo. La Xunta también aprobó recientemente iniciativas empresariales prioritarias en la zona: una fábrica de metanol de Forestal del Atlántico en Mugardos y la planta de reutilización de residuos de Valogreene Recinor en As Somozas.

El vicepresidente económico destacó que la Xunta les va a dar la máxima prioridad administrativa y prestará la máxima colaboración para que todas las inversiones que Galicia está captando se puedan consolidar y convertir en proyectos tractores para la cadena de valor de sus respectivos sectores.

Fernández-Tapias presenta el Festival Latitudes: Iggy Pop, Two Door Cine Club, Mando Diao y The Vaccines

0

La delegada territorial de Junta en Vigo presentó el esperado cartel del Festival Latitudes que se celebrará los próximos 19 y el 20 de agosto en el muelle de Trasatlánticos

La leyenda estadounidense Iggy Pop, los irlandeses Two Door Cinema Club, los suecos Manda Diao y los británicos The Vaccines encabezan la primera edición en Vigo del evento patrocinado por el Xacobeo 21-22

Los vigueses Aphonnic y Zålomon Grass, los coruñeses Bala y los pontevedreses Furious Monkey House completan la oferta del festival que iniciará la venta de entradas este viernes 1 de julio

La delegada territorial de la Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participó este jueves en la presentación del evento musical más esperado del verano en Vigo: la primera edición del Festival Latitudes. Acompañada por el presidente de la Autoridad Portuaria, Jesús Vázquez Almuiña; el director de la productora Esmerarte, Joaquín González “Kin”, y el representante de Estrella Galicia, Jaime Perozo, la representante autonómica calificó la programación musical del Xacobeo como la mejor oferta de toda Galicia.

“La Xunta traerá a Vigo este lo verán, sin ningún lugar a dudas, la mejor oferta musical de toda Galicia”, señaló durante su intervención en el acto celebrado en el paseo de las Avenidas. Fernández-Tapias destacó la calidad del cartel del Festival Latitudes (19 y 20 de agosto en el muelle de Trasatlánticos) y recordó otras citas ya cerradas cómo las de C. Tangana (23 de agosto) o Muse (8 de septiembre).

El Festival Latitudes, que celebró su última edición en el año 2016 en Santiago de Compostela, llega ahora a buen puerto como parte de la programación musical del Xacobeo 21-22. Así, convertirá durante dos días el puerto de Vigo en una nueva parada obligatoria del Camino de Santiago.

Latitudes arriba a Vigo con un cartel que incluye algunos de los principales referentes de la música rock del panorama internacional. Empezando por los irlandeses Two Door Cinema Club, sin olvidarnos de los suecos Mando Diao o la banda británica The Vaccines, para llegar hasta la leyenda estadounidense del rock Iggy Pop.

Los grupos gallegos no faltarán, por eso, su cartel lo completan varias bandas de la misma ciudad de Vigo. Entre los invitados la esta cita estará la banda viguesa Aphonnic, que tocarán su metal alternativo, los pontevedreses Furious Monkey House, el trío de blues cósmico, y también vigués Zålomon Grass, y el dúo grunge gallego Bala.

“Estamos ante un grupo de artistas que arrastrará a vigueses y visitantes hasta el Muelle de Trasatlánticos para disfrutar de dos noches en las que navegaremos entre diferentes estilos musicales y actuaciones que marcarán uno de los veranos más esperados en la ciudad”, señaló Joaquín Martínez Silva, “*Kin”.

Los abonos saldrán a la venta en ataquilla.com el viernes 1 de julio a las 12:00 con cuatro tramos de precios diferentes: 35 €, 40 €, 45 € y 50 €.

Real Conservera Española, Premio Galicia Alimentación 2022 al producto excelente

0

El Clúster Alimentario de Galicia reconoce a Real Conservera Española con el galardón de Producto Excelente, destacando uno de los productos estrella de la compañía: las navajas al natural de las Rías Gallegas

Procedentes de los arenales de Aguiño y de los fondos de las Islas Cíes, donde se encuentran las navajas de mejor calidad de nuestras Rías, llegan a la planta de elaboración en Cambados donde se envasan con su propio caldo de cocción

Real Conservera Española acaba de ser distinguida con el premio Clusaga al producto excelente del año. Estos galardones tienen como objetivo reconocer y visibilizar las acciones del sector con impacto en áreas como el emprendimiento, digitalización, innovación, sostenibilidad, marketing e internacionalización. En el caso del producto excelente, el Clúster reconoce la incorporación de valores tradicionales adaptados al momento actual con un diseño diferencial y empleando productos y materias primas locales.

En este marco, el galardón se otorga a uno de los productos estrella de la compañía: las navajas. Procedentes de nuestras Rías Gallegas y con el distintivo oficial de Pesca de Rías que avala su origen. Llegan a Cambados, donde manos expertas las envasar una a una, con toda la calma y cariño que este trabajo requiere, mimando su limpieza y cuidando la colocación de cada pieza para que cada lata sea única.

Para la selección del producto, Real Conservera Española realiza varias campañas a lo largo del año, resultando la más fructífera la impulsada en los meses previos a la Navidad: octubre, noviembre y diciembre cuando las navajas están en su mejor momento de maduración, con una textura firme y un color blanco que avalan su calidad.

Con este reconocimiento, las navajas de Real Conservera Española se convierten en el primer producto de la compañía doblemente premiado. No en vano, este bivalvo fue distinguido el año pasado con el ‘2021 World´s Best 101 Canned Food Products from the Sea’, galardón al que suma ahora el concedido por el Clúster Alimentario de Galicia.

Máxima calidad

Como sucede con las navajas, todos los productos de Real Conservera Española se elaboran siguiendo la tradición de generaciones, pasando por manos expertas que conocen como nadie los mariscos y pescados de nuestras costas y cuidan cada paso hasta el envasado.  Del mismo modo, las salsas y coberturas se elaboran por sus propias cocineras, que emplean para ello productos frescos y naturales de cercanía con los que garantizar el éxito de unas recetas que suman ya más de un siglo de vida, utilizando las mismas recetas desde hace ya 101 años.

Asimismo, los procesos de Real Conservera Española están certificados por IFS (International Featured Standars), una organización prestigiosa que evalúa la calidad, transparencia y eficiencia de cada proceso de fabricación en la industria alimentaria. Real Conservera es una de las pocas conserveras aprobadas por IFS a nivel mundial, y mejorar la nota de esta evaluación año a año, ha sido clave para poner sus productos en los primeros puestos del Ranking mundial.

Detienen a un motorista en Vigo con más de 200 gramos de droga

0

El joven llevaba también 410 euros distribuidos en billetes de 50, 20, 10 y 5, una balanza de precisión y un cuchillo de grandes dimensiones

La Policía Local de Vigo ha detenido a un joven de Vigo de 19 años al que sorprendió circulando con 210 gramos de hachís, seis gramos de cocaína y una báscula de precisión en la moto, y que agredió además a los agentes mientras trataba de huir.

Los hechos, informan fuentes policiales, se produjeron poco después de las seis de la tarde de ayer en la calle Pizarro, donde dos agentes dieron el alto a una motocicleta en la que viajaban dos jóvenes tras ver cómo su conductor mostraba una actitud nerviosa y ocultaba algo, lo que les hizo sospechar. Tras darles el alto, los agentes identificaron a los dos ocupantes de la moto aunque el que viajaba de copiloto les dio datos falsos, como comprobaron telemáticamente, al ver que se trataba de un vecino de O Rosal de 17 años.

Cuando los agentes procedieron a realizar al ahora detenido un cacheo superficial localizaron 210 gramos de hachís distribuidos en cuatro paquetes y 6 gramos cocaína en otro paquete. Además, el joven llevaba 410 euros distribuidos en billetes de 50, 20, 10 y 5, una balanza de precisión y un cuchillo de grandes dimensiones, que le fue intervenido también.

Una vez ocupados estos elementos, el ahora detenido trató de huir, siendo sujetado por la camiseta por uno de los agentes, el cual recibió un puñetazo en el brazo izquierdo al tiempo que era empujado hacia atrás. La huida fue frustrada unos diez metros más allá de donde se produjo el forcejeo, el cual se repitió antes de que los agentes procediesen a la detención del joven como presunto autor de un delito contra la salud pública y otro delito de atentado.