O servizo especial de bus urbano ás praias arranca este xoves 30 de xuño

As liñas C3, 4C e 23 amplían o seu percorrido. Sumadas ós servizos habituais ás praias, un total de 9 liñas conectarán Vigo con todos os areais da cidade

Toda a información sobre liñas e horarios está dispoñible en vitrasa.es e Vigo App

Hoxe xoves 30 de xuño Vitrasa pon en marcha o servizo especial ás praias de Vigo. Un total de 9 liñas conectarán Vigo con todos os areais ofrecendo un servizo de transporte urbano cómodo para que os cidadáns visiten as praias da cidade. En concreto, ademais das 6 liñas que conectan Vigo coas praias: L10, L11, L12A, L15A, L15B e L15C, tamén amplían o seu percorrido a liña C3 en todos os días da semana e as liñas 4C e 23 en horario de tarde nos días laborais e todo o día os sábados, domingos e festivos. Por outra banda, nas horas punta reforzarase o servizo para facilitar a mobilidade ós areais.

Coa tarxeta de transporte, os usuarios poderán realizar ata 2 transbordos gratuítos en 45 minutos, podendo chegar desde calquera punto de Vigo ós areais da cidade.

Este servizo especial ás praias finalizará previsiblemente no mes de setembro, condicionado polo tempo. En todo caso, Vitrasa comunicará o inicio e fin do servizo con antelación a través das canles de información habituais. A información sobre liñas, horarios e percorridos está dispoñible en vitrasa.es e Vigo App.