La Policía Local rescata una culebra bastarda de más de 1 metro de un domicilio en Camposancos

0

Ayer, en torno a las 16:50 horas, agentes de la unidad UMIR, especialistas en Medioambiente y pertenecientes a Policía Local de Vigo, fueron requeridos para que se personasen en el lugar de Camposancos. Allí, un vecino informaba de que tenía una culebra de grandes dimensiones atrapada en una red de protección de cultivo.

Personados los agentes en el lugar, comprobaron que se trataba de una culebra bastarda de 1’20 metros, la cual estaba enroscada en la red sin poder salir del lugar. Los Agentes utilizaron unas tijeras para proceder a cortar la red y así liberar al réptil, el cual fue trasladado a su hábitat natural.

Encuentran un hurón perdido que se había introducido en la casa de una mujer en la calle Núñez de Balboa

0

Un buen susto se llevó una anciana de 94 años de edad, cuando localizó un animal en el interior de su vivienda situada en la calle Núñez de Balboa, la requirente lo identificó como un visón.

Los Agentes de Policía Local de Vigo personados en el lugar se hicieron cargo del animal, tratándose de un hurón. Realizando las gestiones oportunas lograron localizar a su propietaria. Los agentes recomiendan que todos los animales de compañía estén identificados mediante implantación de microchip para la localización de su legal propietario en caso de extravío.

Mos estará presente no Campionato Mundial de Patinaxe

0

Tres mozos de Mos competirán no campionato mundial de patinaxe que se celebrará na localidade alemá de Gotinga entre o 8 e o 13 de agosto. Forman parte do grupo de 17 patinadores do Club Ribex de Tui que participará, facendo historia, na celebración das primeiras finais da historia da Copa do Mundo de patinaxe artística. Trátase de Erika Pombo Jorge, de 19 anos e da parroquia de Torroso; David Castro Folgar, de 16 anos e da parroquia de Louredo; e Naira Rodriguez Alonso, de 21 anos e da parroquia de Cela.

O esforzo, o talento e a inmensa ilusión destes mozos e do resto do equipo fixeron posible que esta viaxe fose unha realidade. Os tres deportistas aman enormemente a patinaxe, que compaxinan cos seus estudos. Estes días os adestramentos están a ser moi intensos, adestrándose unha media de tres horas diarias para levar a coreografía o máis perfeccionada posible.

Cando a federación comunicoulles a boa noticia, o club rapidamente pensou nunha estratexia que lle permitise reunir os fondos para asistir ao campionato. “A viaxe custéase vendendo todas as semanas rosquillas, poñendo postos de comida nas festas locais, sorteando ceas que lles doaron locais de hostalería”, comenta Carolina Figueroa, socia fundadora do colectivo, consciente do enorme esforzo que están a facer para poder estar en Alemania dentro duns días. Tamén son varios os concellos da louriña, como Mos e os do Baixo Miño que apoian ao Club nesta viaxe.

A ilusión é inmensa, e un certo nerviosismo comeza a notarse a medida que se achega esta noite. Saldran de Tui cara ao aeroporto do Porto ás 3 da madrugada.

O BNG de Vigo denuncia o recorte da metade do operativo de vixilancia de praias de Protección Civil

0

A fronte nacionalista reclama explicacións á concelleira de Seguridade por reducir a dotación do servizo no momento de maior afluencia aos areais da cidade

Xabier P. Igrexas: “É un exemplo máis da desatención da Protección Civil, un servizo que se ten demostrado esencial para colaborar na seguridade das viguesas e dos vigueses”

O Bloque Nacionalista Galego denuncia o recorte da metade do operativo de Protección Civil que vixía as praias de Vigo. A fronte nacionalista advirte de que só unha lancha da Agrupación Local está a patrullar de luns a venres desde a auga para prestar asistencia ás bañistas, cando no verán pasado o servizo contaba con dous equipos de voluntarios e voluntarias.

“Demandamos á concelleira de Seguridade, Elena Espinosa, que dea conta dos motivos que xustifican este recorte no operativo no momento de maior afluencia aos areais de Vigo”, salientou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, que urxiu a corrixir esta situación para garantir como mínimo a mesma dotación que o ano anterior.

Igrexas apuntou que este recorte supón un novo exemplo do “desleixo” da Protección Civil por parte do goberno de Abel Caballero. “Este servizo se ten demostrado esencial para colaborar na seguridade da nosa cidade e para prestar axuda ás viguesas e aos vigueses en situacións de emerxencia”, valorou o concelleiro nacionalista.

Insuficiencias reiteradas

O voceiro municipal do BNG asegurou que a Agrupación Local padece reiteradas “insuficiencias e deficiencias” durante os últimos anos como consecuencia da desatención do Goberno local, malia ter coñecemento das numerosas dificultades denunciadas polo propio voluntariado. Insistiu na urxencia de reforzar este servizo, atendendo as demandas do persoal e dotándoo de máis recursos para garantir a seguridade na cidade.

“Esta situación é produto da teimosía do goberno de Abel Caballero en non recoller as queixas e propostas do voluntariado de Protección Civil”, lamentou Igrexas, que asegurou que este “abandono” non é o xeito de corresponder o “esforzo e o compromiso xenerosos” das e dos voluntarios e vai na liña contraria do anunciado polo alcalde, que defendeu recentemente a “semiprofesionalización” do servizo desde a presidencia da FEMP.

«Charli Domínguez. Corazón de rock and roll» un libro biográfico sobre el bajista de Los Suaves

0

«Charli Domínguez. Corazón de rock and roll» hace un recorrido por los diez primeros años de vida de la banda, desde los comienzos de Los Suaves en 1979, hasta la publicación de su primer disco en directo, en 1989. Se trata de un libro auto-editado y que ya ha recibido pedidos de países tan dispares como México, Uruguay, Austria, Alemania, Estados Unidos o Suiza.

En la actualidad, ya se ha agotado la primera edición y se está vendiendo la segunda. El precio del libro es de 10 euros, gastos de envío incluido.

Si eres amante de la música y en concreto de Los Suaves, esta puede ser una buena opción de lectura.

Marea de Vigo pide que unha parte importante dos 100 millóns de euros que imputa Aqualia nas facturas á veciñanza sexa asumido polo Concello

0

Rubén Pérez: “O Concello debe asumir isto como un investimento público para que haxa unha redución importante na factura que pagan todos os vigueses e viguesas, facendo deste xeito efectivas as políticas de aforro, e facendo real a existencia da relación entre o consumo e o que se paga, premiando o aforro e a responsabilidade”

A situación hídrica dos encoros que abastecen a nosa cidade, ao igual que a maioría no conxunto do estado comeza a ser preocupante. “Aos excesivos consumos e ás inexistentes políticas de aforro nas grandes cidades, súmase unha situación de crise climática xunto ao estado das infraestruturas, con redes anticuadas con importantes eivas” afirma Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo. “Estase xerando un serio problema de abastecemento que vai máis aló dos meses de verán, tal e como reflicten as proxeccións que se están facendo nas diferentes unidades administrativas das concas” engade.

Dende Marea de Vigo “levamos meses sostendo a necesidade de que Vigo se adaptase a unha nova realidade” suliña o voceiro. A pesar de que na nova ordenanza se modifican os trinta metros cúbicos de consumo bimensual de obrigado pago adaptándose as tarifas á normativa autonómica que obriga a tarificar o consumo real, “lamentablemente, para seguir pagándolle o mesmo á concesionaria privada, esta imputa os 100 millóns de investimento para o arranxo da potabilizadora entre outros nas facturas da veciñanza” critica o portavoz. Marea de Vigo pídelle ao Concello que que asuma unha parte deses 100 millóns “para que non se estea pagando o mesmo nas facturas cando, segundo a nova ordenanza, nesta debería reflectirse o consumo real” matiza Pérez.

O Grupo municipal insta polo tanto ao Goberno de Abel Caballero a que “faga unha segunda modificación sobre a ordenanza e que na mesma se cambien substancialmente os criterios sobre os investimentos que se imputan na factura” explica Rubén Pérez, incidindo en que dos 100 millóns, “o Concello debe asumir unha gran parte como un investimento directo, ao igual que se fai coas humanizacións, ascensores ou túneles”.

Todo isto, segundo a Marea de Vigo, tórnase máis grave “tendo en conta que o Goberno de Abel Caballero deixou o pasado ano máis de 100 millóns de euros do orzamento sen executar, 100 millóns que poderían ter sido adicados perfectamente a cubrir esta parte da factura da agua” suliña o voceiro.

“Deberían de estar xa traballando nisto para que no mes de setembro estivera xa en funcionamento, acompañando á volta a actividade, o inicio do curso escolar e do curso político, nunha situación especialmente para moitas familias viguesas a causa da inflación” conclúe o portavoz municipal.

Abanca Balaídos acoge este miércoles la presentación de los nuevos fichajes del RC Celta

0

La afición del RC Celta podrá conocer este miércoles a los nuevos fichajes del equipo para la ilusionante temporada 2022/23. Abanca Balaídos abrirá a las 19.30 horas sus puertas para acoger la presentación de las 8 nuevas incorporaciones de la presente temporada. Williot Swedberg, Luca de la Torre, Unai Nüñez, Óscar Rodríguez, Agustín Marchesín, Óscar Mingueza, Gonçalo Paciencia y Carles Pérez protagonizarán un evento dirigido a la afición celeste, que de esta manera tendrá la oportunidad de conocer a los nuevos futbolistas del cuadro de Chacho Coudet antes del comienzo de la competición.

Excarcelados los dos ocupantes de un turismo después de sufrir una salida de vía y chocar contra un hotel en Poio

0

La alerta se activó en el 112 Galicia a las 12:40 horas de hoy después de la llamada de una persona particular que advertía de un vehículo que chocó contra un hotel en la Avenida del Laño, en Poio.

Ante la posibilidad de que hubiera personas atrapadas en el interior del turismo, el personal del 112 Galicia avisó a los Bomberos del Salnés y a los miembros del GES de Sanxenxo, que, efectivamente, liberaron a los dos ocupantes del turismo. Según la información facilitada por los equipos de intervención que acudieron al lugar, el coche salió de la vía y finalizó volcado lateralmente, lo que dificultaba que sus ocupantes pudieran salir por sus propios medios.

Una vez liberados, los heridos pudieron recibir asistencia médica por parte de los profesionales de Urgencias Sanitarias de Galicia-061. En el operativo también colaboraron los agentes de la Guardia Civil de Tráfico y efectivos de Protección Civil de la localidad. Desde el 112 se informó a los Bomberos de Pontevedra y los agentes de la Policía Local, por si fuera necesaria su colaboración.

Conviene indicar que, durante la comunicación con los gestores de emergencias, el testigo del accidente indicaba que ninguna de las personas que se encontraba en el hotel resultó herida. Además, no apreciaba indicios de que la colisión pudiera dañar la estructura de la edificación.

A programación de concertos continúa con Lola Índigo, esta noite en Castrelos

0

A artista granadina comezará as 22:00 horas

Na rolda de prensa realizada esta mañá polo rexedor vigués, realizou un repaso as actuacións musicais que o Concello ten programado durante esta semana. Hoxe, luns 8 de agosto, subirase o escenario de Castrelos, Lola Índigo, que comezará a súa actuación as 22:00 horas, sobre o que Abel Caballero sinalou que “todo Vigo está convidado a este concerto magnífico”.

O xoves 11 de agosto, coincidindo co inicio de O Marisquiño, chegará a Vigo o grupo Hijos de la Ruina, que contarán ca actuación previa de Wöyza as 21:30 horas. O domingo 14 será a cita de Hombres G, que actuará as 22:00 horas. Ademais, este martes as 20:00 horas terá lugar o último concerto infantil «I love Rock & Roll».

O BNG demanda explicacións da Xunta e do Concello de Vigo polas verteduras nos ríos Eifonso e Barxa durante as catas da nova variante da A-52

0

A fronte nacionalista esixe que ambas administracións respondan polos vertidos rexistrados nas prospeccións xeolóxicas, tal como denuncian a veciñanza e colectivos ambientais

Alexandra Fernández: “O Goberno galego ten que aclarar se deu autorización e explicar que vai facer fronte á evidencia destas verteduras”

Xabier P. Igrexas: “Hai que actuar con contundencia contra quen se atreve a utilizar dous ríos como sumidoiro e avanzar na protección destes importantes cursos fluviais”

O Bloque Nacionalista Galego demanda explicacións da Xunta de Galiza e do Concello de Vigo polas verteduras producidas nos pasados días nos ríos Eifonso e Barxa como consecuencia dos traballos preliminares para o proxecto de nova variante da A-52. A fronte nacionalista interpela a ambas administracións para que respondan pola contaminación destes cursos fluviais, denunciada pola propia veciñanza e por colectivos ambientais, e chama a avanzar na protección destes importantes espazos naturais.

“Vimos de trasladar unha pregunta dirixida a Augas de Galiza para que dea explicacións sobre que está pasando nestas catas xeolóxicas”, subliñou a deputada do BNG no Parlamento galego, Alexandra Fernández, que pide ao Goberno galego que confirme se autorizou estas verteduras en ambos ríos e, en caso contrario, que explique que actuacións tomou contra as empresas responsábeis.

Os vertidos foron rexistrados á altura do tramo onde se proxecta o túnel de Chan da Cruz, de máis de tres quilómetros, previsto na nova variante da A-52. Unha infraestrutura que, a xuízo das nacionalistas, terá un “enorme” impacto ambiental e urbanístico nas parroquias viguesas de Bembrive, Beade, Sárdoma e Castrelos, nas que existe un amplo rexeitamento por parte da veciñanza. “Son os primeiros impactos apenas estando nunha fase de estudio dunha obra que arruinaría o periurbano vigués cando hai alternativas menos agresivas e máis económicas”, lamentou a deputada nacionalista.

Os ríos non son sumidoiros

Na mesma liña, o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, solicitou ao goberno de Abel Caballero que facilite o acceso íntegro ao expediente municipal para autorizar as catas, do que só se coñece polo momento o permiso para ocupar a vía pública durante os traballos. “Se de por si é intolerábel o feito de que se utilicen estes ríos como sumidoiro, inaceptábel tamén é a falla de resposta por parte de ambas administracións”, denunciou o voceiro municipal nacionalista.

Igrexas pediu actuar con “absoluta contundencia” fronte a este tipo de atentados ambientais.  Neste sentido, chamou a protexer estes ríos polo seu “elevadísimo” valor ambiental e natural como os cursos fluviais mellor conservados da cidade e afluentes do río Lagares. “Cómpre protexelos non só con declaracións e afirmacións baleiras, senón actuando de maneira decidida para impedir que este tipo de verteduras se volvan repetir”, afirmou.

Protexer os ríos Eifonso e Barxa

Desde a fronte nacionalista lembraron a negativa do goberno de Abel Caballero a reforzar a protección dos ríos Eifonso e Barxa a proposta do BNG, que trasladou unha moción ao Pleno de abril para a súa declaración como Espazos Naturais de Interese Local (ENIL), recollendo as demandas de colectivos veciñais e ambientais como Avibe, Bembrive en Pé, Adega, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace e Amigos da Terra. Unha fórmula legal coa que o BNG buscaba valorizar e protexer tanto a biodiversidade natural como os elementos de carácter patrimonial e etnográfico presentes nestes cursos fluviais, mais que contou co rexeitamento do Goberno local que insiste nesta nova variante da A-52 malia o evidente impacto sobre o rural de Vigo e pese a existir alternativas máis sustentábeis a nivel económico e ambiental.