A programación de concertos continúa con Lola Índigo, esta noite en Castrelos

A artista granadina comezará as 22:00 horas

Na rolda de prensa realizada esta mañá polo rexedor vigués, realizou un repaso as actuacións musicais que o Concello ten programado durante esta semana. Hoxe, luns 8 de agosto, subirase o escenario de Castrelos, Lola Índigo, que comezará a súa actuación as 22:00 horas, sobre o que Abel Caballero sinalou que “todo Vigo está convidado a este concerto magnífico”.

O xoves 11 de agosto, coincidindo co inicio de O Marisquiño, chegará a Vigo o grupo Hijos de la Ruina, que contarán ca actuación previa de Wöyza as 21:30 horas. O domingo 14 será a cita de Hombres G, que actuará as 22:00 horas. Ademais, este martes as 20:00 horas terá lugar o último concerto infantil «I love Rock & Roll».