Herida una persona tras ser atropellada en la Avenida de Madrid de Vigo

0

Los hechos tuvieron lugar sobre las 10.30 horas y fueron los propios servicios sanitarios los que alertaron del incidente al Centro Integrado de Atención ás Emerxencias

Una persona ha resultado herida en la mañana de este miércoles tras ser atropellada en la Avenida de Madrid de Vigo.

Según informan desde el 112 Galicia, los hechos tuvieron lugar sobre las 10.30 horas y fueron los propios servicios sanitarios los que alertaron del incidente al Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE). Una ambulancia se estaba desplazando hasta el número 210 de la Avenida de Madrid debido a que un vehículo había alcanzado a un peatón.

El accidente se puso en conocimiento también de los Bomberos de Vigo y de la Policía Local para prestar apoyo a los servicios médicos.

A Deputación entrega este venres os Premios Provinciais á Xuventude

0

A gala, á que asistirá o presidente Luis López, celebrarase no Salón de Plenos  do Pazo Provincial ás 19:00 horas. Estará conducida pola xornalista Patricia Bea e contará coa actuación musical da exgañadora do premio a mellor traballo musical Ainhoa Mosquera

A Deputación de Pontevedra celebra este venres ás 19:00 horas no Salón de Plenos do Pazo provincial a gala de entrega dos Premios Provinciais á Xuventude. Durante o evento daranse a coñecer os traballos gañadores nas nove categorías das que se compoñen e que supoñen un reparto de ata 36.000 euros entre as mellores iniciativas dos 77 traballos presentados. Ao evento acudirán o presidente da Deputación, Luis López, e mais o deputado de Xuventude, Jorge Cubela. Estará conducido pola xornalista Patricia Bea e contará coa actuación musical de Ainhoa Mosquera, antiga gañadora dos Premios Provinciais á Xuventude na categoría de traballo musical en 2021.

A través destes galardóns, a institución provincial busca estimular e promover a creatividade da mocidade da provincia no ámbito sociocultural, así como amosar o seu compromiso no eido da loita contra o cambio climático e a recuperación do medio ambiente. Puideron optar aos Premios Provinciais á Xuventude mozos de entre 16 e 35 anos e, no caso da categoría de Reacción polo Clima, centros educativos nos que participe alumnado de entre 12 e 18 anos.

En total presentáronse 77 traballos que foron avaliados por cadanseu xurado nas distintas categorías. Deles, 22 foron traballos literarios breves, 21 fotografías orixinais, 17 proxectos de investigación, 6 foron candidaturas á categoría de banda deseñada, 4 á de traballo musical, 3 traballos na de educación en valores; 2 propostas en deseño e moda e unha nas categorías de contido audiovisual e Reacción polo Clima, de denuncia do cambio climático.

As mozas e mozos gañadores, ademais da contía económica, recibirán uns galardóns de cerámica elaborados polos usuarios da Asociación Alba de Familiares e Amigos de Enfermos Psíquicos de Pontevedra. Esta entidade emprega as instalacións da Cidade Infantil Príncipe Felipe grazas á colaboración da Deputación co Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) para o desenvolvemento dun curso de olaría e cerámica.

O goberno da Deputación dará un impulso á Xuventude durante o mandato

A aposta pola Xuventude do mandato de Luis López materialízase coa creación dun novo servizo de Xuventude e Reto Demográfico, que contará no 2024 cun orzamento de 1,2 millóns de euros. Entre as iniciativas que liderará enmárcanse, ademais destes Premios da Xuventude, unha nova batería de axudas, dotadas de 230.000 euros, para o impulso de actividades xuvenís, investimentos relacionados coa mocidade, e para os centros educativos.

“A Rabia”, el último cortometraje de Alberto Díaz, candidato a los Premios Goya

0

El corto, basado en la historia real de la bisabuela del director, narra a través de los ojos de la protagonsita la crudeza de la vida en una aldea del interior de Galicia

“A Rabia” ha cosechado un gran éxito en los 57 festivales, nacionales e internacionales, en los que ha sido seleccionado y donde se ha alzado con el premio en 8 ocasiones. Tanto es así, que es uno de los proyectos candidatos al Premio Goya en la categoría de Mejor Cortometraje de Ficción. La cinta también está incluida en el catálogo de “Shorts from Galicia” de este año y ha estado nominada a los Premios Mestre Mateo.

Alberto Díaz, productor de cinco largometrajes y que ya prepara uno más como director, ha escrito junto a Ángela Andrada este cortometraje basado en la sobrecogedora historia real de la bisabuela del director en una aldea lucense a finales del siglo XIX. En él, nos presentan a Filomena, la protagonista de una vida teñida de pobreza y de una triste sombra de calamidad y tormento, cuyos terribles acontecimientos vividos durante su infancia marcarán el carácter de su existencia, aunque el destino siempre guarda una segunda oportunidad. 

El reparto está formado por actores y actrices gallegos tan reconocidos como Antonio Durán “Morris”, Xosé Antonio Touriñan, María Vázquez, Gemma do Carmo o Jorge Casas. Pero también por futuras promesas del cine como Zoe García, en el papel de Filomena, o Samuel Piñeiro, que interpreta al hermano de la protagonista.

El proyecto ha sido producido por Mordisco Films, Montreux Entertainment, Pasajes Invisibles, Zampano Producciones y la distribuidora Yaq Distribución. La banda sonora es obra de la compositora gallega Carme Rodríguez. El director, con su cuarto trabajo, busca una estética tremendamente cuidada en forma, sonido y música para tratar de llevarse el tan deseado Premio Goya. 

Sobre Alberto Díaz

Alberto Díaz López (Bóveda, 1984), co-guionista, director y productor de “A Rabia” ha disfrutado como artista en la residencia en la Real Academia de España en Roma para la creación de un ensayo documental de título “Lembranza”. Obtuvo una de las becas de la Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) para el cortometraje “Exhalación” y una de las ayudas de producción sobre proyecto del ICAA para “A Rabia”. El director se encuentra siempre situado en el triángulo de lo poético, lo sensorial y lo filosófico. 

Como director y productor suma 2000 selecciones y 350 premios. Ha sido productor de los largometrajes “Dos amigos”, “Invierno en Europa”, “The Book”, “A diente de perro” y “Welcome to ma Maison”. 

Volve á Praza de Abastos do Calvario o mercado de Nadal ‘Non todo o pescado está vendido’

0

Será de entrada libre o vindeiro 3 de decembro en horario de 11 a 20 horas

O mercado de Nadal ‘No todo el pescado está vendido’ está de volta na Praza de Abastos do Calvario. Un Mercado que volve a estar marcado pola carga artística dos expositores, onde se poderán ver a súas obras nos bancais das peixeiras. As disciplinas que destacan ese día, 3 de decembro, son: pintura, ilustración, textil, xoieria, serigrafia.

Este mercado acollerá a máis de 60 expositores galegos con moitas gañas de mostrar o seu traballo. Artistas que foron seleccionados entre mais de 200 propostas. Dende a organización agradecen a gran acollida, entre os diferentes artistas de toda Galicia, que ano tras ano, mostran o seu interese por participar no Mercado, quedando sen prazas o pouco de abrir a convocatoria.

Nesta edición haoi unha novidade, abriráse o 1º Andar do Mercado cun espazo adicado o Mercado Textil, e A cantina, da man de, Pasito a Pasito e Outro Conto. Unha oportunidade para apoiar e coñecer o traballo artesanal e individual destes artistas e adquirir obras únicas, inclusive agasallos de Nadal.

Durante todo o día, habera diferentes actuacións. O mercado será de entrada libre o vindeiro 3 de decembro en horario de 11 a 20 horas.

Marta Fernández-Tapias subliña a firme aposta do goberno provincial pola promoción do deporte en Vigo

0

A vicepresidenta reúnese na sede de Vigo con clubs deportivos da cidade que participan en competicións de ámbito inferior a estatal e que se benefician dun total de 156.127 € de recursos da Deputación

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, mantivo na tarde noite de onte unha xuntanza con clubs deportivos da cidade que participan en competicións de ámbito inferior a estatal e que se benefician dun total de 156.127€ de recursos da Deputación. “A nosa aposta polo deporte non é soamente unha simple declaración de intencións. É unha realidade” afirmou Fernández-Tapias durante o acto no que detallou que en Vigo reciben estas axudas 123 clubs que se suman a outras 163 entidades do sur da provincia que se beneficiarán doutros preto de 200.000 € da Deputación para facer fronte a gastos federativos, de desprazamentos, de persoal, sanitarios ou de material para participar en competicións.

“Non imos escatimar recursos para o deporte”, informou a vicepresidenta que avanzou que, no 2024, o orzamento provincial neste ámbito ascenderá a 9,5 millóns de euros, un 20% máis que este ano, con 5,5 millóns destinados a partidas específicas para o fomento do deporte e outros 4 millóns para o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. “Duplicamos –engadiu- os recursos para converter á provincia en escenario de grandes eventos deportivos, pasando dos 640.000 destinados a este fin este ano aos máis de 1,2 millóns de euros que investiremos no 2024”. Amais, e na parte que abrangue directamente aos clubs deportivos, a vicepresidenta adiantou que os clubs de elite da provincia e o deporte de competición federado e preferente contará no 2024 con máis de 1,3 millóns de euros, cun crecemento do 4% na partida destinada ao deporte federado e do 14% na destinada a deportistas de alto nivel e olímpicos.

No concello de Vigo son 123 os clubs beneficiados das axudas para participar en competicións de ámbito inferior a estatal, que se repartirán 156.127€. Entre eles, figuran os clubs Peña Trevinca, Judo Club Galicia Sur, Club Peñasco, Club Deportivo Flic Flac, Colegio Hogar San Roque; Club Baloncesto Salesianos, Montañeiros Celtas, Seis do Nadal Balonmán; Comesaña Sporting Club, Rápido de Pereiro; Vigo Rugby Club; Terra dos Mares; Club Polideportivo Alertanavia; Club Deportivo La Guía; Arenas de Alcabre Sociedad Cultural Deportiva; Club Deportivo do Colexio Mariano; Escuela Kiap; Club Deportivo Coia; Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida; AD Centro Budo-Castrelos; Club de Bádminton Cíes; Comesaña Sporting Club ou Club Novo Básket Vigo entre outros.  

En Redondela contarán con estas achegas 20 clubs. Suman 24.339€ e beneficiarán ao Círculo Cultural Recreativo de Chapela; Club Nenos da Coca; Club Atlético Deportivo Villar; Club Billar na Lúa; Club Petanca San Xoán; Sociedade de Cazadores Cazarco; Club de Tenis Redondela; Club de Natación Redondela; Peña Cultural e Deportiva Blanco e Negro; Asociación Deportiva Car; CBF As Choqueiras; Campito FS; Club Patinaxe Artístico Arealonga de Chapela; Liavi Kick Boxing Club; Grupo Casa Paco 81; Arealonga FS Chapela; Club Baloncesto Redondela; CD Balonmán Chapela; Club Patinaxe Artístico Bolboreta-Redondela e o Chapela Club de Fútbol.

E no caso de Gondomar, as axudas suman 18.619€ e irán a parar a 19 entidades: o Club de Bolos A Xunqueira; Club de Bolos San Miguel de Peitieiros; Club A Toxeira; Club de Bolos Peitieiros; Mr Bikes; Club Ciclista de Gondomar; Sociedade de Bolos San Vicente de Mañufe; Club Deportivo Vincios; Club Vincios Fútbol Sala; Club Ciclista Osdosacho; Club de Bolos Gondomar; Club de Bolos San Cibrán; Sociedade de Caza e Pesca a Gondomariense; Club Laroca; Club de Fútbol Deportivo Chaín; Patinaxe Artística Gondomar; Sociedade Atlética Val Miñor; Gondomar CF e Gondomar Fútbol Base.

Por outra banda, en Tui son 15 as entidades que contarán con axudas por importe de 20.671€. Trátase do Club de Xadrez Infortui; Club Ciclista de la Fuente; Sociedade de Caza Tudense; Club Náutico Inclusivo Baixo Miño; Club de Patinaxe Artístico Ribex; Clube de Atletismo Tui; CD Ribadelouro; Club Deportivo Tui Fútbol Sala; Sociedade Deportiva Tui; Club Náutico San Telmo; Club Deportivo Caldelas; Tyde FC; Club Bádminton de Tui e a Quinta de Tui Futsal.

En Nigrán terán achegas 14 clubs por 16.306€, dos que seis son de bolos: Sociedade Deportiva de Bolos O Cean; San Roque; Santiago de Parada; Club Bolos Camos; o Santa Eulalia e o Unión Polideportiva Bolos da Carrasca. O resto repártense entre o Club de Tenis Nigrán; a Sociedade Deportiva Abetos Fútbol Sala; o Club de Tenis A Tobeira; o Acroclub Nigrán; a Unión Recreativa Empleados de la Caja; o Club Baloncesto Nigrán; o Club Racing Vilariño e a Escola Deportiva Valmiñor.

En Mos as axudas, por 7.903€,  distribuiranse entre o Centro Cultural Deportivo As Pedriñas; Agrupación de Patinaxe Xiramos; Escuela Deportiva Lar; Santiaguiño de Guizán CD; Club Deportivo Alerta Sanguiñeda; Asociación CP A Rosaleira; Club Xadrez Mos; Club de Natación de Mos e o Club Hípico San Cosme. Ademais, en A Guarda o ADC Bogavante; o Club Ciclista In Situ; o Club de Petanca O Caldeiro; Club Unión Deportiva Guardesa; Club Polideportivo San Xerónimo Emiliani; Club de Tenis Codesal; Asociación Cultura Deportiva Albatros e o Club de Judo Baixo Miño repartiranse achegas por 7.900€.

Ademais, en Salceda de Caselas o Club Ciclista Aragonta; o Club Baloncesto Caselas; o Club Caselas FC; Sociedade Caza e Pesca Caselas; Club de Balonmán Caselas; Club Bádminton Caselas; Escolas Deportivas Municipais e a Escola de Fútbol DSF contarán con axudas que suman 11.369€. No que se refire a Soutomaior, recibirán achegas o Club Lume nus Cus; a Sociedade Caza A Peneda; Arcadia Escola de Fútbol; a Asociación Deportiva Tenis e Padel Soutomaior; Club Deportivo Arcade; Club Deportivo Soutomaior e o Kickboxing Club Arcade.

Por outra banda, en Baiona contarán con achegas os clubs de bolos A Rega, Belesar Urgal, Portamean, Medialdea e Estivada, así como o Baredo Birlos Club e o Club Baloncesto Baiona, cun investimento total de 6.215€, mentres que en Tomiño se beneficiarán o Club Arco do Trasno; o Tebra FC; o Club Bádminton Tomiño; a Sociedade Atlética do Trega; o Spartan Team; a Sociedade de Caza A Tomiñesa e o Goián FC, con achegas que suman 6.536€. E, no Rosal, a Deputación repartirá 4.640€ en achegas entre o Club 28 Gramos Baixo Miño; Club Ciclista O Rosal; Sociedad de Caza La Rosaleña e o Club Unión Deportiva Ribera.

No concello de Fornelos, son catro os clubs que se distribuirán achegas por un total de 2.749€. Trátase da Asociación Deportiva Fornelos de Montes; a Sociedade de Cazadores de Traspielas; a Sociedade Deportiva de Caza e Pesca da Laxe e a Sociedade Deportiva de Cazadores A Fornelense. Tamén en Salvaterra, repartiranse 2.794€ en achegas para o Club de Petanca O Condado; Escudería Surco e o Club de Patinaxe Artística O Condado.

Ademais, nas Neves recibirán axudas por un total de 2.85€ o Club Cornelios, o Fútbol Sala As Neves e o Nieves Fútbol Club e, en Oia a Sociedade de Caza Coto Mougas, o Club Deportivo Veteranos de Mougas e o Oiense CF Santa María contarán con achegas que suman en conxunto 1.946€.

Na Cañiza recibirán axudas por 2.347€ o Grupeta Pan de Zarko e o CF A Cañiza e, en Covelo, a Sociedade de Caza A Covelense e a Asociación de Cazadores Coto Suido tamén contarán con achegas por 1.510€. Por outra banda, en Mondariz beneficiaranse a Sociedade de Caza La Mondarizana e o Mondariz Club de Fútbol, con axudas que suman 2.602€.

En Crecente, a Sociedade de Caza San Pedro e o Club Sports Time tamén se beneficiarán das achegas deportivas, que suman un total de 1.699€. E por último, o Porriño Bádminton Club e o Club Patín Porriño contarán con achegas que suman un total de 1.806€.

Por outra banda, tres entidades do Porriño, (Porriño Industrial FC, Club Deportivo Pontellas e Asociación Cultural Deportiva Atios), outras dúas entidades de Ponteareas, o Club Cultural de Areas e Sociedad Deportiva Juvenil de Puenteareas e unha de Vigo, Club Deportivo Valladares, recibirán achegas por un total de 29.352€ para participar en competicións de fútbol preferente Galicia grupo Sur.

En total, son 620.000 euros os recursos mobilizados pola Deputación de Pontevedra para seguir a impulsar o tecido deportivo da provincia. Desta contía, 575.000 euros diríxese a 480 clubs de 54 concellos da provincia que participan en competicións de ámbito inferior ao estatal en deportes como fútbol, balonmán ou baloncesto, ata ciclismo ou motociclismo, pesca deportiva, esgrima, bádminton, rugby, xadrez, ximnasia rítmica, atletismo, tenis e tenis de mesa, natación, hípica, patinaxe, baile deportivo, padel, squash, montañismo, karate, kung fu, loita, judo, taekwondo, caza, bolos, petanca, halterofilia, boxeo, hóckey, pesca submarina ou esquí náutico. Pola súa banda 43.000 euros van dirixidos a 9 clubs de fútbol de 6 concellos que compiten no grupo Sur da liga Preferente de Galicia.

Más de 1.000 vehículos disponibles en CarOutlet Vigo del 17 al 19 de noviembre en el IFEVI

0

Disponibilidad inmediata en todo tipo de marcas, modelos y precios.

Esta cita se presenta como la alternativa perfecta para evitar los altos tiempos de entrega en vehículos nuevos

CarOutlet Vigo, el popular salón del vehículo usado y de ocasión, se presentaba esta mañana ante los medios para comunicar su décimo primera edición, que se celebra del 17 al 19 de noviembre en las instalaciones del Recinto Ferial de Vigo (IFEVI).

El director del certamen, Jose Enrique Elvira y el gerente del IFEVI, Arsenio Prieto, destacaron la importancia de este evento en el balance anual de ventas del sector, ya que reúne el extenso stock de los concesionarios oficiales de la comarca de Vigo, quienes pondrán a disposición del público más de 1.000 vehículos de todo tipo. Cada unidad está lista para su entrega inmediata y los concesionarios las irán reemplazando una vez vendidas, para ofrecer al público la mayor variedad posible.

Este evento se presenta como la solución perfecta para aquellos interesados en cambiar de coche antes de que finalice el año, especialmente teniendo en cuenta los largos plazos de entrega en vehículos nuevos. CarOutlet Vigo ofrecerá a los visitantes una amplia gama de marcas, modelos y precios, siempre con unidades en perfecto estado y listas para ser entregadas tras formalizar la compra. Los visitantes podrán comparar precios, prestaciones y comodidades en un mismo espacio, lo que facilita mucho la gestión de compra.

Por un simbólico precio de tan sólo 2 euros, se podrá acceder a una gran variedad de vehículos de ocasión pertenecientes a los concesionarios oficiales y con condiciones especiales ofrecidas con motivo de la celebración de esta 11º edición de CarOutlet Vigo. Además, el salón continúa un año más con su labor solidaria, donando el 50% de la recaudación a Aldeas Infantiles SOS.

CarOutlet Vigo abrirá sus puertas desde el viernes 17 hasta el domingo 19 de noviembre, con un horario de 16:00 a 21:00 h. el viernes, de 11:00 a 21:00 h. el sábado y de 11:00 a 20:00 h. el domingo. Las entradas estarán disponibles en la taquilla, con acceso gratuito para menores de 10 años.

Convocadas as axudas Incuvi ao Emprendemento para o alumnado da UVigo

0

As persoas interesadas poden enviar as súas solicitudes ata o luns 20 de novembro

Xa está aberto o prazo para presentarse a unha nova edición das axudas Incuvi ao Emprendemento da Universidade de Vigo: 12 axudas Incuvi Emprende  para aquelas ideas que se atopan no seu nivel de desenvolvemento máis básico; catro axudas Incuvi Avanza para os proxectos que xa teñen certo nivel de maduración e unha axuda Incuvi Consolida para que unha iniciativa xa constituída, que pasou polo programa Avanza,  poida, definitivamente, validar a súa idea de negocio e analizar a existencia dunha demanda real no mercado.

Tres tipos de axudas, segundo o grao de desenvolvemento da idea

As axudas Incuvi Emprende, que este ano acadan xa a súa duodécima edición, van dirixidas a apoiar as ideas emprendedoras que xurdan entre o estudantado e persoas recentemente tituladas pola Universidade de Vigo co fin de fomentar o espírito emprendedor e impulsar as habilidades e competencias emprendedoras entre a comunidade universitaria. Neste caso a axuda consiste na formación e titorización do equipo emprendedor durante un período de preincubación de seis meses, de febreiro a xullo, tempo no que elaborarán un modelo de negocio das ideas presentadas.

No caso das axudas Incuvi Avanza van dirixidas a acelerar os proxectos emprendedores de maneira que poidan validar a idea e analizar si existe ou non demanda real. Nesta caso a axuda consiste nunha achega económica de ata 1000 euros por proxecto, así como un completo programa de formación, mentorización personalizada e asesoramento no desenvolvemento da idea de negocio.

Dirixidas á consolidación de proxectos emprendedores viables, a IV axuda Incuvi Consolida permitirá que a persoa ou equipo beneficiario poida seguir madurando e desenvolvendo o seu proxecto. Para isto faráselle entrega dunha achega económica máxima de 1.000 euros que lle permitirán facer fronte aos custos derivados da consolidación do proxecto, así como a axuda dun equipo de mentores e mentoras que asesorarán os proxectos ao longo dun período comprendido entre seis e oito meses, desde febreiro a setembro 2024.

Amplo equipo de entidades colaboradoras

Impulsadas pola Universidade de Vigo, as axudas Incuvi contan desde os seus inicios cun amplo equipo de entidades patrocinadoras e colaboradoras, entre elas, Abanca, a Autoridade Portuaria de Vigo, Banco Santander, BBVA, CTAG (Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia) ou o Consorcio da Zona Franca de Vigo. Ademais, o desenvolvemento do programa vense beneficiando da colaboración con outras institucións, tales como a Asociación de Xoves Empresarios de Vigo, a Business Factory Food, Business Factory Aero e Business Factory Auto, a Fundación Celta, a Fundación Ronsel, a Tecnópole, ou a Xunta de Galicia, entre outras.

Solicitudes ata o 20 de novembro

O prazo de presentación das solicitudes, en calquera das tres axudas, manterase aberto ata o vindeiro luns 20 de novembro ás 23:59 horas (hora peninsular española) a través da Secretaría Virtual da UVigo.  As ideas emprendedoras poderán presentarse de xeito individual ou en equipo de catro persoas como máximo, unha das cales debe exercer como coordinadora. Na web poden consultarse os detalles dos requisitos e documentación necesaria para facer as solicitudes.

Ordenan el cierre de la discoteca del Palacio de la Oliva por carecer de licencia

0

El uso como discoteca está «explícitamente prohibido» en la normativa urbanística del Casco Vello de Vigo, donde está ubicado el inmueble, por lo que solo se obligó al cese de esa actividad

El concello de Vigo, en concreto, la Concellería de Urbanismo y Vivienda, ha ordenado el cierre de la discoteca del Palacio de la Oliva de la ciudad al carecer de licencia para esta actividad.

Tal como indican fuentes del gobierno, el cese se debe a la carencia de licencia para la actividad de música-discoteca, al no ajustarse esta a la autorización concedida, destinada a un uso sociocultural y recreativo y nunca ligada al ocio nocturno.

Cabe recordar que el local se inauguró a finales del año pasado en pleno Casco Vello de Vigo, contando con más de 4.500 metros cuadrados y una amplia oferta que incluye, también restaurante u organización de eventos.

La concejala de Urbanismo, María José Caride, señala que el Palacio de la Oliva realiza actividades que sí están permitidas en la licencia que se le fue concedida. Estas son todas aquellas relacionadas con la restauración, la cafetería, la realización de presentaciones o eventos, entre otras. Sin embargo, el uso como discoteca está «explícitamente prohibido» en la normativa urbanística del Casco Vello de Vigo, donde está ubicado el inmueble, por lo que solo se obligó al cese de esa actividad.

El TSXG reconoce por primera vez el derecho de los trabajadores a disfrutar de permisos para asistir a técnicas de preparación al parto

0

La Sala de lo Social del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ha confirmado, por primera vez, el derecho de los trabajadores a disfrutar de permisos retribuidos para asistir a técnicas de preparación al parto. De esta forma, el alto tribunal gallego ha avalado una sentencia emitida por el Juzgado de lo Social número 4 de Vigo en la cual se da la razón a un demandante de este derecho, representante legal del personal de una empresa.

El fallo de primera instancia, sin embargo, no reconoce a los hombres el permiso para acudir a exámenes prenatales, también solicitado por el demandante. El TSXG coincide “con el acertado criterio de la juzgadora de instancia” de no extender este permiso a los trabajadores varones y demás personas progenitoras que no son gestantes. Por lo tanto, ha desestimado el recurso interpuesto por el representante legal del personal de la empresa contra la sentencia del Juzgado de lo Social número 4 de Vigo, en el que demandaba que también se le reconociese el permiso para exámenes prenatales.

La Sala de lo Social del TSXG indica en la resolución que está de acuerdo con la argumentación de la juzgadora de primera instancia, quien considera que ambos permisos son, en su origen, en la Ley de Prevención de Riesgos Laborales de 1995, exclusivamente femeninos, pero destaca que “la evolución normativa, jurisprudencial y doctrinal acaecida desde entonces” le hace llegar a la conclusión de que el permiso para técnicas de preparación al parto “debe ser extendido a los trabajadores varones, pues en otro caso sería discriminatorio por razón de sexo, en aplicación de la doctrina contenida en la sentencia del Tribunal de Justicia de la Unión Europea (TJUE) de 30 de septiembre de 2010, Caso Roca Álvarez, C-104/09”.

Los magistrados del alto tribunal gallego avalan la diferencia entre un permiso y otro, pues subrayan que el permiso para exámenes prenatales “es un derecho de maternidad que, en atención a la habilitación concedida en la Directiva 92/85 de la Comunidad Europea, se puede reconocer solo a las mujeres embarazadas, y en estos términos se ha reconocido en la Ley de Prevención de Riesgos Laborales, el Estatuto del Trabajador y el Estatuto Básico del Empleado Público”. Y, respecto al permiso para asistir a técnicas de preparación al parto, afirman que “no encuentra habilitación para su carácter sexuado en la Directiva 92/85 de la Comunidad Europea”, por lo que concluyen, en base a la doctrina Roca Álvarez, que es “un derecho de conciliación que, como tal, no puede tener carácter sexuado, so incumplir la prohibición de discriminación”.

El TSXG explica, en cuanto al permiso para exámenes prenatales, que el artículo 9 de la Directiva 92/85 de la Comunidad Europea es “claro en el sentido de reconocer el derecho solo a las trabajadoras gestantes”. La Sala incide en que, en el derecho interno, “también lo son el artículo 25.5 de la Ley de Prevención de Riesgos Laborales y el artículo 48.e) del Estatuto Básico del Empleado Público”. Además, asegura que “en todas las normas de referencia el permiso se reconoce solamente `para la realización de exámenes prenatales´, no `para acompañar en la realización de exámenes prenatales´”.

La Sala de lo Social añade en la sentencia, respecto a los permisos para técnicas de preparación al parto, que “la propia redacción de las normas no excluye a los trabajadores padres y demás personas no gestantes, pues, mientras que obviamente estos no pueden ser sometidos a permisos prenatales, sí pueden asistir a las técnicas de preparación al parto, y desde la perspectiva del buen fin del proceso de maternidad/gestación, ello suele ser saludable recomendación”. La resolución no es firme, pues cabe presentar recurso ante el Tribunal Supremo.

A Área Sanitaria de Vigo aposta pola música para mellorar o benestar emocional dos pacientes

0

Hoxe tivo lugar o primeiro concerto na UCI do hospital, no marco do Acordo de Colaboración co Conservatorio Superior de Música de Vigo

Esta actividade enmárcase na estratexia de humanización que vense desenvolvendo para humanizar o coidado ao paciente en todo o proceso asistencial, especialmente en situacións críticas e de vulnerabilidade

A Unidade de Coidados Intensivos do Álvaro Cunqueiro acolleu hoxe un concerto no que un cuarteto de corda -2 violíns, 1 viola e 1 violonchelo- interpretaron varias pezas musicais.

Con este primeiro recital arranca a programación a desenvolver tras o Acordo de Colaboración asinado pola Área Sanitaria de Vigo co Conservatorio Superior de Música  co obxecto de levar a música aos pacientes hospitalizados no Álvaro Cunqueiro.

O acordo, asinado polo xerente da Área, Javier Puente, e o director do Conservatorio, Esteban Valverde, establece que o alumnado de máster e do Programa Erasmus xunto co profesorado do Conservatorio, ofreza recitais no hospital.

Tras a UCI, vanse ofrecer concertos noutras áreas como Neonatoloxía, Pediatría, Obstetricia e o Hospital de Día, entre outros.

Trátase dun medio de axuda para mellorar o estado de saúde dos pacientes e ofrecerlles unha atención integral durante a asistencia. Hoxe en día están demostrados os beneficios da música, que contribúe a mellorar a saúde mental e o benestar emocional do paciente.

Humanización dos centros sanitarios

Esta actividade enmárcase na estratexia que vense desenvolvendo nos últimos anos  para humanizar os centros sanitarios baixo o lema “Tratamos enfermidades, Coidamos persoas”. A humanización emerxe coa intención de equilibrar o crecemento tecnolóxico, priorizando os principios do humanismo no acto sanitario. Trátase de humanizar o coidado ao paciente en todo o proceso asistencial, especialmente en situacións críticas e de vulnerabilidade, contemplando tamén “coidar ao que coida”.

“La Traviata” de Verdi chega a Vigo o 3 de decembro

0

O Auditorio Mar de Vigo acollerá a ópera máis representada no mundo na programación desde outono inverno. Un espectáculo que reúne a máis de 80 persoas.

“La Traviata”, a ópera de Giuseppe Verdi, poderá gozarse no Auditorio Mar de Vigo o domingo 3 de decembro ás 19:00 horas da tarde. Trátase dunha produción exclusiva de Leonor Gago Artist Management, en colaboración coa Ópera Nacional de Moldavia.

Tal e como sinalou o rexedor, “La Traviata” estreouse o 6 de marzo de 1.853 no Teatro “A Fenice” de Venecia, baseada na novela de Alejandro Dumas “A Dama das Camelias”. A estrea foi un gran fracaso pero, meses despois, tras actuacións no Teatro Real de Madrid, no Liceo de Barcelona ou no Metropolitan de New York, entre outros, adquiriu un gran éxito, que perdura ata os nosos días. Nestes momentos é a ópera máis popular e máis representada no mundo.

A produción que chega ao Auditorio Mar de Vigo é fiel á escenografía tradicional, suma un equipo de máis de 80 persoas e conta cun elenco internacional de artistas, procedentes de diferentes partes do mundo.

Arte, cinema e música para conmemorar o 21 aniversario do MARCO

0

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo, MARCO, celebra o 21 aniversario da súa apertura cun programa especial de actos organizados os días 17,18,19 e 28 de novembro, tanto para nenos como para adultos. Arte, cinema, música e talleres son o eixo da extensa programación.

Abel Caballero presentou este martes o extenso programa de actos culturais co que os días 17,18, 19 e 28 de novembro o Museo de Arte Contemporánea de Vigo conmemorará o seu vixésimo primeiro ano de apertura.

O alcalde, tras destacar o “éxito” da programación e da actividade do museo, lembrou que a súa fundación conta cun orzamento de 725.00 euros. Recalcou que a maior parte da achega económica é do Concello e “por tanto, somos nós os financiadores en case a súa totalidade”.

O programa comeza ás 19.00 horas do venres 17 co taller para adultos ¿Quen é quen?, ao redor da exposición de Concha Martínez Barreto «Cando acaba o día”. Os nenos de 3 a 6 anos contarán o sábado 18 co taller: “Cada mochuelo ao seu olivo”, sobre a obra de Concha Martínez Barreto. Está programado para un máximo de 20 participantes. Desenvolverase de 11.00 a 12.30. A partir desta última hora outros 20 menores de 6 a 12 anos poderán participar no taller: “¿De que está feita a arquitectura?”. Desde as 12.00 horas desenvólvese a charla sobre “Intelixencia dixital. Pasado presente e futuro”, dentro do Festival Vertixe Sonora.

Tamén o sábado, ás 13:00 horas, será o concerto “Archón. Verbas do Demiurge”, dentro do Festival Vertixe Sonora. Pola tarde, de 19.00 a 20:30 horas proxectarase “Unha ponte coa lusofonía”, dentro do ciclo de cinema lusófono.

Os nenos tamén protagonizan os actos do domingo. Ás 12.00, os maiores de 5 anos poden participar no taller “Arquitectura no museo: un xogo de pistas e percorridos”.

A programación especial conclúe o martes 28 cun encontro sobre a obra e a figura do escritor Juan Giralt, dirixido polo seu fillo Marcos Giralt Torrente.

Todas as actividades son gratuítas. Desde este martes permanece aberta a inscripción.

Caballero: «O HALO adquire unha dimensión artística coa iluminación»

0

Abel Caballero asistiu este martes ao comezo das tres xornadas de probas globais da iluminación do ascensor HALO. Afirma que a estrutura será unha icona diúrna e nocturno de Vigo

O alcalde avanzou que o ascensor HALO, que coas últimas novidades “adquire unha dimensión artística”, érguese como unha icona de Vigo tanto de día, por ser unha “escultura”, como de noite coa iluminación do interior dos ascensores e do conxunto exterior das dúas semicircunferencias. “Desde o exterior obsérvanse a luz e as cores. Será a través do revestimento de vidro de toda a cuberta por onde a iluminación se vai transferir”, explicou.

Caballero detallou que se iluminarán 1.300 metros cadrados. Toda a pasarela contará con 220 luminarias e con 8.800 puntos led. O sistema instalado permitirá xerar unha iluminación artístico-escénica en función das conmemoracións que teñan lugar. “Pode haber luz fixa, con escenas fixas, e con animacións dinámicas coa representación de obxectos que se programen, como a bandeira de Vigo ou a cor do Celta”, detallou ao anticipar que o ascensor se vai a converter nunha “gran atracción na cidade”.

O rexedor asegura que, coa nova iluminación, «o HALO Vigo colócase entre as cidades con construcións destacadas como a Estación Central de Amberes, o parque do cincuentenario de Bruxelas, ou o Congreso dos Deputados». Amais, incidiu na complexidade do proceso de iluminación: “tecnicamente é complexo, xa que se trata de que a intensidade da luz sexa igual en toda a estrutura”. O proxecto avanza este mes na instalación dos aeroxeradores.

O novo ascensor conectará dúas áreas da cidade que agrupan a máis de 100.000 residentes, que pasarán a utilizalo nos seus desprazamentos. A obra está cofinanciada cos fondos europeos Next Generation EU a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, participou na presentación da segunda edición do Gastro Movida Summit

0

A cita reunirá en Vigo entre o 19 e o 21 de novembro a profesionais do sector gastronómico

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, participou na presentación da segunda edición do Gastro Movida Summit, unha cita que reunirá en Vigo entre o 19 e o 21 de novembro a profesionais do sector gastronómico. Na súa intervención, a responsable provincial de Vigo e a súa área de influencia, lembrou que a cidade ten “o mellor produto que existe e os chefs con máis talento. Son os ingredientes perfectos para que a cidade mostre o seu potencial e, ao mesmo tempo, se promocione como destino turístico”. A vicepresidenta provincial remarcou que “Gastro Movida é a panca perfecta para difundir contidos de valor da industria da gastronomía, e por iso desde a Deputación temos clara a importancia de apoiar e estar presentes en eventos como este, que fan que Pontevedra vaia a máis”.

La Real Filharmonía de Galicia en la Temporada de Música Clásica de Afundación

0

Afundación, la Obra Social de ABANCA, continúa con su Temporada de Música Clásica organizada en colaboración con la Sociedad Filarmónica de Vigo que se desarrollará hasta diciembre en el Teatro Afundación de Vigo. El siguiente concierto de la temporada será a cargo de la Real FIlharmonía de Galicia el próximo miércoles 22 de noviembre con un concierto bajo la batuta de Baldur Brönnimann y obras de R. Wagner y F. Berwald, y el estreno absoluto de Schattenhaft, un encargo de la Real Filharmonía de Galicia a Hugo Gómez-Chao que contará con la participación del alumnado de la EAEM Escola de Altos Estudos Musicais.

La Temporada de Abonos de Música Clásica está incluida en el programa solidario de Afundación «Cultura por alimentos», mediante el cual las personas que participen en las actividades de la Obra Social de ABANCA pueden donar alimentos no perecederos a modo de entrada solidaria en los contenedores habilitados al efecto. Esta iniciativa solidaria se desarrolla en cooperación con FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos) y gracias a ella se colabora con los bancos de alimentos locales en la labor que desarrollan.

LA PROGRAMACIÓN DE CONCIERTOS

Todos los recitales incluidos en la Temporada de Música Clásica tendrán lugar en el Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) a las 20.00 h. La Orquesta Sinfónica de Galicia pondrá el broche a la temporada el 21 de diciembre en un recital que contará con la mezzosoprano Lorena Valero bajo la batuta de Cristóbal Soler.

Denuncian a varios dueños de perros por tenerlos sueltos por la playa de Samil

0

La sanción económica a la que se enfrentan por este tipo de infracción puede oscilar entre 500 y 10.000 euros

El pasado día 12 de noviembre, en torno a las 12:00 horas de la mañana, agentes de la Policía Local de Vigo pertenecientes a la Unidad UMIR (Unidad medioambiental de Intervención Rural), procedieron a denunciar a 5 dueños de perros que estaban sin correa en la playa de Samil.

Desde la finalización de la época estival y pese a la advertencia en numerosas ocasiones a los infractores, muchos propietarios siguen sin llevar atados a sus perros cuando los pasean por los arenales de la ciudad, comportamiento que acarrea la denuncia y posterior sanción económica, que puede oscilar entre 500 y 10.000 euros.

La Policía Local salva a una mujer que se ahogaba a causa de un atragantamiento

0

El día 12 de noviembre, en torno a las 20:00 horas, la Policía Local de Vigo recibió un aviso desde la calle Roris en el que se informaba de una mujer de 66 años que se había atragantado mientras cenaba. La mujer presentaba serias dificultades para respirar, por lo que su acompañante dio aviso al 092.

Desplazados al lugar, la patrulla que se encontraba en las inmediaciones de esa calle, observó como la mujer no podía respirar y agarraba con sus manos la zona del cuello. Inmediatamente uno de los agentes procedió a realizar la maniobra de Heimlich. Tras conseguir que expulsara el objeto que le obstruía las vías respiratorias, se observó una notable mejoría, recobrando la respiración normal.

Mientras se esperaba la llegada de los servicios sanitarios y debido a que se encontraba en un estado de gran nerviosismo, la mujer fue tranquilizada por los policías actuantes. Tras su valoración, decidieron que no era necesario su traslado a un centro médico ya que la saturación de oxígeno en sangre era correcta y las vías respiratorias se encontraban totalmente ya liberadas.

O BNG acusa o Goberno de Abel Caballero de actuar de “forma mafiosa” co novo PXOM de Vigo

0

A fronte nacionalista denuncia que aínda non ten acceso ao documento de aprobación provisional do novo Plan Xeral, malia ter superado case tres veces o prazo legal

Xabier P. Igrexas: “Non lle imos consentir o Goberno de Caballero que impoña unha censura autoritaria e antidemocrática, o urbanismo vigués precisa de luz e taquígrafos”

O Bloque Nacionalista Galego acusa o Goberno de Abel Caballero de actuar de “forma mafiosa” co novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Vigo. A fronte nacionalista denuncia que o Goberno municipal aínda non lle facilitou acceso ao documento de aprobación provisional, malia ter superado case tres veces o prazo legal dende a solicitude realizada o pasado 31 de outubro.

“A concelleira de Urbanismo, María José Caride, ten que deixar de tratar o novo Plan Xeral como se fose un negociado familiar”, reclamou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, despois de reiterar esta demanda no Consello da Xerencia de Urbanismo celebrado este martes. “Non atender esta solicitude supón vulnerar os dereitos fundamentais de representantes electos”, advertiu, lembrando a obriga recollida no artigo 9 do Regulamento Orgánico do Pleno de facilitar acceso á documentación.

Igrexas subliñou a relevancia do documento de aprobación provisional, onde figuran as propostas de ditame das máis de 4 mil alegacións formuladas pola veciñanza e colectivos da cidade ao novo PXOM. “Que ten que esconder o Goberno de Caballero? Que é o que non quere que o BNG poidamos coñecer? Por que tanto esforzo por ocultar ese documento?”, cuestionou.

O portavoz nacionalista asegurou que “xa abonda de escurantismo” e chamou a poñer “luz e taquígrafos” no urbanismo vigués. “Urxe máxima transparencia para acabar cos abusos e a barra libre que levamos padecendo xa demasiados anos”, esixiu Igrexas, poñendo como exemplo os escándalos do “pelotazo” dos chalés de Cabo Estai ou as licenzas outorgadas ilegalmente durante o período de suspensión automática.

“Non lle imos consentir nin á señora Caride nin Abel Caballero que impoñan unha censura autoritaria e antidemocrática en relación ao Plan Xeral co que se quere definir o modelo de cidade para os vindeiros 15 anos”, remachou Igrexas.

Más de 30 pymes gallegas participan en una jornada formativa organizada por la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía junto a Amazon sobre digitalización e internacionalización

0

Más de 600 pymes ya están presentes en la tienda de Amazon y más del 55 % de ellas exportan

El presidente de la Cámara PVV, José García Costas, animó a las empresas a seguir creciendo en el canal digital, con Amazon como “aliado”

La Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía (PVV), Cámara de España y Amazon han organizado este martes 14 de noviembre un evento formativo, España a un Clic: Impulsando la digitalización de las pymes españolas, para potenciar la venta online entre las pymes de Galicia.

Más de 30 pymes gallegas han asistido hoy a esta formación gratuita, enmarcada en el programa Despega de Amazon, que está enfocado en ayudar a los emprendedores y pequeños empresarios a dar el salto a la venta por internet e impulsar sus ventas a través de distintos canales online. Por la parte institucional, asistieron el presidente de la Cámara PVV, José García Costas, y el gerente del ente cameral, Víctor Varela Caride; la concejala de Emprego e Igualdade del Concello de Vigo, Ana Laura Iglesias; el secretario territorial de la Xunta en Vigo, Fernando González Abeijón; el alcalde de O Porriño, Alejandro Lorenzo; y el gerente de la Cámara,  entre otros representantes.

En la actualidad, más de 600 pymes gallegas están presentes en la tienda de Amazon y más del 55 % de ellas exportan. En concreto, superaron en 2022 la cifra de los 30 millones de euros en exportaciones. De hecho, Galicia se encuentra entre las 10 comunidades autónomas con más pymes vendiendo en Amazon.

Así, con estas jornadas lo que se busca es favorecer el crecimiento de las pymes de la región, ayudándolas en su digitalización con el fin de incrementar sus exportaciones, su productividad y su competitividad. Además de potenciar la digitalización y el uso de los canales online entre las pymes, esta formación permite dar visibilidad a empresas locales que se hayan digitalizado con éxito.

En concreto, las 15.000 pymes españolas que venden ya en Amazon están repartidas por todo el territorio nacional. De hecho, más del 60 % de estas empresas tienen su sede en provincias de España que no son ni Madrid ni Barcelona. Y más del 15 % de estas pequeñas y medianas empresas están localizadas en municipios de menos de 10 000 habitantes. Alrededor del 30 % están en municipios de menos de 30 000 habitantes, contribuyendo a generar nuevas oportunidades y promoviendo el desarrollo económico y social de estas comunidades.

En este evento de formación, José García Costas, presidente de la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa, que dio la bienvenida al acto, destacó que el gran desafío, el acceso a un mercado internacional de millones de consumidores, a día de hoy, pasa por Amazon. “Y hoy, a través de esta jornada, se ha demostrado al tejido comercial y a las pymes y micropymes de diversos sectores que vender en Amazon no es un reto imposible”, añadió.

Asimismo, García Costas incidió en el gran potencial de las empresas de la demarcación de la Cámara, y gallegas en general, con “un gran campo de juego aún por conquistar en el canal digital, y debemos ver en él una oportunidad de crecimiento. Los empresarios y empresarias somos, ante todo, emprendedores y aspiramos al máximo crecimiento de nuestras empresas. Por eso, hoy os animo a emprender y seguir creciendo en el gran mercado digital”.

Casos de éxito: Nenel, Acemelia y Jandei

La jornada de formación del 14 de noviembre comenzó con dos sesiones formativas sobre cómo empezar a vender online y cómo reforzar la marca digital a través de las herramientas que puede ofrecer Amazon, seguida de una mesa redonda en la que empresas de la región como Nenel, Acemelia y Jandei compartieron su experiencia y éxito vendiendo online.

En concreto, Nenel es una pyme familiar viguesa que confecciona, de forma artesanal y tradicional, textiles y complementos para bebés. Con casi una veintena de empleados, venden sus productos hechos en España por toda Europa: “Amazon es un gran escaparate para las pymes y nos ha ayudado a internacionalizar nuestro negocio. Ahora vendemos en países como Francia y Alemania”, ha destacado Ainara Costas, Gerente de Cuenta Amazon de Nenel. 

Mientras, Acemelia es una pyme ubicada en Vigo que fabrica y vende productos cosméticos (productos de belleza como cremas, champús y bálsamos) hechos con aceite de camelia BIO de Galicia. “El comercio electrónico nos ha dado mucha visibilidad y nos ha permitido vender tanto en España como en otros países. Crecemos un 30 % todos los años”, ha explicado Pablo Mansilla, fundador de Acemelia.

Y Jandei es una pyme familiar afincada en A Coruña que vende iluminación LED. Javier Núñez, responsable del área de marketplace de Jandei, ha explicado que apostaron por la venta online en Amazon en 2014 y que, desde entonces, no han dejado de crecer: “El comercio electrónico nos ha ayudado a incrementar nuestras ventas y a vender fuera. El 50 % de lo que vendemos son exportaciones”, ha remarcado. Para cerrar esta formación, los asistentes también pudieron disfrutar de una exposición de productos de estas pymes locales que forman parte de España a un Clic, una tienda dentro de Amazon.es que cuenta con una amplia selección de productos vendidos por pequeñas y medianas empresas nacionales de todas las regiones de España. Estos foros y encuentros, además, continuarán durante el próximo año en ciudades como Málaga, con la colaboración de la correspondiente cámara de comercio territorial, junto a Amazon.

Todos os menores con diabete do Álvaro Cunqueiro dispoñen de monitorización de glicemia

0

O hospital conta coa tecnoloxía máis avanzada para  evitarlles aos nenos e nenas as múltiples picadas que tiñan que realizarse para medir a glicemia en sangue, mellorando asi a súa calidade de vida

A Área Sanitaria de Vigo e a Asociación Anedia conmemoraron o Día Mundial da Diabetes

A Unidade de Diabetes Infanto-Xuvenil do servizo de Pediatría atende a 150 pacientes menores de 16 anos

Con motivo do Día Mundial da Diabetes que se conmemora hoxe, profesionais do Chuvi xunto coa Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia (Anedia) organizaron mesas informativas nos hospitais para visibilizar esta enfermidade, sobre todo nos menores, e informar sobre os avances tecnolóxicos que axudan aos pacientes no control desta patoloxía e melloran a súa calidade de vida e a dos seus coidadores.

A Unidade de Diabete Infanto-Xuvenil do Hospital Alvaro Cunqueiro está composta por un Pediatra especialista en Endocrinoloxía infantil e un enfermeiro educador. No momento actual,  atenden a 150 nenos e nenas menores de 16 anos con diabetes tipo 1.  Anualmente diagnostícase entre 15 e 20 novos casos na Área Sanitaria de Vigo.

O  Álvaro Cunqueiro conta coa tecnoloxía máis avanzada para evitarlles aos nenos e nenas as múltiples picadas que tiñan que realizarse para medir a glicemia en sangue, mellorando asi a súa calidade de vida.

100% dos pacientes con motorización de glicemia

Así, a día de hoxe, todos os pequenos pacientes do CHUVI dispoñen de monitorización de glicemia; isto é, sensores implantados no pel que lles permiten realizar todas as medicións de glicosa que desexen sen necesidade de picarse. 

Este dispositivo almacena esas medicións, coa data, hora, e resultado dese control; tamén conta cun sistema de alarmas de xeito que os pacientes, os seus coidadores e os profesionais sanitarios dispoñen de toda esa información en tempo real, permitíndolles tomar decisións en canto aos tratamentos.

68% con bombas de insulina

Ademais, dado que todos os menores con diabetes son pacientes crónicos, dependentes da insulina, que necesitan inxectarse esta hormona entre 4 e 6 veces ao día, tamén ofértaselles a utilización dos infusores subcutáneos continuos de insulina, as chamadas bombas de insulina. De feito, o 68% dos pacientes son usuarios de bomba de insulina. Trátase dun sistema que regula e administra a cantidade da insulina de xeito automático tras a integración dos valores de glicemia obtidos polo sensor. Así, se o sistema prevé ou detecta que o paciente vai presentar unha hipoglucemia, suspende a infusión de insulina, mentres que se está en hiperglicemia pode incrementar a dose a administrar.