Será de entrada libre o vindeiro 3 de decembro en horario de 11 a 20 horas
O mercado de Nadal ‘No todo el pescado está vendido’ está de volta na Praza de Abastos do Calvario. Un Mercado que volve a estar marcado pola carga artística dos expositores, onde se poderán ver a súas obras nos bancais das peixeiras. As disciplinas que destacan ese día, 3 de decembro, son: pintura, ilustración, textil, xoieria, serigrafia.
Este mercado acollerá a máis de 60 expositores galegos con moitas gañas de mostrar o seu traballo. Artistas que foron seleccionados entre mais de 200 propostas. Dende a organización agradecen a gran acollida, entre os diferentes artistas de toda Galicia, que ano tras ano, mostran o seu interese por participar no Mercado, quedando sen prazas o pouco de abrir a convocatoria.
Nesta edición haoi unha novidade, abriráse o 1º Andar do Mercado cun espazo adicado o Mercado Textil, e A cantina, da man de, Pasito a Pasito e Outro Conto. Unha oportunidade para apoiar e coñecer o traballo artesanal e individual destes artistas e adquirir obras únicas, inclusive agasallos de Nadal.
Durante todo o día, habera diferentes actuacións. O mercado será de entrada libre o vindeiro 3 de decembro en horario de 11 a 20 horas.

