Abel Caballero inaugurou esta mañá a última fase da humanización da rúa Aragón

0

O rexedor sinalou que “completamos a humanización de toda a rúa con unha inversión 7.350.000 euros”

Trátase dunha actuación en 310 metros de rúa, desde o número 185 de Aragón ata o cruce con Travesía Rosais, con un importe de máis de 623.000 euros.

Realizouse a pavimentación en beirarrúas e a renovación de redes de saneamento e abastecemento e coa incorporación dunha nova rede de iluminación. A maiores deseñáronse novas zonas axardinadas coa incorporación de mobiliario urbano. Caballero explicitou que con esta humanización, a rúa Aragón “convertese nun gran vía urbana, chea de vexetación e esculturas”.

O alcalde tamén expuxo que “van a moi bo ritmo” as obras do Vigo Vertical que está a desenvolver o goberno local na zona, co ascensor desde Travesía á igrexa de Santo Cura de Ars e posteriormente unha rampla ata Aragón, cun importe ambas actuacións de 1.600.000 euros.

atlanTTic lanza un novo premio á mellor tese do Estado en homenaxe aos profesores Manuel Ramos e Fernando Isasi

0

O prazo de presentación de candidaturas está aberto ata o 31 deste mes de outubro

O traballo gañador, que debe centrarse no eido das tecnoloxías de telecomunicación, recibirá 2000€

O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, acaba de lanzar a primeira edición dun novo premio que levará os nomes dos profesores Manuel Ramos e Fernando Isasi. O certame, que busca a mellor tese de todo do Estado relacionada coas tecnoloxías de telecomunicación, renderá así homenaxe aos dous docentes da EE de Telecomunicación e investigadores de atlanTTic falecidos en maio de 2022, no caso de Ramos, e en agosto de 2023, no de Isasi. 

O premio ponse en marcha contando coa colaboración da sección española do IEEE, Institute of Electrical and Electronics Engineers, co obxectivo de “recoñecer o labor realizado por aquelas persoas investigadoras cuxa tese de doutoramento represente un avance significativo no eido das tecnoloxías de telecomunicación”. Este premio recoñecerá aquelas achegas que, baseadas na innovación, a creatividade, a orixinalidade e o rigor científico, presentan unha alta capacidade de avance no coñecemento producido no eido das tecnoloxías de telecomunicación. Ademais, dende atlanTTic tamén apostan porque o galardón se converta nun estímulo complementario para as persoas investigadoras que traballan neste campo. 

A primeira convocatoria, para as e o s que defendesen a tese en 2022

Esta primeira convocatoria do premio consistirá nun único premio cunha dotación económica de 2000 euros e poderán concorrer ao certame todas as persoas en posesión dun título de doutoramento, de calquera nacionalidade, que defendesen a súa tese no eido das tecnoloxías de telecomunicación, en concreto comunicacións, servizos dixitais e/ou ciberseguridade, en calquera universidade española entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022. Os seus traballos deben ter obtido a máxima cualificación, excelente cum laude, e ademais deben ter publicado dous artigos JCR Q1/Q2 ou, no seu defecto, dispor dunha patente en explotación, por un resultado da investigación realizada no contexto da tese. 

Para presentar as candidaturas é preciso cubrir o formulario en liña neste enlace, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo a través da instancia xenérica (SXER) existente na sede, e por como asunto “premio ATLANTTIC-Tese Doutoral”. O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 31 deste mes de outubro. No formulario en liña achegarase un certificado do centro onde se leu a tese de doutoramento no que se recolla título, autor, data e cualificación, un currículo e un resumo e breve explicación da relación do traballo realizado coas tecnoloxías de telecomunicación, facendo especial fincapé nos aspectos orixinais e innovadores e nos resultados obtidos. 

A selección das propostas será efectuada por unha comisión de avaliación que terá en conta para a toma da decisión aspectos como as publicacións de impacto en revistas JCR de gran relevancia en tecnoloxías de telecomunicación; as publicacións de impacto en congresos internacionais de gran relevancia no eido das tecnoloxías de telecomunicación; os resultados de transferencia, patentes e aplicacións comerciais en relación coa tese; ou os premios recibidos, proxectos xerados a partir da tese e outros méritos como estadías no estranxeiro ou financiamento recibido.

A comisión de avaliación estará composta por persoas de especial relevancia no eido das tecnoloxías de telecomunicación e, a súa composición, será publicada unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes.

El PP de Vigo pide al Gobierno local que revise los árboles en los parques y colegios de la ciudad para comprobar su estado y evitar su caída

0

El concejal Miguel Martín exige saber si desde la Concejalía de Parques y Jardines se ha tomado algún tipo de medida y si se ha puesto en marcha el plan de prevención que se le reclamó en comisión informativa

El edil popular señala que en apenas dos meses se han producido episodios muy graves relacionados con este tipo de incidentes, como el sucedido en la Gran Vía que provocó el ingreso de una mujer en la UCI

El PP de Vigo, a través de su concejal Miguel Martín, ha solicitado al Gobierno local que revise los árboles de los parques y colegios de la ciudad para comprobar su estado y evitar su caída. Se ha pronunciado en estos términos después de que la pasada noche se precipitase un olmo de grandes dimensiones sobre unos columpios infantiles.

En este sentido, el edil popular se ha preguntado si desde Praza do Rei están esperando a que “tengamos que lamentarnos por algún hecho trágico que se hubiera podido evitar” para tomar algún tipo de medida. Además, ha exigido saber si desde la Concejalía de Parques y Jardines se ha puesto en marcha un plan de prevención del arbolado vigués, tal y como se le reclamó desde el Partido Popular en comisión informativa.  

Martín ha puesto el acento en que, en apenas dos meses, se han producido varios accidentes en la ciudad por este tema, para citar la caída de una rama de gran tamaño en el vehículo de una familia en Cataboi, sobre la que ya había advertencias previas de los vecinos en el Concello. Asimismo, hizo referencia a un suceso de especial gravedad, acontecido en plena Gran Vía, hace escasas semanas, cuando una mujer tuvo que ser trasladada a la UCI por la caída de un árbol encima de su coche mientras circulaba por ese lugar.    El concejal ha insistido en la necesidad y la urgencia de que se realice una revisión e inspección de aquellos ejemplares susceptibles de provocar algún siniestro, especialmente en las zonas más sensibles, en alusión a los parques infantiles, colegios o las zonas de tránsito. A este respecto, ha advertido que, aunque el riesgo cero es imposible, se puede hacer mucho por minimizarlo al máximo, y no dejar “al albur de la causalidad o la suerte el que no ocurra nada”.

O BNG de Vigo urxe que se resolvan as becas municipais para comedores escolares

0

As axudas están pendentes de resolución desde o pasado 30 de xuño e sen un prazo claro para que conclúa a súa tramitación

Xabier P. Igrexas: “Temos que alertar de que neste momento hai familias que non están levando as súas crianzas ao servizo de comedor do seu colexio porque non saben se están becadas ou becados e sen esta axuda municipal non poden permitirse o custo do servizo”

O Bloque Nacionalista Galego volveu urxir ao Goberno municipal de Vigo a que axilice ao máximo a resolución e o abono das axudas municipais de libros, material escolar e comedor. Fano diante da falla de avances na tramitación dunhas becas “vitais” para máis de 3 mil familias da cidade e cando xa transcorreu máis dun mes desde o inicio do actual curso escolar.

O Portavoz municipal do  BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, lembra que “o Concello dispón de toda a documentación para tramitar as axudas desde o pasado 30 de xuño, cando rematou o prazo de solicitude” pero as familias continúan sen noticias sobre as mesmas.

“Temos que alertar de que neste momento hai familias que non están levando as súas crianzas ao servizo de comedor do seu colexio porque non saben se están becadas ou becados e sen esta axuda municipal non poden permitirse o custo do servizo. Falamos de familias de baixos ingresos, moitas delas en situación de vulnerabilidade social, que se vén privadas dun servizo esencial para garantir a alimentación dos seus fillos e fillas pola falla de xestión do Goberno de Abel Caballero”, denunciou Igrexas.

Para as nacionalistas esta situación é especialmente grave tendo en conta que xa o ano pasado se produciu un importante atraso nestas becas, que comezaron a pagarse en decembro, a poucos días do remate do primeiro trimestre lectivo. “Non hai ningún tipo de xustificación que as familias non poidan coñecer a inicio de curso se van recibir ou non esta axuda municipal. Só a incompetencia do Goberno”, afirma o portavoz municipal nacionalista.

O pasado mes de xuño o BNG xa demandara ao Goberno local que adoptase todas as medidas necesarias para garantir a resolución das solicitudes de axuda antes do inicio do curso, precisamente para evitar a situación que se está a padecer arestora.

“Pode que estas becas non luzan tanto como o ascensor HALO, nin dean lugar a fastosas inauguracións e fotografías do alcalde, pero deberan ser unha prioridade para o Concello Vigo. Menos propaganda e máis xestión, iso é o que merecen as viguesas e vigueses”, remacha Igrexas.

Pipper, el primer perro turista que ha dado la vuelta a España, grabará nuevos episodios en las Rías Baixas

0

Esta semana ha comenzado la grabación de los nuevos episodios de ‘Pipper en Ruta’ en Galicia, cuya emisión está prevista a partir de enero

Este espacio de viajes promueve la integración de las mascotas en el turismo y la tenencia responsable de animales

En esta nueva temporada recorre destinos como Barcelona, Cantabria, La Mancha, Navarra o Zaragoza

Esta semana ha arrancado en Rías Baixas (Galicia) la grabación de la segunda temporada de ‘Pipper en Ruta’, el programa de la 2 de TVE protagonizado por el primer perro que ha dado la vuelta a España para promover la integración de las mascotas en transportes, hostelería y atracciones turísticas junto con su dueño, el periodista donostiarra Pablo Muñoz Gabilondo. La 2 renueva su apuesta por este espacio de viajes para descubrirnos destinos en los que las familias con mascotas son bienvenidas y acercarnos historias inspiradoras de perros y personas extraordinarias. Se prevé que la nueva temporada se emita a partir de enero de 2024.

El popular perro ‘influencer’ recorrerá diversos escenarios de Combarro, O Grove y otros puntos de las Rías Baixas hasta el próximo jueves, 19 de octubre, en busca de atracciones turísticas amigas de los animales de compañía. 

‘Pipper en Ruta’, producido por RTVE en colaboración con Interpool Media, tiene un importante toque de humor. Pipper es un perro instagrammer con personalidad propia que expresa sus pensamientos a través de tiras digitales y sus emociones, con emoticonos. El popular can ha recorrido más de 60.000 kilómetros y ha estado en los 100 principales destinos españoles, una aventura que comenzó en 2018 y que siguen más de 100.000 personas en su blog www.pipperontour.com y su perfil @pipperontour en las redes sociales.

En cada capítulo, el programa seguirá descubriendo las atracciones turísticas del destino elegido, todas accesibles para familias con mascotas, y nos enseñará a viajar con ellas para hacer realidad su lema: “Perros educados, bienvenidos”. Además, acercará al espectador historias de solidaridad en el campo de la protección animal y casos de perros extraordinarios que mejoran la vida de las personas.

En esta segunda temporada los destinos son: Cantabria, La Mancha (Ciudad Real), Navarra; las provincias de Almería, León, Segovia, Zaragoza; y las ciudades de Barcelona, Bilbao, Granada y Toledo, además de Rías Baixas (Galicia).

Los perros de compañía son hoy uno más de la familia en el 33% de los hogares españoles, y los municipios españoles van dando pasos para adaptar sus transportes, alojamientos, hostelería… a las necesidades de este perfil de usuarios. El programa contribuye a la divulgación de las normas de acceso de mascotas a los espacios públicos para promover una buena convivencia y el cuidado de los animales.

El fuerte temporal de lluvia y viento provoca más de 70 incidencias en la ciudad

0

Las unidades del servicio de la Policía Local de Vigo han atendido durante la jornada de ayer día 17 de octubre hasta un total de setenta intervenciones derivadas todas ellas del fuerte temporal de lluvia y viento que azotó la ciudad olívica y sus alrededores.

Algunas de estas incidencias consistieron en:
• Contenedores de recogida de basura desplazados por efecto del viento, en medio de la calzada (cortando la circulación en algunos casos).
• Arboles caídos sobre vías de tránsito, afectando a algún vehículo causándole daños leves.
• Otros elementos desplazados por el viento como macetas, carteles, chapas metálicas, vallas de obra y publicitarias.
• Postes y cableado del tendido eléctrico así como tendido telefónico.
• Poste de Alta tensión inclinado con riesgo de caída.
• Caída de cornisa.

Todas estas incidencias discurrieron a lo largo de diversos lugares de la ciudad, así como en zonas rurales del Concello de Vigo, destacando entre otras: Subida a Monte Alba, Carretera Clara Campoamor, Avda del Aeropuerto, Parque da Bouza, Camiño da Volta, Parque Seara, Avda de Samil, Torrecedeira, Avda Castrelos, Avda Florida, Ricardo Mella, Jacinto Benavente, calle Mondariz, calle Tui, etc..

Los agentes de la Policía Local, en colaboración con el servicio de Bomberos, han realizado una dura jornada laboral para lograr atender a cada uno de los requerimientos y solicitudes de ayuda de los ciudadanos. Afortunadamente no se han tenido que lamentar daños personales durante la jornada de ayer.

Zona Franca lanza la 6ª edición de ViaExterior para que las empresas gallegas amplíen negocio en el exterior

0

Las compañías interesadas pueden inscribirse a través de la web del programa hasta el 10 de noviembre

ViaExterior pone a disposición de las empresas un equipo de 30 profesionales para ayudarlas con los planes de internacionalización, ampliar contactos y negocio en el exterior

El Consorcio de la Zona Franca de Vigo lanza una nueva edición de ViaExterior, la aceleradora multi-sectorial para promover y aumentar la probabilidad de éxito en la internacionalización de las compañías gallegas. Para ello, la entidad seleccionará un total de 20 compañías.

El programa, que cumple su sexta edición, pondrá a disposición de las empresas un equipo multicultural de 30 profesionales para ayudarlas con sus planes de internacionalización, lograr nuevas oportunidades de negocio en otros países, ampliar contactos o acceder a financiación en caso de que así lo deseen. Se trata de personas expertas en ámbitos relacionados con el comercio exterior pero que también dominan aspectos vinculados con la fiscalidad, la negociación o la comunicación, entre otros. Además, la nueva edición de ViaExterior incorpora al equipo personas expertas en perspectiva de género y en Responsabilidad Social Empresarial (RSE).

En ViaExterior podrán participar, sin coste, empresas con cierta presencia internacional que busquen aumentar su actividad en el exterior, o bien, compañías de reciente creación con vocación internacional. El plazo de inscripción está abierto hasta el 10 de noviembre. Para ello, las empresas interesadas en participar deben cumplimentar el formulario en la página web  http://viaexterior.com/

El programa formativo de ViaExterior comienza en diciembre y se prolongará hasta junio de 2024. La aceleradora incluye también actividades networking con la participación de empresas de las ediciones anteriores; habrá visitas a sus instalaciones o actividades lúdicas, entre otras.

Presentaciones en Ourense, Pontevedra y Nigrán

Para dar a conocer a las empresas los detalles del programa, El Consorcio de Zona Franca de Vigo celebra tres jornadas informativas. La primera de ellas se celebró en la Asociación de Empresarios de San Cibrao, en Ourense, el pasado martes, 17 de octubre. Por su parte, las empresas de la ciudad del Lérez podrán profundizar en el programa el jueves, 26 de octubre, en un evento del Foro Pontevedra que se celebra en el Hotel Galicia Palace. La tercera de las jornadas será en el Porto do Molle, en Nigrán el martes, 31 de octubre.

En la sede del CZFV también están a disposición de los interesados para dar información sobre el funcionamiento de esta aceleradora. Las empresas pueden inscribirse ya en este enlace.

ViaExterior, 100 empresas que ampliaron fronteras

Hasta el momento, 100 empresas gallegas han recibido formación personalizada con ViaExterior en 5 ediciones. La mayoría de las compañías han logrado estar presentes en, al menos, un nuevo mercado a través de exportación directa, de creación de filiales o con nuevos distribuidores

Otro aspecto destacado es que la mayor parte de las empresas han ampliado su equipo humano en el área de internacionalización, ya sea a través de la contratación de nuevos profesionales o bien ampliando su red de distribuidores y agentes en el exterior.

Equus inaugura la Temporada de Teatro Afundación en Vigo

0

Cinco producciones conforman la programación que se desarrollará en el Teatro Afundación entre los meses de octubre y diciembre

Inaugurará la temporada mañana, jueves 19 de octubre, la pieza Equus, de Peter Shaffer, bajo la dirección de Carolina África y con la interpretación de Roberto Álvarez, Álex Villazán, Jorge Mayor, Mamen Camacho y Claudia Galán. Esta destacada producción de la dramaturgia universal nos trae un texto complejo en el que el psiquiatra Martin Dysart recibe el encargo más difícil de su carrera profesional, debe trata a un chico que ha cometido un acto brutal: sacarle los ojos con un punzón a seis caballos que cuidaba. A partir de aquí comienza una investigación en la que el psiquiatra deberá investigar sobre qué llevó a este chico de buena familia, que jamás había tenido ningún problema, a cometer tal atrocidad.

OBRAS DE LA TEMPORADA DE TEATRO AFUNDACIÓN EN VIGO

A continuación, será el turno de Miles gloriosus, de Plauto, el miércoles 25 de octubre, con una versión de Antonio Prieto, dirigida por Pep Anton Gómez e interpretada por Carlos Sobera, Ángel Pardo, Elisa Mantilla, Silvia Vacas, Juanjo Cucalón, David Tortosa, Antonio Prieto y Arianna Aragón.

Miles es un prototipo de hombre que nos resulta muy familiar. Dejando de lado su condición de militar, invicto, por supuesto, Miles es un tipo empoderado, fantoche, engreído, narcisista y obsesionado con el sexo. Cree firmemente que todas las mujeres lo adoran y las pretende a todas. Vive en Éfeso junto a Cornelia, una bella princesa de la que piensa que bebe los vientos por él, olvidando el pequeño detalle de que la tiene secuestrada… Pero la situación puede dar una vuelta radical.

Un Oscar para Óscar será la tercera producción en salir a escena. Será el martes 21 de noviembre, bajo la dirección de Mario Hernández y con un elenco formado por Jon Plazaola, Agustín Jiménez, Rebeca Sala y Mara Guil. Nos encontramos en la ciudad de Los Ángeles el día en que se celebra la ceremonia de los Oscar, en concreto, en un modesto motel de los alrededores. Allí se encuentra Óscar Manzano, nominado a los premios por el corto que dirige, junto al ministro de Cultura, Guillermo Barrientos, y a la ministra de Hacienda, Irene Navarro. Con continuos piques entre los dos políticos, y a pocas horas de empezar la ceremonia, aparece Pauline, una chica de compañía contratada a escondidas para que finja ser la novia de Óscar durante la gala. Este imposible grupo de cuatro vivirá la noche más loca de sus vidas.

El miércoles 29 de noviembre saldrá a escena El librero de Azaña, de Miguel Murillo, dirigida por Francisco Suárez y con la interpretación de Jacobo Dicenta, Ana Fernández, Juanma Navas, Alberto Lucero e Isabel Moreno. De ser la encarnación de la libertad y de la República a figurar durante muchos años como el monstruo más infame, Manuel Azaña fue un mito y símbolo español que, por cierto, también llegó tarde a su cita con el tiempo que le tocó vivir. Desde una librería de libros usados en el Madrid que sigue siendo un vínculo entre lo viejo y lo moderno, la historia pasa vertiginosamente en su escaparate y los libros reflejan los sucesos más decisivos ocurridos durante veinte años de nuestra historia. Cosme, Pascual, Consuelo y Encarna, junto al pueblo español, observan lo que ocurre y piensan en Azaña, lo intuyen, lo interpretan, lo aman y lo odian, y esperan algo que, como siempre, no llega.

Finalmente, clausurará la temporada Adictos, protagonizada por Lola Herrera, Ana Labordeta y Lola Baldrich, el miércoles 6 de diciembre. Esta obra surge de la necesidad de abordar una problemática que nos afecta a todas las personas: ¿hasta qué punto la tecnología nos somete? ¿Somos libres? ¿Qué tipo de sociedad construimos? ¿Qué nos trae el futuro? ¿Merecemos llamarnos «seres humanos»? La realidad de Adictos es la de la expansión progresiva de la desinformación. Una ficción que manifiesta inquietudes que nos incumben a todas y a todos, cuestionando aquello asumido como cierto. Este texto reivindica la capacidad de reacción del ser humano, ese punto de rebeldía necesario para que las cosas evolucionen hacia una vida tecnológicamente sana y socialmente libre. Todas estas producciones teatrales se representarán en el Teatro Afundación de Vigo a partir de las 20.30 h. Además, la temporada se encuadra en el programa solidario «Cultura por Alimentos», llevado a cabo en colaboración con FESBAL. Así, los asistentes podrán donar alimentos no perecederos depositándolos en los lugares habilitados para ellos en el acceso al edificio. Todo lo recaudado será donado al banco de alimentos local.

A internista Silvia Pérez, nova directora de Atención Hospitalaria da Área Sanitaria de Vigo

0

Hoxe incorporouse á Dirección, con carácter provisional

Ata o momento ocupaba a xefatura de Sección da Unidade de Pacientes Crónicos e Pluripatolóxicos do servizo de Medicina Interna

A xefa de sección da Unidade de Pacientes Crónicos e Pluripatolóxicos do servizo de Medicina Interna, Silvia Pérez Fernández, incorporouse hoxe, con carácter provisional, ao equipo directivo da Área Sanitaria de Vigo como directora de Atención Hospitalaria. A nova directiva ven a substituír á doutora Rosa Martínez Rolán, que cesou no seu cargo a petición propia.

Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela é facultativo especialista en Medicina Interna.

A maior parte da súa traxectoria profesional está vinculada ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, traballando no hospital Xeral-Cíes, no hospital Nicolás Peña e posteriormente, e ata a data, no hospital Álvaro Cunqueiro. Entre medias tamén desenvolveu o seu labor profesional no Hospital Comarcal do Salnés, onde ocupou o posto de xefa de sección de Medicina Interna.

Na súa formación conta con diversos cursos e másters clínicos, amosando un especial interese polas áreas de atención a pacientes crónicos e pluripatolóxicos e ás vinculadas con temas éticos. A maiores, conta con outros másters relacionados coa administración e dirección de servizos sanitarios, como o de Gestión Clínica, Dirección Médica y  Asistencial pola Universidade CEU. Hai que destacar tamén o seu labor no ámbito da docencia, sendo titora na formación dos médicos residentes no hospital Álvaro Cunqueiro.

A Deputación promociona a provincia este xoves en Barcelona da man de 25 empresas e entidades pontevedresas

0

A deputada de Turismo, Nava Castro, dará a coñecer no espazo Esklandestino da Cidade Condal a oferta turística da provincia para desfrutar dela os 365 días do ano

As 25 empresas pontevedresas manterán encontros de traballo con máis de medio centenar de entidades de Barcelona, Badalona, Castelldefels, Sant Quirze del Vallès, Capellades, Cabrils, Terrassa, Sant Vicenç dels Horts, Torelló, Canet de Mar e Santpedor

A Deputación de Pontevedra, representada pola deputada de Turismo Nava Castro, promociona este xoves a provincia no espazo Esklandestino de Barcelona da man de 25 empresas do sector turístico provincial. Xuntos, sector público e privado, presentarán as alternativas existentes para desfrutar de Pontevedra ao longo dos 365 días do ano. As empresas pontevedresas manterán encontros de traballo con máis de medio centenar de entidades de Barcelona, Badalona, Castelldefels, Sant Quirze del Vallès, Capellades, Cabrils, Terrassa, Sant Vicenç dels Horts, Torelló, Canet de Mar e, entre outras localidades, Santpedor.

“Pontevedra é moito máis que sol e praia”, remarcou Castro facendo fincapé en que a provincia ofrece innumerables alternativas para gozar ao longo do ano e que é precisamente neste aspecto no que vai centrar a súa intervención no workshop en Barcelona. “Veñen agora por diante unhas datas cheas de maxia e o Nadal en Pontevedra é espectacular. Tamén temos un Entroido único, con propostas singulares e moi diferentes como os Xenerais do Ulla ou as Madamas e os Galáns de Cobres. E se a isto lle engadimos unha gastronomía con produtos tan especiais que se teñen convertido en embaixadores da nosa provincia, uns viños Denominación de Orixe Rías Baixas recoñecidos en todo o mundo, unha oferta termal de calidade, ou as múltiples opcións de Camiños cara Santiago que transcorren pola provincia, sobran os motivos para visitar Pontevedra”, subliñou a deputada. Ademais, Nava Castro aproveitará a ocasión para anunciar que o goberno provincial fará un esforzo considerable por impulsar o turismo MICE ou de reunións, incentivos, congresos, eventos e exposicións, partindo de lugares como o Castelo de Soutomaior, “espectacular para, entre outras cuestións, celebrar congresos especializados en turismo”.

O workshop comezará ás 19:45 horas coa recepción das empresas da provincia de Barcelona no espazo Esklandestino situado en Espai Serrahima, no Carrer de Mèxic de Barcelona. Os encontros entre empresas pontevedresas e barcelonesas estenderanse ata as 21:45 horas, cando comezará a presentación do destino Rías Baixas cunha actuación musical de Narci Rodríguez –que tamén pechará o evento- acompañada de imaxes da provincia de Pontevedra. Posteriormente a deputada provincial Nava Castro e o presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, darán a coñecer a oferta turística e as alternativas existentes para desfrutar de Pontevedra durante todo o ano. Finalmente proxectaranse máis audiovisuais e imaxes da provincia e terá lugar un cóctel degustación. Entre as empresas da provincia de Pontevedra atópanse axencias de viaxe como Galiwonders, Viajes Celtravel, Circuitos Galicia Viajes, Viajes Interrías, Vio Viajes, Tee Travel e Simply Galicia; hoteis como Villa Covelo, Zenit Vigo, Talaso Atlántico, Hotel Alfonso I, Alda Hotels, Pazo Los Escudos, Veiga Mariña hotel rural, Gran Talaso Hotel Sanxenxo, Hotel Bahía de Vigo e Hotel Attica 21 Vigo; outros aloxamentos como Galicia Villas e Casa do Sear e oferta complementaria representada por Bodegas Vionta, Paco&Lola, Bodegas Terras Gauda, Piragüilla Ocio y Aventura, Ocean Secrets e o Castelo de Soutomaior. Todas estas empresas terán a oportunidade de contactar con máis de medio centenar de empresas barcelonesas procedentes de localidades como Barcelona, Badalona, Castelldefels, Sant Quirze del Vallès, Capellades, Cabrils, Terrassa, Sant Vicenç dels Horts, Torelló, Canet de Mar ou Santpedor entre as que destacan, principalmente, axencias de viaxe que amosaron de antemán  a súa vontade de coñecer o destino con maior profundidade, contactar con provedores e turoperadores da zona e explorar as posibilidades que ofrece Pontevedra para acoller eventos MICE.