Detenida por tráfico de drogas una vecina de Moaña

0

La Guardia Civil le intervino 620 dosis de cocaína y otras drogas

Efectivos de la Guardia Civil de Moaña (Pontevedra) han detenido a una vecina de esta localidad, de 42 años de edad y sin antecedentes, como presunta autora de un delito de tráfico de drogas.

Según han informado fuentes del Instituto Armado, la detención se produjo en el marco de un dispositivo de seguridad ciudadana, cuando los agentes observaron que un coche realizaba una maniobra evasiva para evitar el control, y le dieron el alto.

En la actuación, los guardias se incautaron de 620 dosis de cocaína, 7,13 gramos de hachís, 13,5 gramos de marihuana, una báscula y dinero en efectivo.

La mujer detenida fue puesta en libertad en sede policial, y tiene la obligación de comparecer en el juzgado cuando sea requerida.

O Festival Sinsal SON Estrella Galicia 2024 activará este venres, 10 de maio, a venda de abonos  

O evento, cuxo cartel contará con máis de 20 bandas e solistas que o público só descubrirá ao desembarcar, terá lugar os días 26, 27 e 28 de xullo en San Simón

O Festival Sinsal SON Estrella Galicia activará esta semana a venda de abonos e entradas para a súa nova edición, que terá lugar os días 26, 27 e 28 de xullo na illa de San Simón. O venres 10 de maio, a partir das 12.00 horas, o público poderá adquirir os seus abonos para gozar, ao longo de tres xornadas, tanto da música de máis de 20 bandas e solistas coma do patrimonio histórico e natural dunha illa declarada Ben de Interese Cultural. Uns días despois, o luns 13 de maio, tamén a partir das 12.00 horas, poderanse adquirir os billetes para asistir os distintos días. Os abonos e as entradas diarias estarán dispoñibles en Enterticket.

Para poder acceder ao festival, o único modo é coller un dos barcos que Sinsal pon á disposición do público nos embarcadoiros da Estación Marítima do porto de Vigo e do Centro de Interpretación de Rande, en Meirande. O transporte até a illa está incluído na entrada e o público pode escoller o seu traxecto no momento da compra do seu billete, no que se lle informa dos horarios dos barcos. Os prezos son diferentes en función do embarcadoiro así como da idade, sendo máis económico o acceso para menores de 16 anos. 

O abono Sinsal, que permite asistir ao evento os días 26, 27 e 28 de xullo, poderase adquirir a partir dos 145€. No caso das entradas por día, que facilitan o acceso ao festival unha única xornada, os prezos van desde os 45€ e até os 65€  en función da data e do porto de saída. Os horarios pódense consultar na páxina web oficial https://festival.sins.al/, na sección ‘Entradas e abonos’.

Sinsal SON Estrella Galicia 2024

Sinsal SON Estrella Galicia é un dos encontros sonoros máis coidados e singulares do panorama musical estatal. Cada ano, Sinsal ofrece a un público reducido -800 persoas por día- a posibilidade de gozar dunha pequena mostra da creación contemporánea máis estimulante do momento nun escenario excepcional. Un dos sinais de identidade do evento tamén é o seu cartel secreto, que as e os asistentes só descubren ao desembarcar en San Simón.

A programación musical caracterizarase pola diversidade de estilos musicais e orixes das bandas e solistas que convivirán no corazón da Ría de Vigo na última fin de semana de xullo. Alén das actuacións, que cada día serán diferentes, durante o festival sucederanse numerosas actividades paralelas divulgativas, á fin de dar a coñecer a historia e o patrimonio cultural e natural de San Simón; ademais de propostas vinculadas á sostibilidade ambiental e concienciación, que este ano terán especial protagonismo;  ou á recuperación e posta en valor dos arquivos sonoros, que se traducen en iniciativas como as Sesións San Simón ou mesmo os obradoiros A Escola Sinsal.

Este 2024, Sinsal SON Estrella Galicia volverá formar parte dos Rías Baixas Fest, a iniciativa da Deputación de Pontevedra que acolle, ao seu abeiro, aos principais festivais das Rías Baixas á fin de promover a programación cultural, a contorna natural e a gastronomía deste territorio. 

Detenido el presunto autor de cinco robos con fuerza en locales de Vigo

0

En la mayoría de los casos, el ladrón rompía el cristal o forzaba la puerta de acceso, ventana o escaparate y lograba acceder de manera rápida al interior

La Policía Nacional de la Comisaría de Vigo-Redondela ha detenido al presunto autor de cinco robos con fuerza en varios establecimientos de Vigo, de dos delitos de hurto y una reclamación judicial.

La investigación, según informa la Policía en un comunicado, se inició en marzo cuando varios propietarios de establecimientos de hostelería y comerciales, todos ellos en la zona centro de Vigo y en el barrio de Bouzas, denunciaron haber sido víctimas de robos en sus locales.

En la mayoría de los casos, el ladrón rompía el cristal o forzaba la puerta de acceso, ventana o escaparate y lograba acceder de manera rápida al interior del establecimiento con la intención de sustraer dinero en efectivo.

La investigación determinó quién estaba, presuntamente, tras esos robos y la Policía procedió a establecer un dispositivo para localizarle y detenerle el pasado 30 de abril cuando comprobaron que se encontraba reclamado por un juzgado de la ciudad por hechos de similar naturaleza.

Al detenido se le imputan cinco robos con fuerza en establecimientos de hostelería y comerciales y la sustracción de dos patinetes eléctricos valorados en más de 1.200 euros. El hombre fue puesto a disposición judicial del Juzgado de Instrucción número 6 de Vigo en funciones de guardia, que decretó su ingreso en prisión.

A Deputación de Pontevedra convida a Antón Pulido a participar en “Conversas con arte”

0

A conferencia do artista terá lugar o próximo martes, 14 de maio, ás 19.00 horas, no Salón de Plenos do Pazo provincial coa presenza do vicepresidente Rafa Domínguez

A Deputación de Pontevedra convida a Antón Pulido a participar no seu ciclo de conferencias “Conversas con arte”. O encontro co artista terá lugar o próximo martes, 14 de maio, ás 19:00 horas, no Salón de Plenos do Pazo provincial do organismo coa presenza do seu vicepresidente Rafa Domínguez. Pulido colle o testemuño de José María Barreiro que inaugurou o ciclo de conferencias “Conversas con arte” en abril.

“Conversas con arte” trátase dunha aposta persoal de Domínguez, quen a través do Museo de Pontevedra quere difundir as diferentes manifestacións artísticas que xurdiron e xorden na provincia, así como as grandes personalidades vencelladas a diferentes movementos nadas ou relacionadas con Pontevedra.

Deste xeito, o ciclo que arrancou da man de José María Barreiro e converte agora en protagonista a Antón Pulido, continuará nos vindeiros meses con outras figuras e artistas de impacto internacional con vínculo coa provincia. A conferencia de Antón Pulido poderá seguirse por streaming a través da páxina web da Deputación de Pontevedra www.depo.gal e, ademais, será gravada para poder emitirse en formato vídeo e pódcast a través das plataformas Youtube e Spotify.

Antón Pulido naceu en Amoeiro en 1944 e reside desde hai máis de catro décadas na cidade de Vigo. É licenciado en Belas Artes pola Escola Superior de San Jordi, na especialidade de pintura e gravado, e tense convertido nun dos pintores galegos de maior relevancia internacional.

Na década dos 60 inicia o seu percorrido expresionista coa vontade de xerar un estilo propio e a partir dos 70 a pegada de Matisse faise evidente. Xa nos 80 transmite o seu estado anímico á paisaxe e nos 90 aposta pola xeometría espacial para ir avanzando cara temas emocionantes. Ao longo da súa traxectoria ten recibido numerosos recoñecementos como o premio da Crítica de Galicia en Artes Plásticas ou o premio Trasalba a toda unha vida dedicada á arte.

Una mujer agrede en Vigo a la novia de su ex y a la polícia antes de causar destrozos en dos vehículos

0

La mujer se negó a realizar las pruebas de impregnación alcohólica y comenzó a agredir a los agentes, que tuvieron que reducirla

Una mujer de 42 años ha sido detenida por la Policía local de Vigo por acosar desde un coche, en estado de ebriedad, a la novia de su expareja, de la que tiene una orden de alejamiento, por causar destrozos en el vehículo de él y en una moto y por agredir a la chica y los agentes que intervinieron en el suceso.

Los hechos, según ha informado la Policía, sucedieron en la madrugada del sábado y fue la propia víctima quien llamó a los agentes para que acudiesen a la calle Fragoso, donde la ahora detenida estaba haciendo pasadas con su vehículo por el lugar donde se encontraba la denunciante, de la que tiene una orden de alejamiento.

Al llegar, los agentes vieron que el vehículo estaba estacionado con la puerta del copiloto abierta, desde la que un joven hablaba con la conductora, la cual, al ver llegar a la Policía, inició la marcha a gran velocidad, lo que propició que cayera al suelo el varón, que rodó por el asfalto.

Los agentes la persiguieron e interceptaron unos metros más adelante, momento en el que comprobaron que la conductora mostraba todos los indicios de estar ebria.

También se entrevistaron con la presunta víctima, la cual tenía arañazos sangrantes en el cuello porque, según explicó, se encontraba con su actual pareja, ex novio de la ahora detenida, cuando ésta, tras hacer varias pasadas con su turismo por el lugar donde se encontraban, se apeó y comenzó a agredirla, teniendo que interponerse el joven para tranquilizarla.

Luego, la ahora detenida abandonó el lugar y se dirigió hacia el vehículo del chico, rompiéndole ambos retrovisores y arrancando la maleta de una motocicleta que estaba estacionada, que arrojó al centro de la calzada. La mujer se negó a realizar las pruebas de impregnación alcohólica y comenzó a agredir a los agentes, que tuvieron que reducirla.

Por todo lo anterior fue detenida como presunta autora de un delito de quebrantamiento de condena, por el incumplimiento de la orden de alejamiento, por otro contra la Ley de Seguridad Vial, por su negativa a la realización de las pruebas de detección alcohólica y por el delito de desobediencia, atentado y resistencia a los agentes del orden. La mujer deberá responder por los daños materiales ocasionados a los otros vehículos.

O BNG de Vigo propón aumentar a protección do río Lagares como Espazo Natural de Interese Local

0

A fronte nacionalista urxe a paralización das obras do paseo á altura de Severino Covas por incumprir a parada biolóxica fixada polo Servizo de Conservación da Natureza da Xunta de Galiza desde o mes de abril até xuño, por ser o período de reprodución e cría

Xabier P. Igrexas: “Dende o Bloque vemos con enorme preocupación que o Lagares sexa o río galego que máis plástico verte ao mar e os continuos vertidos de augas sen depurar”

O Bloque Nacionalista Galego propón aumentar a protección do río Lagares converténdoo en Espazo Natural de Interese Local (ENIL). Dende a fronte nacionalista consideran que tanto o Concello de Vigo como a Xunta de Galiza teñen que dedicar máis medios para a conservación do “pulmón azul e verde” da cidade diante da “degradación ambiental” que padece pola “irresponsabilidade” de ambas Administracións.

Nese sentido, o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, considerou “inaceptábel” que máis unha vez se estean a producir obras nas beiras do río, neste caso para a construción do paseo na altura de Severino Covas. “Esta actuación supón ameazar a flora e fauna do Lagares con danos que poden ser irreparábeis”, alertou, asegurando que estes traballos incumpren a parada biolóxica fixada polo Servizo Galego de Conservación da Natureza desde o mes de abril até xuño, por ser o período de reprodución e cría, e tamén da directiva europea de conservación dos hábitats naturais.

Igrexas pediu por estes motivos ao Goberno de Caballero a “inmediata” paralización dos traballos no paseo do Lagares, tal como teñen demandado xa organizacións ambientais como Adega ou Verdegaia. Aliás, avanzou que vai dar traslado desta situación á Xunta de Galiza para que exerza as súas competencias en materia de protección ambiental.

Toneladas de plásticos no Lagares

Dende o BNG trasladaron a “enorme preocupación” polos datos recollidos nun recente informe da organización The Ocean Cleanup, que advirten de que o Lagares é o río galego que máis plástico verte ao mar. Así, dun total de 14 toneladas de plásticos que cada ano acaban nas augas da ría de Vigo, o 89% teñen orixe no principal río vigués. Un fluxo de materiais altamente contaminantes que é un 260% maior do que arrastra un río de moito máis caudal como o Miño.

O portavoz nacionalista chamou tamén a cesar no vertido de millóns de litros de augas sen depurar que cada ano se producen a través de ‘alivios técnicos’ dende a estación depuradora (EDAR) do Lagares e dende outros puntos da cidade, tal como ten denunciado reiteradamente o propio Bloque.

“Desde a nosa aposta cun compromiso real coa sustentabilidade, na certeza de que o futuro de Vigo só pode ser verde, o BNG acreditamos en que é o momento de despregar unha maior protección do río Lagares”, defendeu o portavoz nacionalista, que instou a iniciar xa os trámites para declarar ENIL os 17,5 quilómetros de curso fluvial, desde o seu nacemento na lagoa Mol en Cabral até a súa desembocadura en Samil.

El Puerto de Vigo acoge con gran éxito la operativa de embarque y desembarque a bordo del MSC Preziosa

0

Durante su estancia en Vigo, desembarcaron un total de 369 turistas, que dieron paso a 348 nuevos viajeros de diversas nacionalidades, la mayoría españoles

Mañana martes será el turno del Ventura, de 290 metros de eslora, y el Sky Princess, de 330, en escala doble, con su más de 9.000 turistas a bordo

El Puerto de Vigo acogió hoy con gran éxito la operativa de embarque y desembarque a bordo del MSC Preziosa en una jornada marcada por el buen tiempo y la ida y venida de turistas en el entorno de la Estación Marítima.

Con 333 metros de eslora, el MSC Preziosa atracó en el Muelle de Trasatlánticos a las 7h. procedente de Casablanca con 3.329 pasajeros y 1.218 tripulantes a bordo y está previsto que alrededor de las 16h. ponga rumbo a Southampton.

Durante su estancia en Vigo, desembarcaron un total de 369 turistas, que darán paso a 348 nuevos viajeros de diversas nacionalidades: a la mayoría de españoles (182), la Estación Marítima se tiñó de una gran diversidad cultural de la mano de brasileños, argentinos, australianos, alemanes, italianos, mexicanos, panameños, portugueses, puerto riqueños, sudafricanos, taiwaneses, uruguayos y americanos. Tras su paso por Vigo, el buque continuará su singladura hacia el Norte, tocando ciudades de Francia, Alemania y el Báltico, donde finalizará su periplo.

Doble escala mañana martes

Tras la escala de hoy, el Puerto acogerá mañana una doble escala de cruceros, protagonizada en este caso por el Ventura, de 290 metros, y el Sky Princess, de 330, que coincidirán, con su más de 9.000 turistas a bordo en el Muelle de Trasatlánticos.

El más madrugador será el Ventura, cuya llegada está prevista alrededor de las 6.45H. A bordo viajan 3.158 pasajeros, en su mayoría británicos, y 1.165 tripulantes. A las 18h. pondrá rumbo a Leixoes, en Portugal.

Por su parte, el Sky Princess arribará sobre las 8h. procedente de Southampton (Reino Unido) y sobre las 17.30h. dirá adiós a la Ría de Vigo con 3.508 pasajeros y 1.377 tripulantes con rumbo a Cádiz. Esta doble escala será mucho más segura y cómoda gracias  al proyecto de renovación y sustitución de los bolardos existentes en todo el cantil del Muelle, ya en marcha, con el objetivo de aumentar la capacidad de tiro y adaptarla a las necesidades actuales de la flota de cruceros.

Ana Ortiz recibe a los organizadores de la nueva edición del festival The Wild en los montes de San Miguel de Oia

0

La delegada territorial de la Xunta en Vigo, Ana Ortiz, recibió este lunes al organizadores de la nueva edición de The Wild, Festival Internacional de Cine y Medioambiente, que se celebrará del 30 de agosto al 1 de septiembre en el parque forestal de San Miguel de Oia. El presidente, Óscar Gallego; el vicepresidente Juan Pablo Pérez, y el gestor, Juan de Castro, informaron a la representante autonómica sobre las actividades paralelas que comenzaron ya el pasado 3 de mayo con los duelos de las bandas de música del concurso Salvaxesons en Vialia Vigo.

El PP de Vigo reclama a Caballero que contribuya a contener los precios del alquiler con medidas que complementen las ayudas autonómicas

0

El grupo municipal popular recuerda que el Concello tiene “plenas competencias” en esta materia y pide “acompañar” a la Xunta con construcción de pisos, deducciones fiscales y una oficina de vivienda

Miguel Martín pregunta al alcalde socialista “qué tiene pensado hacer” tras conocerse hoy un máximo histórico de los arrendamientos en la ciudad, que aumenta su brecha con respecto a otras urbes gallegas

El Partido Popular de Vigo ha reclamado a Abel Caballero que haga uso de las competencias que le atribuye, como ente municipal, la Ley de Bases de Régimen Local, en materia de vivienda y contribuya a contener los precios del alquiler con diferentes medidas que complementan la acción desarrollada desde la administración autonómica. Tras conocerse este lunes el último informe del portal Idealista, que alerta de un máximo histórico del coste de los arrendamientos en Vigo y de un aumento de la brecha con respecto al resto de urbes gallegas, el grupo municipal del PP ha preguntado al alcalde socialista “qué tiene pensado hacer” para “acompañar” a la Xunta de Galicia en la lucha por frenar esta “escalada absolutamente desbocada”.

Frente a la ausencia de apoyos e incentivos tanto a propietarios como a inquilinos, la única medida que estaría contemplado el Gobierno local pasaría por declarar algunas zonas como tensionadas. Pero, por un lado, únicamente afectaría a unos 150 pisos en el caso de Vigo y, por otro, en opinión del portavoz del Partido Popular en el Concello, Miguel Martín, “lejos de provocar una caída en los precios del alquiler”, esta decisión “generaría una mayor contracción del mercado”, tal y como se ha demostrado ya en otros territorios.

Por el contrario, el PP de Vigo propone deducciones fiscales en las tasas e impuestos municipales para aquellos propietarios que hayan tenido el inmueble vacío al menos durante los dos últimos años y los destinen al alquiler, con el objetivo de movilizar los más de 15.000 pisos vacíos que existen en la ciudad. Asimismo, plantea que el Gobierno local ponga en marcha una línea de ayudas directas al arrendamiento como hacen la Xunta y otros ayuntamientos de España.

Miguel Martín recuerda a Abel Caballero que el Concello de Vigo “tiene plenas competencias para promover vivienda pública”, por lo que debe “acompañar” a la Xunta en su apuesta por la construcción, tal y como el Ejecutivo regional está haciendo en Navia, donde se prevé la edificación de 1.600 inmuebles a partir de este verano. La única actuación de este tipo que prevé el Gobierno de Abel Caballero se ciñe a las 27 viviendas destinadas a alquiler de precio regulado en la zona de Esturáns, que cuentan con una partida de fondos europeos concedida precisamente por la administración gallega por importe de 1,2 millones de euros. Adicionalmente, el grupo municipal del PP ha vuelto a abogar por la creación de una oficina municipal de vivienda que promueva terrenos de su titularidad para crear un parque público desde el Ayuntamiento. “Vigo es prácticamente la única ciudad de España de más de 200.000 habitantes que no cuenta con este organismo y se hace urgente su puesta en marcha”, ha finalizado Martín.

A UVigo volve sumar unha medalla no Campionato de España Universitario de Karate

0

César Tavares, estudante de ADE, obtivo o bronce na categoría de -75kg

Tras moitos anos de seca, a Universidade de Vigo obtivo esta fin de semana, por fin, un importante éxito no Campionato de España Universitario de Karate. E foi grazas a César Tavares, estudante do Grao en Administración e Dirección de Empresas, que acadou unha medalla de bronce que devolve a ilusión á institución viguesa. 

A competición celebrouse en Albacete, organizada pola Universidade de Castela a Mancha, e comprendeu dez categorías nas que se mediron arredor de 200 inscritos e inscritas. A medalla para a UVigo chegou na de -75Kg, unha categoría que xa a priori semellaba que ía ser unha das máis competidas, pola cantidade de deportistas (25) e o altísimo nivel de moitos deles, similar ao dun Campionato de España Absoluto. César Tavares foi avanzando na competición, gañando combates e amosando un estado de forma incrible, ata chegar ás semifinais, nas que se mediu con Antonio Torres, da Universidad Carlos III de Madrid, que lle cortou o pase á final, nun axustadísimo combate. O deportista madrileño finalmente acabou proclamándose campión da competición, ao vencer na final ao compostelán Adrián Barcia.

A expedición viguesa completouse con Jorge Santos, estudante de Enxeñaría Informática, que participaba por primeira vez nun campionato de España universitario. Amosou moi boas táboas e gañou o seu primeiro combate na categoría de -84Kg, pero no segundo foi apeado da competición.