Zona Franca únese ao Día das Letras Galegas presentando o libro “Vigo XXII, unha ollada ao futuro”

0

Para celebrar o Dia das Letras Galegas , David Regades ven de presentar hoxe xunto co director xeral de Galaxia, Francisco Castro, e maila unha das autoras, Inma López, o  libro “Vigo XXII, unha ollada ao futuro” obra na que dez escritoras e escritores e unha fotógrafa imaxinan o Vigo do próximo século. En relatos breves feitos dende puntos de vista diferentes como o humor, a crítica social, a ciencia ficción, ópticas distópicas e utópicas o libro vai imaxinando, en galego, o Vigo de mañá. Como explicou Regades “esta é a mellor homenaxe que desde Zona Franca lle podíamos facer á lingua e á cultura de Galicia, a nosa aportación ás Letras Galegas ”.

Vigo XXII. Unha ollada ao futuro  foi editado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, baixo a produción e dirección editorial de Galaxia no pasado mes de febreiro como libro de agasallo institucional, pero por causa do Covid non tivo a merecida presentación oficial que hoxe xuntouse co anuncio, por parte do Delegado, de que Zona Franca vai facer un esforzo para apoiar á economía cultural cunhas accións das que se dará conta en breve. Regades – que reflexionou sobre cómo a cultura nos axudou a todos a pasar este tempo de confinamento con películas, libros e música- avanzou que apostar pola diversificación dos nosos sectores económicos é apostar tamén pola industria cultural dotando á área de Vigo das infraestruturas necesarias e participando a través da sociedade de capital-risco VigoActivo financieiramente en proxectos  viables.

Francisco Castro explicou que ningúnha das escritoras e escritores  que a editorial chamou para aportar os seus textos por teren en común o ser residentes en Vigo: An Alfaya, Ana Fontenla, Antonio García Teijeiro, Diego Giráldez, o propio Francisco Castro, Inma López Silva que tamén estivo presente na rolda de prensa, Iolanda Zúñiga, Iria Collazo López, Marcos Calveiro e Patricia Mallo; ningúnha delas, nos seus relatos, imaxinaron “un tempo tan grisallo como este” porque “lectores e lectoras atoparán neste libro moito humor e moito amor” dixo Castro. O director de Galaxia agradeceu a receptividade de David Regades no apoio ao proxecto literario e felicitouno polo seu anuncio do apoio á  Cultura da que aportou como dato que “significa o 4% do PIB de Galicia”. O feito de que neste confinamento moita xente comenzara a crear desde as súas casas obras plásticas, fotográficas, escritas, músicais etc, foi posto como exemplo pola escritora Inma López  de que as crisis son tamén unha oportunidade para comezar con nova enerxía. Sobre o libro, Inma lópez resumiu que contén relatos máis utópicos que distópicos, xa que a maioría soñou cun Vigo máis limpo, en equilibrio ecolóxico, unha cidade que sobrevive a calquera colapso.

El PP lamenta que después de dos meses de estado de alarma el alcalde no haya aplicado ni una ayuda al comercio y a la hostelería

0

Señalan que «no se les ha perdonado ni el recibo del agua, ni el de la recogida de basura o el del IBI durante los dos meses en que han estado cerrados»   

«Abel Caballero está más preocupado en dividir la playa que en ayudar a un sector tan importante en Vigo como este», critican

El grupo municipal del PP lamenta que, «ahora que se cumplen dos meses del estado de alarma, el alcalde no haya aplicado ninguna medida para ayudar al comercio y a la hostelería». “Han estado cerrados todo este tiempo y han tenido que hacer frente a gastos sin tener ingresos y ¿qué ha hecho Abel Caballero? Nada”, afirma Alfonso Marnotes.

El Partido popular ha propuesto que se les aplicasen distintas medidas como «anular el pago de las tasas de agua, recogida de basura o IBI durante el tiempo en que estuvieron cerrados, fomentar las compras a través de campañas o incluso bonificando los aparcamientos, y ayudarles a digitalizar sus negocios». “Nada de esto se ha producido. El alcalde está más preocupado en parcelar la playa que en ayudar a este sector, que es un pilar de la economía de nuestra ciudad”, lamenta el portavoz popular.

Otra de las medidas propuestas por los populares ha sido la de destinar una ayuda para que hicieran frente a los gastos de la apertura e incluso una aportación económica para sufragar el alquiler. “Es triste que Abel Caballero no haya hecho nada por ayudarles. Muchos de los comercios y de los locales de hostelería han tenido que cerrar por no poder enfrentarse a la reapertura. Y esto sólo acaba de empezar”, añade Alfonso Marnotes.

Los usuarios del puerto reclaman la exoneración o rebaja de tasas

0

Califican de «dramática» la situación y de «insuficiente e indignante» el descuento decretado de hasta el 20% en el gravamen de ocupación

Los usuarios del puerto han reclamado hoy la exoneración o rebaja de tasas que les permitan hacer frente a la situación «dramática» en la que les ha puesto la pandemia del coronavirus. En este sentido, el secretario general, en representación de las más de de 600 empresas integradas en la Federación de Usuarios del Puerto de Vigo, ha subrayado que las reducciones máximas de tasas de un 20% aprobadas hasta ahora son «absolutamente insuficientes».

En este marco, Mallón ha enumerado los problemas de los usuarios, entre los que ha citado la caída del tráfico ro-ro, la falta de cruceros, o la situación de una flota pesquera a medio gas. Por este motivo, ha subrayado que «no se pueden aceptar declaraciones que afirman que la situación es buena».

Por ello, las empresas solicitan a Puertos del Estado que promueva que el Gobierno articule un nuevo real decreto que elimine ese porcentaje de un máximo del 20%. «Queremos pedir exención de tasas portuarias hasta fin de año, o al menos unos meses más allá del fin del estado de alarma», ha afirmado Mallón.

Además, las empresas le han reclamado a la Autoridad Portuaria de Vigo apoyo ante Puertos del Estado, y le recuerdan «que los que dan vida al puerto son los usuarios de las diez organizaciones que conforman la Federación de Usuarios del Puerto de Vigo».

«Entendemos que desde la federación que la Autoridad Portuaria puede reducir la intensidad de los porcentajes de las tasas y aplazar pagos hasta 2021, aunque las tasas las ponga Puertos del Estado, cuya actuación es clave, y pedimos a la Autoridad Portuaria que nos apoye en nuestras demandas ante esta institución», ha detallado.

El área de Vigo sigue descendiendo y registra 478 casos activos

0

Desde el 26 de marzo la comarca no se situaba por debajo del medio millar de pacientes en tratamiento

Galicia contabiliza 2.008 contagios activos: 66 menos que ayer

Segunda jornada sin fallecidos en la comunidad desde que se decretó el estado de alarma

Definitivamente, las cifras apuntan a un control de la pandemia. Por sexta jornada consecutiva, el área sanitaria de Vigo registra un descenso en el número de casos activos hasta los 478: 34 menos que en la jornada precedente. Desde el 26 de marzo la comarca no se situaba por debajo del medio millar de pacientes en tratamiento.

Un descenso que se enmarca, a su vez, en el que está experimentando Galicia, que contabiliza hoy, según los datos de la Dirección General de Salud Pública, 2.008 contagios activos: 66 menos que ayer. De ellos 494 son del área de A Coruña, 122 de la de Lugo, 320 de la de Ourense, 107 de la de Pontevedra, 478 del área de Vigo, 413 de la de Santiago, y 74 de la de Ferrol.

Del total de pacientes positivos, 22 permanecen en UCI, 111 están en unidades de hospitalización y 1.875 en el domicilio. Por lo de ahora, en Galicia hay un total de 8.283 personas curadas, mientras que el número de PCR realizadas es de 122.456.

Asimismo, cabe destacar que Galicia suma su segunda jornada sin fallecidos desde que se decretó el estado de alarma, manteniéndose en los 601 de ayer.

O BNG de Vigo solicita ao alcalde un encontro con todas as forzas políticas para activar a resposta do Concello ás consecuencias da Covid-19

0

A fronte nacionalista sinala a urxencia de despregar medidas concretas para evitar que as clases populares e traballadoras paguen as consecuencias da crise e para blindar o tecido produtivo e comercial

O Bloque Nacionalista Galego vai solicitarlle ao alcalde de Vigo que convoque unha xuntanza con todas as forzas políticas da Corporación para poñer en común as medidas a aplicar, desde o Concello de Vigo, perante os efectos socioeconómicos derivados da crise sanitaria pola Covid-19. Así o vén de anunciar o concelleiro do Bloque na cidade olívica, Xabier P. Igrexas, que lamentou a falla de resposta por parte do Goberno municipal ás propostas trasladadas hai preto dun mes pola fronte nacionalista.

Igrexas, lembrou que o BNG propuxo no pleno do pasado 16 de abril a necesidade de poñer en marcha un Plan de Protección Social, para impedir que as clases populares e traballadoras pagasen as consecuencias da crise da Covi19, para protexer as familias máis vulnerábeis, estender dereitos e asegurar que, no que dependa do Concello de Vigo, ningunha viguesa nin ningún vigués ían quedar atrás. Entre as medidas defendidas polo Bloque estaban a extensión indefinida dos dispositivos de atención á poboación sen teito, unha nova convocatoria ampliada do ‘cheque social’, o aumento das axudas de emerxencia, o reforzo do SAF e máis persoal no servizo de benestar social.  

Aliás, nesa altura tamén demandaron o despregamento dunha Estratexia de Promoción Económica e do Emprego, que permitise axudar ao tecido comercial e as pequenas e medianas empresas da cidade, mais tamén para blindar a base produtiva da cidade e estar en condicións de manter e de crear máis emprego digno e con dereitos. Con ese afán, as nacionalistas suxerían a creación dunha axuda directa de 1.500 euros a comercios, PEMEs e autónomos, a posta en marcha dunha dunha liña de microcréditos municipais ao sector comercial e maiores bonificacións e aprazamentos na fiscalidade municipal. 

No entanto, transcorridas varias semanas e malia a receptividade declarada polo grupo de goberno de estudar as propostas nacionalistas, estas seguen sen resposta. “Cando se cumpre un mes desas propostas, a resposta por parte do Goberno municipal foi até o momento o silencio”, lamentou o portavoz municipal nacionalista.

Solicitude de xuntanza

Diante desta situación de impasse, o BNG vai trasladarlle a Abel Caballero  a necesidade de realizar unha nova xuntanza, como a celebrada o 16 de marzo no inicio do estado de alarma, entre a alcaldía e os voceiros de todas as forzas políticas con representación no  Pleno.Un encontro que, segundo Igrexas, tería por obxectivo “poñer en común, para cooperar, para sumar ideas e esforzos, para tecer un consenso que nos permita poñer en marcha estas iniciativas para enfrontar os efectos sociais e económicos da crise do coronavirus”. Medidas -apunta o edil nacionalista-, que xa se puxeron en marcha en concellos máis pequenos e con menos recursos económicos que Vigo, polo que entende que “agora que xa estamos na desescalada da crise sanitaria é urxente atender as consecuencias da crise do coronavirus, con decisións e con medidas concretas”. “É o momento de actuar”, remacha Igrexas.

VIGOHOY llega a Youtube: charlamos con Guille V. Zapata

0

Hoy charlamos con Guille V. Zapata , miembro del grupo musical Bifannah. Un vigués afincado en Madrid que combina su faceta de músico con su trabajo como guionista en programas como el de Andreu Buenafuente o Land Rober, entre otros.

Cs Vigo propone ampliar el arenal de la playa de Samil

0

La coordinadora local de Cs Vigo, Raquel Álvarez, propone aumentar la superficie de la playa de Samil en un 200% sin realizar parcelaciones, permitiendo a los vigueses disfrutar del arenal pese a las limitaciones de aforo

La coordinadora de la Gestora de Ciudadanos en Vigo, Raquel Álvarez, ha presentado un proyecto para aumentar la superficie de playa de Samil, rellenando de arena las cuatro zonas de aparcamiento existentes en los anexos al paseo como medida para paliar la limitación de aforo de las principales playas de nuestra ciudad, sin que los bañistas que se desplacen en su propio coche vean afectada su capacidad para aparcar.

La portavoz de la agrupación local ha rechazado la medida del Alcalde de Vigo de dividir la playa en cuadrículas porque considera que es una distribución muy rígida que no atiende a la demanda de los diferentes grupos de personas y a la subida y bajada de las mareas. «Consideramos que, aumentar la superficie de arena y limitar el aforo de las playas, mediante un control de acceso, son medidas suficientes para que los vigueses y turistas se distribuyan de manera segura con la tutela de la Policía Local, el equipo de socorrismo y Protección Civil».

Desde Ciudadanos, consideran que la playa de Samil, con una superficie aproximada de 16.722 m2, y con la ocupación de los 18.905 m2 de aparcamiento, debería limitarse a un aforo de 4.000 personas, ganando de este modo unas 2.000 plazas para bañistas, asegurando el aparcamiento para el 70% de este aforo y garantizando la distancia social que recomiendan las autoridades sanitarias. 

Así mismo, Álvarez considera que sería viable ampliar el arenal cubriendo con arena los 18.905 m2 de aparcamiento existentes en los anexos al paseo de la playa que, según los cálculos facilitados por la propia formación, supondría eliminar unas 815 plazas de aparcamiento. Siendo esta, una medida de contención frente a posibles aglomeraciones en la playa y que permite a la vez disfrutar de esta. «Según los cálculos de nuestros expertos, con la limitación de aforo a 4.000 personas, el 70% de los vigueses podrían acudir al arenal aparcando sus vehículos entre la Avenida de Samil y el aparcamiento del Verbum. Por lo que suprimir estas 4 zonas de aparcamiento no dificultaría el acceso a las playas en coche».

A mayores, proponen limitar el aforo y aumentar las frecuencias de los autobuses que conectan la ciudad con las principales playas viguesas para evitar aglomeraciones en los accesos y garantizar la distancia social durante los recorridos. 

En paralelo, la formación liberal ha propuesto crear un sistema de información digital para que los turistas y vigueses conozcan en tiempo real la disponibilidad de las playas a través de la aplicación móvil del Concello de Vigo, la página web y las pantallas digitales que están distribuidas por toda la ciudad. «Creemos que la limitación del aforo de las playas debe estar lo suficientemente publicitada a los vigueses, para que en todo momento puedan conocer el número de ‘plazas’ libres, y que desde el ayuntamiento anuncien a través de megafonía y señalización vertical la normativa de uso de la playa».

Para ello, Álvarez considera oportuno aumentar el personal de socorrismo, protección civil y policía local en las playas y en su entorno, para garantizar el orden y buen cumplimiento de las medidas de seguridad adoptadas. «Consideramos fundamental la presencia de la policía local en las playas, para velar por el cumplimiento de las normas, organizar el flujo de entrada y salida de bañistas y salvaguardar la integridad del equipo de socorrismo y protección civil ante eventuales conflictos producto de aglomeraciones».

La coordinadora de la agrupación local también insta al Concello de Vigo a que estudie el establecimiento de un horario de uso de las playas según grupos de población, priorizando el acceso en horario de mañana de lunes a viernes a mayores de 65 años y menores de 25, y dando prioridad por las tardes o fines de semana a los ‘trabajadores esenciales’, familias y trabajadores en general. De esta forma, la formación liberal rechaza crear un sistema de reserva de plazas en la playa, y apuesta por distribuir a la población en la playa por grupos de edad y usos, delimitando también las zonas de la playa para diferentes actividades.

Óscar García: «Tenemos que llegar a la competición al mejor nivel posible»

0

El técnico celeste considera que los jugadores necesitan más tiempo para retomar la forma

El entrenador del Celta, Óscar García Junyent, ha realizado hoy sus primeras declaraciones tras la vuelta a los entrenamientos. En ellas afirma que el equipo tiene que «llegar a la competición al mejor nivel posible».

Asimismo, el entrenador considera que el próximo 12 de junio es «un poco pronto» para retomar la competición, porque los futbolistas necesitarán «más tiempo» para coger la forma después de dos meses de confinamiento. «Hay que seguir el protocolo que nos han marcado y ver cómo va funcionando, pero creo que el día 12 de junio es un poco pronto. En eso coincido con Piqué», ha declarado.

En este sentido, destacó que no todos los futbolistas han iniciado los entrenamientos individuales «de la misma forma», ya que algunos han podido entrenar «al aire libre»y otros han tenido más limitaciones al vivir «en pisos pequeños». «Ahora nuestro trabajo será poner a todos en forma otra vez. Pero no será fácil las circunstancias son nuevas para todos», ha advertido Óscar García.

Asimismo, ha valorado como una «buena idea»poder hacer cinco cambios durante los últimos once partidos del presente campeonato, porque «lo que tiene que prevalecer es la salud de los jugadores».

Diario de un padre de familia confinado: Día 60

3

Día 60 del año 1 después de Covid 

Otro cumple en cuarentena  

Tenía, como todos los recién nacidos, el rostro arrugado, remarcado por la sangre que todavía se colaba entre una cantidad incontable de pliegos. Los ojos negros, tirando a grises casi oscuros, propios de los que despiertan al mundo por primera vez. Era también, como la inmensa mayoría de mocosos, comestible. Más si cabe con el pelo rubio con el que había despuntado entre las piernas de su madre. Tan llamativo que las enfermeras circulaban el mensaje de boca en boca: ¿Has visto al niño rubio de la 212?. 

Después del primer contacto con la piel, y de la negativa del padre a visualizar ningún tipo de placenta, lo lavaron y asearon, poniéndole un gorro con orejas de osito de peluche. Ya limpio, sin sangre coagulada ennegreciéndose sobre aquel diminuto cuerpecillo, las arrugas perdieron la batalla. Los ojos se entreabrieron… y un terrible velo de realidad tiño la escena en el preciso instante en el que comenzó a llorar. Eran alrededor de las cuatro de la madrugada del 14 de mayo de 2013, y aquella pequeña criatura no pararía de gemir y sollozar hasta bien entrado el mes de agosto.  

Lo recuerdo con la misma nitidez con la que puedo contemplar el desayuno de hoy por la mañana. Así de selectiva es la memoria. Y, sin embargo, han pasado ya 7 años que hoy hemos celebrado como Dios manda: tercer cumpleaños en estado de alarma. La única duda que me queda es si el de Elena, ya iniciado el mes de agosto, correrá la misma suerte. 

Andresito ha recibido los regalos con la certeza con la que los había soñado en su imaginación tan desbordante. Incapaz de ver la primera escena de E.T. ante el pavor que le produce aquel artefacto abatido entre tinieblas. Obligado a cerrar los ojos ante cualquier malo de Disney. Aunque no nos engañemos: esos villanos, si fuesen de carne y hueso, nos darían pavor. 

Un kit de detective y un cofre de piratas para guardar sus tesoros; aunque él no cabe dentro. Pienso que en otros siete años estará metido en plena adolescencia, peleado a codazos con el mundo para encontrar un espacio por el que transitar. Y en otros siete llevará ya unos cursos de carrera. Y en siete más podría estar enfilando hacia el altar. Pero esté donde esté, mientras que yo esté aquí, será una buena señal. Así que disfrutemos del momento, del kit de detective y del cofre de pirata. 

A UVigo agarda a finais de xuño e principios de xullo acadar unha reincorporación maioritaria do seu persoal

0

A vindeira semana comeza un proceso por fases de retorno dos traballadores á actividade presencial

O retorno continuará ata o 30 de xuño, aínda que se prevé manter o traballo remoto 

Unha vez que o Goberno publicou o pasado 28 de abril o Plan para la transición hacia una nueva normalidad, na Universidade de Vigo comezou o proceso de elaboración dun protocolo que establecese o retorno á actividade presencial, así como medidas de prevención asociadas fronte á COVID-19. Coa participación das vicerreitorías de Planificación e Sostibilidade, Investigación, Ordenación Académica e Profesorado e a Xerencia, elaborouse un borrador que lle foi trasladado ao Comité de Seguridade e Saúde do Traballo e negociouse cos representantes do persoal PAS e PD. “Debe destacarse o nivel de implicación e vontade de colaboración amosado en todo momento polos órganos de representación , permitindo acadar acordos con facilidade, aspecto que valora especialmente a institución ao contar co apoio e refrendo dos órganos de representación do persoal”, explica Raquel Souto, xerenta a Uvigo.

O protocolo, publicado nas últimas horas como resolución reitoral, contempla tres fases no proceso de retorno á actividade presencial: uha primeira, subdividida a súa vez en dous períodos, un organizativo do 11 ao 17 de maio e outro de implantación, entre o 18 e o 31 de maio; unha segunda fase que abrangue do 1 ao 14  de xuño e unha terceira, do 15 ao 30 de xuño. O texto, no que se fai referencia expresa ás persoas pertencentes a grupos vulnerables para a COVID-19 (diabetes, enfermidade cardiovascular e pulmonar crónica, inmunodeficiencia, cancro en fase de tratamento activo, embarazo e maiores de 60 anos), asi como a persoas con cargas familiares (menores e 12 anos e maiores dependentes), tamén detalla as medidas preventivas a implementar en canto á organización do traballo, acceso e mobilidade, reunións; medidas de atención ao público e preventivas colectivas e zonas comúns, así como aspectos relacionados coa docencia, a realización de exames e I+D. “As expectativas son positivas, e esperamos a finais do mes de xuño e principios de xullo a reincorporación do persoal poida ser maioritaria, comezando unha situación de nova normalidade. Non obstante, a prioridade é a saúde dos traballadores e estaremos moi atentos ás indicacións que nos fagan chegar as autoridades competentes”, sinala Raquel Souto, que lembra que en todas as fases de reincorporación ao traballo a apertura dos centros será de 9.00 a 19.00 horas.

Fase organizativa e fase de implantación

A preparación do inicio do proceso de retorno á actividade presencial estase a desenvolver ao longo desta semana en dúas frontes: dunha banda, as persoas responsables dos servizos e unidades comunican as súas previsións e necesidades para a paulatina reincorporación ao traballo presencial, “dando prioridade ás posibilidades de continuidade do réxime de traballo en remoto”, explica a xerenta. E doutra banda, procédese ao reparto de material de protección e seguridade para minimizar riscos nos centros, coa finalidade de ter todo preparado para o vindeiro día 18.

E é que do próximo luns e ata o vindeiro 31 de maio desenvolverase a fase de implantación na que comezará a prestar servizo de xeito presencial o persoal considerado necesario para a posta en marcha do funcionamento dos centros; persoal que ocupe postos de decano, xefe de servizo, administrador, director ou responsables das unidades ou centros correspondentes e o persoal que os seus responsables consideren indispensable para o funcionamento do servizo ou unidade, compatibilizando o réxime de traballo presencial co non presencial, así como o persoal cuxas funcións non poidan ser prestadas de xeito non presencial. “Nestes intres non hai unha previsión exacta do número de persoas que poden incorporarse a partir do luns, pero necesariamente acudirá persoal das conserxerías dos centros para a súa apertura”, sinala Souto, que no caso dos centros alude á variada casuística, desde servizos que se poden manter todo o mes de maio traballando de xeito non presencial, ata outros que precisan ir incorporando progresivamente persoal.

Así, a estimación previsible na primeira fase, segundo apunta Souto, é que se incorpore arredor dun 20% do persoal, dependendo do servizo e dos espazos cos que conten, tendo en conta ademais a flexibilidade permitida en canto á  reincorporación, con posibilidades de mudar quendas, alternar por días ou semanas o persoal para traballo presencial, e outras facilidades. “En todo caso o retorno supeditarase ao cumprimento estrito das medidas de seguridade establecidas: distancia social de dous metros, utilización de dispositivos de protección, etc…”.

Segunda e terceira fase e persoas de grupos vulnerables á COVID-19 e con cargas familiares

Entre o 1 de xuño e o 14 de xuño desenvolverase a fase dúas na que se reincorporará o persoal que teña posto de traballo nun espazo exclusivo ou que traballen en oficinas que garantan unha distancia de dous metros de separación entre o persoal, mentres que, no caso de postos que non garantan esta distancia, prestarán servizo alternando réxime presencial e non presencial, establecéndose quendas rotatorias. E entre o 15 e o 30 de xuño, na terceira fase, reincorporaríase o persoal cuxos postos incumprían a separación de dous metros entre eles, logo de realizar os axustes ou obras necesarias para garantir a distancia mínima de seguridade. “Todo este proceso estará obviamente condicionado á evolución da pandemia é á regulación que poidan establecer as autoridades competentes”, explica a xerenta, que insiste, en que sen obviar as medidas que se poidan adoptar a nivel autonómico ou estatal, no relativo ao alumnado non está contemplado de momento o seu regreso ás aulas.

O protocolo contempla así mesmo, que o persoal que pertenza aos colectivos definidos polo Ministerio de Sanidad como vulnerables á COVID-19 (diabetes, enfermidade cardiovascular e pulmonar crónica, inmunodeficiencia, cancro en fase de tratamento activo, embarazo e maiores de 60 anos), así como a persoas con menores de 12 anos e maiores dependentes ao seu cargo e afectados polo peche de centros educativos ou de maiores, e que non sexa compatible a súa situación con medidas especiais de flexibilidade da xornada laboral, poderán seguir desenvolvendo a súas tarefas en réxime non presencial. “En principio serían estes dous colectivos os que se reincorporarían en última instancia, sen prexuízo de necesidades concretas de servizos ou unidades en base a súa dimensión e tarefas a desenvolver. Destacar que respecto dos grupos vulnerables, o protocolo establece unha sistemática de actuación, con comunicación ao Servizo de Prevención de Riscos Laborais, para que este realice a valoración oportuna acerca das condicións de medidas a adoptar no caso de que deban incorporarse á prestación de servizo presencial”, detalla Raquel Souto. 

Medidas de prevención asociadas fronte á COVID-19 

O protocolo contempla ademais medidas preventivas a implementar en canto á organización do traballo, acceso e mobilidade, reunións; medidas de atención ao público e preventivas colectivas e zonas comúns, así como aspectos relacionados coa docencia, realización de exames e I+D. Neste sentido, recóllese por exemplo a posibilidade de redefinir tarefas co obxectivo de poder realizar o traballo telemáticamente; redución do traballo simultáneo nas zonas comúns; modificación da organización a circulación de persoas en zonas comúns ou mesmo estudar o emprego de cámaras térmicas ou medidores de temperatura sen contacto no acceso aos centros onde haxa grandas concentracións nas entradas e saídas. Prohíbense ademais, ata nova instrución, as visitas aos centros. Pola súa banda, no caso dos espazos de atención ao público, utilizarase un sistema de portelo, establecéndose o sistema necesario para garantir a separación física mínima de dous metros .

Por último, en relación coa docencia, realización de posibles exames e I+D, o protocolo establece a maximización do uso do ensino virtual, tutoriais en vídeo e o emprego de simuladores e cara á realización de posibles exames sinala que se “farán os estudos pertinentes para o caso de que se decida facer algún exame presencial na convocatoria de segunda oportunidade. A decisión de facer algún exame en xullo está pendente dunha resolución reitoral que se ditará a finais de maio, na que se indicará si se dan as condicións oportunas para facer algunha proba presencial e, nese caso, será o Consello de Goberno o que aprobe a relación de exames que serán presenciais”, explica Raquel Souto, que en relación cao realización das probas da ABAU, lembra que a organización compete á CIUG e, “ata onde sabemos, aínda non teñen decidido como se fará a proba. No que respecta á Universidade, o único do que temos constancia é dunha solicitude de información de aulas dispoñibles nos días previstos, xa que a realización en dependencias da universidade é unha das opcións que aínda está aberta», detalla.