Luis López destaca o apoio da Deputación ao tecido deportivo da provincia na presentación da nova tempada do equipo ciclista Supermercados Froiz

0

“Este ano vai ser o ano do ciclismo”, afirmou o presidente da Deputación en referencia aos grandes eventos ciclistas que terán lugar na provincia ao longo do 2024 

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, remarcou o compromiso do goberno provincial cos deportistas e clubs da provincia na presentación da nova tempada do Grupo Deportivo Supermercados Froiz, que tivo lugar este venres no exterior do Pazo provincial. O dirixente provincial destacou o labor que leva desenvolvendo este equipo ciclista durante máis de tres décadas na formación de novos deportistas e levando o nome da provincia polas estradas de todo o país. Do mesmo xeito, quixo recordar tamén a figura de Magín Froiz. “É o gran pai do ciclismo, por todo o que fixo por este deporte e pola maridaxe coa empresa”, salientou López.

Nun acto conducido polo xornalista deportivo Terio Carrera e no que tamén estiveron presentes o vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez; o secretario xeral para o Deporte; Jose Ramón Lete Lasa; e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; así como os integrantes das distintas categorías do equipo ciclista encabezados polo director deportivo, Evaristo Portela; o titular do executivo provincial sinalou que “febreiro é o mes do ciclismo” en referencia ao inicio da tempada do Supermercados Froiz e tamén polo remate, no alto do Monte Aloia o 25 de febreiro, da última etapa do Gran Camiño, proba que conta co apoio da Deputación e na que participarán as máis grandes figuras do ciclismo mundial.

Luis López, amante e practicante do deporte da bicicleta, puxo en valor tamén a traxectoria e o labor do director deportivo do conxunto pontevedrés, Evaristo Portela. Neste sentido, recoñeceu o seu compromiso ao longo dos 36 anos de historia da entidade alimenticia para fomentar os valores do deporte e a práctica deportiva entre a mocidade.

Finalmente, o mandatario provincial recordou que a presenza das bicicletas por toda a provincia non se limitará só ao mes de febreiro. “Este vai ser o ano do ciclismo”, asegurou antes de citar o paso do pelotón de La Vuelta a España o 27 de agosto entre Ponteareas e Baiona ou a celebración do Europeo de ciclocrós en Pontevedra o vindeiro outono. Dous eventos que dan boa mostra da importancia que ten o deporte para o executivo provincial.

A presentación, que contou coa participación dos escolares do colexio pontevedrés entre os que repartiron agasallos do Supermercados Froiz, rematou cunha mensaxe de ánimo por parte do presidente da Deputación aos corredores do equipo ciclista. “Só me queda desexarvos sorte para a nova tempada porque sei que a ilusión e o traballo é algo propio de toda a familia do Súper Froiz”, concluíu Luis López.

Identificados dos hombres en Vigo mientras realizaban pintadas en un edificio de García Barbón

0

Los agentes observaron a los dos varones en las inmediaciones, portando dos bolsas de plástico con varios sprais de pintura en su interior

Dos hombres, de 35 y 36 años, fueron identificados este jueves en Vigo mientras realizaban pintadas en un edificio de la calle García Barbón.

Segúun informa la Policía Local, fue un ciudadano el que informó a los agentes de que dos individuos estaban realizando pintadas en el portal de acceso al garaje de un bloque de viviendas.

Una vez en el punto, los agentes observaron a los dos varones en las inmediaciones, portando dos bolsas de plástico con varios sprais de pintura en su interior. Preguntados por su origen, reconocieron ser los autores del graffiti que había en las inmediaciones.

Por ello, fueron identificados. Los funcionarios se pusieron también en contacto con el presidente y el administrador de la comunidad de vecinos para indicarles los pasos a seguir, manifestando estos que presentarán la correspondiente denuncia por los daños ocasionados.

Detenido en Vigo por agredir sexualmente a una menor con la que contactó por redes sociales

0

La niña accedió a llevarla hasta el domicilio de él y, una vez allí, la madre le exigió que le mostrase el DNI para comprobar su edad, pero el hombre se negó

Agentes de la Policía Local de Vigo han detenido un vecino de la ciudad, de 38 años, como presunto autor de un delito de agresión sexual a una niña, a la que conoció a través de las redes sociales y a la que engañó para hacerle creer que era más joven de lo que en realidad es.

Según informan fuentes policiales, la actuación se llevó a cabo este miércoles tras una denuncia de la madre de la menor, que tiene actualmente 15 años, y que sospechaba de que su hija estaba manteniendo una relación con un hombre mayor.

La menor le confirmó que se estaba viendo desde hacía tiempo con un chico de 22 años pero la madre sospechaba que era más mayor, por lo que pidió a su hija conocerlo. La niña accedió a llevarla hasta el domicilio de él y, una vez allí, la madre le exigió que le mostrase el DNI para comprobar su edad, pero el hombre se negó.

Fue entonces cuando la mujer llamó a la Policía, que acudió al domicilio y, al identificarlo, comprobaron que el varón había mentido a la menor, al asegurarle que tenía 22 años, cuando en realidad tiene 38 años de edad. Asimismo, constataron que ambos habían mantenido relaciones sexuales, incluso cuando la niña aún tenía 14 años, por lo que procedieron a su detención.

Investigan a dos hombres en Vigo tras clavarle unas tijeras a otra persona por un tema de drogas

0

La Policía estudia un caso en el que la víctima y un acompañante también implicado podrían haber intentado robar mercancía en un punto de venta

Dos hombres están siendo investigados por un delito de lesiones dolosas después de haber atacado a otras dos en Vigo, a una de las cuales le clavaron unas tijeras en el cuello y abandonaron malherida en una zona de monte, en un caso que tiene relación con una disputa por drogas.

La magistrada del Juzgado de Instrucción número 3 de Vigo, en funciones de guardia, ha decretado la puesta en libertad de los dos detenidos. Se les investiga por un delito de lesiones dolosas y se les ha impuesto la prohibición de aproximarse y de comunicarse con las dos víctimas.

La Policía Nacional sigue investigando un caso en el que parece que, presuntamente, los dos heridos habrían intentado robar mercancía en un punto de venta tras haberse hecho pasar por consumidores.

La víctima a la que le clavaron las tijeras fue trasladada al Hospital Álvaro Cunqueiro.

Catro recoñecidos artistas galegos mostran o seu apoio a Alfonso Rueda: “Unha rueda que nos fai rodar a todos nós”

0

Agradecen o apoio recibido e o seu impulso á creación e difusión da arte galega reivindicando o bo momento que vive o tecido cultural na nosa Comunidade

Os artistas galegos mostran o seu apoio ao presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, nun vídeo no que agradecen o apoio recibido polo Goberno galego nestes anos no impulso da creación e difusión da arte galega e reivindican o bo momento que vive o tecido cultural de Galicia.

O escultor ourensán Acislo Manzano reivindica que “os artistas son valiosos para o Goberno” e que este á súa vez tamén o é para eles na medida en que “ofrece liberdade e apoio”. O cal constitúe para el “a esencia galega” e un elemento fundamental para que os artistas poidan traballar por e desde Galicia: “Non hai que ir a Nova York, nin a París, nin a Roma porque en Galicia temos o que esa xente non ten”. E no que se refire ao presidente non dubida en afirmar: “É unha gran rueda que nos fai rodar a todos nós”.

Nesta mesma liña, o pintor lalinense Antón Lamazares considera que o programa de Alfonso Rueda vai na liña de “multiplicar a cultura” e que iso supón tamén “defender a casa grande que é Galicia” do mesmo xeito que fixera no seu día o presidente Manuel Fraga.

“O Goberno galego apostou claramente polas diferentes sensibilidades artísticas que hai en Galicia e asignou, por primeira vez en moito tempo, un papel fundamental ás ensinanzas de Arte”, sostén pola súa banda o tamén pintor César Taboada recordando a creación de novas escolas e centros artísticos “con todos os elementos da contemporaneidade”. O artista ourensán engade neste sentido: “Temos todo en Galicia, sen ter que saír de aquí”. Por último, o escultor cambadés Manolo Paz recoñece abertamente que todo o que pode dicir da xestión cultural do Goberno galego é positivo, na medida en que no seu caso persoal contou co apoio que precisaba para poder levar a cabo un proxecto “moi ambicioso” de expoñer a súa obra en tres lugares catalogados como Patrimonio da Humanidade. “Somos galegos e debemos demostralo coa nosa cultura”, conclúe.

O Álvaro Cunqueiro acolle a primeira intervención cirúrxica de galicia dun paciente con TOC

0

Os servizos de Neurocirurxía e Psiquiatría puxeron en marcha un Programa para tratar mediante neuroestimulación cerebral profunda aos pacientes con Trastorno Obsesivo Compulsivo refractario

Os servizos de Neurocirurxía, Psiquiatría e Anestesioloxía da Área Sanitaria de Vigo realizaron a primeira intervención cirúrxica en Galicia para o tratamento,mediante neuroestimulación cerebral profunda, dun paciente con Trastorno Obsesivo Compulsivo refractario.

A operación foi un éxito e a paciente, unha muller de 51 anos da comarca viguesa, está dada de alta e evoluciona sen complicacións.

O Trastorno obsesivo-compulsivo (TOC) é un trastorno psiquiátrico complexo que pode ocasionar un grave deterioro clínico, funcional e social a persoa que o padece. Segundo afirma o psiquiatra Raúl Vázquez-Noguerol “a neuroestimulación cerebral profunda é unha opción para aqueles pacientes nos que os tratamentos convencionais  fracasaron. A día de hoxe está constatada a súa eficacia, cuns resultados espectaculares, rexistrando unha significativa redución dos síntomas clínicos e cunha melloría dun 70%, que é un índice moi alto para estes pacientes xa que pode diminuír o sufrimento que a enfermidade lles causa, e permitir mellorar o seu funcionamento social e incluso  reincorporase ao mundo laboral”.

Implantación de 2 eléctrodos

As persoas con TOC teñen un circuíto cerebral reverberante no lóbulo frontal, que se caracteriza por unha hiperactividade e hiperconectividade neuronal; isto é, as conexións neuronais funcionan máis intensamente do que deberían. Esta actividade reverberante pode ser modulada por diversas sinais, tanto excitatorias como inhibitorias, o que posibilita un control preciso sobre a duración e intensidade desa actividade neuronal.

Os neurocirurxiáns que coordinaron a operación, Pablo Sousa e Laura Serrano, explican que “a intervención consiste na implantación de dous eléctrodos profundos, un en cada hemisferio cerebral, dun xeito minimamente invasivo, a través de pequenos orificios no cráneo. Estes eléctrodos están conectados a unha batería subcutánea que situamos baixo a clavícula do paciente, e producen impulsos eléctricos nunha diana moi concreta do cerebro.  O resultado é que estas descargas inhiben o circuíto cerebral. En definitiva, o obxectivo é reducir ao máximo a sintomatoloxía do trastorno, cambiando a actividade cerebral dun xeito controlado”.

A día de hoxe, esta operación só se realiza en oito hospitais de España. ”Trátase dunha intervención con certa dificultade xa que require de moitos requirimentos técnicos na súa planificación e desenvolvemento, así como da incorporación do TAC intraoperatorio”-asegura o Dr. Sousa.

Sen embargo, para o paciente é unha técnica segura, sendo moi raras as complicacións serias, cun postoperatorio sinxelo, escasos efectos secundarios e unha rápida recuperación.

Selección rigorosa do paciente

O Trastorno obsesivo-compulsivo (TOC) caracterízase pola presencia de obsesións e compulsións (condutas recorrentes e esterotipadas) de xeito continuado no tempo, o que provoca no paciente un alto nivel de ansiedade. Trátase dunha doenza que interfire moito na vida diaria de quen a padece e cursa cun gran sufrimento emocional, chegando a ser incapacitante. A súa prevaleza é de 2-3% da poboación xeral.

Segundo a gravidade do TOC, os pacientes reciben un tratamento combinado  farmacolóxico e psicoterápico. No caso do TOC grave, entre un 20-40% deste pacientes non responden aos tratamentos, sendo a terapia cirúrxica a única opción.

Así, a neuroestimulación cerebral profunda ten unhas indicacións moi concretas, polo que a selección dos pacientes é moi rigorosa, pasando por un comité  clínico que realiza a avaliación. Os principais criterios selectivos son: que o impacto funcional da enfermidade sexa grave, con gran repercusión na vida do doente; e que o TOC sexa refractario, con fracaso dos tratamentos convencionais.

Tras os bos resultados desta primeira intervención, o equipo do Cunqueiro xa ten planificada a segunda operación e “prevemos realizar entre quince e vinte intervencións anuais, e temos o obxectivo de que este hospital convértase no centro de referencia galego para o tratamento cirúrxico  desta patoloxía”, conclúe Pablo Sousa.

Annie B. Sweet y Teo Cardalda actuarán en el concierto tributo a Antonio Vega este viernes en Vigo

0

Cuatro de las voces más genuinas del panorama español de las últimas décadas se dan cita en la ciudad olívica para homenajear la vida y el legado musical del cantoautor Antonio Vega

Annie B. Sweet, Teo Cardalda, Nacho Campillo y Shuarma actuan hoy en Vigo en el concierto tributo a Antonio Vega que se llevará a cabo en el Teatro Afundación de Vigo.

Cuatro de las voces más genuinas del panorama español de las últimas décadas se dan cita en la ciudad olívica para homenajear la vida y el legado musical del cantoautor Antonio Vega.

«La excepcional acogida del público vigués a este concierto viene a sumarse al lleno que logró el también cantautor Ismael Serrano el pasado sábado en el teatro de la Obra Social de Abanca. Y continuará un día después, el sábado 17, con una propuesta totalmente diferente. Las entradas para el espectáculo ‘La capital del pecado 2.0’, del humorista Juan Dávila, ya están agotadas», apuntan desde Afundación.

‘El sitio de mi recreto’ es el título de una de las canciones más populares del pop español y también el nombre del concierto tributo de la Banda Original de Antonio Vega. Junto a ellos, sobre el escenario, estarán Annie B. Sweet, Teo Cardalda, y los cantantes y ex-líderes de Tam Tam Go, Nacho Campillo, y de la banda Elefantes, Shuarma.

Alfonso Rueda asegura que ten “ganas de gañar” e pide o voto para que Galicia poida seguir o seu camiño sen impedimentos

0

Aposta por unha Galicia que “siga sendo como é sen que ninguén nos diga como temos que ser” e na que non se separe aos galegos entre bos e malos en función do que pensan

O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, asegurou na tarde-noite de onte en Vigo que ten “ganas de gañar” e non polo mero feito de acadar o triunfo, senón porque é consciente do “moito que hai en xogo” e porque quere que Galicia poida seguir o seu propio camiño sen escusas nin impedimentos.

Explicou que quere unha Galicia na que non sexa necesario “separar aos galegos entre bos e malos en función do que pensan” para defender a súa identidade e ter “voz propia en España” e, do mesmo xeito, unha Galicia que “siga sendo como é sen que ninguén nos diga como temos que ser”.

Referiuse así á “esas minorías que queren impoñerse á maioría coa complicidade dun PSOE ao que lle da igual quen goberne Galicia” e fixo un chamamento aos votantes socialistas “desencantados, alucinados e descontentos porque non recoñecen ao que foi o seu partido”.

“A todos eses votantes do PSOE que non entenden a renuncia aos seus principios só para que o seu xefe de filas siga no seu asento, que senten que as cousas poden ser doutra maneira e que non queren separatismos en Galicia, dígolles que poden confiar en nós”, afirmou reivindicando que quere seguir sendo “o presidente de todos e cada un dos galegos”.

Ante unha audiencia de máis de 1.500 persoas, Alfonso Rueda ofreceuse para “seguir gobernando con sentidiño e sensatez, sen crear problemas novos e sen perder o tempo en discusións” e reivindicouse como bo xestor porque “xa hai de sobra na esquerda xente que non xestiona, que inventa un problema para cada solución e que só entende a política desde a crispación e o enfrontamento”.

Asegurou que este domingo “hai que elixir entre a unión fronte a ruptura, entre as solucións fronte aos problemas e entre o cumprimento da palabra dada fronte aos quen farán todo o que dixeron que non farían e renunciarán a todo o que dixeron que non renunciarían”.

“O partidismo non leva a nada, pero a experiencia si”, engadiu facendo un chamamento a “ver o que fixemos entre todos, mirar cara adiante e superarnos a nós mesmos”. Por iso, na recta final da campaña, o líder populares galegos remarcou que non vai renunciar a seguir facendo balance de todo o feito e a seguir facendo propostas onde outros só fan descualificacións.

Apostou así por seguir axudando ás familias con medidas como a gratuidade das escolas infantís ou das primeiras matrículas universitarias, por seguir mellorando a sanidade pública e por “tomar medidas desde o primeiro minuto”.

Comprometeuse así a que nos seus primeiros 100 días de goberno rebaixará o imposto de sucesións aos herdeiros colaterais, permitirá que as mulleres que queiran optar pola fecundación in vitro poidan facelo ata os 45 anos e poidan ademais conxelar os seus óvulos sen necesidade de ter ningunha patoloxía, continuará completando o calendario de vacinación infantil e comezará a ampliación do parque de vivenda pública.

Seguirá apostando así mesmo por mellorar as infraestruturas de Galicia con feitos e non, como fan outros, “baixando dun tren cos Reis Magos, nin bicando locomotoras, nin escusándose en estudos medioambientais e publicacións no BOE para ocultar a súa inacción”.

Nesta liña recordou que, mentres o PSOE e o BNG pactaron a gratuidade da AP-9 e en cambio os galegos sufriron a maior subida das peaxes da historia, as autopistas de titularidade autonómica seguen por segundo ano consecutivo coas súas tarifas conxeladas. “Esa é a diferenza entre a propaganda e as realidades”, concluíu.

Rueda rematou a súa intervención asegurando que se sinte preparado, motivado e con ganas para solicitar aos galegos a súa confianza e que “Galicia siga funcionando desde a estabilidade e sen perder o tempo en discusións nin egoísmos”.

Quixo agradecer ademais á presidenta Isabel Díaz Ayuso que represente tan ben a unha Comunidade onde hai moitos galegos como é Madrid, así como o seu apoio persoal ao longo desta campaña electoral: “Grazas por transmitir estas ganas de gañar”.

Alfonso Rueda fai un chamamento ao voto útil para evitar que o independentismo entre nas institucións de Galicia

0

Ofrece un proxecto ilusionante e confiable que aposta pola Galicia que funciona e un programa con medidas realizables que constitúe o seu pacto cos galegos que lle outorguen a súa confianza o próximo 18 de febreiro

O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, asegurou hoxe estar máis preparado que nunca para seguir sendo presidente e pediu a confianza dos galegos ofrecéndolles a cambio a súa ilusión polo futuro e a experiencia destes anos para seguir camiñando xuntos cara unha Galicia que se supere a si mesma.

Nunha comida-mitin celebrada en Redondela na que estivo acompañado polo candidato pola provincia de Pontevedra Alberto Pazos e ante os 300 asistentes, subliñou que son moitos os galegos e as galegas que habitualmente non votan ao Partido Popular pero, sen embargo, non están de acordo con que o castelán se erradique das aulas, coas alianzas de determinados partidos con Bildu, nin coa posibilidade de que Galicia poida estar gobernada polo independentismo.

A todos eles dirixiuse para asegurarlles que o único voto útil para frear todo iso é o voto ás candidaturas do PPdeG nas catro provincias. Remarcando que coller calquera outra papeleta suporá facilitar que o independentismo entre nas nosas institucións.

A cambio, Rueda ofrece un proxecto ilusionante e confiable que aposta pola Galicia que funciona e un programa con medidas realizables que constitúe o seu pacto cos galegos que lle outorguen a súa confianza o próximo 18 de febreiro. Unhas medidas entre as que se atopa a de apoiar ás mulleres que queren ser nais con máis de 40 anos aumentando ata os 45 anos a idade de acceso á fecundación in vitro, eliminando o límite dun único fillo neste servizo e facilitando a conxelación de óvulos sen necesidade de ter unha patoloxía específica.

Ademais disto, apostou por seguir reforzando a sanidade pública, atraer novos investimentos que creen riqueza e emprego, construír máis vivenda pública, seguir vertebrando o territorio e facer de Galicia unha potencia en enerxías verdes.

Interceptado un furtivo en la playa de A Fontaiña gracias al servicio de drone de la Policía Local de Vigo

0

El pasado día 13 de febrero, realizando labores de vigilancia del marisqueo ilegal, la Unidad Fénix, perteneciente a Policía Local de Vigo, especializada en el control de Drones y demás Aeronaves, localizó en la playa de A Fontaiña a un individuo realizando marisqueo furtivo.

Los agentes mantuvieron la vigilancia del mismo mediante el drone para posteriormente interceptarlo. El hombre no acreditó ningún tipo de licencia de pesca y portaba una bolsa llena de erizos de mar, así como diversos aperos de pesca para la extracción de pulpo. Fue identificado y tras la presencia en el lugar del Guarda del Medio Rural de la Cofradía de Vigo, se devolvieron los Erizos intervenidos a su hábitat natural y se confeccionó la correspondiente denuncia, la cual será tramitada a la Consellería de Pesca.

El objetivo del operativo llevado a cabo por la Policía Local de Vigo es la localización y erradicación de los focos activos de furtivismo en la zona del litoral de la ciudad.