La Audiencia Provincial de A Coruña decreta el ingreso en prisión provisional del responsable de la empresa de Cambre que recibió un alijo de más de siete toneladas de cocaína

0

La sección primera de la Audiencia Provincial de A Coruña ha decretado el ingreso en prisión provisional, comunicada y sin fianza del administrador de una empresa de Cambre destinataria de un alijo de más de siete toneladas de cocaína. De esta forma, el alto órgano judicial provincial ha estimado el recurso de apelación interpuesto por el Ministerio Fiscal contra el auto de fecha 21 de diciembre de 2023 dictado por el Juzgado de Instrucción Número 5 de A Coruña, que decretó la puesta en libertad del detenido. Además, ha ordenado que se mantengan las medidas cautelares consistentes en retirada del pasaporte y prohibición de expedición de uno nuevo. 

El tribunal explica en el auto que los indicios que se derivan de lo actuado hasta el momento durante la instrucción de la causa permiten afirmar, “aparte de la gravedad y trascendencia que han tenido los hechos”, que nos encontramos “ante un delito contra la salud pública previsto en los artículos 368, 369.5 y 370 del Código Penal, que tiene señalada pena de prisión que podría alcanzar los doce años”. Por ello, concluye que concurre el primer presupuesto del artículo 503.1 de la Ley de Enjuiciamiento Criminal para decretar la prisión provisional: que haya constancia de la existencia de uno o varios hechos que presenten caracteres de delito sancionado con pena igual o superior a los dos años de prisión.

Además, los magistrados destacan que se trata del administrador único de la empresa destinataria de la droga, por lo que afirman que existen indicios de su presunta responsabilidad criminal en los hechos, al tiempo que señalan que también han tenido en cuenta, a la hora de adoptar la medida cautelar, el riesgo de fuga. De esta forma, argumentan que dicho riesgo está presente “dada la gravedad de la pena que se puede imponer”. Además, subrayan que el investigado “cuenta con medios para facilitar su huida” debido a su capacidad económica y a que cuenta con el apoyo de personas que se la podrían facilitar. Los jueces también añaden que “existen indicios de que el investigado es integrante de una organización internacional dedicada al tráfico de sustancias”.

“La Sala tiene presente que la prisión provisional no es una condena anticipada, y que para adoptar la misma han de tenerse en cuenta los principios inspiradores de tal medida cautelar, que son la necesidad, la excepcionalidad, la subsidiariedad, la proporcionalidad y la provisionalidad”, apuntan los jueces en el auto, en el que recalcan que también deben tener presente “que los hechos realizados por el investigado son de gravedad manifiesta”. La resolución de la Audiencia es firme, pues contra ella no cabe interponer recurso. El investigado ha ingresado hoy en prisión. 

Representantes políticos debaten sobre educación e xuventude no campus de Pontevedra

0

Nun debate organizado polo Decanato e a Delegación de Alumnado de Dirección e Xestión Pública

Participaron candidatos de PP, BNG, PSOE, Sumar e Podemos

Na xornada previa ao peche da campaña das eleccións autonómicas deste domingo 18 de febreiro, a Facultade de Dirección e Xestión Pública do campus pontevedrés acolleu un debate electoral, que tivo como eixe central as propostas dos diferentes partidos en materia de educación, xuventude e emprego. Promovido polo Decanato e a Delegación de Alumnado da facultade, coa colaboración do grupo de investigación Observatorio da Gobernanza G3, neste debate participaron integrantes das candidaturas pola provincia de Pontevedra dos partidos sinalados como representativos e significativos pola Xunta Electoral. 

Aberto tanto á comunidade universitaria como ao conxunto da cidadanía e moderado polo profesor Celso Cancela, o debate contou coas intervencións de Miguel Fidalgo (PP), Paulo Ríos, (BNG), Xulio Torrado (PSOE), Ramón Sarmiento (Sumar) e Antía Fernández (Podemos), aos que tanto a vicerreitora do campus, Eva María Lantarón, como o decano, Enrique Varela, agradeceron a súa disposición a tomar parte nesta actividade, coordinada polo profesor Fernando Martínez. “É un pracer telos aquí e que poidan debater e dar a coñecer os seus programas”, salientou Lantarón, mentres que Varela agradeceulles “o esforzo por estar aquí a un día do peche de campaña”. De aí que o decano incidise tamén en que a súa presenza “lexitima o papel da Universidade, non só como xeradores de coñecemento, senón tamén na parte social e institucional que temos que desenvolver”.

Dous bloques de intervencións

Baixo o título de As propostas dos partidos políticos sobre educación, formación e empregabilidade, o debate, que puido seguirse tamén de xeito virtual a través de Campus Remoto, estruturouse en dous bloques, no que cada candidato ou candidata podía intervir por un tempo máximo de cinco minutos, completándose posteriormente coas preguntas que as e os asistentes trasladaron aos representantes das distintas formacións. O primeiro bloque de debate, como explicou Cancela, estivo centrado na “política xeral”, mentres que o segundo buscaba pór o foco nas propostas das diferentes formacións en materia de “formación, empregabilidade, educación e xuventude”.

Cunhas quendas de intervención “ordenadas de maior a menor representación”, este segundo bloque abriuse coa intervención de Miguel Fidalgo, quen en materia de emprego xuvenil, salientou “que o número de ocupados menores de 30 anos aumentou un 11%” en Galicia en 2023, á vez que destacou a proposta de “estender a gratuídade da educación ao nivel universitario”. A continuación, Paulo Ríos alertou da “emigración xuvenil forzosa por falta de oportunidades neste país”, que supón unha perda “de coñecemento e riqueza” e avogou por impulsar un “plan de emprego xuvenil” e por facer de Galicia “un polo de investigación”. En terceiro lugar, Xulio Torrado afirmou que “o factor que mellor explica o rendemento dun alumno” nas diferentes etapas son “os cartos da súa familia”, polo que, sinalou, “necesitamos igualar as oportunidades”, propondo a “primeira matrícula gratis de grao e de máster”. Ramón Sarmiento, pola súa banda, puxo o foco “na realidade á que se enfronta á mocidade” o que levouno a incidir na necesidade de “mellores salarios” e en que poidan contar “unha vivenda accesible a través da promoción pública” e cunha “mobilidade barata e sostible”. Finalmente, Antía Fernández defendeu un “acceso ás universidades totalmente gratuíto” e a derrogación da lei galega neste ámbito, “por favorecer a creación da universidades privadas”, así como un “férreo compromiso coa investigación para favorecer a sostibilidade do emprego neste sector”. 

A Deputación abre este venres o prazo para que as asociacións xuvenís da provincia poidan beneficiarse de ata 5.000€ para poñer en marcha os seus proxectos

0

Trátase do Plan +Xuventude, a primeira liña de axudas da historia da Deputación dirixida á mocidade que, neste 2024, distribuirá 100.000 € entre os colectivos xuvenís provinciais

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra acaba de publicar as bases que regulan a convocatoria do Plan +Xuventude, a primeira liña de axudas da historia da Deputación dirixida á mocidade da provincia que se enmarca no servizo de Xuventude creado polo goberno de Luis López e liderado polo deputado Jorge Cubela. O programa, dotado con 100.000€, distribuirá a cada asociación xuvenil un máximo de 5.000€ para poñer en marcha iniciativas de interese social e as entidades poderán presentar a súa solicitude a partir deste venres 16 de febreiro.

As axudas do Plan +Xuventude están dirixidas a asociacións xuvenís sen ánimo de lucro prestadoras de servizos dirixidos á xuventude e grupos formados por entre 3 e 8 persoas de entre 18 e 35 anos que propoñan a realización dun proxecto de interese xeral e social. As propostas deben favorecer e promover o desenvolvemento persoal e comunitario, contribuír ao empoderamento xuvenil, á formación en valores, á consecución de hábitos saudables, e enriquecer a vida social, económica, científica e cultural da provincia. Deste xeito, pódense presentar á convocatoria proxectos englobados en diferentes áreas: Iniciativa empresarial; vida saudable e loita conta a violencia e conductas de risco; fomento da cultura en todas as súas áreas, da innovación así como a promoción de sectores coma o científico, tecnolóxico e dixital, as ciencias xurídicas e as sociais; creación de Consellos Locais de Xuventude e o fomento do asociacionismo e voluntariado xuvenil; promoción do desenvolvemento e dinamización do medio rural, a loita contra a soidade non desexada, así como proxectos que teñan impacto no rural dende a perspectiva de reto demográfico, e protección do medio ambiente e loita contra o cambio climático.

El Zampakilos Solidario, primera recogida de este 2024,necesita más de 700 voluntarios en la provincia

0

Por octavo año consecutivo, la compañía gallega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski impulsará esta campaña solidaria a favor de Banco de Alimentos, permitiendo la presencia de voluntarios en unos 40 establecimientos Eroski y Autoservicios Familia a nivel provincial

La Fundación Provincial Banco de Alimentos necesita más de 700 voluntarios en diferentes localidades de la provincia de Pontevedra para poder desarrollar con éxito el Zampakilos Solidario, la primera Operación Kilo que se llevará a cabo este 2024.

Organizada por octavo año consecutivo por parte de la compañía gallega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski, la marea azul del Banco de Alimentos participará los próximos 8 y 9 de marzo en esta acción en unos 40 establecimientos Eroski y Autoservicios Familia a nivel provincial.

La ciudad de Vigo será la que más voluntarios movilizará, en concreto, unos 350, mientras que el resto corresponde a distintas localidades. Por zonas: en Porriño y Mos (Louriña) se precisan 40 voluntarios; en Redondela, 40; en Baiona y Nigrán (Val Miñor), 40, en A Guarda (Baixo Miño), 20; en Moaña y Cangas (O Morrazo), 40; en Ponteareas (Paradanta), 20; en Poio, 20; en Bueu, 20; en Marín, 40; en Soutomaior, 20; en Catoira, 20; Vilagarcía y Vilanova de Arousa (O Salnés), 60; y, en Lalín (Deza), 20.

Presencia en O Morrazo y Ponteareas Como novedad en esta octava edición del Zampakilos Solidario, cabe destacar que nuestra ONG volverá a estar presente con voluntari@s tanto en O Morrazo en concreto, en los establecimientos Eroski de Moaña y Cangas, como en Ponteareas. Asimismo, nuestra marea azul participará por primera vez en Catoira.

Para participar como voluntario en esta Operación Kilo solo se requiere contar con cuatro horas libres el viernes o el sábado, 8 y 9 de marzo, considerarse una persona empática con las personas más vulnerables y apuntarse o a través de la web: https://bancoalimentosvigo.org o llamar al 986263022.

Como viene siendo habitual, el próximo Zampakilos Solidario tendrá una fórmula mixta, es decir, los donantes podrán entregar alimentos físicos a nuestros voluntari@s y/o realizar aportaciones económicas al pasar por la caja del supermercado. Vegalsa-Eroski abrirá un saldo a nuestro favor con todo el dinero recaudado para traducirlo directamente en la compra de alimentos en su propia cadena.

La Fundación Provincial Banco de Alimentos repartió más de 1,9 millones de kilos alimentos durante 2023. Con carácter apolítico y aconfesional, en la actualidad atendemos a unas 20.000 personas en situación de vulnerabilidad de la provincia a las que llegamos a través de más 152 ONG y entidades homologadas con las que trabajamos.

A Deputación xestionará 3,8 millóns de euros no primeiro prazo para o pago voluntario de taxas municipais de 30 concellos da provincia

0

Os impostos poderán aboarse ata o vindeiro 5 de abril. Ademais, tamén está aberto o  prazo para pagar máis de 13.000 liquidacións do IBI derivado de procedementos de valoración colectiva en Baiona, Caldas de Reis, O Porriño e Ponteareas

A Deputación de Pontevedra acaba de poñer en marcha a campaña de recadación de taxas municipais e prezos públicos do primeiro trimestre de 2024, cuxo pago poderá realizarse de maneira voluntaria ata o vindeiro 5 de abril incluído. En concreto, son os recibos de 30 concellos que teñen delegada a xestión tributaria e recadación no ORAL da Deputación: A Cañiza, A Estrada, Agolada, Arbo, As Neves, Barro, Caldas de Reis, Cambados, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Crecente, Cuntis, Dozón, Lalín, Meis, Moaña, Mondariz, O Porriño, O Rosal, Pazos de Borbén, Portas, Poio, Ponteareas, Rodeiro, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tui, Valga e Vilanova de Arousa.

Desta maneira, durante este período poderán aboarse impostos de postos de prazas de abastos, de entradas de vehículos, de recollida do lixo, do auga ou dos caleiros, entre outros. En total, a Deputación xestionará a recadación neste primeiro período de algo máis de 3,8 millóns de euros de impostos de concellos da provincia, que corresponden a un total de 117.645 recibos.  

Por outra banda, o pasado 2 de febreiro abriuse o prazo para o pago do imposto sobre bens inmobles (IBI) derivados de procedementos simplificados de valoración colectiva que a Xerencia Territorial do Catastro de Pontevedra realizou nos concellos de Baiona, Caldas de Reis, O Porriño e Ponteareas. Neste caso, o ORAL xestiona 13.007 liquidacións por un importe total de 604.294 euros, que poderán aboarase ata o 4 de abril.

En ambos os dous casos, o abono pode realizarse a través dos diferentes medios de pago habilitados pola institución provincial. Así, os contribuíntes poderán facer o ingreso a través da Oficina Virtual Tributaria (OVT) da Deputación de Pontevedra-ORAL (www.ovt.depo.gal); a través da aplicación móbil de pagamentos da Deputación (dispoñible para iOS e Android), e tamén a través das canles das entidades bancarias colaboradoras. No caso das taxas municipais, a data de cargo dos recibos domiciliados será o 1 de marzo. Malia que xa non é necesaria cita previa para acudir ao ORAL, as persoas que busquen planificar a súa asistencia nas oficinas e evitar esperas innecesarias poden solicitala a través da web, a OVT, a Sede Electrónica ou nos teléfonos 886 211 420 ou 886 211 400.

Caballero se vuelca en la campaña con el Halo y las becas para libros

0

Tras meses de obras y de espera, el alcalde anuncia la apertura mañana del ascensor, que no tendrá inauguración al uso al prohibirlo la ley electoral, y comienza a repartir el dinero de las ayudas para material escolar

Recta final de la campaña, también a nivel local para Abel Caballero, que ha comenzado la jornada anunciando la apertura, mañana, del ascensor Halo, que “podrá ser utilizado por los ciudadanos de Vigo” que, durante los primeros días, contarán para ello con la ayuda de los trabajadores de la empresa instaladora.

Una apertura que no tendrá inauguración como tal, al prohibirlo la ley en plena contienda electoral.

Ello no ha impedido al alcalde hacer el anuncio, ni impedirá a los vigueses poder disfrutar, desde mañana, de una infraestructura que conecta García Barbón con Vialia, donde se encuentran las estaciones de buses y de trenes.

El Halo, que forma parte del proyecto de movilidad peatonal ‘Vigo Vertical’, cuenta con una especie de platillo volante en la zona superior y es un ascensor y un mirador al mismo tiempo en el que el Ayuntamiento de Vigo ha invertido 15,7 millones.

Becas para libros

También en la recta final de la carrera hacia las urnas, el Gobierno local de Vigo ha comenzado a repartir el dinero de las becas para libros.

En concreto, y como explica el propio regidor en un audio, “ayer el ayuntamiento hizo el pago a los bancos de las primeras 11.611 becas de libros de las niñas y niños de Vigo”.

“En la próxima semana se pagarán otras 5.000 más, en la semana siguiente, otras 5.000 más y así hasta 28.500 becas. El orden de pago fue el aconsejado por el nivel de entrada de las solicitudes”, ha añadido Caballero.

Alfonso Rueda subliña a súa ilusión por seguir acompañando aos galegos no camiño cara a Galicia da próxima década

0

Anima así aos seus a afrontar estes últimos días de campaña pedindo ata o último voto con confianza pero sen confiarse, con optimismo, con orgullo polo feito e coa esperanza polo que queda por facer para que Galicia siga funcionando

O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, subliñou na noite de onte a súa ilusión por seguir acompañando aos galegos no camiño cara a Galicia da próxima década reivindicando que ama e respecta a nosa Comunidade tal e como é, sen necesidade de cambiala por nada.

O líder dos populares aposta por unha vitoria que permita a Galicia ter un goberno que merece: con ilusión, con experiencia e ao servizo de todos os galegos sen excepción. De aí que afirmase que o 18 de febreiro todos os galegos deben ter claro que o que se escolle é o camiño para os próximos entre, chamándoos a escoller a papeleta do PPdeG e con ela a da unidade, as solucións e a experiencia fronte á ruptura, as liortas, o partidismo e os nacionalismos.

Animou así aos seus a afrontar estes últimos días de campaña pedindo ata o último voto con confianza pero sen confiarse, con optimismo, con orgullo polo feito e coa esperanza polo que queda por facer para que Galicia siga funcionando.

E nesa Galicia que funciona xoga e seguirá xogando un papel moi importante o concello de Mos, xa que contará co complexo sociosanitario do Rebullón e cun dos primeiros centros públicos de coidados intermedios. Comprometeuse ademais a atraer novos investimentos que creen riqueza e emprego, como a Factoría do Deporte Galego, e a apostar pola vivenda pública con 20 novas que se van construír en San Eleuterio.

Do mesmo xeito, Rueda quere seguir vertebrando o territorio e neste sentido amosouse contrario a que a AP-9 non siga sendo a autoestrada de titularidade estatal máis cara de España, xunto coa AP-53.

Concluíu facendo un chamamento a que este domingo os galegos aposten pola Galicia orgullosa de si mesma e do que é dentro de España, a Galicia unida con sitio para todos, a Galicia próspera e con oportunidades. A Galicia, en definitiva, que funciona e que debe seguir funcionando.

Arévalo: «Mos ten que devolver a Rueda o apoio que sempre nos deu»

Pola súa banda, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, agradeceu a “gran afluencia de persoas e o gran traballo que sempre desenvolve para que así sexa o equipo do comité local dos populares de Mos”. Destacou, así mesmo, a importancia de “que Alfonso Rueda siga a ser o presidente da Xunta, para continuar cun presidente libre que prima e promove o modelo Galicia fronte ás minorías e chantaxes do modelo Sánchez. Un ‘modelo Galicia’ que que nos fai punteiros en sanidade, educación, transformación e sentidiño”.

A rexedora puxo en valor «a transformación e o cambio» que experimentou Mos nos últimos tempos «grazas aos elevados investimentos» impulsados polo PP desde a Xunta. “No 2005 atopei en Feijóo o mellor aliado para defender Mos e aí xa estaba Alfonso Rueda. En 2009 desaloxamos o bipartidismo de Galicia e de Mos, e o noso concello comezou o despegue para converterse no territorio de oportunidades que hoxe é, cun PXOM aprobado en 2017, co macrocentro sociosanitario do Rebullón que será pioneiro en España en desenvolvemento e tantos outros proxectos de presente e de futuro”.

“Por iso mediante o voto útil, o voto para Mos, debemos devolverlle a Alfonso Rueda todo o apoio que lle outorgou ao noso concello. Porque en fronte só hai mentira e oportunismo. Porque Galicia perde cos nacionalistas e os socialistas, sen embargo sabemos que con Rueda Galicia funciona», concluíu Arévalo, poñendo en valor tamén á candidata mosense Feli Rodríguez, da parroquia de Tameiga, que é tamén concelleira do equipo de goberno local e que “xa demostrou nesta lexislatura a súa defensa de Mos por riba de todo como deputada autonómica”.

Detenido un joven de 22 años por agredir a varias personas en la calle Pontevedra

0

A las 06:15 horas del pasado día 13, cuando una Unidad de la Policía local de Vigo realizaba labores de prevención de la Seguridad Ciudadana en la calle Arenal, fueron requeridos por varios transeúntes indicándoles que tres jóvenes que se encontraban allí mismo habían agredido a varias personas en la calle Pontevedra.

Los agentes se dirigieron a los jóvenes, procediendo a su identificación. Mientras se encontraban realizando esta función, en el lugar se presentó un varón, que manifestó que cuando se encontraba en el interior de una discoteca próxima -y sin mediar palabra- uno de estos individuos le había propinado un puñetazo en la boca, causándole un corte profundo en el interior del labio.

Al lugar también se acercó otro varón, el cual señalaba al mismo joven como el autor de una agresión hacia su persona, mostrando varias piezas dentales rotas. Añadió que mientras se encontraba a la puerta de la discoteca, el agresor -sin mediar palabra- le propinó un golpe en la cara. Estas dos personas fueron asistidas en primera instancia por los servicios médicos del 061 y seguidamente se trasladaron al centro hospitalario para una mayor valoración.

El agresor reconoció ser el autor de los golpes a estas personas, no sin antes proferir amenazas de muerte a otro joven que estaba en las inmediaciones. Por estos hechos se procedió a la detención de F.J.C. de 22 años de edad, siendo investigado por un delito de lesiones.

O Ifevi acolle a fin de semana do 17 e 18 de febreiro a XIII Edición do Salón Retro Galicia Auto&Moto

0

O Instituto Feiral de Vigo acolle a próxima fin de semana a décimo terceira edición do Salón Retro Galicia Auto&Moto, segundo avanzou este mércores Abel Caballero

“Merece a pena achegarse ata o Ifevi esta fin de semana” para contemplar os vehículos expostos no recinto feiral con motivo da XIII edición do Salon Retro Galicia. É a mensaxe do alcalde de Vigo ante a organización a próxima fin de semana dunha cita que conta con 144 expositores.

Caballero apuntou que o salón conta cun espazo reservado en exclusiva para os coches clásicos e que a novidade deste ano é o Rally Primavera, que terá lugar o sábado 17 de febreiro organizado pola Escuadra Vigo Clásicos, ao que confirmaron a súa participación un total de 45 coches.

O alcalde lembrou que o salón contará coa exposición e venda de vehículos, ademais de mercado de pezas e accesorios, e de estands de clubs, entre outras ofertas.

O Concello aproba a concesión das primeiras 11.611 becas de libros

0

A Xunta de Goberno Local vén de dar luz verde á concesión do primeiro bloque das axudas municipais a familias con fillas e fillos matriculados en Educación Primaria, Secundaria, Especial e Formación Profesional Básica

O alcalde informou este mércores do desenvolvemento da tramitación das becas de libros apuntando que esta semana comezará o pagamento das primeiras 11.611 axudas ás familias. As restantes irán aboándose nas vindeiras semanas ao alumnado beneficiario.

O goberno municipal dedica a este fin un importe total de 5,8 millóns de euros coa previsión de que poidan beneficiarse 28.500 estudantes vigueses matriculados en ensino Primario, Secundario, Educación Especial e Formación Profesional Básica. Cada un deles recibirá 205 euros para contribuír ao pagamento dos libros.