Ideas frescas e contidos renovados para os cursos de verán da UVigo

0

Os obradoiros, abertos a toda a cidadanía, abordan temas como comunicación, satélites, xeoloxía, desing thinking, o Bierzo, termalismo ou o software Marxan

Tras dous veráns de restricións e limitacións, a oferta de cursos de verán da Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria da UVigo regresa moi renovada e con ideas frescas. O programa comprende oito obradoiros abertos a toda a cidadanía e, ademais dalgunhas actividades xa clásicas no catálogo estival como os cursos sobre patrimonio natural e cultural do Bierzo, termalismo ou deseño e fabricación de satélites, o programa para este verán achega novas temáticas como a comunicación e o liderado, os fogares intelixentes, o desing thinking ou o uso do software Marxan para o deseño de redes de áreas mariñas protexidas. 

O prazo de matrícula abre este luns, 30 de maio, e os prezos varían segundo a pertenza a diversos grupos: comunidade universitaria, colectivos vencellados á UVigo ou público en xeral. 

Comunicación eficaz e liderado

O curso de comunicación eficaz e liderado, cunha duración total de 30 horas, desenvolverase na Facultade de Filoloxía e Tradución entre o 4 e o 13 de xullo. Centrarase en ensinar ás e aos participantes a inspirar e motivar un equipo a través da historia persoal, a paixón e os trazos do carácter que fan a cada quen único. Está dirixido a persoas que desexan mellorar o seu estilo de comunicación, a súa linguaxe corporal e desenvolver a súa capacidade de inspirar e motivar ao seu público. O programa comprende temáticas como as estratexias de comunicación, a creatividade, as presentacións grupais ou as dinámicas colaborativas a través do xogo. A matrícula vai dende os 52 euros para comunidade universitaria, 64€ para colectivos vencellados e 80€ para o resto do público. 

Fai o teu propio satélite

Outro dos cursos que se ofertan permitirá adquirir unha visión xeral de todos os elementos que compoñen un sistema espacial e os retos e beneficios que levan asociados estes sistemas. Os coñecementos que se adquiran ao longo das 30,5 horas de duración do obradoiro, permitirán ao alumnado manexarse coas competencias básicas de desenvolvemento de misións espaciais e plataformas satélite baseadas no estándar CubeSat para construír o seu propio satélite. Este curso impartirase entre o 29 de agosto e o 2 de setembro na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e os prazos da matrícula varían entre os 16,25€, 20€ ou 25€. 

Fogar eficiente: técnicas e habilidades

Unhas das novidades neste catálogo para o verán de 2022 é o taller sobre fogares eficientes que, cunha duración de 30 horas, tratará de achegar técnicas e habilidades para planificar os espazos da casa, optimizar o uso dos electrodomésticos ou controlar os gastos e consumos do fogar. Este taller desenvolverase en modalidade virtual entre o 15 de xuño e o 20 de xullo, cuns prezos que oscilan entre  81,12€, 99,84€ e 124,80€.

Campamento de Xeoloxía

Outra das alternativas para os meses estivais é o Campamento de Xeoloxía que vai ter lugar na montaña palentina, o xeoparque Unesco de Las Loras e o Courel. En total, serán 35 horas lectivas que permitirán aos asistentes aprender a usar un mapa xeolóxico, recoñecer e caracterizar rocas sedimentarias en campo, interpretar series, seccións e estruturas sedimentarias ou identificar os aspectos máis relevantes en campo de xeomorfoloxía e sistemas kársticos. O programa inclúe visitas ás explotacións mineiras de carbón da montaña palentina, o Centro de Interpretación Mineira Estratotipo Barrueliense, o paleobosque de Verdeña, o monumento natural das Tuerces ou a Cueva de los Franceses. Ademais, as e os participantes tamén poderán coñecer o patrimonio xeolóxico galego cunha visita ao Courel. O campamento terá lugar entre o 29 de agosto e o 2 de setembro, e será de balde para a comunidade universitaria, mentres que custará 116,48€ para os colectivos vencellados e 145,60€ para o público en xeral. No prezo están incluídos o desprazamento e o aloxamento en albergues.

Introdución a design thinking

O obxectivo do curso de introdución ao design thinking é que as persoas asistentes comprendan os fundamentos desta metodoloxía de resolución de problemas e coñezan e sexan quen de aplicar na práctica as técnicas de entrevista, escoita activa, observación empática, definición do punto de vista, xeración de idas, formulación de conceptos, prototipado rápido, realización de probas e recollida de información das probas. Este taller, de 30 horas de duración, terá lugar na EE de Telecomunicación entre o 27 de xuño e o 1 de xullo. Os prezos varían entre os 19,50€, 24€ e 30€ segundo o colectivo. 

Patrimonio natural e cultural do Bierzo 

Un dos cursos máis arraigados na oferta estival de Extensión Universitaria é o de patrimonio natural e cultural do Bierzo, unha proposta que trasladará ás e aos asistentes a Vilafranca do Bierzo, á sede do Museo de Ciencias Naturais e Etnográfico dos PP. Paules e ao Teatro Villafranquino. O obxectivo deste programa é afondar na natureza e diversidade desta zona, valorando a paisaxe da comarca fronte a grandes proxectos enerxéticos e realizando visitas a unha adega da denominación de orixe, á Aula Fabero, á Aula de Paleobotánica e ao Pozo Xulia e coñecendo o carbonífero e os fósiles da Gran Corta de Fabero, os seus aspectos xeolóxico-mineiros e algúns aspectos do Camiño de Santiago ao seu por esta zona do Bierzo. Este curso concéntrase na fin de semana do 8 ao 10 de xullo e os prezos varían entre os 32,50€, os 40€ e os 50€. Os socios da Asociación Cultural Burval terán un desconto no pago da inscrición. 

Termalismo no oeste da península ibérica

Outra das propostas que adoita estar presente todos os veráns na oferta de cursos de Extensión Universitaria é o curso de termalismo, que nesta edición se centra no oeste da península ibérica, con visitas e prácticas nas instalacións dos balnearios de Raposo, Luso, Vizela, Chaves, Vidago, A Toxa, Caldas de Reis e Partovia. Cunha duración total de 38,5 horas, o obxectivo é que as e os asistentes adquiran coñecementos xerais dos fundamentos do termalismo, coñezan a estrutura dos diferentes centros termais desta zona, analicen a relación existente entre os distintos centros termais e as técnicas e produtos empregados en cada establecemento e realicen prácticas da aplicación das técnicas termais empregadas nos distintos centros. O curso desenvolverase entre o 5 e 10 de setembro, cuns prezos que varían entre 32,50€, 40€ e 50€.

Uso de Marxan para o deseño de redes de Áreas Mariñas Protexidas

A oferta para este verán complétase cun obradoiro sobre o uso do software Marxan para o deseño de redes de Áreas Mariñas Protexidas que terá lugar na Facultade de Bioloxía entre o 20 e o 24 de xullo cun 30 horas de docencia. O obxectivo é proporcionar as ferramentas para a integración da conectividade de especies mariñas na planificación espacial a través de un software de apoio á toma de decisións. As e os asistentes desenvolverán habilidades de uso de ferramentas de planificación espacial mariña e aprenderán a integrar os conceptos de conectividade mariña co de planificación espacial. Ademais, adquirirán coñecementos para a interpretación dos resultados obtidos co software Marxan para deseñar unha rede de áreas mariñas protexidas de forma eficiente. A matrícula neste obradoiro varía entre 84,50€, 104€ e 130€.

El precio de la luz cierra mayo con una media de 187,12 euros/MWh

0

El coste medio de la electricidad será hoy un 142,76% más caro que el 31 de mayo de 2021

El precio medio de la electricidad en el mercado mayorista subirá hoy un 3,48% con respecto a la jornada precedente, manteniéndose por encima de la cota de los 200 euros megavatio hora por segunda jornada consecutiva.

En concreto, el precio de la luz se situará este martes en 213,82 euros/MWh, unos siete euros más caro que el precio de este lunes (206,62 euros), según los datos publicados por el Operador del Mercado Ibérico de Energía (OMIE). De este modo, el precio de la luz cierra mayo en un promedio de 187,12 euros/MWh, por lo que se sitúa como el octavo mes más caro de la serie histórica.

Además, el precio medio en mayo de 2022 es un 178,78% más caro que los 67,12 euros/MWh del mismo mes del año pasado.

El precio máximo de la luz para este martes se ha registrado entre las 07.00 y las 08.00 horas, con 247,77 euros/MWh, mientras que el mínimo para la jornada, de 180,18 euros/MWh, tendrá lugar entre las 15.00 y las 17.00 horas.

Respecto a hace un año, el precio medio de la electricidad para este martes será un 142,76% más caro que los 88,08 euros/MWh del 31 de mayo de 2021.

Abre el plazo para solicitar las ayudas destinadas a las agencias de viaje

0

Las solicitudes deberán presentarse a través del formulario normalizado disponible en la sede electrónica de la Xunta hasta el próximo 30 de junio

Tras la publicación ayer en el Diario Oficial de Galicia, hoy abre el plazo de solicitudes de la convocatoria de las ayudas, en régimen de concurrencia no competitiva, destinadas a las agencias de viaje con el objetivo de contribuir al desarrollo de su actividad. Cuentan con un presupuesto de 650.000 euros.

Esta resolución tiene como objeto seguir prestando así apoyo a un colectivo fundamental en el conjunto de las empresas de servicios turísticos, ya que las agencias de viaje son instrumentos imprescindibles para la comercialización de Galicia como destino turístico, visibilizando toda la oferta turística a través de su labor profesional.

Podrán ser beneficiarias de las subvenciones todas las agencias de viaje, que tengan un centro de trabajo en la comunidad gallega y estén inscritas en el Registro de Empresas y Actividades Turísticas de la Xunta de Galicia.

Se consideran gastos subvencionables todos aquellos comprendidos entre el 1 de enero de 2022 y el 30 de octubre de 2022 como los gastos derivados de la creación del producto y/o comercialización del destino Galicia y gastos derivados de la transformación digital, con un importe máximo de subvención del 100 % del gasto subvencionable.

El plazo de presentación de solicitudes será hasta el próximo 30 de junio. Las solicitudes se presentarán obligatoriamente por medios electrónicos a través del formulario normalizado disponible en la sede electrónica de la Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Hoy finaliza el plazo para presentarse a la convocatoria de la Oferta Pública de Empleo de la Xunta para cubrir 106 plazas fijas de médico especialista en atención primaria

0

Galicia es la primera comunidad autónoma en emplear el sistema de selección por concurso de méritos para paliar el déficit de médicos

Hoy, martes 31 de mayo, finaliza el plazo para la presentación de solicitudes a la Oferta Pública de Empleo realizada por la Xunta de 106 plazas de médico, en la especialidad de atención primaria. Mediante esta OPE, cuyo proceso de selección se llevará a cabo a través del sistema de concurso de méritos, Galicia se convierte en la primera Comunidad en adoptar este sistema selectivo para captar médicos.

La convocatoria tiene como objetivo paliar el déficit de facultativos en la atención primaria y dar respuesta adecuada a las necesidades de este nivel, garantizando la continuidad asistencial con criterios de calidad y teniendo en cuenta las dificultades excepcionales relacionadas con la escasez de profesionales médicos de familia, así como las actuaciones previstas en el Plan gallego de atención primaria 2019-2021, y la necesidad de establecer cambios en la prestación asistencial y en la ordenación de los recursos humanos de los equipos de atención primaria.

En relación al número de plazas de la OPE, 73 de ellas corresponden al turno de acceso libre, seis se reservan para el acceso de personas con discapacidad y 27 a la promoción interna. Así,pueden participar en este procedimiento todos aquellos MIR que estén en el último año de formación en la especialidad de Medicina Familiar y Comunitaria.

El salario medio previsto con dos guardias/mes y jornada común de lunes a viernes en turnos de mañana o tarde o deslizantes (mañana/tarde días alternos), será de 65.000 euros al año.

Se dará a los candidatos presentados una puntuación adicional por la prestación de servicios en centros sanitarios aislados.

Características

Entre las características de las nuevas plazas es salientable el carácter mixto que poseen en lo referido a la prestación de servicios, pues combinarán la atención sanitaria en los centros de salud como en los Puntos de Atención Continuada (PAC).

Las personas que deseen tomar parte en el proceso selectivo deben cubrir una única solicitud de participación, en el modelo normalizado, a través de la Oficina Virtual del Profesional ( Fides/ expedient-e/Sección de Procesos/ OPE).

Las personas seleccionadas en este proceso, una vez acrediten dos años de permanencia en la situación de servicio activo en el desarrollo de las funciones de esta categoría, podrán participar, por promoción interna, en los procesos de selección fija para el acceso a las categorías de personal médico de familia, de urgencias hospitalarias o personal médico de hospitalización a domicilio, para las que habilita la misma titulación de acceso.

Asimismo, transcurrido un año desde la toma de posesión podrán participar en el concurso de traslados abierto y permanente para el acceso la otros destinos de la misma categoría, dentro del Servicio Gallego de Salud.

O Bus Turístico de Vigo comezará a tempada estival o 1 de xuño

0

Abel Caballero afirmou en rolda de prensa que Vigo “é unha cidade importantísima de primeiro nivel turístico” e saudou retomar as rutas no Bus Turístico desde xuño

O Concello pon en marcha, un ano máis, o servizo de Bus Turístico para que os visitantes poidan coñecer nun percorrido de aproximadamente dúas horas os puntos máis representativos e emblemáticos de Vigo. Este servizo que dará comezo o mércores 1 de xuño, leva 22 anos na cidade ofrecendo aos visitantes unha viaxe singular dos recunchos máis característicos da cidade.

Durante os últimos seis anos, este servizo foi empregado por máis de 37.000 turistas. En concreto, o ano pasado, subiron ao bus turístico preto de 6.000 persoas durante a tempada estival: “É unha ocupación moi interesante”, manifestou o rexedor.

Algúns dos puntos máis significativos de Vigo que poderán coñecer durante o percorrido son: diferentes edificios de interese histórico, monumento aos cabalos (Praza España), Monte do Castro, monumento Porta do Atlántico (praza de América), parque de Castrelos, Museo Quiñones de León e os seus xardíns, Estadio de Balaídos, a praia de Samil, a zona de Alcabre, o porto pesqueiro, entre outros. Ademais destes clásicos, os usuarios do turístico poderán ver durante o percorrido a transformación que a cidade experimentou nos últimos tempos cara un modelo máis accesible (rampas de Gran Vía, ascensores, etc.) e cultural (medianeras que amosan o arte mural de Vigo).

Durante o percorrido, o Bus Turístico realizará tres paradas para que os usuarios poidan baixar e realizar fotografías no Monte do Castro, Castrelos e Samil e así levarse os seus propios recordos da cidade.

Horarios

O Bus Turístico conta con dúas alturas, teito despregable para mellorar aínda más a viaxe dos usuarios e con audioguías en 8 idiomas diferentes (español, galego, portugués, francés, alemán, inglés, italiano e ruso). Ademais conta cunha praza para Persoas con Mobilidade Reducida (PMR). O servizo, que funcionará todos os días, contará con dúas saídas pola maña ás 10:00 e 12:00 horas e dúas saídas pola tarde, ás 16:30 e 18:30 horas. O servizo arrinca na Estación Marítima de Vigo.

O autobús turístico está decorado coas principais iconas da cidade: as Illas Cíes, o monumento aos cabalos de Praza de España e edificios históricos da cidade, entre outros.

Reserva de billetes

A adquisición do billete para viaxar a bordo do Bus Turístico pode realizarse a través de diferentes vías. Os interesados poderán mercar o seu billete online ata unha hora antes da saída do autobús a través da plataforma viguesa de venta de entradas Woutick!. A ligazón para acceder a plataforma estará dispoñible na páxina web de Vitrasa (https://www.vitrasa.es/php/index.php) e en Turismo de Vigo (https://www.turismodevigo.org/). Con este sistema, os viaxeiros poden organizar mellor a súa visita á cidade reservando praza no bus para o día e hora que mellor se adapte a súas necesidades. O billete tamén se pode adquirir a pé de bus con tarxeta bancaria a través de TPV ou en efectivo. O prezo do percorrido é de 7,50 euros para os adultos e de 4 euros para os menores de entre 5 e 14 anos. Os menores de 5 anos viaxan gratis.

O Concello trata de minimizar o impacto do incendio na piscina de Teis que provocou “danos significativos”

0

Á espera do informe que emita a Policía Científica, logo da inspección realizada na mañá deste luns nas instalacións, o alcalde avanzou que a piscina permanecerá pechada “algún tempo” polo que se está reasignando aos usuarios

Abel Caballero informou en rolda de prensa da actuación dun equipo da Policía Científica que visitou a piscina municipal de Teis para investigar o incendio que se produciu o pasado sábado arredor das 23 horas da noite na planta inferior das instalacións. Logo da inspección realizada, a Policía científica emitirá un informe sobre as causas e o alcance do lume.

“Nestes momentos sabemos que o incendio foi importante e produciu danos singulares”, polo que a piscina non poderá usarse “durante algún tempo”, adiantou o rexedor, que apuntou tamén que nun prazo “dun ou dous días” poderán coñecerse as “necesidades para a reapertura e teremos valorada a situación”. Malia os “danos significativos” provocados polo lume nas instalacións, o Concello tratará de “minimizar o impacto aos usuarios e resolver – a situación- o antes posible”.

Amais da Policía Científica, na mañá deste luns, estiveron na piscina municipal de Teis o concelleiro de Deportes, o Director técnico das instalacións deportivas municipais, un representante de Aqualia e un representante da correduría de seguros. Os bombeiros xa remitiron á Policía Científica o seu informe de intervención na madrugada do sábado ao igual que a Policía Local que tamén lles enviou o informe da súa actuación. Tal e como sinalou Caballero, a Policía Científica actúa en casos coma este, sempre que se producen incendios de certa importancia.

Co propósito de evitar máis trastornos ás persoas usuarias das piscinas, que son unhas 1.200, o goberno de Vigo está reasignándoas a outras piscinas municipais e, tal e como explicou o alcalde, van poder elixir entre recuperar o diñeiro do abono ou ir a outras piscinas. En canto se saiba o alcance dos danos, nun prazo de 24-48 horas, o Concello poderá avaliar as obras necesarias e o tempo preciso para acometelas.

El Celta invertirá 70 millones en la transformación de la ciudad deportiva

0

«Vamos a crear una ciudad deportiva que contará con innovación y formación, turismo deportivo, restauración, investigación en salud deportiva, ocio, multideportes y el compromiso social en formación de deportistas y nuestro fútbol de cantera», destaca el presidente Carlos Mouriño

El Celta ha informado hoy que invertirá 70 millones de euros en la regeneración urbana y en la transformación de su nueva ciudad deportiva, un proyecto que comenzará sus obras en el segundo semestre de 2022.

«Vamos a crear una ciudad deportiva que contará con innovación y formación, turismo deportivo, restauración, investigación en salud deportiva, ocio, multideportes y el compromiso social en formación de deportistas y nuestro fútbol de cantera», destacó el presidente del club, Carlos Mouriño.

Molcaworld, empresa líder en desarrollo conceptual y revitalización de estadios a nivel internacional, y CBRE, primera firma internacional de consultoría y servicios inmobiliarios, son las empresas en las que ha confiado la directiva celeste para desarrollar este ambicioso proyecto, bajo el nombre de Galicia Sports 360.

«Venimos colaborando con RC Celta desde 2017 en todas sus necesidades a nivel de estadio y también intervenimos en la primera fase la ciudad deportiva Afouteza. Es para nosotros un reto poder participar en el proyecto más ambicioso del club en los últimos tiempos», explicó Fran Carrasco, CEO de MolcaWorld.

“Estamos muy felices y con mucho entusiasmo de poder trabajar en este proyecto tan ambicioso en el sector de la industria deportiva de primer nivel”, comenta José Ángel Sospedra, Business Sponsor JV MolcaWorld & CBRE – Sports Development, que ha señalado que gracias a Galicia Sports 360, y de la mano de MolcaWorld y RC Celta, “nuestra firma se posiciona con una prestación de servicios inmobiliarios pionera en un segmento que cada vez cobra más relevancia en nuestro sector”, apunta Sospedra que explica cómo el Real Estate potencia los espacios deportivos a través de un concepto de arquitectura, interiorismo que incluye materiales, mobiliarios y soportes que visten y dan forma al entorno, desde la marca e identidad de cada Club.

Galicia Sports 360 fue presentado a principios de año a la Xunta de Galicia como un proyecto que transformará la industria del deporte en la comunidad y en España a través de la innovación, ya que Galicia Sports 360 solo es comparable a otros tres complejos similares en Europa, situados en París, Londres y Berlín. Para Carlos Mouriño, presidente del Celta de Vigo. “Con Galicia Sports 360, estamos marcando un antes y después en la industria deportiva de nuestro país, ya que vamos a crear una ciudad deportiva que contará con innovación y formación, turismo deportivo, restauración, investigación en salud deportiva, ocio, multideportes y el compromiso social en formación de deportistas y nuestro fútbol de cantera”.  En cuanto a el desarrollo del proyecto, concluye Mouriño “estamos muy ilusionados de trabajar de la mano de MolcaWorld y CBRE, ya que un proyecto de estas magnitudes requiere ir con expertos en la materia, como es el caso de ambas compañías.”

A UVigo, primeira universidade española con dispensadores de produtos de xestión menstrual de balde

0

Este luns presentáronse os primeiros, que xa están en uso no edificio de Ciencias Experimentais

En dúas semanas, estarán instalados 25 entre os tres campus e funcionarán coa tarxeta de estudante

Hai pouco máis dun ano, e coincidindo coa celebración do Día da Muller, a Universidade de Vigo daba un paso adiante para visibilizar e normalizar a menstruación e reducir a pobreza menstrual. Para iso, a institución decidiu proporcionar produtos de hixiene feminina ás estudantes, unha iniciativa de inicialmente se fixo a través das delegacións de alumnado, mentres non se licitaba un servizo de dispensadores que agora, algo máis de 12 meses despois, xa están en marcha.

As primeiras máquinas de autoservizo están xa en funcionamento no edificio de Ciencias Experimentais e nas dúas próximas semanas completarase a instalación dun total de 25 nas escolas e facultades dos tres campus. Os dispensadores foron deseñados e desenvolvidos pola empresa Dismac, e funcionan mediante a lectura dos códigos de barras da tarxeta universitaria das alumnas. As máquinas expenden caixas con tres tampóns ou tres compresas, segundo a elección das mulleres e cada estudante pode empregalas ata un máximo de tres veces cada mes. Segundo explica Águeda Gómez, directora da Unidade de Igualdade, “este é un cálculo inicial, pero despois dun tempo de proba, poderase reaxustar se se considera necesario”.

No acto de presentación dos primeiros dispositivos instalados en varios baños do edificio de Ciencias Experimentais, onde comparten docencia as facultades de Bioloxía, Química e Ciencias do Mar, estiveron presentes a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama, a directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gómez e a decana de Bioloxía, Mercedes Gallardo. En cada centro, serán os equipos os que decidan onde colocalos, se dentro dos baños de mulleres ou nos accesos aos baños, tratando de ter tamén en conta as necesidades da comunidade trans.

Unha medida pioneira

Coa instalación destes dispensadores, a Universidade de Vigo convértese en pioneira en todo o Estado español na aposta por achegar produtos de xestión menstrual de balde ás alumnas. Como avanza a responsable da Unidade de Igualdade, as universidades escocesas “xa ofrecen este tipo de produtos de balde ás súas alumnas, pero a través de cestas nos servizos, polo que nós somos os primeiros en contar con máquinas expendedoras”. 

Para Águeda Gómez esta era unha medida “necesaria” que dá resposta a unha “reivindicación do alumnado”. Como relata, na institución viguesa xa existía dende hai tempo un activismo menstrual que demandaba “dignificar unha necesidade fisiolóxica que as mulleres temos sen que sexa opcional e acabar así coa cegueira de xénero de institucións como a universitaria que semellaba estar deseñada só para as necesidades específicas dos homes e agora, por fin, contempla a metade da humanidade, que somos as mulleres”. Trátase, resume, “ de normalizar algo que xa debería ser normal como é menstruación”. De feito, Gómez considera que este será un “punto de inflexión para un cambio de paradigma” que se reflicte na futura Lei de Dereitos Sexuais e Reprodutivos e que xa contempla esta medida para todos os centros educativos. “Nós adiantámonos un pouco a esta normalización”. 

Unha das primeiras en poder estrear destes dispensadores foi Aida Luaces, estudante de Bioloxía, que valora esta medidas como “algo innovador e necesario”. Ademais da axuda que supón para as estudantes acceder a estes produtos de balde todos os meses, Luaces destaca que este tipo de medidas “axuda a eliminar un tabú instaurado nas universidades e na sociedade en xeral. Creo que será unha medida moi ben recibida entre todos, tanto mozas como mozas, é algo necesario”.

Entre 5000€ e 6000€ cada seis meses

Outro aspecto que destaca a responsable da Unidade de Igualdade é que non se empregan dispensadores estándar, senón que se trata dun “produto netamente UVigo, deseñado expresamente para a nosa Universidade pola empresa viguesa Dismac”, que contou coa colaboración da EE de Telecomunicación para o deseño do sistema de lectura das tarxetas. A licitación das máquinas tivo un custe de arredor de 200.000€ ao que se suman entre 5000€ e 6000€ cada seis meses para mercar os produtos de xestión menstrual. “É un gasto ridículo nun orzamento dunha institución grande” pero que ten implicacións non só materiais, senón tamén simbólicas, xa que esta medida é un paso adiante para visibilizar e dignificar unha das necesidades propias das mulleres que ata agora tiña un estigma”. 

Comienza la tercera edición de la Semana Azul de Ariven con gran éxito en el número de inscripciones

0

Los miembros de la Asociación Ría de Vigo de Entidades Náuticas ofrecen desde hoy y hasta el próximo domingo un amplio programa de actividades náuticas para todas las edades y públicos

Se han recibido, hasta el momento, más de 700 inscripciones para las diferentes actividades ofertadas abiertas al público general y 500 inscripciones para actividades con los centros educativos

La Asociación Ría de Vigo de Entidades Náuticas inaugura hoy, 30 de mayo, la tercera edición de la Semana Azul, un evento de carácter náutico con el que acercar a la sociedad al mar a través de una amplia oferta de actividades tanto deportivas como turísticas y culturales y que cuenta con el apoyo de la Secretaría Xeral para o Deporte de la Xunta de Galicia, la S.A. de Xestión do Plan Xacobeo y la Autoridad Portuaria de Vigo.

En el acto de inauguración, que fue celebrado esta mañana en el paseo de As Avenidas, participaron la delegada de la Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias; el presidente de la Autoridad Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña; y el presidente de ARIVEN, Miguel Pereira, quien anunció que, este año, se ha vuelto a batir el récord con una lista de inscripciones de más de 850 personas y con casi todas las actividades con las plazas completas.

En paralelo al programa de carácter general, se han diseñado una serie de actividades gratuitas con centros educativos en horario lectivo, con las se ha logrado alcanzar un total de 500 estudiantes inscritos de 7 centros escolares de la Ría de Vigo.

Asimismo, como parte de las actividades de la Semana Azul, y gracias a la colaboración de la Escuela Naval Militar, entre hoy y mañana se podrá visitar el Velero Escuela “Peregrina” que estará atracado en la dársena del Berbés del Puerto de Vigo, en frente del Edificio de Sesiones de la Autoridad Portuaria, a la izquierda del CC a Laxe. Se puede consultar la disponibilidad de plazas y acceder a los formularios de inscripción a través del blog de la página web de ARIVEN (https://www.ariven.es/blog/) o las redes sociales de la asociación, Twitter (@RiadevigoAriven) y Facebook (@ArivenRiadeVigo).

O Sergas oferta 15 prazas fixas de médicos especialistas en atención primaria na Área de Vigo

0

Mañá remata o prazo de presentación á  convocatoria de oferta pública de emprego da Xunta para cubrir as 15 prazas fixas en 10 centros de saúde  da área viguesa

Os  novos facultativos  incrementarán o cadro de persoal dos centros de saúde de Valeixe/Crecente, A Guarda, O Rosal, Cangas, Moaña, Coia, Ponteareas, Porriño, Redondela  e Val Miñor

O salario medio previsto con dúas gardas/mes e xornada ordinaria de luns a venres en quendas de mañá ou tarde ou deslizante será de 65.000 euros ao ano

Mañá martes, 31 de maio, remata o prazo para a presentación de solicitudes á Oferta Pública de Emprego realizada pola Xunta de 15 prazas de médico na especialidade de atención primaria na Área Sanitaria de Vigo.

Esas 15 prazas irán destinadas a incrementar o cadro de persoal de 10 centros de saúde:  Valeixe/Crecente (1); A Guarda (1); O Rosal (2); Cangas (1); Moaña (3);  Coia (1); Ponteareas (3); O Porriño (1); Redondela (1) e Val Miñor (1).

Mediante esta OPE, cuxo proceso de selección se levará a cabo a través do sistema de concurso de méritos, Galicia convértese na primeira Comunidade en adoptar este sistema selectivo para captar médicos.

A convocatoria ten como obxectivo paliar o déficit de facultativos na atención primaria e dar resposta adecuada ás necesidades deste nivel, garantindo a continuidade asistencial con criterios de calidade e tendo en conta as dificultades excepcionais relacionadas coa escaseza de profesionais médicos de familia, así como as actuacións previstas no Plan galego de atención primaria 2019-2021, e a necesidade de establecer cambios na prestación asistencial e na ordenación dos recursos humanos dos equipos de atención primaria.

 Así, poden participar neste procedemento todos aqueles MIR que estean no último ano de formación na especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria.

O salario medio previsto con dúas gardas/mes e xornada ordinaria de luns a venres en quendas de mañá ou tarde ou deslizantes (mañá/tarde días alternos), será de 65.000 euros ao ano.

Darase aos candidatos presentados unha puntuación adicional pola prestación de servizos en centros sanitarios illados. Tal e como se recolle na convocatoria, na área sanitaria de Vigo os concellos con condición de illamento son: Arbo, Crecente, Covelo, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén e Oia.

Características

Entre as características das novas prazas é salientable o carácter mixto que posúen no referido á prestación de servizos, pois combinarán a atención sanitaria nos centros de saúde como nos Puntos de Atención Continuada (PAC).

As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo deben cubrir unha única solicitude de participación, no modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional ( Fides/ expedient-e/Sección de Procesos/ OPE).

As persoas seleccionadas neste proceso, unha vez acrediten dous anos de permanencia na situación de servizo activo no desenvolvemento das funcións desta categoría, poderán participar, por promoción interna, nos procesos de selección fixa para o acceso ás categorías de persoal médico de familia, de urxencias hospitalarias ou persoal médico de hospitalización a domicilio, para as que habilita a mesma titulación de acceso. Así mesmo, transcorrido un ano desde a toma de posesión poderán participar no concurso de traslados aberto e permanente para o acceso a outros destinos da mesma categoría, dentro do Servizo Galego de Saúde.