La instrucción del caso Déborah se alarga seis meses a la espera del resultado de varias pruebas

0

La jueza evita decidir por el momento si transformar las diligencias en un procedimiento de tribunal del jurado, algo solicitado por las familias

La titular del Juzgado de Instrucción número 2 de Tui ha decidido alargar medio año la instrucción del ‘caso Déborah’ a la espera de conocer el resultado de varias pruebas.

De este modo, se dilata en el tiempo la resolución de un caso que comenzó en el año 2022, cuando la joven viguesa, desaparecida unos días antes, fue hallada sin vida en una cuneta en O Rosal.

La investigación judicial por la desaparición y fallecimiento se archivó en 2010 sin que se hubiera detenido ni imputado a nadie. En noviembre de 2019 se reabrió el caso por parte del juzgado y, en febrero de 2022, se imputó formalmente a Pablo P.S-L., el exnovio de la víctima. Al haber pasado ya más de 20 años, ya no se podrá imputar a nadie más.

En este marco, la familia sigue esperando resolver un caso que del que, tras reabrirse hace unos meses, está pendiente el resultado de varias diligencias.

Así, en principio entre las diligencias podrán incluirse ahora las investigaciones sobre el disco duro del ordenador de la joven, que fue presuntamente manipulado. Además, de esta manera la jueza no debe decidir ya sobre si transformar las diligencias en un procedimiento de tribunal de jurado, como han solicitado las familias.

O festival Sinsal SON Estrella Galicia 2022 amplía as actividades paralelas con exposicións, charlas e paseos guiados pola illa de San Simón

0

Xa están dispoñibles en Enterticket as entradas para asistir aos microconcertos en acústico que a illa de Santo Antón acollerá nas tardes do sábado 23 e domingo 24

O festival Sinsal SON Estrella Galicia 2022 avanza novidades da súa programación mais sen desvelar un dos mellores secretos gardados do verán: o seu cartel, que o público só coñece ao desembarcar na illa de San Simón. O evento, un dos encontros sonoros máis coidados e singulares do panorama musical estatal, celebrarase na fin de semana do 22 ao 24 de xullo na illa redondelá.

En paralelo á programación musical, Sinsal SON Estrella Galicia contará cunha chea de actividades para o público asistente. Ademais das anunciadas iniciativas en pedal surf, os microconcertos de Santo Antón ou os obradoiros familiares de reciclaxe, durante o festival poderanse visitar dúas exposicións, nomeadas ’A escola Sinsal: 20 ideas para presumir de vintage’ e ‘Por que as túas fillas escoitan trap?’, que contarán con visitas guiadas e parladoiros. Por último, celebraranse paseos pola illa co artista Xosé Lois Gutiérrez Faílde e con Amarturmar, a asociación cultural de mulleres e homes do mar de Cesantes.

Exposicións

O público terá a ocasión de visitar, durante a súa estancia en San Simón, dúas exposicións na cafetería da illa. A primeira delas é A Escola Sinsal: 20 ideas para presumir de vintage’, que recolle o proxecto pioneiro e de divulgación sobre o rexistro sonoro da música posto en marcha por Sinsalaudio e que estivo vixente entre os anos 2008 e 2014. A exhibición percorre a historia do rexistro sonoro do suco de gravación a través de máis de cincuenta obxectos, agrupados en vinte ideas ou conceptos, da colección de Sinsalaudio. Na súa meirande parte son reprodutores e soportes de diferentes épocas e países, pero todos eles teñen no suco mecánico o principio físico común. A mostra estará aberta permanentemente ao público, mais todos os días do festival, de 18.30 a 19.00 horas, o comisario e co-director do festival, Julio Gómez, fará unha visita guiada. Para participar nesta actividade, recoméndase facer inscrición previa a través do email info@sinsalaudio.org co asunto “Visita guiada A Escola Sinsal” 

A outra exhibición que terá lugar no mesmo recinto é Por que as túas fillas escoitan trap?, unha aproximación á historia da tecnoloxía musical. A mostra parte dunha premisa: a chegada da electricidade cambiou tanto a composición como o son da música popular e clásica. A través de sintetizadores, caixas de ritmos, samplers ou efectos que marcaron diferentes etapas e estilos musicais -desde o Theremon até o Autotune-, dando ademais pé á creación de conflitos interexeracionais, expoñerase como o acceso a esta tecnoloxía permitiu que, dun xeito máis independiente ou mesmo accesible, numerosas artistas -sen posibilidade económica ou formación suficiente- tivesen capacidade para compoñer e crear novos estilos musicais.

Ao fío, o sábado 23 de xullo, entre as 19.00 e as 20.00 horas, celebrarase un encontro con Mateo Mena. O artista realizará unha introdución aos diferentes procesos de construción de instrumentos musicais electrónicos a través de deseños propios, nos cales combina técnicas e recursos dos campos da ciencia, a arte ou a artesanía, ilustrando a súa particular visión da “luthería electrónica”. Durante a charla poderán escoitarse algúns destes instrumentos. Para poder asistir ao parladoiro, recoméndase realizar previamente a inscrición a través do email info@sinsalaudio.org co asunto ‘Encontro con Mateo Mena’.

Ao día seguinte, o domingo 24 de xullo, no mesmo horario, haberá unha demostración práctica do Theremin con Paulo Pascual. O músico vigués amosará o funcionamento deste instrumento e as súas técnicas para xerar sons ou interpretar melodías. Para asistir á sesión, na que as e os participantes poderán experimentar e descubrir os seus segredos, é necesario realizar inscrición previa a través do correo electrónico info@sinsalaudio.org co asunto ‘Theremin con Paulo Pascual’.

En todos os casos a praza deberase confirmar ao desembarcar na illa, no punto de Administración de San Simón, para garantir a asistencia. De non ser así, as persoas que estean na lista de agarda obtarán ás prazas libres.

Paseos guiados pola illa de San Simón

Na tarde do sábado 23, ás 16.00 horas, terá lugar un paseo por San Simón co artista, investigador e docente Xosé Lois Gutiérrez Faílde, que presentará ‘Islario Marabilloso’. A través do camiñar e da contemplación, as e os participantes neste roteiro tecerán, en común, un imaxinario particular fiando os relatos e as memorias que compoñen a idea do lugar coa intención de manter a fascinación, e tamén o conflito, na relación co territorio.

O domingo 24, ás 16.00 horas, celebrarase un segundo paseo, nesta ocasión da man de Amarturmar, a asociación cultural de mulleres e homes do mar de Cesantes. Con este roteiro, Sinsalaudio propón botar unha mirada á enseada de San Simón desde a experiencia cotiá das mariscadoras e pescadores da parroquia de Cesantes (Redondela). O paseo favorecerá que o público coñeza a diversidade mariñeira do lugar, mais tamén a súa actividade económica, o papel da economía circular e, sobre todo, como o cambio climático está a transformar os recursos naturais da zona.

Para poder participar nestes paseos Sinsalaudio recomenda facer unha inscrición previa a través do email info@sinsalaudio.org, co asunto “Paseo Islario Marabilloso” (sábado 23) ou “Paseo con Amarturmar” (domingo 24), mais a praza deberase confirmar, definitivamente, no punto de Administración da illa de San Simón; de xeito que as persoas interesadas en participar e que estean en lista de agarda poidan optar á praza se finalmente a reserva non se confirma.

Entradas á venda para Santo Antón Acústico

Entre as actividades paralelas que se celebrarán atópanse os microconcertos en acústico para público reducido, nomeados ‘Santo Antón Acústico’, no que participarán dúas agrupacións galegas de música clásica, o que incide na diversidade estilística que forma parte da filosofía do festival impulsado por Sinsalaudio. Os concertos (cada xornada cunha formación distinta) terán lugar nas tardes do sábado 23 e do domingo 24 na illa de Santo Antón. Por mor da capacidade limitada destas actuacións, só accesibles para quen xa posúe abono ou entrada de día ao festival, Sinsal abre, a través da plataforma Enterticket, a venda de billetes para estes pases (2 euros cada un), coa intención de favorecer as persoas con interese na actividade poidan garantir a súa asistencia. Aquelas que prefiran mercar as súas entradas ao desembarcar poderán facelo no posto de Administración sempre que queden billetes dispoñibles.

Desconvocada la huelga de basura que debía comenzar hoy en Vigo

0

El pacto establece una subida salarial del 2% para 2022 y 2023, y del 3% para 2024 y el primer semestre del 2025

La huelga de recogida de basura y limpieza de Vigo, que estaba previsto que comenzase hoy, ha sido desconvocada durante esta última madrugada tras alcanzarse un acuerdo de convenio colectivo entre sindicatos y adjudicataria del servicio municipal, la filial de medioambiente del Grupo FCC.

En el pacto se establece una subida salarial del 2% para 2022 y 2023, mientras que del 3% para 2024 y un 3% para el primer semestre del 2025 y un 1% para el segundo semestre. Además, se recoge que finalizada la vigencia del convenio (2022-2025), se procederá a una revisión salarial equivalente a la diferencia entre la subida del 11% de los 4 años del documento y el IPC resultante en el mismo periodo. Esta diferencia se aplicará a 1 de enero de 2026.

En el nuevo convenio se incrementan los días de asuntos propios, que pasan de 3 a 4 por año. Además, se amplía para el personal de los servicios del término municipal de Vigo de mantenimiento, limpieza y reposición de los colectores para los residuos domésticos reciclables, recogida y transporte de los mismos, recogida y transporte de ropa usada y aceites, así como el mantenimiento y la reposición de la maquinaria y vehículos necesarios para la realización de estas prestaciones.

Cabe recordar que el servicio se adjudicó a FCC hace poco menos de dos meses por parte del Ayuntamiento, que unificó la limpieza viaria, la recogida de basura, los contenedores, limpieza de playas y reciclaje en un único macrocontrato. Esta adjudicación, por un importe de 400 millones, comprende un período de casi 10 años prorrogables otros dos.

APAMP celebra o seu 45 aniversario coa inauguración do mural de cerámica “Malas Herbas”

0

O mural foi elaborado polos artistas David Diz e Aram Rios e supón unha homenaxe a poeta Pilar Álvarez

APAMP (Asociación de familias e persoas con parálise cerebral) inaugura, con motivo da celebración do seu 45 aniversario, o mural de cerámica “Malas Herbas” elaborado nun dos seus obradoiros polos artistas David Díz e Aram Ríos. O mural será ubicado na rúa Miguel Hernández, nº1, diante do centro de día e ocupacional.

O acto, que terá lugar o vindeiro martes ás 12.30 horas, consistirá nunha homenaxe a poeta Pilar Álvarez, seguido dun pequeno recital de poesía da man das poetas galegas Míriam Ferradáns e Carmen Quinteiro.

O mural “Malas herbas”,  reivindica esas herbas que nacen en cada esquina, baixo as pedras, que trepan polos valados, sen orde, que sempre están aí,  sen importar o día o mes, o ano. Esas malas herbas que se aferran ao chan con forza, plantas salvaxes, que nacen onde lles prace, que se adaptan ao medio e sempre encontran o xeito de saír da terra e esténdense sen presa, pero sen pausa. E aquí é onde nós vemos identificados como colectivo, como persoas que viven erguéndose cada día. Reivindicamos a súa, a nosa beleza natural, a beleza non programada, a beleza imprevisible, poñendo en valor a riqueza e a diversidade que existe na nosa contorna sen que a apreciemos realmente.

Esas malas herbas, convértense nun bo símil coa exclusión social, coa discapacidade. Malas herbas que están aí,  que son molestas, que se arrancan ou se ignoran. Queremos que se vexa a súa beleza, queremos pór en valor a súa dignidade e a súa presenza na sociedade.

Balaídos, ¿sede del Mundial de 2030?

0

El Gobierno local afirma que analizará «en detalle» todos los requisitos establecidos por la FIFA para que el estadio municipal pueda acoger partidos de la cita mundialista si la candidatura ibérica es elegida finalmente

El Ayuntamiento de Vigo informaba a última hora de la tarde de ayer la voluntad de estudiar todos los requisitos para ser sede del próximo Mundial de Fútbol 2030. Algo para lo que, en primer lugar, la candidatura ibérica de España y Portugal debería ser seleccionada, y para lo que también sería necesario haber concluido la reforma de Balaídos para entonces, anunciada en el año 2014 y con la mitad de las gradas por levantarse con más de la mitad de 2022 transcurrido.

Pese a todo, el Gobierno local afirma que analizará «en detalle» todos los requisitos establecidos por la FIFA para que el estadio municipal pueda ser una de las sedes. José Ángel Otero, en representación del ayuntamiento de Vigo, asistía ayer por la mañana a la reunión celebrada en Las Rozas, donde Riazor y Balaídos fueron confirmados por la Federación Española (RFEF) entre los 15 estadios a ser sede en la candidatura para el Mundial 2030.

En su comunicado de prensa, el ayuntamiento de Vigo celebra que la ciudad siga optando a ser sede, al igual que Gijón, A Coruña, Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao, San Sebastián, Zaragoza, Murcia, Sevilla y Las Palmas de Gran Canaria.

Un incendio en Baiona ha quemado ya 27 hectáreas

0

En su control trabajan 1 técnico, 2 agentes, 7 brigadas y 6 motobombas

Un fuego en el ayuntamiento de Baiona, parroquia de Baredo, activo desde las 00.40 horas de esta esta madrugada, ha afectado ya a una superficie de 27 hectáreas.

En su control, tal y como informan desde la Consellería de Medio Rural, trabajan 1 técnico, 2 agentes, 7 brigadas y 6 motobombas.

La Consellería recuerda que está la disposición de la ciudadanía el número de teléfono gratuito 085, a lo que deben llamar en caso de detectar algún fuego forestal. Además, existe un teléfono anónimo y gratuito para denunciar cualquier actividad delictiva incendiaria de la que se tenga sospecha o conocimiento: 900 815 085. Asimismo, toda la información actualizada sobre incendios forestales podrá ser consultada en la cuenta abierta de twitter: @incendios085.

O Concello prohibe a representación da delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, no acto público de presentación do Torneo Internacional Feminino de tenis

0

O Goberno local de Abel Caballero deu indicacións expresas á Federación Galega de Tenis para impedir que a representante autonómica acudise á rolda de prensa convocada para anunciar a proba deportiva

O Concello de Vigo vetou este xoves a presenza da delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, na presentación do Torneo Internacional de Tenis Feminino que está previsto celebrarse nos xardíns do Pazo Quiñones de León, en Castrelos.

O Goberno local de Abel Caballero vetou a participación da responsable autonómica a través da entidade convocante, a Federación Galega de Tenis, que se dirixiu á Xunta para informarlle de que recibira indicacións expresas do Concello  de Vigo para prohibir a asistencia de Marta Fernández-Tapias.

No seu intento de impedir a súa presenza e segundo a comunicación recibida na Delegación da Xunta en Vigo, o Goberno  municipal sinala a través do ente federativo que a invitación ía dirixida “en exclusiva” ao secretario xeral para o Deporte Galego o un conselleiro.

A Xunta quere denunciar a falta de respecto institucional por parte do alcalde de Vigo, Abel Caballero, ao prohibir a asistencia da representante do Goberno autonómico na cidade e lamenta que feitos similares se produzan de forma reiterada durante os actos públicos que se celebran a diario na cidade. 

Cs Vigo pregunta si se ha superado en un 400% el aforo permitido en el concierto de Sebastián Yatra en Castrelos

0

Desde el Gobierno local aseguran que la asistencia al concierto fue de 60.000 espectadores, mientras que el propio Concello de Vigo estima la capacidad del auditorio de Vigo en 15.000 personas

En el día de ayer, miércoles 13 de julio, se celebró en el auditorio de Castrelos de Vigo el concierto del músico y cantante Sebastián Yatra, en uno de los varios conciertos que se van a celebrar en el auditorio durante la temporada estival. A la finalización del concierto los medios locales publicaron que la asistencia a dicho concierto había sido de 60.000 espectadores, una cifra que según los propios medios ha sido proporcionada por el Concello de Vigo.

Asimismo, podemos conocer a través de diferentes fuentes oficiales del Concello de Vigo que el aforo del auditorio de Castrelos es de 15.000 personas, 5.000 en platea y 10.000 en la grada. “No queremos que vuelva a suceder una desgracia como la acaecida hace unos años durante un concierto de O Marisquiño, el alcalde de la ciudad debe mostrar el plan de seguridad del concierto y confirmar si los 60.000 espectadores es una exageración populista de su plan de comunicación o una cifra real y, por tanto, un incumplimiento del 400% del aforo permitido”, asegura Miguel Blanco, coordinador de Cs Vigo.

“Nuestros técnicos aseguran que el espacio para espectadores del auditorio es de 6.000m2, y que la limitación de ocupación de esta superficie para el uso de espectáculos de pie es de 4 personas por m2, es decir, en el mejor de los casos un aforo de 24.000 personas”, afirma Blanco.

Fernández-Tapias destaca la labor de la asociación ASEM Galicia en Vigo con su programa de promoción de la autonomía personal

0

La delegada territorial de la Xunta en Vigo visitó este jueves la Asociación Gallega contra las Enfermedades Neuromusculares

La delegada territorial de la Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, se reunió este jueves con el presidente de la Asociación Gallega contra las Enfermedades Neuromusculares (ASEM Galicia), Manuel Rego Collazo, para conocer su «Programa estratégico de cultura, ocio y participación inclusiva».

La representante autonómica destacó esta iniciativa destinada a personas socias del colectivo con el fin de promover y difundir el ocio, la cultura y el deporte inclusivo en Galicia. La Xunta apoya con 12.000 euros procedentes de los fondos del IRPF el programa de promoción de la autonomía personal que desarrolla Asem Galicia.

Fernández-Tapias también incidió en el trabajo de prevención de la dependencia y a favor de una vida autónoma que lleva a cabo la asociación. Además, explicó que con la ayuda económica que recibe esta entidad de la Xunta prestan servicios de terapia ocupacional, atención psicológica especializada individual y en grupo, fisioterapia o de formación y apoyo para favorecer el desarrollo personal para la vida independiente.

Asimismo, la Consellería de Política Social otorgó a Asem Galicia otros 6.000 euros para el patrocinio de la tercera edición de las jornadas gallegas sobre enfermedades neuromusculares.

Asem Galicia forma parte de una amplia red extendida por todo el territorio nacional y que forman 22 asociaciones de pacientes que trabajan día a día para mejorar la situación de las personas afectadas y de sus familias.

Su principal objetivo es contribuir a mejorar el bienestar de este colectivo, así como difundir, sensibilizar y facilitar información sobre la realidad y las necesidades específicas que tienen las personas con este tipo de dolencias.

Volven as recreacións históricas á Vila Romana de Toralla

0

O alcalde informou do inicio das visitas ao xacemento arqueolóxico este xoves, 14 de xullo

Desenvolveranse nos meses de xullo e agosto e non será necesaria a inscrición previa para asistir

O Concello de Vigo retoma este 15 de xullo as recreacións históricas sobre a ocupación romana da Vila os xoves 14, 21 e 28 de xullo e os xoves 11 e 18 de agosto, todas elas entre as 20:00 e as 22:00 horas. A asistencia será de balde e sen necesidade de inscrición previa.

Estás actuacións terán lugar no Centro de Interpretación do Mundo Romano e consistirán na representación, por parte de figurantes ataviados con roupaxe da época, de diferentes escenas cotiás como a presentación en sociedade dos recen nados, a venda de escravos ou a loita de gladiadores, entre outras.