A Panorama e o Combo Dominicano actuarán o 1 de agosto no exterior de Balaídos

0

O alcalde anunciou este novo concerto dentro do programa Vigo en Festas que terá una duración de 4 horas no exterior de Balaídos. Beret actuará en Castrelos o 22 de agosto

A Panorama e o Combo Dominicano actuarán no exterior de Balaídos, fronte á grada de Tribuna, dentro da programación de Vigo en Festas o martes 1 de agosto. O alcalde anunciou a contratación das orquestras para un show de 4 horas que dará comezo ás 20 horas. “Primeiro actuará o Combo Dominicano e logo a Panorama”, informou en declaracións.

Cambio de data para Beret

Abel Caballero tamén anunciou que a Xunta de Goberno aprobou a contratación do concerto de Beret en Castrelos. Finalmente o evento será o martes 22 de agosto no Auditorio de Castrelos.

UVigo Motorsport conquista Silverstone

0

Acadaron a 10ª posición no ranking xeral dunha competición na que participaron máis de 60 equipos

“Estamos non só orgullosos, senón eufóricos polos resultados”

“Estamos non só orgullosos, senón eufóricos polos resultados”. Así de rotundos se amosan esta semana os responsables de UVigo Motorsport ao seu regreso de Silverstone, no Reino Unido, a primeira gran cita da escudaría universitaria para este verán.  Competían máis de 60 equipos de todo o mundo e o UM23 vigués fíxose cunha “incrible” 10ª posición no ranking xeral da competición, ademais de acadar o trofeo Best Newcomer 2023, que premia ao equipo cos mellores resultados de entre os que compiten por primeira vez na competición de coches autónomos FSUK AI. “Estes resultados están ao nivel das nosas mellores expectativas e non podemos senón consideralos un éxito rotundo e a mellor recompensa posible para todos tantos meses de esforzo e dedicación”, explica Óscar Hermida, responsable de Comunicación e Márketing de UVigo Motorsport, un proxecto que agrupa a 71 estudantes de diferentes titulacións da Universidade de Vigo.

Tiñan moitas expectativas postas nesta cita xa que ademais de participar na proba clásica do Formula Student UK, que nesta ocasión celebraba o seu 25 aniversario, por primeira vez a escudaría universitaria viguesa participou tamén no Formula Student UK AI para vehículos autónomos, unha proba no que o bólido vigués superou sen problema todas as inspeccións de seguridade e probas técnicas, o que lle permitiu participar en todas as probas dinámicas programadas  nesta categoría..

O UM23 superou sen problema todas as probas e inspeccións

No que respecta ao UM23 tamén se superaron con éxito todas as inspeccións técnicas e de seguridade, sen ningún tipo de incidencia destacable. Completáronse as tres probas técnicas esixidas aos vehículos de combustión, así como as relativas aos catro pilotos. “Fomos o 8º equipo en superar todas estas inspeccións, un tempo récord para nós, polo que puidemos dedicarlle máis tempo a axustar de forma máis precisa o resto das probas”, explican desde o equipo.

Superadas todas as probas e inspeccións só quedaba rodar e, neste aspecto, o equipo volveu bater récords, xa que ao longo da fin de semana o UM23 presentouse a todas as probas dinámicas, algo que só se lograra dúas veces na historia do equipo. Ao longo da mañá do sábado completáronse con éxito o Skidpad e o Acceleration, conseguindo un 6º e un 11º postos respectivamente, mentres que, xa pola tarde, conseguiuse puntuar na proba de Sprint, obtendo outro 6ª posto. Quedou para o domingo a proba máis esixente da Formula Student, a Endurance, “pero, desafortunadamente, un fallo nun sensor impediunos acabar a proba e, aínda que o solucionamos con facilidade, xa non houbo opción de volvelo tentar”.

Todos estes resultados, sumados ao 6ª posto no Engineering Design Report, ao 4º na Lap Time Simulation, e aos puntos obtidos no resto de probas estáticas fixo que o equipo alcanzase unha puntuación total de 344,4 puntos, a puntuación máis alta obtida polo equipo nunha competición e que se traduciron nesa 10ª posición no ranking xeral da competición.

Gañadores do trofeo Best Newcomer 2023

Como colofón final, na gala de despedida celebrada o domingo pola noite topáronse coa sorpresa de que eran os gañadores do trofeo Best Newcomer 2023 para os que participaban por primeira vez na competición de vehículos autónomos. “Todos quedamos moi sorprendidos cando no medio da cerimonia chamaron ao escenario ao coche número 14, UVigo Motorsport, como gañadores deste premio”, salienta Hermida.

A seguinte cita será en Montmeló do 6 ao 12 de agosto

A segunda cita da temporada, como vén sendo habitual, será en territorio nacional dentro da Formula Student Spain, do 6 ao 12 de agosto no evento máis grande deste tipo en España, o circuíto catalán de Montmeló, onde competirán con outros 89 equipos.

Marta Fernández-Tapias comprométese a dar un forte impulso á vela como actividade deportiva e turística na presentación da XXVI Regata de Cruceiros de Aguete 

0

A vicepresidenta da Deputación remarcou  o “firme compromiso” do novo equipo da institución co deporte e as persoas e entidades que o promoven. Adiantou que “a aposta pola promoción das actividades deportivas será un dos grandes obxectivos do mandato que acaba de comezar”

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, participou este xoves na presentación da XXVI Regata de Cruceiros do Real Club Náutico de Aguete, que terá lugar os vindeiros 5 e 6 de agosto, “unha das probas náuticas de maior arraigo e tradición en Galicia e que este ano cumpre 20 anos ininterrompidos sendo puntuable para a Copa de España, o que a converte na máis lonxeva de entre as galegas neste ámbito”.

Durante o acto, a vicepresidenta da Deputación, Marta Fernández-Tapias, quixo agradecer ao Real Club Mar de Aguete a súa implicación co deporte e os seus preto de 50 anos de organización de eventos náuticos de primeiro nivel na Ría Pontevedra. Consciente do esforzo que supón a organización deste tipo de eventos, comprometeuse persoalmente a dar un importante impulso á vela, non só como actividade deportiva, senón tamén polo seu alto valor turístico.

Así, manifestou o seu «firme compromiso» co deporte e tamén coas persoas e entidades que o promoven, para engadir que «a aposta pola promoción das actividades deportivas será un dos grandes obxectivos deste mandato que acaba de comezar». No acto de presentación, ademais da vicepresidenta, tamén estiveron presentes o vicepresidente do Real Club de Mar de Aguete, Raúl Oltra de Santiago; o tenente de alcalde de Marín, Manuel Santos; o comandante-director da Escola Naval de Marín, Pedro Cardona; o presidente do Casino Mercantil de Pontevedra, Roberto Vega; a comodora do Real Club de Mar de Aguete, Celina Torrado; o representante de Luz Solidaria, Jaime Jaquotot, e os concelleiros de Marín Marián Sanmartín e Hugo González.

La Audiencia de Ourense condena a diez años y medio de cárcel a un padre por agredir sexualmente a su hija

0

La sección segunda de la Audiencia Provincial de Ourense ha condenado a 10 años y medio de prisión a un padre por agredir sexualmente, de forma continuada, a su hija menor de edad. Además, lo ha privado de la patria potestad, ha acordado la inclusión del ADN del acusado en la base de datos de las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del Estado y le ha impuesto diez años de libertad vigilada.

La Sala considera probado que cometió los hechos desde “dos o tres años antes de diciembre de 2019, casi a diario, en el baño o en la cama que compartían” en la vivienda en la que residía el procesado con la menor, nacida en 2010, y su hermano. En la sentencia, los jueces indican que, cuando el acusado bebía alcohol, su hija “se ponía a temblar”. En el fallo relatan que cuando pasaba unos días de estancia con su madrina y con su padrino, quienes no tenían conocimiento de las agresiones sexuales que sufría, la niña “no quería volver para su casa y les pedía, llorando, estar más tiempo con ellos”.

El tribunal subraya que en la declaración de la víctima “no se aprecia la presencia de ningún elemento que pueda ser considerado como acreditativo de una actuación motivada por la presencia de un ánimo de resentimiento, odio, venganza, o el interés en obtener con su declaración una ventaja”. Además, recalca que su testimonio, a lo largo de todo el procedimiento, es “uniforme, sin alteraciones ni introducción de hechos nuevos”, describiendo “la misma mecánica comisiva”.

Los magistrados también aseguran en la sentencia que concurren “datos objetivos suplementarios que revalidan de manera periférica” extremos de la declaración de la menor, al tiempo que recalcan que consideran que reúne “los requisitos necesarios para ser considerada como prueba de cargo con la suficiente entidad para entender vencida la presunción de inocencia de la que goza el acusado”. La sentencia no es firme, pues contra ella cabe presentar recurso ante el TSXG.

O BNG critica a “frívola disputa” pola sede da Deputación en Vigo e pide destinala ao Centro Galego de Fotografía

0

A fronte nacionalista formula emenda á moción do PP para demandar que o inmóbel da rúa Chao acolla o proxecto para o que naceu e no que se investiron 2 millóns de euros

Reitera a alternativa proposta en outubro de 2019 para que o ente provincial se traslade á antiga casa reitoral, na rúa San Vicente

Xabier P. Igrexas: “Hai moitos problemas que merecen dunha maior atención que a pelexa entre Marta Fernández-Tapias e Carmela Silva por quedar cun vistoso despacho”

O Bloque Nacionalista Galego critica a “frívola disputa” entre PP e PSOE pola sede da Deputación provincial en Vigo e pide destinala ao Centro Galego de Fotografía. A fronte nacionalista vén de formular emenda á moción do PP, que será debatida no vindeiro Pleno municipal, para demandar que o inmóbel da rúa Chao acolla este proxecto para o que se investiron 2 millóns de euros, baixo o impulso do BNG, e que foi inaugurado en 2015 e abandonado posteriormente polo Goberno de Abel Caballero.

“A disputa entre o PP e o PSOE sobre o uso da actual sede da Deputación é un exemplo máis do nivel de frivolidade co que uns e outros enfrontan as necesidades da cidade”, reprochou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, diante da pelexa aberta entre a actual vicepresidenta do ente provincial, a popular Marta Fernández-Tapias, e anterior presidenta, a socialista Carmela Silva, polo uso deste céntrico edificio, de titularidade municipal, no Casco Vello.

Igrexas afeou que o PP queira dedicar a súa moción no primeiro Pleno do mandato a “discutir por un vistoso despacho” en lugar de devolverlle este inmóbel á cidade. “O BNG mantemos a mesma posición dende un primeiro momento: ten que ser destinado ao proxecto para o que naceu, a sede do Centro Galego de Fotografía”, defendeu o voceiro nacionalista.

“Este proxecto impulsado polo BNG entre os anos 2011 e 2015 acabou abandonado polo desprezo e pola política de desertización cultural que practica o Goberno de Abel Caballero”, lamentou Igrexas, quen chamou a recuperar este “grande espazo cultural” para acoller os importantes fondos fotográficos dos que é titular o Concello de Vigo, como o arquivo Pacheco, parte do arquivo Llanos e de diferentes edicións da Fotobienal.

Alternativa para a sede provincial

Sobre a sede da Deputación provincial en Vigo, o voceiro do BNG insistiu na alternativa proposta dende outubro de 2019 para que se traslade á antiga casa reitoral, na rúa San Vicente, que acolleu a primeira aula UNED da cidade. “Un espazo perfectamente digno, coas condicións necesarias para albergar unha sede administrativa”, valorou. No entanto, Igrexas reafirmou a posición do BNG a respecto do ente provincial de avanzar cara a súa desaparición. “O noso papel nas Deputacións é o de ir baleirando o seu contido para transferir os recursos aos concellos, que son quen xestiona e atende as necesidades da cidadanía”, afirmou, de vez que cuestionou o interese de populares e socialistas por alimentar estas “cascas institucionais para que a presidenta de turno teña un palacete ao seu servizo co que facer a súa particular carreira”.

El PP culpa al alcalde de “arruinar” la imagen de Vigo al dejar que se eternice el conflicto de Vitrasa

0

El concejal Miguel Martín lamenta la “falta de previsión” del Gobierno municipal para evitar que los paros anunciados por los trabajadores de la contrata pública afecten a la programación local del verano

Se pregunta hasta cuándo va el alcalde a “desentenderse” de este problema que no solo afecta a los vecinos de Vigo, sino a todos los que vengan a nuestra ciudad a disfrutar de Alejandro Sanz y O Marisquiño

El concejal del PP Miguel Martín ha culpado este jueves al alcalde de Vigo, el socialista Abel Caballero, de “arruinar” la imagen de Vigo al dejar que se eternice el conflicto con Vitrasa. “Llegamos al verano sin solución a un problema que ya no afecta solo a los vigueses, ahora también a los turistas”, ha dicho, para apuntar que los nuevos paros “eran evitables” con la intercesión del gobierno local.

Martín, que ve en la actitud del alcalde “falta de voluntad” para que la empresa del transporte urbano y los trabajadores lleguen a un entendimiento, se ha preguntado hasta cuándo va a “desentenderse” Caballero de este problema. Ha lamentado así la “falta de previsión” para que las acciones del comité de empresa no afecten a la programación local del verano.

Señala el edil popular que la anulación de las lanzaderas para el final del concierto de Alejandro Sanz hoy en Castrelos son solo en parte la consecuencia de este conflicto, que va a cumplir ya dos años sin que el Gobierno municipal haya buscado una solución, “ni siquiera -incidió- intentando acercar posturas entre las partes”. Además, advierte que todo apunta al mismo resultado los próximos 12 y 13 de agosto, coincidiendo con la celebración de O Marisquiño.

“Estas jornadas de huelga no sólo afectarán a los 300.000 vigueses, sino también a todos aquellos visitantes que se acerquen a la ciudad para participar de los espectáculos programados y que, desgraciadamente, se van a llevar una imagen de nuestra ciudad que deja mucho que desear”, ha dicho Martín.

El concejal del Partido Popular ha calificado de “inadmisible” la “inacción y dejadez” del alcalde como responsable de la concesión municipal que presta el servicio de transporte urbano en la ciudad, dejando que las malas relaciones de Vitrasa con la plantilla se mantengan enquistadas. Tras acentuar el deterioro en la calidad del servicio en los últimos años, y que es obligación del Ejecutivo municipal velar por el cumplimiento de los pliegos de la contratación pública, Martín pidió al alcalde que deje de “echar balones fuera” y trabaje “de una vez por todas” por lograr un acuerdo entre la empresa y los trabajadores.

Detenido por agredir a su pareja en presencia de un hijo menor en la calle Pizarro

0

En el día de ayer, en torno a las 00:25 horas, se recibió un aviso a través del servicio de emergencias 112, en la Central de Información y Mando de la Policía Local de Vigo, solicitando presencia policial en domicilio de la calle Pizarro ya que se escuchaba una fuerte discusión de pareja y a un menor que pedía auxilio.

Los agentes de Policía Local se trasladaron inmediatamente al lugar anteriormente indicado, localizando a una mujer acompañada por varios vecinos en el rellano de la vivienda. Esta se encontraba en estado de “shock”, que le impedía hablar y responder a las preguntas realizadas por los actuantes, por lo que decidieron dar aviso a los servicios sanitarios, que se personaron posteriormente en el lugar.

Tras ser valorada por los facultativos y una vez más calmada, pudo manifestar a los funcionarios policiales que en medio de una discusión con su actual pareja, este fue incrementando su agresividad, en un principio con insultos graves, llegando a propinarle un fuerte empujón. Los hechos descritos, sucedieron en presencia de su hijo menor de edad, quien se interpuso entre ambos adultos para proteger a su madre.

El presunto autor de los hechos descritos, llegó incluso a descolgar un cuadro y lanzarlo contra ambos, continuando con insultos ahora dirigidos también al menor. Posteriormente el individuo abandonó el domicilio durante unos minutos, regresando momentos después y comenzando a golpear de nuevo con patadas y puñetazos el mobiliario de la vivienda, por lo que la filiada y su hijo pidieron auxilio hasta la llegada de los agentes.

Ante la presencia policial, la víctima recibió varios mensajes de voz a través de la aplicación WhatsApp, profiriendo graves insultos, identificando claramente a su pareja como autor de los mismos. Ante los hechos descritos anteriormente, se facilitaron los datos físicos y vestimenta de esta persona a las distintas unidades policiales que se encontraban de servicio, dando un resultado positivo en la búsqueda del varón, siendo localizado por la unidad G.O.A., perteneciente a Policía Local de Vigo en la calle Couto San Honorato.

El hombre resultó ser A. A. B. de 47 años de edad, y fue detenido y trasladado a dependencias policiales como presunto autor de un delito de Violencia de Género, siendo informado del motivo de su detención así como de los derechos que le asisten en virtud del artículo 520 de la Ley de Enjuiciamiento Criminal.

O programa da Deputación de Pontevedra Musigal chega este venres a Moaña co concerto do dúo Caamaño & Ameixeiras

0

A actuación terá lugar ás 22:00 horas no escenario do Paseo Marítimo da vila no marco do Festival Intercéltico do Morrazo

O dúo Caamaño & Ameixeiras ofrecerá este venres 28 de xullo un concerto en Moaña ao abeiro do programa provincial Musigal, posto en marcha pola Deputación de Pontevedra para contribuír á difusión e promoción da música galega e en galego nos concellos da provincia. A actuación comezará a partir das 22:00 horas , e celebrarase no marco do Festival Intercéltico do Morrazo, no escenario do Paseo Marítimo da vila, que acada neste 2023 a súa 39 edición.

Caamaño & Ameixeiras é un dúo ligado á música e ao baile tradicional, formado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz) que acumula desde a súa creación no 2018 unha intensa traxectoria, cun gran número de concertos, tanto na xeografía galega como nacional e internacional. De natureza principalmente instrumental, aínda que incorporando tamén algún tema vocal, Caamaño & Ameixeiras toma como punto de partida a tradición, para crear despois a súa propia linguaxe con composicións e arranxos persoais que incorporan recursos contemporáneos. No seu primeiro traballo discográfico, Aire!, contaron con diversas colaboracións, entre elas a de Silvia Pérez Cruz, Fetén Fetén, Abraham Cupeiro, Xavi Lozano, Carola Ortiz, Pablo Martín ou El Pana. Este traballo foi recoñecido co Premio Martín Códax da Música 2021 na categoría de Folk, así como co primeiro premio no Folkez Blai 2021, celebrado en Ermua (País Vasco), ou o Premio Opinión de Música de Raíz ao disco do ano.

O programa Depo Auga péchase esta fin de semana cunha ruta circular en pádel surf e caiac pola Ría de Vigo e a Illa de San Simón

0

Antes do seu paso pola ría viguesa o programa provincial recalou na Illa de Tambo (Poio) e nas salinas de Ulló (Vilaboa) En total sumáronse a esta iniciativa deportiva preto de 100 persoas

O programa provincial “Depo Auga”, co que a Deputación de Pontevedra oferta actividades de pádel surf e caiac en contornas de ríos e rías da provincia, péchase esta fin de semana no concello de Redondela, con percorridos pola Ría de Vigo e a Illa de San Simón os días 29 e 30 de xullo. A actividade consistirá nun roteiro circular de aproximadamente 4 quilómetros a través do que se poderá ver o monumento ao capitán Nemo, as illas de San Simón e San Antón e fotografar a ponte de Rande desde unha perspectiva única.

O roteiro, dunha hora de duración, partirá da praia de Cesantes, en Redondela, e percorrerá a enseada de San Simón, situada na Ría de Vigo e pertencente á Rede Natura 2000, importante pola súa biodiversidade debido á gran presenza de bivalvos e numerosas especies de  aves. En total, ao longo da fin de semana daranse cita 32 persoas que se repartirán en 4 quendas: dúas o sábado e outras tantas na xornada do domingo. Esta é a terceira e última das saídas de “Depo Auga”, programa que se enmarca dentro de “Depo Actívate”, o calendario de actividades deportivas que organiza a Deputación ata o mes de outubro para dinamizar, fomentar e promover o deporte, así como transmitir valores e hábitos saudables a través da actividade física. Antes desta ruta desenvolvéronse outras dúas: unha pola Illa de Tambo, no mes de xuño, e outra polo río Verdugo e as Salinas de Ulló, a principios deste mes, nas que participaron ata 64 persoas.

Las tortugas Ferdylan, Geno y Cicliña vuelven a su medio natural tras su recuperación en el Instituto Gallego de Formación en Acuicultura

0

Fueron embarcadas en los últimos días en el puerto de Vilaxoán para su posterior liberación y regreso a las aguas del Caribe tras pasar varios meses en el centro dependiente de la Xunta bajo la supervisión de la Coordinadora para el Estudio de los Mamíferos Marinos

El Instituto Gallego de Formación en Acuicultura (Igafa), dependiente de la Consellería do Mar, despidió en los últimos días a las tortugas marinas Ferdylan, Geno y Cicliña, que fueron embarcadas en el puerto de Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) para su posterior liberación y regreso a las aguas del Caribe. La suelta se produce tras superar la última fase de su recuperación en el centro bajo la supervisión de la Coordinadora para el Estudio de los Mamíferos Marinos (Cemma).

Esta acción forma parte de la colaboración que mantiene la Consellería de Medio Ambiente, Territorio y Vivienda desde el año 2013 con la Cemma para la recuperación de los mamíferos marinos y otras especies que llegan a espaldas gallegas en mal estado o heridos.

Ferdylan, Geno y Cicliña fueron capturadas por barcos de pesca, la primera en las cercanías de Cariño, la segunda frente a cabo Prior y la tercera en la zona de A Mariña. Tras superar la primera fase de su recuperación en la UCI que la Cemma tiene en Nigrán, dentro de la estructura de la Red de Varamentos de Galicia, los tres animales fueron trasladados en febrero a la piscina marina del Igafa para completar la segunda y última fase de recuperación.

El cuidado de estos animales cuenta con la participación voluntaria del alumnado y demás personal del instituto de la Illa de Arousa con el fin de favorecer su progresión. De hecho, este tipo de estadías suelen aprovecharse para formar a los estudiantes en aspectos relacionados con la protección de los mamíferos marinos y el fomento de la sensibilidad medioambiental.

Tras varias semanas de cuidados en el centro dependiente de la Consellería do Mar y, una vez constatada la evolución favorable de los tres ejemplares, todos recibieron el alta por parte del equipo veterinario de la Cemma y fueron liberados desde la patrullera Punta Roncadoira, del Servicio de Guardacostas de Galicia. Desde el inicio de esta colaboración el Igafa participó en la recuperación de ocho tortugas y 14 lobos marinos, incluyendo la estas tres que fueron devueltas en los últimos días al medio natural.

Además los tres animales participan en un proyecto de la Fundación Biodiversidad de marcaje de tortugas capturadas en artes de pesca y rehabilitadas en los Centros de Recuperación. Por eso llevan un emisor GPS en la coraza que permitirá hacer el seguimiento de sus movimientos en los meses posteriores a la liberación.