A Gramola Gominola actúa este domingo en Pazos de Borbén ao abeiro do programa “Musigal”

0

A praza do Concello será o escenario do rock & roll da banda, dentro desta iniciativa da Deputación para achegar a música galega e en galego e fomentar o uso da lingua

A Gramola Gominola chega o domingo 27 de agosto ao concello de Pazos de Borbén ao son do rock and roll e da man da Deputación de Pontevedra. A banda de rock infantil actuará ás 19:00 horas na praza do Concello no marco do programa “Musigal”, que busca contribuír e promover a música galega e en galego nos concellos da provincia á vez que se fomenta o uso e a normalización social da lingua.

O grupo musical composto por Paco Cerdeira (guitarra e voz), Paula Romero (voz), Anxelo de Xermar (baixo) e Rodrigo Muñoz (batería) tocará algúns dos seus temas máis coñecidos, como ‘He ho let’s go’, ‘Carmela, non hai coma ela!’ ou ‘Campión internacional’. Formada en 2013, A Gramola Gominola conta con recoñecementos como o Premio Martín Códax da Música 2018 a mellor grupo infantil.

Actualmente a banda ten publicados 3 libro-CDs: ‘A Gramola Gominola’, que serve como viaxe pola música contemporánea con ritmos de blues, country, rock, pop, puck, reggae, heavy metal e ska; ‘Música para desafinar’, cun estilo máis orientado ao rock & roll en galego; e ‘Bravas. O rexurdir da luz’ que ten como protagonistas unhas superheroínas que tratan de cambiar o mundo cos seus poderes para enfrontarse ao abuso escolar, defender o galego, protexer a natureza e dar visibilidade ás emocións.

El Puerto de Vigo acoge hoy el concierto de música urbana de Duki, Saiko, Reality y Boom Boom (DJ Tony Grox)

0

6000 personas se darán cita en el evento patrocinado por el Xacobeo y organizado por la productora Treintay3

Este sábado 26 de agosto el Puerto de Vigo acoge, en el muelle de trasatlánticos, un concierto de música urbana que contará con las actuaciones de Duki, Saiko, Reality y Boom Boom (DJ Tony Grox) y al que asistirán 6000 personas.  Este concierto cuenta con el patrocinio del Xacobeo y lo organizan la productora madrileña Treintay3 Producciones Management junto a la gallega Esmerarte, responsable de la producción técnica del evento.

Seguridad

Como en años anteriores, en las pasadas semanas han tenido lugar reuniones de coordinación de seguridad en las que han estado presentes todas las administraciones implicadas: el promotor del concierto, la productora técnica, miembros de la Autoridad Portuaria de Vigo, así como representantes de las distintas fuerzas de seguridad: Policía Nacional, Policía Local, Guardia Civil, Policía Portuaria, representantes de Bomberos, Capitanía Marítima, Sociedad de Salvamento y Seguridad Marítima (SASEMAR) y la Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA 112).

El objeto de estas reuniones de seguridad es garantizar el correcto desarrollo de los eventos que tienen lugar en terreno portuario. Debatir las cuestiones cruciales para el normal desarrollo del evento, ultimar todas las medidas necesarias y la coordinación de todos los implicados. Así, algunos de los temas tratados han sido: La gestión de los accesos – para los que se habilitarán pasillos específicos de cara a agilizar las colas-, las salidas de emergencia y los corredores de seguridad, así como la vigilancia de todo el perímetro por las diferentes fuerzas de seguridad a fin de evitar aglomeraciones y altercados.

Para todo ello, se desplegará un dispositivo especial y habrá un Puesto de Mando Avanzado ubicado en el edificio de sesiones del muelle de trasatlánticos desde donde conectarán con 14 de las cámaras del centro de control portuario.

En el caso del concierto de este sábado 26 de agosto, en donde predominará la música urbana con las actuaciones de Duki, Saiko, Reality y Boom Boom (DJ Tony Grox), se darán cita 6000 personas desde las 17:30 hora en que se abrirán las puertas al recinto del conciertocomenzando las actuaciones a las 19:30 hy finalizando a las 02:05 h. El acceso peatonal al resto del muelle de trasatlánticos estará cortado.

Vigilancia por mar

Como ya se ha hecho en anteriores ocasiones, ha quedado definida una zona de exclusión marítima de modo que las embarcaciones no podrán permanecer fondeadas a menos de 150 metros del cantil del muelle. Se trata de evitar la acumulación de embarcaciones y posibles accidentes. Para ello se cuenta con la colaboración del Servicio Marítimo de la Guardia Civil que realizará las labores de control y sancionará a los infractores.

Estrategia Blue Growth

Esta cesión de espacios portuarios, para el disfrute de actividades culturales y deportivas, se hace acorde a la estrategia “Blue Growth” del Puerto de Vigo que busca acercar el puerto a los ciudadanos y lograr el equilibrio económico, medioambiental y social.  

140 nenos de 26 concellos desfrutarán na Lanzada da décima quenda dos campamentos “Depo Aventura”

0

Os pequenos entre 8 e 13 anos participarán en actividades lúdicas e formativas ao longo de seis días nas instalacións que a Deputación de Pontevedra ten no Grove

Desde este domingo 27 de agosto ata o próximo sábado 2 de setembro, un total de 139 nenos e nenas de 26 concellos da provincia participarán na décima quenda dos campamentos de “Depo Aventura” A Lanzada. Ao longo desas seis xornadas, grazas á Deputación de Pontevedra desenvolverán múltiples actividades lúdicas e formativas que contribuirán ao seu enriquecemento persoal e a coñecer lugares fóra da súa contorna habitual.

Nesta décima quenda de “Depo Aventura”, as 71 nenas e 68 nenos (todas e todos nados entre os anos 2010 e 2015) proceden de Vigo (88), Pontevedra (10), Redondela (6), Gondomar (4), Marín (4),  Cuntis (3), Nigrán (3), Meaño (2), Tui (2), Agolada (1), Baiona (1), Barro (1), Cangas (1), A Cañiza (1), Covelo (1), Forcarei (1), O Grove (1), Mos (1), Pazos de Borbén (1), Poio (1), Ponteareas (1), O Porriño (1), Salvaterra do Miño (1), Sanxenxo (1), Soutomaior (1) e Vilagarcía de Arousa (1).

A Deputación ofrécelle ás nenas e nenos do campamento un programa de actividades que, baixo o nome “A Lanzada, un paseo pola historia”, está destinado a favorecer a inclusión, a aprendizaxe da lingua inglesa, a igualdade de xénero, a arte, a cultura, a ciencia, o deporte, a lingua de signos, o respecto e o coñecemento da natureza e a dinamización e coñecemento da contorna. Ademais, a cativada realizará un obradoiro para elixir a mascota oficial deste programa provincial e, entre as moitas iniciativas programadas no marco de “Depo Aventura” 2023, as crianzas realizan excursións relacionadas coa natureza e o coidado do medio ambiente.

Nesta edición de “Depo Aventura”, que se desenvolve ata o 9 de setembro, participarán en total 1.540 menores de 58 concellos da provincia divididos en once quendas.

Excarcelado un joven del interior de un vehículo accidentado en Salceda de Caselas

0

Los bomberos han tenido que retirar los asientos y una puerta para poder sacar al joven herido

Los Bomberos del Baixo Miño han excarcelado a un joven del interior de un vehículo accidentado en la PO-411, en la parroquia pontevedresa de Parderrubias, en Salceda de Caselas.

Los hechos han sucedido a las 01.30 horas de este sábado y ha sido un particular el que ha alertado al 112 Galicia que ha movilizado a los Bomberos de Baixo Miño, Urgencias Sanitarias de Galicia-061 y los agentes de la Guardia Civil de Tráfico.

Finalmente, los bomberos han tenido que retirar los asientos y una puerta para poder sacar al joven herido y facilitar su atención médica.

A Xunta confirma a presenza de mosquito tigre no Concello de Cangas

0

A identificación dun exemplar foille comunicada ao Concello de Cangas, que se incorporará ao comité técnico para o control deste vector

A Rede Galega de Vixilancia de Enfermidades Transmisibles por Vectores xa instalara trampas na localidade de forma preventiva

A Consellería de Sanidade organiza o próximo xoves unha xornada de formación para técnicos municipais a través da Escola Galega de Saúde Pública

A Xunta, a través da Rede Galega de Vixilancia de Enfermidades Transmisibles por Vectores (ReGaViVec) da que tamén forman parte as Universidades de Vigo e Santiago de Compostela, confirmou a detección dun exemplar de mosquito tigre no concello de Cangas.

Ante a aparición deste insecto en Moaña, de forma preventiva, a Rede xa instalara trampas en Cangas para confirmar ou descartar a diseminación do mosquito tigre en municipios limítrofes. Desta forma, en paralelo á colaboración cidadá a través da aplicación Mosquito Alert, entomólogos de ReGaViVec identificaron un exemplar en Cangas, o que lle foi comunicado á alcaldesa da localidade.

Polo tanto, o Concello de Cangas sumarase aos de Moaña e Vigo como integrante do comité técnico do mosquito tigre.

Así mesmo, ampliouse a vixilancia de maneira preventiva aos concellos de Bueu e Vilaboa e, para reforzar o coñecemento sobre o control do mosquito tigre por parte dos técnicos dos concellos implicados, a Escola Galega de Saúde Pública organizará o vindeiro xoves, día 31, unha formación específica na Xefatura Territorial de Sanidade de Pontevedra, na que participarán expertos en sanidade ambiental, epidemioloxía e entomoloxía. Desde a Consellería de Sanidade agradécese a participación veciñal á hora de seguir os consellos para evitar a proliferación deste insecto, que é vector de enfermidades como os virus do dengue,  chikungunya ou Zika, aínda que os exemplares localizados non eran portadores. Así, lémbrase eliminar puntos de auga estancada como bebedeiros, pratos baixo macetas, caldeiros á intemperie ou embarcacións. Debe procederse simplemente ao seu baleirado ou renovación da auga cada 4-5 días.

O BNG de Vigo afea o “exhibicionismo” de Caballero coas axudas sociais e denuncia esperas de até dous meses

0

A fronte nacionalista censura a “indecente” utilización propagandística do Goberno municipal “presumindo” de resolver miles de axudas cando as recortou este ano nun 22%

Xabier P. Igrexas: “Do que debera ocuparse o alcalde é de reforzar os servizos sociais para que as máis vulnerábeis non teñan que agardar entre 6 e 10 semanas por unha cita”

O Bloque Nacionalista Galego afea o “exhibicionismo” do alcalde de Vigo, Abel Caballero, coas políticas sociais do Concello. Así o denunciou este venres o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, que censurou a utilización propagandística das axudas sociais por parte do Goberno local após recortalas este ano e manter baixo mínimos os servizos sociais.

“Diante das declaracións de Caballero presumindo de que o Concello resolvera máis de 3 mil axudas sociais de emerxencia no que vai de ano, desde o BNG temos que lamentar este novo episodio de exhibicionismo a conta da grave situación de empobrecemento que padece a nosa cidade”, criticou Igrexas, lembrando que Vigo segue a ter a máis de 60 mil persoas en risco de exclusión social e pobreza, segundo o índice Arope.

O portavoz nacionalista valorou como “especialmente indecente” que o alcalde faga alarde das políticas sociais municipais cando recortou as axudas nun 22% no orzamento de 2023, cando deixou sen gastar case medio millón de euros o pasado exercicio mentres se denegaban a moitas persoas con dificultades e cando o seu Goberno decidiu suprimir o chamado ‘cheque social’, unha axuda estábel que foi substituída por achegas puntuais.

“Do que debera ocuparse Abel Caballero é de reforzar de verdade os servizos sociais do Concello e garantir o funcionamento pleno de todas as unidades de asistencia social”, reclamou Igrexas. Nese sentido, denunciou que hoxe contan con menos da metade das traballadoras sociais necesarias, provocando esperas de entre 6 e 10 semanas por unha cita. “Até máis de 2 meses para comezar a abordar situacións de emerxencia social”, lamentou.

Por estes motivos, o voceiro municipal do BNG reiterou o chamamento para converter o Concello de Vigo nun “verdadeiro parapeto social” que protexa as persoas máis vulnerábeis no actual contexto de empobrecemento. “As viguesas e vigueses o que precisan e merecen é de máis política social e menos propaganda”, demandou Igrexas.

Nova oportunidade para adquirir as reservas para o concerto de Beret

0

As reservas en platea pódense adquirir de xeito online o luns 28 de agosto a través de www.vigoenfestas.com a partir das 9:30 horas ata o fin de existencias

O Concello abre a taquilla online o luns 28 de agosto a partir das 9:30 horas para a venda de reservas en platea para o concerto de Beret en Castrelos.

Os pases estarán dispoñibles ata o fin de existencias a través de www.vigoenfestas.com. O artista sevillano subirá ao escenario de Castrelos o vindeiro mércores 30 de agosto para presentar na cidade os temas do seu novo disco “Resiliencia”. Su actuación suporá o peche dos concertos de verán en Castrelos.

Beret se caracteriza pola mestura de estilos como o pop, baladas, reguetón, ritmos latinos e sons urbanos. Neste último traballo destaca a colaboración con artistas como Estopa, Omar Montes, Reik, Morat e Malú.

O Conselleiro de Sanidade remarca o alto nivel da atención sanitaria que se está a prestar na Área Sanitaria de Vigo

0

O titular da carteira sanitaria do Executivo galego visitou o centro de saúde de Navia, que atende a unha poboación de ao redor de 15.000 habitantes

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou está mañá o centro de saúde de Navia, un dos máis novos e grandes desta área asistencial, e que atende ao redor de 15.000 cidadáns, -tal e como destacou o máximo responsable do Sergas-. Na visita, o conselleiro reuniuse con profesionais deste centro, nunha xuntanza na á que tamén asistiron o xerente da área sanitaria, Javier Puente, e o xefe de servizo, Gonzalo López.

Este verán, -segundo sinalou Comesaña-, os profesionais deste centro levan realizadas preto de 18.000 consultas no que vai de período estival, unha porcentaxe maior que no pasado ano, o que demostra o bo funcionamento da sanidade pública galega en xeral e a de Vigo en particular, -subliñou o conselleiro-.

Tal e como incidiu o responsable da carteira sanitaria da Xunta, o centro de saúde de Navia está situado nunha zona estratéxica da cidade, de crecemento, e conta cuns magníficos profesionais que están sempre na vangarda de calquera tipo de proxecto tanto do Sergas como de iniciativa propia. Na súa visita ao centro, o conselleiro agradeceu á área sanitaria o traballo que está a facer neste verán, nun momento difícil de déficit de médicos de atención primaria en todo o Estado, mantendo o alto nivel de atención sanitaria que se está a prestar no  ámbito da atención primaria ordinaria, no Punto de Atención Continuada ou nas urxencias dos hospitais. Comesaña gabou o traballo de todos os equipos de profesionais, resolvendo esa alta demanda que se está a dar nestes días, xa que se trata dunha área que recibe moitos visitantes de fóra.

Evacuada en helicóptero en Cangas una mujer que sufrió un desvanecimiento en el agua

0

Un particular contactó con Emergencias para informar de la presencia de una bañista indispuesta en el agua, que había perdido la consciencia

El helicóptero medicalizado del 061 con base en Santiago ha evacuado este viernes a una mujer que sufrió un posible desvanecimiento mientras se bañaba en la playa de Rodeira, en el municipio de Cangas.

Según informan fuentes del 112 Galicia, el suceso tuvo lugar sobre las 13.00 horas, cuando un particular contactó con Emergencias para informar de la presencia de una bañista indispuesta en el agua, que había perdido la consciencia. El CIAE avisó al 061, así como a la Policía Local y a Protección Civil de Cangas.

La mujer, de 66 años de edad, habría sufrido un desmayo y había perdido la consciencia. El 061 movilizó una ambulancia y el helicóptero con base en Santiago aunque, al llegar los efectivos y, tras una primera intervención de los socorristas, la mujer ya había recuperado la consciencia y la respiración.

A Deputación investirá máis dun millón de euros para avanzar na iluminación sostible en dez concellos

0

A Cañiza, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Dozón, Fornelos de Montes, Pontecesures, Ribadumia, Rodeiro, Silleda e Tomiño beneficiaranse dun aforro enerxético do 40% neste proxecto, financiado con fondos europeos

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de dar conta da concesión de máis dun millón de euros procedentes de fondos europeos para financiar a renovación de instalacións de iluminación exterior sostible en dez concellos da provincia, que contan cun orzamento total de preto de 1,2 millóns de euros. Deste xeito, como explicou o vicepresidente, Rafa Domínguez, a institución provincial obtivo estes fondos europeos do programa DUS-5000 a través do IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía), o que supón o 85% do orzamento.

Rafa Domínguez destacou a importancia destes proxectos polo seu investimento “e porque permiten afondar no aforro enerxético, algo tan importante nesta sociedade”. Beneficiaranse os concellos da Cañiza, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Dozón, Fornelos de Montes, Pontecesures, Ribadumia, Rodeiro, Silleda e Tomiño, nos que se substituirán máis de 1.600 puntos de luz por novas luminarias con tecnoloxía LED de última xeración e alta eficiencia, conseguindo un aforro enerxético de arredor do 40%.

O vicepresidente provincial sinalou que grazas a este proxecto da Deputación de Pontevedra conseguirase “un importantísimo aforro enerxético que reducirá as emisións e tamén aforrará moitos cartos aos concellos”. Ademais, en sete destes concellos (Cerdedo-Cotobade, Dozón, Fornelos de Montes, Pontecesures, Ribadumia, Silleda e Tomiño) reformaranse 41 cadros de mando para adaptalos á normativa actual. A Deputación instalará neles un sistema de telexestión que permitirá obter e xestionar información detallada sobre consumos, mantemento e fluxos luminosos.