Tanxugueiras lanza DILUVIO, o seu novo disco

0

As pandeireteiras publican este venres 29 o seu terceiro álbum, un traballo conceptual no que descobren o significado agochado nos seus últimos sinxelos: cuestionan crenzas, pecados ou presuntas culpas instaladas na sociedade para transformalas “en aprendizaxes vitais”

Chega o 29 de xullo e, con el, o DILUVIO. Tanxugueiras publica este venres o seu terceiro traballo discográfico, un álbum conceptual editado por Calaverita Records e que propón rachar con todo o establecido “para sandar, para volver a aprender”. O disco, que xa está dispoñible nas principais plataformas dixitais e La Casa del Disco, conta na súa versión física cunha edición deluxe , cun libreto ilustrado de 24 páxinas no que o grupo explica, motu proprio, o significado deste diluvio. “Neste álbum que hoxe ve a luz está a resposta ao camiño percorrido nos últimos meses. De principio a fin, desde a ‘Treboada’ até o ‘Acougo’. Coa súa publicación pechamos unha etapa, unha viaxe de cuestionamento e autocoñecemento. Mergullarse no DILUVIO é abrir e pechar un círculo e hoxe, por fin, todo cobra o sentido”, sinalan Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro.

‘DILUVIO’ é unha viaxe de indagación e autocoñecemento que o trío percorre a través de verbos como ver, escoitar, equivocar, recordar ou apoderar. Un tránsito que transcorre, en paralelo, ás vivencias de Olaia, Aida e Sabela desde o inverno de 2020. Porque no disco, nado durante a pandemia, as cantareiras poñen en dúbida e enfrontan numerosas presuntas culpas ou ‘pecados capitais’ instalados na sociedade. E aos sete ‘orixinais’ (avaricia, enveza, ira, luxuria, preguiza, gula, soberbia), elas suman outros tres: patriarcado, hostilidade e homoxeneidade. Crenzas que viviron, sentiron, observaron ou compartiron e que, após a tormenta, deciden dar a volta e convertelas nunha serie de aprendizaxes transformadoras para a vida: un diluvio de autoaceptación, de diversidade, de amor libre, de apoderamento. ‘O diluvio arrasa e racha con todo o establecido, con iso que damos por sentado para sandar, para renacer, para que volvamos aprender, mais desde unha óptica aberta, feminina, xenerosa, consciente. Mergullarse no DILUVIO é percorrer a propia vida”, apuntan.

Música tradicional e ritmos urbanos

‘DILUVIO’, o álbum de Tanxugueiras que se pode adquirir desde hoxe en plataformas dixitais e tendas físicas, é un traballo musicalmente diverso: unha experiencia catártica na que a voz e a cultura tradicional son o fío condutor dunha viaxe evocadora que avanza a ritmo de muiñeira (‘Terra’), xota (‘Midas’), ou rumba (‘Figa), mesturadas con sonoridades máis urbanas e contemporáneas, próximas a unha xeración nova, coma elas, ávida por descubrir, explorar e reformular. “Somos cantareiras. O noso instrumento principal é a voz, mais tamén nos acompañamos de elementos tradicionais, como as pandeiretas ou as latas de pimentón, e de instrumentos máis modernos, como os sintetizadores ou a percusión electrónica”, explica o grupo. Neste sentido, ‘DILUVIO’ confirma a aposta das creadoras, que asinan todos os temas do disco, pola reinterpretación da tradición galega a través da fusión con ritmos urbanos, próximos ao trap, hip hop ou electrónica, para achegar a música de raíz a un público máis novo.

Aida, Olaia e Sabela son, en ‘DILUVIO’, intérpretes e compositoras. “Aínda que neste traballo haxa moita creación propia, bebemos da tradición”, lembran. Son tamén produtoras do álbum xunto con Iago Pico (Pouland Studios), con quen traballan desde 2021 neste proxecto. “Da voz parten todos os temas e con Iago, máis que andar na procura de harmonías, pensamos en atmósferas, en texturas, en evocar situacións. Fluimos, buscamos que a sonoridade e a musicalidade sexan afíns o que queremos expresar”, sinala o trio. Así, tanto no disco coma no directo da Xira Midas de presentación do álbum, a voz segue a ser a protagonista absoluta. O disco vai alén dunha mera declaración de intencións e manifesta unha sonoridade única, vibrante e contundente que define o propio grupo: Tanxugueiras sostén unha mensaxe que nace dun trebón de emocións, vivencias e crenzas, e reivindica as raíces máis profundas da tradición. “Os temas cunha mensaxe máis enérxica son, precisamente, aqueles que parten da muiñeira, o noso ritmo máis universal, como poden ser ‘Terra’ ou ‘Seghadoras’”, salientan.

Unha viaxe de aprendizaxes capitais

“Agora todo cobra sentido”, sinala Tanxugueiras. Tras máis dun ano de lanzamentos cunha clara intencionalidade agochada para as e os ouvintes, o público por fin pode coñecer o verdadeiro significado de cada un dos sinxelos, os pecados e as aprendizaxes que se agochan tras eles. E esa é a clave de ‘DILUVIO’: unha viaxe, un percorrido desde a tormenta até a quietude. No medio delas, un torrente de culpas e ensinanzas vitais.

No seu terceiro disco, Tanxugueiras convida ao público a fluír por unha corrente sonora que nace coa ‘Treboada’, o tema instrumental que abre o álbum. Unha choiva intensa que dá paso á primeira aprendizaxe capital: fronte a soberbia e o artificial, o trío chama á naturalidade. Diso fala ‘Arica’, o segundo tema. Do natural tamén nace a capacidade de coñecerse a unha mesma, de aceptar o que somos. E ese é o concepto de ‘Desidia’, que reivindica o dereito á pausa e a necesidade do autocoidado.

A terceira aprendizaxe que proclama Tanxugueiras no seguinte corte é a xenerosidade: ‘Midas’, o primeiro sinxelo que o grupo lanzou de ‘DILUVIO’ en febreiro de 2021, fala precisamente da avaricia. “E ti tes e tes, non o queres dar, pensas que o tes todo pero non tes nada”, di o coñecido retrouso do tema, que marcou o punto de inflexión na carrera do trío. Tras el, chega ‘Pano Corado’, no que o grupo canta ao amor libre e diverso.

‘DILUVIO’ flúe e leva ao público ata ‘Sorora’, un himno adicado ao matriarcado, a todas as cantareiras e pandeireteiras, fronte ao pecado colectivo que, segundo o trío, leva demasiado tempo instalado na sociedade: o patriarcado. E de seguido, fronte á hostilidade, o disco lévanos a ‘Seghadoras’, un potente canto ao apoderamento, para crer e loitar polo propio. Desta visión chega a aceptación que avanza contra a ira: ese ´e o ‘Averno’ que interpretan co rapeiro Rayden.

O disco complétase cunha tríade de grandes temas: ‘Figa’, un chamado contra a envexa e a favor da autoaceptación; ‘Fame de Odio’, que aposta pola diversidade e a beleza de todos os corpos, e ‘Terra’, a canción coa que as pandeiretiras queren amosar que vivimos nun mundo heteroxéneo, repleto de particularidades e de esencias, no que “non hai fronteiras”. Finalmente, Tanxugueiras pecha o álbum coa chegada do ‘Acougo’, o segundo e último tema instrumental do disco: a calma, a reflexión. É, como elas mesmas expoñen, “a fin do diluvio, da vida alterada. É o círculo que se pecha, o percorrido da vida”.

Novo videoclip

Co lanzamento deste disco, Tanxugueiras publica o videoclip de ‘Fame de odio’, unha peza audiovisual dirixida por Trece Amarillo e producida por PlayPlan na que, precisamente, o grupo aglutina moitas das cuestións e ensinanzas que propón en ‘DILUVIO’. Concretamente neste vídeo, rodado na Biblioteca América e no Salón de Graos do Pazo de Fonseca, en Santiago de Compostela, as cantareiras poñen en dúbida outro dos nomeados como ‘pecados capitais’: a gula. Neste tema propoñen unha nova aprendizaxe: a blleza da diversidade corporal. “De todas as formas, nena, de todas son bonita”, cantan. A peza audiovisual, estreada ás 00.00 deste venres 29, está dispoñible na canle de Youtube das pandeireteiras.

Cabello iguala a puntos con “Zampa”, líder provisional, el heptacampeón Faccenda entra en escena y cinco barcos optan al título

0

La cuarta y última jornada comenzará antes: la última señal de llamada será a las 13.00 horas y en el programa figuran tres pruebas

Colosal batalla por el título en el 60º Campeonato del Mundo de Vaurien, patrocinado en exclusiva por el Concello de Vigo, con la organización del Real Club Náutico y perteneciente al programa oficial del V Centenario de la Vuelta al Mundo de Magallanes y Elcano. Nunca en los últimos años se había llegado a la jornada final con cinco tripulaciones disfrutando de opciones intactas para ser campeones del mundo.

En un día fantástico para navegar en la ría, en el que se completaron las tres regatas de forma veloz (unas cuatro horas) en el campo Alfa, hacia A Guía, la reivindicación llegó por parte del heptacampeón del mundo de Vaurien, Marco Faccenda. El veterano regatista, vencedor en la década de los 80 (Uberlingen 89, Nettuno 90), en la de los 90 (Laredo 91, Piriac-sur-Mer 92 y Radolfzell 98) y en este siglo (Matosinhos 2008, Bizerta 2009), ha entrado en el grupo de favoritos por méritos propios con un tercer día apoteósico.

Además, la clasificación se empezó a pelear en tierra a primera hora. Porque comenzó en los despachos, con las audiencias por las protestas de la segunda fecha. Por su trascendencia, el Jurado Internacional presidido por Luis Ormaechea solo pudo tratar cuestiones referidas a la polémica cuarta regata, segunda del martes, en la que la flota entró sin completar un último tramo. Solo tras cruzar línea de llegadas cinco barcos se apercibieron del error y lo cubrieron, el de “Zampa”, el de Pablo Cabello y el de Nacho Campos, entre ellos.

Tras la audiencia, el comité retiró el triunfo inicial a Zampacavallo y concedió la victoria de los vigueses Nacho Campos y Yolanda Bastos (CD Alagua), con cuarto puesto para Francesco Zampacavallo/Carlos Francés (RCN Valencia) y quinto para Pablo Cabello/David Fernández (RCN Vigo). Los barcos penalizados con fuera de línea (UFD, el de Tone entre ellos) mantuvieron dicho castigo y los que no cubrieron todo el recorrido, recibieron un DNF (did not finish). El jurado, compuesto también por el portugués Luís Leal (árbitro jefe), la australiana Rosemary Collins, el francés Didier Graze y el húngaro Csaba Molnár, descartó la anulación de la manga. Esa situación recortó en tres puntos la ventaja inicial del patrón de la Toscana sobre Tone y Pablo, bajándola a siete y nueve, respectivamente. Diferencia importante pero no definitiva.

Y en la primera regata del día, Tone y su SR360 Racing ganaban con un viento de entre 10 y 14 nudos. Festival vigués en las tres primeras plazas, pues segundos eran Andrés Jiménez y Enrique Porto (RCN Rodeira/RCN Vigo) y terceros, Cabello/Fernández, relegando a Zampacavallo a la quinta plaza de la manga porque los italianos Faccenda/Miliardi se metían en el cuarto puesto. Y la tarde solo acababa de empezar.

En la segunda y tercera, brillo para Marco Faccenda. El constructor de Vauriens con sello propio (Cantiere Navale Faccenda, en Rosignano Solvay) firmó dos victorias parciales consecutivas, con Cabello haciendo un segundo y un tercero y Andrés Jiménez, un tercero y un segundo. Tone hacía la goma (undécimo y cuarto) y el líder provisional, también (sexto y octavo). Tal montaña rusa de posiciones llevó a “Zampa” a conservar el liderato provisional al final del día, pero empatado a 33 puntos con Pablo Cabello, segundo, y con Faccenda a un punto (34), Jiménez a tres (36) y Tone a cuatro (37). En la práctica, este viernes no hay ventajas para nadie y puede ganar cualquier de los cinco.

El vasco Alain Arri (CN Hondarribia), con Miriam González de tripulante (RCNV), perdía el paso del grupo por el título (9-12-9 en las regatas del día). Al regreso al puerto deportivo, Pablo Cabello le ayudaba a reparar su barco para la jornada final. Tampoco fue día para Nacho Campos y Yolanda Bastos. El vigués se retiraba en la octava regata, segunda de la tarde, y ya no competía en la tercera. “No íbamos bien y decidimos adelantar nuestra salida al Mundial de 470 en Hungría”, apuntaba el patrón campeón del mundo juvenil en Setúbal 95 con Cabello. El martes, una volcada le llevó al puesto 49 de la quinta regata del Mundial y esta tercera jornada tampoco le salió bien. 

En el agua, con más de una docena de embarcaciones neumáticas del Náutico cubriendo el evento -el esfuerzo del club ha sido importante, movilizando además a una treintena de personas para la logística, voluntarios de Vodea incluidos-, también se pudo ver al director técnico de la Real Federación Gallega de Vela, Bruno Gago, con José Fandiño, “Piño”, apoyando a regatistas juveniles que están compitiendo en este Mundial. Esta temporada, la Gallega reforzó su apoyo a esta clase internacional aprovechando que el Mundial se venía a Galicia.

La cuarta y última jornada comenzará antes. La última señal de llamada, a las 13:00 horas. En el programa figuran tres pruebas. Hasta ahora, las victorias se han repartido, con cuatro para Tone, dos para Faccenda y una para Nacho Campos, Alain Arri y Zampacavallo. Cabello es el único que, por ahora, no ha sumado ningún triunfo parcial. Pero ha ido de menos a más y, al igual que “Zampa”, no arrastra el UFD de la cuarta prueba. Será pues un viernes de ruleta rusa.

Así va la general

La general en los cinco primeros puestos -los que tienen opciones reales-, tras nueve pruebas, va como sigue:

1º) Zampacavallo/Francés, 33 puntos netos. 2-5-2-4-1-[8]-5-6-8.

2º) Cabello/Fernández, 33 puntos netos. 5-4-[8]-5-5-6-3-2-3.

3º) Marco Faccenda/Marcello Miliardi, 34. 7-6-4-[UFD, 86]-8-3-4-1-1.

4º) Jiménez/Porto, 35 puntos netos. 3-8-5-[UFD, 86]-3-10-2-3-2.

5º) Tone/Laura Llópiz, 37 puntos netos. 1-1-11-[UFD, 86]-7-1-1-11-4.

En cursiva, los tres regatistas italianos.

Fernández-Tapias: “Temos 92 propostas para o alugueiro dos locais do Casco Vello e non imos a aceptar chantaxes nin clientelismos do Concello”

0

A delegada territorial da Xunta en Vigo presidiu o comité do Consorcio Casco Vello no que se informou da xestión levada a cabo para a dinamización cultural do barrio histórico

A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio do Casco Vello, Marta Fernández-Tapias, presidiu onte o comité do organismo rehabilitador no que se deu conta das ofertas para o alugueiro de locais comerciais no barrio histórico. Na sesión informouse de que xa existen un total de 92 propostas para os 20 locais con prezos que van desde o 70 aos 255 euros ao mes.

A licitación dos baixos publicouse o pasado 27 de xuño no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) e pechouse este xoves. Durante a sesión celebrada por videoconferencia, os representantes do Concello de Vigo mantiveron a súa oposición frontal ao arrendamento dos locais e a súa dinamización cultural.

“Non imos a ceder aos intentos de chantaxe e de clientelismo político por parte do Concello”, sinalou Fernández-Tapias. A representante autonómica lembrou que o Consorcio Casco Vello de Vigo xa propuxo hai máis de dous anos, en febreiro de 2020, o alugueiro dun total de 17 locais para o proxecto “Crea Vigo” cun prezo de 24.816 euros ao ano (sen IVA) e que xa entón atopouse coa postura en contra do Goberno local.

“A permanente negativa do alcalde a calquera investimento da Xunta en Vigo xa bloqueou entón un proxecto moi importante para dinamizar o barrio e agora segue empeñado en boicotear a recuperación do barrio histórico co único obxectivo de obter réditos políticos”, engadiu a delegada.

Como xa explicou a presidenta tras o consello de administración, a postura “sen argumentos” dos representantes municipais busca paralizar a rehabilitación do Casco Vello. “É contraditorio que estean de acordo co Plan de Investimentos e se opoñan aos Orzamentos, contra os que xa votaron en contra dúas veces, non ten sentido e deixa clara a súa intención”, apuntou.

En calquera caso, a delegada sinalou que desde a Xunta de Galicia “xa estamos solucionando a carencia de espazos na cidade para as asociacións e entidades de Vigo”, en clara alusión ao Centro do Asociacionismo que está proxectado nos actuais xulgados da rúa Lalín, para o que xa está en marcha o concurso de ideas por parte do Colexio de Arquitectos.

A programación musical do Xacobeo 21-22 en Vigo incorpora a Fito & Fitipaldis

0

O grupo estará o 28 de outubro no Auditorio Mar de Vigo e as entradas sairán á venda o vindeiro luns, 1 de agosto― 

“Este novo concerto vén a completar a mellor oferta musical que terá a cidade este ano”, sinalou a delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias  

A Xunta de Galicia, a través da programación musical do Xacobeo 21-22, traerá a Vigo o vindeiro mes de outubro ao grupo Fito & Fitipaldis coa súa nova xira “Teatros e Auditorios” tras completar este mes de xullo o tour do seu último disco. Así, a banda liderada por Fito Cabrales actuará no Auditorio Mar de Vigo o 28 de outubro e as entradas estarán á venda o próximo luns, 1 de agosto, a través da plataforma Teuticket. 

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, destacou  a aposta do Goberno galego para incluír nos Concertos do Xacobeo aos grupos máis punteiros como é o caso de Fito & Fitipaldis. “Esta nova actuación vén a completar a mellor oferta musical que terá a cidade este ano”, sinalou a representante autonómica.

Despois de pechar a xira nacional máis multitudinaria, a banda anunciou este xoves un novo formato que achegará ao público a un ambiente máis íntimo en teatros e auditorios, no que se poderán escoitar cancións do seu último disco “Cada vez cadáver” e os clásicos da banda. 

Na presentación este xoves da xira, Fito Cabrales anunciou que incorpora aos Fitipaldis a Jorge Arribas e Diego Galaz de Fetén Fetén que, xunto a Carlos Raya, Javier Alzola, “Boli” Climent e “Coki” Giménez, completarán a banda que percorrerá durante o outono e inverno algúns dos teatros e auditorios do país. 

Muse, C.Tangana, Festival Latitudes…

Ademais deste concerto de Fito & Fitipaldis, a Xunta está a desenvolver unha ampla programación musical na cidade a través do Xacobeo 21-22. Así, o trío británico Muse estará o 8 de setembro no Estadio de Balaídos para ofrecer unha das tres datas que ten reservadas en España.

Co patrocinio do Xacobeo tamén estarán en Vigo C. Tangana (23 de agosto no Porto de Vigo) e xa estivo Rufus Wainwright (2 de xullo en Afundación). Ademais, están en marcha outros dous ciclos (Xacobeo Vigo e Xacobeo Importa) e un festival (Latitudes) para conformar unha oferta que chegará ata os vinte concertos na cidade.

No que respecta á area metropolitana, o Xacobeo 21-22 leva actuacións a Mos (Morat e Tanxugueiras), O Porriño (Taburete), Redondela (M-Clan), Tui (Xoel López), A Guarda (Beret), Soutomaior (Dani Fernández), Cangas (Roi Casal), Baiona (Andrés Suárez) e Oia (Tanxugueiras).

Calendario musical do Xacobeo en Vigo

Xacobeo Importa:
17 de xuño: Pat Metheny – Auditorio Mar de Vigo
26 de xuño: Marisa Monte – Afundación
7 de xullo: Agnes Obel – Afundación
10 de xullo: Leon Bridges – Auditorio Mar de Vigo

Rufus Wainwright: 2 de xullo (Afundación)

Ciclo Xacobeo Vigo (Auditorio Mar de Vigo):
6 de xullo: Fat Freddy’s Drop
14 de xullo: Cimafunk
17 de xullo: Steve Vai
22 de xullo: Yann Tiersen
9 de agosto: Texas

Festival Latitudes: (Porto de Vigo)

19 de agosto: Two Door Cinema Club, Mando Diao, Bala e Zalomon Grass

20 de agosto: Iggy Pop, The Vaccines, Aphonic, Furious Monkey House  

C. Tangana: 23 de agosto (Porto de Vigo)

Festival Música Urbana: 27 de agosto (Porto de Vigo)
Ayax y Prok
Quevedo
Califato
Sila Lúa
Safree

Muse: 8 de setembro en Balaídos

Fito & Fitipladis: 28 de outubro no Auditorio Mar de Vigo

Mouriño carga contra Denis y Mina

0

El presidente considera irreconducible la situación de ambos jugadores, afirma que el centrocampista ha rechazado ofertas mejores para perjudicar al Celta, y reconoce que se equivocó con la vuelta del delantero

El presidente del Celta, Carlos Mouriño, ha criticado hoy a Denis Suárez y Santi Mina, «dos jugadores que están afectando a la imagen del club», y sobre los que tiene claro que «los que han cometido el error han sido ellos». «No les vamos a rescindir para que nos cuente la amortización en el tope salarial de este año, ninguno de los dos me repercuten para poder fichar a otro jugador. Los que han cometido el error han sido ellos, no el Celta. Eso no lo vamos a premiar», explicó Mouriño.

El máximo mandatario fue muy duro con el centrocampista, del que dice que «su único fin es desprestigiar al Celta» y que ha cometido «una traición al club, a la institución y a la cantera». «Ha habido un jugador que lleva un año haciendo una gran campaña de desprestigio contra el club en sus redes sociales, en informaciones no confirmadas y en opiniones», subrayó Mouriño.

«Buscamos una solución correcta y amigable. A los dos días de que pasara el incidente con la mayoría de jugadores nos dimos un abrazo, se quedaron con el Celta y no con la agencia de representación que tenía Denis», apuntó, de quien ha dicho que «tuvo todo un año para buscarse equipo, pero quería irse libre y no lo hizo».

En este sentido, Mouriño considera que Denis busca que el club le despida: «Le hemos pasado cuatro ofertas de equipos y algunos le pagaban más que el Celta, pero como nos beneficiaban porque cobraba o cambiaba a algún jugador por otro, las rechazó todos. Hubo un equipo que le pagaba en tres años 12 millones de euros netos y lo rechazó por perjudicar al Celta».

«Que haga lo que quiera hacer, demandarnos, seguir haciendo su publicidad, mover sus redes sociales, no nos vamos a mover. Denis no va a salir del Celta si no es porque el Celta acepta un traspaso. Hay un contrato que cumplir, le pagamos y él se queda», sentenció.

Equivocación en la vuelta de Mina

El presidente del conjunto vigués también valoró el caso de Santi Mina, recientemente reincorporado al club tras su condena por abuso sexual. «Igual que en el caso de Denis, le hemos conseguido dos equipos para que se vaya a jugar fuera de España, pero se quiere ir libre, volvemos a premiar al que se hace mal», explicó.

«Esa situación es también irreversible como es la de Denis», esgrimió Mouriño, que ante la pregunta de por qué no incluyó en el contrato una cláusula para rescindir al jugador en caso de que fuera condenado, reconoció su error: «Era mi deber tomar esa precaución, pero no lo hice».

«En aquel momento nos dejamos llevar mucho. Era un jugador que estaba con una duda tremenda, él y sus abogados nos convencen de que no ha hecho nada y de un tipo de extorsión que le querían hacer. En esa operación retorno me equivoqué», concluyó.

Capturan dos serpientes en dos viviendas distintas de Vigo

0

Agentes de la Policía Local devolvieron a su hábitat a una culebra bastarda de más de un metro y a otro ejemplar localizado en Subida a Costa

Agentes de la Unidad Umir pertenecientes a Policía Local de Vigo fueron requeridos en dos ocasiones durante la tarde del pasado martes desde la Sala de Comunicaciones de esta Policía por aparición de serpientes en domicilios.

La primera llamada se produjo en torno a las 16.00 horas, dando aviso de la localización de un réptil en rúa Redondo, personados en el lugar indicado los Agentes observaron y capturaron una culebra bastarda de más de 1 metro de longitud.

Dos horas más tarde se recibía una segunda llamada con similares características esta vez en Subida a Costa por lo que los Agentes especialistas en Medioambiente, se trasladaron al lugar indicado procediendo una vez más a su captura.

Ambas serpientes fueron trasladadas por los Agentes a su hábitat natural.

Mañá sairán as reservas pendentes do concerto de Sting

0

O Concello volverá a por a disposición da cidadanía ao redor de 400 reservas de Sting que quedaron pendentes: será este venres ás 10.00 horas na billeteira do Auditorio Municipal da Praza do Rei

Aínda existen posibilidades de asistir á platea do auditorio de Castrelos para o concerto que celebrará Sting, o 6 de agosto ás 22.00 horas. As reservas estarán a venda o venres ás 10.00 horas, para todo o que desexe acudir.

Estas entradas corresponden á venda presencial do turno da tarde do día 8 de xullo, xa que pola maña esgotáronse e na venda online apenas duraron minutos en ambas quendas. Estas reservas teñen un custo de 12€ e poderán adquirir un máximo de dúas por persoa.

Caballero pon a primeira pedra para a nova Escola Infantil en Praza da Industria

0

Este centro terá 47 prazas en dobre quenda e súmase ás nove escolas infantís xa en funcionamento

O alcalde Abel Caballero participou hoxe no acto simbólico da primeira pedra da nova Escola Municipal Infantil de Praza da Industria, acompañado polos edís de Educación, Gorka Gómez, e Benestar Social, Yolanda Aguiar, ademais de técnicos municipais e da construtora. Este centro terá 47 prazas en dobre quenda e súmase ás nove escolas infantís xa en funcionamento.

O acondicionamento que se acometerá será na planta baixa e no soto do Instituto Municipal de Educación Miguel Servet, cun importe de licitación de 627.223 euros e un prazo estimado de obras de 4 meses. As actuacións inclúen a demolición da cuberta da zona de almacén existente, a tabiquería interior e desmonte das escaleiras existentes, un novo saneamento horizontal e nova división interior, a reparación de elementos de cuberta, a colocación de illamento e dunha cuberta de vidro no soportal de entrada, nova fontanería, baños, rede de calefacción, ventilación, electricidade e iluminación.

A nova escola infantil contará con aulas para os tres cursos: ata 1 ano, de 1 a 2 e de 2 a 3 anos e terá sala de usos múltiples, lavandería, comedor, despensa, cociña, despachos, sala de reunións, baño adaptado, aseos, almacéns e espazos exteriores para patio de xogos e lecer dos pequenos.

“Unha grande escola infantil nova, nun edificio novo”, manifestou o rexedor, que ofrecerá 47 prazas en dobre turno e que se suma ás nove escolas infantís de titularidade municipal: Atalaia- Teis, Bembrive, Bouzas, Mestres Goldar-Castrelos, Costeira-Saiáns, Navia, Santa Cristina-Lavadores, Tomás Alonso e a de Santa Marta-Casco Vello, que se pechará provisionalmente e volverá abrir cando se constrúa a nova no barrio do Cura», indicou o rexedor.

Detenido en Vigo un hombre por saltarse la orden de alejamiento que le impide acercarse a sus padres

0

Una vez en el lugar, los funcionarios se encontraron con el hombre, que estaba en estado de somnolencia y extrañado por la situación creada

Un hombre de Vigo de 45 años fue detenido en la noche del miércoles en Vigo tras saltarse la orden de alejamiento que le impide acercarse a sus padres.

Tal como ha informado la Policía Local, los hechos ocurrieron sobre las 22.15 horas y fue la propia madre del varón la que llamó a los agentes, debido a que su hijo estaba aporreando la puerta de su vivienda, ubicada en la avenida Ricardo Mella. Una vez en el lugar, los funcionarios se encontraron con el hombre, que estaba en estado de somnolencia y extrañado por la situación creada.

Cuando se entrevistaron con la requirente del servicio, la mujer les informó de que el ahora detenido no podía acercarse ni a ella ni a su marido por orden judicial. Una vez comprobada esta información, los policías procedieron a la detención del hombre por un supuesto delito de quebrantamiento de condena.

Ribera Povisa anuncia la conversión en indefinidos de 45 contratos temporales de Enfermería 

0

El hospital tiene ya más de 1.300 trabajadores con contrato fijo, lo que supone más del 90% de la plantilla

La dirección del hospital Ribera Povisa ha anunciado la contratación con carácter indefinido de 45 trabajadores de Enfermería, que hasta ahora tenían un contrato temporal.

Se reconoce así el esfuerzo y la dedicación de este grupo de profesionales, que prestan además atención directa a los pacientes, y es un paso más en la apuesta del Grupo Ribera por la creación de empleo estable. Así, todas estas contrataciones incrementarán la dotación global de trabajadores de Ribera Povisa, que en el último año ya ha consolidado empleo con la transformación en indefinidos de más de 85 profesionales.

A esta medida, se suma también el refuerzo de la plantilla en verano con la contratación de 150 profesionales, entre los que se incluyen médicos, enfermeras, rehabilitadores, técnicos, auxiliares, camareras, limpiadoras y personal de administración y mantenimiento, buena parte de los cuales quedará integrada de forma permanente, dentro de la política de fidelización de los trabajadores puesta en marcha por la Dirección de Gestión de Personas del hospital.

El número de trabajadores de Ribera Povisa con contrato indefinido supera ya los 1.300, lo que supone más del 90% del total de la plantilla.

Se trata de una acción más dentro de la política de gestión de personas del grupo Ribera, que seguirá apostando por la estabilidad laboral en el futuro, hacia la consolidación de un equipo profesional comprometido y volcado en ofrecer la mejor atención al paciente.