O Concello volverá a por a disposición da cidadanía ao redor de 400 reservas de Sting que quedaron pendentes: será este venres ás 10.00 horas na billeteira do Auditorio Municipal da Praza do Rei
Aínda existen posibilidades de asistir á platea do auditorio de Castrelos para o concerto que celebrará Sting, o 6 de agosto ás 22.00 horas. As reservas estarán a venda o venres ás 10.00 horas, para todo o que desexe acudir.
Estas entradas corresponden á venda presencial do turno da tarde do día 8 de xullo, xa que pola maña esgotáronse e na venda online apenas duraron minutos en ambas quendas. Estas reservas teñen un custo de 12€ e poderán adquirir un máximo de dúas por persoa.

