A UVigo implícase na valorización e aproveitamento da biomasa como recurso estratéxico na eurorrexión

0

No marco do proxecto BiomasaCap, da convocatoria POCTEP, liderado por EnergyLab, a institución aposta por un crecemento sostible económico, tecnolóxico e ambiental no territorio transfronteirizo

Restos de podas forestais, de vides, de plantacións de kiwis ou tamén toxos ou xestas constitúen un recurso abundante, pero non valorizado que, non obstante, pode ser aproveitado como biomasa. Para valorizar e aproveitar este recurso na contorna da eurorrexión Galicia-norte de Portugal acaba de poñerse en marcha o proxecto BiomasaCap, Capitalización das capacidades de I+D no uso enerxético da biomasa non valorizada de alto potencial. Trátase dunha iniciativa liderada por EnergyLab da que a Universidade é socia, xunto con Feuga, o Inega, o Instituto Politécnico de Viana do Castelo e o Instituto de Ciência e Innovação em Engenharia Mecânica e Engenharia Industrial. 

Por parte da UVigo, é o Grupo de Tecnoloxía Enerxética o que está implicado, co profesor do Departamento de Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos David Patiño á fronte. O obxectivo do proxecto é avanzar na valorización e aproveitamento da biomasa como unha “oportunidade estratéxica para un crecemento e desenvolvemento sostible tanto a nivel económico e tecnolóxico, como social e medioambiental no territorio transfronteirizo.

Os impulsores destacan que, aínda que dende a UE se ten posto o foco neste recurso dende hai anos, como unha liña de intervención prioritaria nas axendas europeas para o crecemento sostible, o contexto político e enerxético actual confírelle, se cabe, maior relevancia. Como explica David Patiño, este é un proxecto de capitalización, que parte dun proxecto anterior, xa rematado, o Biomasa AP, froito do cal se creou unha rede transfronteiriza entre España e Portugal para estudiar e aproveitar a valorización enerxética diversos residuos de biomasa da nosa zona. O obxectivo do actual estudo non é “continuar co desenvolvemento técnico, senón incrementar os labores de difusión dos resultados que se acadaron no seu momento, incrementar a rede de empresas-colectivos interesados no uso de biomasas de baixa calidade, mostrar as instalacións empregadas durante o proxecto, amosar as contribucións acadadas en diversos eidos e tamén explorar e identificar novas posibilidades de financiamento ou de novos socios para continuar desenvolvendo o proxecto”.

Liñas de traballo

As accións de capitalización que se levarán a cabo no marco de BiomasaCap buscarán mellorar a competitividade do tecido produtivo na zona transfronteiriza, xerando oportunidades para a creación de riqueza e emprego no ámbito rural, xa que é nestes territorios onde se atopan as explotacións agroforestais xeradoras de biomasas non valorizadas. 

En concreto abordaranse cinco liñas de traballo. Por unha banda, os socios tratarán de ampliar e fortalecer a Rede Transfronteiriza da Biomasa, creada en Biomasa AP e que conta con máis de 130 membros. Por outro lado, tamén se avanzará na formación e concienciación sobre o uso da biomasa non valorizada de alto potencial como recurso estratéxico para o desenvolvemento tecnolóxico, económico e social no territorio transfronteirizo.

Unha terceira liña de traballo é a capacitación e difusión das tecnoloxías avaliadas aos axentes da cadea de valor da biomasa, a través de xornadas demostrativas en entidades do sector e nos centros de I+D implicados no proxecto. Os socios tamén se centrarán na divulgación en centros educativos para dar a coñecer ás mozas e mozos as oportunidades e o potencial que ofrecen as biomasas endóxenas non valorizadas no territorio de cooperación.

Finalmente, tamén se traballará para potenciar o proceso de co-creación de políticas públicas mediante a detección de estratexias comúns para un óptimo desenvolvemento e explotación da biomasa non valorizada, coa colaboración dos axentes da cadea de valor da biomasa e policy makers.

Resultados BiomasaAP

Como proxecto de capitalización, Biomasa Cap toma como punto de partida os resultados obtidos no proxecto Biomasa AP, que se levou a cabo tamén ao abeiro da convocatoria POCTEP. Os investigadores concluíron que o emprego destas biomasas non valorizadas de alto potencial (BNVAP) implica numerosas vantaxes, como a redución da presión sobre o abastecemento de madeira de piñeiro, que é a principal materia prima para a fabricación de pellets, unha amortiguación das posibles subidas do prezo da biomasa e un impulso das economías locais. Entre as conclusións do proxecto, tamén se destacaba que a  valorización destes residuos está en consonancia coa normativa de prevención de incendios, que obriga á retirada da biomasa ou á súa trituración in situ, así como coas recomendacións fitosanitarias nos cultivos agrarios, que piden a recollida dos restos de poda como medida de minimización de pragas e enfermidades. Neste sentido, tamén destacan a importancia de poñer en marcha liñas de axuda que promovan a recollida, transporte e tratamento de biomasas alternativas, a produción de combustibles derivados e o uso de equipos compatibles con estes combustibles, sentando así as bases dun novo modelo produtivo, a bioeconomía.

Otra rebaja de cárcel gracias a la ley del ‘sí es sí’: 6 meses menos para un condenado por abuso sexual en Pontevedra

0

Los hechos ocurrieron en 2020, cuando él tenía 26 años y la víctima, 14, con la que mantuvo al menos siete encuentros sexuales «a sabiendas de que era menor de dieciséis años»

La sección cuarta de la Audiencia Provincial de Pontevedra ha rebajado en seis meses la pena de cárcel para un condenado por abuso sexual a una menor de 16 años debido a la aplicación de la nueva ley del ‘solo sí es sí’. Según informa dicho tribunal, en la sentencia se había optado por imponer «la pena mínima» dentro de la horquilla punitiva, teniendo en cuenta la aplicación de tres circunstancias atenuantes.

Así, y atendiendo a la nueva legislación, los magistrados entienden que este mínimo pasa a ser de cuatro años y medio, en vez de cinco, por lo que se le ha rebajado seis meses la pena al reo.

En este caso, el hombre había sido condenado por abuso sexual a una menor. Los hechos ocurrieron en 2020, cuando él tenía 26 años y la víctima, 14. Con ella mantuvo al menos siete encuentros sexuales, «a sabiendas de que era menor de dieciséis años», al tiempo que mantenía una relación sentimental con una tercera persona mayor de edad.

Asimismo, la joven se había quedado embaraza en una ocasión, debido a que mantenían relaciones sin protección. La menor interrumpió el embarazo de forma voluntaria.

O goberno municipal recoñece o labor do voluntariado municipal

0

No Día Internacional dos Voluntarios, o Concello quixo recoñecer o valor do traballo que desenvolven as arredor de 800 persoas que participan na acción social na cidade da man do goberno da cidade

No acto celebrado no Auditorio Municipal da Praza do Rei, o alcalde entregou os diplomas ás persoas que durante os últimos meses estiveron formándose en diferentes áreas: Iniciación Básica ao Voluntariado, Alfabetización dixital e trámites on-line coa administración, Voluntariado na intervención con mulleres en situación de risco de exclusión social, Autoliderado e xestión de emocións, Habilidades de comunicación e manexo de situacións difíciles ou Primeiros auxilios avanzado.

A oficina de voluntariado do Concello de Vigo conta 800 persoas rexistradas que participan en diferentes accións que eloxiou Abel Caballero: “están presentes en tódolos actos importantes da cidade, apoian a asociacións, colectivos de acción social, están en eventos culturais e deportivos, e forman parte do nervio de Vigo que traza tantas actuacións na cidade”.

Amais explicou que o goberno municipal colabora directamente con máis dunha vintena de asociacións que piden voluntarios e realiza charlas cidadás para prevención de adicións, para evitar condutas de risco, ensinanzas TIC…

“Un neno, un sorriso”, a campaña municipal de recollida de xoguetes

0

O alcalde acompañado da Asociación de Bombeiros de Vigo presentou este luns a campaña solidaria que permanecerá aberta á doazón de xoguetes novos ata o vindeiro 2 de xaneiro

“Quero agradecer e recoñecer o xesto de xenerosidade coa cidade dos bombeiros” que desenvolven esta campaña solidaria en colaboración co Concello e coa finalidade de que tódalas nenas e nenos poida recibir xoguetes este Nadal.

A Asociación de Bombeiros de Vigo e o goberno municipal desenvolver “Un neno, un sorriso” poñendo en marcha a recollida de xoguetes novos que poderán depositarse, desde este luns 5 de decembro e ata o próximo 2 de xaneiro, en dous puntos de recollida: o Parque Central de Bombeiros de Vigo, na rúa Angel de Lema e Marina, 46 en Teis e a Asociación Veciñal Praza da Miñoca, situada na rúa Luís Casado, 12. O material recollido será distribuído pola concellería de Política Social entre as familias da cidade.

Na presentación estiveron presentes Néstor Reinaldo, presidente da Asociación de Bombeiros de Vigo, que chamou á colaboración cidadá na campaña; José Carlos Romero, membro da Asociación de Bombeiros de Vigo e Adrián Castiñeiras, vicepresidente da mesma.

A UVigo estreará a versión de Nadal do campamento de verán nos campus de Vigo e Ourense

0

Desenvolverase entre os días 23 de decembro ao 5 de xaneiro

O Campus Camp da UVigo estrea edición de Nadal, logo de 18 de anos celebrándose unicamente no verán. Ao igual que ocorre coa edición estival, o Campus Camp de Nadal ten o obxectivo de ofrecer unha solución para que os membros da comunidade universitaria poidan conciliar durante o período de vacacións das súas fillas e fillos, de entre 3 e 16 anos. “A idea de estender esta oferta ao período de Nadal, en concreto entre o 23 de decembro e o 5 de xaneiro, de 8:45 a 14:15 horas, xa estaba como obxectivo do equipo de goberno”, explica a vicerreitora de Extensión, Susana Reboreda Morillo, que destaca que a inscrición é gratuíta, por mor do convenio asinado entre as universidades do SUG e a Xunta de Galicia para o desenvolvemento do Plan Corresponsables, que fomenta a oferta gratuíta de actividades relacionadas co deporte para menores de 16 anos.

O Campus Camp de Nadal ofertará 100 prazas para os campus de Vigo e Pontevedra e 25 para o de Ourense e os membros da comunidade universitaria poderán realizar as inscricións ata o 16 de decembro, a través de Campus Activo da UVigo. As prazas adxudicaranse por orde de inscrición, dándose preferencia ás familias monomarentais, monoparentais, vítimas de violencia de xénero e d outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou unidades familiares nas que existan cargas relacionadas con coidados. 

Actividades adaptadas ao Nadal

En canto ás actividades que entre o 23 de decembro e o 5 de xaneiro se desenvolverán ao abeiro do Campus Camp, serán similares ás de verán, aínda que contextualizadas no Nadal e adaptadas á climatoloxía propia da época, polo que na súa maioría se realizarán en espazos pechados,con algunha saída de campo se o tempo o permite. Na programación haberá actividades deportivas e lúdicas, fomentando o traballo en equipo e a concienciación con temáticas actuais, como o coidado medioambiental.

“É indubidable o éxito que, desde a súa implantación, tivo o denominado Campus Camp, que ofrece unha solución conciliadora para o longo período vacacional das fillas e fillos dos membros da comunidade universitaria durante as súas vacacións de xuño, xullo e setembro”, destaca Reboreda, que agarda que a iniciativa, trasladada agora ao Nadal, teña boa acollida por parte do PDI, PAS e alumnado da UVigo.

Solidaridad, artesanía y talento emergente, protagonistas en la navidad de Vialia Vigo

0

La carrera solidaria “Érguete e corre”, talleres inclusivos de decoración navideña y la segunda edición del mercadillo que apuesta por el emprendimiento gallego Vialia’s Market, entre las actividades centrales de la agenda navideña

La puesta por el talento juvenil en la música estará respaldada por la música de la formación juvenil King Kids y el concierto de Navidad a cargo de los alumnos de la escuela Coppelia

El Centro Comercial Vialia Estación de Vigo, gestionado por Nhood, desvela el programa completo de actividades previstas para la temporada de Navidad, donde la solidaridad, el emprendimiento gallego y el talento juvenil son protagonistas.

Así, y en colaboración con la asociación Érguete, el próximo 11 de diciembre Vialia será el punto de salida y meta de la carrera solidaria “Érguete e corre”, que cerrará el circuito deportivo Run Run 2022. Un recorrido circular desde la terraza del centro comercial que recorrerá Travesía de Vigo y la Senda Verde, pensada como una carrera accesible, con diferentes modalidades para que puedan participar corredores de todas las edades. Los ingresos de esta carrera irán destinados a potenciar la actividad Moviendo caminos, iniciativa de fomento del deporte como rutina contra las adicciones.

La música y los jóvenes talentos vigueses de este ámbito serán la protagonista los días 10 y 17 de diciembre. King Kids, la formación musical juvenil ganadora de “A Canción do Nadal 2021” actuarán el día 10 de diciembre presentando sus nuevos temas y versiones navideñas. El 17 de diciembre será el turno de los alumnos de la escuela Coppelia de Vigo, que ofrecerán un concierto de Navidad con instrumentación clásica y coro profesional.

Juan Louro, Director del Centro Comercial Vialia Estación de Vigo, ha querido recalcar la apuesta firme por el desarrollo local y social que se evidencia en la programación de actividades como las de la agenda navideña de este año: “Para nosotros desde Vialia Vigo es fundamental plantear actividades en fechas tan destacadas como la Navidad, que permitan generar oportunidades para el desarrollo tanto de entidades sociales como del talento emergente en la ciudad. Una forma de trabajar no solamente por ser un referente cultural y de ocio en la comarca, sino también un gran dinamizador económico y social”.

Talento gallego en el Vialia’s Market

Otra de las iniciativas centrales de la Navidad en Vialia tendrá lugar los días 16, 17 y 18 de diciembre. Vialia’s Market celebrará su segunda edición y albergará en sus stands numerosas firmas gallegas cuyo producto está elaborado de manera artesanal. Los visitantes podrán escoger sus regalos navideños entre las propuestas de hogar, decoración, moda, arte, editorial o música que convivirán en este mercadillo navideño.

Actividades infantiles y visita de Papá Noel

No faltarán los talleres y actividades donde los niños y las familias podrán disfrutar el ocio en Vialia en esta Navidad. Así, este miércoles 7 de diciembre tendrá lugar en VigoExporta un taller, donde los más pequeños podrán crear sus bolas de Navidad personalizadas.

El 13 de diciembre será el turno del taller inclusivo organizado por la ONG Amicos, para la atención e integración de personas con discapacidad. Una actividad lúdica y participativa donde sus usuarios y técnicos de apoyo impartirán un taller inclusivo de decoración navideña con materiales reciclados.

La semana de Nochebuena Papá Noel recalará en Vialia para disfrutar de la fiesta que el centro comercial organiza en su honor. El día 21 de diciembre los más pequeños podrán disfrutar de su compañía en la Gran Fiesta de Navidad para recibir a Papá Noel. Los días 22 y 23 de diciembre, los más pequeños podrán pasar un tiempo con él de 17 a 21 horas, para compartir sus deseos y regalos antes de que los visite en Nochebuena.

Programa completo de actividades en la Navidad de Vialia Estación de Vigo

7 de diciembre: Taller Bolas de Navidad personalizadas (17.30 horas – Zona VigoExporta)

10 de diciembre: Actuación King Kids (13:00 horas – Zona FoodCourt)

11 de diciembre: Carrera Érguete (Circuito Run Run 2022)

13 de diciembre: Taller ONG Amicos – Taller inclusivo de decoración Navideña con materiales reciclados ( 17.30 horas – zona VigoExporta)

14 de diciembre: Taller Ludiland – Cuentacuentos Navideño (17.30 horas – Zona VigoExporta)

16, 17 y 18 de diciembre: Vialia’s Market (viernes de 17 a 22 horas, sábado y domingo de 12 a 22 horas – Zona VigoExporta)

17 de diciembre: Concierto de Navidad de la Escuela Coppelia (12 horas – Zona VigoExporta)

21 de diciembre: Gran fiesta Ludiland de Navidad con Papá Noel (17.30 horas – Zona VigoExporta)

22 de diciembre: Recepción de Papá Noel (17 a 21 horas – Zona VigoExporta)

23 de diciembre: Recepción de Papá Noel (17 a 21 horas – Zona VigoExporta)28 de diciembre: Fiesta pre-Fin de Año niños (17 horas – Zona VigoExporta)

A Xunta publica a contratación da obra da segunda Unidade de Hospitalización psiquiátrica Infanto Xuvenil de Galicia

0

Situarase no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e conta cun orzamento base de licitación ascende a 1.493.709 €

A unidade,  que se porá en marcha en 2023 e funcionará como unidade de referencia para todo o sur de Galicia, duplicará a capacidade de atención sanitaria para menores con problemas de saúde mental que precisen de ingreso

É a segunda unidade destas características que se crea en Galicia, complementando á existente en Santiago. Contará con 12 profesionais e ocupará unha superficie de 740 metros cadrados no hospital vigués

A Xunta publicou, na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, a contratación da obra da segunda Unidade de Hospitalización psiquiátrica Infanto Xuvenil de Galicia para pacientes agudos con ingreso. Situarase no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e conta cun importe da licitación que ascende a 1.493.709 €.

Esta unidade será a segunda de Galicia e duplicará a capacidade de atención do sistema sanitario público galego para dar resposta aos casos que necesiten hospitalización con ingreso por patoloxía psiquiátrica aguda grave.

Coa súa posta en marcha en 2023, sumarase á que está en funcionamento na área sanitaria de Santiago e Barbanza e dará asistencia específica aos menores de 16 anos con problemas de saúde mental. De feito, funcionará como unidade de referencia para todo o sur de Galicia (incluíndo as áreas sanitarias de Vigo, Pontevedra e o Salnés, e a área de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras), e permitirá facer fronte ao incremento da demanda que se observa nestas patoloxías, especialmente intentos de suicidio, trastornos de conduta alimentaria ou trastorno psicóticos.

Así, ás sete prazas coas que conta actualmente a unidade de Santiago uniranse ás seis coas que contará inicialmente a de Vigo. Ademais, a súa posta en marcha é imprescindible para a acreditación das novas unidades docentes multiprofesionais de saúde mental, o que garantirá que se conten cos medios necesarios para formar novos especialistas.

A creación da nova unidade de hospitalización, que contará cunha dotación inicial de 12 profesionais cuxas prazas están previstas nos Orzamentos da Xunta para 2023, enmárcase nos obxectivos do Plan de Saúde Mental de Galicia 2020-2024, que establece como prioritaria á atención á saúde mental da infancia e dedica un eixe completo a implementar accións de mellora na atención á saúde mental deste colectivo, tanto no eido da prevención como do tratamento.

A unidade ocupará 740 m² no hospital de Vigo

A actuación implica o acondicionamento dunha zona de 740 metros cadrados no Hospital Álvaro Cunqueiro para a creación da unidade, que contará cunha zona asistencial con seis habitacións, un box, un despacho polivalente e un aseo, e disporá tamén de espazo de control con catro consultas, despacho de supervisión, zona de enfermaría -sala de estar e zona de control-, sala de técnicas, aseos, almacéns e locais técnicos, así coma un espazo de docencia e estar -con aula, sala de xogos, despacho docente, sala de espera de familiares e aseo-. A obra prima a relación co exterior, a claridade nos accesos e circulacións, a discreción e a privacidade, prevendo o futuro crecemento da unidade e dos servizos hospitalarios.

A nova unidade reforza a humanización dos dispositivos de atención e hospitalización das persoas con trastorno mental, en liña co recollido no Plan de Saúde Mental, que establece a importancia de introducir elementos de mellora e confortabilidade para favorecer a recuperación das persoas que precisen de ingreso.

Unidades de saúde mental, hospitais de día en todas as áreas e máis profesionais

O Plan de Saúde Mental formula como obxectivos para mellorar a atención á infancia a identificación precoz de trastornos, o desenvolvemento de novos programas de atención ao trastorno mental grave, e o favorecemento da accesibilidade aos equipos de saúde mental infanto xuvenil, incrementando os recursos de asistencia tanto ambulatoria como hospitalaria.

A través do Plan de Saúde Mental de Galicia 2020-2024, a Xunta puxo en marcha nos últimos anos recursos fundamentais para evitar ingresos a través de terapias intensivas: dúas unidades de saúde mental infanto xuvenís de carácter ambulatorio en Vigo e Coruña; así coma hospitais de día de saúde mental infanto xuvenil en Vigo, Santiago, Ourense e Lugo. O hospital de día de Vigo, por exemplo, atendeu xa máis de 1.200 consultas. O obxectivo marcado polo Plan de Saúde Mental de Galicia 2020-2024 é contar cun hospital de día infanto xuvenil de saúde mental en cada área sanitaria, polo que a Xunta traballa en poñer en marcha tamén os das tres áreas sanitarias restantes: Ferrol, A Coruña e Pontevedra.

O BNG de Vigo chama a formular alegacións veciñais para mellorar uns orzamentos municipais de 2023 «elaborados sen diálogo»

0

A fronte nacionalista vén de dirixirse a asociacións e entidades da cidade para animalas a presentar as súas demandas fronte á “xordeira autoritaria” do Goberno municipal

Xabier P. Igrexas: “Só responden á visión caprichosa do PSOE e do alcalde, como deixou patente o rexeitamento das 83 emendas parciais do BNG para mellorar as contas”

O Bloque Nacionalista Galego chama a formular alegacións veciñais para mellorar un proxecto de orzamentos municipais de Vigo para o ano 2023 “elaborados sen participación, diálogo nin transparencia”. A fronte nacionalista vén de dirixirse a asociacións e entidades da cidade para animalas a presentar as súas demandas ante do 13 de decembro, fecha límite do período de exposición pública, fronte á “xordeira autoritaria” do Goberno municipal.

“O BNG queremos animar ao conxunto do tecido asociativo e da veciñanza de Vigo a presentar alegacións para corrixirmos entre todas e todos uns presupostos municipais que non atenden as necesidades reais das viguesas e dos vigueses”, valorou o concelleiro e candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, que lamentou que o proxecto presentado polo Goberno local non dea resposta ao agravamento da crise, cunha redución do 22% nas axudas sociais municipais, e afeou que insista na privatización dos servizos municipais e “abandono crónico” dos barrios e parroquias.

O candidato do BNG afeou que un ano máis os orzamentos municipais foran “elaborados nos despachos atendendo só á visión caprichosa do PSOE e do alcalde Abel Caballero”. Unha falla de participación que, a xuízo da fronte nacionalista, quedou patente co rexeitamento das 83 emendas parciais formuladas polo Bloque para mellorar o proxecto de contas. Nese sentido, Igrexas asegurou que as alegacións son unha “oportunidade” para os colectivos da cidade “facerse ouvir diante de quen non os quixo escoitar”.

El 061 de Galicia asistió 60 personas por 47 accidentes de tráfico durante el fin de semana

0

Desde las 15.00 horas del viernes, 2 de diciembre hasta las 23.59 horas del domingo, 4 de diciembre, la Central de Coordinación de Urgencias Sanitarias de Galicia-061 recibió 59 llamadas por accidentes de tráfico

Urgencias Sanitarias de Galicia-061 asistió durante el fin de semana 60 personas debido a 47 accidentes de tráfico ocurridos en las carreteras gallegas. El período contabilizado comprende desde las 15,00 horas del viernes, 2 de diciembre, hasta las 23,59 horas del domingo, 4 de diciembre. El sábado fue el día que registró más siniestros, con 26 accidentes de tráfico.

La Central de Coordinación del 061, que gestiona y coordina los servicios prehospitalarios en casos de urgencia y emergencia en Galicia, recibió en estos días 69 llamadas en relación con los accidentes de tráfico. Estas alertas generaron 47 asistencias sanitarias por parte del personal del 061 que atendió un total de 60 personas. La proporción de hombres y mujeres atendidos fue del 58% y del 42% respectivamente. En las edades de los heridos, se observa que el 27% de los atendidos tenía entre 35 y 49 años.

Por provincias, Pontevedra fue la que más siniestros registró con 24 accidentes de tráfico durante los desplazamientos de estas fechas.

Los recursos sanitarios movilizados por los médicos que atendieron las llamadas en la Central de Coordinación del 061 fueron 58. Así, las ambulancias asistenciales de soporte vital avanzado asistieron en seis accidentes, las ambulancias asistenciales de soporte vital básico asistieron en 46 siniestros y los equipos sanitarios de Atención Primaria que completan la dotación de las ambulancias asistenciales de soporte vital básico del 061, en el caso de necesitarlo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes.

En 10 casos los heridos fueron trasladados a los centros sanitarios correspondientes y en   50 ocasiones se atendió en el propio lugar del incidente.

Detenido en Vigo por agredir a su madre de 80 años que padece alzheimer

0

La mujer explicó a los actuantes que su hermano había abofeteado a la anciana, y al recriminarle dicha acción, ella también había recibido como respuesta un fuerte empujón

Un hombre de 57 años fue detenido en la noche del pasado sábado en Vigo tras agredir a su madre, una mujer de 80 años que padece alzheimer.

Tal como informa la Policía Local, los hechos ocurrieron pasadas las 22,30 horas, cuando la hermana del ahora detenido alertó a los agentes después de que el varón agrediese a la madre de ambos en su casa, ubicada en el camino Meixoeiro.

Una vez en el lugar, la mujer explicó a los actuantes que su hermano había abofeteado a la anciana. Además, al recriminarle dicha acción, ella también había recibido como respuesta un fuerte empujón, momento en el cual llamó a la Policía.

Por todo ello, el hombre fue detenido como presunto autor de un delito de violencia en el ámbito familiar, mostrando una «fuerte resistencia activa», braceando y tratando de agredir a los funcionarios.