Localizan y rescatan a un hombre de 37 años en una zona forestal de difícil acceso en A Cañiza

0

Los efectivos lograron subirlo al helicóptero y llevarlo a una zona próxima, donde una ambulancia lo esperaba para atenderlo y trasladarlo al hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

Efectivos de la Guardia Civil han rescatado en las últimas horas a un hombre de 37 años que se encontraba semiinconsciente en una zona forestal de difícil acceso en A Cañiza.

La alerta se activó en la mañana de este lunes, cuando el cuartel de la Guardia Civil de A Cañiza recibió un aviso por una persona desaparecida.

Así, se inició un dispositivo de búsqueda dirigido por el capitán de la compañía de la Guardia Civil de Tui, con la colaboración de varias patrullas y del servicio aéreo de la Guardia Civil procedente de A Coruña. Este dispositivo dio sus frutos poco antes de las 15.00 horas, cuando el helicóptero localizó en un montaña el vehículo del desaparecido y, a unos 100 metros, en una zona de difícil acceso, estaba el hombre.

Los efectivos lograron subirlo al helicóptero y llevarlo a una zona próxima, donde una ambulancia lo esperaba para atenderlo y trasladarlo al hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Explota un contador mientras se reparaba en un edificio en Vigo

0

Según la información facilitada por el 112 Galicia, varios vecinos podían necesitar la asistencia de los profesionales sanitarios tras verse afectados por el humo que se acumuló en las zonas comunes del edificio, situado en la Travesía de Vigo

La explosión de un contador en un edificio provocaba esta mañana un incendio en Vigo.

Dos ambulancias se desplazaron hasta el lugar, por si en algún momento fuera precisa su intervención.

Según la información recibida en el 112 Galicia, varios vecinos podrían necesitar la asistencia de los profesionales sanitarios, tras verse afectados por el humo que se acumuló en las zonas comunes del edificio, situado en la Travesía de Vigo.

La explosión se produjo cuando un técnico arreglaba el contador, quien, afortunadamente no resultó herido.

Además de los medios sanitarios hasta el lugar acudieron enseguida los Bomberos de Vigo y la Policía Local. Igualmente fueron informados los agentes de la Policía Nacional y de Protección Civil de la localidad.

García-Gallardo: “Vigo tiene problemas acuciantes que ningún partido político ha sido capaz de resolver”

0

En una visita para arropar al candidato de VOX a la Alcaldía, Álvaro Díaz-Mella, el vicepresidente de Castilla y León, Juan García-Gallardo, lamenta que en la ciudad se tenga que pagar el IBI más caro de España y de Galicia  

El vicepresidente de Castilla y Léon, Juan García-Gallardo, visitaba ayer Vigo para dar apoyo al candidato de VOX a la Alcaldía, Álvaro Díaz-Mella, de quien ha destacado  su preparación frente a otros candidatos y su “valentía al dejar una vida mucho más cómoda por dar un futuro mejor a su localidad”.  

“Tenemos grandes expectativas de entrada en las instituciones de Galicia y afrontamos esta  campaña del 28 de mayo  con toda la ilusión”, indicó.

En su intervención ante los medios, García-Gallardo se refirió a  problemas “acuciantes” en la ciudad de Vigo, que van ‘in crescendo’, como  los altos índices de delincuencia y de okupación, “a pesar de que todavía no han llegado a los niveles que se viven en otras ciudades más degradadas de España”, ha advertido.

Tras recordar que Vigo tiene  el IBI más caro de España y de Galicia, el vicepresidente de Castilla y León aseguró que “lo que necesita una ciudad como Vigo es reducir el creciente gasto superfluo que han ido alimentando los distintos políticos”.

También se refirió García-Gallardo a las Zonas de Bajas Emisiones con las que el Gobierno quiere prohibir la entrada de vehículos al centro de las ciudades. “Queremos hacer que la Zona de Bajas Emisiones esté reducida a su máxima expresión, porque lo que necesita Vigo es más vitalidad y más transporte público”, reclamó.

Para terminar, el vicepresidente de Castilla y León finalizó su intervención señalando que  el lema de la campaña  ‘Cuida Vigo, Cuida lo Tuyo’ implica “cuida tu comercio, cuida tu familia y aplica políticas sociales para que Vigo sea una ciudad cada vez más habitable”.  

Otro plantón de Caballero

0

A la cita sí acudieron la candidata del Partido Popular, Marta Fernández-Tapias; el de Marea de Vigo, Rubén Pérez; y el candidato del Bloque, Xavier Pérez Iglesias

Un año más, el alcalde de Vigo y candidato socialista a la reelección, Abel Caballero, no acudió ayer al debate entre candidatos organizado por la CRTVG.

El de Vigo era el primero de la ronda de debates que la CRTVG organiza con motivo de las elecciones municipales del próximo 28 de mayo y que se ha retransmitido de forma simultánea en la Radio Galega y en la Televisión de Galicia.

A la cita sí acudieron la candidata del Partido Popular, Marta Fernández-Tapias; el de Marea de Vigo, Rubén Pérez; y el candidato del Bloque, Xavier Pérez Iglesias.

Desde el entorno del alcalde se limitan a señalar que Caballero ya no acudió en anteriores campañas electorales al debate organizado por la CRTVG.

A UVigo rende homenaxe a quen foi o seu primeiro doutor honoris causa, Francisco Fernández del Riego

0

O acto contou coa asistencia, entre outros, da familia do intelectual galeguista e o director da RAG

A Universidade de Vigo viviu este luns unha particular viaxe ao pasado, unha viaxe no tempo que a levou a situarse no 15 de maio de 1992, data na que a institución, que daquela daba os seus primeiros pasos, nomeaba coma primeiro doutor honoris causa, a máis alta distinción que pode conceder unha universidade e que só se dirixe a persoas con méritos de moita excelencia, ao intelectual galeguista Francisco Fernández del Riego, exercendo como madriña do acto, a profesora Mª Victoria Carballo-Calero. Hoxe, 31 anos despois, a institución lembrou esa data para homenaxear a figura de quen foi considerado o último patriarca do galeguismo, a quen se dedica a celebración do Día das Letras Galegas 2023, unha data que na UVigo se viviu cun sentimento moi especial.

A sala 1 do edificio Miralles quedou pequena para acoller a todos os membros da comunidade universitaria que quixeron achegarse a este acto e rememorar esa xornada histórica. Contouse para facelo coa participación de quen o viviu en primeira persoa, a hoxe profesora emérita, Mª Victoria Carballo-Calero, quen lembrou a súa laudatio e o discurso de investidura pronunciado por Del Riego; o daquela reitor, Luis Espada, e a familia do homenaxeado, á que lle puxo voz a súa sobriña, Eugenia Bermúdez. Estiveron arroupados polo reitor, que presidiu o acto, así como por numerosas autoridades, tanto académicas como do ámbito político e cultural, incluíndo, o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, así como os presidentes e distintos membros das fundacións Rosalía de Castro e Penzol, así como da editorial Galaxia.

Don Paco vivira ese día “cheo de emoción”

“Foi xusto un día coma hoxe, no ano 1992, no que acontece o acto de investidura como primeiro doutor honoris causa de Don Francisco Fernández del Riego como testemuña dos seus excepcionais méritos en pro do desenvolvemento cultural de Galicia”, lembrou na súa intervención Mª Victoria Carballo-Calero, quen recordou que Don Paco vivira ese día “cheo de emoción, aínda que en todo momento dono de seu” e “cunha inmensa satisfacción porque Vigo era a cidade que máis amaba”. Era, tal e como lembrou a súa madriña, “un home que, desde sempre, sentiu a Universidade como algo propio”, un dos “bos e xenerosos”, “unha figura de saber enciclopédico”. Botando a ollada aos seus anos na Universidade de Santiago de Compostela, “nesa xeración do Seminario de Estudos Galegos”, lembrou a súa loita por impulsar unha universidade “autenticamente galega” e como naquel 15 de maio xustificara esa distinción que lle outorgaba a Universidade de Vigo porque quizais, lembrando as verbas do propio Del Riego, “se tivera en consideración o empeño exercido durante 60 anos en esparexer as características do noso ser diferenciado e na fala que nos distingue”.

Xunto as palabras de lembranza da súa madriña, durante o acto puidéronse tamén escoitar fragmentos do seu propio discurso de investidura e, a maiores, proxectouse tamén un pequeno resumo do vídeo realizado desde o Departamento de Filoloxía Galega e Latina, baixo a dirección do profesor Manuel Forcadela e coa participación de Antón Mascato, Ramón Nicolás, Camiño Noia, Héctor Mera e Manuel Villanueva.

A Universidade “ergue a bandeira” en defensa da lingua galega

Nun acto conducido pola vicerreitora de Extensión Universitaria, Susana Reboreda, o reitor Manuel Reigosa, aproveitou esta data non só para gabar a “egrexia figura de Don Paco”, senón tamén para facer unha chamada á importancia de que desde a Universidade se “erga a bandeira” para facer ver que “é posible ser galego e estar no mundo, ser galego e ter o máximo coñecemento dos ámbitos nos que un traballe e que, por suposto, é posible empregar o galego como lingua de uso diario”.

Reigosa lembrou “con orgullo” que a Universidade de Vigo no seu plan estratéxico ten tres apostas fundamentais, tres liñas de traballo que están presentes en todo o seu programa de goberno: a igualdade, a internacionalización e a lingua e cultura galega. “Cando un ve o que fixeron estes xigantes coma Fernández del Riego, capaces de manter viva a chama da nosa lingua e a nosa cultura en situacións moito máis complexas, eu pregúntome se agora seriamos capaces de facer tantas cousas”, apuntou o reitor, quen non dubidou en afirmar que a Universidade ten a “obriga moral” de ser un referente, formar xente e contribuír a facer unha sociedade mellor, e esa sociedade mellor é, tal e como defendeu no acto, “máis igualitaria, máis galeguizada e máis internacional”. Nesta liña, lembrou que a Universidade de Vigo conta neste momento con tres titulacións nas que o 80% da súa docencia se imparte en galego, o que se agarda que teña un “efecto multiplicador”, se ben isto non significa que non se mire con preocupación “todos os datos que nos van chegando e que amosan que o galego, lonxe de estar cada vez máis estendido, ten certos atrancos para chegar a distintos eidos”.

Entrega dos premios de poesía, relato curto e tradución

Como é habitual esta celebración foi tamén o lugar elixido para a entrega dos premios de Poesía, Relato Curto e Tradución da Universidade de Vigo 2023, galardóns que reparten entre as e os galardoados 3600 euros, cun primeiro premio de 700 euros en cada unha das categorías e dous accésits de 250€ para cada unha das modalidades. Co profesor e escritor Anxo Angueira como presidente do xurado, na categoría de poesía o primeiro premio foi para Natalia Otero Oubiña, polo poemario Meniña, e os accésits para Olivia Lens Priegue, por Cando soan as trompetas (1ª accésit), e para o profesor e exvicerreitor do campus de Ourense Virxilio Rodríguez, polo poemario Agora que comezamos a despedirnos (2º accésit).


En relato curto o primeiro premio foi para Marcos e a conquista, de Fabio Rivas, e o primeiro accésit para A posuída, de Allison Eudoxia Iglesias, decidindo o xurado deixar deserto o 2º accésit. No caso da tradución entregouse un premio único a Xulia Sánchez, pola tradución dun texto escrito en inglés por Hideaki Sena.

Vigo será a primeira parada para a undécima edición do praza 3×3 Caixabank

Tras o éxito da pasada tempada, na que cumpriu o seu décimo aniversario, o circuíto Praza 3×3 CaixaBank regresa este 2023 con ilusión renovada e novas paradas por toda a xeografía española, que se sumarán aos actos de celebración do Centenario da FEB

O circuíto vivirá o seu pistoletazo de saída o vindeiro sábado 27 de maio en Vigo, na praza exterior do Centro Comercial Vialia – Estación de Vigo

A Federación Española de Baloncesto e CaixaBank presentan a undécima edición do Praza 3×3 CaixaBank, o seu programa anual de promoción do Baloncesto, que inclúe o maior circuíto 3×3 gratuíto e ao aire libre de España. Na edición anterior, o circuíto pechou os seus primeiros 10 anos de actividade cun extraordinario éxito de participación e un balance global, desde o seu arranque en 2012, de máis de 50.000 participantes e 300.000 visitantes en 113 paradas en 43 cidades.

O Praza 3×3 CaixaBank 2023 contará con paradas xa confirmadas en Vigo, Córdoba, Toledo, Madrid, Pamplona, Logroño, Barcelona, Santander e Murcia. A primeira desta xira vivirase este próximo sábado 27 de maio en Vigo, onde coincidirá coa concentración e partidos amigables previos ao Eurobasket da Selección Absoluta Feminina. O escenario será a praza exterior do Centro Comercial Vialia – Estación de Vigo.

Do mesmo xeito que en anteriores edicións, as xornadas do Praza 3×3 CaixaBank 2023 contarán con múltiples pistas, entre as que destacará a Pista CaixaBank, na que se xogarán as finais masculinas, e a Pista Universo Muller, que albergará as femininas. Esta última pista englóbase dentro do proxecto ‘Universo Muller Baloncesto’, liderado pola FEB e o Consello Superior de Deportes para a promoción e difusión do papel da muller na sociedade a través dos valores que transmiten os deportistas, ao que está adherido CaixaBank.

Nesta edición, a novidade radicará nunha categoría de exhibición e práctica de baloncesto en cadeira de rodas, do que CaixaBank tamén é patrocinador oficial vía a FEDDF e que ten como obxectivo concienciar á sociedade desta modalidade deportiva, os valores que transmite e a súa historia de éxito.

Nas 10 cidades onde o circuíto fará parada, o Praza 3×3 CaixaBank contará co apoio das institucións locais e a colaboración das Federacións Autonómicas. Ademais da competición deportiva, o circuíto tamén ofrecerá actividades lúdicas para asegurar a diversión dos participantes, familiares e visitantes, especialmente os máis pequenos.

A inscrición para participar no circuíto é gratuíta, está aberta a todas as idades e categorías desde premini ata sénior, tanto masculina como feminina, e poderase formalizar para cada unha das sedes a través da páxina https://3×3.feb.es

No caso da parada viguesa, o prazo de inscrición establecese ata o 24 de maio.

CALENDARIO PRAZA CAIXABANK 2023

27 maio – Vigo

3 xuño – Córdoba

18 xuño – Toledo

28 xuño – Madrid

31 agosto – Pamplona

9 setembro – Logroño

16 setembro – Barcelona

23 setembro – Santander

Outubro: Murcia (data por confirmar)

Alfonso Rueda: “Es una pena que no venga ningún ministro socialista a Vigo en campaña, porque querríamos preguntarles por todos sus incumplimientos con la ciudad”

0

Marta Fernández-Tapias asegura que los vigueses «han perdido muchos trenes e inversiones» debido a la estrategia de «personalismo» y «confrontación» del actual gobierno municipal

El presidente do PPdeG bromeó sobre el hecho de que ningún ministro ni ningún cargo socialista acuda a Vigo en campaña “como si esto fuese algo aislado del Gobierno y del partido con el que hay relaciones estrechas hasta que llegan las elecciones”

“Es una pena, porque si viniesen habría que preguntarles por todos esos compromisos con Vigo que siguen pendientes a día de hoy”, añadió

Alfonso Rueda se refirió a la Salida Sur, contraponiendo el avance de Portugal frente a los 30.000 euros que destina el Gobierno central a esta infraestructura, y del mismo modo volvió a poner en evidencia que todavía no hay plazos concretos sobre la llegada del AVE a Vigo

“Me gustaría que el PSOE de Vigo hiciese algún tipo de presión a ese Gobierno amigo en Madrid al que ahora en campaña dice desconocer y le preguntase cuándo va a llegar el AVE a Vigo”, explicó al tiempo que lamentaba el desaprovechamiento de todas las oportunidades que supondría la Alta Velocidad para la ciudad

Sobre los fondos Next Generation y las ayudas al sector naval, Rueda criticó también que su gestión continué “al ralentí” y mostró su temor a que a causa de este retraso se puedan perder muchas oportunidades

“Me gustaría que el Gobierno central rompiese su silencio sobre la Alta Tensión que necesitan Stellantis y toda la industria de la automoción después de que ellos mismos se marcasen de plazo el 31 de marzo para dar respuesta a esta cuestión fundamental”, remarcó

Por todo ello, el líder de los populares gallegos pidió “menos bromas” y “no hacer pasar a la gente por tonta pretendiendo aparentar que el PSOE de Vigo no sabe nada del partido al que se deben, del que dependen y del que tantas cosas intentan callar y ocultar en campaña electoral”

Frente a esto, reivindicó que el PP de Vigo continuará “reclamando todo aquello de lo que dependa el futuro de la ciudad” y animó a su candidata, Marta Fernández-Tapias, a continuar “trabajando sin descanso, no arrugarse y haciendo propuestas”

“Se aprecia un cambio de tendencia porque la gente está cansada de muchas actitudes que llevamos viendo demasiado tiempo en Vigo”, concluyó Rueda mostrándose convencido de que esto “se va a notar” en las urnas el 28 de mayo

FERNÁNDEZ-TAPIAS: “LA CONFRONTACIÓN Y EL PERSONALISMO HA PROVOCADO QUE VIGO PIERDA MUCHOS TRENES E INVERSIONES”

La presidenta del PP de Vigo y candidata a la alcaldía destacó que la confrontación del actual gobierno socialista municipal ha provocado “mucho daño” a la ciudad e insistió en que “es cierto que a algunos les ha ido muy bien”, pero recordó que los vigueses “han pagado un precio muy alto, se han perdido muchos trenes e inversiones” debido a esa estrategia del “personalismo”

Tapias señaló que la ausencia del candidato del PSOE en el debate celebrado este lunes en la CRTVG, único de la campaña, es “una falta de respeto a Vigo” y aseguró que “es el momento de que vuelva la voz plural de Vigo, el momento del Vigo que merecemos”

“Queremos ser la alternativa a los socialistas que gobiernan la ciudad a base de ocurrencias, nuestro objetivo es defender a Vigo también ante el Gobierno central, esta ciudad ha sido maltratada durante los cinco años de sanchismo y ahora nos toca elegir entre un protagonista o 300.000 protagonistas”, señaló

Además, añadió que los vigueses podrán elegir entre el “aislamiento o la apertura” y aseveró que desde el PP “trabajamos con humildad, compromiso y dedicación para construir el Vigo que queremos, el Vigo de las próximas décadas”

También destacó la presidenta de los populares que está en la calle “para escuchar a los vigueses” y transmitir sus propuestas, que pasan por “crear empleo y retener a nuestros jóvenes, centrarme en todo aquello que preocupa de verdad a los vigueses”

La candidata también explicó que su objetivo es recuperar la verdadera marca Vigo, con el liderazgo industrial que la ciudad tuvo. “Lo vamos a hacer ofreciendo ayudas a los emprendedores, rebajando impuestos y agilizando trámites administrativos”, concluyó

BNG defende en Vigo desbloquear a transferencia da AP-9 para que sexa “galega e libre de peaxes”

0

Xabier P. Igrexas, candidato do BNG á Alcaldía: “Moito ‘Viva Vigo’ pero á hora da verdade segue os ditados de Moncloa e Ferraz”

Néstor Rego denuncia a actitude do PSOE no Congreso após non retirar as emendas rexistradas á Lei de transferencia: “votan unha cousa na Galicia e outra diferente en Madrid. Non respectan a soberanía galega”

O Bloque Nacionalista Galego realiza unha acción simbólica na entrada da Autoestrada do Atlántico no barrio de Teis, en Vigo, para reclamar a gratuidade e transferencia inmediata da AP-9 a Gali¡cia. A frente nacionalista denuncia a actitude de PSOE por non ter retirado as emendas que afectan substancialmente o texto aprobado no Parlamento de Galicia pola unanimidade da cámara e non respectando os últimos acordo da institución galega.

“A semana pasada o Partido Socialista mantivo no Congreso unha actitude inflexíble e non quixeron desbloquear os traballos da ponencia para a transferencia da AP-9. Mesmo non quixo retirar as súas emendas que modifican substancialmente o contido da propia Lei aprobada pola unanimidade da cámara galega” denuncia o deputado do BNG na cámara baixa. Unha actitude, continúa, que desobedece o recente acordo unánime do Parlamento de Galicia –por iniciativa do BNG- pedindo os grupos do Congreso que respectasen o texto orixinal da cámara galega e se tramitase de maneira áxil a lei: “votan unha cousa na Galicia e outra diferente en Madrid. Non respectan a soberanía da Galicia”.

Ningunha das solucións propostas pola frente nacionalista durante os traballos –manter as emendas e pasar o texto á Comisión ou volver a convocar a ponencia para esta semana- lle valeu ao PSOE e “ratificouse na súa posición de bloqueo, contraria esta postura á acordada polo Parlamento de Galicia”.

“O BNG continúa a respectar a soberanía da cámara galega mais o PSOE insiste en modificar o texto con emendas que só contemplan a transferencia da xestión e non da titularidade, tal e como establece a propia Lei aprobada polo Parlamento de Galicia” destaca Rego. Na mesma postura que PSOE, explica o deputado nacionalista, tamén se atopan Ciudadanos e VOX o que “faría inviáble a tramitación e aprobación da lei”.

Segundo explica Néstor Rego, debe existir a suficiente presión política e social na Galicia “para que a posición do Partido Socialista se modifique e respecte o que soberanamente decidiu o noso Parlamento”. Do contrario, alega, estarían a faltar ao respecto a unha institución como o Parlamento de Galicia e ao conxunto dos galegos e galegas: “estanlle mentindo á Galicia porque din que van facer unha cousas cando están facendo a contraria” declara o deputado nacionalista.

Alén do máis, Rego lembra que o obxectivo do BNG non é só a transferencia senón lograr que a AP-9 quede libre de peaxes e sexa gratuíta por tratarse dunha vía de comunicación esencial para o conxunto dos galegos e galegas. “Debe terse en conta que a propia Comisión Europea puxo en dúbida a legalidade da prórroga da concesión da AP-9 e que debería anularse esa operación” explica o deputado do BNG. “Reclamamos que se anule a prórroga e que a AP-9 pase a ser unha autoestrada galega e libre de peaxes”.

Pola súa banda, o candidato do BNG á Alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, chamou a poñer fin á “navallada” que supuxo para a cidade ser atravesada pola AP-9. Propuxo, nese sentido, avanzar na conversión en vía urbana do tramo da autoestrada dende o seu acceso na altura das Torres de Padín.

Unha actuación que o cabeza de lista nacionalista cualificou de “imprescindíble” para facer deste ámbito da cidade un espazo máis “habitáble”. Lembrou que as veciñas e veciños de Teis -en particular nos núcleos de San Pablo, Coutadas e Boán- levan décadas soportando ruídos “insoportábeis”, cos niveis máis elevados de todo o trazado da AP-9.

Así, Igrexas volveu reclamar do Goberno español de PSOE e Unidas Podemos a instalación de pantallas acústicas namentres non se completa a transformación en tramo urbano. E reiterou tamén a necesidade de mellorar os pasos elevados da Trapa e da Xorxa para permitir o tránsito “seguro” tanto de peóns como de vehículos.

“Son reivindicacións históricas da veciñanza que os sucesivos Executivos centrais levan demasiados anos a desatender”, lamentou o cabeza de lista nacionalista, que garantiu que o Bloque volverá trasladar estas demandas, tanto a través de iniciativas no Congreso como de emendas aos Orzamentos Xerais do Estado, para rematar “dunha vez por todas” con esta situación.

O candidato do BNG subliñou que a veciñanza de Teis merece un Concello que se poña ao seu carón e que Vigo precisa dun Goberno municipal que defenda con firmeza os seus intereses en lugar de “someterse mansanente” aos seus xefes de Madrid. “Moito ‘Viva Vigo’ pero á hora da verdade segue os ditados de Moncloa e Ferraz», reprochou Igrexas fronte á falla de compromiso do actual Goberno local.

Zona Franca reúne por primera vez en Galicia a dos premios Nobel de Economía en Viglobal Summit 2023

0

Krugman y Banerjee estarán en el Auditorio Mar de Vigo el 27 y 28 de junio coincidiendo con el 75 aniversario del Consorcio

La empresaria Bisila Bokoko o Pedro Siza, exministro de economía de Portugal, también estarán entre los líderes de opinión que se reunirán en el congreso, que tendrá conferencias y mesas redondas en las que se analizarán los principales desafíos mundiales

Zona Franca reunirá por primera vez en Galicia a dos premios Nobel de Economía en Viglobal Summit 2023, con el lema “La economía del futuro”. Paul Krugman y Abhijit Banerjee estarán en el Auditorio Mar de Vigo el 27 y 28 de junio coincidiendo con el 75 aniversario del Consorcio. La empresaria Bisila Bokoko o Pedro Siza, exministro de economía de Portugal, también estarán entre los líderes de opinión que se reunirán en el congreso, que tendrá conferencias y mesas redondas en las que se analizarán los principales desafíos mundiales. El delegado del Estado en la Zona Franca de Vigo, David Regades; el alcalde, Abel Caballero; y Santiago Lago, director Editorial Vigo Global Summit 2023, presentaron el programa del congreso que reunirá durante dos días en la ciudad a reconocidos expertos mundiales en economía.

David Regades explicó que “en un momento de tantas incertidumbres, en Vigo estaremos marcando la hoja de ruta del futuro económico con un congreso de nivel internacional, en el que participarán los mejores, entre ellos dos Premios Nobel. De todos los desafíos del momento y de sus soluciones se hablará en Vigo a finales de junio”.

Abel Caballero destacó que “Zona Franca es un motor de la economía y la economía tiene que ir al lado de la acción política en democracia, junto con las empresas”. Subrayó que en este congreso “se plantearán grandes análisis, que tienen que dar paso a las grandes transformaciones, como son la visión de Krugman en línea con el keinesianismo y la concepción riqueza-pobreza de Banerjee, sumado a la visión necesaria del medio ambiente y la revolución del feminismo”.

El objetivo de este encuentro es ofrecer un marco apropiado para la reflexión colectiva, de la mano de líderes de análisis y opinión, auténticas referencias en el mundo de la economía, los negocios y la política, que propondrán soluciones para afrontar tanto los retos imprevistos como los desafíos a largo plazo.

Las voces autorizadas que tomarán parte en el congreso económico de Vigo estarán lideradas por las de dos hombres de indudable prestigio, que comparten el honor de haber recibido el Premio Nobel de Economía, Paul Krugman y Abhijit Banerjee. Sus confirmadas participaciones en el Viglobal Summit 2023 elevan la relevancia del encuentro hasta situarlo en niveles de influencia internacional, que colocarán el nombre de Vigo y de Galicia en medios de comunicación de todo el mundo.

PAUL KRUGMAN

Hablar de Paul Krugman es hacerlo de uno de los economistas más importantes de las últimas décadas, incluso antes de que, en 2008, recibiera el premio de la academia sueca. El galardón le llegó por sus contribuciones a la Nueva Teoría del Comercio y a la Nueva Geografía Económica. Krugman ha publicado más de una veintena de libros, entre ellos, “Economía Internacional: La teoría y política”, obra absolutamente básica para comprender los entresijos de la economía internacional. Sus artículos en The New York Times, escritos bajo el título de “La conciencia de un liberal”, continúan siendo, a día de hoy, referencia indiscutible para economistas, empresarios y políticos de máximo nivel en todo el planeta.

La conferencia de Krugman en Vigo se centrará en el análisis de la coyuntura a escala global. Una coyuntura marcada, entre otros vectores, por el brusco cambio en la orientación de la política monetaria a ambos lados del Atlántico y por una redefinición de las relaciones políticas y económicas a escala global, en la que destaca la reacción ante las debilidades de las cadenas logísticas globales que la pandemia mostró con nitidez y la pugna por el liderazgo en sectores clave para el futuro, como la inteligencia artificial.

ABHIJIT BANERJEE

La participación de Paul Krugman será, en cierta manera, complementaria con la del segundo premio nobel invitado a Vigo. Se trata del indio Abhijit Banerjee, que fue galardonado con el Nobel de 2019 junto a su esposa, Esther Duflo, y a Michael Kremer. Profesor Internacional de Economía de la Ford Foundation, en el prestigioso Massachusetts Institute of Technology (MIT), Banerjee fue premiado por la academia sueca por sus estudios experimentales para aliviar la pobreza global.

Su participación en Viglobal Summit 2023 se centrará en los desafíos estructurales y de largo plazo para conseguir el bienestar económico a escala global. Teniendo en cuenta que el desarrollo de los países hoy más atrasados debe hacerse dentro de unos parámetros diferentes a los de hace unas décadas, Banerjee es consciente de que el planeta no puede permitirse un crecimiento despreocupado de su huella ecológica y de sus efectos sobre el calentamiento global. Por tanto, es la hora de pensar en cómo cumplir los objetivos de desarrollo sostenible impulsados por las Naciones Unidas en un mundo actual lleno de condicionantes.

LÍDERES DE OPINIÓN EN VIGLOBAL SUMMIT 2023

Viglobal Summit 2023 reunirá, además de a dos Premios Nobel de Economía, a reputados analistas, policymakers, expertos en comunicación, empresarios y directivos.

BISILA BOKOKO

Nacida en Valencia, de familia guineana, Bisila Bikoko es una empresaria de reconocido prestigio mundial con una marcada vertiente filantrópica, que le ha llevado a protagonizar diferentes iniciativas vinculadas con la alfabetización y el empoderamiento de la mujer en África.

Experta conferenciante sobre liderazgo global, Bikoko fue galardonada como “Ciudadana del Mundo” por las Naciones Unidas y la propia ONU confía en ella como presidenta del Consejo Ejecutivo y anfitriona de los Premios EMPRETEC a la Mujer en la Empresa.

PEDRO SIZA VIEIRA

Abogado de formación y político del Partido Socialista de Portugal, Pedro Siza Vieira formó parte hasta el año pasado del Gobierno de Antonio Costa como ministro de Economía y Transición Digital. Actualmente trabaja como socio del despacho de abogados PLMJ en Portugal.

Antes de incorporarse al gabinete luso, Siza Vieira protagonizó una brillante y dilatada trayectoria en el campo de la abogacía al frente de la oficina lisboeta del bufete de abogados Linklaters.

El programa definitivo de Vigo Global Summit contará con la participación de más de una decena de líderes de opinión del ámbito económico, empresarial y de comunicación que se irán conociendo en próximas fechas.

MESAS DE ANÁLISIS CON DESAFÍOS Y SOLUCIONES

Viglobal Summit 2023 pondrá el foco en tres ámbitos concretos y a cada uno de ellos dedicará una mesa redonda. En la primera de ellas se hablará sobre emprendimiento y dinámica empresarial y con casos de éxito empresarial.

La segunda mesa se centrará en el sector financiero, un terreno transversal en plena transformación, que es el escenario de algunas de las preocupaciones diarias de toda la sociedad.

Por último, el tercer encuentro de debate abordará la cuestión de cómo promover el desarrollo de ciudades y regiones, creando espacios prósperos y proclives a la innovación, con indudable atractivo para fijar población y para recibir iniciativas empresariales.

Podemos e a Marea de Vigo chaman a «recuperar álvarez» para un novo ámbito industrial non contaminante e coworking

0

Rubén Pérez e Meli Vázquez, xunto ao equipo de campaña e outros membros da candidatura de Podemos – Marea de Vigo, estiveron hoxe fronte á antiga fábrica Santa Clara do Grupo de Empresas Álvarez (GEA) onde realizaron un acto reivindicativo baixo o lema: Recuperemos Álvarez. O candidato de Podemos – Marea de Vigo dixo que en Vigo hai moitos espazos abandonados que deben ser recuperados como Santa Clara, en alusión á vella factoría alí situada e actualmente en estado ruinoso.

Rubén Pérez dirixiuse ás persoas alí congregadas e fixo alusión ao Grupo de Empresas Álvarez. Nun momento da súa intervención Pérez afirmou: “Santa Clara e o Grupo de Empresas Álvarez (GEA) chegou a converterse no seu día no primeiro grupo cerámico de España, contando na época de maior actividade cuns 5.000 empregados. Esa empresa de cerámica que foi unha factoría tan importante durante anos e que mesmo exportaba moitos dos seus produtos, agora está completamente abandonada, en ruínas e os seus locais foron obxecto de todo tipo de saqueos, mesmo a plena luz do día. É triste ver esta contorna da cidade tan abandonado e degradada”.

Posteriormente o candidato á Alcaldía de Vigo de Podemos – Marea de Vigo, lembrou a privatización da factoría do Grupo de Empresas Álvarez que foi vendida a un antigo dirixente da UXT de Valencia reconvertido en empresario, un tal Enrique Fidel T.H. e lembrou tamén aos presentes que “Abel Caballero, naquel momento era uns dos responsables da Comisión Executiva Federal do PSOE e neses días afirmou que era unha boa operación, aínda que probablemente agora vai negar que naquela época dixese tal cousa”.

Rubén Pérez expuxo que Podemos – Marea de Vigo defenden un modelo de cidade moi diferente ao representado por Abel Caballero. A xuízo do candidato de Podemos – Marea de Vigo «é necesario superar o vello modelo fracasado representado por esa elite egoísta e obtusa, composta por individuos como Fernández Gayoso e Pego Alonso da antiga entidade financeira Novagalicia Banco, Manuel Fernández de Sousa e Alfonso Paz Andrade de Pescanova, González Viñas e García Costas no sector naval…que favoreceron unha economía puramente especulativa”.

Pérez salientou que, “fronte ao modelo neoliberal representado polas elites especuladoras e depredadoras antes mencionadas, nós cremos que debería potenciarse a un novo ámbito industrial non contaminante e coworking. Ademais estamos convencidos que imprescindible impulsar na nosa cidade a investigación, o desenvolvemento e a innovación tecnolóxica (I +D+ i)”. O candidato de Podemos – Marea de Vigo afirmou que “é necesaria unha nova industria que impulse a produción innovadora, creativa, con alto valor engadido e un comercio adaptado ás necesidades reais dos vigueses e viguesas. Habería que impulsar unha economía do próximo, un comercio local baseado nas iniciativas cooperativas, as empresas de economía social e as redes de economía solidaria que respecten o medio ambiente e os dereitos dos traballadores e traballadoras”.

E posteriormente engadiu: “Desde Podemos – Marea de Vigo opinamos que é necesario elaborar un Plan de Desenvolvemento Local para Vigo. Sería moi necesario un amplo debate cidadán para a preparación dun Plan de Desenvolvemento Local e un Plan Estratéxico para o Desenvolvemento Económico de Vigo e a súa área de influencia. Ese futuro plan estratéxico debería ser elaborado por expertos pero con achegas da propia cidadanía a través de métodos participativos, un plan deseñado para axudar a mellorar a calidade de vida da poboación de Vigo, rompendo as dinámicas de marxinación e poñendo énfase en determinados segmentos da poboación, como as mulleres e a mocidade. Para iso teriamos que impulsar un gran debate cidadán e de sectores implicados co obxectivo de crear un consorcio de empresas públicas co apoio da comunidade autónoma, do propio Concello e da Universidade de Vigo. Ese futuro Plan Estratéxico de Desenvolvemento Local sería impulsado baixo a protección e o control público. En resumo e para terminar pensamos que hai que priorizar as persoas fronte ao formigón”.