A veciñanza de Teis reivindica unha biblioteca con libros para conmemorar o Día das Letras Galegas

0

Lembran que a infraestrutura foi anunciada por Abel Caballero, alcalde de Vigo, desde hai 9 anos

A Asociación Veciñal e as Anpas de Teis conmemoraron o  día das Letras Galegas en Teis cun acto cultural diante do edificio do antigo centro de saúde.

Este acto, impulsado na tarde onte, reivindica a construción da biblioteca en Teis anunciada por Abel Caballero, Alcalde de Vigo, desde hai 9 anos. O acto consistiu na distribución de libros de balde entre a veciñanza para fomentar o uso da lectura na nosa lingua e a actuación do contacontos, Miguel A Alonso Diz.

Desde Asociación e as Anpas reivindican que Teis «necesita unha biblioteca», solicitando, unha vez máis, que o edificio que ocupaba o antigo centro de saúde na rúa Enrique Lorenzo, pechado desde o ano 2000, cunha superficie de 1000 metros cadrados, se destine para biblioteca entre outros usos dotacionais.

Defenden que este edificio acolla unha biblioteca, ludoteca e local xuvenil. «Queremos que  este edificio conte con libros, e non se limite a unha simple sala de lectura, como figura na documentación do Concello», subliñan.

O goberno municipal leva anos anunciando a remodelación deste edificio, o último anuncio é que as obras comezarían en 2021 para estar en funcionamento en 2022. O Alcalde, anunciou o proxecto da biblioteca xa en 20 ocasións. «A día de hoxe  descoñecemos cal é o proxecto e os prazos reais para a construción da biblioteca de Teis», conclúen.   

Recalvi se convierte en patrocinador oficial del centenario del RC Celta

0

La estrecha relación que mantiene desde hace más de una década el Grupo Recalvi con el RC Celta y su Fundación se afianza en un año muy especial para el club y su afición. La firma gallega se convierte en Patrocinador Oficial del Centenario celeste, un apoyo que define la enorme implicación que Recalvi con el RC Celta, iniciada en los momentos más delicados del club y en constante crecimiento hasta la actualidad.

Grupo Recalvi suma esta nueva condición de Patrocinador Oficial del Centenario a las de Patrocinador del club y de la Fundación, de la que es también Miembro de Honor.

Recalvi. con sede en Vigo, y capital 100% gallego. es uno de los mayores grupos de distribución de recambios y accesorios en España y el grupo europeo con mayor presencia en Latinoamérica, con almacenes propios en 5 países Centroamericanos.

Evacuados los vecinos de un edificio de Travesía de Vigo tras un incendio en el cuadro de contadores

0

Esta mañana en la Travesía de Vigo, agentes de la Policía Local de Vigo fueron requeridos a las 08:40 horas a pie de calle por un viandante que les manifestó que se esta produciendo un incendio en el portal del edificio.

Los agentes accedieron al interior del inmueble, observando a un operario de la empresa Tolber, que les manifestó que mientras realizaba tareas de reparación de un cuadro eléctrico este comenzó a arder.

Trató de sofocarlo con un extintor, siendo imposible, motivo por el que dio aviso al 112, indicándole los funcionarios que abandonase el lugar a la espera de los medios de emergencias. Los actuantes establecieron un perímetro de seguridad en la zona, priorizando la intervención en tareas de regulación y control del tráfico, para facilitar la inmediata llegada de Bomberos al lugar.

Al punto se desplazaron dos camiones de Bomberos, apoyadas por otras dos dotaciones Policiales, para colaborar en las tareas de regulación y control del tráfico en la zona. Poco después, en labores de apoyo, llegaron otros 2 camiones de bomberos siendo uno de ellos dotado con una rampa/escalera con la cual se intentó acceder desde el exterior, procediéndose a una evacuación por este medio, debido a que una persona ubicada en el piso 8, en evidente estado de nerviosismo abrió la puerta de su domicilio, entrando en el mismo gran cantidad de humo.

Bomberos determinó que el foco del incendio se produjo en el cuadro de contadores, ubicado en el bajo del edificio, ascendiendo el humo en campana a pisos superiores por el hueco de escaleras. Se estableció un perímetro para tratar a posibles afectados por esta incidencia siendo estos 9 inquilinos procedentes del edificio reseñado y 2 bomberos, todos ellos en estado leve por inhalación de humos. Solamente se evacuó a una persona de avanzada edad, la cual no revistió gravedad pero fue trasladada por precaución.

A las 10:40 se dio por finalizado el operativo, una vez comprobado por Bomberos Vigo que no existía peligro en el inmueble, indicando a los vecinos residentes que podían regresar al mismo.

Expertos europeos debaterán sobre as técnicas cirúrxicas minimamente invasivas en fígado e páncreas

0

A cirurxía laparoscópica e robótica serán os temas a desenvolver no III Curso de Cirurxía minimamente invasiva HBP

A Unidade de Cirurxía Hepatobiliopancreática do Chuvi xa leva realizadas 50 intervencións co robot Da Vinci

Trátase de intervencións de alta complexidade na que que cirurxía robótica aporta maior precisión e seguridade

Especialistas de diferentes países europeos daranse cita o próximo xoves e venres no Hospital Álvaro Cunqueiro para debater sobre as últimas técnicas minimamente invasivas para o tratamento cirúrxico do cancro de fígado e  páncreas.

Este curso de Cirurxía Mínimamente Invasiva Hepato-Bilio- Pancreática(HBP) alcanza xa a súa terceira edición, e nesta ocasión estará dedicado á abordaxe deste tipo de tumores con cirurxía laparoscópica e robótica. Organizado pola Unidade de Cirurxía HBP do servizo de Cirurxía xeral e dixestiva do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, contará coa participación de 100 profesionais sanitarios.

Segundo afirma o responsable da Unidade de HBP, o cirurxián Sergio Estévez “o obxectivo é  promover a implementación da cirurxía minimamente invasiva na patoloxía hepato-bilio-pancreática e permitir un debate aberto sobre cuestións, dificultades e todo tipo de problemas que nos surxen á hora de enfrontarnos a este tipo de abordaxe.”

Video-forum

O programa científico vaise desenvolver a través dun formato Video-forum no que se proxectarán varias intervencións cirúrxicas para o seu posterior análises e debate. Tamén contará cun simposio multidisciplinar no que participan profesionais de diferentes especialidades como oncoloxía, dixestivo, radioloxía e  enfermaría. Nesta xuntanza abordarán o manexo onco-cirúrxico destas patoloxías (hepatocarcinoma e páncreas) así como os coidados  perioperatorios da enfermaría.

Entre os relatores máis destacados do curso cabe subliñar ao Dr. Azagra, do centro hospitalario de Luxemburgo, considerado como un dos máximos expertos mundiais en cirurxía robótica do cancro de páncreas; así como J. Briceño, do Reina Sofia de  Córdoba; e E. Cugat do Hospital GermanTrias i Pujol de Barcelona.

50 Cirurxías robóticas no Cunqueiro

A Unidade HPB do Chuvi realiza anualmente 140 intervencións, das que un 60% son laparoscópicas. Desde que hai un ano se iniciara o programa de cirurxía robótica, leva efectuadas un total de 50 intervencións co equipo robótico da Vinci. 

O uso da cirurxía robótica para a abordaxe destas patoloxías permite aos cirurxiáns acceder á cavidade abdominal a través de pequenas incisións no pel, evitando desta forma os riscos e secuelas das grandes incisións.

“Nestes momentos xa estamos realizando cirurxía pancreática de alta complexidade. O de páncreas é o peor dos tumores desde o punto de vista da supervivencia do paciente e a cirurxía é o único procedemento potencialmente curativo para este tumor; nos últimos anos houbo avances espectaculares no tratamento cirúrxico desta patoloxía e neste senso, a cirurxía robótica nos aporta un plus de garantía e seguridade.”, explica o doutor Estévez.

Vantaxes para o paciente

Co emprego do sistema robótico da Vinci, a máis avanzada tecnoloxía en cirurxía robótica, pódense obter numerosos beneficios neste tipo de intervencións, tanto para o paciente como para o cirurxián. Respecto aos beneficios para os pacientes, esta cirurxía é efectuada de forma minimamente invasiva e con gran precisión; polo que reduce de xeito importante o tempo de ingreso, permitindo ao paciente reanudar en poucos días a súa vida habitual; diminúe a dor postoperatoria e o risco de infeccións ou de intervencións.

A Universidade de Vigo, única representante española na primeira Rede Iberoamericana de Blockchain e Ciberseguridade

0

A participación viguesa chega da man do equipo Sl1-GEAC, dirixido polo profesor Manuel Pérez Cota

A Universidade de Vigo é a única representante española na primeira Rede Iberoamericana de Blockchain e Ciberseguridade, unha iniciativa que botou a andar esta primavera e que está integrada por máis dunha ducia de grupos de investigación de oito países iberoamericanos. A representación española na rede chega da man do equipo Sl1-GEAC, dirixido polo profesor de Linguaxes e Sistemas Informáticos Manuel Pérez Cota, para quen a posta en marcha desta rede supón “todo un reto de desenvolvemento de novas ferramentas xunto con colegas doutros países”.

A rede está coordinada desde a cidade arxentina de Córdoba polo doutor enxeñeiro Óscar Medina, da Universidade Tecnolóxica Nacional, e conta con membros, ademais da propia Arxentina, de Chile, Colombia, O Salvador, Panamá, Uruguai, Portugal e España. O financiamento inicial é de 15.000 dólares provenientes do Programa Iberoamericano de Ciencia e Tecnoloxía para o Desenvolvemento, CYTED, dotación económica que se renovará de maneira automática durante os vindeiros catro anos.

Impulso das actividades formativas e máis relación coa industria

As actividades desta nova rede abarcan estudos comparativos e relevantes en Iberoamérica do marco técnico legal das tecnoloxías blockchain e de ciberseguridade, formación de novos talentos, incremento dos vínculos entres universidades, gobernos e empresas, modelado de contratos intelixentes, estudos de caso de uso de trazabilidade e de escenarios delitivos virtuais e “incluso de ferramentas e técnicas forenses aplicables á extracción e análise de evidencias baseadas neste tipo de tecnoloxías”, explica o docente vigués, quen conta con máis de 30 anos de experiencia na docencia teórica-práctica de diferentes materias relacionadas co desenvolvemento de software para o mundo da industria, xestión de empresas e colaboración con diferentes firmas do ámbito industrial e de desenvolvemento de software.

Estas actividades teñen como obxectivo contribuír á industrialización inclusiva e sostible, fomentando a innovación mediante a aplicación do blockchain, incluíndo unha normativa “sólida e equitativa” para a formación de capital humano e a transferencia a sectores enerxéticos e de goberno.

A parte europea da rede coordinarase dende  Vigo

A participación do grupo Sl1-GEAC da Universidade de Vigo neste proxecto xurde tras anos de colaboración coa Facultade Rexional de Córdoba, da Universidade Tecnolóxica Nacional, principal impulsora deste proxecto.  “De feito algún dos membros que participan son doutores egresados pola Universidade de Vigo”, explica Pérez Cota, ao tempo que subliña que ao longo destes anos puideron ver a necesidade de traballar de maneira conxunta nestes temas, sobre todo na parte de ciberseguridade, “pois é algo moi importante de cara ao futuro de calquera institución, por tanto fixemos varias reunións e arrancamos”.

Desde Vigo coordinarase a parte europea da rede e, a nivel investigador, os traballos centraranse, sobre todo, en temas de ciberseguridade. “O labor de unir a tantos grupos, tanto europeos como americanos, é algo que pode axudar a que a Universidade de Vigo siga medrando e mellorando a imaxe que proxecta cara ao exterior, algo moi importante tanto á hora de atraer novo alumnado como á de incrementar os intercambios do profesorado e do persoal en xeral”, apunta Pérez Cota. Xunto a el participarán de maneira activa na xestión desta rede a investigadora Ana Isabel Díez Sánchez e o investigador Miguel Ramón González Castro, ambos do grupo de investigación Sl1-GEAC.

A Policía Local incorpora 19 efectivos

0

O alcalde presidiu este martes no Concello a toma de posesión como funcionarios dos novos axentes

No mes de xuño, o Corpo sumará 81 policías incorporados

A Policía Local de Vigo conta con dezanove efectivos máis, que veñen de incorporarse ao servizo logo da súa toma de posesión celebrada no Concello e presidida por Abel Caballero. Son onde oficiais, unha permuta de Policía Local e sete inspectores de Policía.

Tal e como explicou o rexedor, no mes de xuño van incorporarse á Policía 21 axentes que nestes momentos están cumprindo co período de prácticas na academia. Así as cousas, ata o mes de xuño deste ano serán 81 os policías incorporados ao cadro de persoal, que está conformado por un total de 335 operativos.

O Concello aproba 4.000 prazas para os campamentos de verán

0

As familias interesadas poderán facer a solicitude desde a publicación no Boletín Oficial da Provincia ata o 31 de maio

O Concello convoca o maior número de prazas (4.000) de campamentos de verán para nenas e nenos de entre 4 e 17 anos

A Xunta de Goberno aprobou as bases do programa Verán Xove 2023, os campamentos para a mocidade desde os 4 aos 17 anos que este ano suma 4.000 prazas. O obxectivo municipal é facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral das familias de Vigo. O importe do programa supera o medio millón de euros.

O alcalde informou que as inscricións comezarán unha vez publicadas as bases no Boletín Oficial da Provincia e coa data límite do 31 de maio. As prazas para a participación no programa serán outorgadas por sorteo, como vén sendo habitual.

Abel Caballero numerou os distintos emprazamentos: Alcabre, Berbés, Náutico en Bouzas, Coia, Doutor Fleming, Náutico na ETEA, Casa da Xuventude, Ludo Coia, Lavadores, Navia, Samil, Urbano de Travesas, Vigosónico e VigoZoo.

Tapias reclama al Gobierno central apoyo para el naval vigués: “Sánchez le da la espalda al sector mientras el PSOE de Vigo aplaude”

0

La candidata del PP a la alcaldía de Vigo visitó este martes la empresa Regenasa, situada en el barrio de Teis, para conocer de primera mano la situación de una industria estratégica para la ciudad

“Es intolerable que un sector que ha hecho tantos esfuerzos para modernizarse y ser competitivo, sufra ahora el desprecio del Gobierno, con la complicidad de los socialistas vigueses”, señaló

Tapias recuerda los “menosprecios” por parte del Ejecutivo a la automoción y a la factoría de Stellantis, a la pesca y a la conserva o al tren y las infraestructuras

La presidenta popular destaca que el PP es la “única alternativa” que ha puesto encima de la mesa “medidas reales” de bajadas de impuestos, apoyo a emprendedores y agilización administrativa

La candidata a la alcaldía y presidenta del PP de Vigo, Marta Fernández-Tapias, reclamó este martes al Gobierno central un apoyo decidido para el sector naval de la ciudad ante la convocatoria del Perte. Durante una visita a la empresa Regenasa, situada en el barrio de Teis, la máxima responsable de los populares vigueses conoció de primera mano la situación de esta industria estratégica para la economía.

“Es intolerable que un sector que ha hecho tantos esfuerzos para modernizarse y ser competitivo, sufra ahora el desprecio del Gobierno de Pedro Sánchez, con la complicidad del PSOE de Vigo”, señaló.

Tapias destacó que mientras el naval vigués concentra más de una decena de pedidos en sus gradas y cierra nuevos contratos para construir buques, el PSOE “sigue ignorando” al naval de Vigo en el Perte del sector. “No puede retrasarse más. Basta ya de darle la espalda a la industria de la ciudad una y otra vez”, insistió.

Además, recordó el “lamentable” posicionamiento del socialismo vigués. “Lo más grave de todo ya no es su sumisión a Sánchez, sino que presume de haber estado en primera persona en la negociación de un Perte del que de momento apenas sabemos nada”, indicó.

“Esto lo sabría el Partido Socialista de Vigo si dejara a un lado la propaganda, si no se creyera por encima de todo y de todos, y escuchara de verdad al sector y a los trabajadores. La propaganda tiene las patas muy cortas cuando se baja al terreno y se contrasta con la realidad”, añadió.

La presidenta de los populares vigueses también recordó la lista de menosprecios del Gobierno con Vigo. Así, mencionó desde el abandono a la automoción y a Stellantis, a la pesca y la conserva o al tren y las infraestructuras. “Ahora el PSOE de Vigo intenta ocultar las siglas y evitar las visitas de ministros a la ciudad, después de que casi una veintena de ministros se pasearan por aquí con las manos vacías, pero no cuela”, explicó.

“El PP de Vigo continuará reclamando todo aquello de lo que dependa el futuro de la ciudad, exigiendo un trato justo para nuestra industria porque la defensa de Vigo está por encima de todo”, señaló. Fernández-Tapias también hizo referencia a sus propuestas para, dentro de las competencias municipales, recuperar el protagonismo de la industria dentro de la marca Vigo.

Por último, la candidata insistió en que el Partido Popular es la “única alternativa” que ha puesto encima de la mesa “medidas reales” de bajadas de impuestos, de apoyo a emprendedores y de agilización administrativa.

“Nos centramos en lo que le importa a la gente: tener trabajo y que haya oportunidades para las próximas generaciones de vigueses. Somos, también por eso, la única alternativa a un socialismo que prefiere el espectáculo a la economía. 16 años después, llega el momento de cambiar la tendencia”, concluyó.

Investigan una agresión a un árbitro de 14 años en un partido de benjamines en O Porriño

0

El árbitro solicitó al club local que tomara medidas y que llamase a las fuerzas del orden, a lo que el Pontellas, según señala el Comité Técnico de Árbitros, se negó

La Guardia Civil está investigano una denuncia por una presunta agresión a un árbitro menor de 14 años cuando arbitraba un encuentro de benjamines, de niños de 9 años, en O Porriño.

Los hechos tuvieron lugar el pasado domingo, durante el partido entre el C.D. Pontellas y el U.V.C.D. Candeán. Al término del encuentro, un aficionado local intentó supuestamente agredir al colegiado en el túnel de vestuarios.

Además, apuntan desde la delegación viguesa del Comité Técnico Gallego de Árbitros (CTGA), el joven tuvo que soportar numerosos insultos desde la grada durante el partido, y también al final, con expresiones dirigidas a él como «payaso» o «borracho», recogidas en el acta arbitral.

El árbitro solicitó al club local que tomara medidas y que llamase a las fuerzas del orden, a lo que el Pontellas, según señala el Comité Técnico, se negó, y uno de sus directivos llegó incluso a justificar el intento de agresión. El CTGA critica también que el club tratase de impedir el paso al vestuario al padre del árbitro, a pesar de que el chico se encontraba en estado de gran nerviosismo. Finalmente, pudo acceder siendo él quién avisó a la Guardia Civil.

Angélica Salvi, Ece Canli, Ivankovà, Superorganismus e Ana Lua Caiano actúan esta fin de semana no Sinsal Primavera de Vigo

0

As entradas están dispoñibles no web www.enterticket.es e os billetes para as sesións do MARCO permitirán acceder, gratuitamente, aos concertos da Sala Radar nas noites do venres 19 (SIPHO.) e do 20 de maio (Ana Lua Caiano)

Vigo acollerá esta fin de semana unha nova edición do Sinsal PrimaveraAngélica Salvi, Ece Canli, Superorganismus -proxecto musical de Tramontana e Luz González- e Ivankovà conforman o cartel das sesións que terán lugar os días 19 e 20 de maio no MARCO de Vigo. Como novidade, a programación extenderase a un dos principais recintos de música ao vivo da localidade, a Sala Radar, que acollerá o concerto da portuguesa Ana Lua Caiano na noite do sábado 20. 

Impulsado pola promotora cultural viguesa Sinsalaudio, Sinsal Primavera propón visualizar propostas musicais singulares e únicas, vinculadas á experimentación e á creación contemporánea. O evento, que conta coa colaboración principal do Concello de Vigo, e co apoio do MARCO, do Instituto Camões e da Sala Radar, ofrecerá esta fin de semana unha programación conformada por cinco proxectos de vangarda liderados por seis bandas ou solistas chegadas de distintos puntos de España, Portugal, Suíza e Turquía.

As entradas do Sinsal Primavera están á venda na plataforma web www.enterticket.es. O prezo da entrada anticipada para cada xornada no MARCO é de 15 euros (agás no caso dos billetes para as e os menores de 10 anos, cuxo acceso será gratuíto). Todas as persoas que posúan entrada para algún dos concertos do MARCO, poderán asistir de forma gratuíta aos concertos da Sala Radar nas noites do venres 19 (SIPHO., 22:45h) e do sábado 20 (Ana Lua Caiano, 23:00h). As entradas para estes directos tamén están dispoñibles en Enterticket por 8 euros anticipada e 10 euros na billeteira. 

Últimas entradas para Sinsal San Simón

Por outra banda, Sinsalaudio lembra que aínda é posible adquirir algunha das últimas entradas dispoñibles para poder asistir á nova edición do Festival Sinsal SON Estrella Galicia 2023, que se celebrará do 21 ao 23 de xullo na illa de San Simón (Redondela). Tanto os abonos como as entradas do sábado 22 e domingo 23 esgotáronse ás poucas horas da súa saída á venda -tanto desde o embarcadoiro de Vigo coma desde Meirande-.

Nos vindeiros días anunciarase a programación de actividades paralelas que terá lugar, de xeito gratuíto, durante a celebración do evento musical, e que inclúe tanto diferentes paseos para descubrir patrimonio natural e histórico da illa, coma outras iniciativas para afondar no coñecemento da cultura musical e de vangarda.