Galicia pon en valor a máxima calidade dos produtos do mar a través da campaña «Galicia sabe amar»

0

A campaña posta en marcha en 2021 ten como obxectivo poñer en valor os produtos do mar e ao mesmo tempo agradecer o esforzo realizado polos pescadores galegos

Nos últimos anos as vendas galegas ao exterior de peixes e mariscos en distintas presentacións marcou récords, acadando en 2022 o seu último máximo con máis de 2.700 millóns de euros facturados

Os produtos do mar de Galicia están a demostrar que son auténticos viaxeiros grazas a que tanto a Administración galega como as empresas da comunidade apostan por mostrar as súas bondades máis aló das súas fronteiras. Esta estratexia -iniciada hai xa máis dunha década e desenvolvida con actualizacións e adaptacións constantes ás demandas dos consumidores- contribúe a poñer en valor a calidade dos peixes e mariscos galegos en todas as súas versións -frescos, conxelados, en conserva ou noutras presentacións- e o labor dos profesionais do mar que se encargan de capturalos e preparalos para a súa venda.

Este labor -realizado mediante a execución de campañas de promoción como GALICIA SABE AMAR e coa participación en feiras de alimentación nacionais e internacionais- ten contribuído a impulsar as exportacións de produtos do mar galegos ata cotas nunca antes vistas. Nos últimos anos as vendas galegas ao exterior de peixes e mariscos en distintas presentacións marcou récords, acadando en 2022 o seu último máximo con máis de 2.700 millóns de euros facturados. Este fito produciuse malia as dificultades económicas globais derivadas da guerra en Ucraína, do encarecemento da enerxía e das materias primas e da escalada inflacionista que levou aparellada.

Nestes resultados é clave a dilatada experiencia e traxectoria das empresas galegas da cadea mar-industria á hora de participar en distintas feiras para dar a coñecer os seus produtos, abrir novas vías de negocio e chegar a máis mercados. A estes encontros sectoriais acoden ben en solitario -no caso das empresas máis grandes- ben da man da Consellería do Mar, que está a participar cada ano en preto dunha vintena de certames nacionais e internacionais a petición do propio sector, que ve na presenza nestes foros unha oportunidade para impulsar a súa actividade e as relacións comerciais con todo o mundo.

Nesta liña, a Xunta xa estivo ou vai estar presente en importantes feiras internacionais como Gulfood Dubai, Foodex Japan, a Seafood Expo North America, Tutto Food Milán, a Summer Fancy Food Show de Nova York, a Seafood Expo Asia, Expomar Cabo Verde ou Anuga Colonia. A elas engádense outras nacionais como a Aquafuture Spain de Silleda, o Salón Gourmets de Madrid, a Seafood Expo Global de Barcelona, Expomar Burela, Salimat Abanca en Silleda, Conxemar Vigo, San Sebastián Gastronómika, Xantar Ourense ou Gastrónoma Valencia.

GALICIA SABE AMAR

A comunidade participa nestas feiras no marco da campaña GALICIA SABE AMAR, posta en marcha en 2021 e que ten como obxectivo poñer en valor os produtos do mar e ao mesmo tempo agradecer o esforzo realizado polos pescadores galegos para poñer a disposición dos consumidores múltiples alimentos da máxima calidade.

Esta estratexia ampla -que engloba outras accións puntuais dirixidas aos escolares ou á xeración millennial– deu continuidade á iniciativa posta en marcha en 2020 coincidindo coa alerta sanitaria polo coronavirus Compra produto fresco do mar. Estamos no mesmo barco, que pretendía agradecer o esforzo realizado pola frota malia dificultades. Neses meses o sector pesqueiro, que foi declarado esencial, seguiu faenando malia que en moitas ocasións non lle era rendible para subministrar alimentos de calidade á cidadanía.

A estas campañas más xenéricas impulsadas pola Xunta engádense outras específicas de produto, tanto do sector como da Administración, nas que se poñen en valor recursos como a pescada, o bonito do norte, a centola, o polbo, os mariscos ou o mexillón, entre outros moitos. Nesa promoción tamén se inclúen os produtos elaborados, como son as conservas ou conxelados, que contan con importantes campañas para impulsar o seu consumo e os seus prezos.

Con todo este traballo, Galicia aspira a que os profesionais do mar conten con mellores ingresos e que a actividade poida manterse no futuro facéndose atractiva para as novas xeracións. A finalidade é que a xente nova vexa que o sector marítimo-pesqueiro é unha boa opción profesional e que a comunidade manteña o seu papel de referente español e europeo na produción e comercialización de produtos do mar.

Novidades de 2023

A campaña GALICIA SABE AMAR dou un paso máis neste 2023 ao botarse á estrada para percorrer mediante catro foodtrucks distintos concellos de España polos que pasan diferentes rutas do Camiño de Santiago. Neles as catro furgonetas ofrecen petiscos elaborados a base de produtos certificados do mar de Galicia para poñer en valor a súa versatilidade e calidade animando así a veciños e visitantes a mercalos e consumilos.

Esta peregrinación polo territorio nacional comezou o pasado mes de febreiro en Galicia, seguiu despois por outras comunidades e agora xa está de volta en terras galegas. Neste tempo as foodtrucks de GALICIA SABE AMAR achegaron as súas elaboracións a máis de 230.000 persoas.

A campaña ofrece un total de 10 pinchos diferentes elaborados a base de produtos certificados do mar -como os amparados polo selo pescadeRías, berberecho de Noia, bonito do norte ou mexillón de Galicia- xunto a outros produtos da terra con Indicación Xeográfica Protexida (IXP) ou Denominación de Orixe Protexida (DOP) como as fabas, o mel, os pementos, os queixos, o pan ou as patacas.

Toda a información sobre as rutas destas catro furgonetas pode consultarse na páxina web www.galiciasabeamar.xunta.gal ou nas redes da Consellería do Mar, onde se actualiza a información sobre os distintos percorridos, horarios e posibles cambios de última hora.  

Resultados

A estratexia deseñada por Galicia para promocionar os produtos do mar e elevar tanto o seu consumo como os seus prezos parece dar froitos pois as cotizacións nas lonxas galegas encadearon varios máximos históricos nos últimos anos. En 2022 o prezo medio acadou os 3,26 euros o quilo, unha cifra un 30% superior á media da serie histórica, que se remonta ao ano 2002.

Desta forma o sector marítimo-pesqueiro galego avanza no seu obxectivo de obter maiores ingresos polos produtos e mellorar a rendibilidade da actividade -facendo fronte a dificultades como as derivadas da guerra en Ucraína e o encarecemento das materias primas- ao tempo que contribúe á sustentabilidade dos recursos pesqueiros.

De feito, trátase dunha cuestión fundamental para unha comunidade que conta con máis de 60 lonxas nas que se comercializan arredor de 300 especies diferentes entre peixes, mariscos, crustáceos, algas ou equinodermos, entre outros. Son recursos da máxima calidade e recoñecido prestixio polo que son demandados por compradores de calquera punto do planeta.

A eles engádense os procedentes da acuicultura, como o mexillón, e da industria transformadora, que acaban subministrando os mercados de toda España e doutros puntos do mundo para elaborar os pratos máis innovadores e saborosos nos restaurantes máis prestixiosos.

O complexo mar-industria galego pon no mercado cada ano produtos por valor de preto de 9.000 millóns de euros e o valor das exportacións está medrando de forma continuada ata superar os 2.700 millóns de euros en 2022

Un sector con impacto en toda a economía

As accións de promoción dos produtos do mar convértense nunha importante ferramenta para elevar os prezos e impulsar un sector fundamental para a economía galega pois ten interacción con 76 das 83 ramas económicas identificadas en Galicia.

O complexo mar-industria galego pon no mercado cada ano produtos por valor de preto de 9.000 millóns de euros e o valor das exportacións está medrando de forma continuada ata superar os 2.700 millóns de euros en 2022. Nese bo comportamento teñen moito que ver as campañas de promoción e a participación en feiras, onde as empresas galegas pechan contactos e negocios con firmas internacionais facendo que os produtos do mar de Galicia estean presentes cada vez en máis países. 

Todos estes datos son o resultado dun sector marítimo-pesqueiro con actividades moi diversas -como a pesca, o marisqueo, os cultivos mariños, a transformación de produtos do mar ou a súa depuración- e máis de 120 portos que xeran unha importante actividade económica ao tempo que definen o carácter das xentes da súa contorna así como a cultura e o patrimonio de moitas localidades costeiras.

A promoción convértese así nun paso intermedio entre a extracción e a comercialización dos recursos que contribúe a optimizar os resultados e mellorar a rendibilidade da actividade en beneficio do conxunto dos profesionais do mar.

Unha opción saudable   

As campañas de promoción para impulsar os prezos dos produtos do mar inciden en que consumir este tipo de alimentos é un dos mellores investimentos que se poden facer como sociedade, ao contribuír a mellorar a saúde e aforrar en gasto sanitario ao tempo que se fomenta a sustentabilidade e a economía, especialmente a local.

Ao adquirir peixes e mariscos frescos ou calquera dos produtos transformados ou acuícolas desta proteína mariña non só se están promovendo uns mellores hábitos de vida senón que tamén se impulsa o traballo de todas aquelas mulleres e homes que cada día saen ao mar para que este nutritivo recurso non falte en ningunha mesa. 

Este xesto apoia aos profesionais dun sector que en Galicia conta cun gran peso dado que o 91% das actividades económicas da comunidade están relacionadas coa pesca e a cadea mar-industria. As máis de 60 lonxas galegas poxan unha gran variedade de peixes, mariscos, crustáceos, algas ou equinodermos que poñen a disposición do consumidor un gran abano de posibilidades para levar ao seu fogar cada día e poder cumprir coas recomendacións sanitarias de consumir, como mínimo, tres ou catro racións desta proteína á semana.

E os galegos predican co exemplo pois a dieta atlántica ten no peixe un dos seus grandes piares, o que contribúe á lonxevidade dos seus cidadáns. De feito, Galicia ostenta o segundo posto en poboación con maior esperanza de vida de España.

Fonte de Omega-3, vitaminas D e B, ferro, potasio, iodo, calcio…, os peixes e mariscos son alimentos con importantes valores nutricionais e cunha pegada de carbono das máis baixas entre os produtos que hai dispoñibles no mercado. Por iso o consumidor actual atopa no sector extractivo e a industria transformadora a confianza necesaria á hora de obter un produto de calidade, respectuoso coa súa contorna e, á súa vez, xerador dun gran número de empregos. Só a cadea mar-industria galega dá traballo directamente a 40.000 persoas.

El XVI FICBueu retratará la vanguardia internacional del cine de autor al mostrar 89 cortos de 30 países

0

La nueva edición se celebrará desde el 9 al 23 de septiembre con una amplia programación que incluye también charlas con cineastas, actividades infantiles, una residencia para directores en la isla de Ons y podcasts radiofónicos

El Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBueu) retratará la vanguardia del audiovisual del cine de autor al mostrar entre el 9 y el 24 de septiembre, 89 cortos procedentes de una treintena de países con el apoyo de la Xunta.

La muestra cinematográfica, que celebra su 16º edición, es una de las 11 beneficiarias en la convocatoria de ayudas a festivales del sector audiovisual, línea de subvenciones a la que la Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destina 225.000 euros en este 2023.

“El FIC Bueu es uno de los más destacados festivales de cine que tenemos en la provincia. Pero no es el único. Forma parte del Rías Baixas Film Fest, que está compuesto por ocho festivales de cine de la más alta calidad. Todos ellos apoyados por la Diputación, lo que demuestra la innegociable apuesta desde este Gobierno por el cine en particular y por la cultura en general”, subrayaba durante la presentación del evento el presidente de la Diputación de Pontevedra, Luis López, durante su intervención en la presentación de un festival para el cual el ente provincial acerca más de 26.000 euros.

El FICBueu, que se suma este año a la agenda global de 2.500 actividades artísticas que la Xunta promueve este verano bajo el lema ‘A Cultura en Galicia é un CulturON’, rendirá tributo al documentalista neerlandés Joris Ivens, que protagonizará la retrospectiva de este 2023, y a la actriz Luisa Merelas, que recibirá el Premio Cinema Galego por su trayectoria.

La intérprete recogerá el galardón durante la gala de entrega de premios, en la que se conocerá el palmarés de una sección oficial en la que, entre cintas producidas en 20 países, competirá los cuatro cortos dirigidos o producidos en Galicia: Ulises, de Félix Brixel; Ruovesi, de Andrea Zapata-Girau; Alicia fai cousas, de Ángel Santos, y Sandwich Cat, de David Fidalgo.

Otras actividades

El FICBueu completa su cartel con una serie de actividades que le otorgan al certamen una dimensión completa en su labor de divulgación cultural. Destacan iniciativas como al MiniFIC, con proyecciones destinadas a los más jóvenes y al alumnado de los centros de enseñanza; la ludoteca gratuita, que se inaugura este año para fomentar la conciliación en el seno del festival, o las II Xornadas Cinematográficas, conformadas con coloquios, proyecciones y clases magistrales.

Como novedad de este 2023 y dentro de las actividades paralelas, se desarrollará la I Residencia FICBueu, una decidida apuesta del encuentro audiovisual por la formación a través de una residencia artística dirigida por la guionista Isabel Peña y que se desarrollará en octubre en Illa de Ons con el apoyo de la Axencia Galega das Industrias Culturais y de la Secretaría Xeral de Igualdade de la Xunta de Galicia.

La ría de Vigo esquiva la escalada de la temperatura del agua

0

Un estudio del IEO analiza una serie temporal de datos de 34 años y concluye que, a pesar del contexto de calentamiento global, no se observó ninguna tendencia estadísticamente significativa para el afloramiento ni para la temperatura en el período de estudio

Un estudio del Instituto Español de Oceanografía (IEO), organismo que depende del CSIC, sostiene que la ría de de Vigo y la plataforma continental adyacente han sido capaces de amortiguar la escalada de temperatura que sí se ha observado y de forma significativa durante ese período tanto en otras aguas oceánicas como en el Cantábrico.

El estudio, según informa el IEO, se centra en las tendencias de temperatura y salinidad de esta pequeña zona del margen ibérico atlántico a partir de observaciones de la columna de agua a lo largo de 34 años, entre 1987 y 2020.

Así, según el informe, esta pequeña zona del margen ibérico atlántico ha sido capaz de amortiguar la escalada de temperatura que sí se ha observado y de forma significativa durante ese período tanto en aguas oceánicas como en el Cantábrico. “Este verano está siendo muy atípico, con temperaturas muy altas en las rías Baixas. Series largas de medidas como éstas son las que nos permiten conocer mejor cuánto de anómalas han sido estas temperaturas. Pero, que no haya habido tendencia significativa en el pasado reciente no quiere decir que no entremos en un período de cambio. De ahí la importancia de seguir midiendo”, señala Pablo Otero, investigador del Centro Oceanográfico de Vigo del IEO y principal autor del estudio.

El estudio también permite concluir que, aunque la salinidad está determinada en una escala temporal corta por factores como la descarga fluvial, la radiación de onda corta o el viento local, la circulación atmosférica del Atlántico Norte desempeña un importante papel modulador, especialmente durante los meses de invierno. En la plataforma continental, por debajo de los 50 metros de profundidad, los resultados han mostrado una tendencia negativa significativa de la salinidad. La variabilidad atmosférica en el Atlántico Norte impacta la circulación en el giro subpolar, que, a su vez, puede influir en el equilibrio entre las aguas centrales subtropicales o subpolares en la zona de estudio. Esta podría ser la razón del predominio de periodos más salinos en la columna de agua observados durante 1996-1997 y 2005-2013.

El trabajo, que acaba de publicarse en la revista Science of the Total Environment, estudia la ría de Vigo en el actual contexto de cambio climático y establece un marco de referencia para futuros estudios. Estos resultados permiten además establecer un nivel base de conocimiento sobre la hidrografía de la zona, útil como referencia para el estudio de la variabilidad del sistema.

Para llegar a estos resultados, ha sido necesaria revisar de forma exhaustiva 971 perfiles hidrográficos procedentes de 337 campañas de investigación de los últimos 34 años, para asegurarse un procesado homogéneo de los datos y la correcta validación de los mismos.

El estudio se ha llevado a cabo en el marco del proyecto RADIALES, que supone un esfuerzo de monitorización del IEO gracias al cual se cuenta actualmente con la más longeva de las iniciativas multidisciplinares de investigación en series temporales oceanográficas en España.

Ante la situación actual de cambio climático, “es necesario hacer un llamamiento a la monitorización y control de nuestros mares. Sólo así es posible conocer el impacto en nuestros recursos ecosistémicos. Se necesitan años de esfuerzo continuado de decenas de investigadores y técnicos para comprender y parametrizar la respuesta del ecosistema ante las diversas fuentes de variabilidad temporal, tanto en sus características oceanográficas como en las poblaciones planctónicas”, señala Pablo Otero

Rescatan del mar el cuerpo de un hombre en las proximidades del puente de Rande

0

Se investiga la identidad de la víctima, que fue recuperada del agua flotando tras detectarse un vehículo sin nadie en Rande

Los servicios de emergencia han hallado en la mañana de este jueves en Domaio (Pontevedra) el cadáver de un hombre que dejó el coche orillado sobre el Puente de Rande encendido y con las llaves puestas, según indican fuentes de la Guardia Civil.

El 112 Galicia recibió aviso de este suceso diez minutos después de las 4.30 horas de la madrugada a través de la llamada de un particular.

Al confirmarse que no había nadie en el interior del vehículo, se activó un dispositivo de búsqueda en el que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Salvamento Marítimo, que movilizó la embarcación Salvamar Mirach; Gardacostas de Galicia, que participó con el helicóptero de rescate Pesca I; los agentes de la Guardia Civil de Tráfico y de la Guardia Civil, que desplazaron al punto una lancha de rescate, la Policía Local de Moaña y los operarios de conservación de la autopista.

Tras varias horas de búsqueda, a primera hora de la mañana otro alertador contactaba con el 112 Galicia para informar de que observaba el cuerpo de un hombre flotando en las proximidades del puente de Rande.

Finalmente, los servicios de emergencias procedieron con su rescate y las fuerzas del orden investigan acerca de la identidad de la persona y las causas del suceso. En estos momentos, se investiga acerca de la identidad de la persona y las causas del suceso.

VH al tema: Hoy «Bones» de The Killers

0

Originaria de Las Vegas, esta banda ha estado conquistando el mundo con su distintivo sonido desde principios de la década de 2000. Entre sus tesoros musicales, «Bones» destaca como una joya que no puedes dejar de escuchar. The Killers ha sido reconocida por su habilidad para mezclar el rock alternativo con elementos de synth-pop y letras introspectivas. Su música tiene un encanto único que ha ganado seguidores en todo el mundo. Desde la melancolía hasta la euforia, sus canciones son un viaje a través de una amplia gama de emociones.

«Bones» es una canción que ejemplifica la magia de The Killers. Desde el primer acorde, te atrapa con su ritmo enérgico y la voz carismática de Brandon Flowers. Las letras profundas te invitan a reflexionar sobre la vida y las relaciones, mientras que la melodía te hace mover los pies.

Esta canción es una muestra perfecta de su capacidad para combinar letras significativas con una melodía bonita que se queda contigo. The Killers se ha ganado un lugar destacado en la escena del rock alternativo por una razón, y «Bones» es una prueba de su poder musical.

Rueda destaca que la sanidad gallega está a la vanguardia en la protección del medio ambiente gracias a la Estrategia de Economía Circular del Sergas 2030

0

El presidente de la Xunta participó hoy en la jornada de presentación de este plan en Santiago de Compostela

Asegura que avanzar en la sostenibilidad es algo que “implica, preocupa y obliga a todos”: administraciones, empresas y ciudadanos

Remarca que el objetivo es avanzar cara un modelo sanitario más sostenible implantando medidas para ahorrar costes, conseguir mayor eficiencia y reducir las emisiones de carbono

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, erigió la sanidad gallega en la vanguardia de la protección del medio ambiente con medidas como la Estrategia de Economía Circular del Sergas, que fue presentada hoy en Santiago de Compostela y que marcará la hoja de ruta del sistema sanitario autonómico en los próximos siete años.

Tal y como explicó el titular del Gobierno gallego, el objetivo es seguir dando pasos hacia una sanidad más sostenible en un contexto marcado por el cambio climático y sus consecuencias en la sociedad y en la salud de la población. Rueda aseguró que para lograrlo es preciso la colaboración de todos. “Todo lo que tiene que ver con la sostenibilidad y el medio ambiente es algo que en nos atañe, nos importa, nos implica y nos obliga a todos: los ciudadanos, las empresas y las administraciones que somos las primeras que tenemos que dar ejemplo”, indicó el presidente.

Rueda resaltó que, por sus características, la actividad sanitaria tiene una fuerte huella en el medio ambiente: es una actividad continuada las 24 horas de los 365 días del año, que implica muchos desplazamientos, en la que se utilizan materiales de uno solo uso y sistemas que provocan emisiones de CO2. Por eso, el sistema sanitario gallego el Sergas lleva más de dos décadas inmerso en un proceso de transformación para apostar por un modelo más sostenible y respetuoso con el medio ambiente.

La Estrategia de Economía Circular del Sergas busca que el sector sanitario actúe como eje vertebrador e impulsor de una transformación cultural basada en la sostenibilidad. Una serie de medidas que permitirán ahorrar costes, conseguir una mayor eficiencia y mermar las emisiones en todas las instalaciones sanitarias. Entre los objetivos concretos está reducir en más de 46.500 las toneladas anuales de emisiones de CO2 hasta 2030, es decir, el equivalente a plantar más de un millón de árboles.

Para eso, la Estrategia incluye diferentes medidas como la reducción en la generación de desechos y el uso de combustibles fósiles, la construcción de centros sanitarios con materiales sostenibles, el ecodeseño de procesos asistenciales, el fomento de la investigación en I+ D en este ámbito o fomentar el consumo responsable y sostenible entre pacientes, trabajadores o proveedores.

Galicia, pionera en participar en proyectos internacionales sobre la sostenibilidad

Rueda resaltó que el sistema sanitario gallego ya lleva “mucho trabajo hecho” en materia de sostenibilidad. De hecho, es pionero y un referente al participar en diferentes iniciativas internacionales. El Sergas es el único sistema sanitario europeo que participa como socio en la Nueva Bauhaus Europea -un proyecto que apuesta por las construcciones sostenibles para mejorar la calidad de vida – y no hay ninguna otra administración sanitaria española involucrada en un proyecto de la ONU para intentar conseguir las cero emisiones de carbono en las instalaciones sanitarias en 2040.

Además, la sanidad gallega tiene en marcha otros programas para la reducción de uso de plásticos en los centros hospitalarios o las emisiones de gases a la atmósfera que provoca el sistema de anestesia de las operaciones quirúrgicas.

Berto Romero presenta en el Teatro Afundación Lo nunca visto, un show cómico con magia, música y efectos especiales

0

Berto Romero presentará el 15, 16 y 17 de setembro en el Teatro Afundación de Vigo su nuevo proyecto Lo nunca visto, un espectáculo integrado por contenidos totalmente inéditos, como refleja el título escogido por el popular humorista. Con la comedia como protagonista, la propuesta escénica integra también magia, música y efectos especiales, que complementan al show divertido y humorístico al estilo del más puro Berto Romero. Las entradas están a la venta en Ataquilla.com.

Como uno de los grandes nombres de la comedia actual en España, Berto Romero es hoy un referente del humor en televisión, en la ficción, en podcast y, sobre todo, en la escena, con el monólogo en directo a lo que vuelve con este espectáculo de 90 minutos que sorprende al público y presenta facetas desconocidas del artista. Humorista, actor y guionista, además de su faceta televisiva, mano a mano con Andreu Buenafuente, su trayectoria profesional se extiende al teatro, la gestión, la música o el cine en películas como Ocho apellidos catalanes o Spanish movie, entre otras. En Lo nunca visto, Romero se compromete, en honor al título del show a que todo el material que se presenta será nuevo, ofreciendo al público aspectos del artista que no conoce.

O BNG alerta do “caos urbanístico” en Vigo pola “permanente improvisación” do Goberno de Caballero co novo PXOM

0

A fronte nacionalista advirte dos “graves riscos” de demorar dous meses a aprobación provisional, como anunciou o alcalde, tanto pola caducidade do IOP como pola fin da suspensión automática de licenzas

Xabier P. Igrexas: “O BNG esiximos que se informe publicamente antes do Pleno de cal é a proposta de ditame do Goberno ás máis de 4 mil alegacións veciñais ao Plan Xeral”

O Bloque Nacionalista Galego alerta do “caos urbanístico” en Vigo pola “permanente improvisación” do Goberno de Abel Caballero na tramitación do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Así o denunciou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, após anunciar este martes o alcalde que a aprobación provisional do documento será sometida a debate no Pleno nun prazo de dous meses.

Dende a fronte nacionalista advirten dos “graves riscos” que implica esta demora, tanto pola caducidade do Instrumento de Ordenación Provisional (IOP) como pola fin da suspensión automática de licenzas en outubro. Afean ademais que Caballero fixera pública esta información pouco tempo despois da celebración do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, onde non se deu conta destas novidades. “Un exemplo máis do desprezo cara ás institucións e aos organismos nos que estamos representadas outras forzas políticas”, censurou Igrexas.

O portavoz nacionalista esixiulle ao Goberno municipal que rectifique para evitar que a cidade quede sumida na “incerteza” e na “falla de seguridade xurídica” en relación ao urbanismo. Así, pediu aclarar como se vai resolver a caducidade do IOP, que quedará sen efecto a partir do vindeiro 5 de outubro, tal como advertiu o Secretario Xeral do Pleno nun informe.

No mesmo sentido, alertou de que a mediados de outubro finaliza tamén a suspensión automática de licenzas, o que provocará que durante varias semanas (de manterse o prazo anunciado polo alcalde para a aprobación provisional) se poidan outorgar licenzas en base ao PXOM de 1993, incluso en parcelas onde existan contradicións ou cambios en relación ao novo documento.

Sen resposta ás miles de alegacións veciñais

Dende o BNG reiteraron a necesidade de que o Goberno municipal dea resposta dunha vez ás máis de 4 mil alegacións veciñais recibidas ao proxecto de Plan Xeral. Unha cuestión que trasladou o voceiro nacionalista no Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, sen obter unha resposta precisa. “O BNG esiximos que se informe publicamente antes do Pleno de cal vai ser a proposta de ditame do Goberno”, reclamou Igrexas.

Cuestionou nese sentido a pretensión do Goberno local de resolver as alegacións unha vez aprobado o documento, tal como se desprende das declaracións da responsábel de Urbanismo. “A veciñanza e os colectivos sociais teñen dereito a saber que vai facer o Goberno municipal coas súas alegacións antes de que o PSOE pase o seu rodete no Pleno, como na aprobación inicial”, demandou o voceiro nacionalista, que insistiu na urxencia de sacar o novo Plan Xeral da “escuridade dos despachos” na que foi elaborado.

Tapias exige al Gobierno local que proceda a la aprobación provisional del PXOM antes del 5 de octubre

0

La jefa de la oposición afirma que el alcalde de Vigo debe dar explicaciones sobre la decisión de retrasar dos meses la celebración del pleno extraordinario que permita avanzar al documento urbanístico

El PP de Vigo advierte que, tras la fecha clave del próximo mes, y si no se solicita una ampliación del plazo de vigencia del IOP, el urbanismo vigués regresará al plan de 1993 con las contradicciones que ello puede suponer

La presidenta del PP de Vigo y jefa de la oposición, Marta Fernández-Tapias, ha exigido esta mañana que el Gobierno local convoque antes del 5 de octubre el pleno extraordinario para la aprobación provisional del Plan General de Ordenación Municipal (PXOM), antes de que decaiga el Instrumento de Ordenación Municipal (IOP).

“No entendemos qué oscuros intereses pueden existir para que se quiera dejar en el limbo el urbanismo vigués, no hay ningún motivo para posponer la aprobación del PXOM dos meses”, ha explicado Tapias. A este respecto, ha dejado claro que el alcalde de Vigo, Abel Caballero, debe dar explicaciones sobre esta decisión que, a todas luces, “es una irresponsabilidad y supone una injusticia para todos los ciudadanos que están a la espera de una respuesta urbanística”, ha afirmado.

Tapias ha aludido al descalabro que puede suponer el decaimiento de la IOP, documento que ha dado seguridad y cierto desarrollo y avance en el urbanismo de la ciudad. “Se trata de una cuestión de voluntad, ya no hay excusas, pero claramente el regidor vigués está anteponiendo sus intereses políticos frente a la seguridad y tranquilidad para muchos vigueses y viguesas”, ha señalado.

La jefa de la oposición advierte que, en caso de que se produzca tal decaimiento, el Gobierno municipal deberá asumir su responsabilidad ante los ciudadanos por los problemas y contradicciones que puedan producirse, ya que el urbanismo vigués regresaría al plan de 1993. La IOP, vigente desde su aprobación definitiva en agosto de 2019, se puso en marcha para permitir el desarrollo y seguir avanzando en el urbanismo que no estaba afectado por la anulación del PXOM de 2008. “Esta ciudad no pueden permitirse volver atrás o caer en un limbo totalmente injustificable”, ha zanjado Tapias.

A delegada da Xunta participa en Baiona nas actividades polo Día Mundial de Prevención ao Suicidio

0

A representante autonómica acompañou ao alcalde, Jesús Vázquez Almuiña, así como a concelleiros, turistas e numerosos veciños da vila nun percorrido polas rúas de Baiona co obxectivo de contribuír a frenar a lacra e concienciar á sociedade

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou este mércores nas actividades organizadas polo Concello de Baiona con motivo do Día Mundial de Prevención ao Suicidio. A representante autonómica acompañou ao alcalde, Jesús Vázquez Almuiña, así como aos concelleiros e a numerosos veciños da vila nun percorrido polas rúas de Baiona co obxectivo de contribuír a frenar a lacra e concienciar á sociedade.

A iniciativa é un proxecto transversal que conxuga exercicio físico, cultura e coñecemento para actuar ante os problemas mentais. A xornada comezou ás 10:00 horas cunha andaina polo Casco Vello coa acompañamento dunha guía. Posteriormente, na Casa-Museo da Navegación, celebrouse un taller de prevención do suicidio baixo o título “Mitos sobre o suicidio: factores de protección”.