Un conductor ebrio y bajo los efectos de la cocaína se da a la fuga y acaba colisionando con la Policía Local

0

A las 10:25 horas del pasado día 11, una Unidad de la Policía Local de Vigo, se encontraba realizando labores de prevención en materia de Seguridad Ciudadana en las inmediaciones de la calle Marqués de Valterra. Observaron como un vehículo de la marca Hundai realizaba una conducción errática, motivo por el cual los agentes decidieron consultar en la base de datos la matrícula del vehículo, figurando este sin ITV y sin seguro en vigor.

Los agentes decidieron darle el alto, realizando además indicaciones al conductor con los brazos a través de la ventanilla para que detuviese el vehículo, este al percatarse aceleró a gran velocidad emprendiendo la huida, recorriendo varias calles de la ciudad, saltándose semáforos en fase roja.

En la persecución intervinieron varias unidades, las cuales intentaron en varias ocasiones cortarle el paso, llegando a colisionar con dos de ellas, resultando lesionado uno de los agentes. Finalmente lo interceptaron en la rotonda de la Industria Conservera, llegando a cortarle totalmente el paso y poniéndole fin a su huida.

Una vez identificado el conductor del vehículo, resultó ser C.M.A. de 32 años de edad, pudiendo llegar a comprobar que tiene en vigor una pérdida del carné de conducir, así mismo se le realizó la prueba de impregnación alcohólica pertinente, arrojando un resultado positivo de 0,40 mg/L en aire espirado. A continuación, se le realizó una prueba de tóxicos, siendo el resultado positivo en cocaína.

Por todo lo mencionado anteriormente se procedió a la detención de este varón, por un delito contra la Seguridad Vial, siendo informado de los derechos que le asisten y los motivos de su detención según la legislación vigente. El vehículo fue trasladado al depósito municipal.

El PP de Vigo denuncia que el Gobierno local no ha pagado las subvenciones de Participación Ciudadana a multitud de asociaciones vecinales

0

El grupo municipal popular exige a Abel Caballero que “acelere” los pagos y afea al alcalde socialista que tenga sin cobrar a estos colectivos sociales mientras presume de pago a proveedores y ‘deuda cero’

Miguel Martín propone evitar estas “demoras injustificables” implantando el sistema de la Xunta de Galicia, que abona los fondos concedidos con antelación para que las entidades no tengan que adelantar el dinero

El Partido Popular de Vigo ha denunciado este lunes que el Gobierno de Abel Caballero aún no ha pagado las subvenciones de Participación Ciudadana correspondientes al año 2023 a multitud de asociaciones vecinales de la ciudad. Tal y como han confirmado “muchas entidades” al grupo municipal del PP, el Ejecutivo municipal no les ha abonado las ayudas destinadas a fomentar el asociacionismo y la participación ciudadana para que puedan sufragar sus gastos de funcionamiento, mantenimiento o inversiones. Unos fondos que se antojan “vitales” para su supervivencia diaria e incluso para abonar nóminas.

Así, estos colectivos sociales no solo han tenido que adelantar los gastos sino que se están viendo “ahogados” por culpa de esta “demora injustificable” en el cobro de las subvenciones comprometidas, de “varios miles de euros”. Un hecho que contrasta con la forma de proceder de otras administraciones públicas, como la Xunta de Galicia, que adelanta los importes concedidos y supervisa posteriormente que el dinero se ha empleado correctamente. Un sistema que el Partido Popular de Vigo ha propuesto trasladar al Concello olívico.

“Resulta especialmente sangrante escuchar una y otra vez cómo el Gobierno socialista saca pecho de lo rápido y bien que paga a sus proveedores cuando mantiene al tejido asociativo de la ciudad asfixiado económicamente. Una muestra más de su premeditada estrategia por controlar el movimiento vecinal y mantener su dependencia. Y en caso de no dejarse someter, ahogarlo”, ha criticado Miguel Martín. En este sentido, el concejal del PP de Vigo ha censurado el modo de proceder de Abel Caballero con el movimiento vecinal que se muestra mínimamente crítico, tal y como sucede con la Federación de Asociaciones de Vecinos ‘Eduardo Chao’ (Favec), a la que “ha llegado a dejar en la calle tras quitarle el local que tenía en la plaza de la Princesa”. Ante esta situación, el Partido Popular de Vigo ha exigido al Gobierno socialista que “acelere” los cobros pendientes. Igualmente, Martín ha evidenciado que estos impagos contradicen el discurso oficial sobre la situación financiera municipal. “En una ciudad con un Ayuntamiento que presume de tener ‘deuda cero’ no se puede permitir que las asociaciones estén permanentemente con el agua al cuello, rezando por saber cuando se es va a pagar lo que les corresponde”, ha finalizado.

Os delegados da Xunta en Vigo e Pontevedra participan en Tui na conmemoración do 180 aniversario da Garda Civil

0

Os delegados da Xunta de Galicia en Vigo e Pontevedra, Ana Ortiz e Agustín Reguera, participaron este luns nos actos conmemorativos do 180 aniversario da Garda Civil que se celebraron en Tui. Durante o evento, no que se deu lectura aos decretos fundacionais do Corpo da Garda Civil en 1844, procedeuse á imposición de condecoracións, así como á entrega de placas conmemorativas ao persoal que pasou á reserva e retirado.

Afundación e Special Olympics Galicia presentan o Festival de Artes Escénicas 2024

0

As actuacións serán a cargo de ACEESCA no Auditorio do Teatro Afundación de Vigo e da Fundacion Adcor no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela

As entradas gratuítas estarán dispoñibles na web Ataquilla.com

Afundación, a Obra Social de ABANCA, e Special Olympics Galicia poñen en marcha unha edición máis do Festival de Artes Escénicas Special Olympics. Comezará o martes 14 de maio, ás 18.30 h, no Auditorio do Teatro Afundación de Vigo, coa representación do musical A pequena serea a cargo de ACEESCA. Continuará o mércores 5 de xuño, ás 18.00 h, coa representación de Una historia de amor diferente da man da Fundación Adcor. Os convites gratuítos están dispoñibles na web Ataquilla.com. Este festival enmárcase na liña estratéxica de impulso social a través tamén da cultura da Obra Social de ABANCA que considera a arte, nas súas diversas manifestacións, como un potente elemento de inclusión social xa que favorece a integración e contribúe a romper estereotipos. Desde Afundación apóianse iniciativas como esta pola súa intensa carga social, artística, emocional e en defensa da igualdade das persoas. Ademais, promóvense e adáptanse os programas didácticos ás capacidades de cada persoa facendo, así, accesibles os contidos e actividades que teñen as persoas con capacidades diferentes como protagonistas, poñendo o foco nas súas habilidades e favorecendo unha visión positiva da sociedade.

O BNG lanza a campaña ‘Máis buses, menos multas’ para revolucionar a mobilidade en Vigo

0

A fronte nacionalista presenta un decálogo de actuacións para mellorar o servizo de bus urbano co obxectivo de avanzar cara unha cidade máis habitábel e verde, dando alternativas ao uso do coche e ao modelo de ZBE con multas de Abel Caballero

Xabier P. Igrexas: “A fin da concesión de Vitrasa en 2025 abre un escenario de oportunidade para que Vigo conte cun transporte urbano á altura da maior cidade galega”

Carmela González: “Vai ser unha campaña social e de contacto directo, escoitando e recollendo as necesidades e propostas da propia veciñanza e dos colectivos sociais”

O Bloque Nacionalista Galego vén de lanzar este luns a campaña ‘Máis buses, menos multas. Pola mobilidade que merece Vigo’. Unha iniciativa coa que a fronte nacionalista busca revolucionar a mobilidade na cidade co obxectivo de avanzar cara unha cidade “máis habitábel e verde”, dando alternativas ao uso do vehículo privado e ao modelo de Zonas de Baixas Emisións (ZBE) de Abel Caballero.

“O vindeiro ano 2025 vai ser determinante coa fin da concesión de Vitrasa, que abre un escenario de oportunidade para que Vigo conte cun servizo de bus urbano á altura da maior cidade galega”, reivindicou en rolda de prensa o portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, xunto coa responsábel local e deputada no Parlamento galego, Carmela González; a concelleira, Ana Martínez; e o concelleiro, Filipe Abalde.

Igrexas defendeu a necesidade dun xiro radical na mobilidade fronte á política do Goberno municipal de “barra libre en favor de Vitrasa” e fronte á “resignación de seguir sendo unha cidade de tráfico insoportábel, ruidosa, insegura e contaminante”, animando a que as viguesas e os vigueses “empurren unha alternativa desde abaixo”.

O portavoz nacionalista enumerou 10 grandes liñas de actuacións sobre as que xira a campaña, coa que o BNG vai percorrer os barrios e parroquias de Vigo nas vindeiras semanas mantendo encontros tanto con veciñas e veciños como co tecido asociativo e con colectivos sociais para escoitar e recoller as súas demandas.

Máis frecuencias e mellores horarios

Dende o Bloque consideran “imprescindíbel” aumentar as frecuencias do bus urbano para que sexa unha alternativa real ao uso do vehículo privado. “Non só recuperar as máis de 250 frecuencias recortadas dende a pandemia”, matizou Igrexas, quen apostou por reorganizar os actuais horarios para garantir que os buses circulen cada 20 minutos de media, nos días laborábeis, e evitar que pasen todos xuntos nas mesmas paradas.

Para facelo realidade, a fronte nacionalista defende a necesidade dun movo mapa de liñas, cun modelo de circulares máis “áxiles” que permita conectar de verdade o conxunto dos barrios e parroquias. “Non podemos continuar con liñas que teñen tempos de traxecto superiores a unha hora”, lamentou.

Liña CERO e intermodalidade

No obxectivo de mellorar as conexións, dende o BNG propoñen a posta en marcha dunha liña CERO, dende Navia até Teis, que sirva como espiña dorsal do novo mapa de liñas. Unha liña que podería articularse con buses con moitas máis frecuencias, creando un corredor de transporte no seu percorrido co uso combinado de carril bus e preferencia semafórica, ou e estudando algunha modalidade de transporte articulado como trolebús ou novos formatos de tranvías.

O portavoz municipal destacou nese sentido a aposta por mellorar a conexión con servizos esencias, como os hospitais, o CUVI, os centros de FP e o resto de terminais de transporte, como o aeroporto, as estacións de tren, a terminal de bus interurbana e a estación marítima. Para iso, salientou, cómpre ampliar até dous transbordos gratuítos por hora, facilitando así o uso combinado de varias liñas. 

Redución do prezo e máis servizo nocturno

Outro dos eixos da proposta nacionalista pasa pola redución do prezo do billete de bus urbano, o máis elevado en Galiza e un dos máis caros de todo o Estado. Na mesma liña, o Bloque chama a ampliar as bonificacións, facendo gratuíto o bus para as persoas menores de 14, as desempregadas de larga duracións e perceptoras de axudas sociais. E atendendo unha das reivindicacións da mocidade viguesa, urxe a posta en marcha de máis servizos nocturnos despois da desaparición nos últimos anos das liñas N2 e N3.

Remunicipalización do servizo

De cara á fin da concesión de Vitrasa no ano 2025, o BNG aposta por remunicipalizar dunha vez transporte urbano, a través da constitución dunha empresa pública municipal que xestione e preste o servizo, na mesma liña de outras cidades. “É claro que o actual modelo de concesión privada é un pésimo negocio para a cidade pero unha fonte de grande lucro para a empresa”, subliñou Igrexas.

Zonas de Baixas Emisións, sen multas nin restricións

Nesta revolución da mobilidade, a fronte nacionalista defende unha alternativa integral de Zonas de Baixas Emisións (ZBE) sen as restricións e multas que quere impor o Goberno de Abel Caballero cunha “moi mala copia de Madrid Central”. O Bloque aposta  así por converter toda a cidade nunha ZBE fronte ao modelo de Caballero de crear 4 perímetros nos que se vai prohibir o acceso con vehículos que non sexan híbridos ou eléctricos, sancionando con multas a quen incumpra esta restrición. O obxectivo da proposta nacionalista é reducir con carácter xeral o uso do coche no conxunto da urbe, dando alternativas que pasen pola mellora do transporte público, a promoción do tránsito peonil, en bicicleta e vehículos de mobilidade persoal, creando aparcamentos disuasorios e con máis espazos para o tránsito peonil, na liña de actuacións exitosas como as despregadas na cidade de Pontevedra.

Campaña social e de contacto directo

Pola súa banda, a responsábel local do BNG de Vigo e deputada no Parlamento galego, Carmela González, presentou as accións desta campaña que, como mínimo, se vai estender até o mes de xullo. “O BNG acreditamos en que as transformacións non son posibles sen contar coa participación da veciñanza”, afirmou, avanzando unha campaña social, de axitación e rúa, e con contacto directo para escoitar e recoller as necesidades e propostas concretas da propia veciñanza e dos colectivos sociais.

González asegurou que, nesa campaña de contacto directo, o BNG iniciará nos vindeiros días e semanas unha rolda de xuntanzas con diferentes asociacións e entidades do ámbito veciñal, do movemento ecoloxista, organizacións sindicais, e outros colectivos sociais comprometidos cunha mobilidade alternativa, como ciclistas e usuarias de vehículos de mobilidade persoal. No mesma liña, realizará un percorrido de encontros abertos nos barrios e parroquias.

A alternativa do BNG pode consultarse a través da súa páxina web (vigo.bng.gal) e tamén terá presenza nas rúas e nos fogares da cidade, coa edición de case 50 mil exemplares dun boletín municipal que terá nesta campaña o seu contido principal, e que será complementado cunha ampla tiraxe de folletos explicativos, con carpas informativas e con cartelería de gran tamaño. 

La sección de Padel del Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo asciende a primera división de la Liga Gallega de Clubs

0

La sección de Padel del Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo está de enhorabuena, el pasado fin de semana se materializó el ascenso de su equipo femenino a la primera división de la Liga Gallega de Clubs para la temporada 2025.

El CCD Sanxenxo StarVie Inffinit logró una difícil victoria en las pistas de Real Club Náutico de Vigo por un resultado de dos a tres. Con este resultado el equipo capitaneado por Cris Amado logró matemáticamente un merecido ascenso a la máxima categoría del padel regional a pesar de que todavía falta una jornada para concluir la liga.

Luis López anuncia +Talento Motor: un programa pioneiro que formará a 30 entusiastas do motor e reforzará a aposta da Deputación polo automobilismo da provincia

0

“Este goberno está centrado co deporte co obxectivo de que ningún club, deportista ou disciplina quede atrás”, sostén a vicepresidenta Luisa Sánchez

O presidente provincial anima os amantes do motor a inscribirse nunha xornada da que sairá o piloto que conducirá o coche patrocinado pola Deputación de Pontevedra nos cinco rallys que compoñen o Campionato Galego de Rallys

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, reafirmou a aposta do executivo provincial polo deporte coa presentación dunha iniciativa pioneira relacionada co automobilismo: o +Talento Motor. Trátase dunha “academia” para formar a trinta novos pilotos da que sairá un gañador que participará cun coche patrocinado pola Deputación de Pontevedra nos cinco rallys que compoñen o campionato galego. “Unha nova mostra do compromiso da Deputación por tender pontes co tecido deportivo, por darlle visibilidade e apoio aos nosos deportistas e polo deporte como complemento ideal do noso destino turístico Rías baixas”, afirmou o presidente.

Acompañado pola vicepresidenta a responsable da área de Deportes, Luisa Sánchez, o titular do goberno provincial explicou que este novidoso proxecto ten o obxectivo de promocionar a modalidade dos rallys entre os pilotos máis novos da provincia de Pontevedra para que poidan competir nos campionatos galegos desta disciplina. A actividade consiste nunha xornada de formación práctica e teórica que terá lugar o día 26 de maio no circuíto de Forcarei. Alí os participantes participarán nun proceso de selección en formato de eliminatorias do que sairá un gañador, que recibirá un premio baseado nun curso de competición, a inscrición nos cinco rallys que compoñen o campionato galego e a cobertura dos gastos. O prazo de inscrición ábrese este martes e os interesados terán ata o 23 de maio para enviar a súa solicitude. Aínda que o número de prazas é de 30 participantes, o presidente da Deputación confirmou que non quedará ningún piloto fóra, polo que se é necesario ampliarase o número de prazas.

Os requisitos para participar pasan por ter entre 18 e 24 anos, estar empadroado na provincia de Pontevedra e non ter competido en máis de dúas probas autonómicas que requiran estar en posesión dunha licenza federativa. “É unha iniciativa para axudar aos deportistas máis novos da provincia a progresar”, resumiu Luis López a razón de ser deste programa que se organiza por primeira vez a Deputación de Pontevedra en colaboración coa Federación Galega de Automobilismo e a escudaría AMF Motorsport.

“O goberno da Deputación de Pontevedra está centrado co deporte co obxectivo de que ningún club deportista ou disciplina quede atrás. Queremos converter á provincia de Pontevedra no gran escenario das mellores competicións deportivas e para acadar esta meta precisamos un sector que demostre a súa calidade en todos os ámbitos: no talento dos seus deportistas, no compromiso coas directivas dos clubs e no bo estado das infraestruturas. E para iso é tan necesario o talento técnico e deportivo como a axuda das institucións públicas”, afirmou a vicepresidenta Luisa Sánchez. Rematou o presidente da Deputación a presentación deste pioneiro programa +Talento Motor agradecendo a colaboración da federación e da escudaría e animando ás promesas do automobilismo da provincia a participar nesta iniciativa. “Agardo que a convocatoria sexa un éxito e que do circuíto de Forcarei saian grandes deportistas porque, cando se trata de apoiar o deporte de base, os resultados son o de menos”, concluíu Luis López.

A Deputación avanza co Concello de Baiona na ampliación do alcance da recollida de biorresiduos

0

Trala posta en marcha dun proxecto piloto de compostaxe no Centro de Día de Baiona, a institución provincial e o Goberno local seguen a traballar para fomentar un cambio positivo na xestión de residuos

Tras poñer en marcha un novo proxecto piloto de compostaxe no Centro de Día de Baiona, co obxectivo de promover prácticas sostibles e fomentar a participación comunitaria, a Deputación de Pontevedra a través do seu Servizo de Inspección, Vixilancia e control de residuos (SEVIC) avanza xunto co concello na ampliación do alcance da recollida de biorresiduos. Neste eido, a institución provincial e o Goberno local están a traballar cos produtores e coa cidadanía de Baiona para incorporalos nesta recollida e fomentar un cambio positivo na xestión de residuos.

En pouco máis dun mes desde a introdución do contedor marrón para biorresiduos comerciais en Baiona, recolléronse algo máis de 6.000 quilos de residuos orgánicos, o que representa aproximadamente a produción de 450 persoas. A participación e colaboración dos produtores locais foi clave para alcanzar este volume de residuos e amosa tanto a responsabilidade ambiental do tecido comercial de Baiona como a vontade de adoptar prácticas que beneficien ao conxunto da sociedade a ao medio ambiente. Neste eido, o Concello de Baiona está a repartir composteiros gratuítos para a veciñanza da vila, para que poidan realizar un fertilizante natural con excelentes propiedades para o chan, polo seu aporte de nutrientes e a súa capacidade de preservalo de pragas e enfermidades. Ao reciclar a materia orgánica nas vivendas particulares, que supón o 37% da composición media unha bolsa de lixo tipo de Galicia, evítase o depósito nos contedores verdes convencionais, propiciando así unha diminución da frecuencia da recollida e transporte de lixo por parte dos servizos municipais e, polo tanto, das emisións de CO2.

Interceptan en Poio a un conductor de un coche de alta con un dispositivo de última generación para detectar radares

0

La identificación se produjo en el marco de un dispositivo de control de velocidad establecido en el marco de la campaña de la DGT, específica de vigilancia de colectivos vulnerables

La Guardia Civil ha informado de que el pasado lunes 6 de mayo, en la PO-531, a la altura de Poio, una patrulla del destacamento de tráfico de Vilaboa sorprendió al conductor de un turismo de alta gama que llevaba un dispositivo de detección de radar de última generación.

Contra el conductor, vecino de Vilaboa y de 30 años, se formuló una denuncia administrativa por infracción grave de la ley de seguridad vial, así como una detracción de tres puntos del permiso de conducir. El vehículo quedó inmovilizado hasta su traslado a un taller oficial con el fin de desinstalar el aparato.

La identificación se produjo en el marco de un dispositivo de control de velocidad establecido en el marco de la campaña de la DGT, específica de vigilancia de colectivos vulnerables, siendo la velocidad como uno de los factores de riesgo clave en la siniestralidad vial, que se está desarrollando entre los días 6 y 12 de mayo.

El Subsector de Tráfico de la Guardia Civil de Pontevedra recuerda que está prohibido tanto el uso como llevar instalados dispositivos de detección o inhibidores de radar.

Pierde la vida en Lalín tras desplomarse mientras andaba en bicicleta

0

Desde el 112 Galicia se solicitó la intervención del Servicio de Urgencias Sanitarias de Galicia-061, los cuales solo pudieron confirmar el fallecimiento de la persona

 Un clicista de 64 años perdió la vida este domingo en Lalín tras desplomarse cuando circulaba.

La fuerzas del orden tratan de esclarecer las circunstancias que rodean al suceso.

Daban las 18.40 horas de la tarde cuando el 112 Galicia recibía el aviso por parte de un particular de un ciclista que precisaba asistencia sanitaria urgente puesto que estaba inconsciente en el suelo. El suceso se produjo en la EP-6004, entre el kilómetro 4 y 5, en Gresande, Lalín.

Desde el 112 Galicia se solicitó la intervención del Servicio de Urgencias Sanitarias de Galicia-061, los cuales solo pudieron confirmar el fallecimiento de la persona.

A mayores, los gestores del 112 Galicia también informaron a los Bomberos de Silleda, al GES de Lalín, a los agentes de la Guardia Civil y de la Policía Local y a los efectivos de Protección Civil.