Vigo acolle esta fin de semana a Final da Liga Galega de Roller Derby

Roller Derby Vigo – Sereas Bravas organiza o derradeiro partido da volta á normalidade deste deporte en contacto con patíns

Este sábado Vigo convértese na capital galega do Roller Derby. O Pavillón Polideportivo de Candeán acollerá a Final da Liga Galega de Roller Derby que volveu este ano logo do parón da pandemia. Os partidos disputaranse ás 16.30 e ás 18.30 horas.

La delegada de la Xunta de Galicia en Vigo visita el Hogar y Clínica San Rafael

0

Marta Fernández-Tapias se ha reunido con el nuevo director gerente y el comité de dirección para conocer la actualidad de la entidad y sus necesidades de cara al futuro

Tras la reunión, la delegada ha realizado una breve visita por el Centro en la cual pudo comprobar las últimas reformas realizadas en el centro y charlar con algunos de los usuarios

La delegada territorial de la Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, se ha reunido esta mañana con Diego Viñas, director gerente de HC San Rafael, y con los miembros del comité de dirección de la entidad para conocer de primera mano la actualidad de la entidad y preocuparse por sus necesidades de cara al futuro.

Tras el encuentro, realizaron una visita a las instalaciones del Centro en la cual la delegada pudo comprobar las últimas reformas realizadas en el centro y charlar con algunos de los usuarios.

HC San Rafael

El Hogar Clínica San Rafael de Vigo es el único centro en Galicia de la Orden de los Hermanos de San Juan de Dios. Se trata de un centro de atención a personas con discapacidad intelectual y de rehabilitación, que tiene carácter asistencial, de confesionalidad católica, promovido para la prestación de un servicio público con gestión privada, sin ánimo de lucro. La entidad ofrece servicios de rehabilitación, Educación Especial y talleres ocupacionales. Además, cuenta con una residencia de 102 plazas para internos y organiza un elevado número de actividades complementarias que aportan a las personas con discapacidad intelectual la formación necesaria para conseguir su integración social y laboral de acuerdo con criterios de normalización.

Vigo celebra a IV Andaina contra o cancro infantil este domingo 19 de xuño

0

A camiñada solidaria recadará fondos para Bicos de Papel e para a Asociación de nenos oncolóxicos de Galicia

O alcalde animou á cidadanía a sumarse ao evento, que sae o domingo, ás 11 horas da mañá, dende a Praza do Rei coa meta no Parque de Castrelos onde haberá festa e agasallos

Abel Caballero presentou en rolda de prensa a IV Andaina solidaria contra o cancro infantil, que se celebra este domingo, 19 de xuño, na cidade organizada pola Central Radio Taxi Vigo. “Convido a todo Vigo a que participe na mobilización dunha acción tan importante para unha causa tan nobre como é o apoio aos nenos con cancro e ás súas familias”.

A andaina sae ás 11:00 horas da mañá desde a Praza do Concello ata o Parque de Castrelos pasando por Cachamuíña, Falperra, Pi y Margall, López Mora, Praza América, Avenida Castrelos e final no Parque.

Emilio Mosquera, presidente da Central Radio Taxi Vigo, que organizan a camiñada, explicou na presentación que se trata dun “acto solidario e bonito, no que haberá moitos agasallos para os nenos” e que finalizará con baile en Castrelos.

A andaina está pensada para toda a familia co fin de recadar fondos para o cancro infantil, que se destinarán a dúas entidades: a Asociación de Axuda a nenos oncolóxicos de Galicia (ASANOG) e a Asociación Bicos de Papel. A inscrición custa 5 euros e pode realizarse na Cooperativa de Taxis (Avda Atlántida, 16) ou no departamento de Deportes de El Corte Inglés, planta 5, onde tamén poderán recollerse as camisetas o sábado de 11 a 14 h e de 16 a 20 horas. O domingo estarán dispoñibles para coller na Lonxa do Concello.

Á rolda de prensa asistiron tamén Gonzalo Autran e Lucía Fernández, de ASANOG (Asociación de nenos oncolóxicos de Galicia); Mila Martínez e Natalia Diestes, presidenta e directora, respectivamente, de Bicos de Papel; e Lourdes Pedrido, representante de El Corte Inglés.

O Concello garante o “coidado” arqueolóxico ante os novos restos atopados en Carral

0

O achado podería corresponderse coa base da antiga muralla da cidade, segundo explicou Caballero este mércores, quen avanzou que os arqueólogos municipais e autonómicos analizarán os vestixios e ditaminarán como proceder

“Para nós, os xacementos arqueolóxicos son un ben de primeira magnitude, están por diante de todo”, subliñou Caballero

As obras de peonalización da Porta do Sol continúan desenterrando pezas do pasado da cidade. Desta volta, os restos descubertos na rúa Carral, baixo o acceso do antigo aparcamento soterrado, “poderían corresponderse coa base da muralla da cidade”, segundo avanzou este mércores Abel Caballero en rolda de prensa.

O primeiro edil vigués explicou que, tan pronto apareceron, os arqueólogos dirixiron o proceso que pretende agora determinar o seu grao de conservación e en que medida afecta á obra. Caballero recordou que, antes do comezo dos traballos na Porta do Sol, se realizaron ata tres intervencións arqueolóxicas, de acordo cos técnicos, nas que non se atopou nada.

A execución das obras fixo aflorar vestixios nas partes alta e baixa da praza e agora tamén na unión con Carral, o que “pon de releve que estamos a facer toda a escavación con coidado extremo”, en verbas de Caballero, quen asegurou que no Concello “somos os primeiros interesados no patrimonio arqueolóxico de Vigo”.

A partir de agora os arqueólogos dirán como proceder para analizar os novos restos atopados, o seu estado de conservación e “a forma na que continuará a obra”, indicou Caballero. Farase a escavación arqueolóxica e “seguiremos todo o que digan os arqueólogos”, sinalou: “Para nós, os xacementos arqueolóxicos son un ben de primeira magnitude, están por diante de todo”.

Abel Caballero defende ter completado o deseño arquitectónico orixinal da capela da Guía

0

Este mércores se celebra o acto de inauguración do cristo que coroa a ermida, escultura que finaliza unha obra inconclusa de Gómez Román, para o alcalde, “un dos tres mellores arquitectos da historia de Galicia”

Ademais, Caballero puxo en valor a súa traxectoria política como galeguista e “loitador pola democracia”

“Con esta obra completamos o deseño de Gómez Román para a ermida da Guía”, sinalou Caballero, que data de 1951 e quedou sen finalizar ao non terse instalado o cristo sobre a torre. En virtude do convenio asinado entre a diócese, o Concello e a Deputación, a Escola provincial de Canteiros construíu a figura que xa coroa a capela, de seis metros de alto e seis toneladas de peso, “seguindo o deseño orixinal” do arquitecto vigués.

Recordou Caballero que a Deputación de Pontevedra doou a imaxe de balde e a súa colocación sobre a torre foi custeada polos gobernos local e provincial por un importe de 84.000 euros. Así, “culminamos unha obra inconclusa de Gómez Román”. “Hai quen quere insultalo”, asegurou Caballero sobre a figura do vigués. Estes, engadiu o alcalde, “están instalados na ignorancia ou na batalla política”.

O alcalde defendeu a actuación pública sobre a igrexa da Guía. Argumentou que Manuel Gómez Román “é un arquitecto, na miña opinión, entre os tres mellores da historia de Galicia, con centos de obras en Galicia e en Vigo”. Na cidade, é responsable do edificio de Correos, da Panificadora, do edificio Simeón, o Mülder, o Moderno, o banco Pastor, o hospital Nicolás Peña e do monumento a Concepción Areal que se atopa no cemiterio de Pereiró.

Abel Caballero tamén louvou a súa traxectoria política como “loitador pola democracia”. Gómez Román era concelleiro en Vigo durante o golpe de estado do 36, foi candidato á Alcaldía polo Frente Popular e chegou a ser secretario xeral do Partido Galeguista. O vigués tamén ocupou a vicepresidencia da Fundación Penzol e da editorial Galaxia e impulsou, xunto a Fernández del Riego e Ferro Couselo, promotor do Día das Letras Galegas.

Abel Caballero dá a benvida ao novo Hotel Attica 21 en Samil

0

O sector hoteleiro suma 157 habitacións na cidade nun momento que “Vigo está a converterse nun destino turístico dos máis importantes de España e Europa”, manifestou o alcalde na inauguración

Abel Caballero acudiu á inauguración do Hotel Attica 21 en Samil para apoiar ao grupo construtor do novo edificio “pola súa profesionalidade á hora de construír en harmonía coa paisaxe” e aos novos traballadores e traballadoras do complexo hoteleiro “pola súa ilusión no proxecto”.

Para o alcalde a actuación “facía falta” e cualificou a zona de Samil como a “xoia da coroa” que agora conta con 157 habitacións “nun hotel extraordinario, viable arquitectonicamente e cun nivel altísimo de calidade”.

Caballero expuxo na presentación que “Vigo está a converterse nun destino turístico dos máis importantes de España e Europa”: “Emerxemos como unha gran potencia. Estamos en cheos totais e somos un destino dos máis buscados nas redes para fines de semana, e non falemos do Nadal, con dous meses de gran actividade no sector hoteleiro e hostaleiro”, declarou ante os asistentes ao acto.

Tamén manifestou a importancia de que o hotel sexa concibido como espazo para congresistas: “Ides na dinámica do que sucede en Vigo. Agora temos grandes congresos nacionais que enchen as prazas hoteleiras da cidade”, explicou.

“Temos tanta ilusión como vós. Este proxecto é compartido por toda a cidade”, concluíu na súa intervención.

Marea de Vigo esixe que se blinde no novo PXOM o uso industrial para os terreos que xa figuran actualmente con ese uso

0

Marea de Vigo leva anos denunciando que dentro das normas que rexen o planeamento urbanismo vigués hai unha “pulsion permanente por recualificar terreos industriais para usos terciarios ou residenciais” afirma Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal

Hoxe coñeceuse que de xeito definitivo o grupo empresarial propietario de conservas ALBO trasladará a súa produción fóra de Vigo e a nave industrial que hoxe en día está en Jacinto Benavente incorporarase a un proceso de reordenación urbanística nunha fórmula permitida polo novo PXOM na que o 75% poderá adicarse a uso residencial e o 25% restante a uso terciario; “operacións especulativas que van perxudicar gravemente ao cadro de persoal da conserveira, traballadores e traballadoras que levan moitos anos traballando na nosa cidade – sinala Rubén Pérez – tal e como ademais advertiron as centrais sindicais”.

No seu día, cando se estaba configurando o novo PXOM, Marea de Vigo xa pedira que se reservara o solo industrial para tal fin, “e, en todo caso para actividades empresariais que xeren valor engadido – matiza o voceiro -, dende logo non podemos reconverter todo o espazo industrial da cidade en uso residencial altamente especulativo”. Ademais, segundo lembra o voceiro, o propio Plan Xeral “recoñece que se debe empregar o terreo industrial actualmente ocioso en novos usos de carácter industrial, non tendo a necesidade de facer máis polígonos mentres poidamos recuperar pezas como o da antiga Álvarez ou moitos dos espazos que están en Beiramar”.

Marea de Vigo seguirá esixindo que no novo PXOM se blinden os usos industriais dos terreos industriais limitando os usos residencial a ámbitos moi concretos.

Fernández-Tapias lamenta la confirmación de la pérdida de la sede del IEO para Vigo y reclama la cesión a Galicia de las competencias

0

La delegada territorial de la Xunta en Vigo califica como “una falta de respeto la” discriminación por parte del Gobierno central hacia la labor investigadora en Galicia

La delegada territorial de la Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, lamentó este miércoles a confirmación por parte del Gobierno central de la pérdida de la sede del Instituto Español de Oceanografía (IEO) para la ciudad. A través de una respuesta parlamentaria, el Ministerio de Ciencia e Innovación confirmó que el organismo estatal seguirá centralizado en Madrid y tendrá dos sedes permanentes en Santander y Mazarrón para las áreas de investigación.

“Estamos cansados de los bandazos, de los cambios de criterio constantes y de la improvisación con la que el Gobierno central gestiona el Instituto Español de Oceanografía, un organismo fundamental para Galicia y que está en una situación económica dramática a pesar de su integración en el Consejo Superior de Investigaciones Científicas”, señaló la representante autonómica.

Fernández-Tapias ya había advertido el pasado mes de mayo de la “decepcionante” visita a Vigo de la ministra de Ciencia e Innovación, Diana Morant, cuando anunció que la ciudad sería sede de la mesa permanente de la pesca. “Parecía entonces una maniobra para despistarnos y ahora queda confirmado, estamos ante continuas faltas de respeto a Galicia con el consentimiento del alcalde, que prometió como tantas otras veces mediar con el Gobierno y acaba con el mismo resultado nefasto”, añadió.

Además, la delegada defendió que Galicia debería acoger la sede central del IEO en caso de que se descentralice y que, si el Gobierno “no se siente capacitado para mantenerlo y gestionarlo bien, lo ceda a Galicia previo saneamiento para poder potenciarlo”. Así lo demandó recientemente el Parlamento gallego en una declaración institucional.

“Llevamos más de dos años defendiendo la necesidad de recuperar el potencial del IEO y exigiendo su saneamiento económico, para lo cual ya dijimos que esta integración no era la solución. El reparto de sedes iniciado por el Gobierno central, que ahora rectifica parcialmente, es un disparate, basado en criterios nada serios y arbitrarios como el lugar de residencia de los jefes de cada área”, añadió.

Recordó también otros asuntos de la mayor importancia para Vigo en los que el Gobierno desatiende a la ciudad. “El Perte de Stellantis, el alta Tensión, el Salida Sur… la lista es interminable, la secuencia siempre es a misma y el final también es conocido. El alcalde tan sólo se dedica a declaraciones altisonantes en busca de titular que unos días después se convierten en un desastre anunciado”, concluyó.

Vigo suma dos nuevas víctimas de la pandemia, una de ellas un hombre de 41 años con patologías previas

0

Sanidade notifica también en el área viguesa el fallecimiento de una mujer de 76 años el pasado 11 de junio

El área sanitaria de Vigo suma hoy dos nuevos fallecidos tras ser diagnosticados de Covid, cifra que eleva el total de víctimas de la pandemia la comarca hasta las 691.

Uno de los decesos, registrada el pasado 5 de junio, se corresponde con un varón de 41 años que presentaba patologías previas. La otra muerte, notificada el 11 de junio, es de una mujer de 76 años.

De este modo, el área viguesa suma cinco fallecidos con Covid en lo que llevamos de semana.

Estos fallecimientos son los únicos informados hoy en el conjunto de la Comunidad, lo que implica que desde el inicio de esta pandemia 3.546 personas han fallecido en Galicia por Covid.

El área de Vigo supera de nuevo los 2.000 contagios activos tras otro incremento de 73

0

Durante las últimas 24 horas se realizaron 703 pruebas diagnósticas que arrojaron 238 positivos (33%), se contabilizaron 165 curaciones y hubo que lamentar dos víctimas mortales

La presión asistencial sube ligeramente en UCI, con cuatro ingresados (+1), y se reduce en planta, con 79 contagiados (-4)

La incidencia acumulada a siete días en Vigo se estabiliza en los 250 casos por cada 100.000 habitante, los mismos que en la víspera

El área sanitaria de Vigo supera hoy de nuevo los 2.000 casos activos tras incrementar durante las últimas 24 horas en 73 el total de pacientes en observación.

Un dato que se alcanza después de que ayer se realizasen 703 pruebas diagnósticas que arrojaron 238 positivos (33%), se contabilizasen 165 curaciones y hubiese que lamentar dos víctimas mortales.

Por su parte, la presión asistencial sube ligeramente en las UCI, que atienden cuatro casos (+1), y mejora en planta, con 79 hospitalizados (-4). Asimismo, la incidencia acumulada a siete días en Vigo se estabiliza en los 250 casos por cada 100.000 habitantes, 5 menos que al inicio del fin de semana.

Por su parte, Galicia registra hoy 366 casos activos más que ayer, lo que sitúa el total de contagios localizados en los 9.342.

De ellos 2.005 son del área de A Coruña, 967 de la de Lugo, 1.272 de la de Ourense, 1.057 de la de Pontevedra, 2.006 del área de Vigo, 1.544 de la de Santiago y 483 de la de Ferrol.

Del total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 409 en unidades de hospitalización y 8.918 en el domicilio. Por ahora, en Galicia hay un total de 616.148 personas curadas, registrándose 3.546 fallecimientos.