Vigo acolle esta fin de semana a Final da Liga Galega de Roller Derby

Roller Derby Vigo – Sereas Bravas organiza o derradeiro partido da volta á normalidade deste deporte en contacto con patíns

Este sábado Vigo convértese na capital galega do Roller Derby. O Pavillón Polideportivo de Candeán acollerá a Final da Liga Galega de Roller Derby que volveu este ano logo do parón da pandemia. Os partidos disputaranse ás 16.30 e ás 18.30 horas.