La Audiencia condena a tres años y medio de cárcel al extesorero de los comuneros de Cea por apropiarse de casi 400.000 euros

0

La sección cuarta de la Audiencia Provincial de Pontevedra ha condenado al extesorero de la Comunidad de Montes Veciñais en Man Común de San Pedro de Cea (Vilagarcía de Arousa) a tres años y medio de cárcel como autor de un delito continuado de apropiación indebida, en concurso con un delito continuado de falsedad documental en documento mercantil. El tribunal, que tuvo en cuenta la circunstancia atenuante de dilaciones indebidas, también le ha impuesto el pago de una indemnización a la entidad afectada de 384.899 euros.

El tribunal relata en la sentencia que el condenado ejerció, desde 1991 hasta el 16 de enero de 2015, como tesorero de la Comunidad de Montes Veciñais en Man Común de San Pedro de Cea, por lo que se encargaba de gestión del dinero. La Sala considera probado que entre 2005 y 2014, actuando como tesorero y con ánimo de obtener un ilícito beneficio, cobró los cheques y pagarés al portador emitidos por la Comunidad de Montes, pese a que los cheques tenían que ser firmados tanto por el presidente de la Comunidad como por el tesorero. Sin embargo, según la sentencia, el investigado los cubría íntegramente, los cobraba y se quedaba con el dinero, sin destinarlo a los gastos de la Comunidad de Montes, apoderándose, de esta forma, de 384.899 euros.

Los magistrados también consideran probado que el 5 de junio de 2012, con ánimo de obtener ilícito beneficio, transfirió 4.000 euros desde una de las cuentas de la Comunidad que gestionaba en calidad de tesorero a la cuenta de su esposa. Esa cantidad fue devuelta a la Comunidad cuando los hechos fueron descubiertos. Como consecuencia de todo ello, según el fallo, la Comunidad de Montes Veciñais en Man Común de San Pedro de Cea (Vilagarcía de Arousa) se quedó sin fondos en las cuentas bancarias para hacer frente a los pagos debidos, a los que pudo hacer frente posteriormente de forma aplazada. La sentencia no es firme, pues contra ella cabe presentar recurso ante el TSXG.

Luis López destaca a excelencia formativa da Universidade de Vigo e reafirma o apoio da Deputación de Pontevedra no primeiro encontro institucional co reitor Manuel Reigosa

0

O presidente provincial visitou o campus de Vigo acompañado pola vicepresidenta primeira, Marta Fernández-Tapias, para coñecer os proxectos que a UVigo ten en marcha e ratificar a vontade colaboradora do goberno da Deputación

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, realizou este mércores a súa primeira visita institucional á Universidade de Vigo para manter unha reunión de traballo co reitor Manuel Reigosa. Un encontro no que tamén participou a vicepresidenta primeira, Marta Fernández-Tapias, e que serviu para coñecer de primeira man as instalacións e os proxectos formativos e de investigación que se están levando a cabo no campus de Vigo, así como para tratar vías de colaboración entre as dúas institucións. “A provincia de Pontevedra non se entende sen a Universidade de Vigo e as vías de colaboración van continuar porque ese é o noso espírito”, adiantou o mandatario provincial ao remate da reunión.

Coa presenza das vicerreitoras de Investigación e do Campus de Pontevedra, Belén Rubio e Eva Lantarón; a entrevista serviu para afondar en asuntos relacionados coa actualidade e plans de futuro que ocupan a ambas as institucións. Neste sentido, ambos os dirixentes falaron tamén da situación da Escola de Enfermería, que pertence á Deputación pero está plenamente integrada na Universidade. Unha escola que o próximo ano verá incrementado o seu orzamento ata o medio millón de euros, un 5,6 % máis que o ano anterior.

“Son moitos os programas e convenios que había e que vai haber”, resumiu Luis López ratificando a intención do Goberno provincial para seguir colaborando coa Universidade de Vigo en ámbitos como o Medio Ambiente, o Deporte ou a Igualdade, entre outros.    “A colaboración vai ser clave para facer unha provincia máis competitiva e na que os mozos e mozas teñan futuro”, rematou o presidente da Deputación de Pontevedra antes de iniciar un percorrido polos laboratorios do CACTI e CINBIO acompañado polos dirixentes da Universidade e os responsables destes centros de investigación para coñecer os proxectos que teñen en marcha.

A sede da Deputación en Vigo acolle este xoves o primeiro dos coloquios de A Movida Literaria, centrado na novela negra e social

0

Participarán Inma López Silva, Francisco Castro, María Xosé Porteiro, Pedro Feijoo e Rexina Vega, e terá lugar ás 19.30 horas sendo a entrada de balde

Arranca a oferta cultural que a vicepresidenta primeira e delegada da área de Cultura da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, ten deseñado para a sede viguesa en colaboración con colectivos culturais da provincia. A primeira das iniciativas, un coloquio centrado na novela negra e social enmarcado no ciclo “A Movida literaria”, terá lugar este xoves, 16 de novembro, ás 19.30 con entrada de balde e contará coa participación de escritores como Inma López Silva, Francisco Castro, María Xosé Porteiro, Pedro Feijoo e Rexina Vega.

O ciclo “A Movida literaria” abrangue dous coloquios sobre literatura viguesa que serven ademais para celebrar os cinco anos do medio cultural de referencia de Vigo: A Movida. Amais deste primeiro coloquio sobre novela negra, terá lugar outro, o mércores 29 de novembro, tamén ás 19:30 horas e con entrada de balde, centrado na literatura infantil e xuvenil en Galicia. Neste caso o coloquio estará protagonizado por escritores como Marcos Calveiro, Ledicia Costas, María Reimóndez e Manuel Esteban.

“O noso obxectivo –asegurou a vicepresidenta Marta Fernández-Tapias na presentación das propostas culturais da Deputación na súa sede de Vigo- é recuperar o papel da cidade como referente cultural”. Neste eido, Fernández-Tapias amosou o compromiso do Goberno provincial de exercer de catalizador dunha cidade que, “sendo berce da Movida dos anos 80, ten pendente recuperar a súa posición de liderado á fronte da vangarda cultural de España e facer valer a súa calidade artística e de dominio cultural”.

Ademais de “A Movida literaria”, a Deputación de Pontevedra ten previstas outras dúas iniciativas a desenvolver na sede de Vigo ata finais de ano: “Ultraluz”, unha experiencia artística que dá vida á obra de Ledicia Costas, e unha combinación de literatura, poesía e música da man de Culturgal.  A primeira delas terá lugar na sede de Vigo da Deputación o 19 de decembro, ás 20:00 horas, e terá réplica en Pontevedra, o día 20 de decembro no Museo Provincial.  Pola súa banda a proposta da man de Culturgal terá lugar na sede de Eduardo Chao os días 23 e 24 de novembro en tres sesións ás 6,7 e 8 da tarde, na que participarán catro Premios Xerais, así como figuras como Alba Garrido, Iria Morgade, Iolanda Zúñiga, Velpister, Catuxa, María Lado e Leilía que se encargará do peche deste Culturgal estendido con motivo da súa xira de despedida “Anque me vou non me vou”.

A Área Sanitaria de Vigo incorpora a máis dun cento de profesionais de enfermaría con praza en propiedade

0

O Sergas convértese no primeiro servizo sanitario en resolver o proceso selectivo de estabilización por concurso de méritos na categoría de enfermeira

Máis dun cento de profesionais de enfermaría  estanse incorporando hoxe ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo como persoal estatutario fixo, con praza en propiedade. Así, as profesionais nomeadas tomaron  posesión hoxe das súas prazas nos hospitais do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

O Servizo Galego de Saúde vén de converterse no primeiro servizo sanitario do Sistema Nacional de Saúde que resolve o proceso de estabilización da categoría de enfermería, por concurso de méritos.

Isto supón a incorporación de 115 enfermeiras/os aos hospitais do Chuvi, con condición de persoal estatutario fixo, reducindo así o número de persoal temporal, e dotando de maior estabilidade ao cadro de persoal da Área Sanitaria de Vigo.

Resolución no DOG

O Diario Oficial de Galicia (DOG), publicou na súa edición de onte, a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo ás/aos aspirantes seleccionadas/os no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, na categoría de enfermeira/o.

Neste proceso, participaron máis de 2.000 profesionais para o acceso -sen exame- a 459 prazas. Así, a baremación dos méritos de todos aspirantes, e a resolución do mesmo realizouse en menos de nove meses, tendo en conta a data ata a que se podía inscribir no proceso grazas ao expediente electrónico profesional (FIDES) que permite unha baremación automatizada trala validación dos méritos polos servizos de persoal das áreas.

Detenido un joven en Vigo tras romper el escaparate de una tienda de teléfonía móvil

0

Una vez en el lugar, localizaron al sospechoso y, al darle el alto, comprobaron que presentaba un corte sangrante en una mano

Agentes de la Policía Local de Vigo han detenido a un joven de 20 años como presunto autor de un delito de daños, tras haber fracturado supuestamente el escaparate de una tienda de telefonía móvil.

Según informan fuentes policiales, los hechos ocurrieron en la madrugada de este miércoles, cuando un testigo alertó de la presencia de un varón que había roto la cristalera de un establecimiento de telefonía móvil en la calle Martínez Garrido.

Una patrulla de Policía Local escuchó el aviso a través de la emisora y, dado que se encontraban cerca, se dirigieron a la zona. Una vez en el lugar, localizaron al sospechoso y, al darle el alto, comprobaron que presentaba un corte sangrante en una mano. Al preguntarle cómo se había hecho la lesión el chico reconoció que había roto el cristal de un escaparate, pero matizó que no había robado nada del interior de la tienda.

La Policía contactó con el responsable del establecimiento que, una vez personado en el lugar, confirmó que no echaba en falta nada del interior. Con todo, manifestó su intención de presentar denuncia por los daños.

La VII Urban Trail Night Eurocidade enseña sus cartas

0

Tras unos meses de incertidumbre, con muchas preguntas en las redes sociales, los participantes de la VII Urban Trail Night Eurocidade ya pueden saber los recorridos completos de este año

Como en cada edición hay novedades, destacando las nuevas rutas en el interior de las murallas de Valença o el paso por el “nuevo” puente colgante sobre el Río Tripes, ya en la parte tudense.

Sin embargo hay ciertos elementos que no pueden faltar, como son los de esa ya “mítica” ascensión por la ladera de la muralla valenciana, el paso por el centenario puente internacional o las enrevesadas callejuelas de la zona monumental de Tui.

Por otra parte, mediante una votación abierta, se ha elegido el diseño de la camiseta conmmorativa de esta séptima edición, que una vez más reinvidica el 25 N, Día Internacional de la Eliminación de la Violencia contra la Mujer.

La VII Urban Trail Night avanza hacia su día “D”, el  Sábado 25 de Noviembre, con salida a las 19.30 h. (horario Español), desde Valença y llegada a Tui.

Más información e inscripiones en www.urbantrailnight.com así como en las redes sociales.

Herida una persona tras ser atropellada en la Avenida de Madrid de Vigo

0

Los hechos tuvieron lugar sobre las 10.30 horas y fueron los propios servicios sanitarios los que alertaron del incidente al Centro Integrado de Atención ás Emerxencias

Una persona ha resultado herida en la mañana de este miércoles tras ser atropellada en la Avenida de Madrid de Vigo.

Según informan desde el 112 Galicia, los hechos tuvieron lugar sobre las 10.30 horas y fueron los propios servicios sanitarios los que alertaron del incidente al Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE). Una ambulancia se estaba desplazando hasta el número 210 de la Avenida de Madrid debido a que un vehículo había alcanzado a un peatón.

El accidente se puso en conocimiento también de los Bomberos de Vigo y de la Policía Local para prestar apoyo a los servicios médicos.

A Deputación entrega este venres os Premios Provinciais á Xuventude

0

A gala, á que asistirá o presidente Luis López, celebrarase no Salón de Plenos  do Pazo Provincial ás 19:00 horas. Estará conducida pola xornalista Patricia Bea e contará coa actuación musical da exgañadora do premio a mellor traballo musical Ainhoa Mosquera

A Deputación de Pontevedra celebra este venres ás 19:00 horas no Salón de Plenos do Pazo provincial a gala de entrega dos Premios Provinciais á Xuventude. Durante o evento daranse a coñecer os traballos gañadores nas nove categorías das que se compoñen e que supoñen un reparto de ata 36.000 euros entre as mellores iniciativas dos 77 traballos presentados. Ao evento acudirán o presidente da Deputación, Luis López, e mais o deputado de Xuventude, Jorge Cubela. Estará conducido pola xornalista Patricia Bea e contará coa actuación musical de Ainhoa Mosquera, antiga gañadora dos Premios Provinciais á Xuventude na categoría de traballo musical en 2021.

A través destes galardóns, a institución provincial busca estimular e promover a creatividade da mocidade da provincia no ámbito sociocultural, así como amosar o seu compromiso no eido da loita contra o cambio climático e a recuperación do medio ambiente. Puideron optar aos Premios Provinciais á Xuventude mozos de entre 16 e 35 anos e, no caso da categoría de Reacción polo Clima, centros educativos nos que participe alumnado de entre 12 e 18 anos.

En total presentáronse 77 traballos que foron avaliados por cadanseu xurado nas distintas categorías. Deles, 22 foron traballos literarios breves, 21 fotografías orixinais, 17 proxectos de investigación, 6 foron candidaturas á categoría de banda deseñada, 4 á de traballo musical, 3 traballos na de educación en valores; 2 propostas en deseño e moda e unha nas categorías de contido audiovisual e Reacción polo Clima, de denuncia do cambio climático.

As mozas e mozos gañadores, ademais da contía económica, recibirán uns galardóns de cerámica elaborados polos usuarios da Asociación Alba de Familiares e Amigos de Enfermos Psíquicos de Pontevedra. Esta entidade emprega as instalacións da Cidade Infantil Príncipe Felipe grazas á colaboración da Deputación co Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) para o desenvolvemento dun curso de olaría e cerámica.

O goberno da Deputación dará un impulso á Xuventude durante o mandato

A aposta pola Xuventude do mandato de Luis López materialízase coa creación dun novo servizo de Xuventude e Reto Demográfico, que contará no 2024 cun orzamento de 1,2 millóns de euros. Entre as iniciativas que liderará enmárcanse, ademais destes Premios da Xuventude, unha nova batería de axudas, dotadas de 230.000 euros, para o impulso de actividades xuvenís, investimentos relacionados coa mocidade, e para os centros educativos.

“A Rabia”, el último cortometraje de Alberto Díaz, candidato a los Premios Goya

0

El corto, basado en la historia real de la bisabuela del director, narra a través de los ojos de la protagonsita la crudeza de la vida en una aldea del interior de Galicia

“A Rabia” ha cosechado un gran éxito en los 57 festivales, nacionales e internacionales, en los que ha sido seleccionado y donde se ha alzado con el premio en 8 ocasiones. Tanto es así, que es uno de los proyectos candidatos al Premio Goya en la categoría de Mejor Cortometraje de Ficción. La cinta también está incluida en el catálogo de “Shorts from Galicia” de este año y ha estado nominada a los Premios Mestre Mateo.

Alberto Díaz, productor de cinco largometrajes y que ya prepara uno más como director, ha escrito junto a Ángela Andrada este cortometraje basado en la sobrecogedora historia real de la bisabuela del director en una aldea lucense a finales del siglo XIX. En él, nos presentan a Filomena, la protagonista de una vida teñida de pobreza y de una triste sombra de calamidad y tormento, cuyos terribles acontecimientos vividos durante su infancia marcarán el carácter de su existencia, aunque el destino siempre guarda una segunda oportunidad. 

El reparto está formado por actores y actrices gallegos tan reconocidos como Antonio Durán “Morris”, Xosé Antonio Touriñan, María Vázquez, Gemma do Carmo o Jorge Casas. Pero también por futuras promesas del cine como Zoe García, en el papel de Filomena, o Samuel Piñeiro, que interpreta al hermano de la protagonista.

El proyecto ha sido producido por Mordisco Films, Montreux Entertainment, Pasajes Invisibles, Zampano Producciones y la distribuidora Yaq Distribución. La banda sonora es obra de la compositora gallega Carme Rodríguez. El director, con su cuarto trabajo, busca una estética tremendamente cuidada en forma, sonido y música para tratar de llevarse el tan deseado Premio Goya. 

Sobre Alberto Díaz

Alberto Díaz López (Bóveda, 1984), co-guionista, director y productor de “A Rabia” ha disfrutado como artista en la residencia en la Real Academia de España en Roma para la creación de un ensayo documental de título “Lembranza”. Obtuvo una de las becas de la Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) para el cortometraje “Exhalación” y una de las ayudas de producción sobre proyecto del ICAA para “A Rabia”. El director se encuentra siempre situado en el triángulo de lo poético, lo sensorial y lo filosófico. 

Como director y productor suma 2000 selecciones y 350 premios. Ha sido productor de los largometrajes “Dos amigos”, “Invierno en Europa”, “The Book”, “A diente de perro” y “Welcome to ma Maison”. 

Volve á Praza de Abastos do Calvario o mercado de Nadal ‘Non todo o pescado está vendido’

0

Será de entrada libre o vindeiro 3 de decembro en horario de 11 a 20 horas

O mercado de Nadal ‘No todo el pescado está vendido’ está de volta na Praza de Abastos do Calvario. Un Mercado que volve a estar marcado pola carga artística dos expositores, onde se poderán ver a súas obras nos bancais das peixeiras. As disciplinas que destacan ese día, 3 de decembro, son: pintura, ilustración, textil, xoieria, serigrafia.

Este mercado acollerá a máis de 60 expositores galegos con moitas gañas de mostrar o seu traballo. Artistas que foron seleccionados entre mais de 200 propostas. Dende a organización agradecen a gran acollida, entre os diferentes artistas de toda Galicia, que ano tras ano, mostran o seu interese por participar no Mercado, quedando sen prazas o pouco de abrir a convocatoria.

Nesta edición haoi unha novidade, abriráse o 1º Andar do Mercado cun espazo adicado o Mercado Textil, e A cantina, da man de, Pasito a Pasito e Outro Conto. Unha oportunidade para apoiar e coñecer o traballo artesanal e individual destes artistas e adquirir obras únicas, inclusive agasallos de Nadal.

Durante todo o día, habera diferentes actuacións. O mercado será de entrada libre o vindeiro 3 de decembro en horario de 11 a 20 horas.