O BNG de Vigo reta a Abel Caballero a convocar o Debate sobre o Estado da Cidade fronte «o seu continuo monólogo»

0

A fronte nacionalista propón celebrar por primeira vez este Debate para contrastar as distintas alternativas políticas na cidade ante a “permanente devaluación” dos Plenos municipais por parte do alcalde, que se ausenta de maneira reiterada das sesións

Xabier P. Igrexas: “A veciñanza de Vigo ten dereito a coñecer as diferentes posicións das catro forzas políticas que conformamos a Corporación, porque o BNG si temos un proxecto de cidade con propostas concretas e cun afán construtivo”

O Bloque Nacionalista Galego reta ao alcalde de Vigo, Abel Caballero a convocar o Debate sobre o Estado da Cidade. A fronte nacionalista vén de anunciar o rexistro formal desta proposta ante a “permanente devaluación” dos Plenos municipais por parte do rexedor, que se ausenta de maneira reiterada das sesións aos poucos minutos de comezar, e para que a veciñanza da cidade teña oportunidade de contrastar as distintas alternativas políticas a un ano das vindeiras eleccións locais.

“É unha cuestión esencial porque en democracia o contraste é imprescindíbel”, afirmou en rolda de prensa o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, que subliñou que “as viguesas e os vigueses teñen dereito” a coñecer as diferentes posicións sobre a situación da cidade das catro forzas políticas que conforman a Corporación municipal. “Porque o BNG si que temos un proxecto de cidade sólido e solvente, construído sobre propostas concretas e cun afán construtivo”, apuntou.

O edil nacionalista pediu a Caballero que teña a “valentía” de convocar este Debate e abandone así o seu “cómodo refuxio no monólogo”. Igrexas cualificou de “falla de respecto á cidade” e dunha “mostra máis do talante autoritario” as continuas ausencias do alcalde no Pleno cando se debaten as mocións dos grupos da oposición. “Abel Caballero e o PSOE nunca quixeron debater co BNG nin con outras forzas políticas, nin no Concello nin nos debates organizados por medios de comunicación”, criticou.

Neste sentido, o concelleiro do Bloque lamentou que o Debate sobre o Estado da Cidade non se teña celebrado nunca en Vigo, malia estar contemplado no regulamento orgánico do Pleno e a diferenza doutras cidades galegas e do Estado onde xa é unha realidade normalizada. “Só cabe agardar que o Goberno municipal de Vigo teña o respecto democrático de acceder a este Debate para evidenciar a pluralidade que existe en Vigo pero que Abel Caballero non recoñece, porque confunde a súa lexítima maioría absoluta coa totalidade”, reclamou.

Debate público e con tempos equitativos

Igrexas chamou a un Debate sobre o Estado da cidade “real”, polo que solicitou que sexa convocado para facilitar a presenza do maior número de veciñas e veciños de Vigo e con tempos equitativos para todas as forzas políticas. Así, propuxo celebrar a sesión un sábado pola mañá ou a partir das 20 horas nos días laborábeis no Auditorio Municipal, de igual forma que o Pleno de constitución da Corporación. Ademais, pediu tempos de intervención de mínimo 10 minutos e con dúas quendas para permitir as réplicas. “Para que o Debate non sexa unha sucesión de monólogos e para que haxa contraste, para que as viguesas e os vigueses poidan comprobar as diferentes maneiras de entender a cidade e de dar resposta ás súas necesidades”, explicou o edil da fronte nacionalista.

O SERGAS súmase ao proxecto europeo para a prevención do suicidio

0

O Complexo Hospitalario Universitario de Vigo é un dos tres centros hospitalarios españois elixidos para desenvolver esta iniciativa coordinada polo CIBER de Saúde Mental (CIBERSAM)

O proxecto EAAD-Best é unha iniciativa financiada pola Unión Europea para detectar precozmente a depresión e mellorar o seu tratamento, así como para avanzar na prevención do suicidio

No marco deste Proxecto, o CIBERSAM difunde unha guía para xornalistas para informar sobre o suicidio de forma responsable

A depresión é a causa máis importante da conduta suicida. Cada ano ocorren ao redor de 800.000 suicidios consumados en todo o mundo, dos que un 90% teñen lugar no contexto dun trastorno psiquiátrico, principalmente a depresión.

Para detectar precozmente a depresión e mellorar o seu tratamento, así como para avanzar na prevención do suicidio, a Alianza Europea contra a Depresión (EAAD) puxo en marcha o Proxecto EAAD-Best, unha iniciativa coordinada en España polo CIBER de Saúde Mental (CIBERSAM) e  financiada pola Unión Europea, que agora bota a andar en tres Comunidades españolas: Andalucía, Comunidade Valenciana e Galicia.

O coordinador rexional, o xefe do servizo de Psiquiatría da Área de Vigo, José Manuel Olivares explica que “trátase de que os principais centros españois de excelencia en canto á investigación e a intervención en saúde mental unan as súas forzas para mellorar o tratamento da depresión e previr o suicidio, reducir o estigma, mellorar a educación en saúde mental e fomentar a procura de axuda por parte das persoas afectadas”.

Accións en catro niveis

A intervención que levará a cabo nestas comunidades autónomas inclúe diversas actividades destinadas a mellorar a atención da depresión e a prevención do suicidio, realizando accións específicas en catro niveles.

O primeiro céntrase na formación para médicos de atención primaria e profesionais da saúde mental sobre como recoñecer e tratar a depresión e explorar as tendencias suicidas no ámbito da atención primaria.

O segundo aspecto inclúe campañas de concienciación sobre a depresión para o público xeral, co obxectivo de mellorar o coñecemento acerca dos tratamentos adecuados para a depresión, diminuír as actitudes de estigmatización cara á depresión e estimular o comportamento de procura de axuda.

En terceiro lugar, contémplase a formación para profesionais e facilitadores comunitarios (por exemplo, farmacéuticos, profesores, sacerdotes, policías ou xornalistas), co obxectivo de aumentar os seus coñecementos sobre os trastornos depresivos e poder proporcionar axuda en caso de detectar risco de suicidio.

E, ademais, prevese unha cuarta liña de acción centrada en actividades de apoio a pacientes, familiares e grupos de alto risco para garantir o acceso directo á atención da depresión e á axuda profesional nunha crise suicida (por exemplo, apoiando a creación e continuidade de grupos rexionais de autoaxuda ou liñas telefónicas de axuda). Neste campo, tamén promoverá a utilización da ferramenta iFightDepression®, un programa online para a autoxestión dos síntomas depresivos de leves a moderados, e a súa páxina web para a prevención e concienciación sobre a depresión e a conduta suicida.

Esta intervención en catro niveles deseñada pola EAAD foi recoñecida como un programa de intervención de “Mellores Prácticas para a prevención do suicidio” no informe da OMS e o Libro Verde da Comisión Europea sobre Saúde Mental. A estratexia implementouse xa en 120 rexións en 15 países dentro e fóra da UE, ás que agora se suman estas tres Comunidades españolas.

Guía para informadores

No marco do Proxecto Europeo EAAD-Best para a detección precoz da depresión e a prevención do suicidio, o CIBER de Saúde Mental acaba de difundir tamén a “Guía para xornalistas sobre a cobertura mediática do suicidio”’. O manual pretende ofrecer aos profesionais da información consellos prácticos sobre como informar de forma responsable sobre o suicidio, contribuíndo a mellorar a súa prevención.

As investigacións demostran que a cobertura dos medios de comunicación sobre o suicidio pode aumentar a probabilidade de que se produzan posteriores imitacións, no que se coñece como “efecto Werther”. Con todo, unha cobertura mediática centrada no exemplo daquelas persoas que ante a conduta suicida buscan axuda e superan a crise pode ter un efecto positivo. Os especialistas aseguran que xornalistas xogan un papel importante e positivo na prevención dos suicidios, xa sexa mediante unha información responsable, aumentando a conciencia pública e reducindo o estigma relacionado coas enfermidades mentais, ou mellorando a conduta de procura de axuda das persoas con enfermidades mentais.

Unha revisión recente dos estudos neste campo, reportou que no período de 1 a 2 meses despois de que os medios de comunicación informen da morte dun famoso por suicidio, o número de suicidios parece aumentar entre un 8 e un 18%; e cando se informa dun método de suicidio específico, hai un aumento de entre un 18 e un 44% no risco de suicidio polo mesmo método. Así puido comprobarse tras mortes moi mediáticas como a de Marilyn Monroe, pero tamén outras máis recentes como a de Robin Williams. Por iso, a Guía recolle pautas sobre como se debe e como non se debe informar.

Como informar “en positivo”

Evitar que estas informacións vaian destacadas na publicación e limitar a duración da cobertura, fuxir de titulares sensacionalistas, así como non incluír descrición dos detalles, son consellos básicos. Pero a Guía incide especialmente en que non debe nunca presentarse o suicidio como unha solución comprensible ante unha crise, nin describirse como algo inexplicable e sen sinais de advertencia, nin simplificar as causas do suicidio a un único acontecemento.

Así mesmo, animan a presentar os suicidios como un problema de saúde pública, informando dos mesmos no contexto dunha enfermidade mental, e incluír, na medida do posible, a opinión de profesionais expertos en prevención do suicidio (psiquiatras, psicólogos). E, nesta liña, debe sempre destacarse que tratamentos ou axuda profesional están dispoñibles, facilitando datos de contacto para o acceso a estes recursos de apoio.

CIBERSAM

O Centro de Investigación Biomédica en Rede (CIBER) é un consorcio dependente do Instituto de Saúde Carlos III (Ministerio de Ciencia e Innovación) e cofinanciado con fondos FEDER. O CIBER de Saúde Mental (CIBERSAM) está formado por 26 grupos de investigación clínica, preclínica e traslacional. Está orientado fundamentalmente ao estudo de trastornos mentais como depresión, esquizofrenia, trastorno bipolar, así como os trastornos de ansiedade e trastornos mentais do neno e do adolescente ou a innovación terapéutica.

Vecinos de la Florida junto a concejales del PP entregan 400 firmas en el Ayuntamiento  para evitar la recalificación de la zona verde

0

Vecinos de la Florida, acompañados por los concejales del PP Alfonso Marnotes y Carla Bartolomé, han hecho entrega esta mañana en el registro general del Ayuntamiento de Vigo de 400 firmas con las que pretenden evitar la recalificación de 1.600 metros cuadrados de zona verde.

El Plan General de Ordenación Municipal de Vigo, aprobado inicialmente el pasado mes de agosto, contempla el cambio de la categoría de este suelo abriendo la puerta a su edificación. Según los cálculos de los propios vecinos, en la parcela se podrían llegar a construir hasta 160 viviendas.  Este es el motivo de que los residentes de las calles Martín Echegaray y Camiño de Figueirido se hayan decidido a recabar el apoyo de los vigueses y viguesas con el objetivo de paralizar lo que coincidieron en llamar “un pelotazo urbanístico en toda regla”.

La Agencia Tributaria comienza hoy a atender en sus oficinas a los contribuyentes que lo deseen para la renta

0

El plazo de presentación finalizará el 30 de junio, aunque en las declaraciones a ingresar con domiciliación bancaria concluye el 27

La Agencia Tributaria empieza a atender hoy a los contribuyentes en sus oficinas de forma presencial para la confección y presentación de los documentos correspondientes a la declaración de la renta 2021. Desde el pasado jueves 26 de mayo, los contribuyentes tienen la posibilidad de solicitar su cita previa para esta atención presencial.

Además de esta vía y de la presentación por Internet a través de la página de la Agencia y de la aplicación móvil, los contribuyentes menos habituados a las nuevas tecnologías que requieran asistencia personalizada tienen también este año a su disposición desde principios de mayo el plan ‘Le Llamamos’, una alternativa a la asistencia presencial en oficinas.

El plazo de presentación finalizará el 30 de junio para declaraciones tanto a ingresar como a devolver, si bien el plazo en las declaraciones a ingresar con domiciliación bancaria concluirá el 27 de junio.

Según los datos más recientes de la Agencia Tributaria a los que ha tenido acceso Europa Press, ya se han presentado más de 11 millones de declaraciones desde que la campaña arrancó el pasado 6 de abril, más de la mitad del total previsto.

El Festival de Cans generó 134 contrataciones y ocupación hotelera del 100%

0

El evento este año atrajo 10.000 visitantes y fueron más de 3.000 las personas que utilizaron los autobuses para llegar y salir

La XIX edición del Festival de Cans celebrada la semana pasada generó 134 contratos laborales y una ocupación hotelera en O Porriño del cien por cien, según datos difundidos por la organización para calibrar el impacto económico del certamen, que este año atrajo 10.000 visitantes.

Esos 134 contratos laborales contrastan con los 121 de la pasada edición, un aumento que también se vio reflejado en el número de proveedores locales: el festival contrató servicios a casi medio centenar de empresas de proximidad, muchas de ellas pymes y empresas familiares, siguiendo su filosofía de kilómetro 0.

Estas empresas prestaron servicios de catering, imprenta, cerrajería, papelería o de asesoría, entre otros.

De las 134 contrataciones, 64 fueron directas, relacionadas con las áreas de producción, mercadotecnia, transporte o trabajo en barras; 22 de servicios especializados de autónomos de áreas como comunicación, vídeo, fotografía, redes sociales, diseño gráfico o programación.

La organización destaca el impacto en la restauración y el comercio locales así como en los establecimientos hosteleros, que registraron un 100 % de ocupación.

El Festival subraya su plan de movilidad y accesibilidad en busca de un evento sostenible y que fueron más de 3.000 las personas que utilizaron los autobuses para llegar y salir de la aldea.

Cientos de profesionales de toda España se reúnen en el Congreso Nacional de Prácticos en el Puerto de Vigo

0

Almuiña explica que la maniobra de aproximación de los buques a puerto es uno de los aspectos más peligrosos de la navegación y es ahí donde los prácticos ejercen un trabajo «imprescindible»

El Tinglado del Puerto de Vigo acoge estos días el Congreso Nacional de Prácticos, en el que participarán cientos de profesionales de toda España y que, desde ayer y hasta este viernes, tendrá a Vigo y su Ría como marco de celebración.

En el acto de inauguración, en el que también ha estado presente la conselleira do Mar, Rosa Quintana; el presidente de la Autoridad Portuaria, Jesús Vázquez Almuiña, ha explicado que la maniobra de aproximación de los buques a puerto es uno de los aspectos más peligrosos de la navegación y es ahí donde los prácticos ejercen un trabajo «imprescindible», el de velar por la seguridad de la vida humana, marítima y de la navegación y la protección del medioambiente.

Quintana, por su parte, puso de relieve el valor de los puertos y del servicio de prácticos en la protección del mar y en el cuidado de la operativa diaria en los muelles y destacó la riqueza de Galicia en este ámbito. En esta línea, señaló que estas infraestructuras son prioritarias para el desarrollo de las localidades en las que se asientan y destacó la necesidad de que estén a la vanguardia.

Además, la titular de Mar agradeció a la organización que escogiera la ciudad olívica como sede de este congreso anual y subrayó que Vigo es la primera ciudad de Galicia en términos industriales y una de las capitales pesqueras europeas por antonomasia.

Añadió también que, a través de este evento, Vigo se convierte estos días en escaparate de la relevancia del sector portuario y que los muelles son espacios de vida comunitaria que van más allá de sus infraestructuras y del intercambio comercial. Se trata de lugares de encuentro social que generan cohesión en el global e inclusión en el local teniendo como eje el valor del mar, incidió.

Detenido por agredir a un agente que le había dado el alto en un control en la calle Couto de San Honorato

0

En la madrugada del pasado día 29, varias unidades de la Policía Local de Vigo se encontraba en la confluencia de las calles Couto de San Honorato con Couto Piñeiro realizando un control de alcoholemia.

Uno de los agentes del dispositivo observó como se acercaba una motocicleta zigzagueando, llegando a invadir el carril de sentido contrario, dando aviso al resto de unidades para que detuviesen el vehículo.

El conductor se percató de la presencia de las Unidades Policiales, deteniendo la marcha y apeándose el acompañante, que circulaba sin el casco de seguridad obligatorio. El aludido trató de abandonar el lugar apresuradamente, pero fue interceptado por un agente, con el cual se encaró al ser requerido para qué se identificase. Tras negarse a cooperar, los agentes consiguieron identificarle, resultando ser B. A. B. A. de Venezuela y 32 años de edad, que fue conducido al punto del control al objeto de cursar la correspondiente denuncia administrativa por circular sin casco protector.

Simultáneamente otra unidad se dirigió al conductor de la motocicleta, observando como este acercaba la motocicleta al lado izquierda, mostrando en un principio intención de parar. En un momento dado, el hombre aceleró bruscamente y rebasó la zona del control huyendo del lugar. Los agentes pudieron observar los datos de la placa de matrícula, realizando consulta con la Sala de Comunicaciones, previo cotejo con la base de datos de DGT. De este modo averiguaron el domicilio del titular, en la calle Travesía de Santa Cristina. Los funcionarios se desplazaron hasta el lugar, observando en las proximidades la motocicleta estacionada. Se dirigieron al domicilio del titular, que resultó ser G. M. P. de 32 años de edad. Los actuantes comprobaron que presentaba claros síntomas de encontrarse bajo los efectos del consumo de bebidas alcohólicas.

Por este motivo procedieron a realizarle las pruebas preceptivas de determinación del grado de impregnación alcohólica, arrojando estas un resultado positivo de 0,75 y 0,73 mg/l de alcohol por aire expirado, lo que excede el límite penal establecido. Por este motivo se instruyeron diligencias al efecto para su traslado a la autoridad judicial competente.

Mientras, el acompañante de la motocicleta trató de marcharse del lugar del control en el que un agente instructor procedía a la cobertura del correspondiente boletín de denuncia. Otro funcionario trató de retenerlo para evitar que se ausentara, recibiendo un codazo en el pómulo derecho.

Por ellos los agentes procedieron a su detención por la supuesta comisión de un delito de atentado, mostrando una gran resistencia activa y tratando de agredir a los funcionarios durante su reducción y engrilletamiento.

Los vigueses BATEA, finalistas en el Runas del Festival de Ortigueira

0

Actuarán el martes 12 de julio en la que será la edición más larga del festival

La final del Concurso Runas del Festival de Ortigueira contará con un representante gallego. BATEA, banda viguesa fundada en 2020, ha sido uno de los tres grupos seleccionados para actuar el próximo 12 de julio en el regreso del festival tras dos años de parón por la pandemia.

El voto popular, con más de 23.000 participaciones registradas en la web del festival, fue determinante. Una votación en la que BATEA finalizó como segunda propuesta más apoyada. El jurado profesional refrendó la voluntad de los votantes, seleccionando a los vigueses junto a los madrileños JDC y los salmantinos Folk On Crest.

BATEA actúa este sábado 4 de junio en la Sala Ruído de Ferrol. Lo hará junto a Covagueira, grupo que también participa en la nueva edición del Festival de Ortigueira. Una oportunidad única para escuchar a estas dos bandas juntas antes de «O máis longo da historia», lema bajo el que regresa el festival del 10 al 17 de julio en la que será su edición más larga.

VOX advierte de que si cierra ENCE la economía de Pontevedra sufrirá pérdidas irreparables

0

VOX Pontevedra ha exigido al Gobierno central y al Ayuntamiento Municipal pontevedrés ‘voluntad política’ para que la empresa de celulosa ENCE pueda continuar su actividad en la ciudad de Pontevedra, y así “evitar la destrucción de más de 5.000 de trabajo, directos e indirectos”.

Por eso, el vicepresidente de VOX Pontevedra, José Manuel Torres, ha hecho un llamamiento a todos los grupos del municipio para que defiendan la continuidad de la empresa de papel en la comarca, ya que su cierre “significaría una verdadera hecatombe con pérdidas irreparables” para la economía de la zona y, sobre todo, para el empleo.

Además, Torres se ha referido al PSOE y BNG para denunciar que ninguna de estas formaciones políticas “ha podido argumentar un solo motivo técnico, ni medio ambiental para pedir el cierre de ENCE”. Tan solo “se han escudado en trámites burocráticos que podrían resolverse con voluntad política”, ha remarcado.

Así, a la espera de que el Tribunal Supremo se pronuncie sobre los once recursos de casación, que fueron presentados por la empresa -ENCE- y otras entidades afectadas -como comités de empresa o auxiliares-, el vicepresidente de VOX Pontevedra, ha exigido al Gobierno que se busque una solución definitiva para mantener el funcionamiento de la fábrica, en vez de abogar por su traslado a otros municipios gallegos.

En este sentido, Torres recuerda que la compañía ya ha anunciado que si el Tribunal Supremo rechaza los recursos y el Gobierno no ofrece una solución, la empresa cerrará de forma inmediata y trasladará su actividad a la localidad asturiana de Navia, con una ampliación de sus instalaciones. Por todo ello, José Manuel Torres ha concluido en que “ahora no es el momento de plantear cierres ni traslados, sino de pensar en que los pontevedreses puedan mantener sus trabajos para poder vivir, al margen de posicionamientos políticos”.

Un equipo internacional liderado desde a UVigo estudará o impacto do cambio climático sobre a atmosfera, a orbitación de satélites e o lixo espacial

0

O Instituto Internacional de Ciencias Espaciais (International Space Science Institute-ISSI) acaba de escoller ao físico da Universidade de Vigo Juan Antonio Añel para liderar un equipo internacional que estudará durante os próximos dous anos os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial.

No equipo do proxecto participan once institucións de sete países, estando ademais da UVigo a Universidade de Oxford, a Nasa, o MIT (Instituto Tecnolóxico de Massachusetts), o Centro Nacional de Investigacións Atmosféricas de Estados Unidos (NCAR), o Centro de Investigación Antártica de Reino Unido, a Charles University de República Checa, o Instituto Nacional de Investigacións Avanzadas da India, o Instituto Meteorolóxico de Finlandia, o Instituto Meteorolóxico dos Países Baixos e a Universidade de Leeds. Por parte da Universidade de Vigo participan Juan Antonio Añel, como líder do proxecto, e Laura de la Torre, ambos físicos do Grupo Environmental Physics Laboratory (Ephyslab-Centro de Investigación Mariña) e docentes da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense.

“O ISSI fai unha convocatoria anual para financiar equipos de traballo nos temas máis relevantes do momento en investigación espacial e de monitorización da terra. Polos nosos últimos resultados sobre os impactos do cambio climático, varios colegas suxeriron a posibilidade de presentarse á convocatoria e pedíronnos que a liderásemos e así o fixemos”, comenta Juan Antonio Añel. O Instituto Internacional de Ciencias Espaciais, lembra, “funciona como instituto de investigacións avanzadas de referencia internacional no eido espacial, especialmente dedicado ao estudo da influencia do sol sobre a terra e ciencias planetarias, que facilita a investigación en colaboración de todas as axencias espaciais dos diversos países”. Na actualidade, engade, o ISSI está financiado principalmente pola Axencia Espacial Europea, a Academia de Ciencias de Suíza e a Axencia Espacial de Xapón e conta coa participación de institucións como o Centro Nacional de Investigacións Espaciais de China, o Instituto de Investigación Espacial de Rusia e a Nasa.

Tres obxectivos e recomendacións

Os obxectivos do proxecto, detalla Juan Antonio Añel, son varios. “En primeiro lugar, avaliaremos en que estado nos atopamos para monitorizar os impactos do cambio climático nas capas máis altas da atmosfera, xa que agora mesmo temos unha gran falla de datos e sistemas de observación e as misións de satélite previstas nos próximos anos non solucionan estes problemas”. En segundo lugar, engade, o proxecto proponse construír unha base de datos de observacións da atmosfera media para poder estudar mellor ditos impactos. O terceiro propósito da iniciativa será cuantificar o impacto das emisións dióxido de carbono na ionosfera e certas propiedades da atmosfera alta, tales como a densidade de electróns. “Isto é importante porque está afectando á navegación de satélites e ao seu tempo de reentrada na atmosfera e aumentando o tempo de permanencia en órbita do lixo espacial e polo tanto aumentando a súa cantidade”. Por último, no marco desta iniciativa farase un informe con recomendacións sobre como solucionar estes problemas.

“O noso coñecemento dos impactos do cambio climático segue moi restrinxido á superficie e á parte máis baixa da atmosfera do planeta. Por cuestións como a falla de observacións de toda a atmosfera antes da aparición dos satélites artificiais, os impactos nas capas moi altas ainda son moi descoñecidos”, explica Juan Antonio Añel. Porén, subliña, “é importante abordar este oco no noso coñecemento” pondo como exemplo como “o aumento do lixo espacial pode ter efectos moi perniciosos sobre as operacións de satélites ou en misións orbitais”. Así, engade o físico da UVigo, “incluso se ten probado que pode dar lugar a erros en medicións con sistemas de posicionamento como o GPS, algo que hai que cuantificar adecuadamente”.

Recoñecemento ao traballo e á constancia

Este proxecto, apunta por último Juan Antonio Añel, “ten a súa base no traballo que vimos desenvolvendo dende hai case dúas décadas en Ephyslab, que en certa forma comezou ca miña tese de doutoramento sobre o estudo do impacto do cambio climático na tropopausa do noso planeta”. Pondo en valor a importancia de que sexa a UVigo a que “estea liderando un equipo coma este e neste tema”, o físico do campus de Ourense destaca como “é reconfortante que os nosos colegas, algúns de centros con gran tradición na investigación espacial e con gran prestixio, coma a Nasa, o MIT, NCAR ou a Universidade de Oxford, consideren que temos a capacidade para coordinar o traballo conxunto neste tipo de investigacións”. Acadado o financiamento do Instituto Internacional de Ciencias Espaciais, o coordinador do proxecto apunta que a súa consecución e liderado “é un recoñecemento ao traballo que vimos facendo con constancia e certo impacto, tanto científico como social, en investigación das alteracións que o cambio climático está a producir na estrutura atmosférica”.