O BNG reprocha as continuas promesas incumpridas do Goberno municipal coa Biblioteca do Estado en Vigo

0

A fronte nacionalista lembra que o alcalde leva «15 anos anunciando esta infraestrutura, con até nove localizacións distintas, sen que exista a día de hoxe ningún avance»

Formula unha emenda á moción do PSOE, que pedía o apoio da Xunta para a biblioteca, para instar ao goberno do Estado a aprovisionar unha partida real para a súa construción

Xabier P. Igrexas: «Vai camiño de ser a biblioteca do conto da leiteira pola falla de vontade dos sucesivos Gobernos españois e dunha evidente falla de xestión municipal»

O Bloque Nacionalista Galego reprocha «as continuas promesas incumpridas do Goberno municipal de Vigo» en relación á Biblioteca do Estado. A fronte nacionalista lembra que o alcalde, Abel Caballero, «leva 15 anos anunciando esta infraestrutura, para que a propuxo até nove localizacións distintas, sen que exista a día de hoxe ningún avance para a súa construción».

«Vai camiño de ser a biblioteca do conto da leiteira, que é resultado da falla de vontade dos sucesivos Gobernos españois de PSOE e PP e tamén dunha evidente falla de xestión municipal», censurou o concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, durante o debate no Pleno municipal deste mércores arredor dunha moción do grupo municipal socialista que reclamaba o apoio explícito da Xunta para a biblioteca.

Igrexas formulou unha emenda para incorporar na moción un compromiso do Goberno estatal para aprovisionar unha partida real para poñer en marcha a dotación. «Non eses 50 mil euros ridículos que unicamente serviron para que Abel Caballero se fixera unha foto co ministro», afeou o edil nacionalista.

O concelleiro do BNG enumerou a cronoloxía das promesas incumpridas do alcalde, que en agosto de 2007 afirmaba que a planificación ía «a velocidade de cruceiro» nos terreos do Cluny. A partir dese momento, sucedéronse continuos anuncios de ubicacións: na praza do Concello (novembro 2007), na Escola Municipal de Artes e Oficios (abril 2009), no Auditorio Mar de Vigo (agosto 2009), en Navia (abril 2010), na Panificadora (outubro 2010), nos actuais xulgados (2016), de novo a Panificadora (2017) para finalmente en 2018 proxectala nos terreos expropiados nas inmediacións da rúa Lalín.

«O goberno de Abel Caballero non cre nas bibliotecas»

Igrexas apuntou que a falla de xestión municipal responde ao desleixo do Goberno municipal en materia de bibliotecas. Lembrou que a primeira e última biblioteca municipal posta en marcha no ano 2011, a Neira Vilas, foi resultado da acción de goberno do propio BNG, como primeiro paso para crear unha rede municipal de bibliotecas que ofrecera este servizo en todos os barrios e parroquias da cidade.

«O goberno de Abel Caballero non cre nas bibliotecas», sentenciou o edil nacionalista, que lamentou que os únicos investimentos foran para abrir tres salas de lectura «onde non hai nada que ler, espazos diáfanos con mesas e cadeiras onde por non haber non temos nin exemplares desas fantásticas novelas do escritor Abel Caballero», ironizou. 

A Galicia Design Weekend converterá Vigo na capital do deseño do noroeste peninsular co apoio do Xacobeo 21-22

0

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presentou este mércores a iniciativa  gratuíta que se celebrará  o vindeiro 1 de outubro na cidade dentro do programa da Galicia Design Week

“É unha inmellorable ferramenta para preservar e promover a cultura propia, abríndoa a novos públicos e cunha gran capacidade de proxección internacional”, sinalou a representante autonómica

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou este mércores na presentación da Galicia Design Weekend, un festival pioneiro que recalará o vindeiro 1 de outubro na cidade. O evento conta co apoio do programa “O Teu Xacobeo” e ofrecerá conferencias, exposición e obradoiros  totalmente gratuítos. 

“Estamos ante unha iniciativa que chega por primeira vez en Vigo reunindo o mellor deseño galego con referentes de fóra, de forma que converterá á cidade na capital do deseño do noroeste peninsular cun festival gratuíto, híbrido e dentro do circuíto internacional de semanas do deseño”, sinalou Fernández-Tapias.

Durante a presentación, a representante autonómica destacou o apoio do Xacobeo 21-22 cunha actividade que “representa unha inmellorable ferramenta para preservar e promover a cultura propia, abríndoa a novos públicos e cunha gran capacidade de proxección internacional”. A delegada territorial estivo acompañada no acto pola arquitecta María Fandiño Iglesias; o director do estudio de deseño gráfico “Chachachá Studio”, da Galería Maraca e da Revista DOT, Raúl Bernárdez, e polo director do Festival e da Axencia Folow, Álex Rico.

Conferencias

As conferencias estarán a cargo de Noemí Díaz Patiño, fotógrafa e directora de arte viguesa afincada en Braga, onde traballa para a plataforma Farfetch; de RVR, estudio de arquitectura santiagués formado por Alberto Redondo, José Valladares e Marcial Rodríguez, autores da adecuación da contorna do faro de Fisterra ou o Museo do Pobo Galego.

Nas charlas tamén estarán presentes María Fandiño, arquitecta nada en Vigo con múltiples premios, como a súa Explanada do Horizonte ou o Premio Nacional de Arquitectura do CSCAE na categoría de Sostenibilidade e Saúde; polo estudio bilbaino Cuchillo, con clientes como Jägermeister, Matadero Madrid, BBK Live ou o Goberno Vasco, e polo estudio vigués Chachacha, especializado en ilustración, branding e motion graphics.

Exposicións

Ademais, haberá exposicións e instalacións como “Error Design”, unha mostra dos traballos de deseño musical da axencia catalá na Galaría Maraca  (o sábado 1 ao domingo 30 de outubro); “#novodeseñogalego”, co mellor talento emerxente galego sobre unha instalación do estudo de arquitectura galego Flu-or na rúa do Príncipe  e “Arquitectura do Camiño”, exposición da mellor arquitectura do século XXI a lo longo do Camiño de Santiago, comisariada e diseñada polo estudio vigués Castroferro na sede do COAG en Vigo.

Galicia Design Week

A iniciativa viguesa está enmarcada na primeira edición da Galicia Design Week, un festival totalmente gratuíto, cun completo programa de desenvolvemento sostíbel nos eidos ambiental e social e dentro do circuíto internacional de semanas do deseño. Desde a asociación Galicia Design, en colaboración coa xencia creativa galega Follow (follow.gal, Urbanlab SL), promove a primeira edición da Semana do Deseño Galego (Galicia Design Week, marca exclusiva rexistrada por Follow), coa Asociación Galega de Deseño (dag.gal), o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (portal.coag.es), o Clúster da Comunicación de Galicia (clustercomunicacion.gal) e a Fundación DIDAC (didac.gal) coma socias e cunha intensa relación cos centros públicos formativos de deseño galegos.

El TSXG declara el derecho de A Mesa pola Normalización Lingüística a concentrarse por el topónimo de A Toxa durante el “Foro La Toja»

0

El Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ha declarado el derecho de A Mesa pola Normalización Lingüística a realizar mañana una concentración, con inicio a las 19 horas y duración aproximada de una hora, en A Toxa con el objetivo de denunciar la modificación del topónimo legal de la isla en la convocatoria del denominado “Foro La Toja 2022”. De esta forma, ha estimado el recurso interpuesto por la asociación contra la resolución del pasado 23 de septiembre de la Subdelegación del Gobierno en Pontevedra en la que prohibía la realización de la manifestación, la cual ha declarado nula.

La sección primera de la Sala de lo Contencioso-administrativo del TSXG subraya en la sentencia que, según la doctrina del Tribunal Constitucional, toda actuación limitativa del derecho de reunión ha de estar presidida por el principio de favor libertatis, según el cual “solamente razones convincentes e imperativas pueden justificar las restricciones a esa libertad”.

Los magistrados han concluido que la modificación de itinerario propuesta por la Policía Local de O Grove en su informe, aceptada por A Mesa pola Normalización Lingüística, permite “el efectivo ejercicio del derecho fundamental de reunión” en el paseo del mar, a la altura del estacionamiento de autobuses.

En la sentencia, el tribunal indica que la Subdelegación del Gobierno en Pontevedra expone en su resolución que el fundamento de la decisión adoptada son los informes emitidos por la Comandancia de la Guarda Civil de Pontevedra y la Policía Local de O Grove. Sin embargo, destaca que la Policía Local de O Grove emitió posteriormente un informe en el que alude a la posibilidad de un lugar alternativo para la concentración, lo que lleva a los magistrados a deducir “que la posibilidad de modificación del lugar de la celebración era factible, es decir, existía una posibilidad alternativa para acoger el lugar de la celebración”. De hecho, la Policía Local alude a que la zona recomendada podría ser dentro de la propia isla de A Toxa, en el paseo del mar, comenzando a la altura del aparcamiento de autobuses, “lugar suficientemente amplio y con la necesaria seguridad”.

“Dicho informe no ha sido conocido por la asociación actora hasta el momento en que en vía judicial se le dio traslado a las partes a efectos de formular alegaciones”, recalca la Sala, al tiempo que destaca que, desde el primer momento que A Mesa pola Normalización Lingüística tuvo la oportunidad de proponer /aceptar el itinerario alternativo propuesto por la Policía Local de O Grove en el informe, lo ha hecho. Ello, según indican los jueces en el fallo, les permite “pensar que siempre fue intención de la asociación recurrente aceptar una posible modificación alternativa a las circunstancias de lugar propuesto y a las demás”. Los magistrados señalan que esa disposición también se evidenció cuando la entidad modificó la hora de convocatoria fijada en el escrito de comunicación inicial, primer requerimiento por parte de la Administración.

Fernández-Tapias destaca a aposta da Xunta pola transformación dixital do sector cultural en Vigo e a colaboración con Galaxia para crear un departamento de I+D+I e unha nova liña de impresión baixo demanda

0

A delegada da Xunta en Vigo visitou as instalacións da editorial viguesa e coñeceu de primeira man o proxecto que pretende abaratar a creación e edición de publicacións

O importe total das subvencións para a mellora da capacidade de innovación das empresas na área de Vigo ascendeu a un total de 475.829 euros

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou este mércores as instalacións da Editorial Galaxia para coñecer de primeira man o novo proxecto que conta co apoio da Axencia Galega de Innovación para a transformación dixital do sector cultural na área metropolitana.

Os responsables da editorial viguesa explicaron á representante autonómica a iniciativa que xa está en marcha para crear un departamento de I+D+i e integrar unha nova liña de negocio de “impresión baixo demanda” co obxectivo de abaratar a creación e edición de publicacións. Ademais, explicaron na súa sede da Avenida de Madrid os planes de futuro para dixitalizar a histórica e recoñecida firma coa incorporación de novas tecnoloxías.

Así, gracias ás axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas da Axencia Galega de Innovación, a Editorial Galaxia recibiu no programa Innova Peme de este ano 2022 un total de 83.054 euros para poñer en funcionamento o seus proxectos.

O importe total das subvencións para a mellora da capacidade de innovación das empresas na área de Vigo, a través do financiamento das actividades integradas en plans de innovación enmarcados en prioridades estratéxicas da RIS3 Galicia 2021-2027, ascendeu a un total de 475.829 euros. Ademais de Galaxia, dentro do mesmo programa recibiron achegas outras dúas empresas de Vigo (Cismedia Formación e Vicus Desasrrollos Tecnológicos), dúas máis radicadas en Mos (Zeltener e Goycar Galicia), unha en O Porriño (Alumisel), unha en Pazos de Borbén (Algas Atlánticas Algamar) e unha en Salceda de Caselas (Granitos del Louro).

Vialia celebra su primer año en Vigo con el “Vialia Fest”

0

El Centro Comercial Vialia Estación de Vigo, gestionado por Nhood, contará con la presencia del Alcalde de la ciudad, Abel Caballero, en el acto central de “Vialia Fest”, el evento organizado para disfrutar con los vigueses de su primer año de vida. El Alcalde de Vigo acompañará a los organizadores en el acto central del viernes 30 de septiembre a las 20.30 horas.

Entre el 30 de septiembre y el 2 de octubre Vialia Estación de Vigo ha preparado un amplio programa de conciertos, actividades de ocio para toda la familia y sorteos con grandes premios sorpresa.

La fiesta dará comienzo el viernes 30 de septiembre a las 16 horas con un amplio abanico de actividades de ocio para toda la familia: hinchables, toro mecánico, el espectáculo infantil de karaoke “A Bailar” o la gincana “Buscando el Tesoro de Vialio” en la zona Ludiland.

A las 19 horas arrancará la parte musical, con el concierto de la cantante viguesa dani, convertida en la revelación pop del último año; y a las 21 horas será el turno de la verbena moderna de Ortiga.

El sábado 1 de octubre la fiesta será ininterrumpida con más de 12 horas de actividades de ocio familiar, sorteos y conciertos, arrancando a partir de las 10 horas. En la zona Ludiland se celebrará una gran fiesta aniversario con maquillaje glitter y juegos musicales.

El programa musical dará comienzo a las 17 horas con una sesión DJ, para continuar a las 19 horas con el concierto del vigués Pablo Lesuit. A las 21 horas serán Eladio y los Seres Queridos los que salgan al escenario.

Los encargados de poner el broche de oro al primer aniversario será la banda Ultrafónicos, el domingo 2 de octubre a las 12.30h horas.

Todos los conciertos son gratuitos y de acceso libre hasta completar aforo.

Tanto el viernes como el sábado el presentador vigués Carlos Veleiro será el maestro de ceremonias en los sorteos sorpresa que Vialia Vigo celebrará a diferentes horas a lo largo de ambas jornadas. Más de 20 comercios participan en esta acción en la que se sortearán GiftCards de Vialia, más de 500 regalos y grandes premios sorpresa.

Programa completo

Viernes 30 de septiembre

16 a 20 horas: Actividades de ocio (zona Plaza Pública):

  • Hinchables
  • Toro mecánico
  • Juegos populares (mímica, globoflexia y pintacaras)

17.30 horas: Show “A Bailar” (zona infantil) y Gincana “Buscando el tesoro de Vialio” con Ludiland (interior del centro)

18.30 horas: Sorteo Vialia, con Carlos Veleiro (zona Vigo Exporta)

19 horas: Concierto de dani (escenario Food Court)

20.30 horas: Sorteo Vialia, con Carlos Veleiro (zona Vigo Exporta)

20.30 horas: Acto central del primer aniversario “Vialia Fest”, con la presencia del Alcalde de Vigo, Abel Caballero (escenario Food Court)

21 horas: Concierto de Ortiga (escenario Food Court)

Sábado 1 de octubre

10 horas: Actividades de ocio (zona Plaza Pública)

  • Hinchables (de 10 a 20 horas)
  • Toro mecánico (de 12 a 20 horas)
  • Pasacalles y DJ

10 horas: Juegos populares (mímica, globoflexia y pintacaras) (de 11 a 20 horas) (zona interior)

12.30 horas: Karaoke infantil

13.30 horas: Sorteo Vialia, con Carlos Veleiro (zona Vigo Exporta)

16.30 horas: Sorteo Vialia, con Carlos Veleiro (zona Vigo Exporta)

17 a 20 horas: Gran Fiesta de Aniversario con varias actividades infantiles con Ludiland (zona interior)

17 horas: Sesión DJ (escenario Food Court)

18 horas: Pasacalles

18.30 horas: Sorteo Vialia, con Carlos Veleiro (zona Vigo Exporta)

19 horas: Concierto de Pablo Lesuit (escenario Food Court)

20.30 horas: Sorteo Vialia, con Carlos Veleiro (zona Vigo Exporta)

21 horas: Concierto de Eladio y los Seres Queridos (escenario Food Court)

Domingo 2 de octubre

12.30h horas: Concierto de Ultrafónicos (escenario Food Court) 17 a 20 horas: Juegos populares, de mímica, globoflexia y Fiesta Infantil con Ludiland

O BNG de Vigo denuncia a ausencia “inxustificada” de Caballero no Pleno e o incumprimento do regulamento

0

A fronte nacionalista esixe explicacións pola falla de constancia de comunicación previa do alcalde para non acudir á sesión plenaria

O tenente de alcalde alega que a ausencia do rexedor está motivada de forma xenérica por “outras ocupacións”, diante dunha cuestión de orde formulada polo concelleiro nacionalista, Xabier P. Igrexas

O Bloque Nacionalista Galego denuncia a ausencia “inxustificada” do alcalde de Vigo, Abel Caballero, na sesión do Pleno municipal celebrada este mércores.

A fronte nacionalista vén de rexistrar un escrito para esixir explicacións a esta ausencia, que non foi comunicada nin motivada previamente, como é preceptivo segundo o Regulamento Orgánico do Pleno (ROP), e polo relevo na presidencia por parte do segundo tenente de alcalde, Javier Pardo, en lugar da primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, como marca o regulamento.

Ante unha cuestión de orde formulada polo concelleiro do BNG, Xabier P. Igrexas, a presidencia do Pleno alegou que a ausencia estaba motivada xenericamente “noutras ocupacións” que impedían asistir ao rexedor.

Igrexas cualificou esta ausencia como “unha inaceptábel falla de respeito ao Pleno da Corporación Municipal como máximo organismo democrático e representativo da vontade popular das viguesas e dos vigueses”.

O BNG de Vigo emenda as ordenanzas fiscais de Caballero para reducir os impostos aos fogares con menos ingresos

0

A fronte nacionalista formula 43 emendas á «insuficiente» revisión presentada polo Goberno local para avanzar cara unha fiscalidade municipal «máis xusta» no actual contexto de agravamento da crise

O Bloque Nacionalista Galego vén de formular 43 emendas parciais á revisión das ordenanzas fiscais en Vigo co obxectivo de reducir a carga impositiva aos fogares con menos ingresos. A fronte nacionalista cualifica de «insuficiente» a proposta do goberno de Abel Caballero no actual contexto de agravamento da crise e urxe avanzar cara unha fiscalidade municipal «socialmente máis xusta» que permita paliar o impacto da inflación sobre a economía das familias traballadoras e o tecido comercial da cidade.

«Non abonda cunha conxelación xeral cando as rendas máis baixas viron duramente reducido o seu poder adquisitivo», afirmou o concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, que tachou de «medida máis cosmética que efectiva» esta revisión presentada polo Goberno local. Por contra, o edil nacionalista defendeu a necesidade de reducir a fiscalidade, os impostos e taxas municipais «a quen menos ten para aliviar inda que for parcialmente a situación límite que atravesan moitos fogares da cidade».

Igrexas subliñou que as 43 emendas rexistradas polo BNG son «perfectamente factíbeis» para o Concello de Vigo, que conta hoxe con 135 millóns de euros en remanentes líquidos e que vai deixar sen gastar unha parte moi significativo dos 382 millóns de euros do orzamento deste ano. Porén, lamentou que o goberno de Caballero rexeitara todas as propostas das nacionalistas na Comisión Informativa de Orzamentos e Facenda.

«Abel Caballero quere regalar centos de euros ás familias máis adiñeiradas da cidade, pero négase a facer gratuíta taxa do lixo, da auga, o imposto de rodamento ou o billete do autobús ás persoas de menores ingresos e que fican baixo o risco real de pobreza», recriminou o concelleiro do Bloque. «O mesmo Goberno municipal que se apunta agora ao Ayusismo fiscal, sacando da manga, con claro oportunismo a poucos meses dunhas eleccións municipais, unha axuda xeral para os libros de texto», afeou.

Bonificacións e exencións para as persoas de menores recursos

Entre as emendas formuladas polo BNG, Igrexas destacou unha ampla batería de bonificacións e exencións fiscais destinadas ás persoas e familias con menos recursos. Así, desde a fronte nacionalista piden unha exención da taxa de lixo, da tarifa da auga e do imposto de rodeamento para perceptoras de axudas sociais, como a Risga, a PNC ou o IMV. Para aqueles fogares con ingresos inferiores a un terzo do salario mínimo, propoñen a exención nas escolas municipais de música, artes escénicas e nas instalacións deportivas, e unha bonificación do 50% a quen ingresa menos da metade.

Plan de pago personalizado

Co obxectivo de facilitar o pago das taxas e impostos, desde o BNG demandan habilitar un plan de pago personalizado, que permita fraccionalos en até 12 mensualidades ou aprazalos até o primeiro semestre do ano 2024, sen aplicar ningún tipo de xuro ou penalización.

Imposto de Bens Inmóbeis (IBI)

Co obxectivo de mobilizar vivendas para facilitar o acceso na cidade, a fronte nacionalista ve necesaria a bonificación do IBI para aquelas vivendas que se poñan a disposición de programas de vivenda social ou soares para uso público, como aparcadoiros. Unha bonificación que tamén reclaman para a Universidade de Vigo e para os inmóbeis de entidades sen ánimo de lucro. Por outro lado, chaman a recargar un 150% as vivendas desocupadas de forma permanente, unhas 18.500 en Vigo, na maioría en mans de entidades financeiras. Para os fogares vítimas de desafiuzamento ou dación en pago piden a exención deste imposto.

Recargos a grandes empresas e casas de apostas

Para financiar as exencións e as bonificacións aos fogares de menos recursos, o BNG chama a incrementar a presión fiscal sobre as grandes empresas e as casas de apostas. Así, reclaman unha actualización do 20% do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE), que afecta a sociedades cunha cifra de negocio superior ao millón de euros. No caso das casas de apostas e similares, urxen un recargo do 95% deste imposto como parte da ofensiva nacionalista contra esta «lacra» que afecta aos nosos barrios e parroquias. Sobre as entidades financeiras, chaman a aumentar nun 100% as taxas por aproveitamento da vía pública dos caixeiros automáticos adosados a edificios.

Lixo, auga e transporte

Como medidas para apoiar ao pequeno e mediano comercio de Vigo, «o único das cidades galegas que non recibiu nin un só euro público en axudas durante a pandemia e a crise actual», Igrexas propuxo un desconto do 50% das taxas de lixo e auga destinado a aqueles negocios de menos de 500 metros.

En relación á auga, reiterou a reclamación do BNG para revisar o actual modelo de xestión e volveu criticar o «calote que só beneficia a Aqualia» imposto polo goberno de Abel Caballero co novo sistema tarifario. Demandou tamén bonificar nun 25% do recibo aos consumos por baixo dos tres metros cúbico por persoa e mes.Sobre as futuras tarifas de autobús urbano para o próximo ano, a fronte nacionalista aposta por conxelar o prezo do billete ordinario e dos bonos actuais, porén pediu reducir o bono estudante e social para equiparalo coa tarifa universitaria e reiterou a proposta de crear un novo bono social para facelo gratuíto ás persoas desempregadas de longa duración ou perceptoras de axudas sociais.

Las obras de la planta de chips fotónicos comenzarán a finales de 2023

0

SPARC es una infraestructura única en España con una tecnología puntera que convertirá a Vigo en un foco de innovación a nivel europeo atrayendo, además, recursos humanos muy especializados

La sede de Zona Franca de Vigo acogió ayer la primera reunión de trabajo de SPARC, la planta de semiconductores fotónicos cuyas obras está previsto que arranquen a finales de 2023 y su actividad en el segundo semestre de 2025. Al encuentro acudieron Jaime Martorell, Comisionado Especial para el Perte de Microlectrónica y Semiconductores, y Guillermo Gómez, coordinador de la Secretaría General de Telecomunicaciones. Tanto el CEO de SPARC, Francisco Díaz, como el delegado de la Zona Franca de Vigo, David Regades, explicaron a los dos representantes del Gobierno las futuras necesidades de la planta.

David Regades subrayó que “nace en Vigo un nuevo sector gracias a los fondos de recuperación europea”, además de recordar que “los países que dominan en esta tecnología son Holanda, Alemania y Francia”.

La puesta en marcha de SPARC, el centro de producción e I+D de semiconductores fotónicos, que se presentó por primera vez en marzo del año pasado, se activó precisamente a raíz del Proyecto Estratégico para la Recuperación y Transformación Económica (Perte) dotado con 12.250 millones de euros para crear un ecosistema español en torno a los chips. La infraestructura viguesa encajaba a la perfección en el objetivo de este plan que debía buscar inversores para poner en marcha el proyecto.

Recién constituida el pasado sábado con la participación de socios inversores privados, tanto locales como nacionales e internacionales, así como con el apoyo de administraciones públicas, entre las que se encuentran la Zona Franca de Vigo y la Universidad de Vigo, SPARC es una infraestructura única en España con una tecnología puntera que convertirá a Vigo en un foco de innovación a nivel europeo atrayendo, además, recursos humanos muy especializados.

Díaz explicó durante el encuentro de esta mañana, al que acudieron también inversores y promotores de SPARC, las necesidades de la futura planta en cuanto a equipamiento e infraestructuras para tenerla lista en 2025, así como las sinergias previstas dentro del ecosistema europeo de esta tecnología. “Europa está en este momento por delante de Estados Unidos en este tipo de tecnología que está experimentando un 30 por ciento de crecimiento anual”, explicó Francisco Díaz. “Está previsto que alrededor de la planta se consolide una red de empresas relacionada con esta tecnología, un clúster, asociaciones empresariales o centros de investigación”, cita el CEO de SPARC.

Según las previsiones, en 2025 la planta producirá de manera operativa la primera tecnología (arseniuro de galio) y a partir de esta misma fecha se iniciarán las actividades del Centro de I+D que permitirá facilitar la incorporación de la segunda tecnología (fosfuro de indio), consolidando además procesos que permitirán la producción de productos propios en la planta. 

Tras la reunión de trabajo, socios y promotores se trasladaron al edificio que albergará las futuras instalaciones de SPARC, en López Mora (propiedad de Zona Franca) para conocer la distribución de los espacios y las necesidades del equipo humano, en principio, constituido por 60 personas. En este acto también participaron el alcalde de Vigo, Abel Caballero, el delegado del Gobierno en Galicia, José Miñones; y el rector de la Universidad viguesa, Manuel Reigosa. La puesta en marcha de SPARC rondará una inversión de 66 millones de euros hasta 2027.

La planta de semiconductores fotónicos cuenta, además, con el apoyo de importantes organizaciones del sector aeroespacial y automoción así como organismos de investigación nacionales y europeos. SPARC fabricará más de 1.500 obleas al año, lo que supone 90.000 chips (cada oblea contiene 60 chips) y contará con una sala limpia de 1.600 metros cuadrados para la fabricación de los chips, además del centro de I+D. 

En cuanto a la tecnología en concreto que empleará la planta, SPARC tiene como objetivo capitalizar el potencial de los semiconductores III-V para adaptarse al creciente número de mercados y aplicaciones que dependen en gran medida de la luz, la fotónica y la electrónica de alta velocidad. Los semiconductores III-V son materiales que se pueden utilizar para realizar fuentes de luz muy compactas y eficientes, lo que permitirá que SPARC tenga la capacidad para dirigirse a una gran base de clientes en una amplia gama de mercados diferentes, incluidas las comunicaciones ópticas, las pantallas, la iluminación, la industria aeroespacial, la automoción, la biomedicina, la detección y las tecnologías cuánticas, así como las tecnologías de alta velocidad o aplicaciones electrónicas de alta potencia. En la actualidad, son 300 las empresas europeas que consumen este tipo de chips y una veintena de ellas ya han transmitido su interés en la nueva panta viguesa.

Vigo, expulsada del Pacto de los Alcaldes al no enviar nunca el Plan de Acción

0

La plataforma Vigo polo Clima denuncia el el «lavado de cara verde» practicado por el gobierno vigués, que no es la primera vez que firma compromisos relacionados con la sostenibilidad solo con intenciones publicitarias

Vigo ha sido expulsada del Pacto de los Alcaldes por el Clima y la Energía al no enviar nunca el Plan de Acción al que se comprometió al firmar su adhesión en 2011, y que tenía que ser remitido en los dos años siguientes. La situación ha sido hecha publicada y denunciada por la asociación ecologista Vigo polo Clima. Según fuentes de la red en Europa consultadas por esta plataforma, la ciudad ha sido suspendida de la red por «incumplimiento flagrante».

El Pacto de los Alcaldes, lanzado en Europa en 2008, aspira a reunir gobiernos locales comprometidos en conseguir objetivos climáticos y energéticos, contando con unas 9.000 autoridades regionales en 57 países, de las cuales 285 están en Galicia.

En este sentido, Vigo polo Clima ha denunciado el «lavado de cara verde» que el gobierno de Abel Caballero lleva años realizando, «engañando a los vigueses».

«Como firmante del pacto en 2011, la corporación municipal de Vigo tenía dos años, hasta marzo de 2013, para definir de forma participada con la ciudadanía e implantar un Plan de Acción Climática y Sostenibilidad Energética. Más de 11 años después de la adhesión, y pasados 9 años desde el vencimiento del plazo, la corporación no ha iniciado ni siquiera los primeros pasos del proceso», apuntan.

La Xunta constata la falta de previsión del Gobierno de España sobre el pago a Galicia de los descuentos del transporte público autonómico

0

El Ministerio de Transportes reconoce en respuesta a una consulta de la Consellería de Infraestruturas e Mobilidade que desconoce aún las cuantías concretas que se destinarán la cada comunidad autónoma y sigue sin avanzar la fecha en la que efectuará el pago

La Xunta asume íntegramente desde lo pasado 1 de septiembre el coste de las bonificaciones del transporte público autonómico, que la Comunidad elevó al 50%

La Xunta viene de constatar, nuevamente, que no existe aún previsión en el Gobierno de España sobre la cantidad que transferirá a Galicia para financiar los descuentos del transporte público autonómico ni la fecha en que hará efectivo su pago.

En respuesta a una consulta formulada por la Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, la Secretaría General de Transportes del Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana reconoce que tiene pendiente aun la realización y notificación de la resolución de los expedientes que debe “permitir saber las cuantías concretas que corresponden la cada comunidad autónoma”.

Asimismo, en relación con la fecha prevista para hacer efectivo el pago, la Secretaría General de Transportes se remite a indicar que se realizará en el tercero trimestre del año, sin más nivel de concreción.

De este modo, queda una vez más acreditado que la Xunta debe continuar financiando íntegramente el coste de las bonificaciones que desde lo pasado 1 de septiembre se están aplicando en el transporte público de titularidad autonómica.

El Gobierno gallego decidió elevar hasta el 50% la cuantía de la bonificación del 30% anunciada por el Gobierno de España, financiando con fondos propios la diferencia, así como la totalidad de su aplicación en el transporte de ría de Vigo y en el Feve de la comarca de Ferrol. Sin embargo, hasta el momento la Xunta está financiando íntegramente la totalidad de los descuentos.