Aparece el cuerpo sin vida de una mujer detrás de un colector de basura en O Porriño

0

Unos viandantes vieron el cadáver y acudieron a un taller mecánico próximo para pedir ayuda. También llamaron al 112 Galicia pasados apenas unos minutos de las cinco de esta tarde para informar de lo que acababan de ver: el cuerpo de una mujer sin signos vitales detrás de un colector de basura, en el Polígono de las Gándaras, en O Porriño.

Con esta información, los gestores del Centro Integrado de Atención a las Emergencias de Galicia pidieron la colaboración de los profesionales de Urgencias Sanitarias de Galicia-061, así como de los agentes de la Policía Local y Guardia Civil.

De momento, lo que está confirmado es que la mujer está fallecida, y, a partir de ahí, continúan con la correspondiente investigación los agentes de seguridad.

Xabier P. Igrexas: “PSOE e PP uníronse para tombar as 138 emendas do BNG aos orzamentos municipais de Vigo”

0

O portavoz municipal nacionalista defendeu no Pleno a ampla batería de medidas elaboradas con achegas e propostas do tecido asociativo e dos movementos sociais

Dende o Bloque consideran que esta votación evidencia quen representa a “verdadeira alternativa ao actual desgoberno”, cun PP aliñado “sen disimulo” con Abel Caballero

O Bloque Nacionalista Galego criticou que no Pleno do Concello de Vigo celebrado hoxe «PSOE e PP sumasen os seus votos para rexeitar as 138 emendas parciais formuladas pola fronte nacionalista ao proxecto de orzamentos municipais do vindeiro ano 2024».

“O PP pasou da preguiza de elaborar unha emenda á totalidade de devolución das contas, que non foron capaces nin de someter a votación no Pleno, a aliñarse sen disimulo co Goberno municipal votando xunto ao PSOE en contra das 138 emendas do BNG aos orzamentos de Caballero. Esta votación é moi clarificadora, porque evidencia quen representa a verdadeira alternativa ao actual desgoberno. Quedaron retratados”, reprochou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas.

Igrexas defendeu a ampla batería de emendas parciais, que as nacionalistas elaboraron recollendo achegas e propostas do tecido asociativo e dos movementos sociais, como a “demostración en cifras de que si hai alternativa á inercia e políticas aparenciais do desgoberno de Abel Caballero”.

O portavoz municipal nacionalista definiu o proxecto orzamentario do PSOE como “máis do mesmo”. “Non son os orzamentos que necesita Vigo, son as contas do seu embigo”, afeou criticando a falla de diálogo e participación na súa elaboración. Igrexas tamén advertiu do “risco real” de que as novas contas se convertan “en novas páxinas da xa extensa Crónica dunha Inexecución Anunciada”, lembrando que o pasado ano 2022 ficaron sen executar 152 millóns de euros.

Desconexión coa realidade

Unha das principais críticas da fronte nacionalista ao proxecto orzamentario é que o mesmo evidencia “a total desconexión do Goberno local coa realidade material da cidade, coa realidade das viguesas e dos vigueses”. Así o demostra, segundo sinalaron, que se elaborasen de costas a un contexto socioeconómico marcado por un crecente empobrecemento, con 1 de cada 5 viguesas e vigueses en risco de exclusión social e pobreza; cunha situación moi preocupante no ámbito laboral, cando inda non se recuperou o nivel de ocupación previo á pandemia e con 7.100 postos de traballo menos dos existentes en 2009; e cun gravísimo problema de acceso social á vivenda.

Nese sentido, Igrexas lamentou o rexeitamento de medidas como duplicar as axudas sociais municipais recortadas nos últimos anos, poñer en marcha un Plan Municipal de axuda ao alugueiro, crear unha Axencia Local de Vivenda Protexida e Social ou triplicar os recursos do Plan Municipal de Emprego.

Dende o BNG afearon tamén que estas contas manteñan o “abandono permanente” dos barrios e parroquias máis alá do centro da cidade, e que insistan na “xordeira autoritaria” negándose novamente á proposta dun programa de Orzamentos Participativos. Na mesma liña, criticaron que o Goberno local continúe a destinar 2 de cada 3 euros das contas á privatización de servizos, en lugar de iniciar o rescate de concesións como o bus urbano ou o abastecemento de auga. Outro dos eixos emendados polo BNG buscaba incrementar os recursos dedicados á loita contra a violencia machista e para facer que o Concello de Vigo sexa “radicalmente feminista”.

Entre as 138 emendas formuladas polo Bloque, unha parte significativa demandaba reverter as políticas de “desertización cultural” dos últimos anos, así como poñer fin ao “brutal castigo” contra o deporte e contra a mocidade viguesa. Igrexas defendeu ademais propostas para avanzar cara unha cidade máis habitábel e moito máis verde,

Axudas para o comercio local

Dende a fronte nacionalista formularon tamén unha emenda a outro dos asuntos debatidos no Pleno extraordinario, relativo a unha modificación orzamentaria de 330.000 euros para o mercado do Progreso. Dende o BNG propuxeron destinar outra partida de medio millón de euros para a dinamización e promoción dos mercados municipais e axudas directas aos comerciantes. Unha medida que tamén contou coa negativa do grupo socialista e que mereceu o reproche do portavoz municipal do Bloque, quen lembrou que Vigo é a única cidade galega que non destinou nin un só euro ao pequeno e mediano comercio malia as crises derivadas da pandemia e da actual escalada inflacionista. 

La Audiencia de Pontevedra impone 14 años de cárcel al huésped de un hostal de Mondariz por asesinar a otro residente

0

La sección cuarta de la Audiencia Provincial de Pontevedra, de acuerdo con el veredicto emitido por el Tribunal del Jurado, ha condenado a 14 años de cárcel a un huésped temporal de un hostal de Mondariz por asesinar en el establecimiento, en enero de 2021, a un hombre que residía en él desde hacía unos 17 años. A la hora de fijar la pena se han tenido en cuenta las atenuantes de anomalía o alteración psíquica y confesión tardía.

En la sentencia, de acuerdo con el veredicto, se declara probado que el acusado le asestó a la víctima “entre 80 y 90 puñaladas, en espalda, abdomen y cabeza” con un cuchillo de cocina que había adquirido unos días antes. A continuación, trasladó el cuerpo a un galpón anexo al hostal, donde lo dejó tirado entre escombros. Por la forma en que se produjo el ataque, según consta en el fallo, la víctima, que fue atacada en el espacio comprendido entre la puerta de su habitación y el interior de esta, “no pudo huir ni defenderse de modo efectivo”. Los jurados también entendieron que el acusado, en el momento de los hechos, actuó “con una disminución parcial de su capacidad volitiva, sin que conste ninguna merma de sus capacidades intelectivas”; y, para colaborar con la Justicia, confesó ser el autor de los hechos al inicio del juicio.

El Tribunal del Jurado ha declarado probado por unanimidad que el condenado actuó “con intención de matar o sabiendo que esto podía suceder y aceptándolo”. Para ello, ha tenido en cuenta, como elementos de convicción o fuentes de prueba, la declaración del propio acusado, quien reconoció, al inicio del juicio, los hechos, así como los testimonios sobre las malas relaciones entre ambos por temas de convivencia. Además, ha considerado que el fallecido le transmitió a la persona que regentaba el hostal, del que eran los únicos moradores cuando sucedieron los hechos, su temor por las amenazas que le profería el acusado, así como que compró un cuchillo poco tiempo antes de los hechos y los informes médico-forenses.

“De todos estos datos, así como de la entidad de las lesiones que presentaba la víctima, muchas de ellas en zonas vitales, tal como se deriva de los informes forenses, infieren que el acusado apuñaló a la víctima con intención de matarla o sabiendo y aceptando que podía matarla”, indica la magistrada presidenta en la sentencia, en la que subraya que se da la alevosía, circunstancia que cualifica el homicidio en asesinato, porque por el carácter violento de la agresión y número puñaladas asestadas; y, a la vista de la inexistencia de lesiones defensivas en la víctima o lesiones de consideración en el acusado, los jurados entendieron que se produjo una “embestida imprevisible”, en la que la víctima “no tuvo ninguna oportunidad de realizar una defensa eficaz, única que puede considerarse excluyente del ataque alevoso”. La sentencia no es firme, pues puede ser recurrida ante el TSXG.

‘La Ruina’ vuelve a Galicia con funciones en Vigo, Ourense y Santiago de Compostela

0

El exitoso espectáculo basado en las anécdotas del público vuelve a Galicia tras vender más de 3.000 entradas en sus anteriores visitas

Ignasi Taltavull y Tomàs Fuentes, los cómicos que hacen posible ‘La Ruina’, regresan a Galicia. El próximo 22 de marzo aterrizarán en el Auditorio Municipal de Ourense. El 26 y 27 de septiembre actuarán en el Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela y el 28 del mismo mes en el Teatro Afundación de Vigo. Este anuncio llega tras vender más de 3.000 entradas en sus anteriores visitas a Galicia con este show. Las entradas están a la venta en Ataquilla.

‘La Ruina’, distribuido por Etiqueta Negra en Galicia, es un show en el que tanto asistentes como invitados especiales comparten en público su anécdota más embarazosa: aquella vez que su pareja les dejó Whatsapp, cuando se durmieron en una reunión importante, un malentendido con un taxista… la típica anécdota que los amigos siempre piden que cuentes en las cenas.

En el show se ríe todo el mundo, pero de alguna manera también se hace terapia de grupo al ver que todos llevamos un perdedor dentro. Porque si algo demuestra ‘La Ruina’ es que todas las personas,, sean anónimas o famosas, son más estúpidas de lo que todos creemos.

O PP critica que 5.320 pontevedreses sufran mañá os “graves prexuízos” do pacto de investidura de Pedro Sánchez pola supresión de vinte trens na provincia pola folga

0

A senadora Pepa Pardo, e a deputada no Congreso, Irene Garrido acompañadas de concelleiros de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía, entenden as reivindicacións do persoal de Renfe “ante a inseguridade laboral que lle xera o traspaso das Rodalies a Cataluña” e lamentan as “nocivas consecuencias” sobre os cidadáns

“Cando se fala dos efectos destes pactos perversos, os socialistas limítanse a rir e a dicir que non pasa nada, que o importante é o Goberno de progreso, pero desde mañá padeceremos o custo de que Sánchez sexa presidente e o retroceso nos nosos servizos”, indicou

A tamén concelleira pontevedresa advirte de que as xornadas de folga ampliaranse ao 30 de novembro e o 1, 4 e 5 de decembro “para empezar”, o que afectará a 27.000 pontevedreses que quedarán sen praza, e que se engade aos fortes problemas do servizo ferroviario

O PP Provincial de Pontevedra criticou na xornada de hoxe que 5.320 pontevedreses sufran mañá os “graves prexuízos e as nocivas consecuencias” do pacto de investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno, xa que convócase o primeiro día de folga no sector ferroviario coa supresión de vinte frecuencias de tren na provincia.

A senadora Pepa Pardo e a deputada no Congreso Irene Garrido, acompañadas de concelleiros das cidades de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía, admitiron comprender as reivindicacións do persoal de Renfe para emprender este paro “ante a inseguridade laboral que lle xera o traspaso das Rodalies a Cataluña”, pero ambas lamentaron os “terribles efectos” sobre os cidadáns da provincia, que van quedar sen o seu medio de transporte nunha xornada, a deste venres, na que moitos adoitan a regresar aos seus fogares tras a semana laboral. Ademais, neste senso, Irene Garrido engadíu tamén que se agardaban moitos desprazamentos neste medio de transporte a Vigo con motivo do acendido das luces de Nadal.

“Vai ser un caos absoluto. A xente non vai ter como volver a casa e vanse desbordar os autobuses ata quedar sen prazas. E todo elo, por unha medida completamente arbitraria de Pedro Sánchez para seguir no seu despacho malia perder as eleccións. A cesión das Rodalies a Cataluña sempre se dixo que era un agasallo sen sentido, que quebraba a unidade do servizo en toda España e que prexudicaba aos traballadores, pero non se valoran as consecuencias, nin as molestias sobre os cidadáns que, por desgraza, desde mañá van sufrir xa ao novo Goberno e ao seu pacto da infamia”, manifestou Pepa Pardo.

Neste senso, os populares explicaron, nunha comparecencia ante a estación de tren de Pontevedra, que a folga vai suprimir no seu primeiro día 14 trens de media distancia entre as cidades da Coruña e Santiago con Vigo e Vilagarcía de Arousa, e as súas correspondentes paradas na capital provincial, o que supón unhas 3.920 prazas; 4 frecuencias do Tren Celta entre Vigo e a cidade portuguesa de Oporto con 800 asentos; e 2 viaxes entre a estación olívica de Urzáiz e Madrid-Chamartín con 600 prazas en total.

“Cando desde o Partido Popular falamos dos nocivos efectos destes pactos perversos, os socialistas limítanse a rir, a dicir que non pasa nada, que somos uns esaxerados e que o importante é que haxa un Goberno de progreso, pero eles fan as cousas a calquera prezo, sen importarlle a xente, nin a igualdade nin os servizos públicos. E por iso desde mañá padeceremos o enorme custo de que Sánchez sexa presidente e a ver se é tan valente para explicarlle á xente porque o seu goberno de progreso vai ser protagonista polo retroceso nos servizos públicos, neste caso o tren na nosa provincia, que é a zona cero, a más afectada en liñas de toda Galicia”, aseverou a senadora.

Pepa Pardo adiantou ademais que “o problema só acaba de comenzar”, xa que a folga ampliarase aos días 30 de novembro e 1, 4 e 5 de decembro, alomenos inicialmente e sen que se desbote a súa continuidade, polo que todo apunta á supresión dun cento de frecuencias na provincia de Pontevedra nestas cinco xornadas de paro e que preto de 27.000 pontevedreses queden sen praza “nunhas datas especialmente sensibles, xa que aos traxectos por traballo únense os das compras de Nadal e outros vencellados ao turismo propio destas datas e da ponte da Constitución”.

E a todo elo, “súmanse os gravísimos problemas no servizo ferroviario que estamos a padecer desde hai meses nas liñas de trens da provincia, que son as segundas de Media Distancia máis empregadas de toda España e que están a sufrir longos retrasos, avarías, falta de prazas, supresións de trens sen avisar, en definitiva, un desastre”, sinalou Pardo.

En todo caso, desde o PP provincial aseguraron que van denunciar a todos os niveis a aldraxe que supón para Galicia o acordo de traspaso das Rodalies a Cataluña, mentres o Goberno de España non pon os medios necesarios para o funcionamento axeitado do servizo de tren tras anos de abandono, desmantelamento e recurtes nun servizo fundamental.

“O AVE aos Reis Magos”

Pola súa banda, a deputada no Congreso, Irene Garrido, lamentou o desagradable espectáculo ofrecido onte polo ministro de Transporte e Mobillidade, Óscar Puente, nun plató de televisión, ríndose de todos os galegos e galegas instando que pidamos o AVE aos Reis Magos.

“Non parece a mellor maneira de estrearse no cargo. E todo parece indicar que  Abel Caballero vai seguir aplaudindo os seus compañeiros de filas con este tipo de comentarios, onde deixan ben claro un menosprecio total para Galicia”, lamentou Irene Garrido.

A deputada fixo especial fincapé en que esta ben claro que o Goberno central amosa un nulo interese polas infraestruturas e a mellora da mobilidade, xa non só para Pontevedra, senón para toda Galicia e dende o PP non imos consentir estos desagravios a costa dun servizo tan necesario e tan reclamado dende fai tantos anos.

Irene Garrido preguntou se Abel Caballero vai quedar calado ante istos ataques e vai seguir aplaudindo aos seus compañeiros de filas aínda cando os seus intereses partidistas no conflúan cos de Vigo. Canto tempo máis van seguir os socialistas vigueses, sendo cómplices do atraso ao que nos está condenando o seu xefe de filas en materia de infraestruturas? Van seguir poñendo a proba a paciencia dos vigueses? Esto amosa que vai ser a estratexia do PSOE, indicou Garrido

Porque aos atrasos producidos estes días nas conexións entre Vigo, A Coruña e Ourense, hai que sumar que o  AVE, prometido para 1993 polo alcalde de Vigo, non acaba de chegar á cidade 30 anos máis tarde. E agora esta folga, ponlle a guinda ao pastel que Sánchez cociñou cos independentistas para manterse no poder. É a primeira das moitas facturas que pagaremos o resto de españois por todo este despropósito da amnistía, concluiu Irene Garrido.

Ana Ortiz y Begoña Abeijón destacan la labor integradora de Igualarte en el estreno del nuevo videoclip Musgo

0

La delegada territorial de la Xunta en Vigo y la directora general de Personas con Discapacidad destacan el trabajo realizado por la Fundación

El grupo Chungo Pastel, integrado por usuarios del centro ocupacional, presentó su nueva canción en colaboracióncon Fillas de Cassandra y Paco Serén

La delegada territorial de la Xunta en Vigo, Ana Ortiz, y la directora general de Personas con Discapacidad, Begoña Abeijón, acudieron este jueves a la presentación del nuevo videoclip elaborado por el grupo Chungo Pastel, integrado por usuarios del centro ocupacional de la Fundación Igualarte.

Las representantes autonómicas destacaron la importancia de la labor integradora de Igualarte en la formación de personas con discapacidad cara un futuro profesional relacionado con las artes. También apuntaron que este tipo de propuestas contribuyen a darle visibilidad y a valorar cómo se merecen el ingenio y creatividad de estas personas.

El nuevo videoclip de Chungo Pastel, titulado “Musgo” y presentado en la sede de Igualarte, fue realizado junto al grupo vigués Fillas de Cassandra y contó con la colaboración del productor musical y exmiembro de los Piratas, Paco Serén, ahí como del gaitero Anxo Lorenzo. El videoclip fue dirigido y realizado por Santiago Iglesias.

Ana Ortiz puso en valor el trabajo que llevan a cabo las entidades que trabajan en el ámbito de la atención a la discapacidad para “mejorar el bienestar y la calidad de vida” de este colectivo, ya que les ayudan “a desarrollar al cien por” cien sus habilidades y capacidades.

Por su parte, Begoña Abeijón, que mantuvo una reunión previa con los responsables de la Fundación Igualarte, destacó que el centro ocupacional de Igualarte oferta desde el año 2021 nuevas plazas financiadas por la Xunta, hasta llegar a un total de 19 plazas subvencionadas en estas instalaciones y que suponen una inversión de más de 120.000 euros al año.

La Guardia Civil contará con diez drones submarinos

0

Se trata del modelo de dron GLADIUS MINI S que incrementará la capacidad de los agentes para realizar inspecciones en los cascos de los barcos

La adquisición de estos equipos ha sido sufragada al 80% dentro del marco del programa de ayudas EUAF 2021 (Union Anti-Fraud Programme) de la OLAF de la Unión Europea

Serán entregados a las Unidades de Fiscal y de Fronteras de Valencia, Barcelona, Bilbao, Málaga, Vigo, Algeciras, Puerto de la Luz, Santa Cruz de Tenerife, Alicante y Santander

La Guardia Civil ha presentado diez drones submarinos modelo GLADIUS MINI S con cámara 4K UHD en el Puerto de Valencia.

Los drones submarinos serán entregados a varias Unidades de Fiscal y de Fronteras de Valencia, Barcelona, Bilbao, Málaga, Vigo, Algeciras, Puerto de la Luz, Santa Cruz de Tenerife, Alicante y Santander.

La adquisición de estos nuevos equipos tiene como objetivo reforzar la capacidad de la Guardia Civil en la prevención y la persecución del contrabando de todo tipo de productos ilícitos, en un contexto caracterizado cada vez más, por la mejora de las técnicas de ocultación que las organizaciones criminales están acometiendo en las embarcaciones que llegan a los puertos de la Unión Europea, aprovechando para ello los distintos huecos ocultos de los que disponen las mismas, tanto por encima como por debajo de la línea de agua.

La Guardia Civil incrementa así sus capacidades de inspección en este tipo de ambientes, reforzando así la seguridad de nuestras fronteras exteriores frente a todo tipo de amenazas y de manera singular contra el contrabando.

Los nuevos drones submarinos permitirán realizar un mayor número de inspecciones en los cascos de los barcos complementando así la función que desarrollan las Unidades de Análisis e Investigación Fiscal y de Fronteras de la Guardia Civil (UDAIFF), encargadas de la realización de los análisis de riesgo en frontera que permitirán desplegar dichos equipos allí donde sea necesario, ya la de los GEAS, Grupo Especial de Actividades Subacuáticas, que pasarían a actuar cuando se derive la necesidad tras el uso de los drones.

Así mismo con estos drones se pretende incrementar la protección portuaria y del tráfico marítimo con reconocimientos orientados a la seguridad. La adquisición de estos equipos ha sido sufragada al 80% dentro del marco del programa de ayudas EUAF 2021 (Union Anti-Fraud Programme) de la OLAF de la Unión Europea y el 20% restante por la Guardia Civil.

Galicia refuerza y da estabilidad al personal del Servizo Público de Saúde con una oferta de empleo público de 1207 plazas

0

El presidente del Gobierno gallego explica que la OPE 2023 aprobada hoy por el Consello da Xunta recoge 168 plazas de personal licenciado sanitario, 958 de diplomado sanitario y de formación profesional y 81 de gestión y servicios

La resolución de procesos selectivos previos se tradujo este 2023 en la toma de posesión de 1138 profesionales del Sergas

El decreto que aprueba la oferta de empleo público reserva 61 plazas para personas con discapacidad general y 33 para profesionales con discapacidad intelectual

El presidente del Gobierno gallego, Alfonso Rueda, destacó el refuerzo y estabilidad del personal del Servizo Galego de Saúde que supone la aprobación hoy por parte del Consello da Xunta de la oferta de empleo público (OPE) 2023, que contará con 1207 plazas, distribuidas en 168 plazas de personal licenciado sanitario, 958 de diplomado sanitario y de formación profesional y 81 de gestión y servicios.

Según precisó el mandatario gallego, la oferta de 168 plazas de personal médico en la categoría de licenciado sanitario comprende 121 de medicina de familia, 35 de urgencias hospitalarias y 12 de hospitalización a domicilio. Las 958 plazas de diplomatura sanitaria y de formación profesional se dividen en 818 de enfermería, 121 de técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico, 11 de técnico superior en dietética y 8 de anatomía patológica y citología. Por último, apuntó que de las 81 plazas de la categoría de gestión y servicios, 37 se corresponden la personal de trabajo social, 33 de auxiliar de función administrativa, 5 de gestión de la función administrativa, 2 del grupo técnico de la función administrativa y 4 de técnico superior en prevención de riesgos laborales.

Rueda destacó que la OPE de 2023 cuenta con 61 plazas reservadas la personas con discapacidad general y, como novedad, el decreto de la oferta de empleo público recoge la concentración de la reserva de plazas de discapacidad intelectual en el grupo auxiliar de la función administrativa y, por lo tanto, las 33 plazas ofertadas estarán reservadas para las personas con este tipo de discapacidad.

El presidente de la Xunta recordó que desde el año 2012 se ofertaron casi 12.500 plazas en diferentes categorías, a las que ahora se le suman las 1207 convocadas en esta OPE 2023.

Toma de posesión de más de un millar de profesionales

Con la resolución de los últimos procesos selectivos, a lo largo de este año se incorporaron 1138 profesionales al plantel hizo de las instituciones sanitarias gallegas. De ellos, 459 se corresponden a la resolución del concurso de méritos de estabilización en la categoría de enfermería.

Además, este 2023 se realizaron exámenes de oposición para la convocatoria de 2.541 plazas de personal estatutario en las categorías de enfermero/a, técnico/a en cuidados auxiliares de enfermería y personal de servicios generales. Asimismo, también se realizaron los ejercicios para la cobertura de 96 plazas en diversas clases de personal funcionario sanitario de la escala de salud pública y Administración sanitaria.

Luis López avanza que o Plan Estratéxico do Turismo das Rías Baixas afondará na necesaria dixitalización dun sector clave para a provincia

0

O presidente da Deputación abriu este xoves a xornada organizada polo Clúster de Turismo de Galicia no salón de plenos do pazo provincial titulada “Rías Baixas: O camiño dos algoritmos”, centrada na modernización tecnolóxica do destino

Luis López anunciou que a redacción do proxecto saíu esta mércores a licitación por un importe de 75.000 euros

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou este xoves a saída a licitación do novo Plan Estratéxico de Turismo para as Rías Baixas para o que a Deputación destinará 75.000 euros. Trátase dun proxecto destinado a planificar accións destinadas a atraer visitantes, mellorar a imaxe de Turismo Rías Baixas, promover a creación de estudos turísticos, a coordinación con outras administracións e o tecido turístico empresarial, así como o lanzamento de novos produtos. Un novo paso adiante na aposta da Deputación por un sector estratéxico como o turismo anunciado polo mandatario provincial na apertura da xornada organizada polo Clúster de Turismo de Galicia, titulada “Rías Baixas: O camiño dos algoritmos”, no salón de plenos do Pazo Provincial. “O turismo é un verdadeiro motor para a creación de emprego e o desenvolvemento económico da nosa provincia, un motor que cremos que aínda pode xirar a máis revolucións”, afirmou o presidente para informar da licitación deste plan.

O tema desta xornada, que reuniu en Pontevedra a numerosos representantes do sector turístico da provincia e de Galicia, así como de expertos de ámbito nacional e internacional na adaptación tecnolóxica dos destinos turísticos; baseouse na implantación das novas tecnoloxías, como a intelixencia artificial ou a robótica, nas accións de promoción do destino e atención aos turistas nas Rías Baixas e no conxunto de Galicia. Neste sentido, Luis López repasou as iniciativas que a Deputación de Pontevedra ten en marcha para modernizar e adaptar aos novos tempos a xestión do turismo. A través do programa Tourist Inside, que vai pola súa segunda versión, o goberno provincial avanza na dixitalización da rede de oficinas e do destino Rías Baixas, ademais de trazar estratexias para favorecer o acceso ao destino e a comunicación co turista xa no seu lugar de orixe. “Creamos un modelo integral e transversal de xestión turística intelixente que situará a Turismo Rías Baixas na vangarda tecnolóxica do sector”, asegurou o mandatario provincial.

Unha aposta pola dixitalización que é compartida co Clúster de Turismo de Galicia. “Se tendemos pontes co Clúster e co sector empresarial estou convencido de que seguiremos batendo récords nos nosos aloxamentos e no Camiño, ofreceremos un produto moderno e adaptado aos novos tempos e, sobre todo, construiremos un destino que seguirá sendo referente pola súa calidade e a súa sustentabilidade”, declarou López.

Sostén o presidente da Deputación que o turismo na provincia de Pontevedra “aínda non tocou teito”. Unha tese reforzada coa recente nova relacionada con que Pontevedra é o principal destino de Galicia buscado por usuarios de Booking de todo o mundo á hora de planificar as súas vacacións en España. “A xente quere vir a Pontevedra, agora temos dúas opcións: festexar e agardar a que veñan ou planificar, traballar e aproveitar o traballo ben feito para consolidarnos como un destino turístico de excelencia. Eu aposto polo segundo”, alentou.

Finalmente, animou o presidente da Deputación a traballar en conxunto para facer da provincia “un líder na integración de tecnoloxías revolucionarias para o sector turístico”. Pola súa banda, a Deputación reforzou para o vindeiro ano os seus investimentos en Turismo ampliando a partida orzamentaria en máis dun millón de euros ata acadar os 5,6 millóns, incrementando nun 80 %, ata os 180.000 euros, os fondos para subvencionar actividades relacionadas co turismo; ou no reforzo do apoio a entidades turísticas como o Clúster de Turismo, nun 17 %, ata un total de 56.000 euros. “Un esforzo sen precedentes por parte do goberno da Deputación de Pontevedra para dicirlle a todo o mundo que Pontevedra é desfrutar”, concluíu Luis López.

Nava Castro: “Estamos preparados para os cambios”

A encargada de pechar esta xornada foi a deputada de Turismo, Nava Castro, quen felicitou ao presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, en representación de todo o sector, á Xunta de Galicia e a todos os participantes por esta “interesante xornada de debate e capacitación”. A responsable desta área no goberno provincial sinalou tamén que “xornadas como estas son tan importantes porque nos permiten escoitar da boca de persoas expertas as últimas tendencias e as proxeccións a curto e medio prazo no tocante á tecnoloxía e ao turismo”. Innovacións que veñen da man do big data, das novas maneiras de entender a mobilidade urbana, do espertar da intelixencia artificial ou da adopción da robótica por iso “para nós é fundamental apoiar iniciativas como esta que nos permiten estar á vangarda e tamén adaptados e preparados para os cambios porque o noso obxectivo é que esta provincia vaia a máis e para conseguilo o turismo ten que ser un dos seus grandes puntais”, rematou a deputada Nava Castro para dar por pechada a xornada.

Caballero tende a man ao sector naval para orientar a formación á demanda das empresas

0

O alcalde pechou o encontro empresarial sobre o talento no sector onde puxo de manifesto “que para Vigo é vital que Navalia continúe a súa acción”. Abel Caballero tendeu a man ao naval para orientar a formación á demanda das empresas “co obxectivo de seguir sendo competitivos”.

Pediu ante os empresarios trazar a demanda e a necesidade e anunciou que solicitará a cooperación do Ministerio de Educación neste ámbito. “É necesaria una adecuación da formación e a mobilización, para informar do sector naval noutros territorios, como no interior do país, onde non hai unha cultura do mar pero seguramente moitas persoas estean interesadas en formarse e traballar neste eido”, declarou.

Para o rexedor, Vigo non se entende sen o naval e aposta por priorizar o sector para que “igual que cando as persoas escoitan a palabra Nadal pensan en Vigo, cando alguén diga Naval tamén ten que pensar en Vigo, e podemos conseguilo”, concluíu.