Rueda destaca el compromiso de la Xunta con la atención a los mayores, la lucha contra la soledad no deseada y la promoción de un envejecimiento activo

0

El presidente del Gobierno gallego participa en el foro ‘Los retos de los sénior gallegos’ del diario 65ymás

Recordó que el Gobierno autonómico apuesta por reforzar las políticas sociales y sanitarias para prestar los mejores servicios a todos los gallegos, vivan donde vivan

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, destacó esta mañana el compromiso de la Xunta con la atención a las personas mayores, la lucha contra la soledad no deseada y la promoción de un envejecimiento activo para «poder vivir muchos años y vivirlos muy bien».  

Durante su participación en el foro Los retos de los séniores gallegos, organizado en Santiago de Compostela por el diario 65ymás, recordó la apuesta del Gobierno autonómico por «reforzar las políticas sociales y sanitarias» para garantizar que todos los mayores de la comunidad reciben la misma atención, vivan en las ciudades o en el rural y tengan plena autonomía o precisen cuidados por algún tipo de dependencia.

Para mejorar la atención de los mayores que precisan algún tipo de cuidado, la Xunta triplicó el número de plazas en residencias públicas desde 2009 hasta llegar las 15.000 -y en los primeros 100 días de Gobierno se impulsó la creación de 1000 más-; puso en marcha el Bono Coidado no Fogar por lo que 20.000 dependientes que son atendidos por un cuidador nos sus domicilios reciben una ayuda de 5.000€ ; impulsó una red de 120 Casas del Mayor y promueve el Servicio de Ayuda en el Hogar.

Envejecimiento activo

Por otra parte, el Gobierno autonómico cuenta con diferentes medidas para promover el envejecimiento activo como el programa Bienestar en Balnearios -con estancias para mayores de 60 años-; las aulas sénior en las tres universidades gallegas; la gratuidad a la hora de viajar en transporte público autonómico o la puesta en marcha del Carné+65 para disfrutar de descuentos en establecimientos y servicios.

Además la Xunta ultima la Estrategia Gallega de Atención a la Soledad no deseada para trabajar en la prevención, detección e intervención que complementa con iniciativas como Xuntos polo Nadal, al mismo tiempo que trabaja en medidas para paliar el edadismo en la población gallega.

Aprovechamiento del talento sénior

Alfonso Rueda también quiso ensalzar la gran fuente de conocimiento y experiencia que representan los sénior. Un hecho por lo que el Gobierno gallego orienta las políticas activas de empleo a seguir mejorando el mercado laboral y a incrementar las oportunidades de colectivos con más dificultades para acceder a un trabajo a través de iniciativas como el programa de incentivos a la contratación Galicia Emplea o el voluntariado intergeneracional en medio rural. «Toda esa gente que quiere seguir trabajando creo que hay que aprovecharlo», indicó.

Asimismo, recordó que la Comunidad fue seleccionada por un comité internacional para analizar su calidad y longevidad, así como su posible catalogación como Zona Azul, una muestra más de esa «Galicia Calidade».

Caballero proporá a Lola Galovart como Valedora da cidadanía tras o cese voluntario de Luís Espada

0

O alcalde informou de que o Valedor do Cidadán, Luis Espada, renunciou ao cargo que ocupaba desde 2002 por razóns persoais, polo que anunciou que proporá como sucesora á maxistrada Lola Galovart, coa que hoxe mantivo un encontro

Abel Caballero anunciou esta mañá o cese por petición propia do actual Valedor da cidadanía, Luís Espada, cargo ao que accedeu no ano 2002. Logo de explicar que a decisión responde a razóns persoais, o alcalde eloxiou a súa “excepcional” labor acompañada dunha “notable” traxectoria como reitor da Universidade, catedrático ou investigador. “Realizou un magnífico traballo que lle agradezo infinito no nome da cidade”, destacou.

Ao mesmo tempo, Caballero avanzou que proporá a Lola Galovart Carrera como sucesora de Espada. Augurou que fará unha labor “excepcional” como Valedora da cidadanía tal e como avala a súa traxectoria profesional. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago,: Maxistrada en Gran Canaria, Vigo, Ferrol, Ponteareas e Torrelavega; deputada no Congreso na XII lexislatura; vice valedora do Pobo en Galicia; asesora do Defensor do pobo; técnica de xestión da Seguridade Social e avogada en Vigo. Caballero fará esta proposta ao Pleno da Corporación.

O BNG de Vigo emenda a suba xeral dos impostos de Caballero para 2025 por “inxusta e innecesaria”

0

A fronte nacionalista rexeita unha nova suba xeral do 4% nas taxas municipais e formula 55 emendas ás ordenanzas fiscais do vindeiro ano para avanzar cara a “un modelo equitativo no que pague menos quen ten menos recursos”

Xabier P. Igrexas: “É unha tomadura de pelo que o alcalde pretenda seguir a aumentar a presión fiscal cando a maioría social inda non recuperou o poder adquisitivo previo á crise da inflación e o Concello deixou o ano pasado 115 millóns de euros sen executar”

O Bloque Nacionalista Galego oponse a suba xeral dos impostos que pretende o Goberno de Abel Caballero para o ano 2025 por “inxusta e innecesaria”. A fronte nacionalista rexeita así o incremento xeral do 4% nas taxas municipais, por segundo ano consecutivo, formulando 55 emendas ás ordenanzas fiscais para avanzar cara a “un modelo equitativo e progresivo no que pague menos quen ten menos recursos”

O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, cualificou esta nova suba dos impostos de “tomadura de pelo” e acusou o Goberno local de carecer de xustificación económica para esta decisión. “É inaceptábel que o alcalde pretenda seguir a aumentar a presión fiscal nun contexto no que a maioría social inda non recuperou o poder adquisitivo previo á crise da inflación e cando o Concello de Vigo deixou sen executar 115 millóns de euros do orzamento do pasado ano 2023”, afeou.

Por estes motivos, dende o Bloque veñen de trasladar 55 emendas que incorporan demandas e propostas dos movementos e sociais e da veciñanza de Vigo para unha fiscalidade municipal “socialmente xusta” con máis bonificacións e exencións. Entre elas, Igrexas propuxo unha rebaixa do 50% para as familias e fogares con menos recursos no recibo do IBI, no imposto de circulación, no recibo do lixo e nas escolas municipais e instalacións deportivas. Na mesma liña, chamou a bonificar nun 95% as facturas do IBI e do lixo para os locais de asociacións e entidades sen ánimo de lucro.

Medidas fiscais fronte ao problema da vivenda

Entre as emendas nacionalistas, o portavoz municipal do BNG destacou as medidas fiscais para enfrontar o “gravísimo problema” do acceso social á vivenda en Vigo. Nesa liña, chaman a gravar nun 95% o recibo do IBI para as vivendas desocupadas na cidade, máis de 20 mil segundos os últimos datos oficiais, e tamén das vivendas de uso turístico, diante da súa proliferación superando as 2 mil na actualidade. En sentido inverso, Igrexas propuxo bonificar nun 95% este imposto para aquelas vivendas incorporadas a algún programa público de promoción do alugueiro ou destinadas a arrendamentos en réxime de protección ou de carácter social.

Máis impostos ás grandes empresas

Dende o BNG defenden un incremento do 20% no Imposto de Actividades Económicas para as empresas cunha facturación superior a 1 millón de euros, co obxectivo de compensar as bonificacións e exencións para as persoas e familias con menores recursos. Na mesma liña, chamaron a recargar nun 95% o IBI e as taxas de actividade para a “lacra” das casas de apostas e similares, así como as empresas dedicadas á xestión e promoción de vivendas de uso turístico. Do mesmo xeito, piden subir as taxas que pagan os bancos e entidades financeiras por uso da vía pública cos caixeiros.

Fin da “estafa” da auga

Un dos asuntos centrais das emendas do Bloque ás ordenanzas fiscais pasan por avanzar cara á “fin da estafa” da tarifa da auga. Así, Igrexas demandou a creación dun grupo de traballo dentro da Comisión Informativa de Orzamentos e Facenda, aberto á participación do tecido asociativo e de persoas expertas, para definir un novo modelo xestión integral que considere a auga como un ben público, avanzando cara á remunicipalización do servizo e cara a un sistema de tarifas socialmente máis xusto. Nese camiño, propuxo un desconto do 25% para aqueles fogares con consumos inferiores aos 3 metros cúbicos por persoa e mes, ademais da exención total para persoas perceptoras de axudas sociais para garantir o acceso universal a este ben básico.  

Apoio do deporte e da cultura

Entre as medidas de apoio ao tecido asociativo, o portavoz municipal nacionalista pediu a gratuidade das taxas para uso das instalacións deportivas municipais para aqueles clubs que as utilizan durante toda a tempada como unha medida de “importante alivio económico” para estas entidades e de fomento do deporte de base. No relativo á cultura, o Bloque chamou a aumentar o desconto dos abonos para acudir a espectáculos organizados polo Concello do actual 30% ao 50%.

A Deputación de Pontevedra da luz verde á execución da humanización da rúa de San Roque no Concello de Vigo

0

A institución provincial aprobou hoxe o convenio que permitirá o financiamento desta obra de mellora da mobilidade urbana sostible, cun custe de 2,27 millóns de euros, ao abeiro do acordo de colaboración subscrito entre ambas as dúas administracións

Esta actuación, que contará cunha achega provincial de preto do 70% dos fondos, desenvolverase nun tramo de 247 metros entre as rúas Gregorio Espino e Reiseñor

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar o convenio que permitirá o financiamento da obra de humanización na rúa San Roque, unha actuación prevista polo Concello de Vigo no marco do convenio de colaboración subscrito entre ambas as dúas administracións. 

A intervención, que se desenvolverá nun tramo de 247 metros, busca corrixir unha deficiente distribución dos usos actuais, con beirarrúas estreitas que dificultan o paso de peóns e un viario que se atopa en moi mal estado de conservación, entre outras eivas de entidade.

Cun coste estimado da obra de 2.271.099 euros, contará cunha achega por parte da Deputación de 1.569.494 euros. Correspondendo así preto do 70% a fondos provinciais, mentres que o Concello de Vigo asumirá a parte restante na cantidade de 701.605 euros.  

Os traballos, segundo figura na memoria técnica do proxecto, contemplan unha importante distribución dos espazos coa creación dunha praza entre San Roque e Couto de San Honorato, ademais de renovar a pavimentación do viario, as beirarrúas e alumeado público e instalar rego automático nas novas zonas axardinadas. A intervención preservará o sentido único de circulación actual e reservará prazas de estacionamento nas rúas Talude e Avenida Alcalde Gregorio Espino.

Así as cousas, esta actuación derivará nunha mellora considerable da mobilidade e seguridade de peóns e vehículos, aproveitando a actuación para renovar as redes de saneamento e abastecemento. Compre lembrar que por esta rúa discorre unha das principais arterias do servizo que transporta auga dende a Etap do Casal, e que a totalidade da rede de abastecemento existente neste ámbito é de fibrocemento. De maneira que, unha vez finalizada a súa vida útil, é precisa a súa renovación integral.

Esta previsto que esta obra comece no primeiro trimestre do vindeiro ano cun prazo de execución 11 meses.

Tras firmar a pasada semana o convenio para a execución das ramplas mecánicas entre as rúas Álvaro Cunqueiro e Tarragona, na rúa Pintor Colmeiro, este é o segundo dos tres convenios que firmarán a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo por un importe conxunto de 6,2 millóns de euros. Trátase da solución proposta pola institución pontevedresa para rescatar as partidas que estaban próximas a caducar correspondentes aos proxectos que o Goberno local non foi capaz de executar no marco do convenio vixente. Unha medida que salva investimentos para a cidade que doutro xeito perderíanse. Estas actuacións completa outros proxectos xa comprometidos para a cidade de Vigo, entre os que se atopan os 13 millóns de euros da grada de Gol de Balaídos ou os 4,6 millóns de euros destinados á compra do Cine Fraga. En suma, 30 millóns de euros, o investimento máis alto da historia da Deputación na cidade de Vigo.

El PP de Vigo presenta 47 enmiendas a las ordenanzas fiscales para evitar otro “sablazo” de Caballero, que batirá un “récord recaudatorio”

0

El grupo municipal popular propone una rebaja general del 4%, reducir la cuota del IBI en más de la mitad e incluir a los centros concertados en las exenciones por uso de instalaciones deportivas, entre otras medidas

Patricia García considera un “disparate” que un ayuntamiento que “presume de cuentas saneadas” y “acumula millones de euros guardados en la caja” eleve sus impuestos y tasas 8 puntos en dos años

El grupo municipal del Partido Popular de Vigo ha presentado 47 enmiendas parciales a las ordenanzas fiscales propuestas por el gobierno local de cara al ejercicio 2025. Un año en el que Abel Caballero batirá un “record recaudatorio” merced a otro “sablazo” a los vigueses, que se plasma en un nuevo aumento del 4% en impuestos y tasas municipales. Una subida que se suma a la del presente año 2024, cuando el Concello encareció sus tasas otro 4%.

Por ello, la concejala Patricia García ha calificado de “disparate” que un ayuntamiento que “presume de cuentas saneadas, que no ejecuta sus presupuestos y que acumula millones de euros en la caja” endurezca su presión fiscal en 8 puntos durante dos años consecutivos. La edil del PP de Vigo ha abogado por caminar en la “dirección opuesta” a la que señala el gobierno local socialista. Así, ha propuesto una bajada generalizada del 4%, de tal manera que se revierta el “impuestazo perpetrado” en 2024 y se evite el planeado para 2025.

Además, el Partido Popular aboga por introducir una “importante” rebaja fiscal en “una de las tasas más costosas para cualquier ciudadano”: el Impuesto de Bienes Inmuebles (IBI). A este respecto, las enmiendas del grupo municipal incluyen una reducción de este gravamen al tipo mínimo (0,4 en bienes urbanos y 0,3 en bienes rústicos). Esta medida permitiría disminuir en más de la mitad cada cuota anual.

Patricia García también ha planteado a la Concellería de Facenda ampliar la bonificación que reciben los centros educativos por utilizar las instalaciones deportivas municipales para realizar actividades docentes de Educación Física al carecer de espacio suficiente en sus propias instalaciones. En este sentido, la enmienda popular apuesta por ampliar esta exención a “todos los colegios sostenidos con fondos públicos”, de tal manera que se incluya a los concertados.

Otra de las enmiendas del grupo popular busca aliviar la economía de autónomos y pymes “en momentos de escasa facturación”, como ocurre cuando los comercios de la ciudad afrontan obras públicas en la calle. Así, se sugiere liberar del pago del Impuesto de Actividades Económicas (IAE) a aquellos locales que padecen “las consecuencias de tener sus calles patas arriba”. García ha recordado casos como el de la calle Elduayen, que “sufrió una cascada de cierres al permanecer años empantanada” por la construcción del túnel que atraviesa la Porta do Sol.

Con propuestas como estas, según la concejala popular, “se relajaría la ya de por sí elevada carga fiscal que arrastran los vigueses”, que se ve agravada por un contexto económico que sigue siendo de “elevada inflación”. Tal y como ha sostenido, “la única fórmula que funciona es bajar la presión fiscal para aliviar el bolsillo de los ciudadanos y así incentivar el consumo y la actividad económica”. Finalmente, García ha instado a Caballero a abandonar “su afán recaudatorio”. “La ciudadanía no puede pagar su obsesión por presumir cada año de presupuesto municipal récord ni su afán por hacerse fotos en inauguraciones. Subir los impuestos 8 puntos en dos años es injusto e innecesario”, ha concluido.

Teis se prepara para una nueva ‘Festa Veciñal’

0

Contará con un amplio programa de actividades que incluye comida de barrio, conciertos, atracciones infantiles, fiesta de la espuma, bar, etc.

La Asociación de Vecinos de Teis organiza este próximo fin de semana, el sábado 14 y domingo 15 de septiembre, el “Teis Fest” en la plaza ETEA.

Este es el séptimo año que se celebra la fiesta en la plaza de ETEA, configurándose como un espacio de convivencia entre los vecinos al tiempo que se le da un mayor uso y se pone en valor los terrenos de la antigua ETEA, que durante muchos años hasta el 2002, se les prohibió el encendido del barrio por tratarse de instalaciones militares.

La fiesta de barrio contará con un amplio programa de actividades a lo largo de la jornada del sábado y que se ampliarán el domingo, que incluye comida de barrio, conciertos, atracciones infantiles, fiesta de la espuma, bar, etc.

Almuerzo de barrio

Una de las actividades más importantes de la fiesta es el almuerzo vecinal que se celebrará el sábado 14 a las 14.00 horas. Para participar será necesario inscribirse previamente en las instalaciones de la Asociación, siendo la fecha límite este jueves día 12.

Este año se preparará carne o caldeiro en la propia fiesta, además de empanada, postre, bebidas y café. El precio es de 25 euros para socios y 30 euros para no socios.

El atardecer con música local

Desde la Asociación se apuesta por la música local y, de las 4 actuaciones, 3 son grupos vigueses: «O Faro da Guía», «Sonido de Teis» y «Sun Iou».

Atracciones infantiles y fiesta de la espuma.

Durante todo el fin de semana habrá actuaciones infantiles en la plaza ETEA a precios reducidos (3 euros) y el domingo a las 18.00 horas, la fiesta de la espuma.

14 de septiembre

  • 12:30 p.m. Exhibición de Zumba.
  • 14:00 Almuerzo de barrio
  • 6:00 p.m. Grupo «O Faro da Guía»
  • 20:00 horas Sonido de Teis
  • 21:30 h. Sun Iou
  • 23:00 horas Tecor Societario

15 de septiembre

  • 6:00 p.m. Fiesta de la espuma.

A Deputación celebra que os xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro xa formen parte oficial da Ruta da Camelia de Galicia

0

Trátase do segundo xardín da Deputación en integrar deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior

Os xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro, propiedade da Deputación de Pontevedra, convértense nun dos puntos incluídos dentro da Ruta dos Xardíns da Camelia de Galicia. O Comité da Camelia de Galicia informou de maneira oficial hai uns días á institución provincial da aceptación da solicitude de adhesión do espazo natural a este itinerario, que pasan a ser os segundos xardíns propiedade da Deputación que forman parte dela tralo Castelo de Soutomaior. 

A Ruta dos Xardíns da Camelia é a única ruta turística existente en Europa que permite percorrer unha serie de xardíns públicos e privados cuxa característica principal é a de posuír a meirande colección e variedades de camelias de Europa. Os outros espazos da provincia de Pontevedra incluídos son os pazos de Lourizán (Pontevedra, propiedade da institución provincial ata o pasado ano), de Oca (A Estrada), da Saleta (Meis), de Quinteiro da Cruz (Ribadumia), de Pegullal (Salceda de Caselas), de Quiñones de León (Vigo) e de Rubianes (Vilagarcía de Arousa) e mais o Parque do Castro (Vigo).

En Areeiro mantense e increméntase cada ano a colección viva de camelias da Deputación de Pontevedra, que conta con preto de 1.400 exemplares de 46 especies. Ademais, tamén se realizan prospeccións polos xardíns históricos de Galicia, tanto públicos como privados, para recuperar cultivares antigos de camelia, e programas de investigación en todos os campos relacionados coa camelia.

Areeiro tamén forma parte do Grupo Internacional de Traballo de Conservación e de Identificación de Camelias Históricas da Sociedade Internacional da Camelia, que ten como obxectivo rexistrar, identificar e conservar os exemplares de camelia anteriores ao século XX de todo o mundo. Os xardíns de Areeiro pódense visitar durante todo o ano, todos os martes e xoves e dous sábados ao mes, grazas ao programa de visitas guiadas ao centro promovido pola Deputación, con solicitudes a través do seu sitio web.

A Xunta contrata o transporte sanitario terrestre non urxente da Área de Vigo por 4 millóns e tres meses

0

O Goberno galego garante que o servizo continúe na súa prestación, ata a adxudicación dun novo contrato

O Consello da Xunta abordou onte, na súa reunión semanal, un informe da Consellería de Sanidade, polo que se dá conta da declaración de emerxencia para a contratación do servizo de transporte sanitario non urxente da área de Vigo, por importe de 4.055.279 euros e unha duración inicial de tres meses, coa UTE formada por Emerxencias Sanitarias, SLU e Ambulancias Saluser, SL.

Así mesmo, está prevista a posible prórroga do contrato por outros tres meses e un importe de 3.430.442 euros. Mentres dure este contrato, tramitarase outro novo, mediante procedemento aberto.

Con esta contratación por emerxencia, que se iniciou o 1 de setembro, a Xunta garante esta prestación esencial para dar unha asistencia completa e adecuada aos pacientes, logo de que área sanitaria de Vigo, que atende a unha poboación de ao redor de 568.000 persoas, acordou a resolución deste servizo coa empresa que o estaba a realizar, por causa imputable ao contratista.

Cinco heridos en Mos tras registrarse un accidente múltiple en la A-55

0

Los implicados fueron trasladados al hospital Álvaro Cunqueiro

Cinco personas resultaron heridas en la tarde de este pasado lunes en Mos (Pontevedra) tras registrarse un accidente múltiple en la A-55, en el cual se vieron involucrados tres coches.

Tal como ha informado el 112 Galicia, fue un implicado en el accidente el que alertó a los servicios de emergencia, asegurando que se le había bloqueado su vehículo en el medio de un carril de dicha autovía, a la altura de Petelos, en Mos, dirección Vigo.

El incidente se produjo sobre las 18.30 horas y esto provocó que otros dos coches impactasen contra él. Por todo ello, el alarmante solicitaba asistencia sanitara para su hija, que viaja con él y sentía molestias.

Así, se dio aviso a los servicios de urgencias sanitarias, a la Guardia Civil de Tráfico, a los Bomberos de Baixo Miño y al GES de Mos. Finalmente, hasta cinco personas fueron trasladadas al hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

A Xunta contará en outubro co proxecto básico do novo IES de Navia

0

A delegada territorial, Ana Ortiz, avanzou que unha vez supervisado o documento, o Goberno galego solicitará a licenza e posteriormente licitar a obra

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, informou hoxe de que o Executivo autonómico contará o vindeiro mes de outubro co proxecto básico de execución do novo instituto IES de Navia que fora contratado en xaneiro pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP á UTE formada polas empresas Iglesias y Veiga Arquitectos e Mestura Arquitectes.

A representante autonómica indicou que, unha vez supervisado o documento, o Goberno galego solicitará a licenza municipal e, posteriormente, procederá a licitar a obra.  “Continuamos avanzando no compromiso da Xunta coa cidade e con esta nova infraestrutura educativa e como mellor proba figura o cadro de investimentos que levará a cabo nas diferentes partidas orzamentarias ata un total de 14 millóns de euros”, explica a representante autonómica.

O novo instituto, que atenderá as necesidades educativas derivadas da dinámica poboacional nunha área de expansión como é o barrio de Navia, deseñarase seguindo as especificidades académicas, tecnolóxicas e de sostibilidade recollidas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica da Xunta para todas as actuacións que se acometen en centros educativos. Será o primeiro instituto construído en base a estes parámetros. Terá capacidade para arredor duns 700 alumnos de ESO e Bacharelato e ocupará unha superficie total de preto de 8.200 m². En consonancia co Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, propóñense espazos docentes acolledores e interactivos, que fomenten novos modelos de aprendizaxe, dinámicos e adaptables. Ademais, o edificio construirase pensando en reducir nun 30% o consumo enerxético respecto de edificios similares.