Mañana comienza la campaña extractiva de la centolla en las provincias de Pontevedra y A Coruña

0

En la provincia de Lugo la centolla permanecerá en veda hasta el próximo 27 de noviembre, día incluido

La campaña del buey también abre mañana en todo el litoral de Galicia y se extenderá hasta el inicio de la veda del próximo año

La campaña extractiva de la centolla comienza mañana en las provincias de A Coruña y Pontevedra. En las áreas que van de cabo Corrubedo hasta A Guarda (en la provincia de Pontevedra) y de cabo Corrubedo hasta cabo Estaca de Bares (en la provincia de A Coruña), el inicio de la actividad de las distintas artes se rige por lo establecido en el decreto que regula en Galicia las artes, aparatos, útiles equipaciones y técnicas permitidos para la extracción profesional de los recursos marinos vivos. La flota que se dedica a la extracción de esta especie puede llevar sus capturas a la lonja el próximo lunes.

La campaña de este crustáceo en estas dos provincias se prolongará hasta el inicio de la veda del año 2022, que se fijará a través del correspondiente plan de gestión. En el caso de la costa que va de cabo Estaca de Bares hasta el río Eo -incluyendo la ría del Barqueiro, en la provincia de Lugo, la campaña comenzará el 28 de noviembre pues el plan de gestión que regula esta especie establece la veda en esta zona hasta el 27 de noviembre, día incluido.

El Ejecutivo gallego también abre mañana la campaña extractiva del buey en todo el litoral de Galicia, por lo que la flota dedicada a la captura de esta especie puede callar los aparatos de acuerdo con el establecido en el decreto de artes y aparatos y llevar sus capturas a la lonja el próximo lunes. La actividad se mantendrá hasta el inicio de la veda del próximo año, que quedará fijada en el correspondiente plan de gestión.
La cuota máxima de captura de cada una de estas especies será de 35 kilos por barco y día, a la que se le añadirán 35 kilos al día por cada tripulante enrolado y a bordo. Podrán participar en la campaña todas las embarcaciones de artes menores y con puerto base en Galicia así como aquellas que, teniendo puerto base en otras comunidades autónomas, tengan permisos especiales de pesca para faenar en estas aguas.

A Universidade de Vigo internacionaliza a súa actividade arqueolóxica cun proxecto en Marrocos

0

Durante cinco anos o GEAAT estudará o xacemento de Tahaddart e o comercio romano na costa atlántica

No norte de Marrocos, a uns 20 quilómetros ao sur da cidade de Tánxer, nunha lingua de area entre o océano Atlántico e unha gran lagoa interior, localízase o xacemento de Tahaddart, un complexo de época romana en moi bo estado de conservación no que destacan ata seis grandes fábricas de salgadura de peixe. Este enclave é o escenario do primeiro proxecto arqueolóxico internacional da Universidade de Vigo, que levará ata o 2025 ao seu Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) a afondar no coñecemento deste xacemento e do comercio en época romana na fachada atlántica marroquí, a antiga provincia da Mauritania Tingitana. A primeira intervención no xacemento xa se está a levar a cabo a cargo dun equipo hispano-marroquí formado por 30 persoas.  

A iniciativa desenvólvese en colaboración co Intitut National des Sciences de l’Archeologie et du Parimoine (INSAP) e co apoio dos ministerios de Cultura de España e do Reino de Marrocos (do que depende o INSAP) e da Xunta de Galicia. O profesor de arqueoloxía e investigador do GEAAT Adolfo Fernández, director do proxecto, destaca a relevancia desta iniciativa sinalando que “esta intervención en Tahaddart é a primeira escavación internacional que realiza a Universidade de Vigo”. O  proxecto, apunta, “supón internacionalizar a actividade arqueolóxica da nosa Universidade, que era algo que tiñamos pendente” e “damos un salto cualitativo, de calidade, moi importante para todos”.

O proxecto realízase ao abeiro dun convenio de colaboración en materia de patrimonio cultural asinado o pasado ano entre a Universidade de Vigo e o INSAP. Trátase, explica Adolfo Fernández, dun convenio “moi importante, pois só hai outro similar asinado con universidades españolas” e “un acordo imprescindible para desenvolver este proxecto”, dado que marca e recolle o protocolo para autorizar e desenvolver este tipo de actuacións no país africano. Ademais desta colaboración, a campaña arqueolóxica en Tahaddart deste ano está financiada polo Ministerio de Cultura de España a través da súa convocatoria para escavacións no exterior e o proxecto de estudo do comercio en época romana na costa marroquí está financiado para o período 2021-2025 pola Xunta de Galicia a través da convocatoria para proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente. “Este proxecto aúna o esforzo, o compromiso e as achegas de moitas persoas e institucións sen as cales non sería posible levalo a cabo e ás que queremos transmitir todo o noso agradecemento”, comenta Adolfo Fernández.

Primeira misión arqueóloxica en marcha

Segundo explica o seu responsable, o proxecto está previsto que se prolongue ata 2025, ata o remate do convenio asinado co INSAP. A súa primeira liña de actuación é o estudo e escavacións no xacemento de Tahaddart, que os responsables da iniciativa salientan que é “impresionante e cunha potencia arqueolóxica enorme”. Trátase, sinala Adolfo Fernández, dun enclave “moi interesante, principalmente de época romana, que conta con polo menos seis factorías de salga para a produción industrial de grandes volumes de preparados de peixe en moi bo estado de conservación, algunhas delas conservada practicamente ata o tellado”. Porén, engade, este xacemento marroquí abrangue máis que a época romana, tendo tamén unha parte máis antiga, de ocupación mauritana, pre-romana, con presencia fenicia-púnica, e un xacemento islámico. Así, a ocupación deste enclave prolongaríase desde aproximadamente o primeiro milenio antes de Cristo ata o século XVI, cando foi abandonado. “Analizaremos toda esa ocupación humana, centrándonos especialmente na época romana e nas súas factorías de salga”, comenta o arqueólogo.

A primeira actuación de campo no xacemento marroquí está en marcha desde o pasado día 29 de outubro e prolongarase durante 17 días, sendo codirixida por Adolfo Fernández e pola investigadora do INSAP e profesora da Universidade de Kenitra Meriem Hansali e o vice-director do INSAP, o profesor M. Kbiri-Alaoui. O equipo do GEAAT que está traballando en Tahaddart está formado por nove persoas, persoal investigador e profesorado da Facultade de Historia do campus de Ourense, e un profesor da universidade lusa de Coimbra colaborador habitual deste equipo. A parte marroquí está formada por profesorado e alumnado de diferentes universidades marroquís e 15 obreiros, estando  un total 31 persoas traballando no xacemento. “Este ano, o obxectivo é facer prospección, levantamento, limpeza e empezar coa escavación dalgunha das factorías”, adiantan os responsables do equipo da UVigo.

Galicia aposta pola dixitalización e diversificación de mercados exportadores para alcanzar os 25.000 millóns anuais

0

A nova estratexia de internacionalización ten como obxectivo acadar no 2025 as 8.000 empresas galegas con presenza en mercados exteriores

As exportacións a América do Norte triplicaránse e as de Sudamérica e Asia dobraríanse

O plan de acción inicial para o período 2021-2023 mobilizará máis de 70 millóns de euros para impulsar a recuperación económica

Galicia conta cunha nova Estratexia de Internacionalización para o período 2021-2025, a folla de ruta coa que o Goberno galego busca facilitar a saída ao exterior do tecido empresarial da Comunidade e que ten, como principais claves, a aposta pola dixitalización e a diversificación dos mercados exportadores.

8.000 empresas exportadoras e 25.000 millóns anuais

Sobre estes eixes, a Administración autonómica aspira a que se acaden as 8.000 empresas exportadoras e os 25.000 millóns anuais en exportacións en 2025, incrementando especialmente a presenza galega en países de fóra da Unión Europea.

Neste sentido, a Estratexia busca que as compañías galegas multipliquen por tres as exportacións a América do Norte, e dupliquen as súas vendas a América do Sur e Asia, ademais de incrementar en máis dun 25% as exportacións ao Reino Unido.

Para acadar ditas metas, a Estratexia contempla, como primeiro paso, un plan de acción inicial para o período 2021-2023 que suma máis de 70 millóns de euros para impulsar a recuperación económica do tecido empresarial galego tras a pandemia da covid-19. Un programa que se sustenta sobre catro piares: o fomento da innovación, a atracción de talento galego internacional, o acompañamento ao tecido empresarial e a difusión de casos de éxito.

70 MILLÓNS DE euros para impulsar a recuperación do tecido empresarial galego

O primeiro deles, o relativo á innovación, complementará e potenciará o traballo feito ata o de agora a través das Antenas do Igape. Estas oficinas, que acompañan ás pemes galegas nos seus procesos de internacionalización, están abertas hoxe en día en Shanghái, Miami, Casablanca, Cidade de México, Lima e Londres -esta última coa denominada Oficina Brexit-. Sobre esta base, o obxectivo é ter abertas en 2022 novas Antenas en Dubái e Tokio, explorando as posibilidades de Brasil e Corea do Sur a partir de 2023. A través da rede de Antenas, a previsión da Xunta é dar servizo a máis de 200 empresas en 2021 e chegar ás 1.000 no período 2021-2023.

Un crecemento que se pretende que se produza, tamén, da man da internacionalización dixital, fomentando que as compañías incorporen as canles dixitais para chegar a novos mercados. A meta é acadar as 1.000 empresas internacionalizadas dixitalmente no 2025, que se sumarían a outras 700 ás que se aspira a dar cobertura nas próximas edicións do Galicia Exporta Dixital, contando para todo cun orzamento de 24 millóns de euros ata o 2023.

Así mesmo, activarase o programa Emprende Global, que pretende facilitar a participación en feiras e encontros internacionais en materia de innovación e emprendemento. Neste sentido, prevense visitas a ecosistemas tecnolóxicos punteiros a nivel mundial, como o de Miami-Florida, Zhongguancun (Pekín), Silicon Wadi (Tel Aviv), Silicon Valley (California) ou o East London City (Londres). Ademais, fomentaranse o acceso ás licitacións internacionais cun servizo que permitirá ás empresas contar cunha plataforma que achegue información de contratación pública internacional e unha análise sobre a potencialidade do mercado da contratación pública en diferentes países.

O segundo eixe do plan de acción para o período 2021-2023 susténtase na captación de talento internacional, achegando ao tecido empresarial galego profesionais expertos na materia. Neste marco, destinaranse 9 millóns de euros para continuar coas liñas destinadas aos bolseiros e aos xestores de internacionalización, na procura de conseguir 100 novos bolseiros e chegar a 140 empresas. 

A Xunta de Galicia tamén activará o programa Fórmate Internacional, nova iniciativa de cualificación práctica e continua orientada á internacionalización. Neste marco, cómpre destacar tamén o programa ReAcciona covid-19, que incluirá dúas novas liñas de análise de mercados internacionais e elaboración de plans estratéxicos adaptados ao novo escenario.

10 millóns de euros para acompañamento nos mercados de destino

O acompañamento nos mercados de destino é o terceiro piar do plan de internacionalización para este período inicial. Un campo no que a previsión de investimentos supera os 10 millóns de euros ata o 2023, e que permitirá continuar o traballo iniciado coas liñas Galicia Exporta ou cos programas desenvolvidos en colaboración coas Cámaras de Comercio, ao tempo que se impulsan plans sectoriais nas industrias vitivinícola e contract que facilitarán tanto a internacionalización das súas empresas como a cooperación entre os diferentes axentes. No caso do viño, o plan intégrase na Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, que acaba de ser presentado e que persegue consolidar os viños galegos nos diferentes mercados e potenciar tanto a imaxe de marca e identidade como o turismo vinculado aos territorios onde se producen.

Un labor que se complementa co do cuarto eixe, centrado na difusión de casos de éxito, para o que se porá en marcha o programa Igape Contigo, que informará sobre a propia Estratexia de Internacionalización, dando a coñecer ditos casos de éxito e escoitando ás empresas para afondar en novas necesidades.

O mellor ciclo exportador

Deste xeito, e a través desta Estratexia, a Xunta de Galicia aspira a manter e reforzar a súa colaboración co tecido produtivo galego, mellorando a súa competitividade a través da internacionalización e da dixitalización. Un esforzo compartido que xa se vén levando a cabo e que ten permitido –segundo as últimas cifras de exportacións publicadas, relativas aos primeiros sete meses do ano–, acadar un crecemento do 23,3% con respecto ao mesmo período do ano pasado (xaneiro-xullo) e mesmo mellorar os datos anteriores á pandemia, sumando máis dun 5% máis que nos primeiros sete meses de 2019. De manterse este ritmo no que resta de 2021, as exportacións galegas pecharían por quinto exercicio consecutivo por riba dos 20.000 millóns de euros, consolidando así o mellor ciclo exportador da historia de Galicia.

Política Social aporta cerca de 192.000 euros para la reforma y la equipación del comedor social Virgen de Lourdes en Vigo

0

El director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, acompañado de la delegada de la Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitó esta mañana las instalaciones

Se acercó también a las instalaciones de la Casa Caridad, a las que la Xunta de Galicia aporta otros 200.000 euros para el comedor social de la Esperanza

El director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, acompañado de la delegada de la Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitó esta mañana la sede de Misión del Silencio. Allí destacó la importante labor que realizan estas entidades cada día, un trabajo que tras el último año de pandemia se hizo aún más necesario para muchas familias de la zona.
Arturo Parrado recorrió las instalaciones, donde aprovechó para poner en valor las obras realizadas en el comedor social Virgen de Lourdes gracias a la subvención concedida a través de la convocatoria para entidades de iniciativa social 2020-2022, que ascendió a cerca de 192.000 euros, de los que 128.000 fueron para la reforma del comedor, de los baños, de la sala de estar y del tejado, entre otras obras.

Casa Caridad

El representante autonómico también visitó las instalaciones de la Casa Caridad en compañía de la directora de la Fundación, Alicia Román Rodríguez. Allí conoció los diferentes espacios y el comedor de la Esperanza, al cual la Xunta de Galicia aporta 200.000 euros. Tras la visita, el director xeral de Inclusión Social mantuvo una reunión con la entidad para estudiar diferentes cuestiones en materia de inclusión.

Nacho Vegas e Dulce Pontes súmanse á programación musical do Auditorio Mar de Vigo

0

Hoxe comeza a venda de entradas para ambos concertos

Dulce Pontes presentará o seu novo show “Fascinaçao Tour” o 18 de decembro e Nacho Vegas o seu novo álbum “Mundos Inmóviles derrumbándose” o 12 de febreiro

O alcalde anunciou en rolda de prensa que Dulce Pontes e Nacho Vegas subirán ao escenario do Auditorio Mar de Vigo o 18 de decembro e o 12 de febreiro, respectivamente. Caballero sinalou que “seguimos neste proceso de música permanente” xa que os concertos súmanse aos xa anunciados de Los Zigarros o 4 de decembro, Love of Lesbia o 11, Mikel Erentxun o 22 de xaneiro e The Eels o 12 de abril.

‘Mundos inmóviles derrumbándose’ é o álbum que Nacho Vegas lanzará a principios do ano que vén seguido dunha extensa xira coa que parará no Mar de Vigo o 12 de febreiro, e na que ademais, se verá ben arroupado sobre o escenario por unha nova e sólida banda. Unha estimulante combinación de sons interpretada maxistralmente pola banda que gravou as novas cancións: Ferran Resines, Hans Lagoa, Joseba Irazoki e Manu Molina, a quen se sumará no directo Juliane Heinemann. O primeiro adianto, ‘La flor de la manzana’, é un tema que abre unha nova etapa do artista na que nos toparemos con sons e ritmos inesperados, pero coa mesma mestría lírica que xa coñecemos.

O 18 de decembro, Dulce Pontes regresa a Vigo para presentar ‘Fascinação Tour’, un show co que rendirá homenaxe aos que foron algúns dos seus principais referentes musicais, como a gran mestra Ellis Regina –a cantante coa que máis se identifica–, a gran Amália Rodrigues ou o seu grande referente no xénero portugués por excelencia, o Fado. Por último, e como non podería ser doutro xeito, Dulce tamén fará un aceno ao que ten sido o seu gran mestre, mentor e, por enriba de todo, amigo: o grande compositor Ennio Morricone.

En marcha a cuarta fase da humanización de Gregorio Espino cun orzamento de 1,6 millóns

0

Este venres tivo lugar a colocación da primeira pedra da obra, que prolongará a remodelación da avenida ata a rúa Merlo

O alcalde subliñou que o investimento en Gregorio Espino supera os catro millóns e continuará nun próxima fase ata a estación de autobuses. Caballero cifrou en 84 millóns os investimentos municipais en marcha neste momento

O alcalde, Abel Caballero, participou este venres no acto simbólico de inicio dos traballos de humanización de Gregorio Espino, que na súa cuarta fase afectará ao tramo comprendido entre as rúas Águia e Merlo, algo máis de douscentos metros de avenida. O orzamento da mesma ascende aos 1,6 millóns e está previsto que as obras duren uns dez meses.

En rolda de prensa posterior, Caballero explicou os detalles do proxecto, que recolle a mellora da mediana e manter os dous carrís de circulación por sentido, ampliar as beirarrúas -que serán de granito- ata os seis metros de ancho e renovar completamente as instalacións de iluminación, que pasarán a ser LED. O Concello cambiará tamén as canalizacións de abastecemento de agua, pluviais e saneamento, instalará unha nova rede de rego e de semáforos, bancos e papeleiras. No tramo de actuación manteranse os trece árbores existentes e se plantarán outros nove exemplares e catro máis en xardineiras, ata un total de vinte seis unidades.

Nas fases executadas de Gregorio Espino, o Concello leva xa adicados máis de catro millóns de euros, segundo os datos ofrecidos este venres polo alcalde. Caballero asegurou que o goberno que preside completará a humanización da avenida nunha fase seguinte, chegando ata a estación de autobuses.

O Concello e Ecoembes achegan ao Fogar e Clínica San Rafael, AGASFRA e APAMP as doazóns dos vigueses a través de RECICLOS

0

Abel Caballero agradeceu en rolda de prensa as doazóns que a cidadanía fixo ao reciclar as súas latas e botellas de plástico de bebidas a través deste Sistema de Devolución e Recompensa, que permitirán as tres organizacións levar a cabo diversos proxectos de carácter social na cidade de Vigo

Os puntos obtidos agora servirán de axuda para a Asociación Down Vigo e aos afectados polo volcán de La Palma

O alcalde e os responsables de Ecoembes fixeron hoxe unha entrega simbólica das doazóns que a cidadanía de Vigo realizaron ao Fogar e Clínica San Rafael de Vigo, a Asociación Galega San Francisco (AGASFRA) e á Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral (APAMP) ao reciclar a través de RECICLOS, un Sistema de Devolución e Recompensa que incentiva a reciclaxe mediante contribucións de carácter social e sostible.

Desta forma, os vigueses e viguesas decidiron doar a estas tres organizacións os puntos que obtiveron ao reciclar as súas latas e botellas de plástico de bebidas deste xeito. Caballero, e o portavoz de Ecoembes en Galicia, Bruno de Llano, quixeron agradecer ás tres asociacións e aos propios vigueses e viguesas o seu compromiso co medioambiente a través destes proxectos sociais.

Segundo explicou o rexedor en rolda de prensa, o Fogar e Clínica San Rafael de Vigo realizará diversas accións formativas e de rehabilitación con persoas con discapacidade intelectual; AGASFRA poderá continuar co seu labor de inclusión a persoas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento e as súas familias; e APAMP realizará distintas actividades destinadas a conseguir a igualdade de oportunidades e a defensa dos dereitos das persoas con parálise cerebral.

En Vigo xa son 1.206 os contedores amarelos RECICLOS nos que pódense reciclar envases e obter recompensas ao facelo. Nestes momentos, os vigueses poden seguir doando os seus puntos para contribuír, neste caso, coa Asociación Down Vigo e aos afectados polo volcán da Palma.

El Ayuntamiento amplía la iluminación de Navidad a nuevas zonas de la ciudad

0

El alcalde dio cuenta este viernes en rueda de prensa de la modificación del contrato, aprobado por la Xunta de Gobierno Local, con el fin de “cubrir nuevas calles de la ciudad y reforzar las que tenían poca iluminación”

La modificación del contrato de redacción del proyecto decorativo de iluminación y suministro de los elementos decorativos, el servicio de instalación, mantenimiento y desmonte de los elementos lumínicos ornamentales en las campañas de Navidad de 2018-2019, 2019-2020 y 2020-2021 supone un incremento del importe del contrato de 38.000 euros.

Abel Caballero explicó que el Ayuntamiento trata de “dar respuesta a las 250 demandas ciudadanas para poner luces de Navidad en sus calles. Ya tenemos 360 y cada año vamos cubriendo algunas calles más, por ejemplo, en espacios que acabamos de humanizar como la Ronda de don Bosco”. Así, explica, el gobierno municipal continúa con la extensión cara algunas calles pero “en algún momento tenemos que parar. Estoy pensando en rotar porque no es posible iluminar las 1.750 calles de la ciudad”. Apuntó que también se están iluminando los núcleos centrales de todas las parroquias.

Así, las calles que verán ampliada la iluminación decorativa en el Navidad son: García Barbón, Colón, Vitoria, Paseo Alfonso XII, Churruca, Cervantes, Rogelio Abalde, Gran Vía, Alfonso XIII, Eduardo Chao, Areal, Joaquín Yáñez, Pontevedra, Rosalía de Castro, Méndez Núñez, Fermín Penzol, Policarpo Sanz, Inés Pérez de Ceta, cruce de Peniche, Praza Ronda don Bosco, Barrio O Rocío en Coia e a Praza do centro comercial Coia 4.

La Xunta de Gobierno Local aprobó también la propuesta de adjudicación de la contratación del servicio de megafonía en varias calles de Vigo dentro de la programación de Navidad 2021-2022, 2022-2023 y 2023-2024 por un importe de 39.000 euros anuales y para un “uso primordial”, tal y como explicó el regidor, ya que servirá para ofrecer información de servicio a la ciudadanía.

Además, la megafonía servirá para emitir villancicos de Navidad durante una hora diaria en el período navideño, pendiente aún de concretar. Con todo, el servicio estará disponible en una franja horaria más amplia con personal operativo para poder dar mensajes de emergencia, relacionados con el plan de tráfico, cierre de calles, etc.

Los acusados de trata de mujeres nigerianas con fines de explotación sexual eluden la cárcel

0

Tres de los implicados son condenados a dos años de prisión y evitarán la cárcel después de alcanzar un acuerdo con la Fiscalía, que pedía inicialmente para ellos penas de hasta 15 años, mientras que los otros dos abonarán multas de 180 y 240 euros

Los cinco acusados de trata de mujeres nigerianas para explotación sexual, que eran juzgados hoy en Vigo, han eludido la prisión tras una vista de conformidad en la que han aceptado, tres de ellos, penas de dos años de prisión, y otros dos, sanciones de 180 y 240 euros. Los condenados a dos años de prisión evitarán la cárcel después de alcanzar un acuerdo con la Fiscalía, que pedía inicialmente para ellos penas de hasta 15 años.

Dos de los procesados que aceptaron dos años de cárcel han reconocido la comisión de los delitos de que se les achacaban, siendo condenados por delitos de inmigración clandestina realizados con ánimo de lucro en concurso ideal-medial con delitos de trata de seres humanos con fines de explotación sexual y servidumbre perpetrado con abuso de vulnerabilidad e intimidación a cuatro de los acusados, además de delitos de falsedad documental.

Un tercer acusado ha aceptado una pena de dos años de cárcel por un delito de inmigración clandestina realizado con ánimo de lucro en concurso ideal-medial con delito de trata de seres humanos con fines de explotación sexual y servidumbre perpetrado con abuso de vulnerabilidad.

Los otros dos acusados han aceptado sanciones de 180 y 240 euros como cómplice, uno, de un delito de inmigración clandestina perpetrado con ánimo de lucro y autor, otro, de un delito de inmigración clandestina.

Los hechos juzgados se remontan al año 2012 cuando, como exponía el escrito de acusación, a raíz de un control sobre población extranjera en la zona de O Berbés se identifica a mujeres nigerianas con indicios de ser posibles víctimas de trata de seres humanos.

A raíz de dicho control, la investigación muestra que dos de los procesados, un hombre y una mujer que eran pareja, habían acordado con otro acusado un pago de 6.000 euros a cambio del traslado a España de una nigeriana que había sido intimidada con el pacto de la ceremonia de vudú. De este modo, la víctima permanecería bajo el control de los dos primeros y ejercería la prostitución hasta el abono total de la deuda fijada si no quería sufrir las consecuencias derivadas del incumplimiento del pacto de vudú.

Ante el retraso en el traslado, previsto para el año 2013, se rompe el pacto y la pareja escoge a otro intermediario en Nigeria para facilitar el viaje a España de la mujer. La víctima fue recogida en Barcelona por uno de los miembros de la pareja, que la trasladó a una vivienda en Manlleu, donde fue rescatada por la Brigada Central de Extranjería al día siguiente de su llegada.

Asimismo, en junio del mismo año, otra procesada captó en su ciudad natal de Nigeria a otra mujer a la que ofreció viajar a España para ejercer la prostitución hasta abonarle una deuda que fijó en 5.000 euros. También se aseguró de que se realizase el rito vudú a la víctima para garantizarse el pago del importe. Esta segunda víctima tampoco llegó a ejercer la prostitución al ser descubierta por la Unidad Contra Redes de Inmigración y Falsedades Documentales de la Policía Nacional.

Marea de Vigo lamenta que as prioridades do goberno de Abel Caballero no orzamento do 2022 non sexa a reconstrución económica da cidade

0

Rubén Pérez: “Mentres noutras cidades e administracións se inviste na recuperación económica trala crise sanitaria, o Goberno de Abel Caballero segue apostando por basear uns orzamentos en actuacións simplemente de carácter inaugurable

Marea de Vigo presentará unha emenda á totalidade onde recollerá propostas que xa se fixeron para o orzamento deste ano e non se levaron a cabo, como son as axudas ao pequeno comercio, hostalería, sector cultural, exencións fiscais ou a gratuidade das escolas infantís municipais

“O proxecto orzamentario do Concello de Vigo volve a ser papel mollado” dixo esta mañá Rubén Pérez na rolda de prensa na que se valorou o proxecto orzamentario do Goberno local para o 2022. “Aínda esta por ver se a falla de execución orzamentaria deste ano 2021 queda por enriba dos 100 millóns de euros, o que significaría que esas mesmas partidas para o 2022 correrán a mesma sorte” afirmou.

Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo criticou que “a pesar da situación de crise económica derivada da crise sanitaria, o gasto social segue estando nos 19 millons de euros”,  permanecendo aínda moi lonxe dos 100 euros de gasto social por habitante que marca o indicador AROPE. “Diminuen ademais as partidas relacionadas con plans de emprego, nun ano onde debería investirse en promoción económica e creación de emprego na cidade” sinala.

Marea de Vigo critica que coa aparición do IMV, o Concello de Vigo “tamén diminua as axudas ás familias para alugueiro, servizos básicos e alimentos en lugar de compatibilizar ditas axudas – apuntou o voceiro na rolda. – Do mesmo xeito que se lle está pedindo á Xunta que compatibilice a RISGA co IMV, e o propio Goberno de Abel Caballero así o ten expresado, tamén deben de que compatibilizar as axudas municipais”. Pérez exemplificou esta realidade co que ten acontecido nos últimos tres anos coa partida para as axudas ao alugueiro. “Pasamos de consignar aproximadamente 800.000 euros no orzamento para o 2020,  500.000 para o 2021 e para o vindeiro 2022 apenas consígnanse 350.000 euros para as axudas al alugueiro” matiza Rubén Pérez.

Alén do tocante ao gasto social, e en consonancia co expresado polas centrais sindicais presentes no Concello de Vigo, Rubén Pérez destacou a desaparición de prazas públicas de emprego. “Hai unha suba salarial mais amortízanse 36 prazas públicas, que están ademais na súa maioría (26 de 36) nun segmento bastante susceptible de ser privatizado segundo as dinámicas que ten levado este Goberno local nos últimos anos – engade -. Estas prazas poden estar en pavillóns, colexios…, o que semella sen dúbidas unha futura privatización de servizos que agora están xestionados directamente por persoal municipal” matiza. O que si aumenta son algunas partidas relacionadas coa vivenda mais no capítulo de Urbanismo. “Aínda non se sabe a que actuacións se invertiran eses cartos, esperamos que no desenvolvemento de vivenda pública de protección oficial que anunciou o Goberno local” incide o concelleiro.