En marcha a cuarta fase da humanización de Gregorio Espino cun orzamento de 1,6 millóns

Este venres tivo lugar a colocación da primeira pedra da obra, que prolongará a remodelación da avenida ata a rúa Merlo

O alcalde subliñou que o investimento en Gregorio Espino supera os catro millóns e continuará nun próxima fase ata a estación de autobuses. Caballero cifrou en 84 millóns os investimentos municipais en marcha neste momento

O alcalde, Abel Caballero, participou este venres no acto simbólico de inicio dos traballos de humanización de Gregorio Espino, que na súa cuarta fase afectará ao tramo comprendido entre as rúas Águia e Merlo, algo máis de douscentos metros de avenida. O orzamento da mesma ascende aos 1,6 millóns e está previsto que as obras duren uns dez meses.

En rolda de prensa posterior, Caballero explicou os detalles do proxecto, que recolle a mellora da mediana e manter os dous carrís de circulación por sentido, ampliar as beirarrúas -que serán de granito- ata os seis metros de ancho e renovar completamente as instalacións de iluminación, que pasarán a ser LED. O Concello cambiará tamén as canalizacións de abastecemento de agua, pluviais e saneamento, instalará unha nova rede de rego e de semáforos, bancos e papeleiras. No tramo de actuación manteranse os trece árbores existentes e se plantarán outros nove exemplares e catro máis en xardineiras, ata un total de vinte seis unidades.

Nas fases executadas de Gregorio Espino, o Concello leva xa adicados máis de catro millóns de euros, segundo os datos ofrecidos este venres polo alcalde. Caballero asegurou que o goberno que preside completará a humanización da avenida nunha fase seguinte, chegando ata a estación de autobuses.