“Estou encantado de saber da concesión dun premio tan importante como o ASPRIMA-SIMA”, sinalou Abel Caballero en rolda de prensa, despois de que a entidade fallase a décimo oitava edición dos seus galardóns -os de maior prestixio do sector inmobiliario español-. A distinción á “Mellor iniciativa de rexeneración urbana” recaeu no centro Vialia de Vigo.
O premio recoñece a terminal do AVE de Urzáiz e o deseño do arquitecto estadounidense Thom Mayne así como un conxunto de actuacións do entorno urbano, como a Vía Verde, o ascensor HALO desde García Barbón á Vía Norte, a nova Praza da Estación (coa recuperación da fachada da histórica terminal ferroviaria), as entradas e saídas en túnel e a terminal de autobuses.

