Podemos-Marea de vigo comprométense á modificar o regulamento do Pleno para incorporar a posibilidade de intervención cidadá e recuperar a laboura fiscalizadora da oposición

O candidato da coalición, Rubén Pérez Correa.

Podemos-Marea de Vigo recuperarán a posibilidade da oposición de presentar varias mocións e preguntas ou rogo por grupo, eliminarán a necesidade de ter 3 concelleiras para constituir grupo propio e democratizarán a participación da cidadanía ao final de cada pleno, figura que xa existe noutras cidades galegas e do Estado

O candidato de Podemos e Marea de Vigo á alcaldía, Rubén Pérez, considera necesario o compromiso de todos os partidos que concurren a este proceso electoral de recuperar cando menos as garantías que existían no Regulamento Orgánico do Pleno anteriores a primeira modificación de 2016, que permitía constituir grupos municipais con dous concelleiros ou concelleiras, que daba capacidade fiscalizadora á oposición e non limitaba a presentación de mocións ao pleno a 1 por grupo da oposición.

Para Podemos-Marea de Vigo nesta lexislatura, coa excusa da modificación do Regulamento Orgánico do Pleno para introducir cambios lexislativos de transparencia e participación pública, reducironse aspectos democráticos sen ningún rubor. 

A coalición considera que “calquera modificación substancial de algo tan importante como un Regulamento Orgánico non é algo esencialmente negativo, xa que entendemos a institución municipal como algo vivo e que vai decorrendo conxuntamente coa sociedade na que convive”. O problema é que a anterior modificación do 2016 xustificouse formalmente baixo a necesidade de adaptación do Regulamento a Lei 19/2013 de transparencia e a 27/2013 de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local, pero para Podemos e Marea de Vigo a verdadeira intencionalidade (a lei é do 2013 e a modificación chega no 2016) era limitar a capacidade fiscalizadora da oposición coa chegada de Marea de Vigo á corporación, nin máis nin menos.

Marea de Vigo xa denunciara no 2016 as graves as limitacións que esta proposta de modificación de Regulamento facía aos dereitos dos concelleiros e concelleiras, especialmente ao dereito ao acceso á información (artigo 14, 15 e 16) ao introducir o criterio de “eficacia administrativa” como un motivo de “demora no acceso aos expedientes e documentos” sen establecer límite temporal, o que é un auténtico perigo para a transparencia e democracia municipal. Por iso Podemos e Marea de Vigo consideran  necesaria unha modificación do artigo 9 do Regulamento para acotar o termo de “eficacia administrativa” ou a “concreción do obxecto da información” que consideramos limita o dereito de consulta dos representantes públicos.

Podemos e Marea de Vigo tamén comprométense a crear a figura do ESCANO CIDADÁ, un mecanismo que funciona noutras cidades e que, finalizada a sesión do Pleno, se permite unha quenda de rogos e preguntas sobre temas concretos de interese municipal entre o público asistente. Do mesmo xeito as solicitudes de intervención ao pleno non poderán ser silenciadas ou escollidas arbitrariamente polo equipo de goberno como acontece ate o de agora na configuración das ordes do día do pleno.