O Álvaro Cunqueiro centro de referencia nacional en nutrición clínica e calorimetría

0

O servizo de Medicina Intensiva imparte formación en calorimetría indirecta en pacientes da UCI a especialistas doutros hospitais de España

O equipo da Unidade de Coidados Intensivos leva realizadas 500 monitorizacións calorimetrícas aos pacientes intubados, sendo o hospital español con maior número de determinacións realizadas

A dotación dun novo equipamento, un medidor de calorimetría, permite calcular exactamente  as necesidades de inxesta calórica de cada paciente

Una correcta achega nutricional supón unha evolución máis rápida do paciente e un mellor prognóstico

O servizo de Medicina Intensiva do Álvaro Cunqueiro ven de impartir un curso de nutrición clínica e calorimetría indirecta no que participaron media ducia de especialistas das Unidades de Coidados Intensivos dos hospitais Virgen de Rocio e Virgen de Macarena, de Sevilla. Estes obradoiros  encádranse na catalogación do Álvaro Cunqueiro como hospital de referencia nacional desta disciplina, e, polo tanto, centro de formación doutros profesionais españois nesta especialidade.

No marco do Programa de Desnutrición Zero, o servizo de Medicina Intensiva incorporou o pasado ano unha nova prestación á súa carteira de servizos, a monitorización con calorimetría indirecta.

Para isto foi necesario a dotación dun novo equipamento, un medidor de calorimetría,  que permite calcular exactamente  as necesidades de inxesta calórica de cada paciente. Segundo explica a coordinadora deste Programa, a intensivista Eva Menor “trátase de coñecer de xeito obxectivo, individualizado e personalizado o gasto enerxético de cada paciente para aportarlle exactamente as quilocalorías que necesite. Ata hai pouco este cálculo se realizaba con fórmulas matemáticas, que tiñan en conta parámetros como a  talla, o peso e a patoloxía do paciente, pero tratábanse de ecuacións estimativas, cunha elevada porcentaxe de erros; o novo equipamento nos permite coñecer con exactitude e fiabilidade os requirimentos nutricionais de cada paciente.”

500 monitorizacións a pacientes intubados

En pouco máis dun ano levan realizadas 500 determinacións a pacientes intubados, converténdose no hospital de España cun maior número de monitorizacións realizadas. Para isto contan cun equipo de profesionais composto por 1 enfermeira e 2 TCAEs, formadas e adestradas nesta técnica, e coordinadas pola doutora  Eva Menor.

“É importante aportar as doses nutricionais exactas que necesita cada paciente, xa que  tanto se recibe de máis como de menos pode producir complicacións; hoxe en día a nutrición xa é un elemento máis do tratamento pautado ao paciente.”

Beneficios para os pacientes

No momento actual, a monitorización con calorimetría tense convertido nunha ferramenta fundamental, de gran eficacia, xa que dun xeito moi rápido aporta uha información imprescindible e fiable. “Trátase doutro monitor, como o que mide a función respiratoria ou a frecuencia cardíaca, completamente integrado nos nosos protocolos asistenciais”, asegura a doutora Menor. Neste tempo, os especialistas teñen constatado os beneficios derivados dunha correcta achega nutricional para os pacientes ingresados nas Unidades de Coidados Críticos. Cabe subliñar a diminución dos tempos de estancia nestas Unidades, e que os pacientes saen da UCI cuns correctos niveis nutricionais. Ademais, presentan menos complicacións, como a perda de masa muscular. Isto é, permite unha evolución máis rápida e un mellor prognóstico.

A Xunta concede unha axuda de preto de 1,2 m€ ao Concello de Vigo para a construción de 27 vivendas

0

Trátase dunha subvención destinada a promotores públicos e privados para a edificación de vivendas enerxeticamente eficientes en réxime de alugueiro social

O IGVS tamén promove na cidade un total de 207 vivendas de promoción pública

A Xunta de Galicia concedeu unha axuda de 1.187.982 euros ao Concello de Vigo para a construción de 27 vivendas para alugueiro social nunha parcela emprazada no Camiño Esturáns. A subvención está destinada á promoción de 27 vivendas por parte do Goberno local, que prevé investir un total de 4.486.996,80 euros.

Segundo o proxecto municipal presentado ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), prevese a construción dun inmoble dividido en 9 plantas, máis 1 baixo e 3 sotos, que acollerá un total de 27 vivendas, ademais de garaxes.

A Xunta tamén resolveu conceder outra axuda de preto de 2,5 millóns de euros ao Concello da Coruña para a construción de 50 vivendas que serán adxudicadas de igual xeito en réxime de alugueiro social.

Ambas axudas inclúense no programa de axuda á construción de vivendas en alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia, financiado pola Unión Europea a través do programa Next Generation. Por este motivo, será necesaria a sinatura dun acordo entre a Xunta, o Concello e o Ministerio de Transportes, Vivenda e Axenda Urbana para facelas efectivas.

Así mesmo, cómpre lembrar que esta liña de axudas, convocadas por primeira vez en Galicia o pasado mes de febreiro, está destinada a promotores públicos e privados e aínda se poden solicitar ata o próximo 6 de outubro. Pola súa parte, o Instituto Galego da Vivenda e Solo construirá 207 vivendas de promoción pública no polígono 1 de San Paio de Navia, estando licitado o contrato de construción de 38 destas vivendas e en redacción os proxectos das restantes. Estas promocións financiaranse con fondos propios da Xunta e achegas da Unión Europea.

Marta Fernández-Tapias participa en Cangas na presentación dos equipos do Alondras CF

0

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, participou en Cangas na presentación dos equipos do Alondras CF no acto que supón o arranque da nova temporada e no que tivo lugar tamén a entrega dos premios Sardiñón. Na súa intervención, Fernández-Tapias louvou a firme aposta do club morracense pola canteira, “que é o cimento de calquera éxito deportivo”. Tamén remarcou que para o novo goberno provincial “o deporte será un obxectivo prioritario” e adiantou que a Deputación seguirá apoiando o labor que están a realizar clubs como o Alondras, “para seguir situando a provincia no alto do podio deportivo”.​

Detienen a un hombre en Vigo que se negó a hacer un test de alcoholemia e intetó agredir a un agente tras encerrarse en el coche

0

El conductor empezó a comportarse de forma violenta, arremetiendo contra los policías, propinando empujones y puñetazos, y profiriendo amenazas de muerte

Agentes de la Policía Local de Vigo han detenido a un hombre de 35 años que se negó a realizar una prueba de alcoholemia, se encerró en el vehículo para que no se lo llevara la grúa e intentó agredir a los funcionarios que participaron en el operativo, mientras los amenazaba de muerte.

Fuentes policiales han señalado que los hechos ocurrieron en la noche de ese jueves, sobre las 23,15 horas, cuando una dotación del 092 observó a un hombre caminando por la zona de Plaza de América «de forma extraña».

Los agentes comprobaron que el varón se introducía en un coche aparcado y que arrancaba de forma brusca, derrapando para incorporarse a la circulación y saltándose un semáforo en rojo. La patrulla le dio alcance y le ordenó parar, e identificarse, y comprobaron que presentaba signos de embriaguez y un fuerte olor a alcohol, aunque el conductor se negó a realizar el test de detección.

Cuando los policías le informaron de que sería denunciado y que su coche se retiraría al depósito municipal, el hombre reaccionó encerrándose en el vehículo y bloqueando las puertas.

Uno de los agentes pudo abrir, ya que una de las ventanas estaba semiabierta, e indicó al conductor que saliera. Éste empezó a comportarse de forma violenta, arremetiendo contra los policías, propinando empujones y puñetazos, y profiriendo amenazas de muerte. Por estos hechos, el hombre fue detenido por un supuesto delito de atentado contra agentes de la autoridad.

Vigo, escenario do I Encontro Internacional Volkswagen Aircooled

0

A cidade será o punto de saída desta xuntanza dos clásicos “escaravellos” na fin de semana do 7 e 8 de outubro, días nos que a organización agarda contar con preto dun cento destes vehículos

O alcalde participou este venres no Monte do Castro na presentación do I Encontro Internacional Volkswagen Aircooled Vigo-Monteferro-Baiona, que organiza a Asociación Käfer Galicia.

O programa ten prevista a saída en caravana dos coches participantes o sábado 7 de outubro desde Montero Ríos, seguindo por Colón, con percorrido polas rúas máis céntricas da cidade cara ao Monte do Castro. Logo a comitiva visitará Castrelos e fará un circuíto turístico pola cidade. O domingo día 8 inician a ruta en Cabo Silleiro e rematarán na Serra da Groba.

Abel Caballero valorou que o encontro permitirá “facer historia e felicito á organización por realizalo porque recuperar memoria é sentir o orgullo do que fomos”, en referencia á historia destes coches e á súa presenza na sociedade.

Jesús Pazos, presidente da Asociación Käfer Galicia, agradeceu o apoio do Concello a este evento que agardan que “sexa un éxito” e co que queren reunir na cidade a un cento de coches e atraer outros chegados de Portugal e algún outro país de Europa.

O Concello contrata o servizo de mantemento do Vigo Vertical

0

A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación do contrato cun importe de 419.000 euros ata 2025. A empresa recibirá de xeito inmediato as incidencias e terá que actuar en menos de dous horas

A cidadanía poderá consultar na plataforma Smart City do Concello o estado dos 22 elementos mecánicos sometidos a control

Abel Caballero deu conta da contratación so servizo de mantemento dos ascensores, escaleiras e ramplas mecánicas por un importe de 419.000 euros ata 2025. Este contrato inclúe 22 elementos mecánicos, entre os que están incluídos algúns próximos ao remate das obras. Segundo enumerou o alcalde en rolda de prensa, estarán sometidas a control las escaleiras de Porta do Sol, Pizarro, Praza Portugal e Talude; as ramplas de Gran Vía, centro de saúde de Teis, centro de saúde de Lavadores, Travesía – Aragón, Carral, Escultor Gregorio Fernández e o colexio Losada; e os ascensores de Juan Ramón Jiménez, Pizarro, Marqués de Valterra, San Salvador, Parque Camilo José Cela, Praza Estación, Juan Ramón Jiménez (2), Avenida Hispanidade-Romil, Travesía-Aragón e o HALO.

“Daremos resposta ás incidencias en menos de dos horas, unha se é un ascensor. Un control a través de medios telemáticos 24 horas 365 días ao ano”, declarou o alcalde. A empresa recibirá notificacións dos elementos mecánicos, tamén o propio Concello. Amais, haberá un novo software na plataforma Smart City do Concello para que a cidadanía coñeza o estado do funcionamento das ramplas, escaleiras e ascensores.

Para Caballero “o obxectivo é o funcionamento ininterrompido desde as 7 ás 23 horas de domingo a xoves e unha hora máis o resto de días, ata ás 24 horas. “Somos un dos concellos de Europa con máis accións mecánicas de transporte”, subliñou nas súas declaracións.

Planificador de viaxes sostibles

A Xunta de Goberno tamén adxudicou o servizo de planificador de viaxes multimodal para o transporte sostible en autobús, bicicleta ou peonil na App Vigo e na web municipal. Supón un investimento de case 55.000 euros e estará dispoñible a finais de ano.

Segundo explicou o rexedor, trátase dun sistema de cálculo de rutas enfocado á cidadanía e ao turismo para fomentar a mobilidade sostible. O servizo calcula desprazamentos entre dous puntos da cidade para facelo de xeito intelixente e óptimo, incluíndo os elementos do Vigo Vertical. Caballero explicou que o sistema está preparado para incorporar futuros medios de transporte intermodal como os barcos da ría, buses interurbanos ou servizos ferroviarios.

Vigo acollerá o vindeiro venres o acto de apertura do curso académico das universidades galegas

0

Contará coas intervencións do reitor, Manuel Reigosa, e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda

A próxima semana desenvolveranse tamén as xornadas de benvida nos tres campus

Tres días antes de que dean comezo as clases nas diferentes facultades e escolas, a Universidade de Vigo acollerá, o venres 8 de setembro, o acto de apertura do curso académico 2023/2024 das universidades galegas. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do campus vigués albergará nesta xornada un acto solemne no que están previstas as intervencións do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e do reitor, Manuel Reigosa, e no que a catedrática da Facultade de Belas Artes Yolanda Herranz impartirá a xornada inaugural. 

Programado para as 12.00 horas, o evento contará coa asistencia de diferentes personalidades do mundo académico, social e político e ademais da do presidente da Xunta, tamén está prevista a presenza do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez. Tras a entrada no salón de actos da comisión académica, integrada por togados e togadas das tres universidades galegas, o evento abrirase cunha lección inaugural da catedrática de Escultura Yolanda Herranz, titulada El autorretrato (del artista): Sombras, Reflejos y Reflexiones. Tras esta terán lugar as intervencións de Reigosa e Rueda, encargado de pechar un acto que contará coa actuación do Coro Universitario. 

A inauguración do curso académico celébrase cada ano de forma rotatoria nas tres universidades galegas e en 2022 desenvolveuse na Universidade de Santiago de Compostela. A última vez que a institución viguesa acolleu este acto solemne foi en setembro de 2020, nun contexto marcado polas restricións ás que obrigaba a pandemia da covid-19.

Con motivo desta inauguración oficial, a xornada do 8 de setembro foi declarada non laborable na UVigo, de tal xeito que o resto de dependencias da institución académica permanecerán pechadas.

Xornadas de benvida nos tres campus

Este acto solemne pechará unha semana na que os tres campus da institución académica acollerán unhas xornadas de benvida dirixidas a achegar ao alumnado de novo ingreso información sobre as actividades, servizos e instalación que a UVigo pon a súa disposición. Esta actividade arrancará o vindeiro martes 5 na Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra e celebrarase ao día seguinte no Pavillón Universitario de Ourense. Por último, a xornada desenvolverase no pavillón do campus vigués o xoves 7.

Nas tres datas, as xornadas desenvolveranse entre as 10.00 e as 14.00 horas e nelas o alumnado poderá recibir información sobre cuestións como a tarxeta universitaria, transporte e aloxamento, voluntariado e asociacionismo, bolsas, mobilidade, biblioteca, cultura, deporte e igualdade. Estas citas contarán tamén con música, agasallos e bebidas e ábrense por primeira vez ao novo alumnado de mestrado e doutoramento, que poderán recibir información do Servizo de Posgrao e do Campus Aberto da Escola Aberta de Formación Permanente. De xeito paralelo, terá lugar tamén tres campus unha charla informativa para o estudantado internacional, que se incorpora á UVigo a través de diferentes programas de mobilidade, complementada pola presentación dos cursos de idiomas e un test de nivel de español.

Luis López lamenta que o novo goberno da Deputación herda unha situación “preocupante” nas contas

0

A avaliación interna das contas provinciais realizadas saca á luz a “xestión descontrolada dos cartos de todos os pontevedreses” realizada polo anterior goberno

O presidente Luis López adiantou os resultados da avaliación interna das contas da Deputación de Pontevedra que sacan á luz a “xestión descontrolada dos cartos de todos os pontevedreses” realizada neste último ano polo anterior goberno e a  “situación preocupante” das arcas públicas da institución provincial.  “En ano electoral o gasto acometido ou comprometido polo anterior goberno foi superior ao habitual” detallou o presidente quen tamén confirmou que “malia esta situación, faremos todo canto estea nas nosas mans para sortear estes atrancos e atender as necesidades da provincia”. 

Coa auditoría de contas, explicou o presidente, “queríamos dar a coñecer, con transparencia, o estado real das contas e das partidas orzamentarias da institución provincial nun ano marcado pola convocatoria das eleccións municipais”, así como “saber de que marxe orzamentario dispoñemos para atender as necesidades da provincia de aquí ata que entren en vigor os novos Orzamentos”. Neste eido, López adiantou que o seu equipo está a preparar xa os Orzamentos da Deputación cara o exercicio 2024 para “contar cun escenario financeiro máis estable”.

En liñas xerais, tal e como explicou o presidente, a data 30 de agosto a Deputación conta con só o 6,5% das partidas reservadas para apoiar os investimentos noutros concellos, así como asociacións e terceiros, que, a estas alturas, no 2021, era case do dobre. En canto a partidas consignadas a investimentos da propia Deputación, queda en caixa un 33% do orzamento, 11 puntos menos que fai dous anos. Ademais, o goberno de López dispón dun 9,75% dos fondos de gasto correntedestinados a transferir aos concellos e ás entidades, 3,4 puntos menos que a estas alturas o pasado ano, e dun 17,5% das partidas de gasto corrente reservadas para financiar o funcionamento da propia Deputación. En canto a partidas e servizos concretos o presidente afirmou que “unha vez abertos os caixóns encontrámonos tamén cun escenario preocupante ”. Así, detallou que está comprometido todo o crédito en Cooperación destinado a subvencións correntes e investimentos, ao igual que en Cultura (dos fondos destinados a subvencionar actividades soamente quedan 96.000 euros de 1,8 millóns de euros), Deportes (queda dispoñible o 4,99% do orzamento para axudas a clubs, asociacións e actividades deportivas: 258.000 euros de 5,1 millóns de euros) ou en Turismo, onde soamente quedan dispoñibles 80.000 euros para actividades de promoción turística (o 5,4% dos fondos). En Cohesión Social a porcentaxe de orzamento dispoñible para subvencións para gastos correntes é do 5,71% e en Infraestruturas do 4,8% para gasto corrente (de 10,2 millóns de euros soamente quedan 493.000 euros).  Pola súa banda, para o gasto e a promoción cultural Castelo de Soutomaior apenas quedan 88.000 euros (o 14,1%).

El PP de Vigo reclama al Gobierno local que licite y adjudique de manera inmediata los trabajos de reposición del césped del campo de As Traviesas

0

El concejal Miguel Martín recuerda que esta instalación deportiva está impracticable desde la celebración del concierto de Bryan Adams en julio de 2022 y que, desde entonces, solo se aprobó un proyecto básico

Asegura que el alcalde “falta a su palabra” pues el campo no estará operativo coincidiendo con el inicio de la nueva temporada, tal y como llegó a afirmar, “pues ya no da tiempo material a ejecutarlo”

Pide al Ejecutivo municipal que valore la posibilidad de que el hockey hierba cuente con un campo homologado propio en la ciudad

El PP de Vigo ha vuelto a poner el foco en el campo de fútbol de As Travesas, un año después de que el terreno de juego quedase impracticable tras la celebración del concierto de Bryan Adams y ante el inminente arranque de la nueva temporada deportiva.

En este sentido se ha pronunciado hoy el concejal popular Miguel Martín, quien recordó que desde que el músico canadiense visitó la ciudad, el Gobierno local solo aprobó el proyecto básico de reposición del césped. Una actuación que reclamó “se licite y adjudique de manera inmediata”.

El opinión del edil, el alcalde “falta a su palabra” pues el campo no estará operativo coincidiendo con el inicio de la nueva temporada, tal y como llegó a comprometer, pues “ya no hay tiempo material para ejecutarlo”. Según explicó, el plazo mínimo de ejecución de estos trabajos es de 60 días.

Cabe recordar que es en este complejo donde tradicionalmente vienen desarrollando su formación las escuelas deportivas locales de fútbol y hockey hierba, que ya el año pasado se vieron obligadas a desplazarse a otros campos de la ciudad ante la imposibilidad de poder utilizar estas instalaciones

Incidió además Martín en que el propio alcalde llegó en su día a hablar, más allá de un simple cambio del césped, de un proyecto mucho más ambicioso para el campo de As Travesas “del que no se le volvió a escuchar decir nada”. Por otro lado, y con independencia de la reclamación hecha por el PP para reactivar el procedimiento de reposición del césped de manera urgente, licitando y adjudicando los trabajos, la formación pide al Gobierno local socialista que valore la posibilidad de que el hockey hierba cuente con un campo homologado propio en la ciudad, aseguró Martín.

O BNG de Vigo afea os “disparates” de Caballero contra a Fiscalía polo nadal e esíxelle diálogo coa veciñanza

0

A fronte nacionalista acusa o alcalde de “manipular” sobre a sentenza relativa ao nadal do pasado ano, dando a entender que é firme cando está pendente de recurso no TSXG

Xabier P. Igrexas: “O Comité do Nadal será unha bufonada inútil se non conta coa participación da veciñanza e de técnicos das áreas de Mobilidade e Seguridade, como demandamos dende o primeiro momento o BNG”

O Bloque Nacionalista Galego acusa o alcalde de Vigo, Abel Caballero, de manipular sobre a sentenza relativa ao nadal, dando a entender que esta resolución en primeira instancia é firme cando aínda está pendente de recurso no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG). Así o denunciou este xoves o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, após as declaracións do rexedor cuestionando a imparcialidade da Fiscalía do alto tribunal, que vén de ratificar as motivacións dunha das demandas xudiciais polas consecuencias do pasado nadal. 

“É un disparate inaceptábel e un insulto á intelixencia das viguesas e dos vigueses escoitar dun ex ministro do Goberno español que a Fiscalía non é un organismo independente porque lle dá a razón á veciñanza do centro e non ao Goberno municipal”, afeou Igrexas, que reclamou ao alcalde actuar coa “seriedade e responsabilidade” que corresponde o seu cargo. “Caballero coñece sobradamente que, tal e como estabelece o artigo 124 da CE, a Fiscalía ten como función actuar en favor do interese público de acordo á Lei”, engadiu.

O portavoz nacionalista asegurou que o alcalde o que ten que facer é “escoitar e dialogar de verdade” cos axentes sociais afectados, co fin de adoptar as medidas necesarias para evitar que o nadal deste ano “se volva converter nun caos insoportábel e perigoso”. Nese sentido, lamentou que Caballero decidise volver a desprezar a colectivos veciñais, como vén de facer este xoves coa Asociación de Veciños Zona Centro de Vigo.

“O Comité do Nadal será unha bufonada inútil se non se conta coa participación da veciñanza, de comerciantes de toda a cidade e de técnicos das áreas de Mobilidade e Seguridade, como demandamos desde o primeiro momento o BNG”, reiterou Igrexas en relación ao grupo organizador do nadal, formado na actualidade só por membros do Goberno municipal.

Dende a fronte nacionalista insistiron na necesidade de rectificar o deseño “caprichoso” do nadal, diante das numerosas molestias, o caos circulatorio e o risco para a seguridade das persoas que se viviu na última edición. “A posición do BNG é rotunda e clara: Nadal si, por suposto que si, pero non así”, remachou Igrexas.