Marta Fernández-Tapias participa en Cangas na presentación dos equipos do Alondras CF

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, participou en Cangas na presentación dos equipos do Alondras CF no acto que supón o arranque da nova temporada e no que tivo lugar tamén a entrega dos premios Sardiñón. Na súa intervención, Fernández-Tapias louvou a firme aposta do club morracense pola canteira, “que é o cimento de calquera éxito deportivo”. Tamén remarcou que para o novo goberno provincial “o deporte será un obxectivo prioritario” e adiantou que a Deputación seguirá apoiando o labor que están a realizar clubs como o Alondras, “para seguir situando a provincia no alto do podio deportivo”.​