Un centear de especialistas participan nun curso de investigación en psiquiatría 

0

Reúne a investigadores e investigadoras de primeiro orde, tanto nacional como do estranxeiro

A psiquiatría galega ten a súa cita anual en Vigo, coa celebración do XXIV Curso de Investigación en Psiquiatría que se desenvolve estes días  no Hospital Álvaro Cunqueiro e no que participan máis dun centenar de expertos nacionais e internacionais relacionados coa saúde mental.

A organización do evento corre a cargo da Asociación Galega de Psiquiatría (AGP), contando coa colaboración do SERGAS -a través da Área sanitaria de Vigo- e do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, sendo os seus coordinadores, o especialista en Psiquiatría, José Ramón Villamarín e o xefe do Servizo de Saúde Mental da Área Sanitaria de Vigo, José Manuel Olivares, que tamén é investigador co-responsable do Grupo de Neurociencia Traslacional do IIS Galicia Sur. Trátase do único grupo galego de investigación vinculado ao Centro de Investigación Biomédica en Red Salud Mental (CIBERSAM), dependente do Instituto de Salud Carlos III, institución que ten como obxectivo buscar a sinerxía entre os grupos punteiros en investigación dos trastornos mentais a nivel nacional e o traslado á clínica dos achados nas investigacións realizadas neste terreo.

O acto inaugural celebrado hoxe, estivo presidido polo Xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, que estivo acompañado pola Directora Científica do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS), Eva Poveda.

 Investigación, retos e avances

Segundo o seu coordinador, o doutor Olivares, “este XXIV Curso ten como obxectivo coñecer de primeira man os avances máis novidosos na investigación psiquiátrica e na saúde mental. Por isto, contar con autoridades neste ámbito que desenvolven seu labor no conxunto de España e no estranxeiro supón unha oportunidade esencial para os e as profesionais da psiquiatría en Galicia, que teñen neste curso unha cita coa investigación más recente para tratar de afrontar os retos actuais na saúde mental”.

Para este fin, o Curso conta coa presenza de recoñecidos especialistas, como o Dr. Ángel Carracedo, director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e membro do Centro Nacional de Genotipado, que será o encargado de abrir os relatos deste curso.

Con posterioridade intervirán as doutoras María Llorens Martín, investigadora do CSIS no Centro de Biología Molecular Severo Ochoa de Madrid, e Ana Catalán Alcántara, psiquiatra do Hospital Universitario de Basurto. Os relatorios desta primeira sesión finaizará coa intervención do Dr. Carlos María de Viu, xefe do Servizo de Saúde Mental do Servei Andorrá d’Atenció Sanitaria.

Xa na sesión do sábado, o primeiro relator será o Dr. Guillermo Lahera Forteza, profesor titular de Psiquiatría na Facultade de Medicina da Universidad de Alcalá de Henares e xefe de Sección do Hospital Príncipe de Asturias de Alcalá de Henares. Tras esta intervención, o relator será o Dr. Pedro Luis Morgado, psiquiatra pertencente á Escola de Medicina da Universidade do Minho (Portugal).

Finalmente, terá lugar a conferencia maxistral a cargo do profesor Germán Berrios, catedrático emérito de Epistemoloxía da Psiquiatría, da Universidade de Cambridge (Reino Unido).

Preto de 70 mil consultas ao ano

As Unidades de Saúde Mental da Área Sanitaria de Vigo  atenderon o pasado ano un total de 67.394 consultas externas.

Por grupos, na Unidade de Prevención do Suicidio atendéronse mais de 2.500 consultas; Saúde Mental Infanto-Xuvenil, 7.517 consultas; e psicoxeriatría foron 3.499 consultas.

No que atinxe a ingresos,  o servizo de Saúde Mental rexistrou 1.326 ingresos na Unidade de Agudos do Hospital Álvaro Cunqueiro, que conta con 62 camas. Pola súa banda, as Unidades de Hospitalización e Rehabilitación, situadas no Hospital Nicolás Pena, recibiron 50 novos ingresos no último ano.

O Hospital de Día psiquiátrico atendeu un total de 8.369 estancias, mentres que no Hospital de Día Infanto-Xuvenil atendéronse máis de 700 consultas en programas específicos. Pola súa banda, o equipo de Continuidade de Coidados realizou preto de 3.500 visitas domiciliarias a pacientes, tanto en fogares protexidos como noutros domicilios.

O vídeo de promoción turística da provincia impulsado pola Deputación é recoñecido cun ouro no Festival Cannes Corporate Media & Tv Awards 2023

0

Este é o segundo recoñecemento internacional ao audiovisual da campaña turística da provincia, baseado no patrimonio inmaterial da provincia

O audiovisual de promoción turística da provincia impulsado pola Deputación de Pontevedra suma un novo recoñecemento internacional coa concesión dun golfiño de ouro na categoría de produto turístico dos Cannes Corporate Media & TV Awards 2023. O fallo deuse a coñecer a noite do xoves 28 de setembro, nunha gala celebrada no Boulevard de la Croisette da cidade francesa de Cannes. Esta é a primeira vez que un vídeo promocional da Deputación de Pontevedra logra competir neste prestixioso certame.

O xurado do festival, formado por 70 profesionais da industria, dotou a peza de Turismo Rías Baixas do máximo recoñecemento na categoría onde competía, sendo seleccionada entre un total de 200 finalistas –das cales 130 obtiveron algún premio– e preto de 900 candidaturas chegadas desde 45 países de todo o mundo. Deste xeito, o xurado situou o audiovisual de promoción da provincia ao mesmo nivel que unha campaña suíza, coa que comparte distinción, protagonizada entre outros pola actriz gañadora dun Oscar Anne Hathaway.

O audiovisual turístico da provincia de Pontevedra, elaborado pola produtora Esmerarte Industrias Creativas, conta na actualidade con dous galardóns, xa que anteriormente recibiu un premio de prata na categoría Online & Social Media dos US International Awards. Tanto este como o Cannes Corporate Media & TV Awards están integrados no circuíto internacional CIFFT (Comité Internacional de Festivais de Cine de Turismo).

A campaña de promoción turística impulsada pola Deputación este ano baséase no patrimonio inmaterial e está contada a modo dunha viaxe que realiza a actriz Julia de Castro á provincia. O vídeo supón unha declaración do orgullo polo legado de Pontevedra e a súa reinterpretación desde a modernidade, dando valor ás persoas encargadas de manter e transmitir os valores intanxibles do destino. As tradicións, a identidade, as raíces, a artesanía ou as festas son algúns dos recursos protagonistas da campaña.

O pleno da Deputación aproba a modificación das bases do programa Pon2030 para favorecer o aforro dos concellos

0

A sesión serviu tamén para aprobar a creación de novos postos de traballo, destinar fondos ao Concello de Arbo para reparar os danos causados por un incendio forestal, transferir treitos de estradas provinciais a tres concellos e esixir ao Goberno central apoio para a industria automobilística da provincia

O pleno da Deputación aprobou este venres na súa sesión ordinaria a modificación das bases do Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 (PON2030) para favorecer o aforro dos concellos. Un apoio aos gobernos locais que é unha das liñas mestras marcadas polo actual goberno provincial.

O cambio aplícase na base vixésima do regulamento. A partir de agora este punto recolle que “as subvencións que se concedan no marco destas bases admiten a compatibilidade con outras axudas públicas, incluídos os fondos europeos”, pero a principal diferenza está en que “no caso de que se obteña financiamento adicional, este reverterá no 100% da achega municipal”.

Antes desta modificación, os concellos tiñan que aportar sempre unha porcentaxe do orzamento total do proxecto, que non adoitaba superar o 30 %. E se había achegas doutras administracións, salvo os fondos europeos, á marxe do Concello e a Deputación, as achegas de ambas as institución minorábanse de xeito proporcional. Con este cambio, agora o primeiro en reducir a súa achega, ata cero se é posible, será o Concello e, se segue existindo financiamento adicional, minorarase despois a achega da Deputación.

Foi aprobada tamén a modificación de crédito por valor de 28.283 euros, procedentes de fondos do remanente líquido de tesourería, para conceder unha subvención nominativa urxente ao Concello de Arbo para financiar unha parte da obra de reparación da rede de pluviais do polígono empresarial do municipio danada o pasado verán por un incendio forestal. Esta aportación adiantada pola Deputación é a contía que tiña que aportar o Concello dun total de 56.566, que é o orzamento total da obra. Estes fondos se lle serán deducidos ao Concello de Arbo do plan de investimentos do próximo ano 2024.

O primeiro punto da orde do día, referido a , tamén saíu adiante cos votos favorables dos 14 deputados do grupo popular a modificación do cadro de persoal e relacións de postos de traballo. Un acordo que supón a creación dunha praza de axente de emprego e desenvolvemento , unha praza de técnico auxiliar en preimpresión, dúas prazas de condutor maquinista e dúas prazas de auxiliar técnico xurídico.

Ademais amortízase un posto de persoal laboral fixo de técnico auxiliar de preimpresión, dúas prazas de persoal funcionario de oficial de infraestruturas e servizos e unha praza de persoal funcionario de técnico da administración xeral.

O pleno sacou adiante tamén a aprobación dun novo regulamento para a prestación do servizo de venda de embrións bovinos pola Finca Mouriscade para garantir a transparencia e a igualdade de acceso á compra por parte dos gandeiros e evitar posibles actos fraudulentos.

Do mesmo xeito, o pleno acordou a transferencia de tres treitos de tres estradas aos concellos polos que transcorren. Son a EP-2802 de Acceso a Calvos en Fornelos de Montes, a EP-9401 entre a Travesía de Meis, San Salvados e o enlace coa autovía AG-41 en Meis e dous treitos da EP-4006 entre Ponteareas a As Neves no termo municipal de Ponteareas.

O debate rematou coa moción do grupo popular relacionadas co rexeitamento á tramitación dunha eventual lei de Amnistía. O pleno da Deputación rexeita calquera tipo de amnistía ou indulto xeneralizado para calquera grupo de cidadáns, calquera que sexa o seu delito; considera que o imperio da lei é a expresión da vontade popular como recolle a Constitución e anima aos dous partidos maioritarios do Estado a buscar acordos que eviten que a sociedade española se vexa sometida ás condicións ilegais de partidos independentistas.  

Antes fora rexeitada a moción do grupo socialista para instar ao goberno provincial ao mantemento do Plan Concellos deseñado polo anterior goberno.

La Audiencia de Pontevedra condena a dos acusados de enviar cocaína desde Vilanova hasta Barcelona en coches con doble fondo

0

Las juezas afirman que, para enviar las partidas de droga, se servían “de vehículos modificados para dotarlos de compartimentos ocultos en dobles fondos en los que ocultarla, conscientes del daño que para la salud pública implicaba”

La sección cuarta de la Audiencia Provincial de Pontevedra ha condenado a 9 años y a siete años y nueve meses de cárcel, respectivamente, a cada uno de los dos acusados de un delito contra la salud pública de sustancias que causan grave daño a la salud en cantidad de notoria importancia y de otro delito de pertenencia a grupo criminal por enviar importantes cantidades de cocaína desde Vilanova de Arousa (Pontevedra) hasta la provincia de Barcelona en coches con doble fondo, los cuales conducía una tercera persona, ya fallecida. La sala, además, le ha impuesto a cada uno de ellos el pago de una multa de 433.000 euros.

En el apartado de hechos probados de la sentencia, el tribunal explica que, al menos entre el año 2017 y enero de 2019, los procesados “desplegaron actividades tendentes al acopio y comercialización de sustancias estupefacientes, concretamente cocaína, para su posterior distribución entre los consumidores finales o distribuidores secundarios en el mercado ilícito”.

Las juezas afirman que, para enviar las partidas de droga, se servían “de vehículos modificados para dotarlos de compartimentos ocultos en dobles fondos en los que ocultarla, conscientes del daño que para la salud pública implicaba”.

En concreto, las magistradas aseguran que uno de ellos -el condenado a mayor pena de cárcel- “coordinaba y dirigía la actuación de los otros dos acusados desde su domicilio, realizando los contactos precisos con los suministradores para hacerse con la cocaína para su distribución”; mientras que el otro condenado se encargaba “de la disposición de los vehículos empleados en el transporte, así como de la manipulación de la sustancia estupefaciente que distribuían”.

O BNG de Vigo emenda as “becas Ayuso” de Caballero para libros de texto

0

A fronte nacionalista rexeita a contía única fixada polo Goberno municipal e demanda que se asignen de maneira progresiva en función dos ingresos para “axudar máis a quen máis o necesite”

Piden que se exclúan os fogares con ingresos por acima dos 3.780 euros mensuais (3 veces o SMI) e que se dediquen só ao alumnado matriculado en centros públicos

Xabier P. Igrexas afea o “populismo demagóxico e oportunista” do alcalde e defende que “calquera axuda social para ser xusta ten que ser progresiva, para atender a realidade socioeconómica das familias”

O Bloque Nacionalista Galego formalizou esta mañá a súa emenda parcial á proposta de modificación orzamentaria coa que o Goberno municipal de Vigo pretende mobilizar case 6 millóns de euros de remanentes para as axudas extraordinarias para libros de texto. Na mesma rexeitan a  contía única e demandan que as axudas se asignen de maneira progresiva en función dos ingresos, pedindo que se exclúan os fogares con ingresos por acima do triplo SMI e que se dediquen só ao alumnado matriculado en centros educativos públicos.

Así o anunciou o Portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, que acusou o Goberno de Abel Caballero de seguir instalado no “populismo fiscal”. “Poucos días despois de rexeitaren as 63 emendas do BNG ás ordenanzas fiscais, coas que pretendíamos que a cidade avanzase cara a unha fiscalidade municipal socialmente xusta na que quen menos ten pague menos, agora Caballero insiste en volver importar o ‘cheque Ayuso’ para libros de texto”, explicou.

Igrexas defendeu que “calquera axuda social para ser xusta ten que ser progresiva, para atender a realidade socioeconómica das familias”. É por iso que na emenda nacionalista demandan que as bases exclúan os fogares de máis recursos, fixando o limiar máximo en ingresos por acima do triplo do Salario Mínimo Interprofesional (3.780 euros brutos mensuais). Por contra,  propoñen que a distribución das axudas non sexa “lineal e cunha única contía para todas e todos [205 euros o ano pasado]” senón que se faga a través de baremos de carácter progresivo que atendendo os ingresos das familias “aumente os importes para aquelas que o necesitan máis”.

Populismo, demagoxia e oportunismo

“Con esta emenda o BNG o que queremos é corrixir esa perspectiva populista, demagóxica e claramente oportunista, co que Caballero se saca da manga este cheque de café para todos mentes continúa sen resolver as axudas municipais para comedor escolar, libros e material escolar”, remachou o portavoz municipal nacionalista.

A proposta do Goberno e a emenda das nacionalistas terán de ser ditaminadas nos vindeiros días na Comisión Informativa de Orzamentos e Facenda antes do seu debate e votación nun Pleno extraordinario.

Interceptado un furtivo que extraía navajas en la playa de la ETEA

0

Agentes destinados en la Unidad Fénix (especialistas en el control de drones y demás aeronaves) pertenecientes a la Policía Local de Vigo, realizaron un operativo de vuelo y vigilancia de la zona costera de Vigo, siendo su finalidad el control del furtivismo, que se está produciendo en el litoral.

En la zona de la Guía, inmediaciones del antiguo cuartel de la ETEA,  a las 21:00 horas, se localizó a un varón en actitud sospechosa metido en el agua, en la zona de la playa de Rios, por lo que se realizó vigilancia del mismo con cámara térmica, personándose en el lugar otra unidad de Policía Local de Vigo, la cual procedió a la identificación del varón. Localizando en las inmediaciones, una bolsa con gran cantidad de navajas, la cual desprendían todavía agua.

El varón interceptado es identificado como J.A.F.M., natural y vecino de Vigo, de 53 años de edad,  comprobando los Policías que  a este hombre le constan antecedentes por furtivismo e incautación de productos procedentes del mar en reiteradas ocasiones.

La Policía Local de Vigo contactó con el vigilante de la cofradía de pescadores de Vigo, al cual se le hizo entrega del material incautado, procediendo a devolver el marisco interceptado a su hábitat natural. Se dará trámite de la pertinente denuncia ante la Conselleria de Pesca de la Xunta de Galicia.

La Xunta renueva la inversión en el taller Moaña Labora con 531.000 euros para la formación de personas desempleadas

0

La delegada territorial de Xunta en Vigo, Ana Ortiz, clausuró este viernes el curso Moaña Labora VI y recordó que ya están aprobadas nuevas aportaciones para iniciar de inmediato una nueva edición del taller

La delegada territorial de la Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, clausuró este viernes la sexta edición del taller Moaña Labora VI que permitió formar durante el último año a 20 personas desempleadas. La representante autonómica confirmó la reedición del curso con una inversión de 531.000 euros por parte de la Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Ortiz, que estuvo acompañada por la alcaldesa, Leticia Santos, animó a los participantes a aprovechar la oferta formativa y laboral para incrementar las posibilidades de encontrar un trabajo. “La formación que recibís durante el último año son una ventana al mercado de trabajo y tanto la ciudad como el resto de Galicia, la sociedad y las empresas, necesitan gente formada, ahí es donde tenéis vuestra oportunidad”, destacó.

Además, destacó la implicación de la administración autonómica con la promoción del empleo en el área de Vigo y destacó los estudios impartidos en Moaña para hostelería. La representante autonómica enfatizó el compromiso del Ejecutivo gallego por incrementar las oportunidades y la estabilidad laboral de los gallegos y gallegas, con una formación adaptada a las demandas reales del mercado y en colaboración con los ayuntamientos.

La delegada hizo así especial hincapié en la amplia dimensión de estos programas, por cuanto mejoran la empleabilidad de los participantes ofreciéndoles una formación para el empleo teórica y práctica de calidad, con opción a obtener un certificado de profesionalidad y a un contrato de trabajo.

Además del taller dedicado a Moaña, la delegada indicó que ya existe una nueva aportación de 531.046,20 euros para el curso Vigo Capacita IX, concedidos a través del Ayuntamiento de Vigo, y otros 265.523,10 euros para lo III Obradoiro Forestal Montes de Vigo, a través de la Mancomunidad de Montes.

Además, Gondomar promoverá junto a Baiona y Nigrán la iniciativa Coidando Miñor III; Salceda de Caselas contará con el curso Reformas e Melloras de Centros Formativos e Cívicos 2023; Salvaterra de Miño tendrá el Salvaterra Emprega III; Cangas pondrá en marcha Granxa da Rúa XII; Redondela la cuarta edición del Redondela Máis que Bela IV; O Porriño desarrollará el taller Porremprego Cualifica II, y Mos tendrá el taller Queda en Mos II.

O Concello aproba o “X Programa de Murais” cun orzamento de 480.000 euros

0

A Xunta de Goberno Local tamén deu luz verde á subvención nominativa ao Clube Deportivo AMFIV para o desenvolvemento da sua actividade deportiva de elite

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres o expediente de contratación das obras do X Programa de murais artísticos nas medianeiras da cidade cun orzamento de 480.000 euros.

A previsión é que se realicen “máis de 12 actuacións” na cidade, tanto espazos públicos como centros educativos. Farase en dúas fases, na primeira, actuacións preparatorias de selección de espazos, artistas e centros educativos; e na segunda, a execución dos murais.

Con este proxecto, “iniciado no 2015”, o goberno municipal quere “mellorar a imaxe urbana da cidade”, executando ata a actualidade “177 intervencións artísticas”, na que se inclúen 131 medianeiras e 46 murais en colexios.

Subvención ao AMFIV

Na Xunta de Goberno tamén se aprobou a subvención nominativa ao Club Deportivo AMFIV para o desenvolvemento da súa actividade considerada de elite, cun importe de 60.000 euros.

O equipo de baloncesto en cadeira de rodas está na categoría de honra, “que supón un valor moi importante na promoción do deporte vigués”. A entidade ten un proxecto de dinamización e fomento do deporte base que desenvolveu durante a pasada tempada.

Rueda asiste al Diálogo de presidentes del «III Premio Foro La Toja Josep Piqué Vínculo Atlántico»

0

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, acompañado del conselleiro de Facenda e Administración pública, Miguel Corgos, y de la conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, asistió al Diálogo de presidentes: La gobernanza en las sociedades modernas, dentro del III Premio Foro La Toja Josep Piqué Vínculo Atlántico

Caballero inaugura a humanización de Marqués de Valladares

0

O Concello de Vigo substituíu todo o pavimento de empedrado por asfalto puído nunha plataforma única monocolor, co que se eliminan as molestias provocadas por ruídos e vibracións

Abel Caballero, Carmela Silva e Javier Pardo percorreron este venres Marqués de Valladares logo dos traballos de humanización no que se investiron 214.000 euros.

O rexedor destacou que co asfalto pulido elimínanse os ruídos provocados polo empedrado así como as vibracións e as fochancas. Con esta renovación de 1.500 metros cadrados do pavimento «faise unha mellor humanización, eliminamos ruídos, e facemos a rúa máis transitable».

Caballero lembrou que na rúa Marqués de Valladares, humanizada por primeira vez antes de ser elixido alcalde, nos últimos anos levouse a cabo unha remodelación porque o vial carecía de cemento debaixo das lastras e a area era arrastrada pola choiva e as correntes subterráneas. «Neste momento xa se canalizaron e soterraron as redes, meteuse fibra óptica e, por tanto, estamos nun nivel na rúa igual ao realizado en García Olloqui, Praza de Compostela e rúa Carral», afirmou.