Avanzan as obras de urbanización da contorna de Hernán Cortés

0

O alcalde anunciou que nos próximos días abrirá ao tráfico, “especialmente para peóns”, a parte alta da rúa Colmeiro Laforet, pechada mentres se executan os traballos de demolición de varios edificios

A obra “marcha a bo ritmo” trasladou este mércores o rexedor, xa que están rematando os primeiros traballos de demolición das edificacións que se atopan “moi deterioradas que daban aspecto de marxinalidade”.

Coa obra de urbanización do ámbito de Hernán Cortés, na confluencia de María Berdiales con Doutor Colmeiro Laforet, a cidade gañará unha unha nova praza pública “singular” de case 820 metros cadrados nunha zona de moita densidade de edificios. A ordenación do ámbito permitirá crear unha zona máis segura, nunha contorna no que existe un centro educativo, carente ata o de agora dun espazo de lecer e no que se prevé a construción de ata 63 vivendas.

Abel Caballero informou da apertura ao tráfico “nos próximos días” do primeiro tramo de Colmeiro Laforet “especialmente a peóns porque hai moita demanda de uso da rúa”, sinalou.

Representantes de universidades de toda Europa e norte de África achéganse á UVigo na súa Semana Internacional

0

O obxectivo desta actividade é dar a coñecer a institución aos seus socios internacionais

Cun intenso programa de actividades, este mércores recibiunos Manuel Reigosa e Maribel del Pozo

A Universidade de Vigo celebra este días, do 6 ao 9 de maio, a súa Semana Internacional, unha actividade organizada co obxectivo de dar a coñecer a institución académica viguesa aos seus socios internacionais. Participan na xuntanza unha vintena de representantes, tanto persoal académico como técnico, de universidades de distintos países de Europa e do norte de África, desde Cabo Verde a Alemaña, pasando por Grecia, Polonia,  Portugal, Turquía ou Montenegro, por citar só algúns exemplos.  

Cun intenso programa de actividades, que arrancou xa o luns e que inclúe a visita aos campus de Pontevedra e Ourense, este mércores deulles a benvida á Universidade de Vigo o seu equipo responsable de Internacionalización, encabezado pola vicerreitora Maribel del Pozo, quen lles explicou que lle gustaría telos recibido o propio luns, pero que isto non foi posible debido, precisamente, á celebración en Compostela das XXI Xornadas sobre Internacionalización e Cooperación, organizadas polas tres universidades públicas galegas a petición da CRUE.  Así mesmo, tamén se achegou a saudalos, xa na mesa redonda, o reitor Manuel Reigosa, quen non quixo perder esta oportunidade de intercambiar opinións con estes socios da UVigo, en especial, os integrantes da alianza europea Athena, á que pertence á universidade viguesa xunto con outras nove institucións de educación superior. 

“Camiñar xuntos para chegar máis lonxe”

Na súa intervención Del Pozo fixo súas as palabras do reitor, Manuel Reigosa, subliñando que lle gustaría que a UVigo sexa cada vez “máis internacional, máis feminista e máis galega”. Nesta liña resaltou a importancia de que a institución académica viguesa consolide os seus vínculos internacionais en docencia, investigación, xestión… “para o que é fundamental coñecernos, compartir experiencias, boas prácticas, etc. e isto é o que buscamos nesta Semana Internacional: brindarvos a oportunidade de que coñezades a UVigo e as persoas coas que tratades no día a día”.

Xunto a Maribel del Pozo participaron neste acto de benvida, celebrado no edificio Miralles, os directores das áreas de Promoción da Internacionalización, Iago Pozo, e Plurilingüismo, Óscar Ferreiro, xunto coa directora da Oficina de Relacións Internacionais Amelia Rodríguez Piña. “Para nós é moi importante que coñezades as nosas titulacións e a investigación que se fai nos nosos laboratorios e, deste modo, que tamén vos convertades en socios da UVigo”, apuntou Pozo, quen se amosou convencido de que este contacto “poderá converterse en novas investigacións e titulacións conxuntas”.

“Dende a Vicerreitoría de Internacionalización entendemos que a Uvigo precisa de todos e todas vós, colaboradores necesarios, para difundir polo mundo adiante todas as nosas iniciativas”, recalcou Ferreiro, quen tamén desexou  “que esta semana internacional sexa frutífera e que de aquí saian alianzas fortalecidas para camiñarmos xuntos e chegar máis lonxe”.

Múltiples actividades nos tres campus

Tras o acto de benvida, ao que tamén asistiu a vicerreitora de Investigación e Transferencia, Belén Rubio,  tivo lugar unha mesa redonda sobre as alianzas das universidades europeas na que acompañaron a Maribel del Pozo Konstantinos Petridis, da Hellenic Mediterranean University de Grecia, universidade da alianza Athena; Meritxell Chaves, en representación da alianza Charm-EU e do grupo de universidades españolas participantes na iniciativa Universidades Europeas, e Andrés Lois, en nome do alumnado participante en Athena.

Concibida como unha actividade coa que promover o diálogo internacional, o programa da Semana Internacional 2024 na UVigo inclúe diferentes eventos cos que facilitar o intercambio de ideas e de puntos de vista entre as persoas participantes. Onte martes tiveron a oportunidade de coñecer de preto o campus de Pontevedra, onde foron recibidos pola vicerreitora Eva Lantarón; mañá xoves trasladaranse a Ourense, onde fará o propio o vicerreitor Javier Rodríguez Rajo, e o venres visitarán a Ecimat.

Entre tanto, o xantar deste mércores en Vigo, ao que tamén se convidou ao alumnado internacional, estivo amenizado por unha sesión de música galega e completouse cun roteiro polo campus guiado por persoal da Oficina de Medio Ambiente.

Mos adxudica a redacción do proxecto de mellora da contorna da Igrexa de Sanguiñeda

0

 A resolución da licitación do contrato vén de ser aprobada en Xunta de Goberno Local e conta con subvención da Deputación

O Concello optará ao mesmo plan provincial Ágora para a financiación da obra, cun orzamento aproximado de 800.000 euros

A administración local mosense continúa con paso firme o camiño do ‘Mos humanizado e das persoas’ poñendo en valor os principais lugares de esparcemento nas diferentes parroquias. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informa hoxe de que vén de ser adxudicada en Xunta de Goberno Local a contratación do proxecto mellora da contorna da Igrexa de Sanguiñeda no Barrio do Piñeiro para o cal o Concello de Mos conta con subvención da Rede Ágora da Deputación de Pontevedra, liña destinada á redacción de proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís e/ou ciclables.

O importe ascende a 40.849,10 €, que será investido na elaboración do proxecto de humanización integral da contorna da Igrexa de Sanguiñeda, actuación que a rexedora local mosense levaba incluída no seu programa electoral dos pasados comicios municipais.

“Deste xeito continuamos, con paso firme, o camiño do ‘Mos humanizado e das persoas’ poñendo en valor os principais lugares de esparcemento nas diferentes parroquias” declarou a rexedora local.

Os concelleiros de Urbanismo (e natural da devandita parroquia de Sanguiñeda), José Ramilo, e de Patrimonio, Leo Costas, visitaron esta mañá a contorna na que se acometerá a obra. A actuación de mellora da contorna parroquial abarcará unha superficie total de máis de 4.500 metros cadrados e requerirá dun investimento aproximado de 800.000 eurosPara financiar dito importe o Concello optará, unha vez rematado o proxecto, ás axudas a tal fin da mesma Rede Ágora da Deputación de Pontevedra que subvencionou o proceso de redacción.

Pola súa banda o Concello de Mos adquiriu a parcela necesaria para acometer a obra na parroquia de Sanguiñeda, de 775,72 metros cadrados, para a incorporación ao patrimonio público (que supuxo unha inversión de 22.048,16 euros). O devandito espazo estará incluído na humanización.

A actuación de humanización proposta, e na que se incluirá a parcela adquirida, ten por obxecto mellorar as instalacións e servizos existentes, así como a urbanización da contorno da Igrexa Parroquial de Sanguiñeda e as vías de comunicación que atravesan o torreiro. A superficie de actuación sitúase no Barrio de Piñero, ao oeste da Avenida de Sanguiñeda e comprende a superfice do torreiro da Igrexa Parroquial de Sanguiñeda, o acceso dende a Avenida de Sanguiñeda baixando cara ao oeste e cruzando o Río Perral ata chegar ao torreiro. A superficie de actuación total é de 4.540,00 m2.

As parcelas que se atopan dentro da intervención proposta serán espazos que se destinarán ó uso público e permitirán regularizar zonas de circulación tanto de vehículos coma de peóns ademais de facilitar os accesos ás edificacións existentes. Parte da superficie de actuación está delimitada polo Plan Xeral de Ordenación Municipal dentro do Contorno de Protección do elemento catalogado como é a Igrexa Parroquial de Santa María, que conta cunha protección Integral.

A actuación proposta enténdese como a máis idónea para o programa de necesidades exposto e responde á reflexión sobre a funcionalidade, orientacións, adaptación ó entorno.

A extensión da mesma vén dada pola necesidade de adecuar accesos existentes a parcelas, circulación de vehículos dos residentes no núcleo e peóns, así como permitir de maneira excepcional o paso de trasporte público de persoas, recollida se residuos, …

As intervencións divídense en varias partes. Primeiro o soterrado das liñas aereas de electricidade e telefonía existentes. Desta maneira tamén se executarán novas acometidas que eliminarán os cadros, contadores, postes, … que pasarán a estar aloxados en arquetas. Trazaranse varias liñas de recollida de augas pluviais que se canalizarán ata os puntos de verquido a escorrentías naturais.

Para permitir o uso da superficie do torreiro incoporaranse varios muros que conterán o terreo de maneira escalonada, isto dará lugar a plataformas cunha pendente totalmente accesible. Con esta adaptación da ransante ábrese un paso ata a planta inferior do edificio lindeiro ó sur que permite o acceso a persoas con mobilidade reducida. A este mesmo punto poderase chegar polas escaleira situadas no eixo da praza. A cualificación do programa xerarase pola vinculación do torreiro ao medio, co uso de materiais acordes co mesmo mediante volumetría sinxela e adaptada á propia escala do espazo. Os desniveis xerados protexeranse mediante petos e barandillas, de maneira que nunca exista una altura de caída que supere o indicado por normativa. A superficie de todo o ámbito tratarase con 3 materiais que permiten tanto o tráfico rodado como o peonil. Por un lado formigón continuo en varias cores, adoquín semicontinuo que permita o crecemento intermedio de herba e por último unha superfice blanda de xabre compacto na que se sitúan bancos, árbores e outros elementos. A iluminación tamén se dispón en 3 formatos; proxectores enrasados no pavimento, farolas baixas en percorridos de paso e focos de iluminacion direccionables na superfice da praza. 

O BNG urxe medidas de promoción do emprego en Vigo fronte ao “triunfalismo inxustificado” de Caballero

0

A fronte nacionalista alerta de que aínda non se convocaron este ano as axudas do Plan Municipal de Emprego, os programas de inserción laboral para a mocidade e mulleres vítimas de violencia machista nin o Vigo Emprega

Xabier P. Igrexas: “Non sabemos exactamente que celebra o alcalde en relación á evolución do emprego cando a situación laboral da cidade segue sendo moi preocupante”

O Bloque Nacionalista Galego urxe medidas de promoción do emprego en Vigo diante da “moi preocupante” situación laboral que continúa na cidade. Así o vén de reclamar este mércores o portavoz municipal, Xabier P. Igrexas, en resposta ás declaracións realizadas onte polo alcalde, Abel Caballero, a quen acusou de valorar a evolución do emprego cun “triunfalismo inxustificado”.

Igrexas subliñou que no primeiro trimestre do ano destruíronse 1.100 postos de traballos en Vigo, segundo a última Enquisa de Poboación Activa (EPA), mentres os datos do paro rexistrado reflicten no pasado mes de abril unha evolución “moito peor” da cidade en comparación co conxunto da comarca, con apenas 43 novos empregos e 16.712 persoas desempregadas.

Uns datos que, asegurou, agrávanse coa incorporación das persoas sen emprego que están en procesos de formación, aquelas afectadas por ERTE e tamén as traballadoras e traballadores fixos-discontinuos que non están traballando nestes momentos. Aliás, alertou do “brutal” aumento da precariedade laboral, cun cada vez maior peso do sector servizos e de contratos a tempo parcial con infrasalarios “que non permiten vivir”.

“Non sabemos exactamente que celebra o alcalde en relación á evolución do emprego cando a situación laboral da cidade, como demostran os datos oficiais, segue sendo moi preocupante”, censurou o portavoz do BNG, que chamou o rexedor a poñer en marcha os recursos cos que conta a cidade para a promoción do emprego.

Sen convocar os plans de emprego do Concello

Nese sentido, criticou que en pleno mes de maio aínda non se teñan convocado as axudas do Plan Municipal de Emprego que, malia contar cunha partida “raquítica” de 1,2 millóns fronte aos 3 millóns propostos polo BNG nas emendas aos orzamentos municipais, é o “maior instrumento” do Concello para fomentar o emprego.

Igrexas afeou que tampouco se saiba nada dos programas de inserción laboral para a mocidade e para mulleres vítimas de violencia machista, dos que nos últimos cinco exercicios non se executou nin un só euro do previsto. E afeou tamén a falla de información sobre a nova convocatoria do necesario programa Vigo Emprega.

“O BNG temos que demandar ao Goberno municipal de Abel Caballero que poña en marcha medidas para a promoción do emprego na cidade en lugar de discursos triunfalistas, do mesmo xeito que urxirmos un cambio radical nas políticas laborais, produtivas e industriais da Xunta de Galiza, co obxectivo de recuperar actividade e crear emprego digno, estábel e con salarios dignos”, remachou o portavoz nacionalista.  

Ana Ortiz destaca el «éxito rotundo» del nuevo módulo deportivo del Ifevi en el que 9.600 escolares practicaron actividades en su primer año de funcionamiento

0

La delegada territorial de la Xunta visitó este martes las instalaciones del Pabellón 5 del recinto ferial, que supuso una inversión de cerca de 9 millones de euros

Cerca de 250 alumnos de Primaria de seis centro escolares de Vigo participaron hoy en la iniciativa ‘Xogabadminton en la escuela’

La delegada territorial de la Xunta en Vigo, Ana Ortiz,  destacó este martes el éxito del nuevo módulo deportivo del Instituto Ferial de Vigo (Ifevi), inaugurado hace poco más de un año, durante una visita al Pabellón 5 en el que cerca de 9.600 escolares ya participaron en diferentes actividades (bádminton, atletismo y voleibol) desde su puesta en funcionamiento.

«Estamos ante un éxito rotundo de esta nueva infraestructura en su primer año de vida, que además de ser campo de entrenamento para los atletas del área de Vigo, también es utilizado por el alumnado de los centros escolares», señaló Ortiz. Durante el recorrido por las instalaciones, en el que también estuvo presente el jefe de servicio provincial de Deportes, Daniel Benavides, la representante autonómica pudo comprobar el funcionamiento del módulo deportivo.

Durante la jornada de este martes se llevó a cabo en el pabillon la actividad ‘Xogabadminton en la escuela’, en la que participaron cerca de 250 alumnos y alumnas de 3º de Primaria de seis centros escolares de Vigo: Pintor Laxeiro, El Pombal, Escultor Acuña, Lope de Vega, Montesol y Carmelitas. A lo largo del año 2023 hicieron uso del Ifevi en horario lectivo aproximadamente 5.000 alumnos, mientras que en los primeros meses de 2024  la cifra ya es de 4.600.

La instalación de la equipación del módulo de atletismo tuvo una inversión de 312.547,32 euros. A esto hay que añadir el convenio aprobado por importe de 200.000 euros para el uso y mantenimiento, además de la inversión de 8,3 millones hecha por la Xunta para construir el nuevo Pabellón 5.

La nueva infraestructura aportó un nuevo revulsivo al recinto, ya que las instalaciones deportivas tienen como objetivo principal incrementar la potencialidad de los cerca de un millar de atletas repartidos entre los 15 clubes del área metropolitana de Vigo.

El módulo de atletismo se inauguró en febrero de 2023 gracias a la segunda ampliación del Ifevi, que se suma a la realizada en 2018, con un coste de más de 4 millones de euros. En total, desde 2005 la Xunta invirtió en el Ifevi cerca de 24 millones de euros.

El PP de Vigo propone crear plazas de aparcamiento exprés delante de las farmacias para dar prioridad a los casos de urgencia

0

El grupo municipal popular insta al Gobierno local a realizar un estudio sobre la implantación de estos espacios, que muchos boticarios consideran necesario y que reduciría los estacionamientos en doble fila

Miguel Martín recuerda que esta medida, que figuraba en el programa de las pasadas elecciones municipales, se ha puesto en marcha recientemente en ayuntamientos cercanos como Ponteareas

El Partido Popular de Vigo ha propuesto este miércoles la implantación de una medida para mejorar la accesibilidad a un servicio esencial como son las farmacias. El portavoz del grupo municipal del PP, Miguel Martín, ha instado al Gobierno local a crear aparcamientos exprés de una o dos plazas delante de estos establecimientos, o en su defecto lo más cerca posible, para dar prioridad a los usuarios. Se trataría de estacionamientos de hasta diez minutos para garantizar la rotación y, a la vez, ofrecer cobertura a los casos de urgencia.

Esta mejora, que ya fue incluida en el programa electoral del Partido Popular de Vigo de cara a las elecciones municipales de 2023, cuenta con el beneplácito de muchos boticarios y ha tenido una “buena acogida” por parte del Colegio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra, al que se ha trasladado la propuesta. “Una medida a imagen y semejanza de las zonas de carga y descarga que ya funciona en otros ayuntamientos, caso de Ponteareas, y que instamos al Concello de Vigo a poner en marcha también en nuestra ciudad, habida cuenta de los graves problemas de estacionamiento que hay en muchas de nuestras calles”, ha apuntado Martín.

A este respecto, la creación de estas plazas podría beneficiar al tránsito de peatones y vehículos en general, ya que reduciría las paradas en doble fila o el número de coches aparcados temporalmente sobre la acera. “La estancia media en estos establecimientos es muy breve, de apenas unos minutos, pero en muchos casos la urgencia es elevada, por lo que creemos que, en la medida de lo posible, hay que facilitar la visita a las farmacias de forma que se evite también una imagen muy común: la de la doble fila que entorpece el tráfico en la calle o la de vehículos estacionados encima de la acera con las luces de emergencia que dificultan el paso de  los peatones”, ha reseñado el concejal del PP vigués.

Así, el grupo municipal del Partido Popular ha instado al Gobierno local a encargar un estudio sobre la implantación de estos espacios reservados, que estarían “perfectamente identificables” mediante señalización horizontal y vertical. Unas plazas de estacionamiento prioritario para una tarea “tan importante” como la adquisición de medicinas que, además, deberían focalizarse en aquellas zonas en las que exista una mayor problemática de aparcamiento. Por último, el PP de Vigo ha lamentado la “oportunidad perdida” que han supuesto las humanizaciones para haber planificado la puesta en funcionamiento de esta medida. Tal y como señala Martín, algunas farmacias tienen delante isletas de contenedores de residuos “que bien podrían estar un poco más alejadas”, dejando hueco así para estas plazas. En otras calles, “directamente no se han tenido en cuenta a la hora de ejecutar la reforma, cuando eran perfectamente viables”.

Luis López destaca o compromiso da Deputación co galego nun encontro co presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, e a académica Fina Casalderrei

0

O presidente recordou o apoio provincial para fomentar publicacións en galego como mostra do compromiso para seguir tendendo pontes pola defensa da lingua

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, reforzou os lazos que unen ao organismo provincial coa Real Academia Galega nun encontro institucional co presidente Víctor Freixanes; e a tesoureira, Fina Casalderrei. A reunión serviu para abordar asuntos de interese mutuo e coñecer os proxectos que a RAG ten en marcha e os seus principais retos de futuro.

Neste sentido, o presidente provincial informou aos dirixentes da Real Academia da vontade de seguir colaborando coa institución; unha senda que ten como obxectivo avanzar na protección e difusión do galego a través do apoio a diferentes proxectos, moitos deles centrados na toponimia e na onomástica, así como a dar a coñecer a obra de autores que destacaron polos seus traballos feitos en galego. Ao mesmo tempo, o encontro serviu para remarcar a importancia que o goberno da Deputación de Pontevedra lle outorga á normalización lingüística a través de medidas como subvencións a entidades sen ánimo de lucro para promover publicacións en lingua galega.

O GDR Terra e Auga celebra a IV Gala de Calidade Turística do Xeodestino Condado Paradanta

0

O GDR Terra e Auga celebra a IV Gala de Calidade Turística do Xeodestino Condado Paradanta na que entregará os distintivos SICTED de Compromiso de Calidade Turística  e ratifica o seu apoio aos proxectos e prácticas que apostan pola calidade e a innovación. Será en Salvaterra de Miño o vindeiro luns día 13 de maio ás 19 horas.

Alcaldías do sur da provincia, AGADER, Turismo de Galicia, Deputación de Pontevedra, o Clúster do Turismo; a Federación Provincial de Turismo e Hostalería FEPROTUR, e a nova asociación de Empresas do Turismo no xeodestino Condado Paradanta, ASECOTUR, entre outras entidades públicas e privadas, están convidadas a este evento que recoñece o esforzo e a seriedade no traballo tanto das novas empresas como das que renovan o certificado de calidade.

Dende hai catro anos o GDR promove entre as empresas dos dez concellos, A Cañiza, As Neves, Arbo, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a formación e a mellora continua para ofrecer as persoas as últimas comodidades, servizos e produtos co obxectivo de acadar experiencias únicas.

Nesta edición entregarán catro novos selos de calidade turística e renovarán 19 máis que xa viñan implementando o sistema de mellora continua nos seus negocios. A taberna A Baiuca de Mondariz, a gandaría Sesteiro de Covelo, a praia fluvial de Maceira en Covelo e La Ojiva Espazo Gastronómico en Salvaterra de Miño súmanse aos negocios que apostan por premiar á clientela co mellor servizo, trato, instalacións e produtos.

O SICTED é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola secretaría de estado de Turismo (SETUR) co apoio da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) que traballa con servizos turísticos de ata 37 oficios diferentes co obxectivo de mellorar a experiencia e a satisfacción do turista.

Co apoio do GDR Terra e Auga e a Axencia Turismo de Galicia xa son 53 empresas as adheridas no territorio do Condado, Paradanta e Salceda de Caselas. “Empresas que se esforzan a diario para que as e os seus clientes teñan o mellor multiplicando as posibilidades de repetición e de emitir referencias positivas do noso territorio”, explica Pablo Castillo, presidente do GDR Terra e Auga.

En liña coa súa estratexia de desenvolvemento o GDR Terra e Auga engalanará a entrega de premios cun dos seus piares fundamentais, a arte, expresada a través dunha actuación musical, da poesía, da danza e dunha montaxe audiovisual.

O saxofonista alemán Julius Gabriel pechará o Sinsal Primavera este xoves 9 no MARCO

Trátase da última cita musical que propón Sinsalaudio en Vigo antes da celebración do festival Sinsal SON Estrella Galicia, cuxos abonos sairán á venda o venres 10 de maio

Sinsal Primavera 2024, o evento especializado en música de vangarda que promove a promotora Sinsalaudio, pecharase mañá, xoves 9, co seu terceiro e derradeiro concerto. O MARCO acollerá a estrea ao vivo en Galicia do saxofonista berlinés Julius Gabriel, quen fará parada na cidade olívica no marco da xira mundial de presentación do seu novo traballo discográfico, Tales from the Subterranean. As entradas para o directo, que comezará ás 20.30 horas, están á venda a través da plataforma en liña Enterticket

Sinsal Primavera, que conta coa colaboración principal do Concello de Vigo, procura visualizar proxectos musicais de vangarda dunha ampla variedade estilística e que cuxa inclusión no circuíto habitual da programación das salas de concertos é infrecuente. Para o derradeiro concerto desta edición, o evento propón descubrir, por vez primeira en Galicia, ao saxofonista alemán Julius Gabriel, artista que explora os límites e as complexidades do instrumento, ademais da interacción entre a corporalidade, a acústica, a trascendencia e a hipnose. 

A base musical de Julius Gabriel -labrada en escolas de música públicas, clubes ‘underground’ e universidades- está fondamente arraigada á improvisación, para a que parte dun amplo espectro ecléctico de xéneros musicais. Como solista ten publicado numerosos discos, mais tamén ten sido parte de proxectos corais como Paisiel, Ikizukuri, Das Behälter, Blutiger Jupiter, About Angels and Animals, The Dorf ou Barry Guy Blue Shorud Band. Agora chega a Vigo no marco da xira de presentación do seu quinto traballo en solitario, Tales from the Subterranean, un álbum nado na pandemia e que supón un testemuño claro da resiliencia da expresión artística. O concerto comezará ás 20.30 horas do xoves 9, mais a apertura de portas terá lugar ás 20.15 horas. As entradas para este terceiro e último directo de Sinsal Primavera 2024, no que o alumnado dos conservatorios vigueses ten a posibilidade de acceder ás actuacións cun 50% de desconto, están á venda desde 10 euros na plataforma en liña Enterticket; ainda que tamén é posible adquirir o billete o propio día do concerto no acceso á sala. 

O concerto de Julius Gabriel no MARCO é a última cita viguesa que propón Sinsalaudio antes da celebración do festival Sinsal SON Estrella Galicia, que terá lugar na illa de San Simón do 26 ao 28 de xullo e cuxos abonos sairán á venda este mesmo venres, 10 de maio, mentres que as entradas por día farán o propio o vindeiro luns, día 13. Para máis información, pódese visitar https://festival.sins.al/.

Stellantis Vigo volverá a parar parte de su producción esta tarde por falta de piezas

0

La previsión es que esta situación mejore en las próximas semanas, reduciéndose el número de jornadas sin actividad

La factoría viguesa del grupo automovilístico Stellantis volverá a parar parte de su producción en la tarde de este miércoles por falta de piezas.

En concreto, según ha informado la compañía a sus empleados, el Sistema 2 de la planta olívica, que ensambla las furgonetas de las distintas marcas del consorcio, no operará en el turno de tarde.

«Por causa de fuerza mayor, a consecuencia de la falta de aprovisionamientos, se suspende la actividad del Sistema 2 en el turno de tarde del 8 de mayo», ha explicado la empresa.

Esta parada es una más de todas las veces que la fábrica de Vigo se ha visto obligada a suspender sus trabajos por problemas similares estos meses.

Pese a todo, el anterior director de las instalaciones olívicas, Ignacio Bueno (sustituido hace unos días por José Luis Alonso Mosquera), aseguró la semana pasada que la previsión es que esta situación mejore en las próximas semanas, reduciéndose el número de jornadas sin actividad.