O alcalde anunciou que nos próximos días abrirá ao tráfico, “especialmente para peóns”, a parte alta da rúa Colmeiro Laforet, pechada mentres se executan os traballos de demolición de varios edificios
A obra “marcha a bo ritmo” trasladou este mércores o rexedor, xa que están rematando os primeiros traballos de demolición das edificacións que se atopan “moi deterioradas que daban aspecto de marxinalidade”.
Coa obra de urbanización do ámbito de Hernán Cortés, na confluencia de María Berdiales con Doutor Colmeiro Laforet, a cidade gañará unha unha nova praza pública “singular” de case 820 metros cadrados nunha zona de moita densidade de edificios. A ordenación do ámbito permitirá crear unha zona máis segura, nunha contorna no que existe un centro educativo, carente ata o de agora dun espazo de lecer e no que se prevé a construción de ata 63 vivendas.
Abel Caballero informou da apertura ao tráfico “nos próximos días” do primeiro tramo de Colmeiro Laforet “especialmente a peóns porque hai moita demanda de uso da rúa”, sinalou.

