Indicado no tratamento das fístulas perianais complexas en pacientes con Enfermidade de Crohn
O tratamento baséase na inxección de células nais aloxénicas que presentan efectos inmunomoduladores e antiinflamatorios nos focos de inflamación
Un total de dez pacientes anuais poderán beneficiarse deste novo tratamento, considerado de alto impacto sanitario, social e económico
O Complexo Hospitalario Universitario de Vigo ven de ser autorizado para a administración dunha nova terapia celular no tratamento de fístulas perianais complexas en pacientes con Enfermidade de Crohn.
Trátase do Alofisel, terapia baseada en células nais aloxénicas (de doador) extraídas de tecido adiposo. Estas células presentan efectos inmunomoduladores (que actúan sobre o sistema inmune) e antiinflamatorios nos focos de inflamación.
Segundo explica a subdirectora de prestación Farmacéutica, Isabel Rey “esta acreditación supón que a área viguesa e os seus especialistas reúnen as condicións e cualificacións esixidas para administrar este novo tratamento, considerado de altoimpacto sanitario, social e económico e que mellorará dun xeito moi significativo a calidade de vida daqueles pacientes que padecen este tipo de fístulas complexas e recorrentes”.
Para conseguir esta acreditación, os 3 servizos implicados
-Dixestivo, Farmacia Hospitalaria e Cirurxía xeral- tiveron que pasar un
proceso de certificación, mediante a formación e avaliación dos especialistas
involucrados.
Indicacións moi concretas
Na Área de Vigo, se calcula que dez pacientes anuais
poderán beneficiarse desta terapia, que ten unhas indicacións e criterios
clínicos de selección moi concretas: pacientes adultos con fístulas complexas
con enfermidade de Crohn nos que fracasaron os tratamentos convencionais.
A
administración desta terapia se inxecta localmente na zoa da fístula nunha sala
de cirurxía, baixo anestesia rexional ou xeral.
Fístulas
perianais complexas
A enfermidade de Crohn (EC) é unha enfermidade
inflamatoria intestinal crónica que pode afectar a calquera parte do tracto
gastrointestinal. Os síntomas máis frecuentes son dor abdominal, diarrea,
febre, rectorraxias, astenia, e perda de peso.
Dentro das complicacións perianais, as fístulas perianais son manifestacións comúns nesta enfermidade, afectando a entre un 15 e un 50% de los pacientes ao longo da súa evolución. Ao menos e metade delas son fístulas complexas. Se define fístula complexa como aquela que ten unha localización alta, presenta múltiples orificios externos, abscesos, estenose anal ou que fistuliza a órganos adxacentes .
A sintomatoloxía das fístulas perianais cursan con dor, febre, descarga fecal, pus e sangrado. Esta patoloxía está asociada a unha alta morbilidade e ten un impacto moi negativo na calidade de vida dos pacientes. O seu tratamento é especialmente complexo, requirindo unha abordaxe en equipo que inclúe medidas cirúrxicas (que son urxentes en caso da presencia de abscesos) e medidas médicas, entre outras farmacolóxicas con antibióticos, inmunosupresores, e/ou axentes biolóxicos.