Luis López resalta a excelencia, a sustentabilidade e as experiencias 100 % Rías Baixas para definir á provincia como unha potencia turística de primeira orde

0

O presidente provincial participou nunha celebración coas preto de case 400 entidades que participan no Sistema Integral en Calidade Turística Española en Destino, “a elite da nosa excelencia turística”

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destaca ás Rías Baixas como unha potencia turística de primeiro nivel pola calidade dos seus servizos, polos atractivos para o visitante, porque ten na natureza e na auga a súa principal fortaleza e na súa folla de ruta a sustentabilidade e porque ten un futuro prometedor rexido por un novo plan estratéxico para o turismo. Fíxoo durante a celebración da Gala Provincial do Turismo celebrada esta tarde de mércores no Pazo Los Escudos de Vigo, na que case 182 entidades relacionadas co sector renovaron ou adquiriron por primeira vez o distintivo de “Compromiso de Calidade Turística” do Sistema Integral en Calidade Turística Española en Destino (Sicted), do que forman parte preto de 400 entidades da provincia. “O turismo é a industria da felicidade e as entidades que acaban de ser distinguidas con este selo representan a elite dun sector que tira da nosa economía”, afirmou o mandatario provincial.

O titular do goberno provincial aproveitou o encontro cos profesionais do sector na provincia para avanzar un novo paso adiante na tramitación do citado plan estratéxico para o turismo que pasa pola convocatoria das mesas de traballo a finais deste mes de abril para a redacción do documento. “Temos o obxectivo de sumar todas as ideas, todas as visións e todas as achegas para que este plan sexa de todos”, sinalou o dirixente remarcando o compromiso da Deputación de tender pontes co tecido empresarial e asociativo do turismo na provincia. “Por difícil que sexa estar á altura dun dos mellores sectores turísticos de España, xa vos adianto que este goberno da Deputación porá todo o seu empeño en que vos sintades escoitados, comprendidos e atendidos”, engadiu Luis López.

A gala, á que asistiron, ademais da vicepresidenta Luisa Sánchez e a deputada de Turismo Nava Castro; os deputados José López, María Ramallo, Isabel Couselo, Alejandro Lorenzo, Roberto Álvarez, Marcos Guisasola, Javier Tourís e Jesús Vázquez Almuíña; estivo conducida pola xornalista Susana Pedreira e contou coas actuacións da bailarina Eva Comesaña, así como dos grupos musicais Xurxo Fernandes e Pan sen Fron e Eladio e os Seres Queridos. “Temos un sector competitivo, comprometido coa calidade e firmemente implicado para potenciar a excelencia das Rías Baixas como destino turístico”, afirmou a deputada Nava Castro na apertura do acto.

Baixo a mirada de representantes de boa parte dos concellos, de membros das entidades do sector coas que colabora a Deputación e persoas do tecido empresarial e asociativo da provincia, foron entregándose os galardóns cunha estrutura dividida en sete bloques temáticos relacionados con algúns dos atractivos turísticos da provincia, como a costa, a natureza, o deporte, a gastronomía, a historia, o termalismo ou as celebracións. En concreto, son 182 as entidades que xa locen estes distintivos do Sicted no seu currículo, das cales 24 conquistárono este ano por primeira vez.

“As Rías Baixas somos nós”, defendeu Luis López para resumir a fortaleza da provincia de Pontevedra como potencia turística. “A diferenza do resto de persoas, nós non imos ao destino, porque nós xa somos o destino. Representamos con orgullo un estilo de vida, unha forma de estar no mundo e un sentimento de pertenza a un territorio singular, hospitalario e infinito. Pontevedra é desfrutar”, explicou o presidente citando “experiencias 100 % Rías Baixas” como camiñar pola area branca da praia de Rodas, un solpor na Lanzada, as camelias de Soutomaior, unha xuntanza familiar cun viñedo de fondo, un brinde con albariño desfrutando da gastronomía local ou un recordo dalgún festival do RiasBaixasFest.

Neste sentido, o dirixente provincial agradeceu o traballo do sector turístico para axudar a descubrir “quen somos, como somos e que nos diferencia dos demais a través dos ollos impresionados de tantos viaxeiros. Entre pensar como antes que o mellor sempre estaba lonxe e afirmar como hoxe que non temos por que compararnos con ninguén, hai un responsable: chámase turismo de calidade 100% Rías Baixas”, valorou López.

Líderes en distintivos de calidade

A sustentabilidade do destino foi outro dos aspectos que remarcou Luis López como elemento diferenciador, identificador e decisivo para as Rías Baixas. “Para nós a sustentabilidade non é unha moda nin un concepto baleiro, é unha necesidade. E cada vez que apostamos por ela recibimos datos que nos din que imos na boa dirección”, sinalou facendo referencia á provincia con máis distintivos Q de Calidade e Sicted de España, aos récords en números de peregrinos, ao incremento de visitantes no Museo de Pontevedra ou nos castelos de Soutomaior e Sobroso ou á consecución de sete estrelas Michelin, ser noticia en National Geographic ou ser o destino favorito en Booking.  

Unha riqueza natural na que a auga, fío condutor da campaña de turismo da Deputación, xoga un papel fundamental. “A auga é un patrimonio que nunca podemos dar por feito. Nin sequera cando cae en abundancia como nestes últimos meses. Se ten que ser un reto, que sexa sempre pola abundancia e nunca pola escaseza, como ocorre por desgraza noutras partes de España. Para nós a auga é unha oportunidade“, proclamou o presidente facendo un chamamento á responsabilidade social para “valorar e coidar” esta riqueza.

“O teito do turismo vaino rachar a sustentabilidade”

Neste senso, Luis López rexeitou a dicotomía entre o progreso do turismo e a sustentabilidade, un enfoque, afirmou, erróneo: «O teito do turismo vaino rachar a sustentabilidade», dixo, pois a marxe de crecemento reside na creación de novos produtos turísticos máis diversificados, desestacionalizados e respectuosos coa contorna social e natural.

Eses novos produtos turísticos aos que se referiu o presidente están relacionados co aumento do orzamento consignado ao Turismo, coa participación de grandes eventos nacionais e internacionais de promoción do destino, coa implantación da intelixencia artificial e a xestión de datos para axudar aos concellos, coa explotación das praias como escenarios para propostas familiares ou deportivas que contribúan a desestacionalizar o destino e á alianza con outros territorios a través de programas novidosos como “Praias Infinitas”, coa promoción da cultura a través do apoio aos festivais como, por exemplo, O Marisquiño ou PortAmérica; co investimento de 1,5 millóns de euros no Castelo de Sobroso e a potenciación do de Soutomaior ou co apoio á organización de eventos deportivos como o Gran Camiño, a final das World Series de Tríatlon ou os partidos das seleccións españolas de fútbol e balonmán.

Vigo, como exemplo das fortalezas das Rías Baixas

Finalmente, Luis López tamén argumentou por que Vigo foi o escenario escollido para celebrar o bo momento que atravesa o turismo na provincia. “É fácil falar do encanto do noso destino cando un pode sinalar co dedo unha das súas xoias: as Illas Cíes; é fácil reivindicar a beleza das Rías Baixas cando nos acolle unha das máis fermosas: a de Vigo; e é fácil seleccionar Vigo como sede desta gala, porque esta cidade sempre é unha opción triunfadora cando se trata de falar da nosa pegada turística, económica e social no resto de Galicia, de España e do mundo”, rematou o presidente da Deputación.

A Universidade de Vigo, entre as mellores do mundo en cinco materias

0

Segundo o QS World University Rankings by Subject 2024

Destaca no eido da Enxeñaría do petróleo, no rango 101-150, e no de Agricultura, no 201-250

A edición 2024 do QS World University Rankings by Subjetc sitúa a Universidade de Vigo entre as mellores do mundo en cinco eidos: Enxeñaría do petróleo, Agricultura e forestal, Enxeñaría eléctrica e electrónica, Ciencias biolóxicas e Química. Como xa avanzara o reitor, Manuel Reigosa, no Consello de Goberno da pasada semana, dende 2021, ano no que a Universidade de Vigo comezou a ser valorada por este ranking, pasouse de estar entre as mellores do mundo en dous eidos a aparecer no 2023 en tres e nesta nova edición en cinco, o que segundo Reigosa “é unha mellora importante”, sobre todo coa vista posta na captación internacional de alumnado.

A clasificación, publicada este mércores por QS Quacquarelli Symonds, proporciona unha análise comparativa independente sobre máis de 16.400 programas universitarios, cursados por estudantes de más de 1500 universidades en 96 países do mundo, incluíndo 55 disciplinas académicas e cinco amplas áreas de coñecemento. O equipo de goberno, a través da vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Belén Rubio, amósase moi “satisfeito”, porque ademais de mellorar na clasificación global “temos unha mellora moi notable pasando de 2 a 5 materias nas que aparecemos nesta listaxe”, e isto é un “salto cuantitativo que ten varias vantaxes”. Por unha banda, recalca que ten “un peso directo no plan de financiamento, en particular no módulo 2” e, por outra, “supón unha mellor carta de presentación da UVigo, tanto para o novo estudantado que está agora a pensar en que universidade facer os seus estudos, como para o persoal investigador que decide vir a facer a súa carreira investigadora”.  

Entre as mellores 150 do mundo en Enxeñaría do petróleo

A Universidade de Vigo destaca principalmente nesta clasificación no eido da Enxeñaría do petróleo, un campo no que aparece por primeira vez no QS World University Rankings by Subject 2024, e faino nunha posición destacada da táboa, entre as 101 e 150 mellores do mundo. Como explica a vicerreitora, esta é unha parte da enxeñaría que abrangue moitos temas, dende tratamento de hidrocarburos ata o estudo dos produtos finais e os seus derivados, como lubricantes, refrixerantes, etc., así como tamén aspectos que van dende a xeoloxía á xeofísica do subsolo. “Temos, por unha banda, os grupos da Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía, xunto grupos de Cintecx, que poden tratar de maneira directa ou indirecta algún deses aspectos”. 

No que se refire á agricultura e ás ciencias forestais, a Universidade de Vigo tamén acada un lugar destacado, entre as 201 e 250 mellores do mundo, e tamén o fai clasificándose por primeira vez. Rubio lembra que no Ranking de Shanghai a UVigo xa acadara bos resultados neste eido, “que vén a confirmar o excelente traballo que está a desenvolver o Instituto de Agroecoloxía e Aalimentación (IAA), con sede no campus de Ourense”.

As outras tres materias nas que a UVigo se sitúa no Top500 do mundo son Enxeñaría Eléctrica e Electrónica, no rango entre 401 e 450, e Ciencias biolóxicas e Química, ambas na franxa 501-550, mellorando a posición de 2023, cando se situaban no 551-600. A este respecto, a vicerreitora destaca que, xunto co ámbito da Enxeñaría do petróleo, os resultados acadados en Enxeñaría eléctrica, poñen en valor o traballo do Cintecx, que “se presenta como un centro relevante, que esperamos pronto acade tamén a catalogación de centro CIGUS na convocatoria de centros da Xunta de Galicia do 2023, que está a piques de ser resolta”. No que se refire a Bioloxía, “encaixa tanto en liñas do CINBIO (xunto coa Química) como no do CIM, e polo tanto segue a reflexar o papel dos nosos centros de excelencia considerados como centros Cigus pola Xunta de Galicia”. 

En resumo, a Universidade de Vigo clasifícase por primeira vez entre as mellore en dúas materias, sube na táboa noutras dúas e só baixa nunha, sendo os mellores resultados acadados pola institución dende que participa neste ranking, xa que é a primeira vez que consegue posicionarse entre as mellores 200 do mundo cunha materia e entre as mellores 300 con outra. Para a vicerreitora, os datos amosan que “a UVigo reborda saúde e amosa un crecemento exponencial no eido da investigación en moitos dos ámbitos dos que xa era forte, e unha parte de este crecemento está claramente relacionada coa política de fortalecemento de centros e institutos, derivada das convocatorias da Xunta de Galicia as que nos soubemos adaptar e encaixar estupendamente”. 

Outras materias destacadas

En total, o QS World University Rankings by Subject 2024 valorou á Universidade de Vigo en 31 materias e, ademais destas cinco nas que acada unha posición destacada, hai algunhas outras nas que se conseguen moi boas puntuacións, incluso mellores que aquelas que entraron no ranking. É o caso, por exemplo, de Earth and Marine Sciences e Environmental Sciences, “froito do bo facer do CIM”, pero ao tratarse dunha área máis estendida, as boas puntuacións non foron suficientes para quedar entre as mellores, xa que “hai que ter en consideración que  son mais de 3000 institucións e a competencia é moi grande”. Tamén se acadou moi boa posición global en Computer Science & Information Sytems, froito do bo traballo de atlanTTic, así como en Linguistics and modern languages, Education e Communication & Media Studies. A vicerreitora tamén salienta outras materias do ámbito da Economía, como Accounting & Finance, Bussiness & Management Studies ou Economics & Econometrics, “o que dirixe a mirada cara o centro interuniversitario Ecobas, tamén pendente de resolución na convocatoria de centros, coa mesma esperanza que no caso do Cintecx”. 

Como se fan as clasificacións?

QS emprega cinco métricas clave para elaborar as clasificacións das universidades por material. Por unha banda, os indicadores de reputación baséanse nas respostas de máis de 240.000 empregadores e académicos ás enquisas QS, mentres que Citations per Paper e H-Index miden o impacto da investigación e a produtividade. Finalmente, a Rede Internacional de Investigación (IRN) emprégase para avaliar a colaboración en investigación transfronteiriza. En total, para elaborar a edición 2024, o equipo de QS Quacquarelli Symonds analizou a reputación e os resultados de investigación de preto de 5000 institucións. De entre todas elas, entraron no ranking 1559 en 55 temas específicos e 5 áreas temáticas amplas, creando máis de 19.100 entradas.

No que atinxe aos resultados a nivel estatal, España ten nesta clasificación 462 programas de 37 universidades. Deles, 74 suben de clasificación, 132 baixan, 199 permanece inalterables, ademais de 57 que se clasifican por primeira vez. Con estas cifras, España sitúase como o décimo país con máis presenza no ranking, que está liderado polos Estados Unidos, con 213 materias das súas universidades entre as mellores do mundo, seguido por Reino Unido con 103 e China con 101.

Rueda destaca el papel de los deportistas paralímpicos como embajadores de Galicia por el mundo

0

El presidente en funciones de la Xunta participa en la presentación de los deportistas preseleccionados para los Juegos Olímpicos de París 2024

Subraya » el esfuerzo diario» que realizan los profesionales del deporte y aseguró que sus éxitos «serán los de todos»

Resalta que Galicia fue la primera comunidad en dar las mismas becas a los deportistas de alto nivel, con o sin discapacidad

La comunidad cuenta en la actualidad con el mayor número de licencias federativas de los últimos tiempos, 309.000, de las cuales 1.200 corresponden a atletas con discapacidad

El presidente de la Xunta en funciones, Alfonso Rueda, destacó hoy el papel de los deportistas paralímpicos como «embajadores de Galicia y España a ojos del mundo». «Vuestros éxitos serán los éxitos de todos», indicó durante la presentación en la Cidade da Cultura de los 21 deportistas gallegos que fueron preseleccionados por el Comité Paralímpico español para los Juegos Olímpicos de París 2024

En el acto, en el que estuvo acompañado por el vicepresidente primero y conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funciones, Diego Calvo, Rueda les deseó mucha suerte, esperando que todos resulten clasificados el próximo 15 de julio, fecha en la que se publicará el listado definitivo que saldrá de los más de 250 candidatos de toda España.

Entre los escogidos por el Comité figuran nombres destacados como la atleta de triatlón Susana Rodríguez Gacio o el tirador Javier Saavedra, ambos ya olímpicos y que estuvieron presentes esta mañana contando su experiencia. 

Rueda destacó «el esfuerzo diario» que realizan los deportistas gallegos, de los que, aseguró, «todos estamos muy orgullosos». En este sentido, comprometió el apoyo de la Xunta para seguir fomentando la práctica deportiva y facilitando la permanencia en su más alto nivel. 

El titular del Gobierno gallego en funciones recordó que Galicia fue la primera comunidad en dar las mismas becas a los deportistas de alto nivel -con o sin discapacidad- y que este año el deporte gallego cuenta con el presupuesto más alto de la historia, 56 millones de fondos autonómicos. Además, la Xunta cuenta con el programa Xogade que promueve entre los más pequeños la competición inclusiva en modalidades como el bádminton, la natación, o el tenis de mesa.

Además, Galicia cuenta con el mayor número de licencias federativas de los últimos tiempos, 309.000, de las cuales 1.200 corresponden la atletas con discapacidad.

Caballero celebra o PERTE Mar-Industria: “Vigo ten empresas que xogan un papel importante”

0

O Goberno de España anunciou que as empresas do sector poderán optar a 40 millóns de euros en subvencións

O alcalde celebra que desde o Executivo estean a apostar pola industria e a economía de Galicia e Vigo

As empresas do sector do mar poderán optar a fondos europeos. O Goberno de España anunciou este martes que conseguiu darlle luz verde ao PERTE Mar-Industria cun investimento público de 40 millóns de euros. O alcalde celebrou a noticia e felicitou ao Goberno de España pola negociación coa Comisión Europea, xa que nun principio non estaba previsto adicar recursos a estas empresas.

Caballero recibiu a noticia con entusiasmo porque “Vigo ten empresas no sector do mar que xogan un papel importante”. Con isto, puxo de manifesto o apoio do Goberno de España a Vigo coa posta en marcha dos PERTE: a automoción con Stellantis, o PERTE Naval con 130 millóns de euros, o PERTE de microchips co centro de Vigo, a dixitalización do ciclo da auga con 9 millóns e o kit dixital para pemes.

“O Goberno de España potencia o apoio á industria e a economía de Galicia e Vigo. Rueda en lugar de recoñecelo négao e arremete contra o Executivo. A Xunta nin está nin se lle espera”, criticou o rexedor.

Diego Calvo acompaña los participantes en el Selectivo Nacional de Piragüismo Sprint en el que deportistas gallegos se clasificaron para las Olimpiadas de París

0

El vicepresidente primeiro y conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funciones, Diego Calvo, acompañó hoy en el complejo David Cal Figueroa del embalse de Pontillón de Castro, en Verducido, los participantes en el Selectivo Nacional de Piragüismo Sprint clasificatorio para los Juegos Olímpicos París 2024 de este verano. También asistieron el secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa y el delegado territorial de la Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera.

Así, en K4-500 femenino, Teresa Portela competirá en sus séptimas Olimpiadas con la también gallega Carolina García y Sara Ouzande y Estefanía Fernández. Por su parte, Carlos Arévalo y Rodrigo Germade vencieron junto con Saúl Craviotto y Marcus Cooper en el K4-500 masculino. En el C2-500 femenino consiguieron billete a París Antía Jácome y María Corbera, mientras que los que ganaron en esta categoría en la modalidad masculina tienen que esperar a revalidar la victoria en la Copa del Mundo de Szeged.

O Concello cooperará coa Editorial Galaxia na celebración do seu 75 aniversario

0

O alcalde mantivo esta mañá un encontro cos membros do Consello de Administración da Editorial Galaxia que o ano que vén cumprirá 75 anos “de edición de literatura e traducións de grandes obras en galego”. Logo da reunión, Caballero anunciou que o Concello colaborará na celebración dunha “gran efeméride” coa que a cidade quere trasladar o seu recoñecemento á traxectoria desta empresa cultural.

El primer examen para la cobertura de 127 plazas de auxiliar de Policía Local en 32 ayuntamientos será el 27 de este mes

0

Así lo acordó hoy el tribunal encargado de evaluar el proceso selectivo en su sesión constituyente

Participarán más de 600 personas, según el listado provisional publicado en la web de la Academia Galega de Seguridade Pública

La Xunta acortará los plazos mediante la declaración de la urgencia del proceso, con el fin de facilitarles a los ayuntamientos la contratación para la temporada de verano

El primer examen para la cobertura de 127 plazas de auxiliar de Policía Local en 32 ayuntamientos será el 27 de este mes a las 10,00 horas en el recinto ferial de Silleda. Así lo acordó el tribunal encargado de evaluar el proceso selectivo en su sesión constituyente celebrada hoy en la Academia Galega de Seguridade Pública de Galicia (Agasp). Con el objetivo de garantizar la contratación del nuevo personal para la temporada de verano, la Xunta acortará a la mitad los plazos del proceso mediante la declaración de urgencia.

Un total de 659 personas presentaron la solicitud de inscripción, de las que fueron admitidas 629. Las 30 restantes y las inscritas que no figuren en los listados provisionales publicados en la página web de la Agasp (https://agasp.xunta.gal/) disponen de cinco días hábiles a partir de hoy para presentar enmiendas. El plazo finaliza por lo tanto el martes 16 de abril.

El proceso consta de tres pruebas que comienzan con la de evaluación de conocimientos con un cuestionario de 50 preguntas tipo test y, en el caso de no estar exentos, de la de evaluación de conocimiento de lengua gallega. La tercera prueba es de aptitud física con ejercicios de potencia de tren inferior con salto y vertical y de resistencia con una carrera de 1.000 metros lisos.

Las personas aspirantes que aprueben y las incluidas en el listado de reserva deberán superar, posteriormente, un curso de formación teórico-práctica en la Agasp como requisito indispensable para ser contratados como auxiliares de policía local.

Los 32 ayuntamientos que convocan las 127 plazas son A Cañiza, A Estrada, A Guarda, A Illa de Arousa, Baiona, Cambados, Cangas, Gondomar, Marín, Meaño, Moaña, O Grove, O Rosal, Poio, Sanxenxo y Vilagarcía de Arousa, en la provincia de Pontevedra; A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Arteixo, Bergondo, Boiro, Camariñas, Carballo, Cedeira, Malpica de Bergantiños, Melide, Miño, Noia y Ponteceso, en la provincia de A Coruña; así como los ayuntamientos ourensanos de Barbadás y O Barco de Valdeorras y Mondoñedo, en Lugo.

Acuerdo con los ayuntamientos para la selección

La Xunta coopera desde 2017 con los ayuntamientos gallegos en la selección de los miembros de los cuerpos de Policía Local, a través de un convenio de colaboración. En la actualidad, 92 ayuntamientos tienen acuerdos vigentes para delegar en el Gobierno gallego, a través de la Agasp, la selección y formación de los miembros de su plantel de policía local mediante las convocatorias de procesos selectivos. Supone más del 72 % de los 127 municipios con cuerpo de policía local.

Las oposiciones convocadas en el período 2018-2023 permitieron cubrir más de 1.400 plazas en distintos municipios: 726 de auxiliares de Policía Local, 607 de la categoría de policía, 57 de oficial, 15 de inspector, 2 de inspector principal, y 2 de vigilantes.

La Agasp es el centro de referencia en la formación de las distintas promociones de Policía Local y de las categorías de mandos. Actualmente coinciden en la Academia, más de un centenar de alumnos que integran a 16ª promoción de Policía Local que realizarán su formación hasta octubre y otros 16 aspirantes a plazas de procesos de oficial, inspector, inspector principal y vigilante municipal, que finalizan los cursos este mes. Las personas aspirantes que superen la oposición de auxiliar de Policía Local también realizarán su formación en la academia.

La academia se encarga de la  formación de las fuerzas y cuerpos de seguridad en Galicia y también de los servicios de emergencias. Además de preparar las nuevas promociones de Policía Local, ofrece cursos con contenidos actualizados y adaptados a la realidad de su trabajo diario para garantizar la seguridad de los gallegos y gallegas. Desde su puesta en funcionamiento en 1993 formó alrededor de 170.000 personas.

Melendi actuará en Castrelos o 17 de agosto

0

O rexedor vigués desvelou este mércores a primeira actuación do programa Vigo en Festas deste verán, o artista ovetense Melendi, “un dos concertos máis solicitados polas viguesas e vigueses”

Caballero anunciou esta mañá o concerto de Melendi, “que vai encher Castrelos de pop, rock e rumba” como indicou, subíndose o escenario “o sábado 17 de agosto”.

Este ano, Melendi, celebra os seus 20 anos de carreira coa xira “20 anos sen noticias”, que incluirá cancións dos seus primeiros discos e un novo repertorio que non interpretará nas súas últimas xiras.

O ovetense converteuse nun dos artistas máis relevantes dos últimos tempos, convertendo algunhas das súas cancións en himnos multixeneracionais. No seus temas tamén realizou múltiples colaboracións con artistas como: Cali y el Dandee; Carlos Rivera; India Martínez ou Alejandro Sanz.

Acumula ao longo da súa carreira 24 discos de platino e máis 3,5 millóns de exemplares vendidos. Tamén destaca pola súa faceta de coach do programa de televisión La Voz, en España e México.

Ana Ortiz felicita ao equipo de estudantes do IES Carlos Casares de Vigo que logrou o segundo posto na feira científica jove de Barcelona

0

A delegada territorial visitou as instalacións do instituto vigués no que se levou a cabo un investimento de 100.000 euros para a mellora da iluminación

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, visitaron este mércores o IES Carlos Casares de Vigo, situado na avenida da Ponte, tras finalizar as obras de mellora de iluminación levadas a cabo pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Segundo explicou a representante autonómica, as obras tiveron un investimento superior aos 100.000 euros coa finalidade de substituir as iluminarias, falsos techos e instalación eléctrica.

Durante a visita tamén fixo un percorrido polo centro educativo e coñeceu ao grupo de estudantes que participou o pasado mes na feira científica Exporecerca Jove, en Barcelona. O equipo integrado por Ángel Lamela, Daniel Rodríguez, Icía Carrera e Roque Miguéns acadou o segundo posto co seu proxecto sobre un modelo funcional de hidroxenera e motor de combustión alimentado por hidróxeno. O seu proxecto xa resultou premiado o ano pasado no festival Cinvigo organizado na Porta do Sol.

Ana Ortiz tamén lembrou que a Xunta de Galicia está a acometer importantes obras no conxunto dos centros escolares de Vigo. Así, puxo como exemplo o novo IES de Navia que o Goberno galego construirá cun orzamento aproximado de 14M€. Levará o nome do escritor vigués Domingo Villar e nestes momentos xa está en fase de redacción de proxecto.

O BNG denuncia que Caballero rexeita sancionar a Vitrasa polos recortes de frecuencias tras a folga de bus en Vigo

0

A fronte nacionalista acusa o Goberno municipal de “complicidade e barra libre” coa concesionaria de bus urbano diante dos reiterados incumprimentos no servizo

A redución de frecuencias mantívose durante 19 días unha vez finalizada a folga a pesar de non contar con autorización do Concello

Xabier P. Igrexas: “Resulta incomprensíbel que non se vaia adoptar ningunha medida ante uns recortes que ocasionaron un grave prexuízo á veciñanza da cidade”

O Bloque Nacionalista Galego denuncia que o Goberno de Abel Caballero rexeita sancionar a Vitrasa polos recortes de frecuencias tras a folga de bus urbano en Vigo. Así o vén de confirmar o Goberno municipal en resposta á interpelación da fronte nacionalista, realizada no último Pleno, a respecto de que medidas pensaba adoptar pola redución dos servizos durante 19 días a pesar de que non contaban con autorización do Concello, como revelou o propio BNG.

“Estamos diante dun exemplo máis da barra libre da que se beneficia Vitrasa pola complicidade do Goberno de Caballero”, criticou o portavoz municipal do Bloque, Xabier P. Igrexas, quen considerou que esta decisión evidencia a “total falla de control” sobre o conxunto dos servizos privatizados e contratos do Concello, que supoñen máis de 200 millóns de euros anuais do orzamento municipal.

No escrito de resposta á pregunta do BNG, asinada polo concelleiro Javier Pardo, o Goberno local limítase a sinalar que “o servizo anterior ao inicio da folga a día 1 de abril de 2024 figuraba restablecido”. Porén, non fai referencia ás 19 xornadas dende o remate da folga indefinida no bus urbano, o pasado 11 de marzo, nas que se reduciron os horarios do servizo en até 15 liñas.

Por estes motivos, Igrexas considerou “incomprensíbel” a negativa do Goberno de Caballero a tomar ningunha medida contra a empresa concesionaria por un novo incumprimento do servizo, sendo a súa obriga legal a recuperación total das frecuencias, e cuxos recortes ocasionaron un “grave prexuízo” ao conxunto da veciñanza da cidade.

“Abonda de complicidade”

Dende a fronte nacionalista fixeron un chamamento para que cese a “complicidade” do Goberno municipal coas contratas e servizos externalizados do Concello a empresas privadas, que acumulan a maioría reiteradas denuncias por “facer caixa cobrando por prestar menos servizo do contratado”.

O portavoz municipal do Bloque esixiu que o Goberno de Caballero exerza as súas competencias de fiscalización e control das concesionarias para garantir a prestación efectiva de todos os servizos, impedindo que ningunha empresa privada siga incumprindo coas condicións fixadas nos contratos públicos.

Nese sentido, Igrexas afeou a decisión “ilegal” do Goberno municipal de negarse a constituír a Comisión Informativa de Vixilancia da Contratación, como ten demandando reiteradamente o BNG e malia ser obrigatoria como marca Regulamento Orgánico do Pleno. “Caballero ten que explicarlle ás viguesas e vigueses porque ademais de que o seu Goberno non fiscalice ás concesionarias, tamén impide que poidamos facelo os grupos da oposición”, reprochou, cuestionando os motivos desta decisión: “Que é o que quere seguir ocultando?”.